A pedradas non se collen os paxaros.
A cada paxariño chégalle o seu niño.
A cada paxariño gústalle o seu niño.
A cada paxariño parécelle ben o seu niño.
A cada paxaro gústalle o seu canto.
A Gaiola preparada, o paxaro morto.
A paxariña que o día da Ascensión menea os ovos quédanlle goros.
A pequeno paxariño pequeno niño.
Ao paxariño que se ha de perder, alas lle han de nacer.
Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado.
Ben está o paxariño no seu niño.
Cada paxariño atópase ben no seu niño.
Cada paxariño fai o seu niño.
Cada paxariño quer o seu niño.
Cada paxariño ten o seu figadiño.
Catro paxaros pasan o mar: o cuco, a anduriña, a rula i-o paspallás.
De "toma un paxaro" a "daca un paxaro" van dous paxaros.
De ruín niño sae ás veces un bo paxariño.
De tal niño, tal paxariño.
Feliz o paxaro que nace en boa ribeira.
Gaiola feita, paxaro morto.
Gaiola nova, paxaro morto.
Lázaro pillou un paxaro, Ramos pelouno e a Pascua chapouno.
Máis val na man un paxaro que un cento voando.
Mal anda o paxariño cando anda nas mans dos meniños.
Mal anda o paxariño que anda nas mans do meniño.
Mal lle vai ao paxariño que anda nas mans do meniño.
Malia a paxara que no seu niño caga.
No mes de xuño e de maio fan os paxaros o seu traballo.
Nos niños do ano pasado non está o paxaro este ano.
Nos niños do ano pasado non hai paxaros este ano.
O paxariño arteiro fai o niño no xaneiro.
O paxaro, cando chove, mete o rabo na silveira.
O paxaro, cando dorme, mete o rabo na silveira.
O paxaro da devesa, cando un canta, o outro pesca
O paxaro naceu para voar e o home para traballar.
O paxaro que ha de ser arteiro ha de facer o niño no mes de xaneiro.
O ruín paxariño logo descobre o seu niño.
Os paxaros da devesa, cando un canta, outro o pesca.
Os paxaros na folla buligando.
Paxariño lagarteiro fai o niño no xaneiro.
Paxariño solto, paxariño morto.
Paxaro calado non fai mal agoiro.
Paxaro que non canta, non val branca.
Paxaro trigueiro non entra no meu celeiro.
Paxaro trigueiro, non-o quero no meu celeiro.
Paxaro vello non cae na gaiola.
Paxaros e pardais, todos son iguales.
Quen os paxaros recea, millo miúdo non sementa.
Quen ten bo niño, ten bo amigo e bo agarimo.
Ruín é o paxariño que descobre o seu niño.
Ruín paxaro, ruín cantar.
Tal o paxariño tal o niño.
Tal paxaro tal ovo.
Anduriña moi adiantada, primavera ben temperada.
Anduriña que alta voa, non teme que chova.
Anduriña que voa a rentes da terra chuvia venta.
Anduriñas a rentes da auga, chuvia na praia.
Cando a anduriña marcha, acabouse o verán.
Nin un dedo fai man nin unha anduriña fai verán.
Cando canta a bubela, amaña todo para a sega.
Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela.
Cando vén a bubela i-o chan garrido, sementa o primeiro millo.
Cando os corvos berran, chuvia segura.
Cando o corvo berra, vai chover.
Corvos á dereita, sorte ben feita.
Corvos en bandada, ou sombra ou presada.
Cría corvos e quitaranche os ollos.
Cando chega Defuntos, os corvos chegan todos xuntos.
Cando o corvo canta, algo venta.
Cando os corvos berran, sinal de que chove
Cando os corvos súan, sinal que non hai pan
Cando berran os corvos, sinal de norte.
Como é o corvo, así o seu ovo.
Corvo que estás no bico da pena: o que por outro oes, por ti o espera.
De mal corvo mal ovo.
Nace o corvo na pena e tarde ou cedo tira para ela.
Nace o corvo na pena e tira para ela.
Non é máis negro o corvo que as ás.
Non pode ser o corvo máis negro que as ás.
Nunca máis negro foi o corvo que pola punta das ás.
O corvo nace na pena e tira para ela.
Os corvos, cas súas voces, ventan a mala sorte.
Onde o corvo andou, nunca trigo faltou.
Os corvos de mar en terra, mariñeiro, vente en vela.
Os corvos en bandada ventan presada.
Se o corvo corvexa, o lobo rastrexa; corvo calado, lobo de lado
Tal o corvo, tal o ovo.
Tanto lle quixo o corvo á súa mai que lle quitou os ollos.
Tanto ten o corvo por riba como por baixo: todo é negro.
Cando a choia vai para Meira, foi a sella na goteira.
Antes do oito de abril, o cuco ten que vir; si o cuco non veu, morte se ten
Cando canta o cuco, millo ao suco.
Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoito.
Cando o cuco canta, sinal de auga.
Cando o cuco cuca despois de san Pedro, cava, galán, e non teñas medo.
Cando o cuco cuca despois de san Pedro, cava, home, sen medo.
Cando o cuco marcha, colle a manta.
Cando o cuco marcha, colle a manta.
Cando vén o cuco, vén o pan ao suco.
Canta o cuco na rabela do arado: "O que anda entre mulleres, está ben arregalado".
Canta o cuco, primavera na man.
Chega abril; se o cuco non vén, ou morreu o no sei que ten.
Cuco cantando, primavera na man.
Des que vén o cuco, enche a cal e mais o suco
Des que vén o cuco, vén o pan ao suco.
En abril sae o cuco do cubil.
Entre marzo e abril, cal o cuco cal a fin.
Entre marzo e abril, o cuco e a fin.
Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil; se chega maio e non veu, morreu ou non sei que ten.
Entre marzo e abril, se non vén o cuco, quer vir-o fin.
Entre marzo i-abril sae o cuco do seu cubil
No mes de abril, cuco morto ou non quere vir
No mes de maio xa vén o cuco co seu vasalo.
No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo.
No tempo do cuco, á mañá chuvia e á tarde enxoito.
O cuco e o predicador, canto máis altos, mellor.
O cuco i-o nabo, de ano en ano.
O cuquiño a cucar e a ruliña a rular, colle o fouciño e vai sementar.
Polo abril sae o cuco de cubil.
Polo cinco de abril, ou o cuco ou a fin.
Polo dez de abril, cuco morto ou non quer vir.
Se lle chaman ovos, vén o cuco e cómeos; se lle chaman seixos, vén o cuco e déixaos.
Se non víche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vén a fin.
Se o cuco non vén en marzo ou abril, é porque vén o frío.
Se o cuco non vén o quince de abril, ou cuco morreu ou vi-la fin
Se oes o cuco tres días despois de san Pedro, cava, cavador, e non teñas medo.
Se te engana o cuco no mes de san Xoán, tes sono para o verán.
Tempo de cuco: mañá mollada, á noite enxoito.
Un cuco solo non fai verán.
Vén o cuco a cucar, colle o sacho e vai a sachar.
Vén o cuco, mala ave; mentres está, non hai máis que fame.
Vén o cuco, vén a fame.
A curuxa de madrugada, vento ou xeada.
A curuxa no ameixón, mortaldade ou tempo bo.
Curuxa noitarega, malladores á eira.
Curuxa tardega, auga nocturna.
O que pode, puxa, e o que non, curuxa.
Quen pode, puxa, e quen non, curuxa.
Estorniños e pardais, todos queren ser iguales.
As gaivotas ¡clo, clo! a cantar, norte duro vai a entrar.
As gaivotas polo alto a voar, sur-sueste vai a entrar.
Cando a gaivota anda á gradicela, mal para nós e fame para ela.
Cando a gaivota vai para o mar, colle o arado e vai arar; cando vai para a terra, colle a brosa e fai estela.
Cando a gaivota vai para terra, colle a brosa e vai por leña; cando para o mar, xungue os bois e vai arar.
Cando a gaivota vai para terra, xa non neva; cando vai para o mar, vai nevar.
Cando a gaivota vén do mar, colle a brosa e vai estelar; e cando a gaivota vai para o mar, colle os aparellos e vai pescar.
Cando a gaivota vira ao cabrestante, mal tempo seguro.
Cando a gaivota visita ao labrador, mal lle vai ao pescador.
Cando a gaivota visita o labrador, fame ten o pescador.
Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai chuvia na ribeira.
Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo da eira.
Cando as gaivotas veñen para terra, vento de fóra.
Gaivota en xunqueira, mariñeiros á merda.
Gaivotas á terra, mariñeiros á merda.
Gaivotas en terra, mariñeiro na taberna.
Gaivotas en terra, mariñeiros na taberna.
Gaivotas en terra, mariñeiros pescando pola carreteira.
Gaivotas na ribeira, mariñeiros á terra.
Gaivotas para o mar fuxir, hasta os vellos poden ir.
Gaivotas pola terra, choiva ou néboa.
Gaivotas suben hasta se perder, gran temporal ten que haber.
Se a gaivota está no mar, colle o arado para arar; se a gaivota está na terra, non te apartes da lareira.
Cando a garza vai para a terra, colle a brosa e fai estela.
Cando a garza vai para arriba, colle os bois e vente axiña. Cando a garza vai para abaixo, colle os bois e vai arar.
Cando a garza vai para Meira, pon a sella á goteira; cando vai para o mar, pon os bois a arar.
Cando a garza vai para o mar, colle os bois e ponte a arar.
Cada gorrión quer o seu espigón.
Por medo aos gorrións non quedan sen sementar os leiros.
Mazarico na praia a cantar, os mariscos a flotar.
Pico, pico Mazarico, quen che deu tan largo pico? Deumo Deus para o meu traballo, para picar naquel carballo.
Á figueira sen figos non veñen merlos.
Cando o merlo pide pan, arrabea o catalán.
Canta o merlo, tempo de inverno.
Canta-lo merlo é sinal de auga.
Cereixa picada dos merlos, logo cae no chan.
Chirlo merlo, busca de verán para comer no inverno.
"Nin merlo branco nin setembro ruín", din os vellos
Viva Deus e cante o merlo, que tras do verán vén o inverno.
Mal anda o miñato cando ten as ás rotas e o papo san.
O miñato ponse fraco vendo os paxaros e cobizándoos.
Cada moucho arrime ao seo souto.
Cada moucho no seu souto.
Cada moucho no seu souto manda un máis que outro
Cada moucho no seu souto manda moito.
Cada moucho no seu portelo.
Cando o moucho mouchea, nin chove nin xea.
Moito manda o moucho dentro do seu souto.
O moucho no seu souto manda moito.
Pode máis o moucho no seu souto que no de outro.
Cada pardal co seu igual.
Máis que cen de pardal vale unha de asnal.
Man por man, coma o pardal.
Vén o paspallás: anímate, rapás.
Cando o paspallás i-o ouriolo cantan xuntos á man esquerda, non hai mellor agoiro.
Cando as pegas cantan, algo ventan.
Cando as pegas fan a niñada no alto dos chopos, pode segarse o pan cun abanico; se a fan no medio, tempo regular; e se a fan ao fondo do chopo, hai que segar o pan con un mandil.
Cegos, pegas e choias, dou ao demo estas tres xoias.
Cegos, pegas e choias, o demo cargue con todas.
Cregos, frades, pegas e choias son do demo catro xoias.
Dáme unha pega sen mancha; dareiche unha moza sen chata.
Di a pega e todos din dela.
Non hai pega sen mancha negra.
Non hai pega sen mancha negra, e a que non a ten, non é pega
Non hai pego nin pega sen mancha negra.
Onde a pega pon o ovo, ten o ollo.
Onde a pega ten o ollo, alí ten o seu ovo.
Onde a pega ten o ollo, ten o ovo.
Onde a pega ten o ollo, ten o ovo.
Quen anda ás pegas, atópaas brancas e negras.
Tanto pica a pega no trobisco que creba o pico.
A muller e a perdiz pola súa boca se maldí.
A perdiz en xaneiro caga para o perdigoteiro.
A perdiz, que cheire a nariz.
A perdiz, onde nace e, a lebre, onde pace.
A perdiz en xaneiro cúspelle no nariz ao perdigoteiro.
A perdiz en xaneiro é para o cazador e o perdigoteiro.
A perdiz hai que comela ca man no nariz.
A perdiz, ca man na nariz.
As perdices en xaneiro búrlanse do cazador e do perdigoteiro.
Cando a perdiz canta, nubrado vén.
Cando comas a perdiz, cos dedos no nariz.
Para dúas perdices, dous.
Perdices e frades, a pares.
Perdiz ao cazador, pouca.
Perdiz que canta, logo se levanta.
Sempre perdices cansa; guísame unhas fabas.
Sinal de auga cando a perdiz canta.
Unha man na nariz i-outra na perdiz.
O peto quer beber nas follas e por iso tanta présa ten.
Antes deixará o reiseñor de cantar que a muller de parolar e chorar.
Non son todos reiseñores os que andan entre flores.
O reiseñor i-o papagaio sempre cantan no maio.
A ruliña a rular, colle o fol e vai sementar.
Cando a rula canta no seu ruleiro, botar o millo anque sexa no bulleiro.
Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar.
Cando a rula vén rular, colle o fol e vai sementar.
Cando a ruliña rular, colle o foliño e vai sementar.
Cando a rula oias rular, colle o liño e vai sementar.
Se ves que vén a rula, sementa sen dúbida.
Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar.
Cando canta a rula, sementar sen dúbida.
Cando vén a rula, sementar sen dúbida.
Canta a rula naquel souto: "Coitadiño do que espere polo que está na man de outro".
Canta a rula naquel souto: "Pobre do que está esperando polo que está na man doutro".
En canto a rula non rular, o millo non botar.
Rula a rular, trigo a botar
Vén a rula a rular, colle o saco e vai sementar.