barca/o

substantivo Calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor.

A grande barco, grande vela.

A vela da barca hai que velala, e se non, largala.

Barca chegada, faena acabada.

Barca parada non gana soldada.

Barco grande, ande ou non ande.

Barco marelo sen capitán galego, nunca boa arribada.

Barco parado non gana frete.

Coa proa dos barcos márcase o tempo.

Mal vai a barca sen remos.

Maraxe tardeira leva as barcas á ribeira.

Maraxe tardeira leva os barcos á ribeira.

Matar, non matar, cos barcos andar.

Nin os barcos andan sen vento nin as mulleres paren sen tempo.

O barquiño que moito quer camiñar, volta no camiño dá.

O que tarde chega á barca, un remo torto nunca lle falta.

Segundo é o barco, leva a vela.

Un barco cargado de patróns vaise a pique.

Un remo solo non leva a barca á orela.

Volvan os barcos, volvan as redes, non veñan eles.

mar


A carne, carne cría, i-o pescado, auga fría.

A liña chucha a espiña.

A liña, pouca fariña.

A poutada, a veces nada.

Á rapeta non te metas.

Aínda é máis caro o pingue que o peixe.

Amiguiños, si, pero as sardiñas polo que valen.

Arroaces na ría, boureis tira.

Ás artes non te mates.

As cheas de san Simón, ou antes ou despois, sonadas son.

Bocado de mariñeiro, nin mastigalo moito nin tragalo enteiro.

Cando vén o verán, a xura achégase á man.

Canto máis ó mar, máis auga.

Chova de morriña, nin peixe nin fariña.

De fiarme de mareas teño escarmento.

Gota a gota o mar se esgota.

Onde hai patrón non manda mariñeiro.

É como o capitán Fargalla: animémonos e vaian.

Escuma no mar, ou andou ou quer andar.

Figos na figueira, bonito na boniteira.

Inda custa máis o prebe que os caracois.

Líbrese a miña barquiña da Paxariña.

Lóstregos pró sueste, muller e fillos pró mar.

Mar de andazo, non che faltará argazo.

Mar en carreiros, auga a regueiros.

Marea viva e lúa alta xa non hai un rabo en Coira.

Na area de Illa, moito; na area da Barca, nada.

Na praia de Lapamán colles lapas coa man.

Nadia se afoga en pouca auga.

No xantar prestan máis as do xeito que as da traíña.

Non hai treboada que non traia a súa solleirada.

Noroeste con gotas non vale dúas moutas.

Nos meses sin erre, marisco non comas nin marisco merques.

O chinchorro fai o zorro.

O cinto no arte tira pola parte.

O mar a espumar vaise picar.

O mar e a muller hanse de lonxe ver.

O mar é longo.

O mar, ó máis amigo logo o pon en perigo.

O que non viu a Marola, non viu a mar toda.

O que o mar dá, o mar o quita.

O xeito, a xente ao peito.

Onde hai patrón non manda mariñeiro. / Onde hai patrón non manda o mariñeiro.

Onde vai o mar, vaian as areas.

Os arroaces brincan no mar, forte norte vai a dar.

Os caramuxos en xaneiro valen carneiro.

Patrón mandar, mariñeiro traballar.

Preamar de seis, baixamar ás doce.

Porto cativo levanta ruído.

Pra ser mariñeiro hai que andar no mar.

Quen non entra no mar, nel non se pode afogar.

Quen non sabe de mar, non sabe de marear.

Ronca Corrubedo, mariñeiro, ponte quedo.

Ronca Teira, chuvia ou neboeira.

San Brais da Barca, que afoga e non mata.

Faciana de Oviedo, mariñeiro, non teñas medo.

Trasmallos ao mar, arroaces ao par.

Vas á rapeta? Andarás mollado e morrerás inflado.

Xa vén o maio, carabel hasta o aro.

Xornada de mar non é de taxar.

navegación

A quilla é de quen a pasa.

Á sombra da mesana recálase a maior.

A tilla para o rapaz.

Cando te embarques, fai testamento.

Catro cartóns fan unha parte.

Chuvia antes do vento, aferra e métete dentro; e vento antes da chuvia, déixate ir que non hai dúbida.

Dáme quilla e dareiche millas.

En pouca auga pouco se navega.

Nin en agosto camiñar nin en Nadal navegar.

O que chega tarde, un remo torto nunca lle falta.

O que tarde embarca, un remo torto nunca lle falta.

Para embarcar, o primeiro; para desembarcar, o derradeiro.

Patrón que non bebe, calada que perde.

Pau se remas, pau se non remas.

Se a proa vai e vén, o tempo non se ten.

Se queres que o vento veña, dálle coa leña.

Se vén a chuvia antes do vento, aferra e mete dentro; se vén o vento antes da chuvia, deixa ir, que non ten dúbida.

Se vén o vento antes da chuvia, mete o pano dentro.

Tal vento, tal viaxe.

Tanto remar, remar, i-ao chegar ao porto, afogar.

Temón sen ferro non goberna.

Unha lancha con dous remos, un cesto con dous patelos.

Vas á rapeta? Andarás mollado, faraste a porreta e morrerás inflado.

Vento en popa é medio porto.

pesca

A sacada, chucha a cana.

Ás betas non te metas.

Cando chapuza o mascato, xa se lambe o gato.

Cando hai espumallo no Cabo, non vaias ó trasmallo.

Cando no cabo hai espumallo, non vaias ao trasmallo.

Neboeira? Pesca rara e auga clara.

O invitado i-a pesca ós dous días apesta.

O palangre chucha o sangue.

O palangre tira sangue

Os trasmallos son traballos.

Para contar mentiras e comer pescado fai falta moito coidado.

Para pescar hai que ir ao río ou ao mar.

Pesca de marzo, pesca de manchón.

Quen queira pescar ten que se mollar.

Se o mascato ves voar e tirar vai alí a pescar.

Se queres ir pescar, tes que saber nadar.

remo

O que chega tarde, un remo torto nunca lle falta.

O que tarde embarca, un remo torto nunca lle falta.

O que tarde se embarca, un remo torto nunca lle falta.

Pau se remas, pau se non remas.

vela

substantivo femininoPeza de tecido resistente que, ao recibir o impulso do vento, fai avanzar unha embarcación.

A vela hai que velala.

Alba alta, vela baixa.

Cando a vela bate o pau, malo.

Cando o Monte Louro se pon a monteira, tómalle todos os rizos ás velas.

Estando o norte do Cabo con licenza ao poñente, botade a vela, rapaces, e comer caldo quente.

Máis vale palmo de vela que remo de galera.

Moita vela, pouco vento.

Moito vento, pouca vela.

O xeito quer xeito; e a vela hai que velala; e o ollo ao leme e a escota na man.

Pouca vela, moito vento.

Se vén a chuvia antes do vento, deixa ir a vela ao vento

Se te chega a auga antes do vento, collela vela e metela dentro.

Se te chega a auga antes do vento, deixa ir a vela ao vento.

Vento alto, vela baixa.

Vento en popa a toda vela, navega unha carabela.