A dama, ao desdén, ao galán parece ben.
Non me toque o manto que se me rompe; non lle son a dama que a vostede lle cómpre.
A ama da casa cunha faba pasa; se non a come, quédalle na casa.
A ama da casa, nin coma nin beba, e se moito aforra, na casa lle queda.
A dona da casa, nin coma nin beba porque todo na casa lle queda.
A dona na rúa, composta; na igrexa, devota; no lar, fachendosa; na casa, mañosa; no estrado, señora; na festa, modosa e, na cama, xeitosa e graciosa.
A dona que é composta, se non fai o mandado, non dá mala resposta.
A dona que moito mira, pouco fía.
A dona que moito se zarandea, se solteira está, solteira se queda.
A dona quer ser rogada e non obrigada nin forzada.
A dona traballadora non quer home folgazán.
A dona traballadora non quer home lacazán.
A dona, na casa; o home, no traballo.
Cando vos pedimos, dona vos décimos e, cando vos temos, chamámosvos como queremos.
Casa de dona sen escudeiro é coma fogo sen trasfogueiro.
Dona fermosa, ou tonta ou vaidosa.
Dona traballadora non quere home lacazán.
Dona que pouco fía, sempre fai ruín camisa.
Non desexes dona allea nin trigo de outra morea.
Non tomes por dona muller respondona.
A doncela debe ter a súa nai cabo dela.
A que non ten doncela sérvese ela.
Fálese da doncela e non se diga quen era ela.
O que fai dona á doncela e non se casa co ela, trae sempre a vida en pena.
Para doncela honesta o facer algo é unha festa.
A filla dala a quen a pida, o fillo hase mirar a quen se ha de dar.
A filla mala, diñeiros e casala.
A filla saíume da brilla i-a nora veume de fóra.
Á filla, pan e comida; mais á nora, pan e fóra.
Cando a filla está casada, aparécennos os xenros.
Cando á túa filla lle viñera o fado, cásaa de contado.
Cunha filla non se fai más que un xenro. /Cunha filla non se fan dous xenros.
De bos e mellores véñanlle á filla os roldadores.
Despois da filla casada, veñen os xenros á porta.
Dígocho filla, enténdeme nora.
En maio o pote ferve, a súa filla non vén; no pasadoiro da horta algún galán lla detén.
Esta nosa filla non dá tino a ninguén, nin é mel nin fel nin vinagre.
Filla allea nunca na túa casa estará chea.
Filla deshonrada, nin viúva nin casada.
Filla despois de varón queima coma o tizón; varón despois de filla queima como a faísca.
Filla do home nunca come; filla allea nunca é chea.
Filla e nai, dous demos pa un pai.
Fillas e paos, moitos son poucos.
Mala filliña que pola moda deixa a misiña.
Mellor parece a filla mal casada que ben barregana.
Onde hai fillas para casar, a porta gardada está.
Quen non ten máis que unha filla, non pode ter máis que un xenro.
Quen ten filla solteira non diga da allea.
Quen ten fillas solteiras, non fale da filla allea.
Se moito as gabas e regalas, as boas fillas volveralas malas.
Tal é María, tal filla cría.
Tres fillas e unha nai, catro diaños para un pai.
Tres fillas ten Aurora e, das tres, ningunha boa.
Unha filla con unha mai nunca fai mal.
Unha filla é unha filla, dúas fillas moitas son, tres queiman a casa e catro fana carbón.
Unha filla non é filla, dúas fillas fillas son, tres acaban con unha casa e catro vólvena carbón.
Vezaches as túas fillas de solteiras e enchéronse de herbas as túas leiras.
Á madrasta o nome lle basta.
A madrasta, a máis boa é mala.
A madrasta, a mellor, queimala.
A madrasta, inda de azucre, amarga.
Madrasta, nin de cera nin de boa pasta.
Madrasta: o nome lle basta.
A madriña, onda porta arrímaa e, a comadre, déixaa onde a atopares.
A boa moza busca co traxe de cada día, non-a busques co traxe da romaría.
A boa moza é como a pera celmosa, que en coméndoa dá gana de outra.
A boa vara búscase na abraira, a costela na ramalla, i-a boa moza, pola semana; ao domingo vai á misa e calquera moza se lava.
A boa vida fai a moza garrida.
A eira, cando a deixan; a moza, cando a comezan.
A metade da moza está na tenda.
A moza á beira do mozo require a nai preto dela.
Á moza andadeira crebarlle a perna.
A moza ao desdén sempre dixo ben.
A moza casala co moco e ao mozo, co bozo.
A moza da praza, a porta barrida i-a casa luxada.
A moza da vila, casa porca e porta barrida.
A moza i-a parra non se ven ben se non lle erguen a faldra.
A moza larpeiriña non hai para que seguila.
Á moza louca máis lle agrada o pandeiro que a touca.
A moza máis ensinada non é a máis honrada.
Á moza mala a campá a chama e á mala, mala, nin a campá nin nada.
A moza mala fai a súa ama brava.
A moza para festa e para casa a besta.
A moza risoña ben deixa ver que quer ser dona.
A moza trouleira, súa nai á beira.
A moza, como é criada; a estopa, como é fiada.
A pomba no regueiro e a moza no mesón maduran antes de sazón.
Ben parece a moza garrida cabo da barba cumprida.
Bicos e abrazos non fan mozas pero tocan a vésperas.
Boa moza con diñeiro, eu forasteiro e a min ma dan? ¡Tarantarantán!
Cando mozos, traballos; e cando vellos, farrapos.
Dáme a moza vestida que eu cha darei belida.
Entre moza e mozo convén sempre un muro groso.
Máis mala é a moza de criar que de casar.
Máis quero moza feita que moza desfeita.
Media moza está na tenda e outra media anda de xeira.
Media moza está na tenda.
Mellor é a moza de criar que de casar.
Mentres moza, a troulear; despois de vella, a rezar.
Mentres moza, bo pasar, pero de vella, choutar.
Moza boa, boa é.
Moza con vello casada, como vella hai que tratala.
Moza de mesón non dorme sono con razón.
Moza de vila e regalo de aldea, Deus llo dea a quen o desexa.
Moza garrida, ou ben ganada ou ben perdida.
Moza pobre ben vestida, mal me cheira a rifa
Moza que a moitos fai cara, dígoche, Xan, que é unha maula
Moza que a moitos fai cara, non vale nada
Moza que moito se arrisca, ou quer mozo ou quer trisca.
Moza rinchadora, tarambaina ou paroleira.
Moza riseira, trouleira, para quen a queira.
Mozas tolas e por casar é mal gando de gardar.
Nin de moza nin de vella non se sentes na pedra.
Nin de moza nin de vella nunca te deites nas pedras.
Nin moza de mesoneiro nin saco de carboeiro.
Nin moza sen amor nin vello sen dor.
Nin moza sen espello nin vello sen consello.
Non hai moza ben gardada se ela non se quer gardar.
Non hai moza solteira que canse na carreira.
O andar ben vestida fai a moza garrida.
Os traballos fixéronme vella que eu ben moza era.
Polos santos bícanse as pedras e por as mozas bícanse as vellas.
Saíña larga e blusiña frouxa, dunha ruín rapaza faise unha boa moza.
Se queres unha boa moza, busca pola semana, que o domingo calquera porca se lava.
A beleza da muller encóntrala na conduta e non en seu rostro.
A boa muller a casa sábea encher.
A boa muller de tarde en tarde na rúa déixase ver.
A boa muller, sen fama, nin boa nin mala.
A muller aguda co seu home se escuda.
A muller algareira nunca fai larga tela.
A muller aliñada antes de se vestir fai a cama.
A muller apurada, ou puta ou ladra.
A muller aseada, o berce feito i-ela peiteada tan logo está levantada.
A muller ben arregalada ben parece.
A muller boa é a que non soa.
A muller brava, corda larga.
A muller caseira e non paroleira.
A muller chora cos ollos e ri co corazón.
A muller co seu home ben está anque sexa no monte.
A muller co seu marido debaixo de unha pena fai abrigo.
A muller compároa co selo da carta, que se non lle pegan, non vai onde a mandan.
A muller composta quita o home doutra porta.
A muller de apurada, puta ou ladra.
A muller de bo aliño, cría, fía, debanda e vende o liño.
A muller de Papalanatas non ten sorte ca manteiga.
A muller do cego, para quen se compón?
A muller do maragato leva un zoco e un zapato.
A muller do viñateiro, gran outono e mal inverno.
A muller do xogador nunca se alegra, que se hoxe o gana, mañá cho perde.
A muller do xogador, nunca te alegres: se unhas veces ganas, outras perdes.
A muller e a abella, con día á cortella.
A muller e a besta a ninguén se empresta.
A muller é a cesta e o home o angazo; se a cesta é rota, todo perdido.
A muller e a esca, na faldriqueira.
A muller e a gaivota canto máis vella máis louca.
A muller e a laranxa non se han apertar moito porque amargan.
A muller e a loba, do máis feo se namora.
A muller é a metade do home.
A muller e a moeda non gusta de estar queda.
A muller é a primeira leira que o labrador casado ve pola mañá.
Á muller e á sogra, dálle corda.
A muller e a tea quéroa á luz da candea.
A muller e a viña dan ao home alegría.
Á muller e ao cristal non lle dar.
Á muller e ao papel todo lle has de ver.
Á muller e ao souto abóndalles cun dono.
A muller é mellor levantala do paridoiro que non da cinza.
A muller e o home honrado, polo camiño do carro.
A muller e o muíño queren uso continuo.
A muller e o neno só calan o que non souberon.
A muller e o ouro pódeno todo.
A muller e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
A muller e o vento cambian no momento.
A muller e o viño sacan o home de tino.
A muller fai o home.
A muller fermosa quítalle o nome ao seu home.
Á muller festeira créballe a perna.
A muller fiadora deixa a tarasca na molla.
A muller gambernieira, de festa en festa e de feira en feira.
A muller gobernadora a súa casa honra.
A muller honesta, cando fai algo na casa está na súa festa.
A muller honrada, coa porta pechada.
A muller honrada, de todos é amada.
A muller i-a gadaña, asegundo saia.
Á muller i-á parra recáchaselle a faldra.
A muller i-a roca, manda na pota.
A muller i-a troita préndense pola boca.
A muller i-o bisté, canto máis se maza, mellor é.
A muller lambeteira non ten sorte ca manteiga.
A muller latriqueira non hai quen a queira.
A muller lixeira é a carga máis pesada.
A muller máis asisada ou sabe moito ou non sabe nada.
A muller mala non enfadala.
A muller morta, sete á porta.
A muller moza e viúva soia pouco dura.
A muller na cama i-a querida na lama.
A muller na casa e o home na arada.
A muller na súa casa nada lle pasa.
A muller non dala a ver.
A muller parida, nin farta nin limpa.
A muller pequeniña sempre é mociña.
A muller por moito que a garden non está mellor gardada.
A muller preguiceira a súa casa queima.
A muller preguiceira leva a roca para a feira.
A muller preñada, aos tres meses encobre e aos catro quer e non pode.
A muller primeiriza, primeiro se lle coñece no peito que na barriga.
A muller pulida, a casa lixosa e a porta barrida.
A muller que ha de chegar a vella non se senta na pedra.
A muller que a dous noivos quer ben, lévena os diaños, amén.
A muller que a seu home queira ter gordiño, despois que coma o caldo déalle un gotiño.
A muller que a súa casa ben axeita, boas pitas deita.
A muller que a súa casa ben goberna, aforra boas fanegas.
A muller que ama o home, hasta en botar as fabas ao pote se coñece.
A muller que asubía e fía de pé, nunca boa é.
A muller que come a nata non ten sorte ca manteiga.
A muller que cría do seu seo é máis nai que a que dá o fillo a peito alleo.
A muller que cría empeora; a que pare mellora.
A muller que de homes fai caso, élle un atraso.
A muller que é coidadosa, deixa a gaita e colle a roca.
A muller que en alto fía, o fuso lle cae e o cu lle asubía.
A muller que encante i-o home que espante.
A muller que fía de pé nunca boa é.
A muller que goberne a casa e o home a arada.
A muller que máis sabe máis precisa que a garden.
A muller que moi ruín sexa, dúas tundas: unha para que Dios veña a vela, outra para que a ver a Dios vaia ela.
A muller que moito fala, no mellor desbarra.
A muller que moito se mira á cara pouco atende á casa.
A muller que moito se pasea non tece a súa tea.
A muller que non administra a leña, non administra cousa que teña.
A muller que non come canda o seu home, o mellor do pote xa o ten no fol.
A muller que non come canda o seu marido, ou comeu antes (ou o deixa na ola) ou o ten comido.
A muller que non come cando o seu home, ou o fixo antes ou fai despois.
Á muller que non ha ser tola búlanlle as mans e cálelle a boca.
A muller que non sabe a doutrina, ten a culpa o home porque non lla ensina.
A muller que non ten home, no regazo come.
A muller que non ten que facer, que quite as medias e as volva poñer.
A muller que ós homes fai caso, élle un atraso.
A muller que pega ao home, fai ben xa que pode; i-o home que tal consente, merece que o tundan sempre.
A muller que pega ao home, fai ben, se pode.
A muller que pouco fía sempre trae ruín camisa.
A muller que quere que o home lle morra, déalle á mañá cabazo e á noite cebola.
A muller que se casa pola riqueza, ten moi pouca destreza.
A muller que ten home, non diga que é pobre.
A muller que ten un home bo e o perde, inda gana.
A muller quinceleira xa non ten aquela.
A muller quinceleira, home de trinta.
Á muller rosmona non lle dar fala.
A muller sempre algo ha querer.
A muller sempre erra no escoller.
A muller sen home no regazo come.
A muller sen mestre sabe mentir e chorar.
A muller só manda na cociña.
Á muller tola agrádalle máis o pandeiro que a toca.
A muller tola i-a camisa rota logo saen á porta.
A muller tola, home de pau.
A muller vella debe ir cedo para a cortella.
A muller ventaneira busca quen barata a queira.
A muller viúva non ten quen a sacuda.
A muller, cando é rapaza, é reina; cando moza, puta; cando é vella, bruxa.
A muller, cando é rapaza, é reina; cando moza, tola; cando é vella, bruxa.
A muller, coma a ovella, con sol para a cortella.
A muller, coma as chemineas: unha en cada casa e de vez en cando limpala.
A muller, ou sabe querer ou sabe aborrecer.
A muller, por andar ao revés, vístese pola cabeza e íspese polos pés.
A muller, por ben que fale, mellor está calada.
A muller, se é fermosa, gustarache; se é fea, cansarache; se é probe, animarate; se é rica, mangonearate.
A muller, vella ou nova, se lle preguntan os anos, nunca se acorda.
A muller: a primeira, escoba; a segunda, señora.
A primeira muller é a escoba, a segunda é a señora.
A primeira muller, señora; a segunda, escoba; i-a terceira, reina
Á túa muller estímaa polo que valla e non polo que traia.
Ai daquel que a muller zoupe nel!
Ama a túa muller, se queres paz na casa ter.
Arada de mulleres, dá pan se queres.
Arriba das rocas van vellas e mozas.
As mulleres no regueiro i-os homes no ferreiro.
As mulleres para a romaría e as burras para a casa, todas andan.
As mulleres sempre escollen o peor.
As mulleres teñen sete xustillos e só descobren un.
As mulleres tolas cambian o pan polas olas; i-as máis agudas, polas máis crúas.
As mulleres, cando non teñen que facer, arrancan os pelos e póñense a coser.
As mulleres, como as uvas: as ruíns, pisalas, i-as boas, colgalas.
As mulleres, de solteiras, sete brazos i-unha lingua.
As mulleres, no regueiro, danlle a volta ao mundo enteiro.
As mulleres, onde están sobran e, onde non están, boa falta fan.
As mulleres, ou matalas ou deixalas.
Boas froitas sen exceso, procura a muller de siso.
Cando a muller merca moito, o seu home vende pronto.
Canto máis chore a muller menos doo se lle ha ter.
Catro mulleres, catrocentos pareceres.
Coa vontade da muller ninguén se pode meter.
Composta, non hai muller fea.
Con media muller abonda.
Con mulleres, entrarás cando quixeres e sairás cando puideres.
Condición é das mulleres desprezar o que lle deras e morrer polo que lle negues.
Da muller e do diñeiro non te burles, compañeiro.
Da muller e do mar non hai que fiar.
De muller porca e riseira e de home que gasta corsé... libera me Dominé.
De noite non hai muller fea.
Din que a mellor tentación da muller é a de matar o home.
Doncela curiosa calquera é, casada e con fillos te quixera ver.
Dor de muller morta dura hasta a porta.
Dúas mulleres e un cesto fan feira.
Dúas mulleres xuntas, nin defuntas.
Dunha muller nada dirás, se te acordas de túa mai e de túas irmás.
É mellor ter a forca á veira que a muller xusticeira.
É o que lle queda no mundo á muller: se se casa, sufrir; e se non, padecer.
Éme, María, éme moi boa: tenme tres emes, éme marroa.
Entre o si e o non das mulleres non cabe a punta de un alfinete.
Fixeras quen fixer, págueas a miña muller.
Fume, goteira e muller berradeira botan o home da casa para a eira.
Gardar ben unha muller, non pode ser.
Hai quen se fai boa por fóra e por dentro é peor ca ningunha.
Hai quen non goberna a muller e quer gobernar o mundo.
Lugar grande e muller señora non é para agora.
Mal queda o que de muller fale, porque, sexa certo ou non, mellor é que estea calado.
Mala é a muller que deixa na pota a culler.
Mellor que muller contiñeira é un niño de avespas no marco da porta.
Mentras a grande dá unha volta, a pequeniña barre a cociña.
Mentres a muller grande se baixa, a pequena xa barreu a cociña.
Moitísimos males prevén a muller que hixiene ten.
Moitos pementos e tomates en conserva a curiosa muller sempre reserva.
Muller asturiana, home portugués i aire santiagués, pódense foder os tres.
Muller boa e honrada é a que coida a súa casa.
Muller caseira, a filla primeira.
Muller charlatana, muller folgazana.
Muller composta na rúa posta, a todo malo está disposta.
Muller con home non diga que é probe.
Muller de cego que se compón moito, non se compón para el que se compón para outro. /Muller do cego que se compón moito, non se compón pra el que se compón pra outro.
Muller de parto, carreiras arriba, carreiras abaixo.
Muller de xogador nunca te alegres: se hoxe gañas, mañá perdes.
Muller delgada, boa ama.
Muller desconfiada é a máis acertada.
Muller doente, muller pra sempre.
Muller e fillos virtuosos sempre bens son más preciosos.
Muller e xogo atopan lugar logo.
Muller fiandeira e lareta, mellor na cas que na eira.
Muller goberneira cría o seu fillo e fía a súa tea.
Muller lambereteira rebole a cacheira.
Muller lambeteira, revolve a cociña enteira.
Muller lareta para quen a queira.
Muller larmeira, ou puta ou meiga.
Muller larpeira, ou ladra ou meiga.
Muller morta non fala.
Muller morta, sete á porta.
Muller morta, sete á porta.
Muller morta, un cento á porta.
Muller moza e con coche, na facenda fai esmoche.
Muller moza e viúva, pouco dura porque se deixa comer de madura.
Muller na ventá, ou pendón ou namorada.
Muller ociosa, muller viciosa.
Muller parida, carreira abaixo, carreira arriba.
Muller peiteada, casa barrida: pouco traballo e ben parecida.
Muller probada, anque teña venta, non val nada.
Muller que adore a veciña, rapaza que durma fóra, pedra limpa da cociña e neniño que non chora non che me dan boa espiña.
Muller que asubía e canta como capón, na miña casa non.
Muller que asubía e fía de pé, nunca boa é.
Muller que corre, seguida quer ser.
Muller que en inverno foi previsora, no verán pode ser señora.
Muller que moito bebe, tarde paga o que debe.
Muller que moito mira, pouco fía.
Muller que non garda fidelidade é unha mala muller.
Muller que non torna, é porta sen tarabelo.
Muller que nos homes se cre, ten ollos e non ve.
Muller que sabe latín, non é para min.
Muller que se fai solteira, ou é aquelo ou é meiga.
Muller riseira, ou puta ou peideira.
Muller riseira, santa ou rameira.
Muller sen home é como lume sen leña.
Muller sen oficio e fol con pouca fariña, cheira a morriña.
Muller suada, muller curada.
Muller tapada esconderse quer.
Muller vella, nin para un arrangallo.
Muller, ímonos deitar, que temos que traballar.
Muller, reló e besta non se empresta.
Mulleres da Ribeira e vacas da Mezquita, quita, quita, que teñen vida de señorita.
Mulleres, para regatear, traias da beira do mar.
Nin flores en marzo nin muller sen vergoña.
Nin muller trintena nin vaca cotena.
No andar e no haber coñécese a muller.
Non é brava a muller que cabe na casa.
Non hai branca sen tacha nin morena sen gracia.
Non hai cabaza, tapón nin muller sen quita e pon.
Non hai carga máis pesada que a muller desvergonzada.
Non hai cousa máis fea que unha muller sentada e un home de pé.
Non hai cousa que faga unha muller que outra, se se pon, non-o saiba facer.
Non hai muller branca que non teña a súa chata, nin hai muller morena que gracia non teña.
Non hai muller máis delgada que a de tres meses embarazada.
Non hai muller que teña siso cando se mira ao espello.
Non sabe o que é unha hora mellorada a muller que non pariu.
Non sempre se peitea a muller para quen ela quer.
Nos meses que non teñen erre, non te achegues ás mulleres.
Nunca muller honrada chamou a outra desvergonzada.
O amor á muller bota ás veces o home a perder.
O amor da muller na roupa do seu home tense que ver.
O choro da muller non se debe crer.
O consello da muller é pouco e o que non o sigue, un tolo.
O consello da muller é pouco i-o que o toma é un louco.
O fume, a pingueira e a muller paroleira botan ao home da casa, queira ou non queira.
O fume, a goteira e a muller brava botan o home fóra da súa casa.
O papel e a muller, en mollándose, bótanse a perder.
O que non ten muller ben a quixera ter.
O que non ten muller, moitos ollos ha mester para garda-lo seu haber.
O que perde unha mala muller, non sabe o que gana.
O que quer a muller, iso se ha facer.
O que ten a muller parida, carreiras abaixo, carreiras arriba.
O que ten moitas mulleres, nunca enviuva.
O que ten unha boa muller e a perde, non sabe o que gana.
O que trata con mulleres e bestas, nunca lle faltan novidades frescas.
O que trata con mulleres, saca contas moi serráns.
O traballo da muller nunca nada se lle ve.
Onde non hai muller, todo anda como Dios quer.
Para a muller o casar é fiar pero o parir é chorar.
Para a muller que se garda non hai ocasión que valla.
Para muller parida e tea urdida non falta a gracia de Dios.
Para ser muller decente hai que vivir debaixo dunha xesta.
Parcería, coa muller... e ás veces inda hai que se ver.
Pasa por boa muller a que barre ao amañecer.
Pola muller entrou o mal no mundo.
Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén.
Quen quixera boa muller, non-a busque na romaría: búsquea na súa casa na roupa de cada día.
Quen ten muller, ten o que ha mester.
Se a muller che manda tirar dun piso, procura que sexa baixo.
Se non che gustan as mulleres, para que me queres?
Se queres ter a muller boa, dálle cerviña.
Tres mulleres, trinta pareceres.
Unha muller bandola é coma gaita na voda.
Unha muller nunha casa é unha botica; moitas tropezan unhas noutras.
Unha muller sen home é un pau viradoiro.
Vai a muller ao lavadoiro, vai ao mentidoiro.
Val a muller fachendosa máis que renda cuantiosa.
Val máis ruín muller que boa manceba.
Val máis unha muller guisando que un cento latricando.
Á muller afeitada víralle a cara.
A muller barbada unha fai e outra garda.
A muller barbuda de lonxe se saúda.
Á muller bigotuda de lonxe se lle saúda.
A muller con bigote non necesita dote.
Muller barbuda, muller rabuda.
Muller barbuda, o demo que a sacuda.
Muller con bigote casa sen dote.
Muller que ten bigote, pode máis que o home.
Se bigote non tés, mulleriña es.
A muller casada e honrada a perna crebada para que non salga da casa.
A muller casada non viva descoidada.
A muller casada nunca noivo lle falta.
A muller descaseirada non fai boa casada.
A muller que é boa casada, co seu marido lle basta.
A muller, de solteira, sete mans e unha lingua; de casada sete linguas e unha man.
Muller casada, medio home é.
Muller casada, perna quebrada.
A muller e a burra con paus se cura.
A muller falar i-a burra ornear, o demo llo debeu de ensinar.
A muller, a cabra i-a burra, a máis cabezuda.
As mulleres a bailar i-os burros a ornear, o demo lles debeu ensinar.
Ás mulleres i-aos burros, paus.
As mulleres son testudas como as ovellas i-as burras.
Catro cousas hai no mundo e as catro testudas: as mulleres e as cabras, as ovellas e as burras.
Catro cousas hai no mundo, todas elas testudas: os porcos i-as ovellas, as mulleres i-as burras.
Sol madruguín, burra que faga "in", muller que fale latín, Dios che mos aparte de min.
A muller e a cabra é mala sendo fraca.
Á muller e á cabra non lle deas corda larga.
A muller e a cabra, a pata quebrada.
A muller e a cabra, corda larga.
A muller é antolladiza e a cabra é espantadiza.
A muller, na igrexa santa e na rúa cabra.
As mulleres, como as cabras: onde vai unha, van todas.
A muller e mailo can non traban cando lles dan.
A muller e mais o can non ladran.
A muller fía e o can garda a casa.
A muller i-o can é asegundo o afán.
Á muller e o can, o pau nunha man e noutra o pan.
As mulleres hai que escollelas pola raza, o mesmo que os cas de caza.
As mulleres hai que escollelas o mesmo que os cas das perdices.
As mulleres son feitas do rabo dun can.
Cada can con seu dono e cada muller coa súa roca.
Líbrate de can que moito ladra e de muller que moito fala.
Coxeira de can e lágrimas de muller, non son de fiar.
As mulleres son o demo cando tocan a lingua.
As mulleres, fariña do demo.
As mulleres son o demo cando tocan o ferro.
Casa de mulleres, casa de demos.
Onde hai auga, hai xuncos, e onde hai mulleres, hai demos.
Onde hai sucos, auga; onde mulleres, demos.
Filla e nai, dous demos para o pai.
Hai más mulleres que demos no Ponte Seguro.
Tres fillas i-unha mai, catro diaños para un pai.
Fornos e mulleres un, i-aquela colgada como unha lámpada.
Muller e forno, con un hai dabondo.
Mulleres e fornos, un en cada casa chega.
Mulleres, tantas coma fornos.
Nunha casa debe haber tantas mulleres como fornos.
Nunha casa, mulleres tantas coma fornos.
A muller e a galiña pequeniña.
A muller e a galiña por andar pérdense axiña.
A muller e a galiña, hasta a casa da veciña.
Á muller e á galiña, tórcelle o pescozo verás como queda mansiña.
A muller fai como a pita: despois que escapa, se anica.
A muller ha de falar cando a galiña queira mexar.
A muller i-a galiña, á casa con día.
A muller i-a galiña, sempre en casa da veciña.
A muller que asubía e a galiña que canta como capón, na miña casa non.
A sorte da muller na galiña a hai que ver.
Muller que asubía e galiña que canta coma o capón, na miña casa, non.
Muller que asubía, mula que griñe e galiña que canta como capón, na miña casa non, non.
Muller que asubía, vaca que gurra, galiña que canta coma un capón, na miña casa non.
Muller que asubíe, pita que cante como capón, na miña casa non.
Imos ao trato: a muller, pita; e o home, gato.
Vamos ao trato: a muller pito i-o home gato.
A muller e a gata, de quen a trata.
A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.
A muller, como os gatos, que tendo a carne na casa, saen en busca de ratos.
Gánanse polo bo trato a muller e maila gata.
O que queira librarse de rabuñadas, que non xogue con mulleres nin con gatos.
A mula e a muller ten doce ideas no día.
A muller e a mula, cada día súa tunda; e o que así non fixera, nin terá boa mula nin boa muller.
Á muller e á mula pola boca lle entra a fermosura.
A muller que asubía i-as mulas que fan "gin" douchas para ti.
Á muller, ao cabalo e á mula, pola boca lles entra a fermosura.
De muller que fala latín e mula que faga "hin", líbreme Dios a min.
Muller e mula sen zuna, ningunha.
Muller que asubía e mula que diga "hin", tírama de xunto a min.
Muller que sabe latín e mula que fai "hin", renega dela hasta o fin.
Muller que saiba latín e mula que faga "hin", se non é mala, é ruín.
Muller que saiba latín e mula que faga "in", nin o demo as monta.
Mulleres e mulas hai poucas sen zunas.
Sol madruguín, muller que lee latín e mula que diga "hin", todo ten mal fin.
A muller amais a sardiña, escóllea pola pequeniña.
A muller e a sardiña pola máis pequeniña.
A muller e a sardiña, a máis pequeniña: mentres a grande se baixa, a pequena barre a casa e coce e amasa.
A muller e a sardiña, na cociña.
A muller e a sardiña, a máis pequeniña; dando volta á folla, alta e lambona.
A muller e a sardiña, pequeniña i escarranchadiña.
Muller, pequeniña como unha sardiña.
A muller e a ovella, con día á cortella.
A muller e a ovella, con día para a cortella.
A muller e mais a ovella, anoitecer á cortella.
A muller i-a ovella, antes da noite á cortella.
A muller i-a ovella, con día na cortella.
A muller i-a ovella, con sol na cortella.
Ovellas e mulleres, para a casa a boa hora.
A nai fachendosa quita a filla preguizosa.
A nai negra, o pai negro, a filla branca... aquí hai trampa.
Cando entrares na vila, amósame á nai e direiche quen é a filla.
Cando fores á vila, pregunta pola nai e saberás quen é a filla.
De boa nai busca a boa filla e de boa cepa planta a viña.
Faltaralle a nai ao fillo, mais non o inverno ao corisco.
Mala é a nai que á súa filla crianza non fai.
Mentres estou ca nai, non estou ca filla.
Miña nai díxome que porfiar, porfiase, pero nunca apostase.
Nai e filla caben nunha camisa; sogra e nora non caben na tea toda.
Nai fachendosa fai a filla preguizosa.
Nai moi goberneira, filla preguiceira.
Nai vella e camisa rota, non é deshonra.
Non hai nai como a que pare.
O que come a nai, para o fillo vai.
O que non cree na boa mai, cre na mala madrasta.
O que ten nai non-o hai que chorar.
Pola liña vai a tiña: tal é a nai cal é a filla.
Quen dá á súa nai e torna por súa tía, que espera a veciña?
Quen non che me pariu non foi miña nai.
Quen non me pariu non é miña nai.
Quen ten a nai na vila, sete veces se queixa ao día.
Tal nai, tal fillo fai.
Tiña miña nai, tiña meu pai, tiña miña tía, e tiña meu fol fariña.
Val máis unha nai que cen pais.
A boa vida fai a nena garrida.
A nena que moito troulea, pasa a vida alegre e así se queda.
As nenas do mesón parecen e non son.
As estelas i-as nenas deixas estar quedas.
Entre facer e desfacer, a nena aprende a coser.
Festas e verbenas non dan pan, pero dan nenas.
Muller pequena sempre é nena.
Nena que de si non torna, é porta sen tarabelo.
Nena solta é como cancelo sen porta.
O corpo da nena está na tenda.
Se queres ver a nena garrida, busca na roupa de cada día.
Vimos das Candelas, vamos ao san Brais; axudádevos, nenas, festas non hai máis.
Á casa da miña noiva levei un amigo, el quedouse de noivo i-eu despedido.
A que nunca noivo tivo e xa dos vinte pasa hai que levala ao rexistro, que é un reloxo que atrasa.
A nora pola sogra cagáronse na porta.
A nora rogada é ben recibida na casa.
A nora, rogada, e a ola repousada.
Acórdate, nora, de que serás sogra.
Arremangóuseme a nora e botoume o caldo fóra.
Barre a nora o que ve a sogra.
Cando fun nora quixen mal á miña sogra, e agora que son sogra quero mal á miña nora.
En canto foi nora, nunca tivo boa sogra; e en canto foi sogra, nunca tivo boa nora.
Entre noras e sogras nunca contaron verdade: feitas na mentira, criadas na falsidade.
Non se acorda a sogra de que foi nora.
Tan limpa é a miña nora que hasta os allos lava.
Canto máis prima, máis se lle arrima.
Eu señora e ti señora, quen prepara os pratos e a tixola?
Eu señora e vós señora, quen poñerá ó lume a cazola?
Renego da señora que todo o chora.
A quen ten sogra, cedo se lle morra.
Á túa sogra, bo trato e xicarazo.
Acórdate, sogra, de que fuches nora.
As sogras i-as patacas danse moi ben baixo da terra.
Dígocho sogra, enténdemo nora.
Entre a sogra i-a muller fan o home adoecer.
Miña sogra cando rifa ponse no medio da casa; ela mesma "boto fóra", i eu digo "nun teño trazas".
Non se acorda a sogra que foi nora.
O que non goza de sogra, non goza de cousa boa.
O que ten sogra, quer que logo se lle morra.
Os inimigos do home son tres: sogra, cuñada e muller.
Os inimigos do home son tres: sogra, cuñado e muller.
Para sogra borracha, barricas cheas.
Sogra e nora comen mal a unha mesma hora.
Sogra e nora, e can e gato, non comen ben nun mesmo prato.
Sogra e nora, solas.
Sogras e noras, ningunha conta verdade; foron feitas na mentira, criadas na falsidade.
Sogra, cuñada e tixola, na cociña están ben.
Sogra, nin de azucre é boa.
Sogra, nin de barro á porta.
Sogra, nin mala nin boa.
Sogra, ningunha é boa.
Sogra, nora e xenro son a entrada no inferno.
Sogra, nora e xenro son a entrada nun inferno.
Catro efes ten miña tía: fea, fraca, frouxa e fría.
Chámolle tía para que me día, e se non me dá, non é miña tía.
Chámolle tía para que me día; se me non dá, chámolle tía de acolá.
Chámolle tía para que me día; se non me dá, tía marrá.
Dende que vexo a túa tía morro de acedía, dende que non a vexo morro de desexo.
Ida por vida, á casa de túa tía.
Pinga, pinga, na casa da tía Dominga.
Tiven unha tía que mentres mandaba unha cousa, xa a facía.
A ave que máis murmura é a veciña.
Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas.
Boas son miñas veciñas pero me faltan tres galiñas.
Cando oias berrar a túa veciña, afía ben as túas enxivas.
Dádeme, veciñas, a embora, que boto touciño na miña ola.
Dura máis unha mala veciña que a neve febreriña.
Dura máis unha mala veciña que a neve marciña.
Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
Mala veciña, como a neve febreiriña.
Non dure máis a mala veciña cá neve ribeiriña.
Non dure máis a mala veciña do que dura a neve febreiriña.
Non dure máis a mala veciña que dura a neve febreiriña.
Nunca máis dure a mala veciña cá neve febreiriña.
Tanto dure a mala veciña, como a neve febreiriña.
Val máis fume da miña casiña que lume da veciña.
A boa vida fai a vella garrida.
A necesidade fai a vella trotar.
A necesidade mete a vella en camiño.
A vella estaba na cama e entráballe o sol pola ventá.
A vella que de amores devece, o diaño que a leve.
A vella que incha, na cova rincha.
A vella que proba os grelos, chupa os dedos.
A vella roñona fai a criada respondona.
A vella vai morrendo e mais deprendendo.
A vella, cando non sabe, usma.
A vella, despois que lle rouban a cabra, ponlle fecho á porta.
A velliña que quixo vivir deixou leña para abril.
Aos ditos das vellas hai que tapa-las orellas.
Aconsellar a vellas e predicar a xitanos, traballos vanos.
Aí vai todo o ben que a vella ten.
Algo é algo dicía a vella cando lle pasaba o rabo do gato polo medio das pernas.
Apañade os bagos, que unha vella, de bagos, fixo cen canados.
As ganas de comer fan a vella correr.
Atrás das vellas corren as pedras.
Ben vai a vella na burra cando é súa.
Ben, vella, ben: tiña noventa e nove, logo chega a cen.
Boa roupa e boa vida fan a vella garrida.
Cando a vella engorda, a campá sona
Cando a vella vexas chorar, bota o paraugas a voar.
Canto máis vella, máis leva.
Cóntase o conto da vella e non se di quen é ela.
Da vella galana non te fíes nada.
Ditos de vellas arrincan as pedras.
Dúas vellas, se se poñen a falar, xa non saben cando han de acabar.
É máis mala de levantar unha vella da eira ca unha nova do paridoiro.
En xaneiro bótalle a vella a brasa ao regueiro.
Escoita ben á vella e rite da súa consella.
Estase a vella a morrer e inda está para deprender.
Fai máis a vella co uso que a nova coa roca i-o fuso.
Funche moza e funche vella e nunca din tanto á canela.
Lume na lareira, parola de mozas e sono de vellas.
Moza fun e vella son e nunca tal me pasou.
Non hai vella da cintura para abaixo.
Non hai vella fermosa nin moza fea.
Nun ano morre a vella ou quen-a leva.
Onde non chega a vella, chega a pedra.
Papas quentes á vella sen dentes.
Pódese dicir o conto da vella pero non quen ela era.
Por que vai a vella á casa da moeda? Por se algo se lle pega.
Se a vella é gaiteira, que fará a moza solteira?
Se non miro para a vella, miro para as maxencias que leva.
Ten o pecado da vella: tanto lle dá polo que vai como polo que vén.
Unha vella fixo papas i-o pote botoullas fóra; hai cen anos que foi iso e inda hoxe a vella chora.
Unha vella, de bagos, fixo cen canados
Unha vella, de febras, fixo cen varas.
Unha vella, de febras, xuntou cen meas i-outra, de bagos, xuntou un canado.
Vai a vella morrendo e vai aprendendo.
Vella doente, vella pra sempre.
Vella roñona é unha zanfona.
Vella roñona fai a criada respondona.
Veza a vella os nenos, e lámbelle os dedos.
Vezou a vella os beldros e lámbese os dedos.
Vezou a vella os grelos, e agora zuga os dedos.