cagar

verbo intransitivoExpulsar excrementos ou gases polo ano.

Caga duro e mexa claro e rite do médico e do boticario.

Caga o rei e caga o papa e sen cagar ninguén se escapa.

Cando vaias cagar, leva con que te limpar.

Come ben e caga forte, e non teñas medo á morte.

Comer, durmir e cagar piden vagar.

Hai moitos a cagar ordes e poucos a cumprilas.

Inda algúns non ven cagar e xa cobizan lamber.

Non come a miña tía e caga cada día.

Non hai ninguén que non a cague.

Nun leiro estreito, se unha vaca se pon atravesada, ten que cagar fóra do eido.

O fillo do patrón caga xunto ao temón.

O que come ben e caga ben, maldito mal ten.

O que do seu fai alleo, mete cagallóns no seo.

Sempre ten máis que falar o que caga a manta que o que a lava.

Sempre ten máis que falar o que caga na manta que o que lava.

Ten máis que dicir o que caga a manta ca o que a limpa.

cuspir

verbo intransitivoExpulsar cuspe ou lanzalo sobre algo ou alguén.

Contra o ceo non cuspas, que na cara ten de che caer.

O que alto cuspe, á cara se lle volve.

O que ao alto cuspe, á cara lle vén dar.

O que cuspe moi alto, cáelle na cara.

O que cuspe ó aire, na cara lle cae.

O que mal cuspe, en si o ve.

merda

substantivo femininoExcremento sólido. - Sucidade, porcallada.

A merda non ten orella.

A merda non ten querela.

A merda pra que non cheire, deixala estar queda.

A merda, bótalle terra pra que non feda.

A moita merda fede.

A ninguén lle cheira mal a súa merda.

Algo ten a merda cando esterca aterra.

Boi de palla, besta de herba e home de moita verba, todo é merda.

Cando é moita a merda, cheira.

Cando é moita a merda, moito cheira.

Cando vexas a merda, non lle toques para que non cheire.

Cando vexas a merda, non lle toques para que non cheire; se é moita, non hai quen aguante.

Canto máis se remexe na merda, máis cheira.

Gábate, merda, que ó río te levan.

Máis vale ser media merda que merda e media.

No inverno dise: "Cando sexa verán, farei unha capa", e ó vir o verán: "Estírate perna, que capa nin que merda".

O que moito revolve na merda, sempre cheira a ela.

Pescantín de cana perde máis que gana; e se a cana creba, pescantín á merda.

Santo de terra, santo de merda.

Se é moita a merda, non hai quen aguante.

Vale máis manta lavada da merda do gato que roída do gato.

Viño e merda, pola esquerda.

mexar

verbo intransitivoExpulsar a urina.

Á túa mesa nin na allea non te sentes coa vincha chea.

Antes que vaias á igrexa, mexa.

Ao que te mexa, cágao se podes.

Boa mexada, boa cor e tres figas ao doutor.

Cando un home mexa nas botas, xa non está para mozas.

Mexan por min e hai que dicir que chove.

Mexe eu claro e cágome no cirurxián.

Muller que asubía e mexa de pé, non será home, pero muller non é.

Muller que asubía e mexa de pé, nunca boa é.

Muller que mexa de pé nunca boa é.

Non mexa na porta da igrexa e faino no altar maior.

O que mexa e non solta o peido, é coma gaita sin tamborileiro.

O querer verdadeiro entra polo mexadeiro.

Onde a mula dianteira mexa, mexa toda a recua.

Onde burro mexa, tódolos demais mexan.

Onde moitos mexan, lameira fan.

Para o carro e mexaranche os bois.

Quen mexa contra vento, mexa se cadra os calzóns.

Quen mexa contra vento, molla se cadra a camisa.

Quen moito chora, pouco mexa.

Se pola miña palabra me perdo, na miña palabra me cago e me mexo.

Se queres ver o compañeiro andar, ponte a mexar.

peido

substantivo masculinoGas do intestino que se expulsa polo ano.

A cada un chéiralle ben o peido do seu cu.

Ninguén bota as tripas do eido por botar un peido.

Peido con sono non ten dono.

Tronada de peidos, temporal de merda.

Se non ten remedio, bótalle neto e medio.

Se queres ter a muller boa, dálle cerviña.

Se queres ter saúde todo o ano, anda ben calzado.

Se souberan o mérito da ruda, colleríana hasta pola lúa.

Segundo te procuras, así duras.

Sopas de leite e bo viño póñenme noviño.

Chepas e manías cúranse con milagres.