Prolingua. Carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia

Fecha de publicación: 10-abr-2011 23:33:14

Sr. Presidente da Xunta de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Señor Presidente:

Os asinantes, compoñentes da Cerna de ProLingua e en representación dos máis de dous mil membros desta plataforma apartidaria e plural, integrada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, mais especialmente como galegas e galegos que desexan preservar para as xeracións futuras a nosa milenaria lingua propia, e preocupados polas declaracións que determinados candidatos das próximas eleccións municipais e sinalados dirixentes do Partido Popular de Galicia fixeron, dirixímonos a vostede para lle expoñer as nosas inquietudes sobre dunha hipotética, pero non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) (Ler máis...)