Iniciativa do Concello da Coruña

Fecha de publicación: 09-sep-2010 15:07:42

Obradoiros para achegar o idioma ós non galegofalantes

A partir do 2 de outubro, pola mañá

REDACCIÓN

A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou onte o programa de actividades do Servizo de Normalización Lingüística que inclúe obradoiros de integración cultural e lingüística para inmigrantes e emigrantes retornados ademais dunha nova cita da Festa dos Axóuxeres que este ano se complementará con obradoiros para os cativos.

O obradoiro incluirá contidos básicos de galego dirixidos a non galegofalantes para que se acheguen á lingua progresivamente. As inscricións rematan o día 24 de setembro, e os obradoiros comezarán o 2 de outubro ás 12:00 horas no Centro Social Sagrada Familia.

Fonte: Galicia Hoxe