Fecha de publicación: 07-may-2011 21:57:41
O pasado 6 de abril publicouse finalmente a agardada versión 3 de Gnome dispoñible 100% en galego. Esta versión supón unha nova xeración de escritorio modernizado e deseñado tendo presente as novas tecnoloxías e dispositivos de hoxe en día e ás novas necesidades dos seus usuarios. Con esta versión o proxecto Gnome dá un enorme salto cualitativo tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o punto de vista funcional.
ler en mancomún