adiante

AdverbioEn dirección ao lugar que está diante. - En dirección á fronte.

Adiante, que atrás veñen.

Cando para diante non vas, pensa, non volvas para tras.

Mira adiante e non quedarás atrás.

Mira adiante e non quedarás detrás.

Mira para adiante e non caerás.

O que traballa sen compás, vai adiante e volve atrás.

O que tropeza e non cae, máis adiante un paso vai.

Os que levades a dianteira, quitádeme logo desta silveira.

Quen adiante non mira, atrás se queda.

Quen adiante non mira, para atrás se volve.

Se tes arte, irás adiante.

Vai diante sempre que fuxas

carga

substantivo femininoCousa ou cantidade de cousas que se carga sobre un vehículo, un animal etc., ou que leva unha persoa

A carga a lazos anda mellor.

A carga a lazos vai mellor.

A carga ben apertada é máis levadía.

A carga ben se leva cando moito non pesa.

Ande a recua, que xa está cargada.

Carga que con gusto se leva, pouco pesa.

cousa

substantivo femininoTodo aquilo, determinado ou indeterminado, que existe no mundo real ou no pensamento. - O que pertence á realidade material que non é ser vivo.

A cousa mala, nin viva nin pintada.

A cousa moi gabada, nin perdida nin ganada.

Achaque queren as cousas.

Amaña e compón, dúas cousas son.

As cousas ben feitas ben parecen e o que as fai algo merece.

As cousas ben pensadas, ben asentadas.

As cousas claras i as papas raras.

As cousas claras i o chocolate espeso.

As cousas con mala intención non valen pra Deus nin para o demo.

As cousas de palacio teñen que ir amodo.

As cousas de Xan son como as fan.

As cousas do sancristán, por onde veñen, van.

As cousas, en quente.

Cada cousa é para o que é.

Cada cousa ten seu prezo que para iso llo puxeron.

Coa vida moitas cousas se remedian, e sen a vida, nin media.

Con pouco traballo non se fan logo as cousas.

Cousa boa pouco dura.

Cousa cumprida solo na outra vida.

Cousa de moitos cómena os lobos.

Cousa de moitos é mal repartida.

Cousa de moitos lévana os diaños.

Cousa de moitos nunca boa é.

Cousa de moitos nunca foi por riba.

Cousa de moitos, conforte de bobos.

Cousa do mal é non querer sandar.

Cousa mal dita non aquece.

Cousa prometida é medio debida, e debida enteiramente, se quen prometeu non mente.

Cousa prometida é medio debida.

Cousa que se fixo por forza non se ten por cousa boa.

Cousa ruín non ten perigo.

De Deus han de estar as cousas, ti a min i eu ás lousas.

Deitarse e non durmir, esperar a quen non chega e sen galardón servir, son cousas desesperadas en que non debes ir.

Descubrir un altar para cubrir outro é cousa de loucos.

Desde que levas o chasco, todas as cousas che acordan.

Dúas cousas quer o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.

Durme e repousa, e non temas a mala cousa.

É cousa de probes andar sempre a pedir.

Hai cousas boas de dicir e malas de facer.

Hai cousas que parecen mal: o tempo composto de noite, a besta no curro e o fidalgo en zocos.

Hai cousas que semellan bolsas, e que, se a miras do revés, bolsa é.

Hai dúas cousas no mundo que non se poden comprender: o cura condenarse e o médico morrer.

Manda e descoida, non se fará cousa ningunha.

Meigas e trasnos son cousas de vagos.

Moitas cousas que parecen sen razón, ás veces boas son.

Moitos poucos fan un moito e non hai cousa pequena que seu valor non teña.

Nas cousas da honra non se afonda.

Ninguén por ser querido se esforce, que a cousa máis dereita moitas veces se retorce.

Non convén empeñarse en calquera cousa que non sexa de fixo proveitosa.

Non di cousa o sapo que non teña no papo.

Non é cousa de proveito o que se garda no peito.

Non hai cousa encuberta que tarde ou cedo non se saiba.

Non hai cousa máis ben dita que a que inda está por dicir.

Non hai cousa pequena que seu valor non teña.

Non hai cousa que máis canse que o traballo.

Non hai cousa tan cara coma a que con rogos se acada.

Non hai cousa tan cara como a emprestada.

Non hai cousas como as mellores.

Non te deitarás sen saber unha cousa máis.

Non ten a vida segura o que as cousas moito apura.

Nunca "tempo hai" fixo cousa boa.

Nunca outra cousa nos falte que máis falta faga.

O esperar é cousa que pide paciencia e vagar.

O que é bo pra unha cousa, é malo pra outra.

O que escoita e axexa, oe cousas que lle pesa.

O que escoita e axexa, oi e ve cousas que despois lle pesa.

O que non fai as cousas de unha vez, fainas de dúas ou tres.

O que non goberna a leña non goberna cousa que teña.

O que nunca foi nada e algo chega a ser, quere ser tan grande cousa que non hai nada coma el.

O sabio pensa as cousas e o parvo fainas.

O saír da pousada é a cousa máis condenada.

Obedecer os pais, a Deus e o superior, non hai cousa mellor.

Onde non hai cabeza raída, non hai cousa cumprida.

Pensalo ben e facelo mal non é cousa natural.

Poucos en persoa propia deben gabar as súas cousas.

Pra ter fortuna non val ciencia nin cousa algunha.

Quen nas cousas moito apura, non ten a vida segura.

Quen non goberna a leña, non goberna cousa que teña.

Quen non viu Lisboa, non viu cousa boa.

Querendo fanse as cousas.

Saber moito e telo calado é cousa dun aparvado.

Se o preito queres ganar, dúas cousas has de ter: ter dereito e dalo a entender, e que cho queiran dar.

Sen pensar veñen as cousas polo seu lugar.

Sen regra nin compás, cousa boa non farás.

Tanto vale unha cousa como aquilo que se merca.

Tempo e sazón teñen as cousas, e ciencia si han de ser proveitosas.

Tirar a pedra con man allea é cousa fea.

Tódalas cousas teñen o seu como e o seu cando.

Traballar e non medrar é cousa para rabiar ou tolear.

Unha cousa é a pintura e outra moi outra é a figura.

Unha cousa é falar da guerra e outra cousa é ir a ela.

Unha cousa é falar da guerra e outra cousa é verse nela.

Unha cousa é predicar e outra dar cebada.

Unha cousa é receitar e outra ben outra é curar.

Unha cousa é ver e outra mirar.

duro

AdxectivoQue é difícil de cortar, romper ou raiar, que resiste a presión sen deformarse. - Que non ten a moleza, flexibilidade ou brandura necesarias.

Duro con duro endexamais fixo bo muro.

Duro ou brando, o que vén así hai que aturalo.

Entre dúas duras, unha madura.

Eu duro e ti duro, quén levará o maduro?

O que é duro de pelar é bo de asar.

moito

IndefinidoIndica intensidade, gran cantidade ou número elevado.AdverbioExpresa gran cantidade ou grao elevado de algo e pode intensificar o significado dun adxectivo ou adverbio.

A quen moito quer saber, dáselle pouco a entender.

A uns moito e a outros nada.

Abranguer moito pra apertar pouco.

Aínda que moito rosmades, a min non me enganades.

Aínda que tome moitos baños, o negro non se fai branco.

Axúdame algo e dareiche moito.

Cando moito, moito e cando pouco, pouco.

Con perigo se garda o que a moitos agrada.

Do moito, pouco e do pouco, nada.

Dos moitos poucos fanse os poucos moitos.

Mal de moitos, consolo de bobos.

Mal de moitos, consolo de parvos.

Moita borra e pouca planta.

Moita borra, moita borra, e os bocois baldeiros.

Moita festa e poucos fogos.

Moito aparato e pouco no prato.

Moito e ben non hai quen.

Moito e ben non o fai ninguén.

Moito e ben, hai pouco quen.

Moito manda o moucho dentro do seu souto.

Moito te matas e non te decatas.

Moito ter e pouco valer logo botan un home a perder.

Moito vos quero Pedro; non digo por que vos quero.

Moitos durmindo fan máis que poucos oíndo.

Moitos hai na guerra e non todos están na pelexa.

Moitos poucos fan un moito.

Moitos queren o sol na aira e a auga no horto.

Moitos son poucos se todos foxen.

Muller que moito mira, pouco fía.

Non hai moito que abonde nin pouco que non chegue.

Non hai moito que non se acabe nin pouco que non alcance.

Non hai moito que non se gaste nin pouco que non baste.

Non por moito madrugar amañece mais cedo.

O cariño dos moitos anda aos poucos.

O moito porfiar chega a raiar.

O moito preguntar chega a enfadar.

O moito presumir, ou dá que chorar ou dá que rir.

O moito ter, o moito valer e o moito poder botan ás veces un home a perder.

O pouco moito durou e o moito logo se acabou.

O que é e o por que é, non saben moitos como é.

O que moito abarca, pouco aperta.

O que moito abrangue, pouco aperta.

O que moito aperta, pouco agarra.

O que moito aperta, pouco colle.

O que moito busca, pouco encontra.

O que moito chufa máis axiña se desfonde.

O que moito colle, pouco aperta.

O que moito quere agarrar, pouco lle dan a apreixar.

O que moito quere, nada se lle dá.

O que moito ten, moito quere.

Onde moitos cospen, lama fan.

Por ben estar, moito se ha de andar.

Quen a moitos ha manter, moito ten que ter.

Quen moito abarca, pouco aperta.

Quen moito anda, pouco atalla.

Quen moito cava, pouco afonda.

Quen moito enfeita, pouco ata.

Quen moito folga pouco medra.

Quen moito ten, moito perde; quen nada ten, nada ten que perder.

Sempre hai moito que traballar e pouco que comer.

Sol que moito madruga, pouco dura.

pouca/o

indefinidoExpresa unha cantidade moi pequena de calquera cousa.adverbioIndica que a acción expresada polo verbo é realizada con escaseza.

Con moitas obras boas, pouco se merece; e con unha mala, todo se desmerece.

Cumpre con todos e fíate de poucos.

De médico, poeta, músico e louco, todos temos un pouco.

Detrás do pouco vén o moito.

Deus nos dea sorte, que o saber pouco nos vale.

Do pouco vaise facendo o moito pouco a pouco.

Do pouco, pouco, e do moito, nada.

En pouco aprecio se ten o que se recibe de regalo.

En Trabada, pouco ou nada: tres zamelos na presada.

Entre o pouco e o moito hai un medio.

Máis quero pouco seguro que moito con perigo.

Máis vale pouco e ben ganado que moito e mal logrado.

Máis vale pouco e ben que moito e mal.

Máis vale pouco e bo que moito e malo.

Máis vale pouco e bo que moito e ruín.

Máis vale un pouco ben feito que un moito mal.

Máis vale preitear por pouco que por moito.

Non hai pouco que non baste nin moito que non se gaste.

Non hai pouco que non chegue e moito que non se acabe.

Non fai pouco o que o seu mal bota a outro.

Non fai pouco quen a súa culpa bota a outro.

Non fai pouco quen se defende de outro.

O bo dura pouco.

O pouco agrada e o moito enfada.

O pouco e o moito non ten medida.

O pouco e o moito non ten regra.

O pouco nunca deu moito.

O pouco, moito durou, e o moito logo se acabou.

O que non aproveita o pouco, non chega a moito.

O que non estima o pouco, non estima o moito.

O que non quer pouco, tampouco quer moito.

O que outro súa, a min pouco me dura.

O que pouco colle, pouco aperta.

O que pouco custa, pouco se estima.

O que ten pouco e o sabe coidar, pode aumentar.

Pode ben pouco o que non ameaza a outro.

Pouco a pouco chegaremos antes.

Pouco a pouco vaise a lonxe, e correndo, a mal lugar.

Pouco a pouco, co pouco faise moito.

Pouco chega a saber o que a moito quer atender.

Pouco importa madrugar, se non hai gana de traballar.

Pouco importa madrugar, se o cordón non ten ferrete.

Pouco mal e ben laiado, logo se sinte aliviado.

Pouco mal, espanta e moito amansa.

Pouquiño a pouco chégase a todo.

Pouquiño a pouco vai un andando.

Quen moito rosma, pouca razón ten

Quen pouco ten e o dá, logo se arrepentirá.

Quen ten pouco, con media cazola ten dabondo.

Quero máis pouco e ben ganado que moito e mal gastado.

Se podes pouco, non berres moito.

Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.

Un pouquiño e outro pouquiño fan un moitiño.

Vale máis pouca axuda que moita derruba.

Vale máis que fagas pouco e ben que moito e mal.

Vale máis pouco xuntiño que moito espallado.

Valen máis moitos poucos que poucos moitos.

Vale máis pouco diario que moito de raro en raro.

Vento e ventura, pouco dura.

tanto

adverbio Pon de relevo a intensidade con que se fai algo que se expresa.Indefinido Establece unha comparación de igualdade.

Canto te vexo, tanto te quero.

Canto temos, tanto valemos.

María, seu mandil, tanto o gasta ben como mal.

Moitas veces a experiencia vale tanto como a ciencia.

Nin tanto "arre" que fuxa nin tanto "xo" que pare

Nin tanto que fuxa nin moito que se deite.

Non sexa tanta a cera que queime a igrexa.

Non sexa tanto o tirar que rompa a corda.

Non son tantas as noces como as voces.

San Xoán de bo barato: tanto ten tres como catro.

Tanto cabe no saco longo como no redondo.

Tanto che quero, tanto che adoro, que non che quito a vida porque non podo.

Tanto dá libra de ferro como de cerro.

Tanto dá xabón coma fío negro.

Tanto dirán: ¡elas! ¡elas!, que veñan cando as xaneiras.

Tanto é o máis como o menos.

Tanto é o teu valer como o teu ter.

Tanto gasta María o que ten andando mal coma ben.

Tanto gasta María o seu real ben coma mal.

Tanto lle quixo o corvo á súa mai que lle quitou os ollos.

Tanto monta cortar como desatar.

Tanto ten tanto como "tanto ten".

Tanto tes como vales.

Tanto vai dun anano a un xigante como vai dunha formiga a un elefante.

Tanto vale a prenda canto dan por ela.

Tanto vales como tes; se non tes máis que cen reais, non máis de cen valerás.

Tantos xuízos como cabezas.

tarde

AdverbioDespois do momento habitual, axustado ou preciso. - A unha hora avanzada da noite.

Aquel que anda moi de présa, sempre adoita chegar tarde.

Irse tarde e recadar cedo todo se vai en paseo.

Ninguén as faga, que tarde ou cedo hanse saber.

Nunca é tarde cando a dicha é boa.

O que chega tarde, nin oe misa nin come carne.

O que chega tarde, non cea.

O que has de facer tarde, faino cedo.

O que nace torto, enderéitase tarde.

O que se ergue tarde, nin oe misa nin come carne.

O que tarde chegou, de pé se quedou e non se sentou.

Pra logo é tarde.

Quen malas mañas ten, tarde ou nunca as ha de perder.

Quen tarde vai ao mercado, compra só restroballo.

Tanto ten negar como tarde dar.

Tarde dá quen agarda a que lle pidan.

Tarde dar e negar, andan á par.

Tarde e mal son dous males.

Tarde e mal, dúas veces mal.

Tarde ou cedo van os porcos ao cortello.

Tarde se arrepinte o rato cando xa está na boca do gato.

Tarde volveu o gato coa sardiña ao garabato.

Ten de teu e fai por ter, que tarde ou cedo ao teu has de volver.

Vale máis esperar que chegar tarde.

Vale máis tarde que nunca.

un

IndefinidoCon sentido distributivo, úsase contraposto a ‘outro’.

Cada un é cada un.

Cada un é como Deus o fixo.

Cada un é para si e non prós máis.

Cada un xulga dos mais por si.

Un e nada todo é un.

Un e ningún, todo é un.

Un pincha i-outro esfola.

Un por outro, o traballo non se fai.