barba/bigote

substantivo femininoConxunto de pelos que lle nacen na cara ao home despois da puberdade.E - Conxunto destes pelos cando se deixan medrados ou se recortan de determinado xeito.

A barba do home, se o gana, tamén o come.

Antes barba branca para a túa filla que mozo de chencha partida.

Barba a barba honra se cata.

Cando o castiñeiro dea landras i-[o] carballo verdura, han de ser bos os homes das barbas rubias.

Cando o río corra arriba e os carballos dean uvas, serán bos os homes das barbas rubias.

Cando o río corra arriba i-os carballos dean uvas, han de contar verdade os homes das barbas rubias.

Cando os olmos dean peras e os toxos boten uvas, han de ter boas accións os homes das barbas rubias.

Cando o outro vexas afeitar, pon as túas barbas a remollar.

Cando o veciño se afeita, vai ti poñendo a barba a remollo.

Cando as barbas do teu veciño vexas pelar, bota as túas a remollar .

O que non ten bigote, non o afeita; e o que o ten, sempre o anda rascando.

Para ser forzudo hai que ser barbudo.

Se ves a barba do teu veciño afeitar, pon a túa a remollar.

barriga

substantivo femininoCavidade dos animais vertebrados que se sitúa entre o tórax e a pelve e contén todas as vísceras agás os pulmóns e o corazón. - Rexión do corpo que se corresponde con esta cavidade.

A barriga chea mellor se aconsella.

A quen come e non convida, que lle revente a barriga.

Barriga chea a Dios alauda.

Barriga chea, home para a aldea.

Barriga chea, sexa de pan sexa de area.

Barriga farta, tambor e gaita.

Barriga feita, compaña desfeita.

Barriguiña chea, crego para a aldea.

Bola quente, e auga fría, tres días de cagarría.

De barriga chea, volta para a aldea; de barriga lasa, volta para a casa.

De barriga farta, tamboril e gaita.

De corenta anos para arriba nin te cases nin te embarques nin te molles a barriga.

De corenta para arriba no te molles a barriga.

De palla ou de area, a barriga chea.

Despois de barriga farta, tambor e gaita.

Énchete, barriga, estarrícate, meu rabo, en arcas abertas e mulleres de pouco coidado.

Lerias non enchen barrigas.

O que come e non promete, na barriga se lle espete.

O que ten vergonza, quédalle a barriga zonza.

Papas de orxo con leite por riba, tírate, galbán, de pernas arriba.

Se che doe a barriga, dálle cunha ortiga.

Se che doe a barriga, raña cunha ortiga.

Se che doe a barriga, rasca contra unha viga.

Sexa de palla, sexa de area, a barriga sempre chea.

Sexa de palla, sexa de area, a miña barriga ande chea.

Sexa de palla, sexa de avea, ande a barriga chea.

Sexa de pan, sexa de area, ande sempre a barriga chea.

Sexa de papas, sexa de area, o caso é que ande a barriga chea.

Trampa non enche barriga.

boca

substantivo femininoAbertura que comunica co aparato dixestivo e coas vías respiratorias nalgúns animais e que, no home, está situada na parte inferior da cara, arrodeada polos labios. - Conxunto dos dous labios. - Cavidade situada detrás dos labios, en que está a lingua, os dentes etc.

A boca sen dentes e sen moas é como o muíño sen pé e sen roda.

Ábrete miña boca, estarrícate meu rabo, Dios me ampare, portas abertas e xente de pouco coidado.

A unha boca abóndalle unha sopa.

Boca do home, canto dá, canto come.

Boca que queres, barriga ten man.

Boca que se abre, algo quer.

Di a boca como han de facer os pés.

En boa boca non hai ruín res.

Non hai boca por onde vaia.

O mal entra pola boca e pola boca sae.

O mal que da túa boca sae, no teu seo cae.

O que ben me sabe, na boca me cabe.

O que ben sabe, pola boca cabe.

O que cuspe moito ao alto, vólveselle a saliva á boca.

O que non ten boca non di sopra.

O que ten boca non di a outro sopra.

O que ten boca vai a Roma.

Quen ben te quer, a boca cho sabe.

Vale máis fraco no monte que cheo na casa e na boca do gato.

brazo

substantivo masculinoParte das extremidades superiores, que vai desde o ombreiro ata o cóbado. - Extremidade superior, que vai desde o ombreiro ata a man.

Ao feito, brazo e peito.

Brazo de home, canto dá, canto come.

Hasta os corenta ben paso; despois dos corenta ¡ai meu brazo! ¡ai miña perna!

Locen as galanas cos brazos das malfadadas.

O brazo na estribeira e a perna na cama.

O brazo no peito e a perna no leito.

O brazo quere colo e a perna quere cama.

cabeza

substantivo femininoParte superior do corpo humano ou superior ou anterior dos animais, separada do tronco polo pescozo, onde se atopan os principais centros nerviosos e a maioría dos órganos dos sentidos. - Parte da cabeza recuberta de pelo.

Cabeza fría, pés quentes e ventre desembarazado: rirse dos médicos.

Cabeza louca non quere nin touca.

Cabeza non tes xuízo, corpo chas pagará.

Cabeza sen siso, como foca ten pouco peso.

Cabeza vana non cría canas.

Cachola de san Pedro, que non me morda can nin cadela.

Cada cabeza, súa sentenza.

Dez cabezas, dez sentenzas.

Mellor é baixarse que descabezarse.

Se che doe a cabeza, dálle contra a artesa.

Se queres que o teu meniño creza, ca auga do cu lávalle a cabeza.

Tantos xuízos como cabezas.

cara

substantivo femininoParte anterior da cabeza das persoas e animais, onde se atopan os ollos, o nariz e a boca. - Aspecto ou expresión da cara dunha persoa.

A cara garda o cu.

A culpa nunca ten cara.

Cara de beato, cara de gato.

Cara de beato, uñas de gato.

Todas as medallas teñen dúas caras.

corazón

substantivo masculinoÓrgano de natureza muscular, responsable da circulación do sangue nos animais, que está, no caso do home, na parte media esquerda da cavidade do peito. - Este órgano, considerado como sede do amor, a xenerosidade, o conxunto de sentimentos afectivos.

A mala razón deixa a roupa san i esgaza o corazón.

A quen queiras de corazón, dálle pares, nones, non.

As boas razóns capturan os corazóns.

Cales palabras me dis, tal corazón me pos.

Corazón forte a seu dono leva á morte.

Corazón forte creba cativa sorte.

Corazón que a seu dono é forte, leva á morte.

Da abundancia do corazón fala a lingua.

Descansa o corazón contando a súa paixón

Dígoo coa boca e chóroo co corazón.

Feito malo, ao corazón e ao corpo fai dano.

Manchas da alma e do corazón non as quita o xabón.

O que é bo para o fígado é malo para o corazón.

Razóns ganan corazóns.

Tal hora, o corazón laia aínda que a lingua cala.

Tal palabra din, tal corazón che poñen.

Tal palabra me dixeches, tal corazón me puxeches.

Val máis vergoña na cara que dolor do corazón.

corpo

substantivo masculinoParte material ou física completa dun animal ou dun ser humano, por oposición neste último caso á parte non material ou psíquica.

A mellor palabra é a que queda no corpo.

Carreira que non bota, no corpo a ten.

Corpo descansado cartos vale.

Feito malo, ao corazón e ao corpo fai dano.

Hoxe na vida, mañá na morte, benia o corpo que pola alma traballa.

Mentres o pau ergue, o corpo descansa.

Mentres que o corpo aguante, que tire para diante.

Non hai enterro como o de corpo presente.

Non hai mal que cen anos dure nin corpo que o ature.

O corpo na cama, se non dorme, descansa.

O que non ten cabeza, págallas o corpo.

O que non ten, o corpo llo paga.

Onde non vexas corpo, non botes carga.

Onde vexas corpo, bota carga, e onde vexas orella, cebada.

Que chova, que xee, dálle auga ao corpo cando a sede a pide.

Que pida o corpo, se llo leva o xenio.

Ruín é o corpo que non enxuga a camisa do seu dono.

Traballo que se fai con gusto, non o sinte o corpo.

Ves o porco, ves o teu corpo.

cu

substantivo masculinoParte traseira das persoas ou animais, que vai desde onde acaba o lombo ata onde empezan as coxas. - Ano

A bo cu, bo peido.

Á miña Marica chéiralle o cu como unha pelica.

Á señorita do cu colorado mala furrica lle pegue no rabo.

Aquela vella das cascas rañadas, chéiralle o cu ás castañas asadas.

Cada un do seu cu fai un pandeiro.

Do cu e do superior, canto máis lonxe, mellor.

É un cu de medo!

En ceo picado e en cu cagado non hai fundanza.

En costado, cu tapado.

En monte ermo ten o cu quedo, que en poboado non o terás calado.

Nin de moza nin de vella non sentes o cu na pedra.

Non é o mesmo ser ocorrente que rentes ao cu.

O que limpa o cu cunha pedra, rasca o cu e deixa merda.

O que pon o cu en consello, uns lle din branco e outros lle din negro.

O que rasca o cu cunha pedra, rasca o cu e deixa a merda.

O que ten o cu de estopas, sempre pensa que lle poñen lume.

O que ten cu de palla non se arrima ao lume.

O que ten cu de palla non se arrima ó lume.

Pícame o cu; ano de fabas.

Pícame o cu; mañá hai parrocha.

Pra limpar o cu non hai como a pedra: rasca o cu e deixa a merda.

Traballadoriña dos días de festa relóceche o cu por entre as xestas.

Tres cousas frías hai: cu de muller, xeonllos de home e fociño de can.

dedo

substantivo masculinoCada unha das cinco prolongacións en que remata a man do home e a do simio.

Cando che dan o anelo, pon o dedo.

Cinco dedos nunha man, ás veces fan proveito e ás veces non-o fan.

Danlle o dedo e quer a mau.

Non fales co dedo o que non digas coa lingua.

O que deixa a espiña no dedo, pode perdelo máis tarde ou máis cedo.

Os cinco dedos moitas veces fan dano e moitas veces, proveito.

Quen san o seu dedo ata, san o desata.

dentes / moas

substantivo masculinoCada un dos órganos do home e doutros animais, de cor branca, duros e calcarios, incrustados no bordo dos maxilares superior e inferior, que serven para morder e triturar os alimentos. - Cada unha das pezas da dentadura situada na parte dianteira dos maxilares.

Amósame os dentes e direiche o que comiches.

Ao bo entendedor non se lle mire o dente.

Ao que lle doe a moa, que a bote fóra.

Ao que lle doe a moa, que acuda á dentuza.

Ao que lle doe a moa, que escaravelle.

Boca sen moas é coma muíño sen pedra.

Cando tiven dentes non tiven pan, e agora que teño pan non teño dentes.

Cara sen dentes fai os mortos viventes.

Están máis cerca meus dentes que meus parentes.

Hai que ganar cos dentes para comer cas enxivas.

Home sen dentes anda pola rúa vendendo pendentes.

Mal das moas, mal de amores.

O dente do neno que vén temperán, logo trae un novo irmán.

O dente e o amigo sufrilo ca súa dor e co seu vicio.

O que lle doe o dente corre á dentuza.

O que loita e non pode, aos dentes acode.

O que non pode, cos dentes acode.

O que non ten moa, ten gola.

O que non ten moas, o demo lle dá gorxas.

O que non teño de moa teño de gola.

O que padeza das moas, que acuda á dentuza.

Onde teño os dentes alí teño as mentes.

Os máis fieis parentes son os dentes e os máis leais son os queixais.

Parentes, as moas e os dentes.

Por cada dente que caia, medra a gorxa unha polgada.

Quen padeza das moas, que acuda á dentuza.

Quen ten mal dente, ten mal parente.

Se che doen as moas, frétaas con vinagre, allo e canela.

Se che doen os dentes, recorre ao dentista.

Se os dentes non ganan para as enxivas, as enxivas non poden ganar para os dentes.

Tras os dentes no peto e o tempo na res, non serves para os meus bens.

Vella sen moas anda pola rúa vendendo filloas.

fel

substantivo masculinoLíquido acedo e algo viscoso, de cor tirando a verde ou amarela, segregado polo fígado, que actúa no curso da dixestión. - Amargura acompañada de maldade.

Fai tanta falla o fel como o mel.

Fel e mel son mester.

Pouco fel fai amargo moito mel.

Quen che deu o fel darache o mel.

lágrima

substantivo feminino Gota de auga salgada que segregan as glándulas lacrimais por efecto dunha emoción, unha dor física ou por unha molestia no ollo.

Lágrimas con pan son medias levadías.

Lágrimas con pan son menos.

lingua

ubstantivo femininoÓrgano muscular móbil dos vertebrados, situado na cavidade bucal, que participa no proceso de mastigación e deglutición, é sede de parte do sentido do gusto e, no home, axuda a articular os sons.

A lingua ten moi bo curral.

A lingua vai onde dente doe.

A lingua da muller di todo o que quer e o que non quer.

A lingua do amigo malo corta máis que un machado.

A lingua larga é sinal de man escasa.

Lingua murmuradora nunca falta e sempre sobra.

Non di máis a lingua que o que sinte o corazón.

Non diga a lingua por onde pague a faltrica.

O que ten a lingua aguda, que teña a costela dura.

O que ten a lingua aguda, ten a costela dura.

O que ten a lingua aguda, ten que ter a costela dura.

O que ten lingua, córtaselle.

O que ten lingua a Roma chega.

O que ten lingua vai a Roma.

Quen ten a lingua aguda, que teña a costela dura.

Se tes a lingua aguda, ten a costela dura.

Sempre vai a lingua onde doe a moa.

Tendo lingua e que comer, o home vai onde quer.

man

substantivo feminino Parte do corpo humano situada no extremo de cada brazo, con cinco dedos, que serve para agarrar e onde radica por excelencia o sentido do tacto.

A conduta do home bo anda na man do home malo.

A man de todo ten man.

A man estea queda anque a lingua vaia e veña.

A man para todos ten man.

Ao mal encontro, dálle a man e múdate pronto.

As mans na roca e os ollos na porta.

Ás mans lavadas Deus dálle que coman.

Cando deas esmola, se o sabe unha man que non-o saiba a outra.

Da man para a boca a culler se envorca.

De boa man, ben está o que dan.

De tal man, tal é o que se dá.

Dinche que es bo, mete as mans no seo.

Ferro e pan, pouco na man.

Máis vale paxaro na man que cento voando.

Mans brancas non ofenden pero mancan.

Mans frías e corazón quente, namoro de repente.

Mans frías, amores tódolos días; mans quentes, amores ausentes.

Mans que tomades, por que non dades?

Mans quentes e corazón frío, amor perdido.

Mete as mans no seo, non dirás do fado alleo.

Meter as mans nas fogueiras é criar frieiras.

Moitas mans nun prato logo tocan a rebato.

Non fai falla meter a man no lume para saber se está acendido.

Non metas as mans no prato antes que as meta o teu amo.

Non pidas á man allea se a túa non vai chea.

Non teñas man da cabra a quen outros maman o leite.

Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda.

Quen espera a man allea, mal xanta e mal cea.

Quen tivo mans, puido pillar mazás.

Ruín man, ruín é o que non dá.

Se che din ben da túa leira, mete a man na faldriqueira.

Se metes a man no teu seo, non dirás do malfado alleo.

Tal é a man e tal é o que dá.

Unha man axuda a outra i-as dúas lavan a cara.

Unha man lava a outra e xuntas a cara.

Val máis leva-las mans limpas que levalas cheas.

Val máis un paxaro na mao que dous ou tres a voar.

Val máis un peso na miña man que cinco virán.

nádegas/cachas

substantivo feminino Cada unha das dúas porcións carnosas e arredondadas situadas entre o final da columna vertebral e o comezo das coxas.

Canto máis un se dobra, máis se lle ven as cachas.

Catro nádegas non caben nun trono real.

Nádegas e cu todo é un.

nariz

substantivo masculinoParte saínte da cara, entre a fronte e a boca, que intervén na respiración e onde reside o sentido do olfacto.

Nariz nacha, boa moza.

ollo

substantivo masculinoÓrgano do sentido da vista. - Parte exterior do globo ocular, e en particular o iris.

Abrir os ollos e apertar os xeonllos.

Aínda que non durma o ollo, descansa o óso.

As paredes teñen ollo.

Cada un ve a palla no ollo do seu veciño.

Calquera mete o pé no ollo doutro e cega o pé.

Cando os homes son tres e as talladas catro, un ollo posto na man e outro posto no prato.

Catro ollos ven máis que dous.

Co ollo e coa boa fe non vos burledes.

Cun ollo durmindo e con outro esperto.

De quen pon os ollos no chan non te fíes: man por man.

Deus nos dea humor e non nos ollos.

Di un vello refrán que alá se van os ollos onde está a vontade.

Hai diferencia do que se ve a ollo ó que se ve por anteollos.

Lonxe dos ollos, lonxe do corazón.

Máis ven catros ollos que dous.

Moitas veces quitamos os nosos ollos cas nosas mans.

Moito ollo, que a vista engana.

Nin os ollos ás cartas nin as mans ás barbas.

No mirar dos ollos, o cariño e os odios.

O gobernante, ollo por tras e ollo por diante.

O mal dos ollos cúrase cos cóbados.

O ollo límpao sempre co cóbado.

O que serra debaixo, cáelle a serradura nos ollos.

Ollos hai que de lagañas se namoran.

Ollos que non ven, corazón que non doe.

Ollos que non ven, corazón que non sente.

Ollos que non ven non envellecen.

Ollos que te viron vir, cando te verán volver?

Os ollos son as ventás do corazón.

Os ollos son para ver.

Os ollos vanse onde está a vontade.

Os ollos, cos cóbados.

Pra castigar certas faltas, con cuspir aos ollos basta.

Quen ten ollos vai a Roma.

Se na cama non dorme o meu ollo, folgan os meus ósos.

Se non dorme meu ollo, folga meu óso.

Todo doe para sandar menos os ollos que doen para enfermar.

Todo o que cos ollos vexo, o asinalo co dedo.

Un ollo no prato i-outro no gato.

Un ollo nunha cousa i-outro noutra.

Ver cos ollos e non tocar cas mans.

Ves un arqueiro no ollo alleo e non ves unha viga no teu.

Vista de ollos saca dúbidas.

óso

substantivo masculinoCada un dos órganos duros e sólidos que constitúen o esqueleto do home e dos animais vertebrados.

Aquí están os nosos ósos esperando polos vosos.

Máis vale óso na man que na boca do can.

O óso i-a carne dóense do seu sangue.

O que envía un óso ten confianza no seu pescozo.

O que traga un óso, confianza ten no seu pescozo.

Óso de lombán, barba untada, barriga van.

O óso da soá, fociño untado e barriga en van.

Óso que tocou en parte, hai que roelo con arte.

Quen che dá un óso non te quer ver morto.

papo

substantivo masculinoParte dianteira da queixada

O que está no papo non pode estar no prato.

Vale máis fraco no saco ca gordo no papo do gato.

substantivo masculinoParte final dos membros inferiores que sostén o corpo e se apoia no chan ao andar.

A verdade non ten pés e anda.

Alá se nos van os pés onde conta nos ten.

Alá van os pés onde o corazón quer.

Andar a catro pés coma os gatos.

Ao cura e ao xuíz hai que pagarlles cos pés.

Aos pes tortos dálle zocos.

As medias son boas para os pés.

Catro pés ten o gato e cinco ten co rabo.

Cun pé só non se anda moito.

Cos pés enxoitos non se collen as troitas.

Mal a pé e peor da cabalo.

Non che se irá por pés o que na túa man tes.

O interese move os pés.

O pé do dono é esterco para a leira.

O pé no berce e as mans na roca, así fai a muller fachendosa.

O que lle comeu os bens, que lle rece aos pés.

O que non herda os pés, non herda os bens.

O que non pon os pés no seguro, cedo ou tarde esvara.

O que non ten acordo, ten que ter pés.

O que non ten cabeza, ten que ter pés.

O que non ten memoria, ten que ter pés.

O que tarde chegou, de pé se quedou e non se sentou.

O que traballa cos pés, páganllas os bens.

O que traballa cos pés, páganllas os bens.

Pés afeitos a saltar non saben quedos estar.

Pés quentes, cabeza fría.

Pés tortos non han mester zocos.

Pés vezados a bailar non poden quedos estar.

Quen foi e non é, métese debaixo do pé.

Quen non ten pés non pode dar couces.

Sempre a cabeza lles deu qué facer aos pés.

Te bautizo ao pe dun regueiro, uña larga, pé lixeiro.

Todo anda ao revés: abaixo a cabeza e arriba os pés.

Uns nacen pra santos e outros pra pés de bancos.

pelo

substantivo masculinoCada un dos filamentos de natureza córnea, que medran na pel da maioría dos mamíferos, incluído o home.

Ao mal fodedor hasta os pelos lle estorban.

Branco ou negro, que haxa pelo.

Cada pelo fai a súa sombra.

Cada pelo fai o seu servizo.

Cando o pelo do pano pela, pouco ao pano de vida lle queda.

Do alleo, nin un pelo.

Mal alleo colga de un pelo.

Non poña-lo pelo á moda que os caseiros non chos vexo para te poñer de señora.

Preso, nin por un pelo.

Varíelas e sarampelo, tres veces ao pelo.

perna

substantivo femininoCada unha das dúas extremidades inferiores do ser humano. - Parte de cada unha das extremidades inferiores do ser humano comprendida entre o xeonllo e o tornecelo.

Á mala costume, crebarlle a perna.

A perna crebada, na cama ou na casa.

Ao mal uso créballe a perna.

As medias son boas para as pernas.

Cada un estende a perna como ten o cobertor.

Cada un estrica a perna hasta onde a saba chega.

Canto máis te agachas, máis se che ven as pernas.

Ninguén estenda a perna máis do que a saba dea.

Para cavar, perna coxa, e para derregar, tente, roxa.

Perder, que perda o demo unha perna.

Perna lavada non leva o millo á cabana.

rabo

substantivo masculinoProlongación da columna vertebral de moitos mamíferos, que forma un apéndice máis ou menos longo na parte posterior do seu corpo.

Abanea o rabo do can, non por ti senón polo pan.

Anda, rabo, dá por teu amo.

Anda, rabo, tras teu amo.

Aquel que se queima ten o rabo de palla.

Dálle ao rabo o can non por ti senón polo pan.

Eito no cabo, folga ao rabo.

Eu mando ao meu gato e o meu gato manda ao seu rabo.

Menea o rabo o can, non por ti senón polo pan.

O que ten o rabo de estopa, ten medo ao lume.

O que ten o rabo de estopa, ten medo que lle prenda o lume nel.

O que ten rabo de palla, non se achegue ao lume.

O que ten o rabo de palla, sempre pensa que lle arde

O que ten o rabo de palla, sempre pensa que lle poñen lume.

O que ten o rabo de palla, ten medo que lle poñan lume.

O que ten o rabo de palla, ten medo se lle plantan lume.

O que ten rabo, non se senta.

O rabo da vaca sempre foi o máis malo de esfolar.

Polo rabo da culler vai o rato ao pote.

Quen non ten rabo de palla, non ten medo ao lume.

Quen ten o rabo de palla, sempre pensa que llo queiman.

Se non fora o rabo, empreñaba a burra.

sangue

substantivo masculinoLíquido vermello e viscoso que circula polas veas e arterias do organismo.

A mellor vitoria é a que sen sangue se logra.

De mala sangue non se poden facer boas morcillas.

Máis val onza de sangue que libra de amizade.

Malia o sangue que non corre polas venas.

Non se pode sacar sangue de onde non-o hai.

O que moito espreme chega a sacar sangue.

O sangue ferve sen fogo.

O sangue hérdase i-o vicio pégase.

O sangue sen lume ferve e arde.

O sangue tira.

Sangue pola boca, nin das enxivas.

teta

substantivo femininoÓrgano glandular dos mamíferos femias que segrega o leite co que alimentar os fillos.

Máis tiran dúas tetas que dúas carretas.

Tira máis unha teta que cen bois por unha carreta.

ventre

substantivo masculinoCavidade dos animais vertebrados que se sitúa entre o tórax e a pelve e contén todas as vísceras agás os pulmóns e o corazón.

Dúas malas ceas ben caben nun ventre.

Malia o ventre que do pan comido se esquece.

O que é bo para o ventre, non é ás veces bo para o dente.

xeonllo

substantivo masculinoParte externa da articulación do fémur coa tibia.

Tres cousas hai na vida que sempre frías están: o cu dunha muller, os xeonllos dun home i-e o fociño dun can.

Tres cousas hai que frío dan: xeonllos de home, cu de muller e fociño de can.

Xeonllos de home, cu de muller e fociño de can, son as tres cousas que máis frías están.