Exercicio para previr dores cervicais
Tan só con dez minutos ao día de dedicación podemos previr con bastante efectividade as dores e problemas da zona cervical, é dicir, das vértebras que sustentan o pescozo.
O mellor é facer estiramentos. Cada un deles manterase durante dez segundos, facendo tres repeticións de cada exercicio. Facéndoos a diario, antes dunha semana obteremos bos resultados.
- Leve a cabeza lentamente cara a adiante aproximando o queixo cara ao peito até sentir certa tensión no pescozo e parte superior das costas.
- Incline a cabeza de maneira que aproxime todo o posíbel a orella e o ombro do mesmo lado, primeiro cara á dereita e logo cara á esquerda. Manteña esa posición os dez segundos axudándose da man de maneira que perciba o estiramento.
- Xire a cabeza cara a un e outro lado tamén até onde lle sexa posíbel, coma se tentase levar o queixo cara á clavícula, até sentir tensión na zona lateral do pescozo. Aumente o estiramento axudándose coa man.
- Tamén coa axuda da man pase o cóbado por diante do corpo en dirección ao ombro contrario até sentir o estiramento das estruturas na zona do ombro. Alternar os dous brazos.
- Coa man dereita detrás das costas á altura dos cadrís, tire dela coa outra man cara á esquerda e abaixo, mentres tenta aproximar a orella e ombro esquerdos. Alternar tamén ambos lados.