O Camiño de Santiago nun xogo virtual

Fecha de publicación: 27-jun-2010 12:48:11

Un xogo de Facebook permite percorrer o Camiño de Santiago

mércores 23 de xuño do 2010, Rev. Código Cero

Os usuarios de Facebook non empregan esta plataforma unicamente para relacionarse coas súas redes sociais, senón que tamén atopan neste espazo un lugar para o lecer, o que demóstrase no éxito de xogos coma FarmVille ou Guerra de Pandillas, aos que agora súmase Xacobeo10. El reto es el camino, un xogo de Guía Repsol que quere constituírse nunha especie de Camiño de Santiago Virtual, que consiste en percorrer os quilómetros que compoñen o Camiño, conseguindo distintos obxectos para avanzar que poden obterse atopándoos agochados nas páxinas da Guía Repsol, convidando a amigos a participar, regalando obxectos, visitando os camiños doutros peregrinos, compartindo os avanzas, correndo ata o albergue coas teclas… todo un esforzo que premiarase mediante sorteos para as 3 fases do Camiño (obténdose unha viaxe de fin de semana para 2 persoas a Compostela) e cun grande premio final (unha viaxe de 7 días para 2 persoas polos Paradores Galegos).

+ información sobre o Camiño de Santiago e Educ@comTIC

O xogo combina elementos sociais para avanzar no Camiño