tempo

substantivo masculinoSucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos. - Período determinado dentro desta sucesión.

A bo tempo chegamos, se non nos dan lostregadas.

A cada tempo o seu tento.

Á curta ou á larga, o tempo todo o alcanza.

A este tempo outro lle aperta.

A mal tempo boa cara.

A novos tempos novos consellos.

Ao perigo con tempo, e ao remedio con tento.

Ao perigo con tento, e ao remedio con tempo.

Ao seu tempo maduran as uvas.

Ao seu tempo vén o que Deus quer.

Ao tempo das béveras todos se achegan.

Ao viño i-á xente nova, para ser bos, hai que esperarlles tempo.

A quen pode esperar, todo lle chega a tempo e vontade.

Cada cousa no seu lugar aforra tempo para a buscar.

Cada cousa no seu tempo e limpar cando fai vento.

Cada cousa no seu tempo e os nabos en Advento.

Cada cousa, no seu tempo.

Cada tempo ten os seus costumes.

Calquera tempo pasado é mellorado.

Cando fai o seu tempo, non é mal tempo.

Cando non fai o seu tempo, non é bo tempo.

Cando o tempo chegou, o xuízo pasou.

Cando veñen os males, todos os tempos son iguales.

Canto máis retesías, mas tempo perdes.

Canto máis tempo se gana, máis tempo se perde.

Co tempo aprenderás a saber o que é o tempo; o malo é que ás veces vén moi tarde o remedio.

Co tempo e palla madura a pera urraca.

Co tempo todo chega.

Co tempo todo morre.

Co tempo todo pasa.

Co tempo todo se acaba.

Co tempo todo se desfai.

Co tempo todo se esquece.

Co tempo todo se sabe.

Co tempo todo se vai.

Co tempo veñen os figos.

Colle o tempo conforme vén, se outra cousa non podes facer.

Como estamos nun tempo tan miserable, se eu non me gabo, non hai quen me gabe.

Corrente ao este, sinal de mal tempo.

Despois de tempos, tempos veñen.

É mellor chegar a tempo que ser convidado.

É tempo perdido gastar moita cera con ruín difunto.

En canto a sazón non vén, o tempo non pasa.

En tempo de guerra non hai carta en favor.

En tempo de guerra non se limpan as armas.

En tempo de inverno xa se abriga o sereno.

En tempo de vacación fágase o que o tempo dispón.

En tempo e lugar, hai que saber perder e ganar.

En tempo mollado vende a la e deixa o fiado.

En voltas e reviravoltas pérdese o tempo.

Fuches ao fento, perdiches o tempo; fuches á xesta, pan pola testa.

Ganando tempo, pérdese tempo.

Hai que dar tempo ao tempo para que as cousas veñan con tento.

Máis vale chegar a tempo que roldar un ano.

Mal anda o tempo, cando o que non pode a xustiza, pódeo o diñeiro.

Mentres tempo non vén, sazón non pasa.

Mudado o tempo, mudado o pensamento.

Neste tempo todos se volven gastos e a culpa tena a Xunta de Abastos.

Nin se pare sen tempo nin se limpa sen vento.

No tempo da grade, o dono a trague.

No tempo de arrendar, cantar; no tempo de pagar, chorar.

No tempo de marzo, á mañá enxoito e á tarde mollado.

No tempo dos coellos non hai consellos.

No tempo enxoito quéresme moito; no tempo mollado, nin pouco nin moito.

Non consiste en correr moito senón en chegar a tempo.

Non consiste en madrugar senón en chegar a tempo.

Non é bo tempo o que non é do seu tempo.

Non hai mestre como o tempo.

Non hai segredo que non o descubra o tempo.

Non hai segredo que o sexa por moito tempo.

Non hai tempo mellor empregado que o de comer.

Non se fai fóra do tempo o que se fai no seu tempo.

Non vale correr moito nin andar pouco senón chegar a tempo.

Noutro tempo nadaba o chumbo; agora non nada a cortiza.

Nunca "tempo hai" fixo cousa boa.

O bo tempo logo acaba, mais o malo pasa de mala gana.

O mellor mestre é o tempo e a mellor mestra a experiencia.

O perder e o ganar, en tempo e lugar.

O que anda en romaxes, gasta o tempo en viaxes.

O que con augas se cura, pouco tempo dura.

O que foi onte xa non será, que o tempo non anda para atrás.

O que non ten tempo, non pode cantar ben.

O que tempo non ten, non pode bailar ben.

O tempo bo é a capa dos pobres.

O tempo clarexa as cousas e o tempo as escurece.

O tempo contado logo pasa.

O tempo corre, e todo vai detrás del.

O tempo creba sen canto e sen pedra.

O tempo cura o enfermo e non o ungüento.

O tempo dá bo consello.

O tempo dá o remedio e nunca falta o consello.

O tempo dáo Dios i-as horas facémolas nós.

O tempo dos dous irmáns, no que se limpa o moco e se sopran as mans.

O tempo é coma a morte.

O tempo é diñeiro.

O tempo é o inventor de moitas cousas.

O tempo é o mellor conselleiro.

O tempo é o mellor mestre.

O tempo é ouro.

O tempo é pai da verdade e irmán da mentira.

O tempo é pai dos desenganos.

O tempo é sabio.

O tempo é sabio, pero o diaño é vello.

O tempo fai culleres.

O tempo i-o diñeiro corren a paso lixeiro.

O tempo non agarda por ninguén.

O tempo non anda para atrás.

O tempo non pasa en balde.

O tempo non recúa, porque non é mula.

O tempo non se detén, porque non fala con ninguén.

O tempo non se para, nin recúa, nin adianta.

O tempo non-o come o lobo.

O tempo nunca ten présa pero sempre chega.

O tempo pasado sempre foi louvado.

O tempo que é do seu tempo, que chova, que trone, sempre é bo tempo.

O tempo todo o amansa.

O tempo todo o cobre, todo o encobre, e todo o descobre.

O tempo todo o cura, hasta topar connosco na sepultura.

O tempo todo o tapa e todo o destapa.

O tempo todo o trae e todo o leva.

O tempo trae as flores; e despois de as traer, fainas toller e vólveas traer.

O tempo tráeo todo e lévao todo.

O tempo vaise e os anos véñense.

O tempo vaise, non agarda por ninguén.

O violento non dura moito tempo.

Padeza quen penas ten, que tras tempo, tempo vén.

Para que sobes tan alto, atrevido pensamento? Para que tan alto sobes, se tes que baixar co tempo?

Para tempo andado, pan ganado.

Perdendo o tempo non se gana diñeiro.

Predicar a curas, confesar a putas e picar no ladrillo, tempo perdido.

Quen en tempo foxe, con tempo acode.

Quen espera, tempo perde.

Quen se calara e pedras apañara, tempo virá que as esparexerá.

Quen tempo ten e por tempo espera, tempo é o que o demo lle leva.

Quen tempo ten e tempo espera, tempo é que o demo lle leva.

Quérote moito polo tempo enxoito, e polo mollado, tírote ao lado.

Sempre paga o tempo un ao outro.

Só do tempo é avaro o home de talento claro.

Toma o tempo segundo vén.

Tempo contado logo pasa.

Tempo de neve, tempo alegre.

Tempo e fortuna logo se muda.

Tempo e hora non se ata con corda.

Tempo e sazón a ninguén dan conta nin razón.

Tempo ido, tempo perdido.

Tempo pasado que vén á memoria, dá máis pena que gloria.

Tempo que muda de noite e muller que é de outro, dura pouco.

Tempo ten a bóla, tempo ten quen-a xoga.

Tempo ten a choca e tempo ten quen a xoga.

Tempo tras tempo, tempo vén.

Tempo, amor, e fortuna logo se muda.

Tempo, vento, muller e fortuna axiña se mudan.

Tempo virá que o carneiro dará la.

Tempo virá que o teu espello non te coñecerá.

Tempos van e tempos veñen, sufran os que males teñen.

Tempos van e tempos veñen; sufran os que penas teñen.

Tódalas cousas queren o seu tempo.

Todo tempo pasado foi o máis louvado, porque o que está por vir, ou nos fará chorar ou nos fará sorrir.

Todo tempo pasado foi o mellor.

Tódolos tempos tempiños son, a non ser a neve que é gran prisión.

Toma o tempo asegundo vén.

Tras de tempos tempos veñen.

Tras de tempos, tempos veñen, mais volven os usos aos seus corredíos.

Tras de tempos veñen tempos, que o mundo dá moitas voltas

Un tempo trae outro.

Unha das cousas máis difíciles é non perder o tempo e aforrar un peso.

Vale máis chegar a tempo que camiñar un ano.

Vale máis chegar a tempo que ser convidado.

Voa o tempo como voa o vento.

ano

substantivo masculinoPeríodo de tempo que dura doce meses, desde o día un de xaneiro ata o trinta e un de decembro, ambos incluídos, ou ese mesmo período de tempo a contar desde un día calquera.

A mal ano, boa cara.

Ano de mazás, ano de cans.

Ano avespeiro, ano milleiro.

Ano bisesto é ano funesto.

Ano bisesto promete e non dá.

Ano bisesto, nin saco nin cesto.

Ano chuvioso, bótate de cóbados

Ano das amoras, ano das choras.

Ano de abellas, vaite e non veñas

Ano de ameixas, ano de queixas; ano de peras, ano de medas.

Ano de ameixas, non faltarán queixas.

Ano de amoras, ano de choras.

Ano de avespeiros, ano de medeiros.

Ano de belota, ano de larota.

Ano de belotas, ano de maniotas.

Ano de béveras, nunca o vexas.

Ano de bruños, millo nos puños; ano de ameixas, ano de queixas.

Ano de canas, ano de fabas.

Ano de cascón, ano de montón.

Ano de cereixas, ano de queixas.

Ano de cuín, ano ruín.

Ano de fame, ano de casamentos.

Ano de figos, ano de amigos.

Ano de figos, ano de suspiros.

Ano de herba, ano de merda.

Ano de herba, garda herba.

Ano de laceira, en cada esquina unha panadeira.

Ano de landeira, ano de laceira.

Ano de landras, ano de graxas

Ano de lorbagas, ano de patacas

Ano de mazá temperá, ano de gra

Ano de mazás, barrigas vas.

Ano de millá, ano de pan.

Ano de moita herba, ano de moita perda.

Ano de moitas andrinas, ano de poucas fariñas

Ano de moitas landras, ano de moito inverno.

Ano de néboas, ano de medas.

Ano de nevadas, ano de regazadas.

Ano de neves, ano de bes.

Ano de noces, ano de mortes.

Ano de noces, ano de voces.

Ano de ourizo, non fagas canizo.

Ano de peras non é de pericos.

Ano de peras, ano de fame.

Ano de peras, ano de medas; ano de ameixas, ano de queixas.

Ano de peras, nunca acó veñas.

Ano de perdas, non é ano de ganancias.

Ano de piñóns, ano de montóns.

Ano de saltón, ano de perdición.

Ano de saltón, ano de perdigón.

Ano de saltos, ano de nabos.

Ano de seca, ano de seda.

Ano de trece lúas, ano de trece fortunas.

Ano de tronadas, ano de fornadas.

Ano de xeada, ano de anada.

Ano de xeadas, ano de fornadas.

Ano de xeadas, ano de parvas.

Ano de xeos, ano de codelos.

Ano novo, vida alegre.

Ano novo, vida nova.

Ano que hasta o nove de xaneiro neva, moito pan se apresa.

Ano que hasta o nove vén xeando, bo e moito pan vén anunciando.

Ano seco garda secreto.

Ano seco tras de mollado, garda la e vende o fiado

Ano torto, ao horto

Anos de noces, anos de voces

Antes de mil anos todos seremos calvos.

Ao cabo de anos mil corren as augas por onde deben ir.

Ao cabo de cen anos os reis son vasallos.

Bo ano, Nadal soleado.

Cal o ano, tal o xerro.

Cando corre o ar, é ano de fabas.

Cando o ano entra en domingo, vende os boiciños e merca milliño.

Cando o ano entra en domingo, vende os bois e merca millo.

De aquí a cen anos, todos sen pelo.

De aquí a un ano, ou morre a burra ou quen a tangue.

De hoxe nun ano, que sabe o que pasará! O que viva o verá.

En ano bo e malo ten o ventre ben regalado.

Gloria maior, bo ano labrador.

Máis produce o ano que o campo ben labrado.

Máis vale ano tardío que valeiro.

Ninguén colle dúas colleitas no ano.

No ano bisesto caben as crías debaixo dun cesto.

No ano que moito chove o labrego traballa máis que come.

Non digas mal do ano antes que sexa pasado.

Non fales mal do ano, se aínda non é acabado.

Non hai mal ano por pedra, pro probe de aquel a quen acerta.

Non se van os anos en balde.

Non te queixes do ano, que outro virá máis malo.

O ano da serra non-o traia Dios á terra.

O ano do luns bota o millo en terróns crús.

O ano en domingo, vende os bois e méteos en millo.

O ano malo en auga vén nadando.

O ano pasado mordéucheme un sapo e este ano correume o inchazo.

Ao cabo de anos mil corren as augas por onde debían ir.

O que mal esfende e mal refende, todo o ano xeme.

O que non pasa nun ano pasa nun día.

O que non sucede nun ano, sucede nun día.

O que ten gando, non desexa mal ano.

O que ten o ano ruín, teña bo horto e bo san Martín.

Por moito haber nunca o ano é caro.

Que bo ano, que mal ano, catro caben nun escano e, sendo de Caurel, cinco e un fardel.

Que bo ano, que mal ano, catro no escano; se son de Caurel, catro i-o fardel; e sei son do Cebreiro, catro i-o sombreiro.

Se este ano ganei pouco, ten doce meses o outro.

Se se gana este ano pouco, doce meses terá o outro.

Se o ano sae chorando, mal para as hortas e para os campos.

Se te queixas do ano, outro virá máis malo.

Segundo é o ano, así é a anada.

Tal o ano, tal o xerro.

Tras dos anos vén o xuízo.

Un ano de piras i-outro de piruetas.

Un ano e un pan logo se van.

Unha no ano i esa non ten dano.

Unha vez ao ano non fai dano.

Vale máis un ano de cría que dous de morriña.

mes

substantivo masculinoCada un dos doce períodos de tempo nos que se divide o ano: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

Des que o mes media, ao que ven asemella.

Des que o mes media, ó que entra asemella.

Des que o mes medra, ao que entra semella.

En mes morto non capes o porco nin plantes o horto.

Este mes entra con tostóns e sae con roxóns.

Mes require mes.

Perde o mes o seu, pero non o ano.

Pérdena os meses pero non-a perde o ano. (auga)

Tres meses o quitan e tres meses o dan: abril, maio e san Xoán.

Tres meses son de seca: maio, san Xoán e sega.

semana

substantivo femininoSerie de sete días que van de luns a domingo ou de domingo a sábado, na consideración relixiosa.

A semana do folgazán: luns e martes, festas constantes; mércores e xoves, festas solemnes; venres e sábado, as mellores festas do ano; o domingo non se pode traballar, que o prohibe a Santa Madre Igrexa.

Na semana de san Mateo outona ti e outone eu.

O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o venres peneiro, o sábado amaso, e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día.

Se esta semana che é pouca, con seis días vén a outra.

Toda a semana bambeouse e o sábado arremangouse.

día

substantivo masculino Espazo de 24 horas tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixe e que serve de unidade de tempo. - Espazo de tempo desde que sae o Sol ata que se pon.

A cada día abóndalle a súa malicia.

A cada día hai que darlle o seu.

A día claro, escuro nubrado.

A día tolo, camiñante afouto.

A tódolos santos lles chega o seu día.

A tres días de alegrías, trinta días de agonías.

Adonde eu irei, que o día de Xoves Santo non xaxuei?

Alá se foi o día despois da posta do sol.

Algún día será a festa da nosa aldea.

Algún día será Domingo e Martes de Entroido.

Algún día será festa e non irán todos a ela.

Algún día será festa e será Pascua.

Anda de día, que a noite é miña.

Antes tardaban anos i agora non tardan días.

Ao bo día abre a porta e ao malo entórnaa.

As mellores festas do labrego son o día da malla do pan e o día da matanza.

Bo xarampón tres días pon.

Cada día que amañece novas cousas acontecen.

Cada día que pasa sabemos o que pasou e non sabemos o que pasará.

Cada día sabemos máis.

Cada día se ven máis cousas novas que asemellan vellas.

Cada día vemos cousas novas.

Cando a Noiteboa vén, non collas barco nin tren.

Coas moitas paradas acúrtanse os días.

Comeza a crece-lo día pola santa Lucía.

Con porfías non andes tódolos días.

Crece o día paso a paso, o mesmo ao comezo que ao cabo do ano.

Da Asunción ao san Pedro, corenta días no medio e unhas veces van e outras veces, non.

Da Pascua á Asunción, corenta días son; da Asunción ao san Pedro, corenta días no medio, e unhas veces van e outras veces non.

De día traballar e de noite espallar.

De tanto porfiar, un día ou outro ha cadrar.

Dende que teño ovellas e crías, todos me dan os bos días.

Despois do día vén a noite.

Día a día, maio á porta.

Día a día, morreuse miña tía.

Día de alegría, véspera de tristeza.

Día de casamento, día de contento.

Día de moito, semana de nada.

Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva.

Día de san Brais, hora e media máis.

Día de San Martiño todo o viño é bo viño.

Día de xaxún, véspera de santo.

Día nubrado engana ao ano.

Día tras día vanse indo os anos.

Día tras día, maio vai fóra.

Día tras día, semana ao cabo.

Día virá que o que hoxe canta, chorará.

Día virá que teña peras a miña pereira.

Días de maio, días de amargura: inda non amañece e xa é noite escura.

Días de maio, tan longos sodes, que morro de fame e morro de amores.

Días de moito, vésperas de nada.

Días e días temperan as iras.

Festa de un día non acaba unha casa pero, se é de máis, acabaría quizais.

Festa de un día, pouca ruína cría; se dura máis, quizais, quizais.

Foise o día, acabouse a romaría.

Hai días en que non se pode saír da casa.

Hai días que non se pode saír sen paraugas á rúa.

Hoxe é día de "botade aquí, tía".

Mentres vas e vés váiseche o día.

Nacido dun día, xeito para toda a vida.

Non come miña tía e arrota todo o día.

Non hai día que non chegue nin prazo que non se acabe.

Non hai día sen noite nin noite sen día.

Non hai día sen tarde.

Non hai lunar coma María nin claridade coma a do día.

Non hai luz como a do día: o día é día, o sol é sol.

Non pasan os días en van.

Nos días de gloria esquécese a memoria.

O día da voda hai moita alegría porque hai que comer con forza aquel día.

O día da voda deixade a noiva que se compoña.

O día de voda non se afeita a noiva.

O día de mañá colle o traballo pola man.

O día de mañá ninguén o viu nin o verá.

O día de mañá non o vemos nunca.

O día de neboeiro, a mañá longa e o día pequeneiro.

O día de onte non volve máis.

O día de Ramos estrea os teus panos, que no da Paixón ou os estrearás ou non.

O día de Ramos, o que non estrea algo, non ten mans.

O día de san Andrés, se non volve naquel día, non volve naquel mes.

O día de san Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.

O día de Xoves Santo nin o paxariño move os ovos do niño.

O día neboento pon a un morriñento.

O día nubrado engana o amo e o criado.

O día que cozo é día de alborozo.

O día que é de perder non é de ganar.

O día que me casei boa cadea me botei.

O día que miña muller amasa hai alegría na casa.

O día que non se barre entra na casa quen non se sabe.

O día que non se pasa o charco, gánase o carto.

O día que te cases ten coidado non te manques.

O día trece, si é martes, non te cases nin te embarques.

O que bos días dá, moitas veces se engana.

O que de si mesmo se esquece, sete tundas ao día merece.

O que dorme de día vela de noite.

O que mata un abellón, ten cen días de perdón.

O que pasa un día ben, non os pasa todos mal.

O que se levanta con sol, non goza do día.

O que ten quen o chore, cada día morre.

O que ten quen o chore, tódolos días morre.

O traballar é de xente de mal vivir, pois o día fíxose para descansar e a noite para durmir.

Obra dun día, estada dun ano.

Os días de outono chegan para todo, e os de san Xoán chegan para todos.

Os días non corren en balde.

Para o bo día abre a porta e para o malo entórnaa.

Pasados os Santos, os días son irmáns.

Pasou o día e pasou a romaría.

Pasou o día, foise a romaría.

Pelo mal cortado, ao outro día igualado.

Pelo mal cortado, aos tres días igualado.

Pensa ben, que cada día pode ser o derradeiro.

Quen fai caso de medios días habendo días enteiros?

Quen pola mañá se ergue sen nada en Deus cavilar, mal o día ha de pasar.

Quen ten moitos pufos, hai días que non gana para desgustos.

Se folgas nos días soltos que deixas para os días santos?

Se non houbera día non habería noite.

Se queres pasar un mal día, deixa a túa casa e vaite á da veciña.

Se queres un día bo, aféitate; un mes bo, mata porco; un ano bo, cásate, e un sempre bo, faite crego.

Se ves o poñente, ves o día seguinte.

Sempre é bo día cando a tixola chía.

Se máis grande é o día, máis grande é a romaría.

Tal día de Cinza, tal día trinta.

Tan longa foi a romaría como o día.

Tantos días sol en Nadal como de auga en san Xoán.

Tódolos días non son iguales.

Tódolos días se deprende algo.

Traballade, rapaces e nenas, todos os días de rudas faenas.

Tras de un día vén outro e así se van vindo todos.

Tres días bos cabo de mal extremo.

Trinta días ten novembro, con abril, xuño e setembro; de vinte e oito só hai un e os demais son de trinta e un.

Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto como o boi e o carro.

Un día de vida non é moita vida pero é vida.

Un día é un día e un peso gastouse.

Un día é un día.

Un día e un pan logo se van.

Un día ensina a outro día.

Un día por outro, queda a casa sen varrer.

Un día para morrer non ha de faltar.

Vai onda túa tía e non vaias cada día.

Vale máis aquí un día que aló un ano.

Veñan días e caian olas.

Visita a túa tía, e nunca de día.

hoxe

adverbioO día presente, este día.

Antes hoxe que mañá.

Folgar hoxe, mañá festa: boa vida é esta.

Hoxe bouza, mañá cadaval.

Hoxe está mandando quen onte entrou rogando.

Hoxe é día de "bote aquí, miña tía".

Hoxe é luns e martes vén; para de hoxe en oito días éche a semana que vén.

Hoxe é moi triste día, que máis espiñas ten María.

Hoxe festa, mañá festa; valla o demo a mala vida esta.

Hoxe mal, mañá peor: vállanos Noso Señor!

Hoxe por min e mañá por ti, todo che ha de quedar aquí.

Hoxe por min, mañá por ti.

Hoxe rifareiche e mañá mimareite.

Hoxe ser non son, pero ser xa fun.

Hoxe somos e mañá non fomos.

Hoxe somos e mañá non seremos.

Hoxe somos e mañá non.

Hoxe todo vai pola nova; se é bo, mañá o dirá quen poida.

Hoxe voume, mañá voume, e non sei cando nin para onde.

O que has levar hoxe non o deixes pra mañá.

O que onte entrou rogando, hoxe xa entra mandando.

O que poidas facer hoxe, non o deixes pa mañá, non sendo a comida, se non tes fame.

O señor de Lacatrán, se ofrece hoxe, non dá mañá.

Onte porqueiro e hoxe cabaleiro.

Oremos: hoxe cocemos, sete fogazas fixemos, seis debemos, e unha quedounos no forno e ardeunos.

Polo que hoxe tiras mañá, ao mellor, suspiras.

Vale máis hoxe que nunca.

luns

substantivo masculino Día da semana que segue ao domingo.

Luns e martes, lava a curiosa; mércores e xoves, a envexosa; sábado, a preguizosa.

Luns sae, martes anda, mércores chega, xoves talla, venres volve e sábado chega; aí vén Xan cun feixe de leña.

Mozos do luns e bois do sábado non valen octavo.

O luns é das ánimas; o martes, dos martirizados; o mércores, de san Antonio; o xoves, día de mercado; venres, de Paixón; sábado, da Virxe; domingo de gardar.

O luns e martes non te cases nin te embarques.

O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.

O luns érgome, o martes cálzome e, o mércores, vístome.

O luns levántome e o martes arremángome.

O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o venres peneiro, o sábado amanso e o domingo, que eu fiaría, todos me din que xa non é día.

Tunes, non tunes, non pérda-lo luns.

martes

substantivo masculino Día da semana que segue ao luns e que precede ao mércores.

Cada martes ten a súa semana.

Cada martes ten o seu domingo.

En martes lardeiro, moito vento e poucas noces.

En martes non te cases nin te embarques nin a túa ceba mates.

En martes non te cases nin te embarques.

En martes non te cases nin te embarques.

En martes non te embarques.

En martes o teu porquiño non mates.

En martes, con merda te fartes.

En martes, nin a cama mudes nin a roupa laves.

En martes, nin cortes nin plantes nin a túa filla cases.

En martes, nin panos cortes nin filla cases.

En martes, nin porco mates nin churra botes que pitos saque.

En martes, nin tea tezas nin roupa laves.

En todas partes, toda semana ten o seu martes.

Martes de Carnaval non se vende un real.

Mata o martes e a lúa non cates.

No martes nin te cases nin te embarques.

O martes día trece a terra desaparece.

O martes e o venres non cortes nin plantes nin a túa filla cases.

O martes nin ceba mates nin filla cases.

O martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates.

O martes nin te cases nin te embarques.

O martes non te cases nin te embarques nin da túa familia te apartes.

O martes, nin a túa tela urdas nin a túa filla cases.

O martes, nin te cases nin te embarques nin a túa ceba mates.

Os martes non te cases nin te embarques.

xoves

substantivo masculinoDía da semana que segue ao mércores e precede ao venres.

Xoves de comadres malo can che ladre.

venres

substantivo masculinoDía da semana que segue ao xoves e precede ao sábado.

En venres e martes non te cases nin te embarques.

Nin no venres nin no martes, nin te cases nin te embarques.

Nin o venres nin o martes, non te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates.

O que ri o venres, chora o domingo en Fortuna.

O venres i-o martes, nin te cases nin te embarques nin a túa ceba mates.

O venres, segundo amañece, así anoitece.

Verán de venres non chega ó domingo.

Vivir como quixeres e morrer ao venres.

sábado

substantivo masculino Día de semana que segue ao venres, último na consideración relixiosa.

Nin sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vella sen dor.

Non hai sábado sen sol, nin romeiro sen flor, nin rapaza sen amor.

Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo.

Sábado á noite, Marica colleu a roca.

Sábado longo vaite rexendo, que mañanciña éche domingo.

Tal sábado, tal domingo; tal domingo, tal semana.

domingo

substantivo masculino Último día da semana, que segue ao sábado ou primeiro na consideración relixiosa, dedicado polo cristianismo ao culto a Deus.

Adeus, Domingo de Entroido, adeus, meu queridiño: hasta o Domingo de Pascua non se come máis touciño.

Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise de risa./Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.

Domingo de Ramos lava os teus panos, que na Ascensión ou os lavarás ou non.

Domingo de Ramos, lava os teus panos, que na resurrección ou os lavarás ou non.

Domingo de Ramos, lava os teus panos, que no de Paixón ou poderás ou non.

Domingo, luns e martes, festa en todas partes.

En domingo de Ramos estrea os teus panos, que no da Paixón ou os estrearás ou non.

Enterro o domingo, outro propinco.

Non hai domingo que o sol non quente.

O domingo non é para traballar, para oír misa e para pasear.

O traballo do domingo a ninguén puxo rico.

Tal domingo, tal semana, se o luís lle acompaña.

mañá

substantivo femininoParte do día que vai desde que sae o Sol ata o mediodía. - Tempo que vai desde a media noite ás primeiras horas do día antes de saír o Sol.

As malas mañás, para os curas e para os cans.

Lourenzo leva pola mañá zocas de carballo, e á tarde, de chumbo.

Mañá choverá ou nevará ou sabe Dios o que fará.

Mañá parda, mañá larga.

Mañá é outro día.

Mañá triste, día alegre.

Mañás pardas, mañás largas.

Non deixes pa mañá o que has de facer hoxe.

Non hai mellor luz que a da mañá.

Nunca deixes pra mañá o que poidas facer hoxe.

Pra mañá non deixes que facer, deixa de comer.

Pola mañá ao monte e pola tarde á fonte.

Uns en mala cama e outro en bo sofá, vamos chegando á mañá.

noite

substantivo femininoPeríodo de tempo que vai desde a posta ata a saída do Sol.

A noite é boa para os lobos.

A noite fíxose para descansar e o día para traballar.

A noite trae o consello.

A noite vai traendo a todos.

Á noite, Marica, dáme a roca.

A noite, para andar, fai o camiño longo.

As cousas de noite vense de día.

As noites para andar fan o camiño largo.

As noites son para durmir e os días para o traballo.

Azafrán de noite e luz de día é parvada.

Da noite para a mañá aparece un home sen pan.

De noite tódolos gatos son negros.

De noite tódolos gatos son pardos.

Des que o sol se pon, logo a noite vén.

Deus fixo a noite para descansar e o día para traballar.

Deus te socorra coa noite, que o día xa che el virá.

En noite de voda, cal a achares tal a toma.

Fanse de noite e descóbrense de día.

Hasta a noite, día é.

Levar mala noite e ó cabo parir filla.

Na noite da voda cal a achares tal a toma.

Noite e día é sempre.

Noites alegres, mañás tristes, cabezas tolas que non durmiches.

Noites longas, sono curto.

Non hai cousa que non se faga de noite que non se saiba de día.

O que de noite asubía, polo diaño pía.

O que de noite se fai, pola mañá aparece.

O que perde a noite, perde o día.

O que se di á noite e non é verdade, desfaise pola mañá.

O que se fai de noite, polo día se ha de ver.

Pola noite todos os gatos son pardos.

Polas horas da noite anda a vida e anda a morte.

Unha noite mala calquera a pasa.

tardes

substantivo femininoEspazo de tempo que vai desde o mediodía ata que se fai noite.

Nas tardes de abril vai a onde teñas que ir, que á túa casa irás a durmir.

Tardes de marzo, recolle o teu gando.

hora

substantivo femininoCada unha das vinte e catro porcións de tempo en que convencionalmente se divide o día.

A boa nova sempre chega á súa hora; e a mala, ó erguerse da cama.

A hora mala é para quen a esquece, que ela estaba deitada.

A hora mala, para quen mal me quer e ben me fala.

A hora sexa boa e o mercado espeso.

A toda hora hai quen se ri e quen chora.

Antes da hora, moi contento e ledo; e chegada a hora, moito medo.

Ás dez déitate se queres e, se ser pode, mellor ás nove.

Ás dez deixa a rúa para quen é e, se chove, ás nove.

Ás dez muller, ti ves?

Ás dez, ou na cama ou de pé.

Ás nove déitate e durme, que ás dez xa durmirás.

Ás nove non é cristián o que non dorme.

Casarás en mala hora e terás pan e cebola.

Cásenme en hora mala, que máis vale algo que nada.

Dunha hora a outra hora, ou morre un ou mellora.

En mala hora nace quen mala fama cobra e por quitala non fai obra.

En mala hora naceu quen mala fama colleu.

Máis val unha hora de trato que cen de traballo.

O que agarda polo que vén de afora, agarda polo que vén tarde e sen hora.

Once horas durme o muchacho e doce o borracho.

Pola mala hora tallando na leña e pola boa debaixo da pena.

Que tarden as malas novas, que aínda que tarde, virán á súa hora.

Tres horas dorme o que é santo e catro o que non é tanto.

Un árbore córtase nunha hora e non se cría en vinte anos.

Unha hora de vida non é moita vida.

Unha hora mellora outra.

Vale máis unha hora de gana que dúas de galbana.

Vale máis unha hora de traballo que vinte e catro de troula