Fecha de publicación: 27-nov-2011 0:55:54
Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que pode conseguirse de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF. Estamos ante un número que precede a un momento moi especial para a nosa publicación, no que coincidirán o 10º aniversario da revista e o seu número 100.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Semana da Ciencia e á celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia por parte do CPEIG.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
Proxecto eDepo
Presentado en Ourense o Proxecto NACCE
Falamos con José María López Bourio, un dos promotores do Proxecto NACCE
Crónica do Foro Unirede
Nova web gaelga sobre turismo: sientegalicia.com
Novas accións para promover o galego a través das canles innovadoras
O libro galego sobre sistemas de información chegou a 50 universidades
Movistar presenta a súa nova estratexia máis encamiñada ao aforro do cliente
Modernización presente na rede galega de emerxencias