Daniel Salgado conta o seu camiño desde que lle dou o primeiro brote psicótico ata ter controlada a enfermidade con plans de volta, co apoio dos seus pais Santiago e Mª Felicidad, a unha vida como a que tiña antes de que lle fora diagnosticada e tratada a esquizofrenia pola psicóloga Iria Vidal. Completa o cadro a testemuña da deputada do BNG Montserrat Prado, que analiza a situación da saúde mental en Galicia.