alforxa

substantivo feminino Saco ou bolsa dobre que, posto nos ombros ou ao lombo de certos animais, serve para levar unha carga repartindo o peso.

A alforxa adorna a besta.

A alforxa do pobre con todo pode.

Para nada non fai falta alforxa.

bolsa /falchoca /faldriqueira

substantivo femininoObxecto de tea, papel ou doutro material similar, que forma unha cavidade aberta unicamente por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou transportar todo tipo de obxectos.

A bolsa do pobre con todo pode.

A bolsa sen cartos non é máis que coiro.

A falchoca do pobre con todo pode.

A faldriqueira do pobre, con pouco diñeiro se enche.

A lingua solta, pero as mans na bolsa.

Bolsa aberta, boca cerrada e coitelo na mao.

Goberna a boca asegundo a túa bolsa.

Non diga a boca o que pague a falchoca.

Onde se quita e non se pon, logo se valeira o bolso.

Quen ten catro e gasta cinco, non necesita faldriqueira.

Por dar esmola non mingua a bolsa.

Por unha esmola non se valeira ningunha falchoca.

bota

substantivo feminino Recipiente de coiro para o viño, do que se bebe directamente, levantándoo cara ao alto e apertándoo coas mans.

Cada bota cheira ao viño que lle botan.

caldeiro

substantivo masculinoRecipiente máis pequeno ca a caldeira, cunha asa que vai de lado a lado da boca, que se usa xeralmente para quentar a comida dos animais. - Recipiente con aro, cilíndrico ou máis ancho pola boca ca polo fondo e de distintos materiais, como metal ou plástico, que se usa para conter ou transportar líquidos, lixo etc.

Aire de Meira, caldeiro á goteira. Aire de Lugo, auga nun puño.

Aro frío, caldeiro cocido.

Barro barreiro, masa pró caldeiro.

Caldeiro vello dá para un novo.

Con un caldeiro vello non se compra outro novo.

Díxolle o pote á caldeira: "Tírate alá, no me lixes".

Hai que se arrimar a un caldeiro vello, que el dará para un novo.

O caldeiro no lameiro e o pote no fumeiro.

O caldeiro pousadiño na mulida non se estraga.

O caldeiro pousadiño na mulida non se estraga.

O caldeiro sen a asa non debe saír da casa.

O vello ha de dar para un novo.

Onde vai a auga, que vaia o caldeiro.

canastro/a

substantivo masculinoCesta grande de vimbio con dúas asas.

Se queres ter bo canastro, corta os vimbios en marzo.

cesta/o

substantivo masculino Recipiente feito de vimbios, vergas ou varas entretecidos de distintas formas e tamaños segundo os usos, que pode ter ou non asas ou un aro polo medio.

Cesta patela arromba máis que leva.

Coller auga nun cesto non é de proveito.

O que fai un cesto, fai un cento, dándolle vergas e tempo.

O que fai un cesto, fai un cento, se lle dan corres e tempo.

O que fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbios e tempo.

O que fai un cesto, fai un cento, se lle dan varas a tempo.

O que fai un cesto, fai un cento.

Pouco importa que o angazo xunte se a cesta verte.

Quen fixo o cesto, que lle poña o aro.

Vale máis unha boa presa que un mal cesto.

cunca

substantivo femininoRecipiente cóncavo con ou sen asas, de distintos materiais, para tomar líquidos.

Cunca chea non é engano.

Cunca de moitos, ben lambida e mal lavada.

Han de pipa cunca chea.

O que non quere unha cunca, dánselle dúas.

Regalo de monxa, cunca de leite por cunca de aceite.

ferrado

substantivo masculinoMedida de capacidade para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variable segundo os lugares ou segundo o que se mida que pode ir dos doce aos vinte quilos, e que corresponde habitualmente a dous tegos. - Especie de caixón trapezoide con esa capacidade.

Ao ferrado de semente cómprelle ben dúas carradas de esterco.

Ferrado de pan dúas veces rapado, ferrado de vilán.

O millo rascado enche a cesta e enche o ferrado.

O millo sachado enche a cesta e o ferrado.

Regalo de monxa, ferrado de trigo.

Rosquilla de monxa, ferrado de trigo.

Un ferrado de fabas como una fanega de millo.

Un garavanzo replantado por un pé dá un ferrado.

fol

substantivo masculinoSaco ou bolsa, en principio de coiro, ou obxecto de forma parecida.

Fol mollado leva dobrado

Fol mollado, masa leva.

Fol sacudido non entra no muiño.

O fol e a taleiga, o que lles botan, iso levan.

O medo garda a viña, o fol a fariña e o zorro a galiña.

O que cede o seu en vida, que colla un fol e pida.

O que o seu doe en vida, que agarre o fol e pida.

Se queres coller o fol, queima leña verde e come pan mol.

fustalla

substantivo femininoPipa, tonel ou cuba, xeralmente utilizados para encher de viño

Cada fustalla cheira ao viño que garda.

Cada fustalla cheira ao viño que gardou.

Fustalla boa, lavada e limpa fai medio viño.

hucha

substantivo feminino Caixa grande de madeira e con tampa para gardar a roupa, o gran, o pan etc.

A hucha sen centeo é como o prado sen rego.

Coa hucha valeira non se fai feira

Na hucha aberta o xusto peca.

O centeo, basto na hucha e non no terreo.

O pan, ben cardado, enche a hucha do amo.

odre

substantivo masculinoRecipiente feito coa pel dun animal, xeralmente dunha cabra, que serve para conter líquidos.

A odre baleiro chámolle coiro.

Non cambies o odre, que che pode saír podre.

O que cambia odre por odre, algún lle sae podre.

Odre baleiro, enchelo custa diñeiro.

Odre de bo viño dura pouquiño.

Odre de bo viño nunca dura moito.

Odre de bo viño, home rifante e cabalo saltador nunca dura moito co seu señor.

Odre por odre, un ha de saír podre.

Odre por odre, un ha de ser podre.

Odre sen viño non fai amigo.

Odre de bo viño, home rifante e cabalo saltador nunca dura moito co seu señor.

Odre por odre, un ha de saír podre.

Odre por odre, un ha de ser podre.

Odre sen viño non fai amigo.

Odre baleiro coiro lle digo.

Quen troca odre por odre, algún deles está podre.

ola / pucheiro

substantivoRecipiente de forma redonda, xeralmente de barro e coa boca ancha, usado para cociñar.

A cada ola a súa tapadeira.

A cada ola o seu testo.

Á ola ben amañada e ben guisada, quen lle fai mala cara?

A ola sen verdura non ten gracia nin fartura.

A pequeno pucheirote pequeno guisote.

Boas olas, boas sobras.

Cada día ola e tallada, cansa.

Cada ola ten a súa tapadeira.

Despois de Dios, a ola, porque o demais todo é parola.

Hai algo máis na ola que cebola.

Máis ben me sabe a miña cebola que a carne da túa ola.

Moitas olas ao fume e un garabano a cocer.

Nin ola sen touciño nin xantar sen viño.

Ninguén sabe o que hai na ola mellor que a culler.

Non hai boa ola con auga soia.

Non hai ola sen touciño

Non lle falta pucheiro ó que ten diñeiro.

O fogo guisa a ola, e non moza orgullosa.

O que queira comer do pucheiro alleo, que quite primeiro o testo seu.

O tormento da cazola que tanto a desconsola: face-lo guisado, queimarse para guisalo e despois, nin comelo nin probalo.

Ola de moitos nunca ben coce.

Ola de moitos, mal gobernada.

Ola que está ao lume, ten mester de tapadeira.

Ola que moito ferve, sabor perde.

Ola que moito ferve, sazón perde.

Ola sen sal, faite de conta que non tes xantar.

Ola sen touciño, ou é de estudante ou de mesquiño.

Onde boa ola se creba, boa tapadeira queda.

Onde vai a ola que vaia a tapadeira.

Os cachos imítanlle as olas.

Os cachos tiran ás olas!

Pucheiriño pequeno logo está cheo.

Pucheiro a ferver, tu a botar i eu a comer.

Quen está a pucheiro anda en tratos co sepultureiro.

Se a ola dá contra a pedra, o peor será para ela.

Se creba a ola, dese mal morren todas.

Tanto vai a ola á fonte que ao fin se rompe.

Ti pariches i-eu parín, ti pucheiro i-eu tixola, estamos os dous de chola.

Tódolos días pucheiro aburre e cansa o mundo enteiro.

Vai moitas veces a ola á fonte e dunha rompe.

peneira

substantivo femininoInstrumento formado por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc.

A peneira da tola anda a aldea toda.

A peneira de María, a tola, anda a aldea toda.

A peneira da boba anda a aldea toda.

A peneira da tola corre a aldea toda.

Desta maneira, o que non ten fariña escusa peneira.

Desta maneira, o que non ten fariña escusa maseira.

pote

substantivo masculinoRecipiente de ferro coa barriga en forma de esfera, con tres pés, dúas asas e un aro para penduralo da gramalleira, que se empregaba para cociñar na lareira.

A pequeno pote pequeno guisote.

A pote que ferve, ningunha mosca se atreve.

Cando a ruína vén, hasta o pote se fura.

Cando ferve o pote, alegría, alegrote.

Do pote que non has comer, déixao cocer.

É moi grande o pote e pouca a manteiga para que saian boas as papas.

Haxa, non haxa, Marica bota ao pote.

Nin pote ao lume sen touciño nin xantar na mesa sen viño.

Nun pequeno pote ben cabe un guisote.

O bo tempo está no pote.

O ferver do pote ten gorgolexos de moito alegrote.

O pote que moito ferve, sazón perde.

O poteiro contou a vida e non o diñeiro.

O que come do pote alleo, tenlle que quitar o testo ao seu.

O que come do pucheiro alleo, ten que ter destapado o seu.

O que queira ter parte no pote alleo, ten que destapar o seu.

Pote ao lar, home a andar.

Pote ao lar, mozo a andar.

Pote pequeno, cheo de veleno.

Pote sen verzas, sen unto, nin sal, pódeselle ao gato dar.

Quen come do pote alleo, tenlle que quitar o testo ao seu.

Quen de golpe bota auga no pote, máis derrama que recolle.

Raro no pote e basto na cunca.

Se queres que o pote che dea alegría, éncheo de carne e porco cada día.

Sempre chamou a sartaña ao pote tisnado.

prato

A hóspede bo, prato grande.

Fuxe de facer trato con quen non ten máis Deus que o prato.

Moito aparato e pouco no prato.

Nada entre dous pratos.

O que ten bo olfacto, logo coñece o prato

saco

substantivo masculinoBolsa grande de diferentes materiais, como tea, estopa, plástico etc., que ten normalmente forma rectangular e serve para gardar cousas.

A ambición rompe o saco.

A cobiza racha o saco.

Aínda que fales e volvas falar, teño cen sacos cheos e outros cen por desatar.

Aínda que son saco, teño baraza.

Cada un tira para o seu saco.

Hai que saber gastar e atar o saco.

Moitas esmolas caben nun saco, pero o saco queda baleiro.

Non hai nada tan soberbio coma un probe con un saco de codelos ao lombo.

Non hai saco que non teña o seu fondo.

O que non sirve para saco, sirve para coleira.

O saco baleiro non se ten i-o cheo non se baixa.

O saco redondo tanto leva como é longo.

O saco redondo tanto leva como o longo.

Ovo ao papo, carto ao saco.

Poñede un saco dereito, a ver se se ten baleiro.

Quen ten tres e gasta catro, escusa de saco. Saco baleiro non se ten; saco de pé, nunca cheo é.

Saco cheo non se dobra.

Saco de pé nunca cheo é.

Saco roto non ten fondo.

Tanto cabe no saco longo como no redondo.

Tanto ten saco longo como saco redondo.

Tódalas comenencias non caben nun saco.

Todos os proveitos non caben nun saco.

Un ano no saco, o outro no papo.

Unha no papo e outra no saco.

Un saco baleiro non se ten dereito.

testo

substantivo masculinoTapa de potas, tarteiras e outros recipientes similares.

Benia o testo que sabe tapar a ola.

Benia o testo que tapa ben o pote.

tixola

substantivo feminino Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.

As filloas non se dan ben en tódalas tixolas.

Bota ovos á tixola, que aceite xa o ten.

Cando a tixela roxe é que hai guisote.

Cando a tixola grila, algo hai na vila.

Cando canta a tixola, sinal de que hai enchedela.

Cando a tixola vexas mover, non te botes a correr.

Fuxir das tixolas e caer nas brasas non son vantaxes.

Fuxir da tixola para caer nas brasas, dou ao demo tales vantaxes.

Fuxir das tixolas e caer nas brasas non son vantaxes.

Golpe de tixola, anque non doe, luxa.

Golpe de tixola, anque non doe, tisna.

O golpe da tixola lixa anque non doia.

O golpe da tixola, aínda que non doia, emborna ben.

O golpe da tixola, se non doe, chisna ben.

O golpe da tixola, se non doe, cisca ben.

O golpe da tixola, se non doe, pinta ben.

O golpe da tixola, se non toca, doe ben

Onde ruxe a tixola, ou hai muller parida ou hai larpeirada.

Pau ca tixola, se non doe, tisna.

Quen ten a tixola polo rabo, ese é o amo.

Sopas de tixola son porcas pero saben ben.

Todo canto pasa pola tixola, sae ben.

Todo o que vai á tixola sabe ben.

Todos pican na tixola, i-eu picarei, si me deixan, cando poida.

xerra/o

substantivo Recipiente groso no medio e estreito na boca e na base, con asa e bico, que se emprega para conter líquidos e para servilos.

Ao catarro dálle co xerro.

Grolo a grolo baléirase o xerro.

Moitas veces vai o xerro de barro á fonte pro dunha rompe.

Tantas veces vai o xerro á fonte que dunha rompe.

Xerra por onde un bebe, outro pode beber.