ave


substantivo femininoAnimal vertebrado ovíparo de respiración pulmonar, mandíbulas recubertas dun peteiro córneo, membros anteriores adaptados ao voo, posteriores adaptados á marcha e corpo recuberto de plumas.

Ave á montaña, vella á cama.

Ave á ribeira, vella á eira.

Ave de mar na terra, ou chove ou neva.

Ave de pico non fai a seu amo rico.

Ave de pico non fai a seu dono rico.

Ave de pico non fai o seu dono rico, i-o que o di é un gran burrico.

Ave de pico non pon o amo rico.

Ave de pico, a ninguén pon rico.

Ave de pluma, non deixes ningunha.

Ave de xaneiro, hasta a pluma dá diñeiro.

Ave por ave, o cocho se voase.

Ave por ave, o carneiro se voase.

Ave que se muda, en cada sitio deixa unha pluma.

Ave que vai de paso, fungueirazo.

Ave soa, nin canta nin chora.

A mellor das aves, o porco se voara.

Dúas aves raspiñeiras fan malas compañeiras.

Catro aves escollidas son as que pasan os mar: o cuco e a andoriña, a rula e o paspallás.

Das aves, a perdiz, e mellor o paspallás; e se o porco voara, quen lle ganara.

Das aves de plumas non deprecies ningunha.

Dúas aves raspiñeiras fan malas compañeiras.

Malia a ave que no seu niño non cabe.

Segundo é a ave é o cantar.

galiña


substantivo femininoAve doméstica da familia dos fasiánidos, femia do galo, con crista pequena e vermella e peteiro curto, que se cría para aproveitar os seus ovos e a súa carne para a alimentación.

A galiña da miña veciña pon sempre máis ovos que a miña.

A galiña de Monzón polo bico pon.

A galiña de xaneiro pon un centeeiro.

A galiña dormente cántalle ao raposo no dente.

A galiña enriba do ovo e o cutre enriba do ouro.

A galiña mentres non pon é pola.

A galiña na capoeira pon os ovos para quen os queira.

A galiña na casa rica sempre pica.

A galiña non pon do galo senón do papo.

A galiña pare cantando e a muller chorando.

A galiña polo bico pon.

A galiña pon un ovo encima doutro.

A galiña poñedora non ten prezo na feira.

A galiña que canta como o galo é mala astucia na casa.

A galiña que máis canta non é a que máis pon.

A galiña que non poña, mal será que non veña o día en que morra.

A galiña vella fai o bo caldo.

A galiña, ben galeada; e a moza, ben aloumiñada.

A galiña, canto fai co pico, desfaino coas patas.

A galiña, do mes de xaneiro.

A galiña, se non pon, non lle enche ao seu dono o bolso.

Alí ten a galiña os ollos, onde ten os seus ovos.

As galiñas así poñen como comen.

As galiñas de san Xosé todas son do mesmo raso.

Cada galiña escaravella pra si e non para a súa veciña.

Cando a galiña canta como o galo, a morte está no tellado.

Cando a galiña canta, ou ovo deixa ou raposo espanta.

Cando a galiña canta, sinal de que hai ovo

Cando a galiña pica o galo, maliño malo.

Cando a galiña pica o galo, sinal de bo ano.

Cando as galiñas se catan, sinal de auga.

Cando canta a galiña, prepara a tixola i-acende a cociña.

Cando chove e sarabia, a galiña cacarexa.

Cando se catan as galiñas, auga nas cortiñas.

Cando ten máis plumas a galiña é cando ten o galo enriba.

De novo, galiña; e de vello, sardiña.

Deixa de cacarexar, e pon o ovo!

Din as galiñas: "Haxa non haxa, mídase".

En casa de Gonzalo, máis pode a galiña que o galo.

Enriba dun ovo pon unha galiña un cento

Entre santa Mariña e Nosa Señora anda a galiña moi cantadora

Folgade, galiñas, que o galo está nas vendimas.

Folgade galiñas que o gato morreu.

Galiña buscadora é a máis poñedora.

Galiña choca ovos non pon.

Galiña de xaneiro pon no colmeiro.

Galiña gorda e por pouco diñeiro, non pode ser compañeiro.

Galiña que cacarexa, algo venta ou ovo deixa

Galiña que cae do poleiro, morte na porta

Galiña que canta como capón, na túa casa; na miña, non.

Galiña que canta quere capón

Galiña que na casa fica, sempre pica.

Galiña que non pon, comela é o mellor.

Galiña que non pon, comela ou, mellor, vendela.

Galiña que non pon, levala á feira.

Galiña que non quer galo, pon o ovo sen galealo.

Galiña vella fai bo caldo.

Galiña, galo e capón, febreiro se dispón.

Galiña, pavo e cebón, por febreiro se dispón.

Galiñas das pernas verdes, nin as troques nin as vendas.

Non é galiña boa a que come na casa e pon o ovo fóra.

Non é moito que a quen che dá a galiña enteira, lle deas unha pata dela.

Non pon a galiña polo galo senón polo papo.

Non pon a galiña, que pon a fariña.

O que boa sorte ten, na galiña a ha de ver.

Oito galiñas e un galo comen a cebada dun cabalo.

Polo ou galiña, con auga da viña.

Probe da casa en que canta a galiña e cala o galo.

Se tes moitas galiñas, véndeas en setembro e vólveas a comprar en Nadal.

Sete galiñas e un galo comen tanto como un cabalo.

Se soubera o que sabe a galiña no xaneiro, non quedaba unha no galiñeiro.

Sober dun ovo calquera galiña pon outro.

Sobre dun ovo pon unha galiña.

Sobre un ovo pon a galiña.

Tal galiña, tal ovo pon.

Tan contenta vai unha galiña cun polo, como outra con oito.

Vánselle á galiña os ollos alí onde pon os ovos.

Xaxúa como a galiña na casa, que pica e pasa.

galo


substantivo masculinoMacho da galiña, de plumaxe abundante de diversas cores, cabeza cunha crista carnosa vermella e cola longa.

Cada galo canta no seu galiñeiro i-o que é bo, no seu e no alleo.

Cada galo canta no seu galiñeiro.

Cada galo canta no seu poleiro.

Cada galo no seu galiñeiro e cada polo no seu poleiro.

Cando canta o galo é día.

Cando canta o galo, sinal que é día.

Cando o galo canta é porque ben ve día.

Cando o galo canta, sinal de alegría.

Cando o galo canta, sinal de que amañece.

Cando o galo pica a galiña, aínda, aínda...

Cando o galo pica a galiña, aínda, aínda...

Cando o galo pica á pita, aínda, aínda.

Canta o galo, son as doce.

Dous galos nun galiñeiro non cacarexan ben

En menos de que canta un galo eu non son tolo anque calo.

Escaravellou o galo e descubriu o coitelo para matalo.

Este galo non canta; algo ten na garganta.

Este galo non canta; non sei que ten na garganta.

Estrícate, galo, que a pelar te levan.

Galo de xaneiro val un carneiro.

Galo e criado, un ano

Galo monteiro é o primeiro que canta no poleiro.

Galo que non cacarexa, non se sabe por onde anda.

Galo que non canta, algo ten na garganta.

Galo que non canta, algo ten na gorxa.

Galo que non gala as súas galiñas, vai galar as das veciñas

Mal lle vai o galo cando lle pica o papo.

Metín o galo no poleiro, e fíxose meu fillo e meu herdeiro.

Non te levantes antes de cantar o galo.

O galo canta co día.

O galo e o esturión por maio teñen sazón.

O que non sirva para galo, que non cante.

O que non sirva para galo, que non deprenda a cantar.

O que só come o seu galo, só aparella o seu cabalo.

Onde falta o galo, canta a galiña.

Onde hai galo non canta galiña, a non ser que o galo teña a morriña.

Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña.

Onde hai galo, non canta galiña.

Onde hai galo, non manda galiña.

Todos se acordan de botarlle auga á galiña cando chove.

Unha hora dorme o galo e dúas o cabalo.

Xunta ao galo ca galiña nova para que o galo estea alerta.

pita


substantivo feminino Galiña nova.

A cada pita faille falta o que escaravella, i-á noite, a cena

A pita i-a vaca, pola boca se cata.

A pita i-a vaca, polo pico se catan.

As pitas de xaneiro poñen no colmeiro.

Cada pita ben come o que escaravella i-á noite hai que lle dar a cena.

Cando a pita cacarexa, algo sinte ou algo quer.

Cando a pita canta, sinal de bo tempo.

Cando a pita galea o galo, sinal de bo ano.

Cando a pita pica ao galo, malo, malo.

Cando a pita pica o galo, sinal de pitos pro ano.

Cando cacarexa a pita, algo sente na crista.

Cando o teu veciño mate o porco, ti mata unha pita.

Desplúmanse as pitas, auga segura.

Día de Ano Novo pon a pita un ovo; día de Reis xa ten seis; día de Cinza, conta outros trinta.

Por Ano Novo púxome a pita un ovo e día de Reis tiña seis.

Encima dun ovo pon unha pita.

Non hai pita que non teña algunha chocada.

Pita morta, galo é.

Pita que canta coma o galo e muller que asubía como varón, na miña casa non.

Pita que canta e muller que asubía, na miña casa non pía.

Pita que o raposo leva, vai ben comida.

Pita vella fai bo caldo.

Pitas xuntas, sinal de tempo trocado.

Polo Aninovo púxome a pita un ovo, e polos Reis xa tiña seis.

Por Ano Novo púxome a pita un ovo e día de Reis tiña seis.

Rifan os pitos no poleiro e as cuncas no cunqueiro.

Se a pita canta como o galo, perda lle sinte do seu amo.

Se a paisana aperta o puño, a pita aperta o cu.

Vai mirar como mexan as pitas.

Viva a pita coa pebida a súa vida.

Viva a pita, e viva coa súa pebida.

pola-o


substantivo Galiña nova. Cría dunha ave, en particular a da galiña. Galo novo, que serve xa para a alimentación.

A polas nos restrollos debe andar entre monllos.

Dálle graos á pola que ela porá.

Nin polo nin capón perden endexamais sazón.

Non todos polos coñecen as fabas.

O polo de xaneiro, no san Xoán xa está comedeiro.

O polo i-o capón sempre están en sazón.

O polo, cada ano; e o parrulo, cada tres ou catro.

Os polos e ovos en febreiro deben abondar no galiñeiro.

Polo de xaneiro, cada pluma dá diñeiro.

Polo nun curral alleo, nin sabe onde come nin dá co poleiro.

pito

substantivo masculinoCría das aves, en especial a da galiña.

A confesión de tambor, absolución de pito.

En todas as niñadas hai un pito coxo.

Eu son o pito Cairo, que naceu no mes de xaneiro; se o raposo non me come, hei de cantar no poleiro.

Non hai larada sen pito coxo.

Non perdas tempo en dar auga aos pitos cando chove.

O dito, se non é agudo, non vale un pito.

O pito de xaneiro en san Xoán é comedeiro.

O pito de xaneiro vai con súa nai ao poleiro.

Os pitos de xaneiro pouquiños van ao poleiro.

Os pitos de xaneiro suben poucos ao poleiro.

Os pitos que nacen en xaneiro logo han de poñer no poleiro.

Os pitos de xaneiro enchen o capoeiro.

Os pitos van ca nai ao cubeiro

Pitos de xaneiro, tarde e mal van ao poleiro, e o que vai, pon detrás do madeiro.

Pito que se mollou, conta que xa acabou.

Pito serodio, tarde ou nunca fai capón.

Pitos e fillos nunca son moitos.

Pitos i-estudantes nacen moitos pero ao poleiro chegan poucos.

Pitos i-estudantes nacen moitos pero ao poleiro suben poucos.

Un pito de xaneiro vale un carneiro.

pata/o (parrulo)


substantivoAve da familia dos anátidos da que existen diversas especies, mariña ou de auga doce, nadadora ou mergulladora, que se somerxe total ou parcialmente para conseguir o alimento, que presenta cores moi variadas que adoitan ser máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.

Cada pato enche o seu papo.

O parrulo e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, mellor.

O pato ha de estar mantido pola man do escaso.