A boa anada non a leva vento nin xeada.
A ceba é unha colleita como outra.
Anada por anada, máis vale a seca cá mollada.
Anada a carreiras non se pilla.
Anadiña pouca, anadiña moita, vai chegando unha á outra.
A anada á carreira non se pilla.
A boa anada non a leva vento nin xeada.
Cando a estrela Panadeira vén do lado da terra, boa anada; cando vén do lado do mar, anada mala.
Cando Deus quer da-la anada, non a leva vento nin xeada.
Colleita mollada é media anada.
Lama mollada, colleita pasada.
Nunca a anada é mala cando a colleita non é mollada.
O que anda en rifas e en preiteadas, non ten en conta as anadas.
O que dá a anada, non-o leva vento nin xeada.
Quen de entendido presuma, semente colleita de pluma.
Sementeira tarde, recolleita cedo; sementeira cedo, recolleita tarde.
Bens de campá, dáos Deus e o demo os derrama.
Bens divididos, bens perdidos.
Bens herdados non son comprados.
Ei vai o ben que a vella ten.
Este é o ben que Marica ten.
Ganar bens pra ruíns herdeiros.
Ninguén entre no ben senón mirando como ha de saír del.
O que herda os bens, herda os males tamén.
O que non ten bens, ten pés.
O que queira botar seus bens a perder, meta xornaleiros e venda o que ten para os manter.
Os bens, anque con saúde, valen pouco sen virtude.
Os bens de lonxe non son medios bens.
Os bens de san Xoán, por onde veñen, van.
Os bens do sancristán, por onde veñen, van.
Onde poño os pés, teño os bens.
Vaise o ben ao ben i-as abellas ao mel
Volvendo bens por agravios negocian os homes sabios.
Tes bens, moitos amigos tes.
Calor de marzo, tempo para o campo moi san.
Darás ao campo esquilmado cultivo máis esmerado.
Envexa non teñas do campo do veciño, antes fai o que el fai.
Estando o campo xeado, repousa ben o arado.
Os campos han de estar brancos polo mes de santos.
A espiña, canda nace, trae a punta.
A espiña, cando nace, xa leva o pincho diante.
Cando un anda máis no monte, máis espiñas colle
Chica é a punta dunha espiña, mais a quen lle pica non a esquece.
De pequeniño agúzase o espiño.
Dúas espiñas nunca se espiñan.
Malia a espiña que de seu non pica.
Non saques espiñas onde non hai espigas.
O que deixa a espiña no dedo, pode perdelo máis tarde ou máis cedo.
O que vai ao toxal, sen espiñas non sal.
Quen sementa espiños, que non vaia descalzo.
A bo esterco mellores patacas.
Antes falte a palabra na boca que o esterco na corte.
Bota esterco a picañadas e collerás boas fornadas
Como sementares e estercares, así collerás cando regares.
Dáme a terra estercada e non ma deas gabada.
Esterca e non derregues, que eu che direi por onde segues.
Esterca e non poñas marcos.
Esterca e traballa, e terás boa anada.
Esterca no xaneiro e deixa a terra quente para o trigueiro.
Estércame e non me derregues, i-eu che direi por onde me segues.
Esterco de charamela, todo é candela.
Esterco de fentos non dá pan.
Esterco de fieito, grao polo peito.
Esterco de folla, gran pola trolla.
Esterco de folla, pan pola trolla.
Esterco de palla, pan pola barba.
Esterco de silva, pan pola crisma.
Esterco de toxos cría miñocas.
Esterco de xesta, grao pola testa.
Esterco de xesta, pan pola testa.
Estercos en xaneiro amontoados encóntranse en outono sazonados.
Fai esterco todo o ano, que non será sobrado.
Moito pode facer o ben cultivado, pero máis o que foi ben estercado
Non hai mala terra con esterco e rega.
O de fento, polo cenzo; o de xesta, pola testa; i-o de palla non ten talla.
O maior rendemento do ganado é o esterco ben aproveitado.
O que esterca, sacha.
Ou rella ou esterco de ovella.
Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
Semente outra na terra estercada e ti na folgada.
A estopa onde o fogo acéndese logo.
A estopa onde o lume acéndea o demo.
A estopa preto do fogo quéimase logo.
A estopa, como é fiada; a moza, como é criada.
Máis vale estopa de marzo que febra de maio.
Non abondan estopas para tapar tantas bocas.
O lume cabo da estopa, chama ao diaño e sopra.
Se o lume está á beira da estopa, logo o trasno sopra.
Vale máis mazar que estopar.
A facenda da muller sempre está feita e sempre por facer.
A facenda do crego dáa Deus e lévaa o demo.
A facenda do crego dálla Deus e lévalla o demo.
A facenda do perdido, barato e corrido.
A facenda do perdido, non ter nada e telo todo comido.
A facenda non quere ano senón que quere amo
A facenda, seu dono a vexa.
Cen anos de guerra e nin un día de facenda.
Facenda allea, o teu amo te vexa.
Facenda de sobriño, quéimase no lume e afógase no río.
Facenda, teu amo te vexa, por moi malo que sexa.
Mal empregada está a facenda en quen non é señor dela.
Moita fachenda e pouca facenda.
Nin un instante estará descoidado quen queira ser un facendado.
O que dorme, dórmelle a facenda.
O que queira ter boa facenda, que seu amo atenda.
O que ten facenda que a atenda.
Quen pretenda ter facenda, faille falla que a atenda.
Quen ten facenda, que a atenda pra que non se lle perda.
Montón de herba, leña, palla etc., atado.
Non hai feixe como o de riba do eixe.
Pesa máis moxena que feixe de leña.
A flor da marabilla, cando morta, cando viva.
A flor de marzo non enche o cabazo.
Flor axada, desprezada.
Flor de febreiro non vai ao froiteiro.
Flores en outono, fame en ano novo.
Non hai flor sen espiñas.
Non todos son reiseñores os que cantan entre as flores.
Ves a silva na flor, pon a canada ao sol.
Abrígate á folla mentres non molle.
A folla cando enxoita, molla.
Ao caer a folla descóbrense os niños.
Cando as follas caen, está a chegar o inverno.
Carro de folla, montón de esterco.
Detrás de unha folla vén outra.
Entre folla e folla non hai moita escolla.
Entre folla e folla o demo a escolla.
Follas molladas, augas dobradas.
Mentres non molla, arrímate á folla.
Mentres vexas a folla no carballo, non deas palla ao armario.
Non che doia nas cortes botar folla que en abono ben feito se recolla.
O que se abriga debaixo da folla, dúas veces se molla.
O que se abriga debaixo de folla, tres veces se molla.
O que se pon debaixo da folla, dúas veces se molla.
Quen se chega á folla, dúas veces se molla.
Vai a palabra de boca en boca como o vento de folla en folla.
A herba do alto en abril pastada, en setembro debe ser aproveitada.
A herba revolta non-a deixes á porta.
A mala chaga, herba mala.
A mala herba crece axiña.
A mala herba é a que máis medra.
A mala herba logo crece.
A mala herba non a come a xeada.
A mala herba non hai xeada que a leve.
A mala herba non morre.
A mala herba non perece.
A malva, collela e non regala; a herba, regala e non collela.
A serradela é boa herba..
Cando a herba anda a carros, o pan a brazados.
Compra clase e vende herba.
Con boa herba non hai mala vaca nin na casa do rico cociñeira fraca.
Fouciño que a herba non corte, non debe estar no fachico.
Herba mala non perece.
Herba mala non periga.
Herba segada, polo sol agarda.
Máis valen pastos queimados que montes herbais.
Mala herba nunca morre
Nin herba no trigo nin sospeita no amigo.
O que mantén con herba, mantén con merda.
O que parece que non tripa as herbas, por onde pasa, tólleas.
Para o mal mortal ningunha herba val.
Polas malas herbas pérdense as colleitas.
Quen parece que non tripa as herbas, para onde vai tólleas.
Se queres andar á carreira, bebe auga de herba rateira.
Se queres andar de perna lixeira, toma auga da herba rateira.
Tira Xan pola vira e, si quebra, tira pola herba.
Vale máis prado rañado que monte herbal.
A caste da horta sal da corte pola porta.
A horta de outono mantén a seu dono
A horta de outono mantén a seu dono e a de San Martiño o dono e mais o veciño.
A horta no outono mata o seu dono.
A horta, pola porta
En mes morto nun plantes no horto nin capes un porco.
Estás na horta e non ves as verzas.
Este ir e vir á horta tráeme morta.
Horta de pasatempo quer tempo.
Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
Horta no marzo, cesta no brazo.
Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é peor.
Horta, a do meu veciño: canto máis froia ten, máis froita consigue.
Horta, muller e muíño queren uso continuo.
Nace na horta o que non sementa o hortelán.
Non saches a horta na lúa de marzo, que se marcean as coles.
O ano torto, ao horto.
O que no horto sementa, na culler amasa.
O que queira ter bo horto, que o plante no mes morto.
Os pés do hortelán non botan de perda a horta.
Parvo é quen entra na horta e non come froita.
Se non fora por molla-las botas ía contigo a rega-la horta.
Se non fora por medo de mollar as botas, eu iría coas mozas regar as hortas.
A la e a mentira sempre estira.
A la ouro mana, segundo as mans en que anda.
Cal máis, cal menos, toda a la che é pelos.
De las e mulleres non fagas almacéns.
Foi a por la e saíu tosquiado.
Ía por la e saín tosquiado.
Mellor é que a la se perda e que non se perda a ovella.
O que sempre vai por la, sae ás veces tosquiado.
O trato é trato; todo o demais é la de gato.
Quen vende o trigo na eira e a la na ovella, e o pan en agosto e o viño en mosto, dá proveito a moitos.
Casa en que caibas e leiras as que vexas.
Cregos i-ameixeiras, Dios los quite das miñas leiras.
Durmir e garda-la leira, non hai maneira.
En sucos anchos nas leiras conseguirás moi boas sementeiras.
Leira asucada, casa tellada.
Leiras grandes e mal traballadas fan andar a seu dono por terras estrañas.
Monte, o que poidas ver; prado, o que poidas ter; e leiras, as que poidas pacer.
Nace na leira o que o dono sementa.
Non ten leira, nin eira, nin pau de figueira.
Non teñas leiras sen horta nin casa sen porta.
O que aforra unha cena en xaneiro, compra un leiro.
Quen pequena leira ten, a pasos a mide.
A leña da figueira, recia de fume e fraca de madeira.
A leña de amieiro arde debaixo do bulleiro.
A leña de amieiro arde no regueiro.
A leña de xesta ten o demo na testa.
A leña de xesta, para acender, ten o demo na testa, i-a de chanteiro, no sombreiro.
A leña i-a muller, cantos máis anos, máis arder
A leña vaise toda en fume e borralla.
A leña verde, bo brazado
A leña, canto máis seca, máis arde.
A leña, torta ou viorta, o fogo aporta.
Ao leñador, caza; e ao cazador, leña.
Árbore caída todo é leña.
Arde mellor leña mollada que pedras enxoitas.
Auga e leña, cada día veña.
Berra o mar en Lapamán, colle a leña e coce o pan.
Cando hai leña, logo se fan rachas.
Canto máis seca, máis arde a leña.
Da árbore caída todos fan leña.
De ruín monte non pode vir boa leña.
Leña de ameneiro arde no regueiro.
Leña que aborralla, aí queda.
Leña seca, todo é faíscas.
Leña torta ou viorta, ao fogo aporta.
Leña torta, co lume logo se endereita.
Leña verde e pan mole fan a casa pobre
Leña verde mal se acende; quen moito dorme, pouco deprende.
Leña, leña, que a borralla aí queda.
Non botes leña no forno cando xa quente estivera.
O que non aforra a leña, non aforra cousa que teña.
O que non goberna a leña non goberna cousa que teña.
Orelliña, se vas á leña e vés cedo, dareiche a merenda; se vés tarde, sen hora, dormirás fóra.
Pola mala hora tallando na leña e pola boa debaixo da pena.
Polo enxoito, detrás da pena, e polo mollado, collendo na leña.
Por bonita que sexa a nena, non fai de comer sen leña.
Quen fai leña en ruín lugar, ao lombo ten que a sacar.
Quen non goberna a leña, non goberna cousa que teña.
Se queres chegar a rico, mete a leña polo pico.
Se queres que o vento veña, dálle coa leña.
Xeada na lama, leñador na cabana.
Xa que ti sopras, eu vou á leña.
Do lume e do señor canto máis lonxe mellor.
Fóxese ás veces do fogo e caese nas brasas.
Lume na lareira, parola de mozas e sono de vellas.
Lume xunto a estopa, vén o demo e sopra.
Non cabiamos á beira do fogo e entrou meu sogro.
Non está ben o fogo cabe ás estopas.
Non fai falla meter a man no lume pra saber se está acendido.
Non sexa tanta a cera que prenda lume.
O lume ao pé da estopa, vén o demo e sopra.
O lume apágase con auga pero a auga non se apaga con nada.
O lume de fóra nin quenta nin lora.
O lume é media mantenza e, detrás da cea, mantenza enteira.
O lume é media mantenza por diante; e por tras é mantenza enteira.
O lume é media mantenza; e, sobre cea, mantenza enteira.
O lume é o capón do pobre.
O lume é peor cós ladróns: estes sempre deixan algo, o outro non deixa nada.
O lume é peor que os ladróns que non deixa nada e todo o repaña.
O lume hai que saber atizalo sen queimarse.
O lume no pallar moi malo é de apagar.
O lume onde a estopa o demo lle sopra.
O lume, despois de farto, é media mantenza.
O moito soprar acende o lume.
O que ten medo ao lume, é porque está queimado.
O que ten o cu de estopas, sempre pensa que lle poñen lume.
O que ten o rabo de estopa, ten medo ao lume.
O que ten o rabo de estopa, ten medo que lle prenda o lume nel.
O que ten o rabo de palla, sempre pensa que lle arde
O que ten o rabo de palla, sempre pensa que lle poñen lume.
O que ten o rabo de palla, ten medo que lle poñan lume.
O que ten o rabo de palla, ten medo se lle plantan lume.
O que xoga co lume, quéimase.
Onde fan lume sae fume.
Onde fogo se fai, fume sae.
Onde hai canotos ao lume, hai fume.
Onde hai fogo, fumega logo.
Onde hai lume, hai fume.
Onde houbo fogo sempre cinza queda.
Onde houbo lume, borralla queda.
Onde non hai lume, non se levanta fume.
Que arda o lume pero que non se vexa o fume.
Quéntate co traballo e non co lume de carballo.
Se o fogo está onde a estopa, vén o demo e sopra.
Se sopra o lume, auga no cume.
Se sopra o lume, auga no tellado.
Sempre o lume chamou o muíño queimado.
Tapemos o noso fogo coa nosa cinza.
Unha estela soa non fai lume.
Xogar co lume pode custar caro i é moi mala costume.
A casa onde se traballa nunca está sen pan nin palla.
A mala paga cobrala, sequera en palla.
Aproveitado da palla, desperdicio do gran.
Aquel que non traballa, non come na cunca e dorme na palla.
As pallas á palleira e as donas á lareira.
As pallas no palleiro e as mulleres no trasfogueiro.
As soberbias non caen nas pallas.
Cada un ve a palla no ollo do seu veciño e non ve a viga no propio.
Cando o novo non traballa, o vello dorme nas pallas.
De palla ou palleiro enche á besta o comedeiro.
De palla ou palloeiro enche-lo palleiro.
Durme na palla tan ben que na cama, quen ten a conciencia sanda.
Fai ben e traballa e non durmirás na palla.
Fume de pallas: moito fume e pouca chama.
Hai quen tropeza cunha palla e non ve un palleiro.
Home que non traballa, de vello dorme na palla.
Non tropeza nunha viga e cae nunha palla.
O de fento, polo cenzo; o de xesta, pola testa; i-o de palla non ten talla.
O que ben oe, entre moita palla un gran recolle.
O que con moitas pallas traballa, a algún lle quita os ollos.
O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
O que do seu fai alleo, colla pallas e métaas no seo.
O que se guía pola lúa e polo lueiro, non ten palla nin palleiro.
O que ten o rabo de palla, sempre lle arde.
O que ten rabo de palla ten medo que se lle queime.
O que ten rabo de palla, sempre ten medo que lle arda.
O temperán, ou en palla ou en gran.
Palla triga fai medida.
Pallas mortas non alumean.
Pallas ao palleiro, galiñas ao galiñeiro.
Pallas ao palleiro, vellas ao fiadeiro.
Por unha palla arde un palleiro.
Quen de palla fai a casa, teme ao lume.
Quen xoga con moitas pallas, unha lle quita os ollos.
Sen palla non hai gran.
Sen palla non se fai o palleiro.
Sen pallas non se fai o palleiro.
Traballa e non comerás palla.
Unha palla non fai palleiro pero axuda o compañeiro.
Uns en boa cama e outros en palla, todos igual chegamos a alba.
Val máis palla que nada.
Cando se acende o palleiro, arde máis axiña o vello.
De palleiro que arde, faíscas saen.
No palleiro ben dorme o que anda á intemperie.
No palleiro non fagas lume nin co esqueiro.
Non hai palleiro sen palla nin morcilla sen atadallo.
Non hai palleiro sen palla nin regueiro sen auga.
Non hai palleiro sen palla.
O palleiro non se fai sen palla
O palleiro vello arde máis axiña.
O palleiro vello, cando se acende, é malo de apagar.
O que non saiba facer un medeiro, que non se atreva a facer un palleiro.
O vello palleiro, cando se acende, arde todo enteiro.
Ou de palla ou de palleiro, o caso é encher o palleiro.
Palleiro colmado, inverno ó lado.
Palleiro sen palla non se fai.
Palleiro sen palla non se pode facer.
Palleiro vello logo se acende.
Palleiro vello logo se queima.
Se metes o ruín no teu palleiro, xa verás como se queda de teu herdeiro.
Se queres ver a un xitano traballar, méteo nun pallar.
Ti enche o palleiro de palla ou palleiro.
Entre sebes e paredes catade o que facedes.
Mirade o que facedes entre sebes e paredes.
Sebe que estás no camiño, e non gardas pan nin millo, vente comigo.
Un pau só non fai sebe.
A semente ben gardada por onzas está separada.
Con un día ou dous de lúa non botes semente ningunha
Malo é o bicho que roe a semente.
O que sementa sen semente, sega sen fouciño.
Gran pesado e lustroso na sementeira é fermoso.
Non se ten por acertada sementeira apertada.
O que non sementa, non colle.
O que sementa e cría, tanto gana de noite como de día.
O que sementa ventos, recolle tempestades.
Para haber bo pan, ten que haber boa sementeira.
Se ves furado na eira, é tempo de sementeira.
Tal sementeira farás, cal sexa a semente que sementaras.
Tal sementeira, tal sega.
Vale máis furado que mal sementado.
Unha acertada sementeira debe quedar con terra lixeira.
A mal dar, picar tabaco e fumar.
A mal vir, botar tabaco e cuspir.
Cando a ronda pasa de catro, cada un fuma do seu tabaco.
Cigarro de guapo, moito papel e pouco tabaco.
O que non bebe nin fuma tabaco, o diaño llo leva por outro burato.
O que non fuma nin toma tabaco, o demo llo leva por outro burato.
O que non fuma tabaco non ten trato.
O que non astas en tabaco i-en viño, ou demo cho leva por outro camiño.
O tabaco e o viño hai algúns que os regalan ao seu veciño.
Se o tabaco é de cabichas, non te gastes os mistos.
Tabaco, muller e viño, mellor para min que pró meu veciño.
Tabaco, viño e muller botan un home a perder.
Vai pra o mar, que pan e tabaco non che han de faltar.
Véndeme a cunca e mais o cunqueiro e non me vendas o meu tabaqueiro.
A cada terra seu uso e a cada roca seu fuso.
A moita terra dá dúas cheas: unha de traballo, outra de miseria.
A terra allea queima.
A terra ben labrada, a seu dono dá ganancia. .
A terra descansada non precisa ser gabada.
A terra do espiño para o meu veciño.
A terra e a femia que non a ara, en balde a sementa.
A terra e a muller, morenas deben ser.
A terra morena bo pan leva.
A terra negra bo pan leva; a branca, nin pan nin palla.
A terra onde nacín é a mellor para min.
A terra que non se cobre de herba, non é boa nin para a vaca nin para a ovella.
A terra sen abono acaba co seu dono.
A terra, coa rella ou coa de ovella.
Á túa terra, grúa, aínda que sexa nunha pata.
Aos burros da miña terra calándose lles dan tela.
Bota terra enriba de terra e verás o pan que leva.
Cada roca ten seu fuso, cada terra ten seu uso.
Calar e obrar pola terra e polo mar.
Cando a garza vai para a terra, colle a brosa e fai estela.
Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo.
Cando vou para a miña terra hasta o aire me leva.
Carballo en terra, todos á leña.
Casou Pedro e non foi mal: casou en terras de pan.
Coa mala persoa, o mellor remedio é terra no medio.
Con abono e rega non hai mala terra.
Da terra ben traballada espera boa anada.
De donda es, home? Da terra da miña muller.
De longas terras, barallas gordas.
Deixa descansar a terra, se queres que bo froito dea.
Do mar o salmón e da terra o lacón.
En esta terra cuca o que non traballa non manduca.
En terra allea hasta as vacas turran os bois.
En terra allea, o que moito se confesa, máis penitencia leva.
En terra de mala ventura, se con chuvias se fai, dura.
En terra de señorío, amendoeira ou guindo; en terra real, nogueira e moral.
En terra que moi boa sexa, ben o diñeiro se emporca.
En terra que non é boa, inda hai máis mal do que se pensa.
Entre o ceo e a terra non hai nada que non se saiba.
Falar do mar e estar na terra.
Fanse debaixo da terra e descóbrense riba dela.
Máis vale ser pobre na terra que rico no mar.
Na casa allea poden as vacas cos bois.
Na súa terra, ou o burro fala ou o burro ornea.
Na terra allea a vaca ao boi escornea.
Na terra da miña muller á quen non traballa non lle dan de comer.
Na terra daquel home o que non traballa non come.
Na terra de meu amo o que non traballa non come.
Na terra do bo saber, como fan, facer.
Na terra do meu home, o que non traballa non come.
Na terra do pobre quen non traballa non come.
Na terra do Xapón van os pantalóns a patacón.
Na terra e no mar afógase o que non sabe nadar.
Na terra en que morares, axéitate como poidas.
Na terra en que vivires fai sempre o que vires.
Na terra forasteira poden as vacas cos bois.
Na terra, amén, amén, o que non traballa non come.
Nesta terra cuca o que non traballa non manduca.
Ninguén na súa terra é profeta.
Ningún santo na súa terra fai milagres.
Non andes con soberbia enriba da terra, porque has de ir para debaixo dela.
Non é boa a terra que sempre hai que loitar co ela.
Non hai terra mala cando lle vén a súa anada.
Non hai terra tan brava que non amoleza ca aixada.
Non hai terra tan brava que resista o arado, nin home tan manso que queira ser mandado.
O cultivar ben a terra goces tranquilos encerra.
O que come fabas sen lavar, come terra sen pensar.
O que moito vale, de debaixo da terra sae.
O que non ten vergonza, toda a terra é país.
O que se fai dous metros baixo da terra, sábese dous riba dela.
O que traballa a súa terra, nunca terá moita perda.
O uso novo enterra o vello.
O vello mente ben na súa terra; o mozo na allea mente que rabea.
Ou nós da terra ou a terra de nós.
Ouvir, ver e calar, pola terra e polo mar.
Para o que non ten vergonza, toda a terra é súa.
Para plantas, terra ben tida; compárase á mesa ben servida.
Pola terra e polo mar, obrar e calar.
Pouca terra ben abonada vale moita mal traballada.
Pouca terra ben abonada vale pola moita traballada.
que non ten vergonza, toda a terra é del.
Quen mal cultiva a terra, ao seu país fai a guerra.
Quen nada ten e nada desexa, é o máis rico da terra.
Quen ruín é na súa terra, ruín é fóra de ela.
Quen ten terra, ten sol.
Quita dos terreos pantanosos animais que non han de ser frouxos.
Refrán da terra e do ceo: inferno e avaricia nunca é cheo.
Renega da terra que tes que loitar con ela.
Se queres pan, vaino buscar á terra do meu can.
Se queres que bo froito dea, deixa descansa-la terra.
Sendo a terra ben tratada, dá máis colleita colmada.
Tarde ou cedo, todos debaixo da terra estaremos.
Terra areeira, tendencia a putas.
Terra boa, terra mala, cada unha dá a súa anada.
Terra como a do Ribeiro non a hai no mundo enteiro.
Terra de cardo, para min a gardo; terra de espiño, para meu veciño; terra de muruxa, que non fuxa.
Terra de seixo, pa min a deixo.
Terra folgada sempre gana.
Terra moi labradeira para quen a queira.
Terra que se ten por lixeira, labor quere verdadeira.
Terra sen abono acaba co seu dono.
Terras boas e castañeiras queren vides e maceiras.
Terreos arxilosos saneados darán sempre froitos delicados.
Toda a terra é unha.
Traballa fondo canto queiras, a non ser en terras lixeiras.
Uns por terra e outros por mar, o mundo anda a trasfegar.
Usos novos en terras vellas.
Vale máis mal cheo ca polo terreo.
Vale máis o mal da miña terra que o mal da allea.
Vivamos todos, que a vida e a terra para iso é de todos.
A viña ao pé do camiño ten mal veciño.
A viña de bo amo pódase en marzo.
A viña do ruín pódase en abril.
A viña gárdaa o medo máis ben que o viñateiro.
A viña i-o poldro que o críen outros.
A viña onde haxa xeada; a terra, onde haxa auga.
A viña vella quer amo novo.
A viña, o que non-a ten, non-a vendima.
Cáveme quen queira, pódeme quen saiba, bímeme calquera; cóideme o meu amo.
Cepa fina ben tratada, coa grande é saneada.
O que ten cepas, fai achas ou estelas.
Coida ben a viña e terás vendima.
Coida ben a viña, si queres que despois che dea unha boa parviña
De todo hai na viña do Señor.
Despois de morto, nin viña nin horto.
En viña vendimada calquera pode vendimar.
Máis garda a viña o medo que o viñateiro.
Na viña de outro ninguén pode ir escoller.
Nin arca sen chave nin viña sen quen a garde.
Nin viña ao pé do camiño nin casa á beira do río.
O medo garda a viña a Pedro.
O medo garda a viña e non quen a vendima.
O medo garda a viña, i-o farelo, a fariña.
O medo garda a viña, i-o zorro, a galiña.
O medo garda a viña, i-os paxaros, a nabiña.
O que en ruín lugar fai a viña, ao lombo saca a vendima.
O que non traballa a súa viña, non vendima.
O vello planta a viña e o vello a vendima.
Para a viña, pasada de galiña; para a casa, pasada da braza.
Para viña vella, amo novo.
Poda a viña en marzo para cavala en maio.
Se non me estercades, non me levedes os meus viñedos.
Ten ben disposta a bodeguiña e canto se refira á viña.
Teña en cubas e caudal, e quen queira, viñas e lagar.
Vide de oidium ameazada, tela logo ben axofrada.
Viña e nena, pereiral e fabal, malos son de gardar.
Viña en xuño sulfatada pódese contar salvada.
Viña entre viñas e casa entre veciñas.
Viña que non se poda amodo, dará poucos e ruíns acios.