Fito Ferreiro Seoane (A Coruña, 1962) é un recoñecido activista galego que loita contra toda clase de desigualdades, defendendo así ao colectivo ao que pertence, o LGTBIQ+, e tamén enfrontándose a outras desigualdades como o machismo ou o racismo. Traballa como camarógrafo na TVG, onde ocorreron unha serie de actos homófobos: “Houbo ao longo do tempo unha serie de actos que fixeron que a miña carreira profesional se estancara durante un tempo”. Viaxa por España para axudar con distintas campañas, como a que, na Coruña, se dedica a deixar pegadas e a orientar a xente LGTBI por un camino onde non reciban agresiones ou discriminación.
—Cando e como decidiu a súa orientación sexual?
—A orientación sexual non a decide un. Nun momento dado unha persoa sabe que é gai, que é heterosexual ou que é bisexual e vai asumindo a súa propia orientación sexual. Non hai un momento no que ti decides. Naces desta forma. Cando te dás conta? Eu creo que xa de pequeno, con 6 ou 7 anos, xa sabía que era especial, que tiña outra forma diferente de entender a vida e de como se relacionaban as persoas á que os meus amigos tiñan cando falaban das rapazas. De pequeno non sabía que era gai; sabía que era diferente pero en verdade aínda non sabía que era gai. Logo vaste dando conta, vas sabendo cousas da vida, sabendo o que é a homosexualidade, a heterosexualidade, o LGTBI; e entón é cando xa comezas a asumir a túa verdadeira orientación. Logo cada persoa é diferente e ten as súas etapas, un pouco pola xente que ten arredor, pola cultura, pola familia que sempre che pode axudar ou pode facer que tardes un pouquiño máis.
—Quen foi a primeira persoa á que lle contou a súa orientación sexual, por que o fixo e como o recorda?
—A primeira persoa á que lle contei a miña orientación sexual, que eu era gai, á parte das primeiras parellas que puiden ter ou en especial a parella que tiven cando tiña 20 anos, pois foi a un compañeiro de traballo, un amigo en verdade. Como o lembro? Recordo que me preparei e díxenme: “Eu teño que empezar a dicirlle á xente que quero, coa que vivo todos os días que ten que empezar a coñecer ao Fito de verdade, á persoa que son realmente”. Entón decidín dicirllo a Juan porque era amigo, levábame ben con el e estiven como durante un mes preparando un discurso interior, como llo ía dicir… Tamén preparei as respostas por se a contestación del non era agradable. A verdade é que se respondía ben non preparei nada porque sempre tes o medo a que conteste mal ou que reaccione mal. O certo é que quedei con el, estivemos a charlar e díxenlle que eu era gai. Díxome que non pasaba nada, que non cambiaba nada e foi tan ben a charla que de todo ese discurso que eu tiña preparado por se dicía cousas que non me gustaban non puiden dicir nada e chafoume un pouco a conversa. Quedara un pouco chafado. Logo quedas co medo durante un tempo de se iso que che dixo é verdade ou non. É dicir, ten que pasar o tempo para darte conta de que Juan segue sendo o meu amigo e que o que dixo aquel día fai vintitantos anos segue sendo verdade. Por que o fixen? Porque chega un momento en que estás canso de levar unha dobre vida, de non ser ti mesmo, de non contar parte da túa vida, de que tes noivo, de que as fins de semana vas á praia co teu noivo. Non llo dis a ninguén e estás a xogar en dúas vidas, vivindo dúas vidas. E iso é malo para todas as persoas. Entón, fíxeno por iso.
—E, a continuación, como contou á súa contorna próximaa súa orientación sexual?
—Funo contando pouco a pouco. Non é que un día llo contes a unha persoa e ao día seguinte a outra. Como comentaba antes, tiven que esperar que Juan amosaseque realmente o que me dixoera verdade, que me seguíatratando igual. Díxenllo a outro amigo, despois díxenllo ao meu irmán, despois funo dicindo en diferentes ambientes e os últimos foron os meus pais, porque che dá medo. Cada persoa é diferente, pero a min dábame medo a reacción dos meus pais. Temía perdelos, porque os quería moito e, aínda que non esteanaquí, sígoos querendo. Pero tes medo. Como tamén son activista LGTBI, ao saír na prensa, xa saín do armariono traballo. Eu creo que é unha das cousas que mellor puiden facer é o poder sair do armario e ser eu mesmo en todos sitios. As persoas LGTBI, as persoas gais, pódese dicir que estamos saíndo constantemente do armario. Non todos os días, pero en canto cambias de situación. Se cambias de traballo, se viaxas a un sitio e coñeces a xente nova sempre tes que estar saindo do armario, e é como que nunca rematas de sair. Eu podo dicir que estou completamente fóra do armario e toda a xente que o ten que coñecer xa o sabe.
—Acaba de dicirnos como lle contou aos seus coñecidos que pertencía ao colectivo LGTBIQ+. De que modo o aceptaron?
—Eu creo que en xeral bastante ben. Eu tiven sorte cos amigos e cos compañeiros de traballo. Sempre hai alguén, sobre todo na contorna laboral, que di algún chiste ou que hai algunha mirada ou que pasa algo así. Pero, en xeral, eu tiven sorte. Creo que as xeracións de hoxe en día tédelo ou téñeno máis fácil e poden saír con moita maior facilidade. Eu saín un pouquiño tarde do armario; oxalá saíse antes. Como dicía, os condicionamentos sociais, familiares e culturais fan que un saia, pero eu son dunha época na que era difícil ser gai.
—De que maneira cambiou a súa vida ao ser gay?
—Primeiro tes que aceptarte a ti mesmo, é o primero que tes que facer. É algoque costa moitísimo, sobre todo á xente da miña xeneración. Ben, hai xente das xeracións de agora que si teñen a sorte de poder levalo moi ben e outra xente que non tan ben, pero temos que seguir loitando. Pero si que o primeiro, para sair do armario, hai que entrar no armario. Entrar no armario é entrar e dicir: “son gai”; ser consciente de que eres gai. Iso custa moito, pero en canto es consciente de que es gai o que tes que intentar facer é intentar vivir a túa vida, intentar sair fóra. O sair do armario é o mellor que fixen na miña vida e o vivir libremente como realmente son e que todo o mundo me coñeza como son. Isto é algo que eu aconsello a todas as persoas, que saian do armario, que sexan elas mesmas, que non teñan medo e que se nalgún momento alguén queda polo camiño, eu dígolles quena vida é mellor non ter amigos que te queren ao non estar vivindo a túavida. Por suposto, cada un sae do armario no momento que lle interesa, no momento que está preparado, no momento que cre que a súa contorna está preparada. Non tes que sair do armario, coller hoxe, chegar á túa casa e dicilo, pero si aconsello que vaias preparando o terreo, que te vaiaspreparando para saír o antes posible e poder vivir realmente a túa vida.
—Cando e por que entrou no activismo LGTBIQ+?
—Eu entrei no activismo LGTBI porque me consideraba unha persoa normal e corrente, unha persoa como todo o mundo. Eu traballaba, pagaba uns impostos, ía ao cine, ía a concertos, tomaba copas, compraba un coche, compraba no súper do meu barrio, no mercado, compraba roupa… Facía o que calquera persoa deste país fai. Entón, por que me consideraban de segunda categoría?, por que non tiña certos dereitos?, por que me insultaban por amar outro home? Entón eu dicía: “eu non dixen nada, eu nacín así. Non me podo conformar con ser unha persoa de segunda división, con non ter certos dereitos.” Así que empecei a loitar e a meterme no activismo. Tamén me metín por que eu paseino moi mal de mozo, paseino moi mal no armario. Eu tiña 14 anos cando morreu Franco, estamos falando da ditadura, estamos falando dunha época bastante gris e escura. Polo que, como eu o pasei mal, o que quero é que as novas xeracións como vós e os vosos compañeiros e compañeiras non o pasen tan mal como eu, que teñan unha vida moito máis cara adiante da que tivemos a nosa xeneración.
—Durante o seu horario de traballo, unha persoa cometeu un acto homófobo dirixido cara avostede. Cales foron as consecuencias laborais e personais desta acción?
—Non houbo un acto homófobo por dicilo así, un acto só. Houbo ao longo do tempo unha serie de actos que fixeron que a miña carreira profesional se estancara durante un tempo. O que fixen eu e que é un pouco o que aprendín, é loitar polos meus dereitos. Eu son activista LGTBIQ+ pero tamén son sindicalista e estiven no sindicato e nos comités de empresa. Entón, decidín loitar, loitar pola miña dignidade e loitar tamén un poco pola dignidade de todos os que pasamos ese proceso. É unha loita moi difícil, a loita contra a LGTBfobia no traballo, pero eu tiña que dar esa loita. Seguimos en proceso xudicial, a ver que din os xuícespero é importante que onde traballas poidas demostrar como es e ser ti mesmo, porque ao final, no sitio onde traballamos pasamos como mínimo 8 horas ao día. Daquela, estar vivindo aí esa dobre vida é moi fastidiado, temos que os postos e centros de traballo sexan lugares libres de LGTBfobia.
—Durante o seu día a día, como lle afecta a nivel social pertencer á comunidade LGTBIQ+?
—Agora mesmo estou xa contento comigo mesmo, co ámbito social onde me movo. Si que é certo que tamén vamos buscando amigos, xente coa que te atopas máIs cómodo, xa non só no LGTBI senón que se che gusta máis o cine, ou a literatura ou se che gusta viaxar,,, pois vas arrodeándote de amigas, amigos e amigues que te queren e te aceptan e ti acéptalos a eles. Hoxe en día atópome mi feliz, e digoo de verdade. Sei que hai momentos nos que as persoas LGTBIQ+ temos problemas, pero eu atópome feliz porque nunca pensei en vivir o que estou vivindo agora. Eu cuando tiña a vosa idade non pensei que podía estar casado, non pensei que me puidese casar con 100 convidados, que estarían meus pais, toda miña familia. Eu cheguei onte de viaxe co meu marido, estivemos por Italia, paseando os dous, imos a comer á casa dos pais do meu marido, á casa dos meus curáns…. Estamos facendo unha vida moi normalizada, todas as vidas son normais coas diferencias de cada un, pero eu creo que estou tendo a sorte, e moitas das persoas LGTBIQ+ deste país estamos tendo a sorte, de poder vivir con certa liberdade e vivir a nosa vida. Iso non quere dicir que non existan problemas, nin que non existan problemas a certas idades, nin que non existan problemas nos traballos nin nos centros escolares. Pero si que é certo que eu me atopo moi ben.
Fito nunha manifestación do seu sindicato, CCOO. / CEDIDA
—Anteriormente vostede díxonos que unha persoa se daba conta de que era gai sobre os seis, sete ou oito anos. Vostede sentiuse atraído, empezoulle a gustar ou namorou dalgunha persoa en Educación Primaria ou a principios de Secundaria, ou deuse conta máis tarde?
—Primeiro, matizo, non sei se dixen que unha persoa se dáconta que é gai aos cinco ou seis anos. Dinme de conta eu daquela. Cada persoa somos diferentes e hai xente que se dá conta máis tarde ou polos condicionamentos culturais, ou pola vida que ten ou hai xente que se dá conta aos vinte anos. É unha etapa, na que por exemplo unha persoa bisexual remate tirando máis cara á homosexualidade ou ao revés. Non podemos dicir que haxa unha data onde un se dá conta de que é gai. Eu si, creo que me din de conta, si. En EGB tiven un amigo do que estiven moi namorado, creo que foi meu primeiro amor, e chamábase Guillermo.
—Como foi a evolución da discriminación homófoba ao longo do tempo e en que momento nos atopamos agora?
—Eu creo que nos últimos quince anos, dende que se aprobou a lei do matrimonio igualitario, neste país imos avanzado moito, neste e en moitos outros, pero neste país sobre todo porque foi dos primeiros en aprobar a lei do matrimonio igualitario. Logo, en 2007, ca lei trans, aínda que xa quedou anticuada e hai que mellorala, estase vendo agora a ver se se aproba a nova lei trans. Eu creo que segue habendo LGTBIfobia, pero existen moitas clases distintas desta fobia: existe a LGTBIfobia interior, na que un non se aceptae rexéitase existe a LGTBIfobia exterior, social, non te insultan, pero rin cando pasas, no te tratan como deberían…, e logo hai a directa, que si que te insultan, danche un tortazo ou algunha cousa peor. Seguen existindo as tres, moito menos que fai quince anos, pero seguen alí, sobre todo en certas idades, certos ambientes, certos lugares… pois segue existindo esa LGTBIfobia, e temos que seguir loitando. Isto é algo que eu digo, porque sigo sendo activista, porque quero que esa LGTBIfobia remate. Agora, é moi difícil rematar con ela, pero igual que é difícil rematar co machismo, porque é algo que impera na sociedade, que nos inculcaron desde fai séculos e séculos, esa forma de pensar, de entender o mundo, porque ao final, a LGTBIfobia e o machismo teñen o mesmo inimigo, que é o heteropatriarcado, que é o home heterosexual blanco, o que supostamente é o que ten o poder. Pero si, é o heteropatriarcado o que nos machaca por ser diferentes, por non ser iguais ao que eles cren que debemos ser todas, todos e todes. Eu creo que debemos seguir loitando, que é o que estades facendo vós hoxe, aquí nos centros escolares, que deades a coñecer estas realidades, que se comece a traballar, dende aquí, dende a educación, contra a LGTBIfobia e contra o machismo.
—Cre que estas persoas deberían de tratarse con algún tipo de terapia para superar a homofobia?
—Eu non creo nas terapias, creo que temos que educar, educar dende o principio básico, case dende que nacemos. Iso é un traballo que vai custando e que temos que ir facendo nós, pero creo que agora vos toca a vós ir educando e despois, tamén a vóseducar as seguintes xeracións, para que entre todos, todas e todes comecemos a construír un mundo mellor, máis igualitario, onde non exista ningún tipo de machismo ou LGTBIfobia.
—Hai un amplo rango de persoas que sufren pola súa homosexualidade e, segundo as nosas fontes, vostede intenta con todo o seu ánimo parar esta situación. Como trata de impedir isto?
—Intentamos ir dando pautas, ir deixando pegadas para que comecen a encamiñar. Eu creo que impoñer algo é contraproducente. Non se debe facer porque, ao final, o que consegues é un rexeitamento da persoa cara á súa realidade. O que hai que facer é un traballo de campo, un traballo de educación e logo tamén un traballo de visibilidade, por iso as persoas que estamos no activismo nos facemos tan visibles: saímos coas nosas parellas, pero é un pouco para que vexan, porque a LGTBIfobia non deixa de ser un medo ao descoñecido. Entón, se a xente comeza a ver como nos sentimos, como amamos, como pasamos o tempo libre… pois imos dando pasos, e logo o que falamos antes, a educación é primordial.
—Podería ofrecernos algunhas propostas para impedir a discriminación homófoba?
—Eu creo que dende aquí, dende onde estades vós, neste instituto, podedes facer grandes cousas. Primeiro apoiando a xente LGTBI, que o resto de compañeiros lles mostren o seu apoio e que non se sintan discriminados, intentar crear un centro escolar libre de LGTBIfobia. Logo, habería que fablar coa persoas que fan esas discriminacións: os tutores, os alumnos… Eu creo que hai que facelo dunha maneira sempre amable, salvo que sexa unha agresión ou algo semellante, xa que senón estamos entrando xa en delitos graves que teñen que ir pola vía xudicial. Creo que sempre é mellor crear grupos e charlar, darse a coñecer e que estea esa persoa con persoas homófobas, para que coñezan a realidade e que se vaian acostumando á nosa realidade.
—E, mirando cara adiante, de que maneira pensa que pode haber un futuro no que non exista xente homofóbica?
—O que temos que facer é un pouco o que dixen antes. Temos que loitar, traballar na nosa contorna para que se vaia faciendo máis grande, e irpouco a pouco loitando contra esa LGTBIfobia e contra a xente que non nos acepta. Eu creo que é iso, visibilidade e educación. Visibilidade, porque á parte, se deixamos de ser visibles, volvemos estar dentro do armario. Por moito que te insulten nun momento dado, vívese moito mellor fóra do armario. Pero temos que acompañarnos da xente que nos aprecia, que nos quere e traballar na loita pola igualdade, tanto na nosa como na feminista ou calquera outra. Unha cousa que temos que facer é loitar sempre, porque cando nos quedemos parados, os que non cren na igualdade van facer que deamos un paso atrás. Por iso temos que estar aí reivindicando os nosos dereitos, por iso é esencial traballar e facer proxectos como os que estades facendo aquí e agora.
—Que opina sobre o tipo de insultos de que unha persoa lle chams gai a outra, por exemplo, polo seu comportamento?
—Eu creo que ningún tipo de insulto se pode permitir. Hai momentos que, segundo a persoa que me chame gai, pódomo tomar ben ou mal, pero eu creo que se é como insulto a esa persoa hai que chamarlle a atención e hai que dicirlle que corrixa a súa forma de falar. É moi interesante, agora que o dis, o vocabulario. Temos que empezar a utilizar unha linguaxe inclusiva e unha linguaxe onde non molestemos as demais persoas. Volvo repetir que cando falamos das mesmas persoas non me refiro só ao colectivo LGTBI senón tamén ás mulleres, ao das persoas racializadas, aos que somos diferentes ao que se chama a heteronormalidade
—Por último, nun momento importante da vida dunha persoa LGTBI, experiméntanse moitas emocións ao sair do armario?
—Experiméntanse moitas emocións, porque primeiro tes medo. Cústache moito sair do armario porque hai un medo interior que pensa que toda a xente é moito máis homofóbica do que é. Por iso temos un sentimento de medo que fai que pensemos que non vamos ter unha boa relación, que as cousas cambiarán ou que sairánmal e todo isto fai que estes primeiros pasos os deamos con moito temor. Logo, creo que pouco a pouco comezan a ser pasos alegres, de liberación, onde xa comezas a ser ti mesmo. Hai un estudo na universidade de Canadá que di que as persoas, cando saen do armario, e que están levando unha vida sendo que é de verdade, adoitanser moito máis felices e non acostuman ter depresións, porque xa sufriron tanto na súa vida que xa relativizan moito todo o que lles poida pasar. Por isto creo que a parte final do sair do armario é moito máis gratificante.