A mellor cerradura é non ter cartos.
Cartos a créditos pairen becerros.
Cartos chaman cartos.
Cartos na man, xurelos na cesta.
Coméronme os cartos e gafáronme a casa.
Con cartos na bulsa calquera rufa.
Corpo descansado cartos vale.
Dádeme cartos e non me deades consellos.
Des que se perden os cartos, cósense os petos.
En cartos e pan cocido vexa eu os bens do meu inimigo.
En cartos e pan cocido vexa os bens do meu amigo.
En rodas e pan cocido vexa os bens do meu amigo.
Hai que campar, aínda que non haxa un carto.
Hai que saber con quen se gastan os cartos.
Kirie eleisón, cartos ao queixón.
Ládreme quen queira mentres teña cartos na faldriqueira.
Máis val "teño un oitavo" que "préstame un carto".
Memento mei, Deus, quia ventus est, daca os cartos e toma os papeis.
Na hucha os cartos non medran pero axúntanse.
Ninguén tira cos cartos.
Non hai amigo como os cartos.
Non hai amigo nin irmán, se non hai cartos na man.
Non hai cartos como os da corda
Non hai cartos como os que van polo seu pé á feira.
Non hai mellor cerradura que non ter cartos.
O carto todo apertado, dúas veces vai contado.
O corazón do home son os cartos.
O que as compra ao domingo e véndeas ao luns, perde ben cartos.
O que cartos queira ganar, non se canse de esperar.
O que naceu para oitavo, nunca a carto chega.
O que ten cartos no bolso, periga polo camiño.
Obra torta, cartos dereitos.
Os cartos a réditos poñen becerros.
Os cartos andan apañados.
Os cartos cóllense unha vez e antes cóntanse tres.
Os cartos do sancristán tan pronto veñen como van.
Os cartos fan moitos homes listos e moitos homes parvos.
Os cartos gustan a todos.
Os cartos son cartos.
Os cartos, todos queren repañalos.
Pan cocido e cartos na man, a ver cal dura máis.
Presta cartos e fai inimigos.
Quen ten cartos é fidalgo.
Quen ten cartos, quita santos.
Quen vai a moitas romaxes, gasta cartos e traxes.
Responso dito, cartos na man.
Se che piden cartos, pregunta para que son; e se chos dan, cala.
Se ten cartos o velliño, untaráselle o fociño; pro, se non os ten, a tixola ulirá ben.
A contas vellas, barallas novas.
Ao chegar aos setenta, bota a conta.
Conta mata conta.
Entre os sesenta i-os setenta vai facendo a conta.
Se a nove lle sacan dez, sáenche as contas ao revés.
A débeda e o labor sempre veñen ao peor.
A débeda e o labor quedan pra o peor.
A débeda e o labor, sempre agardan polo peor.
As desculpas non pagan débedas.
Cando chove e fai sol, tempo de pagalas débedas.
Deitarse sen débeda e erguerse co ela non é boa aquela.
Déitate sen cea e amañecerás sen débedas.
En débeda se mete quen fía ou promete.
Máis vale débeda vella que enclava nova.
Non hai prazo que non se cumpra nin débeda que non se pague.
O que come os meus bens, pague as miñas débedas.
Quen promete en débeda se mete.
Se tes para Pascua unha débeda, logo che se vai á Coresma.
Trampas nunca pagaron débedas.
A cantar ganei diñeiro, a cantar se me acabou; diñeiro mal ganado, a auga o dou i-a auga o levou.
A diñeiro dado, brazo crebado.
A diñeiros pagados, brazos crebados.
A hucha sen diñeiro é coma o prado sen rego.
A murmuración pasa e o diñeiro queda na casa.
A pon, pon, o diñeiro enche o bolsón.
A pouco diñeiro, pouca saúde.
A quen non ten diñeiro, fanlle o enterro de can de palleiro.
A quen non ten diñeiro, o cu lle serve de candeeiro.
A quen quites o sombreiro, nunca lle prestes diñeiro.
Ande o diñeiro, que é ben lixeiro.
Aínda que che o diñeiro sobre, se non tes caridade chámate probe.
Ao malo, darlle diñeiro, ou casalo se é solteiro.
Baralla diñeiro, sexa teu, sexa alleo.
Ben cheira o diñeiro inda que veña dun esterqueiro.
Bo é ter diñeiro e casa con pote, tixola e pucheiro.
Calor de maio, diñeiro do ano.
Cando a morte chega, de nada val ter moeda.
Cando o diñeiro fala, todos calan.
Cando o probe ten diñeiro non ten carne o carniceiro.
Canto tes, canto vales.
Carta sen diñeiro non pasa a ponte do Leiro.
Con diñeiro e facenda allea ninguén se deita con cea.
Corre o fume para o fumeiro, corre para que ten diñeiro.
Corre o isqueiro pra quen ten diñeiro.
De diñeiro e santidade, a metade pola metade.
De diñeiros e bondade, quita sempre a metade
De ferreiro a ferreiro non corre diñeiro.
Déannos diñeiro e non nos dean consellos.
Debe facerse a obra co diñeiro que sobra.
Diñeiro busca diñeiro.
Diñeiro chama diñeiro pero é o máis ao menos.
Diñeiro é o que diñeiro vale.
Diñeiro e santidade, pola metade.
Diñeiro e vida compoñen casas e vilas.
Diñeiro esquecido non fai mercede nin fai amigo.
Diñeiro gana diñeiro.
Diñeiro haxa, que gusto non falta.
Diñeiro que gardado está, non gana pan.
Diñeiro que vai e vén, a seu dono mantén.
Diñeiro teña o meu amo, que lle sobrarán criados.
Diñeiro, siso é lealdade, menos aínda da metade.
Diñeiros de sancristán, cantando veñen e cantando van.
Diñeiros e amores mal se encobren.
Do diñeiro roubado ninguén encheu o sobrado.
Dous andares ten o diñeiro: vén a modiño e vaise lixeiro.
En falando de diñeiro e santidade, metade por metade.
En pasar o río ou dar diñeiro, nunca sexas o primeiro.
En terra que moi boa sexa, ben o diñeiro se emporca.
En terra que moi boa sexa, ben o diñeiro se emprega.
Encargo sen diñeiro non pasa a ponte de Outeiro.
Encargos sen diñeiro chegan a Sigueiro.
Encargos sen diñeiro chegan ao primeiro regueiro.
Encargos sen diñeiro non pasan do recadeiro.
Encargos sen diñeiro non pasan o Cabo Silleiro.
Encargos sen diñeiro quedan no primeiro regueiro.
Fume, fumeiro, corre para que ten diñeiro.
Gloria sen diñeiro é fume sen palla.
Haxa diñeiro no bolso que non faltará quen lle faga o son.
Memorias sen diñeiro molestan ao recadeiro, ao pasaxeiro e ao viaxeiro.
Memorias sen diñeiro molestan o pasaxeiro.
Meu diñeiro manso, quen te volveu bravo?
Meu diñeiro manso, quen te volveu bravo?
Negreiro con diñeiro, cátao cabaleiro.
Ninguén sería mesoneiro se non fose polo diñeiro.
Non escondas a chave ao bodegueiro se queres do viño facer diñeiro.
Non hai amigo nin irmán, se non hai diñeiro na mau.
Non hai diñeiro coma o primeiro.
Non hai galiña gorda por pouco diñeiro.
Non hai mal máis verdadeiro que o de non ter diñeiro.
Non hai mellor amigo que un peso no bolso.
Non quero preito co meu diñeiro.
O bo preiteante ten que levar o diñeiro por diante.
O diñeiro bo e o malo gástanse de contado.
O diñeiro da Habana pouco custa e pouco dura.
O diñeiro do mesquiño dúas veces anda o camiño.
O diñeiro do pobre, aínda que queira non pode.
O diñeiro do ruín gástase dúas veces sen se lucir.
O diñeiro do sancristán, cantando se lle veu e cantando se vai..
O diñeiro do sogro afúndese en preitos todo.
O diñeiro do teu inimigo, en pan cocido e en rodas o vexas.
O diñeiro do usureiro dá dez voltas ao quinteiro.
O diñeiro do xogo vaise logo.
O diñeiro é cabaleiro.
O diñeiro é calado: a ninguén di si foi roubado.
O diñeiro é de quen o agarra, a gloria é de quen a gana.
O diñeiro é madeira seca.
O diñeiro é o amo do mundo enteiro.
O diñeiro é pra contalo e as chaves pra gardalo.
O diñeiro é redondo
O diñeiro é tan bo servidor coma mal señor.
O diñeiro é tan mal amo como bo criado.
O diñeiro é tan mal amo como tan mal criado.
O diñeiro en todo tempo é bo compañeiro.
O diñeiro en todo tempo vén a xeito.
O diñeiro enche o bolso a forza de pon e pon.
O diñeiro fai ao cabaleiro.
O diñeiro fai o home enteiro.
O diñeiro foxe como a auga dun regueiro.
O diñeiro herdado, pouco custa e menos dura.
O diñeiro mal ganado entra pola porta e sae polo tellado.
O diñeiro manda.
O diñeiro non é de quen o gana, é de quen o garda.
O diñeiro nunca perde o tempero.
O diñeiro que máis nos fai aledar é o que se sabe ganar e o que se sabe gastar.
O diñeiro racha as pedras.
O diñeiro trae os homes ao retortoiro.
O diñeiro vaise ao diñeiro e o folgar, ao cabaleiro.
O fume no fumeiro corre pra o que ten diñeiro
O fume tira para o fumeiro, para as nenas mocosas e para as que teñen diñeiro.
O home adiñeirado nunca en xuízo é condenado.
O mal pagador nunca ten diñeiro.
O mellor medianeiro é o diñeiro.
O muíño albeiro, pouco rendemento e moito diñeiro.
O polbeiro, pouco diñeiro.
O que compra con diñeiro que non é seu, non diga que comprou senón que vendeu.
O que dirán logo pasa e o diñeiro queda na casa.
O que non quere pagar, nunca ten diñeiro.
O que non se pode mercar con diñeiro non se pode vender por diñeiro.
O que non ten capa en xaneiro, non lle emprestes diñeiro.
O que sabe canto gana á noite, nunca rico morre.
O que ten cartos no bolso, non sempre ten que comer.
O que ten, vale, e o que non ten, non vale nada.
O que vacas á mulida xungue, alpargatas gasta e de mulleres fai caso, nunca terá diñeiro e sempre andará descalzo
O ruín pagador nunca ten diñeiro.
Obra acabada diñeiro agarda
Obra feita diñeiro espera.
Onde o diñeiro fala, todos calan.
Papel e tinta diñeiro custa.
Por carta de máis ou carta de menos pérdense os xogos e vaise o diñeiro.
Por diñeiro baila o can e por pan, se llo dan.
Por moita vida que teñas e diñeiro que che sobre, se che falta a caridade, xa te podes chamar pobre.
Preiteante con fortuna é o que ten por inimigo a quen ten súa facenda en diñeiro e pan cocido.
Prenda de galego diñeiro vale.
Quen diñeiro non ten que cobrar, moitas voltas ten que dar.
Quen diñeiro ten, merca o que quer.
Quen gasta pouco diñeiro, nunca foi gran tesoureiro.
Quen precisa diñeiro vende ás veces a bulsa i-o pelexo.
Quen ten diñeiro, sempre anda no peneiro.
Reinos e diñeiros non queren compañeiros.
Se o diñeiro é forte, máis forte é a morte.
Se queres ir ao roupeiro, non te esquezas do diñeiro.
Se un peso tes, un peso vales.
Siso, diñeiro e bondade non é sempre caridade.
Un bo medianeiro foi sempre o diñeiro.
Cando deas a esmola non toques a trompa.
Non por dar unha esmola se queda un probe.
O bo esmoleiro non debe ser bullangueiro nin pregoeiro.
A ganancia do carreteiro entra pola porta e sae polo fumeiro.
A ganancia e a laceira corren de feira en feira.
A ganancia vai na compra.
A pouca ganancia nunca empeña.
A río revolto, ganancia de pescadores.
As perdas e as ganancias sempre andaron xuntas.
Bo traballo é traballar cando a ganancia é pouca.
En apuntar vai a ganancia.
En cobrar vai a ganancia.
En non puxar vai a ganancia.
Mar revolto, ganancia de mariñeiros.
No vender vai a ganancia.
O río revolto, ganancia de pescadores
O traballo nunca luce se a ganancia é pouca.
Para tempo andado, pan ganado.
Pouca ganancia e pouco diñeiro.
Todo é ganancia contada para a muller que é aplicada.
Vaite, ganancia, non me deas perda
Máis vale din de moeda que don sen renda.
Redonda é a moeda pra que rode e corra e vaia e veña.
A bo negocio boa ganancia.
Cada un coida do seu negocio e Deus do de todos.
Cada un no seu negocio sabe máis que outro.
Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas.
O negocio das bestas, canto dá, canto pesca.
Onde hai homes, hai negocios.
Quen deixa os seus negocios polos alleos, non ten xuízo.
Axuntar ouro con lama deixa as mans lixadas.
Corre o ouro para o tesouro.
Nin é ouro canto reloce nin brilla canto se ve.
Nin ouro é todo canto se ve.
Non con ouro se consigue a dicha.
Non é ouro todo o que reloce nin tose toda a que o señor tose.
Non é ouro todo o que reloce nin trigo todo o que se coce.
Non é ouro todo o que reloce.
Non é todo ouro o que reloce.
Non todo o que reloce é ouro.
Non todo ouro reloce.
O ouro e o home, en tocándoo logo se coñece.
O ouro é para o tesouro.
Onde hai ouro reloce logo.
Onde ouro anda, ouro mana.
Onde ouro se mede, ouro se verte.
Ouro é o que ouro val.
Pedra de igrexa ouro gotexa.
Quen ouro manexa, ouro gotexa.
Vaise o ouro ao mouro.
Vaise o ouro para o tesouro.
Un peso gánao calquera, o caso é ter conta del.
A prata anda acotío detrás da prata.
Coa prata todo se alcanza.
O que ata moito a prata, o diaño lla desata.
Prata é sempre o que prata vale.
Quen vai soamente pola prata, ben pode dicir que se ata.
Se che parece mal, dáme un real e, se che parece ben, dámo tamén.
Se che parece mal, vólveme o real, e se che parece ben, vólvemo tamén.
Tanto gasta María o seu real ben coma mal.
Tanto vales como tes; se non tes máis que cen reais, non máis de cen valerás.
En pouco aprecio se ten o que se recibe de regalo.
Non hai mellor regalo que o non estar malo.
Os regalos, a moitos fixéronos malos.
Regáleme, miña comadre, que non teño quen me regale.
Regalo de viúva, algo busca.
Tanto regalo tráeme regalada: tódolos meses camisa lavada.
Toma tu e toma tu, e o regalo vai no cu.
Gana o tesouro verdadeiro e deixa o perecedoiro.
Non falta tesouro de viño nin de ouro.
O maior tesouro sempre vai ó ouro.
Quen ten un tesouro non pensa máis que en ouro.
Do troco sempre leva o choco.
No troco algún leva o broco.
No troco un sempre leva o choco.