Radiofusión promove unha iniciativa en twitter

Fecha de publicación: 23-oct-2010 23:28:57

Radiofusión, a rede de emisoras municipais galegas, promove unha iniciativa participativa a prol da visibilidade da nosa lingua a través, neste caso, da rede social twitter.

A acción proposta, especificamente dirixida ás persoas que tiveren unha conta nesta rede social, consiste en converter o hastag #galega nun dos 'trend topics' (temas do momento) a nivel mundial.

Para lograren este obxectivo, as e os internautas con conta de twitter terán que facer twetts ou comentarios, seguidos do hastag #galega, entre as 16 e as 17 horas do vindeiro 6 de outubro.

Coa escolla desta data, Radiofusión pretende conmemorar a través da rede o aniversario do mitin agrarista de Manuel Lugrís Freire celebrado en Betanzos en 1907, primeiro acto público da nosa historia moderna feito integramente en galego.