Antes di que digan de ti.
Antes teñas que dicir que che teñan que dicir.
Ben dixo o que soamente o preciso dixo.
Cada un di quen é.
Cando din, algo hai.
Di a túa razón e non digas o autor.
Di mentira e sacarás verdade.
Di o Miño que "ao que nadan son meus".
Di que lle doe o óso do lombo e non traballa.
Dicir ben e obrar mellor.
Dicir e facer non é para tódolos homes.
Dicir e facer non é pra todos.
Dicir e facer poucas veces xuntos se ven.
Dicir mal das cartas é xogar a dúas barallas.
Dicir mentira pra saber verdade.
Dicir, cos moitos; sentir, cos poucos.
Diga o mundo o que dixera i-ande a nosa cara limpa.
Dígolle que se vaia e desátese as bragas.
Dime con quen andas e direiche quen es.
Dime con quen irás e direiche o que farás.
Dime con quen paces e non onde naces.
Dime con quen vas e direiche a onde irás.
Dime con quen vés e direiche as mañas que tés.
Dime os dous que estaban e direiche o que trataban.
Dime quen es e direiche o que fuches.
Díxome miña nai que porfiase mais non que aventurase.
Dos meus déixame dicir, mais non me fagas ouvir.
Malia o peregrino que di mal do seu bordón.
Mellor é que digan "achegádevos aca" que "ídevos alá".
Mellor é que digan quen está alá que quen está acá.
Ninguén diga "de aquí non pasarei" nin "desta auga non beberei".
Ninguén diga "desta auga non beberei".
Ninguén diga "farei, farei", que máis vale un "toma" que dous "che darei".
Ninguén pode dicir desta auga non beberei.
Non digamos que digamos, pero tampouco digamos que digamos.
Non digas mal de ninguén e así non te enganarás; máis, se pensas mal de todos, vas camiño de acertar.
Non digas mal de ninguén, e non te enganarás; pensa mal de todos e sobre ti estarás.
Non digas que es, que xa cho dirán.
Non digas todo o que sabes nin fagas todo o que podes, nin xulgues todo o que ves nin creas todo o que falan.
Non hai nada millos dito que aquilo que non se dixo.
Non lle digas ao vello "séntate" nin ao mozo "érguete".
Non se han devir tódalas verdades en tódolos tempos e lugares.
Non se pode dicir "desta auga non beberei", que se bebe cando menos se quere.
Nunca ninguén diga por si "ben estou".
O mellor dito é o que está por dicir.
O mundo sube e baixa, xa o di o peto
O que ao levantarse di "upa" i-ao sentarse "ai", non sirve para xenro do meu pai.
O que di a persoa, repíteo a mona.
O que di o que non debe, oi o que non quere.
O que di o que quere, oi o que non quere.
O que é bo de dicir é as veces malo de facer.
O que só di un é coma se non o dixera ningún.
O que todos din, ou é ou quer ser.
O refrán di así, i eu tamén cho digo aquí: "Atrás do lobo, un can; atrás dunha cunca de sopas, unha cunca de viño e unha regoxa de pan".
Por moito que digan e digan, non me sacan de quen son.
Procura non xurar, anque digas a verdade.
Quen di o que quere, oe o que non quere.
Quen mal di, mal ha de ouvir.
Quen soamente di un, é coma se non dixera ningún.
Santa María, se máis soubera, máis dicía.
Se ao comezo non dis quen es, non che crerán todo canto dixeres.
Se cho dixen non me lembro e por iso non cho nego.
Se non queres que diga mal de ti, non digas ti mal de min.
Se queres que non diga mal de ti, non digas mal de min.
Uns din o que saben e outros non saben o que din.
Vale máis que diga "córrete para aquí" que "chégate para alá".
Xamais digas que é caro o que che dan dado.
Ai, durmir, como me sabes! Queira Deus que non te me acabes!
Camarón que se dorme, a corrente o leva.
Cando durmo non sei o que teño.
Cando non tiña, tranquilo durmía e, agora que teño, durmo con medo.
Dous que dormen nun xergón, vólvense da mesma opinión.
Durme dun transo quen nada debe.
Durmindo esquécense as coitas.
Non dorme tranquilo o que debe, que non hai prazo que non chegue
O que ben come, ben dorme.
Quen máis non pode, coa súa muller dorme.
Quen máis non pode, coa súa muller se deita e dorme.
Quen moito dorme, lagañas cría.
Se a probe queres ir, mete obreiro e bótate a durmir.
Se queres durmir ben, que non che dea o sol na cama.
Quen elixe armas, quere rifar con vantaxe.
Quen elixe armas, quere vencer con vantaxe.
Máis vale engulir que cuspir.
Mentres se engule non se cuspe.
Mellor é pouco engulir que moito cuspir.
De covardes non hai nada escrito.
Escribe antes de dar e colle antes de escribir.
Máis vale promesa madurada que escritura firmada.
O escrito, escrito pra sempre queda.
O que ben escribe le dúas veces.
O que se escribe, escríbese pra ler e, por iso, hai que o ver.
O que se escribe, sempre queda.
O que se escribe, sempre se le.
Quen queira deixar despois de si quen o lembre, que plante unha árbore, que escriba un libro ou teña un fillo.
Fuxe á multitude e terás quietude.
Fuxe da ociosidade se queres repousar.
Fuxe da quietude e non fuxas da virtude.
Fuxín da chama e caín na brasa.
Fuxiu o coello e veu o consello.
O que teña a muruxa, coide que non lle fuxa
A onde has de ir non vale fuxir.
Anque me vou, ben me quedo e, anque me marcho, non fuxo.
Baixa da barra, honrado; se hei de ir eu, vai ti.
Deus te libre de un "xa foi".
Dígolle que se vaia e desátase as bragas.
Do dito ó feito vai un bo treito.
Foi buscar o pau á devesa para levar con el na cabeza.
Ide polo medio e non caeredes.
Ir e volver chámase carrear.
Ir e volver chámase carretar.
Mentres vas e mentres vés, xornada tes.
O que ha ser, vai sendo.
Para un ir a menos, non se precisan empeños.
Tócalle un sacho e dálle a fouciña que vai para a sega en Castela.
Vai e vén i-o teu te atén.
Vou tomar os baños que, se non me sandan, lavo.
Como midas hante medir.
Como te mediren, mide.
Coa medida que midas, tamén ti serás medido.
Coa vara con que medires serás medido.
Como medires serás medido.
Medida chea, rebolo encima.
Nas túas contas, medidas acuguladas e, nas alleas, sempre axustadas.
Non se pode medir todo por un igual.
Quen non se pare a medir, párese a engadir.
Polas túas arrabeas mide as alleas.
Cada parto, un sobresalto.
Cando a muller pare, empreña o home.
Cando a muller pare, queda embarazado o padre.
Femia que en febreiro ha de parir, da corte pouco debe saír
Inda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
Ou parir ou rabiar. /
Ou parir ou rebentar: non hai outro camiño por onde botar.
Parto inchado, parto gabado.
Pra saber sufrir primeiro hai que parir.
Parto mollado, parto adiantado.
Quen pariu, que arrole, e se non, pasar sen home.
Quen pariu, que arrole; quen non pariu, non pode.
Haber hai moito pero está mal repartido.
Mar que se parte, regueiro se fai.
O pouco, ben repartido, chega pa todos.
O que parte e ben reparte, pra si deixa a mellor parte.
O que parte e ben reparte, se no repartir ten arte, quédase coa mellor parte.
O que parte leva para si a peor parte.
O que parte, ben reparte, e pa si a mellor parte.
Quen ben reparte, pra si a mellor parte.
Quen parte e reparte garda para si a mellor parte.
Quen parte leva a peor parte.
Sempre leva a peor parte o que en conciencia reparte.
A moito pedir pouco ofrecer.
A pedir calquera chega.
Algo alcanza aquel que non cansa.
Ao pedichón non lle teñas moita compaixón.
Ao pedichón non se lle podrece o pan no blusón.
Cansa quen dá, que quen pide, nin cansa nin cansará.
De pedir e pedichar algo se pode sacar.
Debe pedirse sempre, pois algo darán algunha vez.
É mellor deixar a pillos que pedir a homes de ben.
Frade que non berra, convento que non medra.
Máis se gana a pedir que non a dar.
Máis val pedir que furtar.
Mellor é que non pidas o que, se cho pedisen, negarías.
Moito pide o tolo, mais tolo é quen llo dá.
Nin pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu.
Nin sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
No pedir non hai engano.
Non pidas de man allea, se a túa non vai chea.
Non pidas o que negaches nin negues o que che pidan.
Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
Nunca pidas a quen ten senón a quen sabes que che quer.
Nunca sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
O galego hasta é probe en pedir.
O que anda a pedir non anda a fuxir.
O que moito pide, nada se lle dá.
O que pide non escolle.
O que tira o que ten, a pedir vén.
O que vai para pedir non vai para fuxir.
O que vai pedindo non vai correndo.
Pedinche auga e non ma deches; cando ma pidas a min, farei como me fixeches.
Pedir o inxusto para que nos dean o xusto.
Pedir para comer e pagar para pedir.
Pedir sobrado para saír co mediado.
Pide o gorxón para o cobizoso.
Pide o mellor e espera o peor.
Pide só o que has mester, se queres goberno ter.
Por pedir nada se perde.
Por pedir ninguén é probe.
Quen gasta o que ten, a pedir vén.
Quen pide emprestado, unhas veces ponse amarelo e outras colorado.
Quen pide o que non ha mester, terá o que non quer.
Quen vai pedir non vai a fuxir.
Se a pedir deran, cantos probes habería!
Se a túa muller che pide que te tires dunha ponte abaixo, pide a Deus que a ponte sexa baixo.
Tanto aburre o moito pedir coma o pouco ofrecer.
Val máis pedilo que roubalo.
Vale máis ter que andar a pedir.
Non te rías de ninguén, que se rin de ti tamén.
Quen se ri do ben de outros, outros rinse dos seus males.
Todos se rin del i-el de todos.
Con sufrir todo se alcanza.
Moito sofre quen ben quer.
Sofre acá e ganarás alá.
Sofre hoxe que xa chegará mañá.
Sofre o mal veciño e libraraste de outro máis maliño.
Sofre o pouco pra non sufrir o moito.
Sofre por saber e traballa por ter.
Sorrir o pouco pra non sufrir o moito.
Sufrir por valer, traballar por ter e estudar por saber, calquera o pode facer.
A que se viste de alleo, colle pallas e méteas no seo.
Inda que me ves vestida de lan non son ovella.
Inda que visto de lan non son carneiro.
Non tódolos que visten de la son carneiros.
Non todos os que se visten de la son carneiros.
O que ten mal vestir, hasta a roupa lle quer fuxir.
Porque estea vestido de la, non é fillo de carneiro.
Unha estela vestida de seda parece unha doncela.
Vale máis vestir santos que espir borrachos.
Vestir a uso e calzar a gusto.
Viste como calces e calza como vistas.
Viste un ladrón e semellarache un señor.
A desgraza que ha de vir non pode fuxir.
A mal vir, botar tabaco e cuspir.
A pedra veña xa, que a auga xa virá.
Aínda que vou e veño, non se me esquece o que teño.
Alá vaias, emprestado, de onde veñas mellorado.
As riquezas do sancristán, por onde veñen, van.
Atrás do ron ron veñen os cascabeis.
Axiña vén o que se ve.
Ben veñas mal, se vés só.
Con ben veñas, mal, se non me vés a buscar.
Con ben veñas, mal, se non me vés a levar.
Da maza á rebola veña o demo e escolla.
Da rapa á rebola veña o demo e escolla.
Entre a milla e a rebola veña o demo i escolla.
Entre o mazo e a rebola veña o demo e escolla.
Deixan moita vida na Habana os que veñen e non tran nada.
Despois do derradeiro recurso, adoita vir o discurso.
Desgrazas e malas horas sempre veñen todas.
Do monte ha de vir quen o mar ha de queimar.
Hai que dar e ter para que nos veñan a ver.
Hai que dar e ter para que nos veñan a ver.
Ir e vir chámase carretar.
Ir e vir é carrexar, e non ir e non tornar.
Ir e vir é carrexar, que non ir e non tornar.
Non hai mal que por ben non veña.
Non hai mal que por ben veña.
Non hai malo que non veña por ben, pero cata pra quen.
Non hai mal que por ben non veña
O malo vaia e veña e o bo nunca se perda.
O que veña atrás, que arree.
Os bens do sancristán, por onde veñen, van.
Os que cabritos venden e cabras non teñen, de onde lle veñen?
Procura sempre o mellor e agárrate ao que che veña.
Quen vén o derradeiro, chega ás veces o primeiro.
Quen vén, non tarda.
Se queres que te veñan ver, hai que dar e ter.
Se queres vir comigo, trae contigo.
Todos os proveitos non veñen a unha pota.
Vamos indo, o que veña despois que traia o carro e os bois.
Védesme como veño e preguntádesme que teño.
Veña do fondo e veña abondo
Venme o que bebo e non me ven a sede que teño.
Veño das Candelas, vou para o san Brais; axudarvos nenos, que festas no hai máis.
Véxote vir e non podo fuxir.
A máis vivir, máis sufrir.
A moito durmir, menos vivir.
A política é boa pra quen vive dela.
Á sombra dos bos viven os malos sen freo.
Bo é vivir para ver o que ha vir.
Cada un vive como pode e como o deixan vivir.
Cada un vive como pode e non como quer.
Cando se deixa de durmir, gánase de vivir.
Canto máis se dorme menos se vive.
Como se vive, mórrese.
Con moitos calotes non todos viven a gusto.
Con calotes ben se vive mentres hai quen os ature.
Dabondo sabe o que vivir sabe.
De Deus abaixo cada un vive do seu traballo.
De Deus abaixo todo o mundo vive do seu traballo, sexa bo, sexa malo.
Dime como vives e direiche como pensas.
En non sentir está parte do ben vivir.
Fai a noite noite, e o día día e vivirás con alegría.
Fai a porta ao soán e vivirás san.
Fai como vires onde vivires.
Hai que traballar como para sempre vivir.
Hai que traballar para vivir e non vivir para traballar.
Imos vivindo: aquí tropezando e alí caendo.
Mentres uns viven, outros morren.
Moitos anos viva quen nos convida.
Morran outros e vivamos e con saúde os enterremos.
Na terra en que vivires fai sempre o que vires.
Non lle importa a ninguén como vive ninguén.
O que dunha se escapa, cen anos vive.
O que entre dúbidas vive, nunca saberá o que é certo.
O que mal vive, pouco vive.
Para que uns vivan, é mester que outros morran.
Pra vivir, xantar, mais non hasta estoupar.
Quen mal vive mal acaba.
Quen moito vive, moito mal recibe.
Quen moito vive, moito ve.
Quen non sabe mentir, non sabe vivir.
Quen non sabe pedir, non sabe vivir.
Quen queira vivir ben, viva lonxe de todos.
Quen queira vivir san, coma pouco e cene cedo.
Se queres alcanzar posto de sabido, procura vivir onde sexas entendido.
Se queres pasar por sabido, procura vivir onde non sexas coñecido.
Se queres vivir ben, cumpre co teu deber.
Se queres vivir ben, leva en todo un ten con ten.
Se queres vivir san, faite vello cedo.
Se tes moita calor, colle unha manta e vive ao sol.
Tan ben vive o probe no seu sobrado como vive o rico no seu pazo.
Tarde chega a vello o que de mozo vive como vello.
Todo é vivir hasta morrer.
Vivamos todos, que a vida e a terra para iso é de todos.
Vive como poidas e non como queiras.
Vive en cidade por pequena que sexa, cásate con moza por probe que pareza, e come carneiro por caro que se venda.
Vive o leal mentres o traidor quere.
Vive sempre coa verdade e vivirás en seguridade.
Vivimos como podemos e non como queremos.
Vivir ben costa barato.
Vivir ben, comer ben, e beber ben, non é para quen non ten.
Vivir como se pode e non como se quer.
Vivir para ver e ver para vivir, que máis se pode pedir?
Vivir, servir e pedir fan os homes sufrir.