A avea é panadeira.
Polas túas aveas míde-las dos máis cheas.
Se levas o caruncho á feira, non o peses na caruncheira.
Se o san Trocado colle moleira, hai que sacar o centeo da eira.
A liñaza, que vexa ir o dono para a casa.
A liñaza aferventada aos tres días está nada.
A que o liño aliña, esa o fía.
Bota liño e bótalle ao río.
É mellor liño mazar ca liño crebar.
Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
Inda ten que volver a nacer o liño mourisco para ser como o galego.
Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
Liño chorado, medio medrado.
Liño de Holanda pesa e non anda.
Liño floreado, medio medrado.
O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
O liño de san Xoán, nin é liño nin é lá.
O liño e a estopa, á sombra.
O liño, na touca, medra que relouca.
O meu liño é mellor que o do veciño.
Sementa no crecente, arranca no mínguante e terás un liño coma un breimante.
Se queres ter bo liño, bótalle a rega ao pé.
Se se colle o liño a carros, o pan a brazados.
Á porta do rezador non bóte-lo millo ao sol, porque vén o rezador e quedas sen millo e sen fol.
Á porta do rezador non deixes o millo a secar, e á porta do que non reza, nada, nin o millo nin a cebada.
Á porta do rezador podes botar o millo ao sol.
Así como o millo se dá co melón, así a laranxa se dá co limón.
Cando canta a bubela, millo á terra.
Cando florean moito os toxos, sinal de moito millo.
Cando os carballos enraman, tempo de bota-lo millo
Cando se colle o millo, sabe ben o touciño.
En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
Millo es, millo serás; por máis que te amasen non espelirás.
Millo, millón, quince días debaixo do terrón.
Nin millo engrolado nin millo queimado.
Ninguén semente máis millo do que poida sachar.
O millo polo san Marcos nin nado nin no saco.
O primeiro millo é para os paxaros.
Xoves Santo claro, millo fondo e raro.
A arada de mulleres dá pan, se queres.
A que amasa fariña nunca pan lle falta.
Ao pedichón non se lle podrece o pan no blusón.
Ata curto, esterca a modo, ara xusto e fondo e collerás pan dabondo.
Canto máis merda, máis pan.
Catro meses son de pan: marzo, abril, maio e san Xoán.
Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
Dáme pan e chámame can.
De novo, pan e ovo.
Decrúa en maio, bina en san Xoán, esterca ben e collerás pan.
Desde que o pan bota o pendón, cal mo emprestes cal non.
Digo e redigo que a boroa non é pantrigo.
En toda a terra espiga o pan.
Fai o que vexas facer ao veciño pero non ségue-lo pan verde.
Hasta san Xoán toda a herba é pan.
Media vida é a candela, pan e viño a outra media.
Non hai tal vicio como o pan de trigo e o leite macizo.
Non se gana o pan sen afán.
Novos herdeiros, pan nos comareiros.
pan: en marzo espigarzo; en abril penduril; en maio granado; en san Xoán curado e pola santa Mariña metido na arquina.
O que quer coller o pan, ten que cavar a bouza.
Onde pan cae, pan hai.
Onde pan cae, gran hai.
Pan de xaneiro, nin palla nin palleiro.
Pan do monte, pan de moitos.
Pan e auga, sopas.
Para o pan esfarnar, o cabalo tremer.
Para o pan enfornar, quer o boi tremer.
Para tempo andado, pan ganado.
Polo pan baila o can.
Primeiro o pan e despois o can.
Quen ben xoga, polo pan torna.
Se che doe a barriga, come bola triga.
Se queres coller ben pan (libre do trono), fai ben aradas e abundante mineral.
Sen pan e carne non hai bo sangue.
Tal terra andar, tal pan manxar.
Terra fría non dá pan.
Terra negra bo pan leva
Á porta do moi rezador non poñas o teu trigo ó sol.
Á porta do que non reza nada, nin trigo nin cebada.
Á porta do rezador bota o triguiño ao calor.
Á porta do rezador non botes o trigo ao sol, e á do que non reza nada, nin trigo nin cebada.
Ao pombal caído non vale botarlle trigo.
Bótame na lama, e de min non verás nada; bótame no lodo, e de min verás logro.
Bótame no po e déixame só.
Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa.
Cando o trigo está no celeiro é do que ten diñeiro.
Cando o trigo está nos campos, é de Deus e dos santos.
En terreo algo arxiloso, o trigo é máis abondoso.
Galleta de monxa, fanega de trigo.
Hasta o trigo é esmola.
Máis quero no meu trigo unha boiada que en marzo unha augada.
Nin viña no baixo nin trigo no cascallo.
No verán dos preguizosos inda se sementa o trigo.
O bo trigo na arca se vende.
O sol do verán non trae o trigo á man.
O trigo é trigo; xa Deus o escolleu para si.
O trigo en abril mallado, en abril curado e en santa Mariña metido na arquiña.
O trigo que non se axunta na leira, xúntase na eira.
Polo moito trigo nunca foi o ano malo.
Quen colle trigo pode comer pantrigo.
Quen vende o trigo na eira i-a la na ovella, i-o pan en agosto i-o viño en mosto, dá proveito a moitos.
Regalo de monxa, fanega de trigo.
Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ao teu compañeiro.
Se queres coller trigo, seméntao no seu ciclo.
Sexa no polvo, sexa no lodo, sementa sempre en outono.
Todo grao has de vender i-o trigo solo mover.
Trigo centeeiro, pan proveitoso.
Trigo que lle a palla doura, logo estará para o fouciño.
Trigo que non has de segar, déixao de visitar.
Trigo verde e xente nova, todo é zume e non val nada.
Vendaval cargado, trigo na eira mollado.
Xa que o trigo non é meu, que o cañe quen o colleu.