árbore

substantivo femininoCalquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.

A árbore mala e torcida, outra no sitio.

A árbore que nace torta, torta vive e torta morre.

Árbore de molo, no mes de outono.

Árbore que nace torta é mala de endereitar.

Árbore vella transplantada non é nacida.

Árbores vellas non prenden.

Arrímate a boa árbore e darache boa sombra.

Cada árbore dá seu froito.

Como muller sen vergonza, así a árbore sen codia.

Da árbore caído sempre leña se fai.

Da árbore caído todos fan leña.

Da árbore tombado, todos fan leña.

Da árbore caído todo o mundo corta rama.

De ruín árbore, ruín froito.

De ruín árbore, sombra ruín.

Dúas árbores secas nunca florecen nin reverdecen.

Non hai sábado sen sol nin María sen amor nin árbore que non bote flor.

Non poñas árbores nin amanses poldros, nin chufe-la muller pouco nin moito.

O que a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre.

O que a boa árbore se arrima, boa sombra o acubilla.

O que a boa árbore se arrima, non hai raio que o parta.

Para o arboredo é boa sorte que veña por outubro frío forte.

Quen a boa árbore se arrima, boa sombra lle acubilla.

Quen queira deixar despois de si quen o lembre, que plante unha árbore, que escriba un libro ou teña un fillo.

Renego da árbore que dá o froito a paus.

Se a árbore non sae dereita, non trates de endereitala.

Unha árbore córtase nunha hora e non se cría en vinte anos.

carballo

substantivo masculinoÁrbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo.

Carballo, salgueiro e maceiras aseguran as marxes lixeiras.

Da cota o carballo para forrar o tallo.

De pau de carballo fanse santos.

Debaixo do carballo nunca hai orballo.

O carballo nunca deu máis que bugallas.

O carballo que está só, tódolos ventos van dar contra el.

Os carballos nas devesas nacen con grandes dimensións, uns para santos i-outros para ladróns.

Pequeno machado derruba gran carballo.

Quéntate co traballo e non co lume de carballo.

Un solo golpe non tira o carballo.

carballeira

substantivo feminino Lugar poboado de carballos.

Cando a carballeira canta, gusta ben a manta.

Cando a carballeira soa, sabe ben a boroa.

Cando a carballeira zoa, gusta ben a boroa.

Cando a carballeira zoa, sabe ben a boroa.

Na carballeira da devesa mentres un asexa o outro pesca.

Se zoa a carballeira, non saias da lareira.

Xunto á auga pon carballeiras e verás que logo medras.

castiñeiro

substantivo masculinoÁrbore grande da familia das fagáceas, de copa ancha, folla caduca, flores brancas e madeira moi apreciada, que ten como froito ourizos que conteñen as castañas.

A madeira de castiñeiro, nin fende nin fai regaño.

O castiñeiro de vello acicalarás e outros cen anos castiñeiro terás.

O castiñeiro na man, o burato e o carballo no carro.

maceira

substantivo feminino Árbore de folla caduca da familia das rosáceas, propia de climas temperados, xeralmente co tronco retorto, pólas grosas, copa irregular, follas ovadas con peluxe no envés e flores de cor branca tirando a rosa, que dá como froito a mazá e da que existen moitas variedades.

Maceiras na horta, rapaces á porta.

pino

substantivo feminino Árbore de folla caduca da familia das rosáceas, propia de climas temperados, xeralmente co tronco retorto, pólas grosas, copa irregular, follas ovadas con peluxe no envés e flores de cor branca tirando a rosa, que dá como froito a mazá e da que existen moitas variedades.

A casca garda o pino.

Canto máis alto é o pino, máis lle dá o vento.

Os pinos i-os nabos queren ver ir á casa a seu amo.

salgueiro

substantivo masculinoÁrbore da familia das salicáceas, de folla caduca, propia de lugares húmidos, da que existen numerosas especies, case todas de ramas longas e flexibles e de follas lanceoladas e tomentosas.

O salgueiro abrochou, a primavera entrou.

toxo

substantivo masculinoArbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia.

Cando o toxo se dá na lareira, é bo ano de pexegueira.

Des que os toxos fan orellas, non se buscan as ovellas.

O toxo, de seu se aguza.

O toxo non sal de toxo por floreado que estea.

Todo é toxo, e por rozar.

Toxo verde e xente nova, todo é fume.