atrevemento

substantivo masculinoCalidade de quen se atreve a acometer unha acción arriscada.

Non hai nada tan atrevido como a ignorancia.

O que non se atreve, nunca viño bebe.

O que non se atreve, nunca bo viño bebe.

O que non se atreveu, nunca en boa cama durmiu.

brancura

substantivo masculinoCalidade do que é branco.

A brancura sete faltas disimula.

Aínda que tome moitos baños, o negro non se fai branco.

Malas fadas fixéronme negra que eu ben branca era.

bonitura

substantivo femininoCalidade de bonito.

A bonitura está nos ollos de quen a mira.

A bonitura sete faltas disimula.

Bonitura, se tes falta, disimula.

Tan bonita é a culpa, que ninguén a quer.

covardía

substantivo femininoFalta de valor para facer fronte a algo. - Feito que demostra esta falta de valor.

De covardes non hai nada exento.

Do covarde non se encubre nada.

delicadeza

substantivo femininoCalidade de delicado.

O delicado, pouco mal pero ben laiado.

fermosura

substantivo feminino Calidade do que é fermoso.

A fermosa, ao desdén, sempre parece ben.

A fermosura cómea a sepultura.

A fermosura cómea a terra.

A fermosura moitas faltas disimula.

A fermosura pouco dura.

Ás escuras, de nada valen as fermosuras.

Fermosura e bondade é unha felicidade.

Hoxe fermosura, mañá sepultura.

Non hai fermoso que non teña algo de noxo.

Non hai fermosura sen axuda.

Riqueza i-fermosura, todos a procuran.

Se queres vivir fermoso todo o ano, foxe do sol de marzo.

Sobre a brancura non hai fermosura.

graza / desgraza

substantivo femininoCalidade da persoa ou da cousa que divirte ou fai rir.

A peor graza é caer na desgraza.

Dereito ou torto, máis val caer en graza que ser gracioso.

Enterro sen choros e romaría sen gaita non teñen graza.

Máis vale caer en graza que ser gracioso.

Un chisco de murmuración é graza da conversación.

Neste mundo todo son desgrazas.

Os camiños que tes abandonados, de desgraza están sempre sementados.

honra / deshonra

substantivo femininoCalidade e actitude dunha persoa, dos seus ditos, da súa maneira de comportarse etc., que a fan ser digna de estima e respecto ante os demais e ante si mesma.

A honra canto máis crece máis fame mete.

A honra da muller moito coidadiño quer.

Á honra da muller non se lle debe chicar tan sequera.

A honra e a muller son coma o vidro pra se romper.

A honra é de quen a dá.

A honra e o cristal logo se poden crebar.

A honra e o vidro non queren máis que un golpiño.

A honra está en quen a gana.

A honra está no que a dá.

A honra logo se escacha.

A honra non ten máis que un camiño moi estreitiño.

A honra val máis tela que merecela.

A que é honrada sen combate, non se gabe; a que non cae sendo atentada, esa si que é honrada.

Co que te has de honrar nono teñas detrás do lar.

Do que te ha de honrar procura non abusar.

Do que te has de honrar non te has de aproveitar.

En bo día naceu o que honra non coñeceu.

Honra é dos amos a que se fai ós criados.

Honra e proveito non caben baixo de un teito

Honra e proveito non caben nun feito.

Honra e proveito non caben nun xeito.

Honra e vicio non andan xuntos.

Honra o bo pra que te honre, e o malo pra que te non deshonre.

Honra os grandes e non te mofes dos pequenos.

Honra sen proveito, anelo no dedo.

Honrado por honrado, primeiro é o meu amo.

Non é honradez probada a que non é atentada.

O que non te aprecia na vida, tampouco te honra na morte.

O que non ten punto, non ten honra.

O que queira honra, que a gane.

O que sobra, honra.

Quen ós seus se parece, honra merece.

Todos somos honrados mentres non deixamos de selo.

Viva quen nos honra, aínda que sexa de afago.

Xente honrada non anda tirada.

Xente honrada non é reparada.

Deshonroume a miña veciña unha vez i-eu deshonreime tres.

Mentir non é deshonra, mais é cousa de mala persoa.

Non digas "¡ai!", que deshonras a teu pai.

O traballo non deshonra a ninguén.

necesidade

substantivo femininoCalidade do que é necesario.

A necesidade declarada é medio remediada.

A necesidade e a loucura adoitan andar xuntas.

A necesidade é mestra.

A necesidade fai facer os cestos.

A necesidade fai mestres.

A necesidade fai o home matinar e trasfegar.

A necesidade non é boa conselleira.

A necesidade obriga ó que o home non maxina.

A necesidade obriga.

A necesidade ten cara de herexe.

Cando a necesidade é moita, sabe ben a boroa.

Para a necesidade non hai lei.

nobreza

substantivo femininoCalidade do que é nobre. - Clase dos nobres.

Non hai nada que dea idea da nobreza de que debe brasonar o home, coma o desinterese con que obre cos demais.

O traballo ennobrece.

paciencia

substantivo femininoCalidade de quen atura as adversidades e as desgrazas sen rebelarse. - Calidade de quen realiza unha actividade que lle pode resultar molesta sen desanimarse ou desesperarse. - Calidade do que ten tranquilidade para esperar.

A mal dar, paciencia e barallar.

A paciencia tráenos todo.

Ao que non pode ser, paciencia.

Con paciencia e con calar, ben te podes gobernar.

Con paciencia gánase o ceo.

Déanos Deus paciencia e morte sen penitencia.

Despois da perda, paciencia.

Deus nos dea paciencia e morte con penitencia.

Hai que ter paciencia, tamén a tivo Xan de Outeiro.

Non tarda o que vén, se o que espera paciencia ten.

O pescar con cana quer paciencia e maña.

Paciencia nos dea Deus que traballos non han de faltar.

Para calquera dor a paciencia é o mellor.

Paz e paciencia e morto con penitencia.

Sofre con paciencia e vivirás en paz.

Sufrir con paciencia non é mala penitencia.

Ti ten paciencia que tamén a tivo Xan do Outeiro e morreu solteiro.

Xan de Outeiro ca súa paciencia quedou solteiro

pobreza

substantivo femininoCalidade ou estado de pobre.

A pobreza fai ao home estar en tristeza.

A pobreza non é baixeza; pero tampouco é grandeza.

A pobreza non é vileza, senón falta de riqueza.

A pobreza non é vileza.

A pobreza non é vileza; pero non deixa erguer a cabeza.

A pobreza non haxa.

A pobreza non lixa.

A pobreza non quita a virtude, nin pon a riqueza, mais é causa de quitala ou poñela.

A pobreza nunca ergue a cabeza.

Antes a pobreza honrada que a riqueza roubada.

Antes pobreza que vileza.

Con abrigo, saúde e limpeza case que está vencida a pobreza.

Mellor e pobreza con boa fama que riqueza con mala.

Nin te abata a pobreza, nin a riqueza te ensoberbeza.

Non te abatas por pobreza nin te crezas por riqueza.

O que queira empobrecer, meta obreiros e non-os vaia ver.

O que queira empobrecer, que meta criados que non-os vaia ver.

Pódese andar na pobreza e andar con limpeza.

Quen di que pobreza é vileza, non sabe o que di nin ten siso na cabeza, inda que teña moita riqueza.

Quen pobreza ten, dos seus parentes fai desdén.

Quen ten pobreza non ergue a cabeza.

soberbia

substantivo femininoCalidade e actitude de quen se cre superior aos demais, chegando mesmo a desprezalos.

A soberbia é nos pobres e nos ricos a avaricia.

A soberbia está nos probes, e nos ricos, a avaricia.

A soberbia é filla de mal pai.

As soberbias non caen nas pallas.

As soberbias non collen para o monte.

Non andes con soberbia enriba da terra, porque has de ir para debaixo dela.

Non hai soberbia que non caia.

Ruín é o probe avarento, mais peor é o probe soberbio.

valentía

substantivo femininoCalidade do que afronta os perigos e dificultades sen deixarse vencer polo medo ou o desánimo.

Irse á pedra e non a quen a tira é pouca valentía.

Irse á pedra e non a quen a tira ten pouca valentía.

O valente que hoxe fuxe, outra vez pelexará.

Os valentes e o bo viño acábanse logo.

Tan valente é un combatendo como outro fuxindo.

Valente de boca, lixeiro de pés.

Valente que fuxe unha vez é que se garda para outra vez.

virtude

substantivo femininoCalidade ou capacidade que ten unha cousa para producir un efecto determinado, polo xeral beneficioso.

Con virtude e bondade adquírese autoridade.

Contra o vicio de pedir hai a virtude de non dar.

Da virtude, a caridade; e do vicio, a maldade.

Do traballo sae a virtude.

Máis val tesouro de virtude que de ouro.

Non hai virtude e bondade que non corrompa a pobreza i-a necesidade.

O que ben practica a virtude, non lle faltará saúde.