A alegría dun pobre é botar un cigarro despois de que come.
A alegría na casa dos pobres, tarde vén e pouco dura.
Como alegra o que sen traballo se gana e sen traballo se aumenta!
Non hai alegría que non traia pesares.
O que perfecta cría, acha de cote alegría.
O que planta e cría, ve alegría.
Ofrecer e non dar fai o pobre alegrar.
Onde hai moita alegría hai pouco siso.
Onde hai moita alegría, hai tolería.
Pouco dura a alegría na casa do pobre.
Un pesar fai unha alegría.
Amizade de xenro é sol de inverno.
Ás amizades vellas vai o demo de padriño.
Na necesidade nace a amizade.
Na necesidade vese ben a amizade.
No cárcere e no hospital, coñécese ben a amizade.
Non hai liorta que non pase i-amizade que non se acabe.
Non hai rifa que non pase i-amizade que non se acabe.
Por dicir as verdades, pérdense moitas amizades.
Vale máis onza de sangre que libra de amizade.
Á vila me vou e á vila me veño; se non son amores, non sei o que teño.
Amado meu, morreras ti e quedara eu.
Amor de asno, couce e bocado.
Amor de cedo: cantas vexo, cantas quero.
Amor de monxas, lume de estopas.
Amor de nai, cal el non hai.
Amor de nena, auga na cesta.
Amor de neno, auga nun cesto.
Amor de soldado non é de fiar.
Amor de xenro é sol de inverno.
Amor de xenro, bogada sen cinza.
Amor e diñeiro non se pode ter gardado
Amor e gloria é unha historia.
Amor forte non se esquece.
Amor que non ve, de contado morre.
Amor tolo, eu por vós e vós por outro.
Amor xamais manda: amor sempre roga.
Amor, coitas e diñeiro non se poden ter gardados.
Amor, de pai, que todo o demais é aire
Amor, fogo e tose a seu dono descobre.
Amor, o da nai, que de todo outro non hai.
Amor, o da nai; todo o demais é aire.
Amor, tempo e fortuna logo se muda.
Amores de baile, amores do aire.
Cando o interese é tanto, deixa o amor en branco.
Casamentos por amores acaban en dolores.
Catro cousas son precisas pra saber namorar: ollo fino, pé lixeiro, discreto e saber falar.
Coidan os namorados que os demais teñen os ollos pechados.
De amor fervendo, o corazón fumega.
De namorado a louco vai moi pouco.
Dos amores e das cañas, as entradas.
Dos amores, o primeiro.
Erro de amor ben merece perdón.
Ira de namorados, amores dobrados.
Maos frías, amores tódolos días; maos quentes, amores ausentes.
Na guerra do amor, o que foxe é vencedor.
Ninguén por amoríos se esforce, que o fío máis torcido se destorce.
Non diga que é namorado o amor que é calado.
Non diga que é namorado o amor que é calado.
Non hai amor nin diñeiro coma o primeiro
Non hai diñeiro nin amoriño como o primeiro.
Non hai sábado sen sol nin romeiro sen flor nin dama sen amor.
Non hai sábado sen sol nin moza sen amor nin vello sen dor.
O amor con amor se paga.
O amor e a fe nas boas obras se ve.
O amor e a morte vencen o máis forte.
O amor é cego.
O amor é lume, pero nel non ferve o caldo.
O amor e o meniño, onde atopan acariño.
O amor primeiro é o máis duradeiro.
O andar para fóra é andar que namora.
O lume, a cama e o amor non din "vaite ó teu labor".
O namorado non quer ser aconsellado.
O parir é dor e o criar é amor.
O que torce para fóra, andar que namora; o que torce para dentro, andar de zopenco.
Obras son amores, e non palabras doces.
Obras son amores.
Ollos de namorados, ollos trasquilados.
Onde hai amor hai dolor.
Onde hai amor hai dor.
Onde hai celos, hai amor; onde hai vellos, hai dor.
Os primeiros amores son os mellores.
Para o amor e a morte non hai cousa forte.
Piollos, lagañas, mocos e maos que tocan o cu... Se ese é o amor que me espera, e tódolos cus cagan merda pura, cágome no amor e na fermosura.
Pra o amor e a morte non hai cousa forte.
Quen predica aos namorados, é como quen predica aos xordos.
Quen ten amores non dorme.
Se me queres, querereite, non me querendo, no hai nada; esquecer, esquecereite: amor con amor se paga.
Se torce para fóra ten un andar que namora.
Sol de inverno, chuvia de verán, amor de mulleres, culler de pau, pouco durarán.
Torcer para dentro, andar de trenco; torcer para fóra, andar que namora.
Val máis un amor de lonxe que vinte e cinco da porta.
Vanse os amores e quedan as dores.
Viños e amores, os vellos son os mellores.
A grama polos tantos desprezada, con ansia é por moitos rebuscada.
Ansias alleas matan os asnos.
O que ten ansia non durme.
O refrán máis verdadeiro é que o que ten ansia non dorme.
Quen ten ansia non dorme.
Ricos son os que se deitan sen ansias en que pensar.
Caridade sen vaidade.
A caridade ben entendida comeza por un mesmo.
A cobiza racha o saco.
A cobiza rompe o saco
Canto máis cobizado é o que se quer, máis se cobiza ver.
Do mirar nace o cobizar.
Moitas veces se perde por preguiza o que se gana con cobiza.
Mundo malo, mellor para deixalo que para cobizalo.
Tanto come o que ten como cobiza o que non ten.
Unha no papo e outra no saco, e inda cobiza o que queda no prato.
A confianza mata o home.
A confianza mata o galego.
Á vista do pano está o desengano.
Hai que vivir de ilusións, inda que se morra de desengano.
Máis ensinan os desenganos que os anos.
Non nos anos están todos os desenganos.
Nos anos están os desenganos.
Non só nos anos están os desenganos.
O que aprende cos anos leva moitos desenganos; hai que escarmentar por en cabeza allea.
O que aprende cos anos, leva moitos desenganos.
Os desenganos veñen cos anos.
Vive cen anos e verás moitos desenganos.
Dó alleo colga de un pelo.
Os dós con pan e viño son bos.
Pra calquera dó, a paciencia é un remedio bo.
Se os dós con pan son bos, con diñeiro son rebós.
A dor da muller morta chega hasta a porta.
A dor non mata a ninguén.
A quen lle doe o dedo, méntao a cada credo.
A quen lle doe, doe.
Ao que lle doe, que se queixe.
Ao que lle doe, quéixase.
Cada un doese do que lle magoa.
Cada un sabe onde lle doe e onde lle proe.
Cando a cabeza doe, tódolos membros doen.
Despois de fortes dores hai malos humores.
Máis val dor de brazos que de corazón.
Non hai dor que sexa bo.
Non hai mal onde non hai dor.
Se os dores non matasen, ningún dor sería grave.
Tras a caída vén a dor.
Tras dunha dor nunca falta outro maior.
A envexa non é caridade.
Antes envexado que compadecido e apurrado.
Cando a cabra mexa, a outra lle dá envexa.
Cando a envexa sexa caridade, moitos caritativos haberá.
Envexa hai moita.
Envexa me teñas e non mágoa.
Envexa non teñas se queres ter paz.
Hai xente que envexa o alleo e non aproveita o seu.
Envexa non teñas do campo do veciño, antes fai o que el fai.
Envexa non teñas se queres ter paz.
Máis casas desfai a envexa que a polilla.
Mellor é ser envexado que aborrecido.
Mellor é verse envexado que verse aquelado.
Non hai ninguén tan desgraciado que non sexa envexado.
Nunca o envexoso medrou e o que estivo ao lado del tampouco: envexa hai moita.
O envexoso nunca está sosegado.
Se a envexa fora tiña, moitos tiñosos habería.
Se a envexa fora tiña, todo o mundo a tiña.
A esperanza longa o corazón acora.
A esperanza non enche a panza.
Coa esperanza non se come nin se vive.
Coa esperanza vivimos.
Onde morre unha ilusión, nace unha esperanza.
Esperanza que me consola, que non morra.
Mentres temos vida, tamén temos esperanzas.
Mentres dura, vida e dozura, e ao acabarse, esperanza, que é o último que se perde.
Mentres hai vida, hai esperanza.
Ten espera e vagar, se non te queres enfadar.
Ten na espera vagar, se non te queres enfadar.
Cargado de ferro, cargado de medo.
Cumprindo como debes non tes por que ter medo.
Ímola andando, que si ti levas medo, eu vou tremendo.
Mal ladra o can cando ladra de medo.
Más val o medo que me tes que o pan que me comes.
Medo cobrado, doo dobrado.
Medo de mexar no adro e vai cagar ao altar.
Medo non teño e vou tremendo.
Medo ten o que moito reza.
Non teño medo hasta que mo poñen.
O medo e a sospeita do pracer son inimigos.
O medo é grande de corpo.
O medo é libre; cada un ten o que quere.
O medo é parvo.
O medo garda a viña a Pedro.
O medo garda a viña e non quen a vendima.
O medo garda a viña, e o farelo, a fariña.
O medo garda a viña, e o zorro, a galiña.
O medo garda a viña, e os paxaros, a nabiña.
O medo garda a viña, o fol a fariña io zorro a galiña.
O medo garda a viña.
O medo garda o sebo.
O medo garda o viño.
O medo non é bo.
O pouco espanta e o moito amedrenta.
O que de medo se morre, con p... o enterran.
O que mal vive, o medo o persigue.
O que ten medo merca can.
O que ten medo ao lume, é porque está queimado.
O que ten medo aos paxaros, nunca sementa.
O que ten medo, nunca lle faltan sustos.
O que ten vista de aumento, sempre ten medo.
O que ten, ten medo.
Por medo nunca convén desfacerse do que un ten.
Quen ameaza e non dá, medo ha.
Quen di que nunca tivo medo, non apagou unha vela cos dedos.
Quen non ten rabo de palla, non ten medo ao lume.
Quen ten cu, ten medo.
Se ten medo o galán, bota fóra o can.
Sempre saíu o medo dun canto escuro.
Ten medo aos vivos pero non aos mortos.
Unha cousa é ter medo e outra chegar a telo.
A pesares, tragos.
Día de pracer, véspera de pesar.
Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar.
O moito escaravellar trae ás veces o seu pesar.
O pesar e o defunto vai todo xunto.
O pesar non é máis que sede.
O pesar todo é sede.
Un pesar fai tamén unha alegría.
A pouca vergonza, menos honra.
A vergonza e a honra, cando unha muller as perde, endexamais as atopa.
A vergonza é un espantallo que para moitas cousas é atallo.
A vergonza no probe, máis probe o volve.
A vergonza pasa e o diñeiro queda na casa.
A vergonza, de onde sae, nunca máis volta.
Antes morte que vergonza.
Como aquí estamos os dous, nin ti mo pides nin eu cho dou; e se cho pido e ti non mo das, en que vergonza me deixarás!
Como muller sen vergonza, así o árbore sen codia.
Folgar sen vergonza, iso é o fiar na roca.
Máis val vergonza na casa que mágoa no corazón.
O que non ten vergonza, ten por súa a terra toda.
O que non ten vergonza, toda a terra é país.
Onde a vergonza sae unha vez, nunca máis se volve ver.
Onde non hai medo non hai vergonza.
Onde non hai vergonza, non hai cousa boa.
Onde pos a cara, pon a vergonza.
Para o que non ten vergonza, toda a terra é súa.
Para pouca vergonza, val máis ningunha.
Pide o lambón para o vergonzoso.
Por dar unha esmola ninguén se avergonza.
Quen unha vez perde a vergonza, a vela non volta.