As almas discretas son como as violetas.
Ánimas, un carto; para viño, catro.
Vaia polas ánimas!
As brétemas da Ascensión levan o centeo e deixan o relón.
Hasta Ascensión non quites o roupón e despois, quita e pon.
Na semana da Ascensión, tres días carne e tres días non.
O día da Ascensión saca o terrón.
O que dorme día da Ascensión, todo o ano é un durmiñón.
Pola Ascensión queima o terrón.
Polo día da Ascensión, que prenda que non, quítame o terrón.
Tres cousas sen sazón despois da Ascensión: chourizos, castañas e predicación.
Cal é a campá tal é a badalada.
Campá cascada nunca é san.
Onde hai campás hai badanas.
Non entra na misa a campá e a todos chama.
Toca a campá e non polo que morre.
Toca a campá, hai que ir manducar.
O que toca e non sabe a corda que ha de tirar, non se meta a campaneiro, se non sabe repenicar.
As Candeas, que ría que cante, hai inverno pra atrás e pra diante.
Cando a Candeloria chora, inverno fóra.
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; cando ela ri, está por vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.
Chovendo pola Candeloria, a fortuna non será contraria.
Días das Candelas, que chores que deixes de chorar, metade do inverno está por pasar.
Na Candeloria, se chove, inverno fóra; se ri, está por vir.
Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e si chove ou fai vento, metade fóra e metade dentro.
Pola Candeloria, metade dentro e metade fóra.
Pola Candeloria, metade do inverno vai fóra; se chove ou venta, inda entra.
Pola Candeloria, que chores que deixes de chorar, a metade do inverno está sen pasar.
Pola Candeloria cásanse os paxariños e mais a galiñola.
Por Candeas castra as abellas.
Pro día de Candeloria, que chores nin que deixes de chorar, metade do inverno está sen pasar.
Se a Candeloria chora metade do inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.
Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
Se a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra.
Se a Candeloria vén mal, o inverno está caroal.
Carnaval na praza, Pascua na casa; Carnaval na casa, Pascua na praza.
Carnaval solleiro, Pascua no lareiro.
Carnaval traidor, o que se fía en ti, váiselle o dolor.
Ditos de Semana Santa e feitos de Carnaval.
Non hai festa que tanto desengrase como o Carnaval.
O martes de carnaval, os potes ao lume e as tixolas ruxirán.
Polo Carnaval anda o touciño a real.
Se a noite de Carnaval está clara, anda, boi, ara.
O cárcere e a coresma para os probes se fixeron.
O que deixan a Coresma i-as feiras de san Lucas, dígao a inclusa.
Bota ao Corpiño, que inda que o demo non teñas, faiche santiño.
A cruz no peito e o demo nos feitos.
Cando partas a uz, fai a sinal da cruz.
Cruz e luz, diante.
Hai cruces i-hai cruceiros.
Luz e cruz, diante.
Non hai gloria sen cruz.
Tras da cruz está o demo.
A Cristo prenderon no campo porque se estivo quieto.
Ao burro de Cristo nunca lle faltou cebada.
Cristo ganado, Cristo papado e Cristo non chega a medio ducado.
Cristo ganado, Cristo pelado.
Dixo o san Beato Ávila que o Cristo tratar ben hai, que é fillo de moi bo pai.
O que da Sangre de Cristo non bebe, non pode ter o seu corazón alegre.
Para os de Cristo sempre houbo cebada.
A cabra para o alto, a pedra para o baixo i-a muller para a romaría, o demo as guía.
A capa tapa o diaño, pero o rabo sae fóra.
A demo, demo e medio.
A facenda do crego dálla Deus e lévalla o demo.
A miseria, o diaño a tronce.
A porta pechada o demo a garda.
A quen co demo anda, o boi se lle manca.
A verdade é filla de Deus e afillada do demo.
A xente ociosa tenta o demo.
Alá vai o demo revolto despois do sol posto.
Algunha vez di o demo a verdade.
Ao demo e á muller nunca lles falta que facer.
Aparéceselle o demo a quen non sabe pintar.
As cousas con mala intención non valen para Dios nin pró demo.
Ás veces o demo é tendeiro.
Ás veces o demo é un porco e revístese de mil maneiras.
Ás veces o demo fai culleres.
Ben sabe o demo a quen atenta e a besta a quen leva.
Ben sabe o demo a quen procura e a besta a quen leva.
Ben sabe o demo o farrapo que racha.
Ben se ri o diaño cando o famento dá ó farto.
Cando o demo durme, súa nai descansa.
Cando o demo non ten que facer, co rabo se torna as moscas.
Cando o demo non ten que facer, en algo se ha de entreter.
Cando o demo non ten que facer, sácalle os ollos a súa nai.
Cando o demo reza, enganarte quer.
Cando o demo veña á túa porta, non lla peches, entórnalla.
Cando os demos son moitos i-a auga bendita pouca, non se fai labor.
Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado.
Cando vai torta o demo a endereita.
Cando vai torta, o demo a guía.
Cando vai torta, o demo que a endereite.
Cara abaixo todos demos axudan.
Compañía de tres fíxoa o demo.
Da maza á rebola veña o demo e escolla.
Dá o demo contra a pedra e non sempre creba.
Da rapa á rebola veña o demo e escolla.
Dade ao demo a chave que tódalas portas abre.
Dade ao demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo.
Dar mal pago; así fai o demo a quen-o sirve.
De perder, que perda o demo.
Demos con fortuna e santos sen ningunha.
Demos non son santos.
Demos mercar e demos vender, pouco negocio pode ser.
Detrás da cruz está o demo.
Do mellor faga o demo un tambor.
Do que alleo é, o que o demo quixer.
Dos que rezan de présa o demo fai risa.
Entre a milla i-a rebola veña o demo i-escolla.
Entre o lume e a estopa vén o demo e sopra.
Entre o mazo i-a rebola veña o demo e escolla.
Fágase o milagre e fágao o demo.
Fai unha o demo para que lle crean un cento.
Grande é o demo e ninguén o quere.
Grande é o demo e non hai quen o queira.
Hai moitos demos de un mesmo cor.
Indo por un camiño encontrei o demo o meu ladiño.
Invitaron o demo a unha merenda i dixéronlle que era de pequenos e rapaces e dixo que nun aceptaba porque sabían máis que el.
Máis sabe o demo por vello que por sabio.
Moito santo, santo, santo, i-o demo no corpo.
Na fariña do demo, todo se volve salvado.
Non é o demo tan feo como o pinta o medo.
Non ha de estar sempre o demo detrás da porta.
Non sempre ha de estar o demo tras da porta.
Nunca o diaño fixo empanada que non quixera a mellor tallada.
O demo anda por todas as cabezas.
O demo as fai e o demo as colle.
O demo as fai e o demo as xunta.
O demo as fai e o pecado as descobre.
O demo as tapa e o demo as destapa con tamboril e gaita.
O demo ben sabe a quen atenta.
O demo cheo de carne meteuse a frade.
O demo coxo inda ás veces corre máis que outro.
O demo é gaiteiro e toca o pandeiro.
O demo é unha vaca e non hai quen a muxa.
O demo é vello i-o tempo é sabio.
O demo ensina a pecar pero non a rezar.
O demo ensina a romper máis non a compoñer.
O demo fainas e Deus descúbreas
O demo non desfai cruces.
O demo non dorme.
O demo non é santo.
O demo non fai empanada que de ela non coma.
O demo nunca dorme.
O demo os carga.
O demo os seus quere.
O demo que as fai, descóbreas.
O demo que as fai, sempre deixa o rabo fóra.
O demo sabe máis por vello ca por demo.
O demo sempre deixa o rabo fóra.
O demo sempre está facendo mazarocos.
O demo ten calzóns de maragato.
O demo ten cara de coello.
O demo ten dúas capas: con unha tapa e con outra destapa.
O demo tira da manta e todo o destapa.
O demo traballa cando quer ganar.
O demo xa sabe a quen xuntou.
O demo, cando non ten que facer, co rabo espanta as moscas.
O demo, cando non ten que facer, co rabo torna das moscas.
O demo, farto de carne, meteuse frade.
O demo, nas que fai, sempre deixa o rabo fóra.
O demo, pa facelas, cubre unha manta, e pa descubrilas toca unha frauta.
O demo, para facelos, tapa con unha manta, e para descubrilos toca unha gaita.
O froito do demo florece e non graña.
O lume onde a estopa o demo lle sopra.
O paxaro no pallar, os niños nas árbores, e o demo tentando os que lle parecen suaves.
O que anda co demo, Dios non-o pode axudar.
O que co demo cava a viña, o demo lla vendima.
O que escolle, o demo o tolle.
O que ha levar o demo, ponllo á porta.
O que fai raña, o demo o caña.
O que me engana unha vez, que o leve o demo; se me engana dúas, que nos leve os dous; se me engana tres, que me leve a min só.
O que ofrece e non dá, ándalle o demo ca soá.
O que non ten sorte, o demo lle caga no camiño.
O que promete e non dá, o demo fai alegrar.
O rosario na man i-o demo no corpo.
O ter moito non é bo, que moito ten o demo e non hai quen o queira.
Onde non pode mete-la cabeza o diaño, mete o rabo.
Onde non pode mete-la cabeza o diaño, mete o rabo.
Onde o demo non mete a cabeza, mete o rabo.
Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servir, senón os que serven a entrambos.
Pasa tu, que non pasaches, e lévete o demo que aínda tardaches.
Pedra para baixo e muller para romaría, o demo a guía.
Por fondo que o demo cave, todo se lle sabe.
Que diaño fixeches e de onde saíches que á túa nai non viches e pai non tiveches?
Quen co demo anda, co demo acaba.
Quen co demo anda, o boi se lle desmanga.
Quen co demo cava a viña, co demo a vendima.
Quen moito escolle, o demo llo tolle.
Quen perdeu e non achou, co demo andou.
Quen perdeu e non encontrou, co demo andou.
Quen xoga co ferro, xoga co demo.
Rodas de muíños, bocas de machados, poutas de demos e uñas de condenados.
Se o demo nos ha de levar, que nos leve en coche.
Se o fogo está onde a estopa, vén o demo e sopra.
Se o pano de mesa chega a mantel, nin o demo pode con el.
Senteime nun prado mollado; douche ao demo o mal sentado.
Tal é o demo como a súa nai.
Tanto leva o diaño o roubado como o ben ganado.
Tanto ben lle fixo o demo á súa nai, que lle comeu os ollos.
Tanto lle quer o demo aos fillos que lle arrinca os ollos.
Tanto lle quer o demo aos fillos que os quer ver asados e cocidos.
Tanto lle quere facer o diaño á súa mai que lle quita os ollos.
Tanto lle quere o demo aos fillos que lles quita os fociños.
Tanto o demo lle fai a súa nai, que hasta que lle quita os ollos, non para.
Todo o demo é demo.
Todo vai como o demo quer, mais non cal debía ser.
U demo éche moi listo; ten contigo sempre un Cristo.
Un demo a outro non lle achega os tizóns ao pelexo.
Un solo demo non fai inferno.
Una vella i un candil son dous demos nunha casa; a vella roña, roña i-o candil quéimalle a graxa.
Vai que o demo ten cara de coello.
Vaia o demo con todo!
Xente de zocos, tropa do demo.
A auga fíxoa Deus i-o viño os homes: respectemos a auga e bebamos o viño.
A boa herba gárdaa Deus.
A cada un o seu e a Deus o de todos.
A cada un o seu e a Deus o de todos.
A cada un o seu e Deus con todos.
A cada un o seu.
A dar non nos negamos pois Deus dá pra que deamos.
A Deus rogando e co arado arando,
A Deus rogando e co martelo dando.
A Deus rogando e co mazo dando.
A gracia de Deus chega para ti e para nós.
A limpeza dáa Deus de balde pra quen a queira usar
A limpeza dáa Deus de balde para quen a queira usar.
A limpeza dáa Deus de balde para quen a saiba usar.
A Maricamontón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
A non haber, Deus valer.
A non ter, Deus valer.
A quen cedo se ergue Deus lle dá axuda.
A quen Deus quer ben, a casa lle gusta i-o lar tamén; e a quen quer mal, nin a casa nin o lar.
A quen Deus quer ben, a sorte buscalo vén.
A quen Deus axuda, o vento lle apaña a leña.
A quen Deus axuda, o vento lle xunta a palla.
A quen Deus lla dea, san Pedro que lla bendiga.
A quen Deus quer ben, a sorte buscalo vén.
A quen Deus quer ben, cáelle a sopa no mel.
A quen Deus quer ben, o demo lle apaña a leña.
A quen Deus quer ben, o vento lle apaña a leña.
A quen Deus quer, a casa lle tella.
A quen Deus quer, todo lle medra.
A quen Deus quere axudar, ninguén o pode danar.
A quen madruga, Deus lle axuda.
A quen non se axuda, Deus non o axuda.
A quen se muda, Deus o axuda.
A torto ou dereito, axude Deus o noso consello.
A verdade é filla de Deus.
Ai, durmir, como me sabes! Queira Deus que non te me acabes!
Aínda Deus non é vello.
Airiño de Deus veña para que o que non ten, teña.
Alá me leve Deus a morar onde un ovo valla dous.
Alá me leve Deus onde nos atopemos todos nós.
Antes é Deus que os santos.
Ao malo e ao enfermo Deus lle dea saúde hasta que sande.
Ao non ter, Deus valer.
Aos bos lévaos Deus pra si e os malos quedamos aquí pra entendernos.
Ás veces dá Deus pan a quen non ten dentes para comelo.
Asegundo dá Deus a chaga, dá o remedio.
Axúdate que Deus che axudará.
Bo pan, mal pan, Deus día pan.
Bo, só Deus.
Cada un é como Deus o fixo.
Cada un é como Deus o fixo.
Cada un espirra como Deus lle axuda.
Cada un goberna a súa vida e Deus a de todos.
Cada un na súa casa e Deus na de todos.
Cada un para si e Deus para todos.
Cada un sabe as súas e Deus as de todos.
Cada un se entende e Deus ben nos comprende.
Cada un torna do seu e Deus do de todos.
Cada un ve as súas e Deus as de todos.
Cando Deus amañece, para todos estrelece.
Cando Deus dá a chaga dá o remedio pra curala.
Cando Deus dá, non é cocho.
Cando Deus dá, non é migalleiro.
Cando Deus non quer os santos non poden.
Cando Deus non quer, os santos non valen.
Cando Deus non quere, os santos non axudan.
Cando Deus quer, a todos os aires chove.
Cando Deus quer, con tódolos ventos chove.
Cando Deus quería, do norte chovía.
Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ó meu modo.
Cando o hóspede vén, Deus mantén: se o hóspede é bo e se non é bo, cal veña cal non.
Cando os santos falan, licencia de Deus teñen.
Chove e fai sol debaixo da capa de Deus.
Con Deus non hai chanzas.
Contra as mañas do pufista, Deus nos asista.
Dá Deus a cada un o frío como é a manta
Dá Deus fabas a quen non ten queixadas.
Dá Deus moas a quen non ten talladas.
Dá Deus mocos a quen non se sona.
Dá Deus o pan e apédrano as mans.
Dá Deus que roer ao que lle faltan moas e dentes.
Dá Deus que sonar a quen non ten pano.
Dá Deus sarna a quen non sabe rascala.
Dá Deus talladas a quen non ten dentame.
Dá Deus ventura a quen a procura.
Da ira do señor e da envexa dos pobos, Deus nos libre a todos.
Dálle Deus o pano a quen non ten narices.
Dálle Deus pan a quen non ten dentes.
Dálle Deus pan a quen non ten saco.
Dar por Deus a quen ten máis que nós é cousa de parvos ou de papóns.
De aquí alá, sabe Deus o que será!
De aquí alá, sabe Deus o que será.
De Deus han de estar as cousas, ti a min i-eu ás lousas.
De Deus abaixo cada un vive do seu traballo.
De Deus abaixo todo o mundo vive do seu traballo, sexa bo, sexa malo.
De Deus todo ben procede e ó que ama, todo lle concede.
De Deus vén o ben; e das abellas, o mel.
De Deus veña o remedio.
De hora en hora Deus a mellora.
De vaca que vai ás verzas e neno que pide contas, Deus nos libre.
Déanos Deus paciencia e morte sen penitencia.
Ben gardado está o que Deus garda.
Déanos Deus saúde; irémola andando.
Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
Despois de Deus, a ola.
Despois de Deus, o pote, a cazola e nós.
Despois de Deus, o pote.
Deus a quen lle quere ben, ben lle sabe da casa.
Deus amou a pobreza.
Deus aperta pero non afoga.
Deus aperta pero non aforca.
Deus as cría i-o demo as axunta.
Deus axuda ao que se axuda.
Deus ben sabe o que fai.
Deus ben sabe onde nos ten.
Deus cando dá, non é migalleiro.
Deus castiga e non da paus.
Deus castiga os que ben quer.
Deus castiga sen pau e sen pedra!
Deus castiga sen pau e sen pedra.
Deus che dea bens, se traballar queres.
Deus che dea o ben, e a casa en que o meter.
Deus che dea poder na vila e na túa casa fariña.
Deus che dea que teñas e casa en que o metas.
Deus che garde o que for do teu agrado, e o demais que o leve o diaño.
Deus che perdoe, se atopa por onde.
Deus comigo, eu con El; El primeiro, eu tras El.
Deus consente pero non para sempre.
Deus consinte hasta ao que minte.
Deus críaos e o demo os axunta
Deus dá a cada un o frío asegundo a manta.
Deus dá a manta asegundo o frío.
Deus dá o frío asegundo a roupa.
Deus dá o pan pero a quen non ten moas.
Deus dá para todos.
Deus dea a pereira e eu á beira.
Deus dea a quen desexa.
Deus dea con que rir, que para chorar hai abondo.
Deus dea o pan a quen o saiba comer.
Deus dea paciencia i-un saco para levala.
Deus dea pan a quen ten dentes i-ao que non os ten, papas quentes.
Deus dea que comer e con quen falar.
Deus dea saúde que fame non ha faltar.
Deus dea saúde que traballos non han faltar.
Deus dea sorte, que o que temos seguro é a morte.
Deus dea traballo a todos menos ao verdugo.
Deus dea traballo a todos menos ao verdugo.
Deus dea traballos a quen os queira.
Deus desaveña quen nos manteña.
Deus di: "axúdate que eu te axudarei".
Deus día mal xénero e boa venta.
Deus diante e o carro que cante
Deus dixo o que será pero non o que virá.
Deus dounos e eles xuntáronse.
Deus é bo pagador.
Deus é Deus.
Deus é grande i-o mundo pequeno.
Deus é grande.
Deus e o mundo non poden andar xuntos.
Deus é pai e tempo é tempo.
Deus é un pingón.
Deus e vidas compoñen vilas.
Deus faga o demais.
Deus fai a mercé, mais tamén algo quere.
Deus fai o que quere i-os homes o que poden.
Deus fai reis e os homes leis.
Deus fixo as bestas para descanso dos homes.
Deus i-o cuito poden moito.
Deus me ampare mesón que a dona me faga algo e o mesoneiro, non
Deus me dea apego ao traballo e o demais que o leve o diaño.
Deus me dea contenda con quen me entenda.
Deus me dea contenda con quen me entenda.
Deus me garde de aprendiz novo e de barbeiro vello.
Deus me garde de home mal barbado e de lobo esfameado.
Deus me libre de un forno vello arder.
Deus me queira gardar do que non nos sabemos librar.
Deus mellora as horas.
Deus molla os xustos i-os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
Deus no ceo e na terra o diñeiro.
Deus nola depare boa.
Deus non axuda a que non se axuda.
Deus non é vello pois nace tódolos anos.
Deus non necesita de ninguén.
Deus non oi a quen non pide.
Deus non se queda con nada de ninguén.
Deus non ten toucas, mais quita dunhas e pon noutras.
Deus nos amañeza con sete buratos na cabeza.
Deus nos dea con que riamos e non con que choremos.
Deus nos dea con que riamos, que para sufrir tempo ha de sobrarnos.
Deus nos dea con que, que as ganas de comer non han de faltar.
Deus nos dea humor, que desgustos non han faltar.
Deus nos dea ira que paciencia xa a temos.
Deus nos dea moito pan e mala colleita.
Deus nos dea paciencia e morte con penitencia.
Deus nos dea saúde para ir vivindo.
Deus nos día cousas arregaladas.
Deus nos día mar que rompa.
Deus nos día moito e nos contente con pouco.
Deus nos día viño mentres vivamos, e o ceo para cando morramos.
Deus nos garde o mellor, que é o xuízo.
Deus nos libre da boca do lobo
Deus nos libre das penas do inferno e das carreiras do Rexenxo
Deus nos libre do mal i-o ben que polo trono vén.
Deus nos libre e garde dos que non nos sabemos librar nin gardar.
Deus nos manteña e veña o que veña.
Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar.
Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
Deus nos teña da súa man.
Deus os cría e eles se aparellan.
Deus os dá e eles se xuntan.
Deus os dá e eles se xuntan.
Deus pague a caridade e aumente a devoción.
Deus perdoa ao que a súa culpa chora.
Deus perdoe aos defuntos e con saúde os enterremos.
Deus poña tento nas túas mans.
Deus púxome san e o médico levoume os cartos.
Deus que dá a chaga, dá a medicina para curala.
Deus que dá para a cea, dá para a candea.
Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
Deus quita un ben e dá outro.
Deus sempre é novo
Deus sexa loado, que temos o curral ben estrado.
Deus sobre todo, e sobre Deus, nada.
Deus tanto deu como ten para dar.
Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado.
Deus te garde de ladrón da casa e de tolo de fóra da casa
Deus te garde do can atado e do home arroutado.
Deus te libre de alcalde novo e de escribán vello.
Deus te libre de pragas con culpa, que te collen.
Deus te libre de pragas de un aflixido.
Deus te libre de un "xa foi".
Deus te libre do mozo cando lle apunta o bozo.
Deus todo o oe e todo o ve e dálle ao home o que convén.
Deus todo o sabe inda que todo o cale.
Deus vai dereito polo camiño torto.
Deus vos manteña e máis que veña.
Deus xa dá o frío asegundo é a manta.
Dicir que digan, que tamén de Deus dixeron.
Digan, que de Deus dixeron e despois inda o mataron.
Do nabo sae a nabiza, da nabiza sae o grelo, son tres persoas distintas i-un solo Deus verdadeiro.
Do que é parvo e non sabe, Deus teña piedade.
En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén.
En Deus espera pero, entrementres, arrenda as túas terras.
En todo mal, Deus axuda.
Estamos perdidos se Deus non nos vale.
Estírate, corpo, e alárgate, rabo; Deus che me dea mulleres de pouco coidado.
Fai máis o que Deus axuda có que moito madruga.
Fianza en Deus e botar a correr
Fianza en Deus, que é santo vello.
Fíate en Deus e non corras.
Fortuna che dea Deus, que o saber pouco che abonda.
Gana máis o que Deus lle axuda que o que moito madruga.
Gárdeme Deus de mozo rezador e de vello amador.
Gracias a Deus i-ás nosas labores as nosas barrigas parecen tambores.
Has de ver a Deus polo cu dunha agulla!
Hase facer o que Deus quixer.
Haxa paz duradeira, e sexa o que Deus queira.
Inda Deus non é vello.
Lareira por lareira, Deus me dea na miña ribeira.
Léveme Deus ao mesón onde a mesoneira mande e o mesoneiro non.
Líbreme Deus das miñas penas que eu me librarei das alleas.
Líbreme Deus de hora minguada e de xente que non teme nada.
Máis pode Deus que o demo
Máis vale o que Deus axuda que o que moito madruga.
Mal a quen dorme na misa, porque nunca Deus lle avisa.
Memento mei, Deus, quia ventus est, daca os cartos e toma os papeis.
Mentres Deus non é nacido nada é crecido.
Nin Deus fixo o que non quixo nin home cousa sen lixo.
Ninguén pinta o que Deus dita.
Ninguén ten máis creto có que Deus lle quere dar.
No tear déixemo Deus poñer, que inda que sexa o diaño hao tecer.
Non dea Deus tanto ben ós amigos, que nos descoñezan.
Non fire Deus con dúas mans.
Non hai mal onde Deus non acuda.
Non hai mal que Deus non remedie.
Non manda Deus dar a quen ten máis que nos.
Non será o que eu dixera senón o que Deus quixera.
Non vos apuredes, que Deus non apura.
O ben de Deus para todos chega.
O Deus do usureiro é o diñeiro.
O esquecido non vai por Deus nin polo diaño.
O home fai e Deus dispón.
O home pon e Deus dispón.
O home propón e Deus dispón.
O mellor amigo, Deus; i-o mellor parente, un peso; o mellor saber, salvarse; i-o mellor falar, calarse.
O moito teno Deus.
O que con Deus anda, con Deus medra.
O que con Deus anda, nada lle falta.
O que con Deus se deita, con Deus se ergue.
O que de Deus ha de gozar, ha de oír, ver e calar.
O que en Deus nunca pensou, é que non ten corazón.
O que está de Deus, ás mans ha vir.
O que está de Deus, endexamais falla.
O que está de Deus, non besa o demo.
O que está de Deus, non marra, aínda que se esconda nas nubes.
O que está de Deus, non o leva o demo.
O que non pide, Deus non-o oi.
O que se muda, Deus o axuda.
O que ten pan e touciño, Deus lle dea herba no liño.
Obrar ben, que Deus é Deus.
Para a ira de Deus non hai casa forte.
Para bo labrador só Deus.
Para Deus non hai imposibles.
Para o que non debe, Deus ou o diaño lle dá arte.
Para quen non quer, dá Deus moita vida.
Polo can deu Deus o pan.
Primeiro Deus e despois nós.
Primeiro é Deus e despois son os santos.
Primeiro é Deus que o demo.
Que Deus te socorra e a min non me desampare.
Quen ao trono non teme, a Deus ofende.
Quen aos lóstregos non teme, a Deus ofende.
Quen con Deus queira falar, o corazón ten que abrir e os beizos ten que pechar.
Quen erra e se emenda, a Deus se encomenda.
Quen erra e se emenda, en Deus terá facenda.
Quen sementa, en Deus espera.
Se a cousa está de Deus, o tempo traerá o boi ó rego.
Se Deus me pon onde hai, xa arranxarei o demais.
Se Deus non me quer, o demo me roga.
Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
Segredo de dous, sábeo Deus; segredo de tres, sábeo quen quer.
Segundo é a manta, así Deus manda o sol.
Sempre Deus foi dando remedio.
Sempre Deus pon o remedio onde a morte a enfermidade.
Sen defectos só Deus.
Sendo Deus con nós, nada contra nós.
Só Deus é labrador.
Tente nube, tente tu, que Deus manda máis que tu.
Todo se perde e non perdamos a gracia de Deus.
Tres cousas pediría, se Deus me has dese: a tea, o tear e a que tece.
Vai o pan no forno i-a gracia de Deus polo mundo todo: Deus o suba nos agros e o baixe nos mercados.
Vale máis o que Deus dá que o que o home pide.
Vale máis que Deus te axude ca un "axúdete Deus".
Vale máis quen Deus axuda que quen cedo madruga.
Vale máis quen Deus axuda que quen moito madruga.
Vállache Deus que a xeito te pos; cando querías tu, ben te poñías.
Ventura che dea Deus , que o saber pouco che abonda.
Vivir ben que Deus é Deus.
Vivir como Deus manda, e morrer como Deus queira.
Domingo de Ramos, o que non estrea fáltanlle as mans.
Eu mais ti, Ramos, pouco nos levamos.
Na semana de Ramos lava os teus panos; na de Paixón lavarás ou non.
Na semana de Ramos lava os teus panos, que na de Paixón os lavarás ou non.
Ramos mollado e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.
Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froita e de troitas.
A fe sin obras é fe morta.
O amor e a fe nas boas obras se ve.
A cera sobexa queima a igrexa.
Á igrexa hase ir de vontade, á guerra de necesidade e ao convite nin de necesidade nin de vontade.
A uso de igrexa catedral, tal serán os fillos cal foron os pais.
Ben vella é a igrexa e moitos van a vela para recrearse nela.
Cando é moita a cera, queima a igrexa.
Como quer que sexa, máis preto está a taberna que a igrexa.
Na igrexa, cantar; na casa, chorar.
Na igrexa, rezar; na praza, calar; na casa, falar hasta escachar.
Non sexa tanta a cera que arda a igrexa.
Non sexa tanta a cera que queime a igrexa.
Pedra de igrexa ouro gotexa.
Quen moito vai á igrexa, algunha ten feita.
Tella de igrexa ouro gotexa.
Cada preito leva almas ao inferno.
De boas intencións está o inferno cheo.
De boas vontades está o inferno cheo.
Está o inferno cheo de mal agradecidos.
Máis vale entrar pobre no ceo que rico no inferno.
O inferno está cheo de bos desexos e o ceo de boas obras.
O inferno está cheo de bos desexos.
O que promete e non dá, no inferno as pagará.
Quen non queira aprender e non saiba confesarse, no inferno ha de amolarse.
Vale máis ser vasallos no ceo que reis no inferno.
Á mañá, á misa; i-á tarde, á romaría.
A misa do galo, unha vez ao ano.
A misa i-o pemento non son de alimento.
A misa i-o pemento son de pouco alimento.
A misa i-o pensamento son de pouco alimento.
Á xente que non vai á misa, escápalle de presa.
Así que o crego di a misa, axúdalle á ama a tecer a camisa.
Cada un vai á misa onde ten devoción.
Despois de lavar, oír misa e almorzar; e, se corre presa, almorzar e deixar a misa.
Do que non reza nin vai á misa, o diaño fai ben a risa.
En oír misa e dar cebada non se perde xornada.
Funche vello e raro e nunca dixen misa en van.
Mentres o cura di a misa, o gaiteiro dorme no palleiro.
Misa nova, crego vello.
Nin oír dúas misas nin perder unha.
Non dura unha misa máis do que quer o crego.
Non dura unha misa máis que un crego.
Non vou á misa que non podo; chego á taberna pouquiño a pouco.
O que chega tarde, nin oe misa nin come carne.
O que non saiba as partes que ten a misa, a ninguén lle meta cobiza.
O que se ergue tarde, nin oe misa nin come carne. O rosario non priva a misa.
Para a misa e para a feira non esperes pola compañeira.
Para ir á misa fai falta ter camisa.
Para onde fostes, cristián, para onde fostes, para onde andaches que ás tres misas de Nadal non chegaches?
Por ir á misa entrei na taberna e quedeime nela.
Por oír misa e dar cebada nunca se perdeu xornada.
Quen á misa non queira ir, pouco che ha de subir.
Se a misa che é pesada, cando a digas será apurada.
Se queres chegar á misa, corre pouco e anda axiña.
Señor cura, a misa lixeira, que meu pai vai á eira.
Tocan á misa: Dios nos perdoe si non podemos ouvila.
Val máis ouvir unha misa en vida que moitas despois de morto.
Viaxando, nin misa nin miseria.
A oración da burra nunca chega ao ceo.
A toque de oración, levanta, peón.
Por non ver visións, déitome moitas veces ás oracións.
Toca a oración, levanta, peón.
Altas ou baixas, en abril sans Pascuas.
Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro.
Altas ou baixas, en abril son as Pascuas. Ana, Rabana, Rebeca, Susana, Lázaro, Ramos e en Pascuas estamos.
A Pascua onde quixeres e o Entroido onda as mulleres.
As Pascuas con quen quixeres e os Entroidos cas túas mulleres. As Pascuas onde quixeres e o Entroido entre mulleres.
Des que vén a Pascua de Resurrección, tres cousas hai que non teñen sazón: os nabos, o rosario i-a predicación.
De Pascuas arriba, cena con sol e cama con día.
En Pascua de Resurrección arrímate ó tizón.
O Entroido cas túas mulleres; a Pascua con quen quixeres.
O traballo de Pascua arde como ascua.
Pascuas, con quen quixeres; entroidos, coas túas mulleres.
Pascua marzal, ou para moito ben ou para moito mal.
Pascuas marzais, fames ou mortaldades.
Pascuas molladas, anadas dobradas.
Pascuas molladas, moitas dobradas.
Pascuas molladas, moitas sobradas; Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascuas molladas, que veñan dobradas.
Pascua de Resurrección chuviosa, anuncio de anada proveitosa.
Pascuas e Reis con quen tu quixeres pero nos Carnavais cas túas mulleres.
Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas; Pascuas molladas, moitas sobradas.
Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascuas marzais, fames e mortaldades.
Pascuas marcianas, famentas e mortais.
Pascuas molladas, anadas dobradas.
Pascuas molladas, ano de fornadas; Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascuas molladas, boas anadas.
Pascuas molladas, moitas obradas; Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascuas molladas, moitas sobradas.
Pascuas molladas, moitas dobradas; Pascuas enxoitas, nin moitas nin poucas.
Pascuas molladas, poucas e malas; Pascuas enxoitas, moitas e boas.
Pola Pascua, ovos na ascua.
Pola Pascua, trompos á ascua.
Pola Pascua, trompos á ascua; por san Ramón, trompos ó queixón; e por san Martiño, trompos ó camiño.
Pola Pascua, trompos á ascua.
Por Pascua de Resurrección tres cousas non teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.
Por Pascuas, trompos ás ascuas.
Que altas que baixas, en abril son as Pascuas.
Sábado longo, cacaracá, a Pascua éche mañá.
Sábado longo, vaite rexindo, que día de Pascua éche o domingo.
Tal teñas a Pascua, cal teñas a casa.
A gran pecado gran misericordia.
A lei nace do pecado e a lei quere castigalo.
A pecado novo penitencia vella.
A pecados vellos penitencia nova.
Ao malpocado todo se lle conta a pecado.
Co pecado vai a penitencia.
Do pecado de ignorancia o inferno saca ganancia.
Entrei salvo de culpa e pena; se pecado tes, pecado che queda.
Eu te absolvo de culpa e pena: se pecado tes, pecado che queda.
Hai pecados que levan consigo a penitencia.
No pecado está a penitencia.
Non debe tirar pedras ó tellado o que non está limpo de pecado.
Non fagas mal que é pecado mortal, nin fagas ben que é pecado tamén.
O demo as fai e o pecado as descobre.
O mundo i-o pecado non dan bo bocado.
O pecado vai na penitencia.
O que peca e fai pecar a outro, ten que cumprir dúas penitencias.
Onde non hai malicia non hai pecado.
Pecado calado é medio perdoado.
Pecado ocultado é medio perdoado.
Pecado vello, penitencia nova.
Quen quita a ocasión quita o pecado.
Roubar a quen ten non é pecado.
Roubar para comer non é pecado.
Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos.
Ten o pecado da vella: tanto lle dá polo que vai como polo que vén.
Ben predica o que ben vive.
O predicador sementa e o confesor recolle.
Predica, meu cura; predica, meu frade; por un oído me entra e por outro me sae.
Predícame, cura, predícame, frade: por un oído me entra e por outro me sae.
Quen predica en deserto, perde o sermón, e quen lava a cabeza ao burro, perde o xabón.
Unha cousa é predicar i-outra dar cebada.
Ano de procesión, ano de beizóns.
Non pode un repenicar e andar na procesión.
Non se pode repicar cando non hai procesión.
Non se pode repicar e andar na procesión.
Non se pode repicar e ir na procesión.
A sepultura, por vella que sexa, se lle cantan un responso, ben se recrea.
Inda na sepultura, por vella que sexa, si lle din un responso, ben se ela recrea.
Tanto vale o responso cantado como o rezado.
O que reza o rosario non é o mellor cristián.
O rosario na man, lévano moitos polo que dirán.
O rosario ao pescozo i-o demo metido no corpo.
A cera xunto ao santo do devoto enxúgao pronto.
Á conta do santo faise a festa.
Á conta do santo vive o ermitán e faise a festa.
A pequeno santo pequeno rezado.
A porta aberta ao santo atenta.
A santo pequeno vixilia grande.
Abaixo tódolos santos axudan.
Algo teñen os santos cando os bendicen.
Aos santos, padrenuestros; ás virxes, salves; aos Cristos, credos; i-os cartos, quedos.
Ben parvo é o santeiro que se deita sen cear, tendo o santo diñeiro.
Cada santeiro pide para o seu santo.
Cada santo quer a súa candea.
Cada santo ten o seu día.
Cada santo ten o seu nome.
Cada santón mantén a seu ladrón.
Cando non o dan os campos, non o fan os santos
Cara abaixo todos os santos axudan.
Cos teus días santos e coas túas festas, véseche o cu polo medio das xestas.
Costa abaixo tódolos santos axudan.
De pai santo, fillo diaño.
Dó demo o santo que non mantén ao seu ermitán.
Dun gran viño, un gran vinagre, e dun gran santo, un gran diaño.
Entre santa e santo, parede de cal e canto.
Entre santa e santo, un carro de canto.
Fágase o milagre e fágao o demo.
Gardadora das festas e dos días santos, váiselle vendo o cu polo medio das xestas.
Hai madeira que non sirve nin para santos nin para demos.
Hai que ofrecelo ó santo Bode que quere falar e non pode.
Moito santo, santo, santo, e o demo no corpo.
Ningún santo na súa terra fai milagres.
Non hai santo sen oitava.
Non hai santo sen san nin María sen Xoán.
O que de santo esvara, o demo o para.
O santo que non está presente, vela non se lle acende.
O santo que non mantén o santuario non é bo santo.
O santo que non mira por si, fóra de aquí.
Os santos non se fan á forza.
O santo que non súa, o demo que o limpe.
Para abaixo tódolos santos axudan.
Pola santa béixase a peaña.
Polo santo béixase a pedra.
Quen queira ser un santo, rece con moito pranto.
Quitarllo a un santo para darllo a outro santo, parece consello do diaño.
Rezar ao santo hasta pasar o tranco.
Rogarlle ao santo hasta saír do charco; e despois de saído, santo esquecido.
Santo de terra, santo de merda.
Santo que non fai milagres, cura que non ten agros.
Santo vello non fai milagres.
Santo que non súe, o demo o limpe.
Santo, santo, pero non tanto.
Santo, santo, santo, i-o demo no corpo.
Santos na praza e demos na casa.
Santos, ao ceo.
Se chegas a ser un santo, cubrirante cun bo manto.
Segundo é o santo, así son as cortinas.
Sexa santo que fose, ora pro nobis.
Tódolos santos teñen novena, e hainos que teñen festa.
O sermón e o salmón, na Coresma teñen sazón; despois, non.
Predicar en deserto, sermón perdido.
Renego do sermón que acaba en daca.
Ás virxes, salves; a os santos, credos, e os cartos, quedos.
Fíate na Virxe e non corras.