Windows en galego...

Fecha de publicación: 10-jul-2010 6:30:32

Por antiparvos@gmail.com (apana) em frontpage

A pesar de que o ficheiro de autoinstalación do idioma galego leva máis de 3 meses dispoñible na páxina web de Microsoft, a secretaría xeral de política lingüística, responsable da negociación, non lle deu ningunha publicidade a día de hoxe. Ademais, para usar o galego, o usuario precisa ter instalado previamente no Windows 7 o idioma español para que se poida instalar o galego, algo difícil de entender. Polo tanto se tes o teu Windows 7 en inglés ou calquera outra lingua deberás instalar primeiro o ficheiro do idioma español para poderes utilizar o teu computador na nosa lingua. Con todo o sistema operativo nin sequera está traducido ao 100%, cousa inexplicable, polo que non te estrañes se ves descricións ou pantallas de axuda en español, xa que é a lingua que substituirá ás carencias do galego. En definitiva toda unha chambonada foi a xestión desta tradución realizada polo inefable Anxo Lorenzo.