aldea

substantivo femininoNúcleo pequeno de poboación, de carácter rural e con poucos veciños.

A aldea empobrece, embrutece e envilece.

A aldea Deus a dea.

A vida da aldea dálla Deus a quen a desexa.

A vida da aldea para quen a queira.

A vida da aldea, Deus a dea.

Algún día será a festa da nosa aldea.

Facenda en dúas aldeas, pan en dúas taleigas.

O de aldea, nin cama nin cea.

O proveito da aldea, Dios o dea.

Os de aldea, neto de leite por cuartillo de aceite.

Peso e medida manteñen a paz na aldea e na vila.

Por mal que che vaia, vive na cidade.

Porque ladren os cas na aldea, non van a fundir a peneda.

Para non saír ás aforas, fixo abondo.

Quen deixa a vila pola aldea, a ollo ve mala estrela.

Quen deixa a vila pola aldea, mal lle foi nela.

Quen deixa vila pola aldea, ó ollo ve máis estrela.

Quen dixo pobo, dixo ceo; quen dixo vila, dixo vida.

Se es de aldea, tarde ou cedo has de ensinar a orella.

Vale máis pobre da vila que rico da aldea.

cabazo/hórreo

substantivo masculinoHórreo circular e feito de vimbios ou varas. / Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas.

Máis de medio ano véselle o día ao cabazo.

Se os hórreos están baleiros, mal inverno para os meus fillos.

camiño

substantivo masculinoEspazo trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro. - Lugar ou lugares polos que se pasa ao ir dun punto a outro.

Camiño de Roma, nin mula coxa nin bolsa frouxa.

Camiño vello, congostra nova.

Cando fores por un camiño non fales mal do teu inimigo.

Con solas e viño xa pode un andar camiño.

Con solas, pan e viño ben se pode coller o camiño.

Consulta de camiño, resposta de espola.

De camiño, dous mandados.

En todas partes hai un anaco de mal camiño.

En todos lados hai unha légoa de mal camiño.

Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.

Malos ou bos, por tódolos camiños se pode un desfacer os fociños.

Mentres vai e vén, non está o camiño sen el.

Mentres vas e vés, non folgas camiño.

No camiño de San Campio tanto anda o coxo como o tranco

No camiño de Santiago tanto anda o coxo como o san.

Non hai camiño tan claro que non teña barranco.

O mal camiño andalo logo.

O pau e a pedra no camiño medran.

O que ben se quere, no camiño se encontra.

O que lle desexa mal ao veciño, a súa lle vén polo camiño.

O que se para no camiño, chega tarde ao muíño.

O que se ri do veciño, vénlle o mal polo camiño.

O que ten testada ao camiño, sérvese polo seu eido.

O que vai á misa ou ao muíño, non se pare no camiño.

Os camiños mal coidados fan probes os potentados.

Quen leva présa, no bo camiño tropeza.

Quen no mundo fía, camiña sen guía.

Solas e viño andan camiño.

Tódolos camiños van a Roma.

Tropezar e non caer, adiantar camiño é.

cárcere

substantivo masculinoEstablecemento disposto para ter encerrados os presos.

O cárcere e a coresma para os probes se fixeron.

O cárcere non come os homes.

Ao cárcere, nin por lume.

Mal por mal, antes no cárcere que no hospital.

Mellor é ir ao cárcere por dálas que ao hospital por levalas.

casa

substantivo feminino Construción destinada a vivenda. Edificio destinado a determinados usos, que non sexan vivir nel.

A "ídevos da miña casa" e "que queres coa miña muller?" non hai que responder.

A boa portada honra a casa.

A ama que non sobrasa non goberna casa

A casa barrida non é boa

Á casa de moitos donos nunca lle faltan pingueiras.

Á casa de túa tía non vaias tódolos días.

Á casa do rico vai obrigado e á do probe vai sen ser chamado.

Á casa do ruín, tal como che fun, volvín.

Á casa do teu amigo non vaias sen aviso e á do necesitado vai sen ser chamado.

Á casa do teu irmán non vaias cada verán.

A casa feita, a cova aberta.

A casa forte desfaina a morte.

A casa onde se traballa nunca está sen pan nin palla.

A casa que non é rifada non é ben servida.

Á casa queimada acudirlle con auga.

A casa roubada, porta nova.

A casa ten o que lle levan.

A casa torna do pan.

A casa, a cama i-a muller, canto mellor poida ser.

A casas honradas non hai portas cerradas.

A casas vellas, portas novas.

A cheminea na casa val moito.

A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala.

A mal dicir non hai casa forte.

A necesidade da miña casa ninguén a pasa.

A quen Deus quer ben, a casa lle gusta e o lar tamén; e a quen quer mal, nin a casa nin o lar.

A xogueta e a bebedela botan as casas por terra.

Á túa casa non veña quen ollos teña.

Ao maldicir non hai casa forte.

Ao que lle cae a casa, tena que erguer.

Apréciame na casa que eu te honrarei na praza.

Arde a casa, quentarse aos cangos.

As contas de praza non dan cas de casa

Ás dez deixa a casa a de quen é.

As forras que tiran cas casas non son forras.

Boas son as festas na casa dos outros.

Bota a casa pola ventá que non falta quen a colla.

Cada un manda na súa casa.

Cada un vai comer á casa de cada un.

Cae unha pedra na ola, cae pola casa toda.

Cando a casa cheira a home, quen dirá que a casa é probe?

Cando a serra se envolve na capa, non déixe-la túa casa.

Cando a túa casa vaias obrar, en marzo has de empezar.

Cando fores a casa da fóra, chama dende a porta.

Cando me decatei, entroume na casa o que nunca pensei.

Cando me decatei, entroume na casa quen menos pensei.

Cando saias da casa mexa ben e ata as calzas.

Casa acabada e testamento feito é caixa empezada.

Casa chea de ventás, mal pode garda-lo frío.

Casa de dúas portas é mala de gardar.

Casa de moitas mulleres, a cociña por barrer.

Casa grande, esmola pequena.

Casa lousada de pedra, casa cuberta de herba

Casa negra, candea acesa.

Casa pechada, casa esborrallada.

Casa por renda e muller sen facenda, atópanse onde queira.

Casa que non ten pai nin nai, abaixo vai.

Casa que ten ciprés, ou foi nobre ou nobre é.

Casa roubada, porta trancada.

Casa roubada, tranca á porta.

Casa sen cheminea, de muller pobre ou allea.

Casa sen dono, casa de todos.

Casa sen tellado, moito frío e pouco recado.

Casa vella todo é pingueiras.

Casa, na que vivas; viñas, das que bebas; rendas, as que poidas; terras, as que vexas.

Chove, chove na casa do probe; neva, neva na casa da vella.

Chove e choverá, quen está na casa allea non marchará.

Co veciño avergonceime e na casa goberneime.

Compra e vende na casa, e farás casa.

Compra na casa e vende na feira.

Con sopas e papas non vaias lonxe das casas.

Corrido vai pola casa de seu pai.

Da casa do cura, comer e levar

Da casa sae quen monte queima.

De boa casa, boa larada.

De fóra virá quen da casa te botará

De malas fadas logo se enchen as casas.

Des que se chega ó lugar, logo se ven as casas.

Diga o mundo o que quixera e ande a nosa casa limpa.

En casa allea, o que ben está, ben estea.

En casa chea logo se fai a cea.

En casa de ferreiro, coitelo de pau, e na do carpinteiro, sentado no chan.

En casa que non rifan non hai pan.

En casa vella todo é goteiras

En todas as casas ruxen as cuncas, menos na miña que creban.

Este mundo é unha casa de loucos: uns por moito e outros por pouco.

Festa dun día non acaba unha casa e, se é de máis, acabaraa quizais.

Fun á casa allea, e avergonceime; vin á miña, e remedieime.

Fun á casa da miña veciña e avergonceime; fun á miña e goberneime.

Fun á casa do veciño i-avergonceime e cheguei á miña e goberneime.

Goteira na casa e muller faladeira botan o lume da lareira.

Hai forras que tiran as casas.

Hai quen na súa casa come sardiña e na allea pide galiña.

Honra na casa e fama na praza.

Irei, irei, e á miña casa volverei.

Máis sabe o parvo na súa casa que o cordo na allea.

Máis val na casa ser que na festa mal parecer.

Mal escapa quen á casa volve.

Mal vai a danza cando na casa de vostede me tratan.

Manda sempre á praza o mellor mozo da casa.

Manter unha casa, non o sabe senón quen o pasa.

Miña casa, meu lar, veña de onde veña, a ela vou parar.

Miña casiña, meu lar, quen che me mandou deixar!

Miña casiña, meu lar, quen te gabou, non te soubo gabar.

Miña casiña, meu lar; aquí cago i-alí non podía cagar.

Moito gasta o que vai e vén, pero máis gasta o que casa ten.

Na casa allea a vergonza mantén.

Na casa allea, o que ben está ben estea

Na casa allea poden as vacas cos bois.

Na casa chea está pronto a cea.

Na casa chea logo se fai a cea.

Na casa chea reloce a torta allea.

Na casa chea sempre coubo bola allea.

Na casa da muller rica ela manda i ela grita.

Na casa da muller rica, o home cala i ela repica.

Na casa de Xan Pelexón todos rifan e todos teñen razón.

Na casa de Xan Pelexón, todos falan e todos teñen razón.

Na casa do abade hai que comer e que levar.

Na casa do abade, cando non chove, gotexa.

Na casa do aforcado non hai que amentar a soga.

Na casa do badoco, nin can nin gato.

Na casa do crego e na do prior todo se volve andar derredor.

Na casa do cura, cando non chove, barruza.

Na casa do ferreiro non tentar e na botica non probar.

Na casa do home honrado, carne gorda e pan delgado.

Na casa do oficial asómase a fame mais non pode entrar.

Na casa do probe cada un enterra a seu pai como pode.

Na casa do probe todo son pingueiras.

Na casa do probe todos rifan e todos teñen razón.

Na casa do probe, cunca de pan e pucheiro de cobre.

Na casa do que vai pescar, a sardiña e o caldiño non che han de faltar.

Na casa do que xura todo é desventura.

Na casa do rico que fai mala vida, puntada larga e acabar axiña; na casa do probe que dá do que ten, puntada corta e asegurar ben.

Na casa do ruín a muller é alguacil.

Na casa do tamborileiro todos saben ser danzantes.

Na casa do veciño nin comas pan nin bebas viño.

Na casa do xaboeiro, o que non cae, esvara.

Na casa en que non hai que comer, todos están tristes e non saben por que.

Na casa onde non hai codio, en xullo chavea nos dentes.

Na casa onde non hai fariña nin relón, todos rifan e todos teñen razón.

Na casa onde non hai pan, non pode haber paz.

Na casa onde se merenda, afórrase moito de cena.

Na casa que non hai crianza, os fillos aos pais ten semellanza.

Na casa varrida non pica a galiña.

Na miña casa non hai miseria: cen candís i-unha vela.

Na túa casa non tes sardiña e na allea pides galiña.

Nas casas vellas todas son goteiras.

Negra é a cea na casa allea, pero inda é máis negra para quen dá a cea.

Nin por casa nin por viña non tomes muller mesquiña.

Non barras a casa de noite, que entran as meigas.

Non chuspas tan alto que chuspas na casa.

Non deixes na casa porquiño que non penses levar ao fociño

Non hai peor portela que a da casa.

Non sabe o que ten quen casa de seu ten.

Non teña máis grande a casa o que fixo a copa.

Non teñas medo que eu na casa quedo.

Nun instante cae a casa.

Nunha mala hora cae a casa.

O cal para unha casa é coma para o caldo a graxa.

O día que non me afeitei, veu á miña casa quen menos pensei.

O dito axiña pasa e o proveito queda na casa.

O lume da casa queima i-abrasa; o lume de fóra queima e esfola.

O mal nunha casa acaba cas caravillas.

O que ao nacer o sol non ten a súa casa aberta, pódeselle chamar colmea morta.

O que á miña casa non vén, da súa me bota.

O que á tenda vai e vén, dúas casas mantén.

O que ás doce do día está na praza, ou non ten que comer ou non ten casa.

O que atende unha goteira, defende a casa enteira.

O que bota pan ás papas, acaba con dúas casas.

O que casa fai, casa desfai.

O que é ruín na súa casa, ruín é na praza.

O que está en casa allea, se está ben, que se estea.

O que na casa do veciño come ben, aforra o que ten.

O que na súa casa come morriña, na casa allea quer carneiro e galiña.

O que non quita a goteira terá que facer a casa enteira.

O que non ten casa de seu, de cada pobo é veciño.

O que non ten casa nin lagar, cada ano un pesar.

O que non ten casa nin viña nin leira, avecíñase onde queira.

O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña.

O que vai á praza para esculcar o que pasa, inda mellor lle fora quedarse na casa.

Onde fumegue o casar, dorme a terra e estronda o mar.

Pan de tasca, falta casa.

Para a túa casa o madeiro córtao sempre en xaneiro.

Para o ladrón da casa non hai pechadura.

Para unha casa, un camiño malo aparta o namorado.

Pola portada coñécese a casa.

Por pequena brasa quéimase unha casa.

Porta aberta garda a casa.

Que arda a casa e que non se vexa o lume.

Que quer saber ninguén o que fai ninguén na casa de ninguén?

Quéimese a casa con tal que non saia fume.

Quen non atende a goteira, coidará a casa enteira.

Quero máis ver a casa en lapas que a xustiza na casa: as lapas déixanme o solar i-a xustiza non me deixa nada.

Ruín será na casa quen o vai pregoar á praza.

Santos na praza e demos na casa.

Se na túa casa non tes sardiña, na allea pide galiña.

Se vas polo mundo, non pares na casa dun coxo, torto ou chepudo, que se hai algún bo, será un milagre.

Sol madrugador e vello ruador, na miña casa non quero nin o mellor.

Tódolos camiños van dar á casa.

Tódolos camiños van para a casa, se non é por dentro, é por fóra da aira.

Toma casa con fogar e muller que saiba fiar.

Un mal camiño para unha casa é peor ca un mal veciño.

Un peso na casa non pare outro.

Unha boa ceba e unha boa tea deixan unha casa chea.

Uns polos outros e a casa por barrer.

Vaca que sorría, home que fía, muller que asubía e pita que canta como o capón, na miña casa, non.

Vale máis este lumiño que eu teño, que estendo a perna por onde quero, que o pan e o viño na casa do crego.

Vende na casa e compra na praza.

concello

substantivo masculinoCorporación constituída polo alcalde e os concelleiros, que ten ao seu cargo a administración dun municipio.- Territorio que está baixo a xurisdición do concello

A concello ruín pregoeiro tatexo.

Cando fores ao Concello, acorda no teu e deixa o alleo.

Se pos o derradeiro no concello, uns dirán que é branco e outros que é negro.

Se un leva o seu xuízo ao concello, uns dirán branco e outros negro.

Van os cregos ó concello, tran o cuco no capelo.

corredoira

substantivo femininoCamiño de carro.

Corredoiras apertadiñas, sinal de moitas pedriñas.

Corredoiras estreitiñas, moitas pedriñas.

Polas corredoiras fondas sempre andar acompañado.

eira

substantivo feminino Sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.

Eira ou cociña, sempre a miña.

En tempo de eiras, nin domingos nin festas.

Fachenda da montaña, meda na eira e fame na casa.

Na eira que non é miña, que malle nela quen queira.

Non che estaba mal o sol na eira i-a chuvia na nabeira.

Non ten eira, nin leira, nin pau de figueira.

feira

substantivo feminino Mercado público, xeralmente ao aire libre, onde se compran e venden mercancías, en particular produtos da terra e artesáns, e que se celebra en días fixos. - Reunión periódica na que se presentan ao público mostras de diversas mercancías.

A que feira irás que máis ganes?

As contas da feira non dan cas da lareira.

Bota á feira que un peso has de ganar dalgunha maneira.

Cada un fala da feira segundo lle vai nela.

Cada un vai á feira co que ten.

Cando vaias para a feira, que non che esqueza a carteira.

Este non é sitio de tratos nin de contratos: o que queira comprar e vender, que vaia á feira.

Ide a mercar á feira, veredes como vos vai nela.

Ir e non vir, como os poldros á feira.

Mercar na feira e vender na praza.

Na feira de Vilaverde, o que máis pon, máis perde.

Non hai feira mala: o que un perde, outro gana.

Non hai peor feira que a valeira.

Non todos van á feira por mercar nin á misa por rezar.

Nunca a feira vaia que máis mal me saia.

Nunca á feira vaia que máis perda.

Nunca hai feira mala: o que un perde, outro o gana.

O engano i-a laceira andan de feira en feira.

O que vai cos da feira e volve cos do mercado, non merece bo pago.

Para a misa e para a feira non esperes pola compañeira.

Para mala feira, corda baleira; e, se a feira é mala, nin corda nin nada.

Para ruín feira, a corda valeira.

Queira, non queira, a ovella vai á feira.

Se non queres levar patadas, non vaias á feira das bestas.

Se vas á feira a feirearte, tés que comporte e amañarte.

Sempre que vaias á feira, ten coidado ca carteira.

Vale máis corda baleira que mala feira.

forno

substantivo masculinoConstrución dentro da que se producen altas temperaturas, utilizada para cocer, asar etc., alimentos, ou para desecar, cocer, fundir e transformar certas materias.

A enfornar tórcese o pan.

Ao enfornar fanse os pas tortos.

Ao enfornar tórcese ás veces o pan.

Des que se quenta o forno, pronto se coce o pan.

Forneira fuches, que inda cheiras á masa.

Foros e fornos vellos canto antes desfacelos.

Máis que ningún bolo, quero o que se fai no forno.

Na porta do forno rompen as bolas.

Na porta do forno quéimase o pan.

Non botes leña no forno cando xa quente estivera.

O forno chama ao pan queimado.

O forno chamoulle ao muíño queimado, sendo el máis abrasado.

Os fornos sempre se quentan pola boca.

Quen mal enforna saca os pas tortos, mais paga a poia.

Se tes sono, bótate ao forno.

Sempre o forno chamou o moín queimado, sendo el o máis aburado.

montaña/monte

substantivo Elevación importante do terreo. - Rexión moi elevada sobre o nivel do mar.

Cando a montaña pon o sombreiro, prepárate para o inverno, e se pon capote, chove de cote.

Cando un anda máis no monte, máis espiñas colle.

De mal monte non pode vir boa leña.

Do monte mao, fuste na mao.

Do monte sal o que o monte queima.

Dous montes non se tropezan pero dúas persoas si.

Monte de ra, nin palla nin gra.

Monte de sapo, pan no papo

Monte de sapo, pan no saco.

Monte duro, pan seguro.

Monte e ribeira non se atopa onde se queira.

Nin tan monte nin tan ponte.

No monte andan os lobos e no val, os raposos.

O monte é para os lobos e o val, para os raposos.

O que vive na montaña coida que ten algo e non ten nada.

Pensa que todo o monte é ourego.

muíño

substantivo masculino Aparello para moer ou para triturar certos produtos, como cereais, olivas, cana de azucre etc. -Edificio onde está instalado algún destes aparellos.

Ao que lle importe o muíño teña conta do rodicio.

As que ao muiño van, se son bonitas, logo as moerán.

Cada muíño quer a súa auga.

Cada un quere levar a auga ao seu muíño e deixa seco o do veciño.

Cada un tira da auga para o seu muíño, aínda que deixe seco o do veciño.

Cando vaias para o muiño, leva un bocadiño.

Con quen ten muíño que coidar non te poñas a enredar.

Hai quen de seu muíño ten e noutro moe.

Máis que muíño en espera val sobro na moega.

Mentres que a moa do muíño vai e vén, Deus dá do seu ben.

Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio.

O muíño de meu pai é muíño de convento: pon fariña pra fóra e grans pa dentro.

O muíño treina, treina, a auga faino treinar.

O que pode vai ó muíño e moe.

O que primeiro que chega ao muíño é o primeiro que moe.

O que ten muíño e forno, come o pan todo.

Se o muíño non anda, a maquía non se gana.

Se vas ao muíño, no se che esqueza o canciño.

Sempre o lume chamou o muíño queimado.

Vale máis gran de sobra na moega que muíño en espera.

mundo

substantivo masculino O conxunto de todo o que existe. - O planeta Terra.

Canto o mundo traballa e procura, todo é loucura.

Deixémo-lo mundo como está que el se gobernará.

Detrás deste mundo virá outro.

Diste mundo levarás boas obras, se as fas.

Este mundo aquí ha quedar e nós habémonos de ir.

Este mundo aquí ha quedar porque ninguén o ha levar.

Este mundo así o topamos e así o temos que deixar.

Este mundo é redondo, o que non o sabe andar ten leria abondo.

Este mundo é un engana bobos.

Este mundo non é dos parvos e mais, por iso, hainos.

Hai quen non goberna a muller e quer gobernar o mundo.

Mundo mundiño, cando hai para pan non hai para viño.

Mundo, mundiño, cando non hai para pan hai para viño.

Neste mundo cansado, nin hai ben cumprido nin mal acabado.

Neste mundo redondo, o que non sabe nadar vaise ao fondo.

O mundo dá moitas voltas.

O mundo darache o pago, que para iso é bo pagador.

O mundo é un bandallo: chove nel como fora.

O mundo é unha escada que uns soben e outros baixan.

O que neste mundo queira estar, ten que ver, oír e calar.

O que neste mundo quere gozar, ten que ver, oír e calar.

O que por este mundo ben quere andar, debe oír ben e calar.

O que neste mundo se mofa, no outro foza.

Para todo hai bulas neste mundo.

Quen no mundo fía, camiña sen guía.

Todo é leria neste mundo.

Todo mundo ten algo que rascar.

Todo o mundo ten algo que perder.

parede

substantivo femininoObra levantada verticalmente, que forma o exterior dun edificio ou serve para cerrar un espazo ou para dividilo.

As paredes ouven

As paredes teñen ollos.

Entre sebes e paredes catade o que facedes.

Mirade o que facedes entre sebes e paredes. Entre noiros e paredes mirade o que dicides.

Parede que ten croio, a muller que non ten fillos e o home ten mal de ollo.

Quen se fía do segredo das paredes, sae vendido moitas veces.

pombal

substantivo masculino Lugar onde viven as pombas domésticas.

Ao pombal caído non vale botarlle trigo.

Haxa cebo no pombal, que as pombas non faltarán.

Limpa a fondo e sala os pombais e virán por millares de millares

O pombal esborrallado non precisa ter tellado.

Ti ten grans no teu pombal, que as pombas xa che virán.

rego - regueiro

substantivo masculinoPequeno suco natural polo que corre a auga. - Escavación longa e pouco fonda que se fai nun terreo para sementar, para distribuír a auga da rega etc.

Cando o rego soa, auga leva.

Cando os regos teñen chea, nunca a auga limpa levan.

Nin bo Xan nin bo Pedro, nin bo lameiro por riba do rego.

Non hai quen o traia ao rego!

O crecido regueiro pasalo ao derradeiro.

Súa o labrego mentres outros non queren vir ao rego.

río

substantivo masculino Curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río.

Á par do río non merques viñas nin casarío.

As moitas pingueiras fan o río grande.

Cando o arroio corre é porque chove.

Cando o río berra, auga leva.

Cando o río corre é que leva auga.

Cando o río non fai ruído, ou leva moi pouca auga ou vai moi crecido.

Cando o río roxe é que hai nel pedras.

Cando o río roxe, leva auga.

Cando o río soa, auga leva.

Cando se sinte o río é porque leva auga.

Non se lavará con toda a auga do río.

Conco rapado foi polo río, caeulle a pucha e morreu de frío.

De perdido, ao río.

E se o río da presa levara coñac, máis de catro lacazáns iades alá.

Facenda de sobriño, quéimase no lume e afógase no río.

Has de ir ao río e non ver a auga.

No bo río péscase a troita.

Non hai río bravo que non teña un bo paso para atravesalo.

Non se lavará con toda a auga do río.

O que non entra a nadar, non se afoga nin no río nin no mar.

O que o río achega, o río o leva.

Onde vai máis fondo o río, fai menos ruído.

rúa

substantivo femininoCamiño dentro dunha poboación, rodeado por casas, árbores etc

A rúa do rei pra todos é.

Ás dez deixa a rúa pra quen a quixer.

serra

substantivo femininoSucesión de montañas que pola súa forma recorda unha serra.

Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca.

Ou estar ao pé da serra ou a cen leguas dela.

Vivir ao pé da serra ou lonxe dela.

souto

substantivo masculino Terreo poboado de castiñeiros.

Polo souto non corras atrás de outro.

Ramallo de souto, se non teu, será doutro.

Se queres ter bo souto, ao sacudir un, planta outro.

Val máis fraco no souto que gordo na boca de outro.

taberna

substantivo feminino Establecemento público xeralmente de carácter modesto e popular, ou ben de estilo rústico

A vida dos vagabundos é unha vida real: de mozos polas tabernas e de vellos no hospital.

Aínda que estou malo das pernas, inda podo ir á taberna.

Aínda que teño mala a perna, ben sei onde está a taberna.

Na taberna, no ferreiro e no regueiro, sábese a vida do mundo enteiro.

Pensa unha cousa o borracho e outra o taberneiro.

Por ir á misa entrei na taberna e quedeime nela.

Taberna vella non precisa na porta ramalleira.

tenda

substantivo femininoEstablecemento comercial onde se vende ao público calquera tipo de mercadorías polo miúdo.A peor tenda é a valeira.

A tenda é para quen a atenda.

Do que está na súa tenda, que non digan que estivo na contenda.

Non hai peor tenda que a baleira.

Non hai peor tenda que a que está valeira.

O que non atende a súa tenda, que a venda.

O que non remenda non sae da tenda.

O que ten tenda que a atenda, e se non, que a venda

Pon a tenda do que entendas.

vila

substantivo feminino Entidade de poboación máis pequena ca a cidade e máis grande ca a aldea, que en Galicia adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca.

Á vila fun, da vila volvo; fun correndo e veño sen folgo.

Cando vaias á vila, pregunta pola nai e saberás quen é a filla.

Os traballos da sega dan que facer aos da vila e aos da aldea.

Vale máis pobre da vila que rico da aldea.