xaneiro

substantivo masculino Primeiro mes do ano, que ten trinta e un días.

Aínda non veu xaneiro para poñer a perna por diante do compañeiro.

As anadas de xaneiro, lévaas a xeada por enteiro.

As catro xeadas de xaneiro, as catro nevadas de febreiro e as doces augas de abril, valen máis que o Bo xaneiro, mal febreiro.

Bo xaneiro e bo san Xoán, os teus ollos non o verán.

Da flor de xaneiro ninguén enche o celeiro.

De xaneiro a xaneiro o diñeiro é do banqueiro.

De xaneiro a xaneiro os cartos son do banqueiro.

En minguante de xaneiro corta o madeiro.

En xaneiro a auga pola pena fai carreiro.

En xaneiro a col sabe a carneiro.

En xaneiro aínda pasa o trigo polo peneiro.

En xaneiro anda lixeiro.

En xaneiro andan as formigas polo carreiro.

En xaneiro cágalle na barba ao xeiteiro.

En xaneiro calquera ovella pasa o regueiro; pero en febreiro, nin ovella nin carneiro.

En xaneiro cásate, compañeiro, e dá unha volta ao galiñeiro.

En xaneiro colle a gaita e deixa o pandeiro.

En xaneiro cómese o porco enteiro.

En xaneiro cómese touciño novo e déixase o vello.

En xaneiro e febreiro busca a sombra o can; en marzo búscaa o burro.

En xaneiro entra o sol en calquera regueiro.

En xaneiro hai lameiro.

En xaneiro mete obreiro á sebe e non á parede.

En xaneiro mete obreiro, antes na sebe que na parede, non porque medre o día senón porque está a pedra fría.

En xaneiro mete obreiro, antes na sebe que na parede; non pola falta de día senón pola pedra que está fría.

En xaneiro mete obreiro, mellor no último que no primeiro.

En xaneiro non hai abrigadoiro.

En xaneiro non metas obreiro.

En xaneiro o ameneiro arde no regueiro.

En xaneiro o pescado val carneiro.

En xaneiro pon abella ao pé no salgueiro.

En xaneiro sabe o caldo a cordeiro

En xaneiro saen as formigas ao carreiro.

En xaneiro seca a avoa as madeixas ao fumeiro.

En xaneiro sube ao outeiro: se ves terrexar, ponte a cantar; se ves verdear, ponte a chorar.

En xaneiro sube ao outeiro: se ves verdear, bótate a chorar, e se ves negrexar, bótate a cantar.

En xaneiro súbete a outeiro: se ves o pan marelecer, ponte a cantar, e se o ves reverdecer, ponte a chorar.

En xaneiro súbete ao outeiro: se ves o campo verdear, ponte a chorar, e se terrexar, ponte a cantar.

En xaneiro tira o cepo de xunto a ti e pono diante do compañeiro.

En xaneiro vai ao leiro: se o ves verdear, ponte a chorar; se o ves mourear, ponte a cantar.

En xaneiro xea moito; en chegando marzo, calma un pouco.

En xaneiro xéase a vella no leito e a auga no pucheiro.

En xaneiro, bo braseiro.

En xaneiro, cada ovella co seu carneiro.

En xaneiro, frío no corpo enteiro.

En xaneiro, mellor cabalo que o castiñeiro.

En xaneiro, nin galgo lebreiro nin boi carreteiro.

En xaneiro, nin galgo lebreiro nin falcón perdigueiro.

En xaneiro, polas mañás, sementa as patacas temperás.

En xaneiro, polo día ao sol e a noite ao braseiro.

En xaneiro, se ves terrexar, comer a fartar; se ves verdear, nin comer nin deixar.

En xaneiro, se ves verdear, come a gobernar, e se ves terrexar, come a fartar.

En xaneiro, sete capelos e un sombreiro.

En xaneiro, sete gatos no carreiro.

En xaneiro, sete lobos no carreiro.

En xaneiro, un pouco ao sol e outro pouco ao fumeiro.

En xaneiro, un pouco ao sol e outro pouco ao fumeiro.

Mete o teu fiadeiro no mes de xaneiro.

No mes de xaneiro está o rancho enteiro.

No mes de xaneiro non metas obreiro, non polo día senón pola pedra que está fría.

No mes de xaneiro non poñas o pé diante do compañeiro.

No mes de xaneiro, sete capas e un sombreiro.

No xaneiro bébese en calquera regueiro.

No xaneiro non debe mollar o pé o carneiro.

No xaneiro, nin boa meda nin bo palleiro.

O mes de xaneiro é xeadeiro; febreiro, muiñeiro; marzo, esquivazo; abril, chuvioso; maio, pardo, e san Xoán, claro; en seitura sol, i-en agosto mellor.

O que compra en xaneiro, en maio non lle dá o diñeiro.

O vinte e dous de xaneiro, se raia o sol á mañá, emborráchase o mariñeiro porque hai boa colleita de millo.

O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro.

O xaneiro é xeadeiro.

Polo mes de xaneiro saca o tizón diante de ti e pono diante do compañeiro.

Polo xaneiro sae a auga ao carreiro.

Por xaneiro e febreiro os lobos baixan ao palleiro.

Por xaneiro nunca toca ben o gaiteiro.

Por xaneiro xa a col cubre o carneiro.

Raiola de xaneiro pode co verde e co seco.

Se chove en xaneiro, pon as redes ó fumeiro.

Tantas cheas en xaneiro como reais sobre o farneiro.

Tantas néboas en xaneiro como xeadas en maio.

Tanto dirán: ¡elas! ¡elas!, que veñan cando as xaneiras.

Tempereiro por tempereiro, xaneiro e o compañeiro.

Xaneiro a ferverexar e as porretiñas do pan a medrar.

Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.

Xaneiro areeiro aumenta o teu celeiro.

Xaneiro chega con tempo fresquiño e lixeiro.

Xaneiro e febreiro comen ao carneiro a polpa e marzo leva a culpa.

Xaneiro e febreiro son boa tragadeira.

Xaneiro é moi frieiro.

Xaneiro é un mes moi lameiro.

Xaneiro fai a cama no palleiro.

Xaneiro fóra, medrou o día máis de unha hora.

Xaneiro laceiro.

Xaneiro lamigueiro, do bo labrador fai lixeiro

Xaneiro lamigueiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Xaneiro mollado, bo pro tempo, mal pro gando.

Xaneiro mollado, febreiro trastornado.

Xaneiro mollado, se non é bo para o pan, non é malo para o gando.

Xaneiro muiñeiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Xaneiro oveiro, marzo espigarzo, abril penduril.

Xaneiro poeiro ensancha o celeiro.

Xaneiro purraqueiro, nin bo ano nin bo palleiro.

Xaneiro quente o demo trae no ventre.

Xaneiro ten unha hora por enteiro.

Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Xaneiro verceiro, pouca meda e menos palleiro.

Xaneiro xabreiro, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuvioso, maio pardo e san Xoán claro valen máis que as mulas i-o carro.

Xaneiro xeadeiro e febreiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Xaneiro xeadeiro sempre fixo bo medeiro.

Xaneiro xeadeiro, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo e san Juan claro, valen máis que las mulas y el carro.

Xaneiro xeadeiro, febreiro ferveruxeiro, marzo ventoso, abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.

Xaneiro xeadeiro, febreiro fibroso, marzo ventoso, abril chuvioso e san Xoán claro, valen máis estes seis meses do ano que os bois do rei e mais o seu carro.

Xaneiro xeadeiro, febreiro mandadeiro, marzo pardo, san Xoán claro, valen máis que os bois i-o carro.

Xaneiro xeadeiro, febreiro nivoso, marzo ventoso, abril chuviñoso, sacan a maio florido e fermoso.

Xaneiro xeadeiro, febreiro revolvedeiro, marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo e san Xoán claro valen(lle) máis cós seus bois i-o carro.

Xaneiro xeadeiro: busca a lebre no regueiro e o conexo no subideiro.

Xaneiro xeadeiro; febreiro por cada suco un regueiro; marzo, espigarzo; abril, espigas mil; xuño, fouce no puño: destes meses que che falo valen mais con bois e o carro.

Xaneiro xeadeiro; febreiro regadeiro; marzo, mexo de rato; abril, trebóns que enche[n] o carro e o carril.

Xaneiro xeado, febreiro trastornado, marzo airoso e abril chuvioso sacan a maio florido i-fermoso.

Xaneiro xeeiro, febreiro amoroso, marzo escabroso, abril chuviñoso, maio pardo, san Xoán claro, aí vai a colleita de todo ano.

Xaneiro xeou, febreiro seguiu, marzo soprou, maio choveu, i-aquí estou eu.

Xaneiro, chave do celeiro.

Xaneiro, mes primeiro, entra con frío, se é bo cabaleiro.

Xaneiro, xeadeiro; febreiro, fervedoiro; marzo, nin mexo de rato; en abril os trebóns mil enchen o carro i-o carril; maio pardo e san Xoán claro.

Xaneiro, xeadeiro; febreiro, por cada suco un regueiro; marzo, espigarzo; abril, espigas mil; xuño, fouce no puño; destes meses que che falo, valen máis que os bois i-o carro.

Xaneiro, xeado; febreiro, trastornado; marzo, ventoso e abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso.

febreiro

substantivo masculino Segundo mes do ano, que ten 28 días, ou 29 se o ano é bisesto.

Abrígate en febreiro, con dúas capas e un sombreiro.

Adeus, febreiriño, que cas túas febras leváchesme as miñas ovellas.

Aí vén febreiriño corto cos seus vinte e oito; se trouxera catro máis, non deixaba gato, nin can, nin ovellas ao figureiro, nin cornos ao carneiro.

Aí vén febreiro curto cos seus vinte e oito; se non fora seu irmán marzo, non deixaría can nin gato.

Ao minguante de febreiro mudarás as patacas do pataqueiro.

Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.

As febras son de febreiro.

Cando en febreiro nin quere nevar, dirán que aínda o inverno está todo por pasar.

Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.

En febreiro arde o vidreiro.

En febreiro bo é o obreiro e mellor ao derradeiro.

En febreiro corren os gorrións pro palleiro.

En febreiro mete obreiro, antes de sebe que de parede.

En febreiro mete obreiro, antes en sebe que en parede.

En febreiro mete obreiro, antes na sebe que na parede; non polos días, senón polas pedras que están moi frías.

En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.

En febreiro mete obreiro, antes para sebe que non para parede, non por falta do día senón que a pedra está fría.

En febreiro mete obreiro.

En febreiro nácelle a lá ao carneiro.

En febreiro non debe o pastor sentarse no carqueixedo.

En febreiro non hai fonte que non deite.

En febreiro pasan os ríos por riba das pontes

En febreiro sabe a verza coma carneiro.

En febreiro saca o boi do teu centeo.

En febreiro sae o oso da oseira.

En febreiro súbete ao outeiro: se ves o centeo verdear, ponte a chorar; se o ves terrexar, pódeste alegrar.

En febreiro todo prado debe ser moi ben regado.

En febreiro trémenlle as orellas ao carneiro e no outono trémenlle as súas ao dono.

En febreiro vai ver o teu leiro: se está chorando, ven cantando; se está cantando, ven chorando.

En febreiro xa baixa o sol a calquera regueiro.

En febreiro xa busca o can a sona do palleiro.

En febreiro xa busca o can o palleiro.

En febreiro, cada col un regueiro.

En febreiro, febreiro, unha ración de sol e outra de tempero.

En febreiro, por cada rego un caneiro.

En febreiro, sete galgos e un lebreiro i-en maio, sete lebres e un galgo.

En febreiro, sete gatos no carreiro.

En febreiro, sete lobos ao carreiro.

Febreiriño agarimoso, marzo rabioso.

Febreiriño con seus días vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato.

Febreiriño con seus vinte e oito, se trae máis catro, non queda can nin gato.

Febreiriño corto cos seus días vinte e oito, i-o que ben llos contou, vinte e nove lle encontrou, e se tivera outros catro, non deixaría can nin gato nin rato no burato.

Febreiriño corto cos seus vinte e oito, se dura máis catro, non deixa can nin gato, nin sapiño no burato

Febreiriño corto cos seus vinte e oito, se non fora marzo que lle quita catro, non quedaría nin can nin gato.

Febreiriño corto cos seus vinte e oito, se tivera máis catro, non quedaba can nin gato, nin ratiño no burato, nin cornos ao carneiro, nin orellas ao pegureiro.

Febreiriño corto cos teus vinte e oito, se duraras máis catro, non deixabas can nin gato, nin cornos ao carneiro, nin orellas ao pegureiro.

Febreiriño corto, corto, cos seus días vinte e oito, se non fora marzo que lle quita catro, nin quedaba can nin gato, nin orellas ao carneiro nin dentes ao padroeiro.

Febreiriño corto, cos seus vinte e oito, se duras más catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela nin pastor para ir co ela, nin cornos no carneiro nin orellas ao pregoeiro.

Febreiriño curto cos teus días vinte e oito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato.

Febreiriño louco, un día peor que outro

Febreiriño quente trae o demo no ventre.

Febreiriño, febras dá, e se non as dera, as dará.

Febreiro a ferverexar i-as porretiñas do pan a medrar.

Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Febreiro corzo, cos seus días vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato nin rato no seu burato.

Febreiro é inverneiro.

Febreiro é un comellón.

Febreiro fai ir as vacas de cu pro eido.

Febreiro faille as contas a xaneiro.

Febreiro febras dá; ao entrar ou ao saír xa o demostrará.

Febreiro febras dá; ou antes ou despois, el as ensinará.

Febreiro febreirás, se non deches as túas febras, xa as darás.

Febreiro febreirudo, cara de verdugo, aí vén o meu irmán marzo, que te ha de facer andar descalzo.

Febreiro febrixeiro, por cada suco un regueiro.

Febreiro fervoso, marzo airoso i-abril chuviñoso sacan a maio florido e fermoso.

Febreiro liñeiro e maio medeiro.

Febreiro louco sacou ao seu irmán e apedrouno.

Febreiro molladeiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Febreiro mollado é nubeiro.

Febreiro oveiro.

Febreiro quente trae o demo no ventre.

Febreiro quente trae o diaño no ventre.

Febreiro uvas dá; se non as dou, xa as dará.

Febreiro, añeiro e oveiro.

Febreiro, cebadeiro.

Febreiro, corrosqueiro; marzo, ventoso; abril, chuvioso; maio, louro, cuberto de ouro.

Febreiro, farneiro; marzo, espigarzo; abril, palla pró cubil.

Febreiro, febras de frío e non de liño.

Febreiro, inda que corto, é o peor de todos.

Febreiro, o pillabán, andouvos polo mundo gastando e quedouse solo con vinte e oito días i agora pide, pide, i, de cando en cando, danlle un máis.

Febreiro, sete capas e un sombreiro.

Febreiro, unha horiña ao sol, outra ao braseiro.

Febreiro, verceiro; marzo, espigas catro; abril, espigas mil; maio, todo espigado; xuño, todo graúdo; xuilín, bótalle a fouce i-o foucín; agosto, mázalle o coxo; setembro, come e vende; outubro, sementa e acubre; san Martiño, pinga o ramalliño; no mes morto, non labres o horto nin mates o porco.

Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.

Febreiro, xornal enteiro.

Hoxe, febreiro; mañá, Candeiro, e outro día máis atrás, o día de san Brais.

Máis vale un día de sol en febreiro ca cantos cabalos ten o reino.

Neste mes, auga no suco hasta nadar; no mes que vén, nin auga no rabo do gato botar.

No febreiro, febras, e no maio, medas./No febreiro, pedras, e no maio, medas.

No febreiro, ferraña, anque sexa na monteira. /No febreiro, ferraia, anque sexa na monteira.

No medio de febreiro en diante calquera néboa fai semellante.

No mes de febreiro cómese o cocho enteiro.

No mes de febreiro ponse o can á sombra do palleiro.

No mes de febreiro súbete ao outeiro: se ves amarelar, bótate a rir, e se ves verdear, bótate a chorar.

No mes de febreiro xa se vai acabando o palleiro.

No mes de febreiro, malladoira e bo palleiro.

O dito de febreiro, xornal enteiro

O dous de febreiro súbete ao outeiro; se ves negrexar, ponte a cantar; se ves branquexar, ponte a chorar.

O febreiro quente trae o demo no ventre.

O sol de febreiro non fai meda nin medeiro.

O sol de febreiro non pon palla no palleiro.

Onde en febreiro non nevou nin quere nevar, dirán que o inverno está por pasar.

Os doce primeiros días de febreiro son os doce meses do ano enteiro.

Polo febreiro, a auga nas penas fai carreiro.

Por febreiro compra o viño do Ribeiro.

Primeiro de febreiro, segundo candeeiro e terceiro san Blaseiro.

Quéixaste de min: se che vén meu irmán marzo i-o meu primo abril, que te han de facer andar coas peles ao lombo i-os cinzarros no cadril.

Se chove en febreiro, pan no sementeiro.

Se hai enchentes en febreiro, pon as redes ao fumeiro.

Se en febreiro estiveches quente, na Pascua bateras o dente; e se tiveches frío, non cho digo.

Se o febreiro pasaches quente, a Pascua pasarala doente.

Tanto en febreiro no solleiro, tanto en marzal no braseiro.

Tanto en febreiro no solleiro, tanto en marzo no borralleiro.

Un día de sol de febreiro come máis cós cabalos do reino.

Un día de sol no febreiro come por cantos cabalos ten o reino.

Un día de sol en febreiro é un lobo no eido.

Vaite febreiriño corto cos teus días vinte e oito; se duraras máis catro, non deixabas can nin gato, nin carneiro nin ovella, nin o pegureiriño dela.

marzo

substantivo masculino Terceiro mes do ano, que ten trinta e un días.

A marzo gabo cando non recacha o rabo.

A nosa Señora de marzo entra a merenda e mais o descanso.

A que en marzo velou, tarde acordou.

A trinta de marzo dá o sol na sombría e canta a andoriña.

Aire de marzo queima a dama no seu pazo.

Aire de marzo queima a dona no pazo.

Alá vaias, marzo, marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora irá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.

Alá vén meu irmán marzo, que che fai andar cos pelicos debaixo do brazo.

Ala vén noso irmán marzo, que nos fará andar cos farrapiños debaixo do brazo.

Bótenme en marzo, bótenme en abril, hasta marzo non quero saír.

Calor de marzo, tempo para o campo moi san.

Calor en marzo, lama en agosto.

Cando en marzo chove i-en abril xea, quédase maio feito unha criba.

Cando marzo abrilea, abril marcea.

Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón.

Cando marzo maiea, maio marcea.

Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.

Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor san.

Cando marzo trona, ben para a borrachona.

Cando marzo volve o rabo, non queda ovella con pelexa nin pastor azamarrado.

De marzo á metade a andoriña vén e o tordo vai.

Despois de vinte e cinco de marzo, merenda e descanso.

Día de marzo, entra rindo e sae chorando.

En marzal e abril sempre foron revoltas as augas do Sil.

En marzo as chuvias, en maio as flores: ano de labradores.

En marzo bótame ao monte, verás como pazo; en abril ábreme a porta e déixame ir.

En marzo cada pingueira quita un carto i-en abril cada pingueira dá mil.

En marzo chova pro campo, que na horta cada gota quita un carto.

En marzo déixame arrimar; en abril déixame durmir porque en maio tamén me caio.

En marzo déixame ir que xa paso.

En marzo e abril en cada pedra mil.

En marzo entra a merenda e mais o descanso. /En marzo entra a merenda i-o descanso. / En Nosa Señora de marzo entra a merenda e mais o descanso.

En marzo entra a merenda i-o descanso.

En marzo espigarzo e en abril espigas.

En marzo florecen tódolos campos.

En marzo inda a vella queima o mazo.

En marzo múdame un paso; en abril, mil.

En marzo nin o gato quer molla-lo rabo.

En marzo nin o rato quer molla-lo pelo.

En marzo non quere o zorro mollar o rabo.

En marzo o garavanzal, nin nado nin por sementar.

En marzo o pombal non hai que o descoidar.

En marzo o trigo, nin por sementar, nin nado.

En marzo os días medran máis de unha hora.

En marzo pódese ver quen vaqueiro sabe ser.

En marzo saca a cabeza o lagarto i-en abril acaba de saír.

En marzo sae a herba anque lle dean cun mazo.

En marzo sal a herba anque lle dean con un mazo.

En marzo sementa o cabazo.

En marzo sube ao outeiro, e se ves verdear, bótate a chorar, e se ves terrexar, bótate a cantar.

En marzo veñen os peixes no regazo.

En marzo, abrigo, noces e pantrigo.

En marzo, canto vai no regazo.

En marzo, espigarzo.

En marzo, espigas catro; en abril, espigas mil i-en maio, todo espigado.

En marzo, malo ou bo, o boi á herba e á sombra o can.

En marzo, mazo.

En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán xa fuxo do can; en santa Mariña, xa collo a galiña, e en agosto, xa son bo raposo.

En marzo, nin mexo de rato.

En marzo, nin mollar o rabo o gato.

En marzo, nin rabo de gato mollado.

En marzo, pan e cacho, e en maio, sen contalo.

En marzo, podar e cavar se queres colleitar.

En marzo, se cortas un cardo, naceranche catro.

En marzo, un pouco o brazo; en abril déixame durmir; i-en maio, do meu me caio.

Entre marzo e abril canta o cuco no cubil.

Entre marzo e abril o raposo sae do cubil.

Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir.

Entre marzo e abril sae o cuco do cubil.

Entre marzo e abril sae o cuco do cubil; se o día sete de abril non saíu, cuco morto ou non quer vir.

Entre marzo e abril, augas mil.

Entre marzo e abril, coa neve o cuco non quer vir.

Entre marzo e abril, o cuco ao fin.

Entre marzo e abril, se non vén o cuco, quer vir a fin.

Entre marzo i-abril, cuco morto ou non quere vir

Entre marzo i-abril, se non sal o cuco do cubil, ou morreu ou non quer vir.

Hasta marzo hai que coidar de atender a colmea.

Malo é marzo que non bebe o boi no prado.

Marciño marcexán: pola mañá cara de can, ás doce sol da raíña e á noite pela como unha fouciña.

Marciño marzal: pola mañá cariña de rosa e pola tarde cariña de can.

Mariñeiro marzán: á mañá cara de rosa e á noite cara de can.

Marzal de nubes cargado, ano amolado

Marzín marzal: pola mañá cariña de rosa e pola noite cariña de can.

Marzo airoso i-abril chuviñoso traen a maio florido e fermoso.

Marzo airoso, abril chuvioso, maio louro, san Xoán claro como ollo de galo valen máis que os bois i-o carro.

Marzo amola e abril esfola.

Marzo ben feito, patacas a eito.

Marzo camiñeiro, arranxe el o de todo o inverno.

Marzo camiseiro, arranxa el o de todo o inverno.

Marzo dá volta sete veces no día.

Marzo de flores quer entrar e non pode.

Marzo é a porta e abril trae a chave, se está posta.

Marzo e marzolo, chuvasco e raiolo.

Marzo enganador: un día malo e outro peor.

Marzo esparabazo, abril mollado, maio pardo e san Xoán claro, valen un carro de ouro cargado.

Marzo espigarzo, abril penduril, maio granado, san Xoán curado, en santa Mariña metelo na arquiña.

Marzo espigarzo, abril penduril, maio segado e san Xoán mallado.

Marzo espigarzo, antes de a tres que non de a catro.

Marzo espigarzo, e abril, o das espigas mil.

Marzo gabo cando recacha o rabo.

Marzo hortelán, moita palla e pouco grao

Marzo igualarzo, antes o tres que non o catro.

Marzo igualarzo; abril, espigas mil.

Marzo iguarzo, antes a tres que non a catro.

Marzo iguarzo, o día ca noite e o pan co carpazo.

Marzo louco e abril non pouco.

Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol.

Marzo marceador: de noite auga e de día sol.

Marzo marceiro, pola mañá cara de can e pola tarde é falangueiro.

Marzo marceiro, ten man do sombreiro.

Marzo marceiro: pola mañá cara de can e pola tarde valente mancebo.

Marzo marcelo, xa che non temo.

Marzo marcexo, co seu rabo rabexo: pola mañá cariña de can, ao mediodía mellor o faría, e pola noite verán parecía.

Marzo marcial: á mañá cara de can e a mediodía cara de alegría.

Marzo marcisco, algúns días corisco.

Marzo marzada, vento frío e mais sarabia.

Marzo marzada, vento frío e mais xeada.

Marzo marzadas, vento, frío, sol e sarabiadas.

Marzo marzado, cada ovella co seu año.

Marzo marzal, neve nos altos, chuvia no val.

Marzo marzal: á mañá cara de sol i-á tarde cara de can

Marzo marzal: pola mañá cara de can e á tarde un gran barrigán.

Marzo marzal: pola mañá cariña de rosa e pola tarde cara de can.

Marzo marzán, cara de can, farrapo de neve, espiga de pan.

Marzo marzán, cara de can, felepa de neve, espiga de pan.

Marzo marzán, cara de can, folepa de neve, porreta de pan.

Marzo marzán, cara de can; ás doce canta a vella e á noite morre a ovella.

Marzo marzán, cara de can; se ten cara de neve, espiga de pan.

Marzo marzán, correa de can.

Marzo marzán, cos teus trinta e un, pro leite que dás, ben che chegaban vinte e un.

Marzo marzán, rabo de can.

Marzo marzán: á mañá cara de can, a mediodía bo día, i-á tardiña xa refría.

Marzo marzán: á mañá cara de can, a mediodía enxamea a colmea, e á noite morre a ovella.

Marzo marzán: á mañá cara de rosa e á noite cara de can.

Marzo marzán: á mañá morre a ovella i-á noite enxamea a abella.

Marzo marzán: á noite cara de lobo i- á mañá cara de can..

Marzo marzán: cara de rosas pola mañá e pola tarde cara de can.

Marzo marzán: pola mañá cara de can, ás doce unha raíña e á noite corta coma unha fouciña.

Marzo marzán: pola mañá ten cara de can, ao mediodía un sol que convida, e pola noite un serán como se fora verán.

Marzo marzán: polo día cariña de rosa e pola noite cariña de can.

Marzo marzán: por la mañá cara de rosa i-á noite cara de can.

Marzo marzoco, cara de porco: a mediodía mellor o facía; polo serán cara de verán.

Marzo marzoco: pola mañá cara de porco, ao mediodía mellor o faría e ao serán, cara de verán.

Marzo marzola, torbón e raiola.

Marzo marzola, trebón e raiola.

Marzo marzolas, treboadas e raiolas.

Marzo marzolo, cabeza de porco: ao mediodía mellora; á noite empeora.

Marzo marzolo, torbón e raiolo.

Marzo marzón, de comezo cordeiro e ao fin león

Marzo marzoso, pola mañá cara de porco, pola serán cara de verán.

Marzo marzote: pola mañá cara de pote, ao mediodía por aí se iría, e pola tarde un serán coma se fora verán.

Marzo moscoso, abril chuviñoso, maio pardo, san Xoán claro, valen máis cás mulas i-o carro.

Marzo o seu pai ao sol sacou i-o seu pai apedrou.

Marzo pardo, pouco sol e malo.

Marzo pardo, san Xoán claro.

Marzo pardo, sinal de bo ano.

Marzo rascoso e abril amoroso sacan a maio florido i-fermoso.

Marzo sen trebóns, home sen calzóns.

Marzo ventoso e abril chuviñoso enchen a maio de flores e leixóns.

Marzo ventoso e abril chuviñoso sacan a maio florido e fermoso.

Marzo ventoso i-abril chuviñoso, sácame a maio florido i fermoso.

Marzo ventoso i-abril chuvioso, o bo calmear farán astroso.

Marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo e san Xoán claro valen máis que as mulas i-o carro.

Marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo, san Xoán claro, vale más cós bois i-o carro.

Marzo ventoso, abril chuvioso, maio pardo e san Xoán claro, son as mellores

Marzo ventoso, abril chuvioso, maio pardo e san Xoán claro, son as catro chaves do ano.

Marzo, espigarzo; abril, espigas mil; maio, espigado; san Xoán, curado; en xugo, pan maduro; xuilín, fouce foucín; en agosto dálle no rostro; en setembro come e vende; en outubro sementa e cubre.

Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, segado e en san Xoán, mallalo.

Marzo, marcego, eu non che teño medo. Con tres días que me faltan e outros tres que me preste meu primo abril, heiche facer meter as cabras no cubil.

Marzo, marzadas: vento, frío, sol e sarabiadas.

Marzo, marzo marzán: pola mañá cara de can e ás doce un barrigán.

Marzo, o enganador, un día malo e outro peor.

Mes de marzo, mes de marzo, ti tes a chave do ano.

Nas tardes de marzo recolle o teu gando.

Nin marzo sen fores nin moza sen amores.

Nin marzo sen trebóns nin home sen calzóns.

No marzo abrigo, na eira pantrigo.

No marzo e no outono sempre vén algo de trono.

No marzo non debe de mollar o gato o rabo no agro.

No marzo, abrigo, noces e pantrigo.

No mes de marzo chove tanto coma a mexada dun gato.

No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado.

O marzo que non marcea, vén abril e o apedra.

O que en marzo expende, antes compra que vende.

O que en marzo sinta tronar, cerre a tulla e abra o lagar.

O que en marzo velou, tarde se acordou.

O sol de marzo queima a reina no palacio.

O vinte e cinco de marzo entra a merenda e mais o descanso

O vinte e cinco de marzo entran as merendas e mais o descanso.

O vinte e oito de marzo entran as merendas e mais o descanso.

Polo mes de marzo, río garzo.

Por marzo a cava, por marzo a poda, por marzo vólvese a viña toda.

Por marzo todo ganado val o diñeiro dobrado.

Quen saíu ben de marzo, ben sairá de maio.

Quentura de marzo temperán é pro campo ben san.

Sácame en marzo: se non pazo, rasco i-á noite veño farto.

Se en marzo abrigo, hai noces e pantrigo.

Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela e a ruliña non rulea, mala colleita se espera.

Se marzo se vai e o cuco non veu, ou vén a fin ou o cuco morreu.

Se marzo volve o rabo, non deixa pastor enzamarrado nin año enchocallado.

Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.

Se no mes de marzo sentes tronar, colle as chaves do pallar.

Se por marzo canta a ra, polo maio calará.

Sempre que en marzo hai xeada, cóntase con boa anada.

Sol de marzo queima as damas no pazo.

Sol de marzo queima as donas no pazo.

Tras de marzo vén abril.

Vaite, marzo marzano, xa me vas deixando meus boiciños catro; con tres que teño e catro que me preste meu primo abril, heichos chamar todos catro ao chamil.

abril

substantivo masculino Cuarto mes do ano, que ten trinta días.

A trama de abril nunca é vil e non arde no candil.

A trama de abril, pouca e vil, e non arde no candil.

Abril abrileiro, cada día seu chuvieiro

Abril abrilete e un mes que se lle mete.

Abril amoroso, san Xoán ventoso.

Abril atoldado é pouco mollado

Abril augas mil, se non ao comezo, ao medio ou ao fin.

Abril chove para xente e maio para as bestas.

Abril chovedeiro enche o cabaceiro.

Abril co rabo sole ferir, ao entrar ou ao saír.

Abril e maio fan fariña para todo o ano

Abril e maio son as chaves de todo o ano.

Abril e maio, son a chave de todo o ano.

Abril esfola pero maio amola.

Abril fai as portas cerrar e abrir e os porcos berrar.

Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.

Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gando.

Abril frío, moito pan e pouco viño.

Abril frío, pan e viño.

Abril malo perde a maio.

Abril mata o rato no cubil.

Abril moi nebuloso é pouco chuvioso.

Abril molla, maio amola.

Abril mollado, malo na horta e bo no campo.

Abril mollado, malo para o hortelán.

Abril non era malo, se non fora o aire asturiano.

Abril para min e san Xoán para o can.

Abril que non chove deixa ao labrego pobre.

Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gando.

Abril quente e mollado, carga o carro i-enche o gando; abril friorento i-enxoito, nin para min nin para outro.

Abril saca a espiga a descubrir

Abril se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.

Abril sempre ruín, ao principio i-ó fin, i-ó medio para non mentir.

Abril sempre será ruín, ao entrar ou ao saír.

Abril sen torbóns é como home sen botóns.

Abril vén con cara de santo e uñas de gato

Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.

Abril, augas mil, coladas por un mandil.

Abril, augas mil.

Abril, búscame no cubil; en maio xa son gran de galo; en san Xoán xa boto as cabras do pan; en xullo xa me poño ós bois do xugo.

Abril, cara de gato.

Abril, coiros mil.

Abril, espigas mil.

Abril, maio e san Xoán son os que levan e traen.

Abril, o do bo durmir.

Abril, raiolas mil.

Abril, se por mal quer vir, nin as portas deixa abrir.

Abriles e cabaleiros son ás veces traizoeiros.

Abriles e mulas enganan a todos

Antes do oito de abril, o cuco ten que vir; se o cuco non veu, morte se ten.

As madrugadas de abril son propias para durmir.

As mañanciñas de abril son moi doces de durmir.

As sarabias de abril fan berrar os porcos no cubil.

Cando abril recacha, aínda a vella queima a racha.

Cando abril recacha, queima a vella a maza.

Cando en abril chove, en maio a vella queima o tallo.

Cando no abril e maio arden os montes, no san Xoán e Santiago ameten as fontes.

Canta a ra no mes de abril, encrúa o tempo e vólvese ao cubil.

De abril a maio sae a fariña do ano.

Dios nos quite do polvo de abril e das lamas de agosto.

Dios nos quite do polvo de abril e do bulleiro de agosto.

En abril a porca fai o cubil.

En abril a vella sae do cubil, vai onde ten que ir e volve ao cubil a durmir.

En abril abre a porta ao gando e déixao saír.

En abril abre a porta e déixame ir.

En abril arden os ferros do carril.

En abril berra o porco no cubil.

En abril cada pinga val por mil.

En abril canta o cuco no cubil

En abril cantas poidan vir

En abril cénase con sol e déitase sen candil.

En abril chían os porcos no cubil.

En abril cubre a vella o mandil.

En abril déitate sen candil.

En abril déixame durmir i en maio de meu me caio.

En abril déixame durmir que en maio de meu me caio.

En abril e maio a vella queima o tallo.

En abril empezan as flores a lucir.

En abril fan os paxaros o niño.

En abril inda a auga enche o camiño.

En abril inda a vella queima o pernil.

En abril mata o porco no cubil, e en maio mátao dun ano.

En abril morre o cocho no cubil.

En abril o arco do sol molla o pastor, i-o da lúa enxuga.

En abril o porco berra no cubil.

En abril o porco deixa o cubil.

En abril para min e en san Xoán pró can

En abril queima a moza o mandil.

En abril queima a vella o mandil.

En abril ronca o porco no cubil.

En abril sae o cuco do cubil

En abril sae o raposo do cubil.

En abril sementar co mandil.

En abril sete lobos no cubil.

En abril unha pingueira vale por mil.

En abril vai onde has de ir, e no mesmo mes torna outra ves.

En abril xa se cea sen candil.

En abril, a cena con sol i-á cama con día.

En abril, augas mil, coladiñas por un mandil.

En abril, augas mil, que todas collan nun candil.

En abril, augas mil, veñan todas e non falten as de abril.

En abril, chuvia hasta que corno da vaca se podreza.

En abril, coiros mil.

En abril, con día no cubil.

En abril, espárragos para min; en maio, para o meu amo; e en xuño, para ninguén.

En abril, espigas mil.

En abril, espigas mil; polo san Lucas, suca, boi, suca; polo san Simón, varón, que pasa sazón; polo san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan; polo San Pedro sécalle a do medio; polo Santiago sécalle a do cabo; pola santa Mariña bótalle a fouciña.

En abril, flores mil, peixes mil e augas

En abril, nin con sol nin con candil.

En abril, niños mil.

En abril, por mor do frío, non quites nin un fío. /En abril, por morto de frío, non te quites un fío.

En abril, se sopra o aire, trigo con abundancia pero, se sopra demasiado, nin palla nin grao.

Entre abril e maio están as chaves de todo o ano.

Falan de que nunca se viu o abril que non fora ruín, sexa ao entrar sexa ao saír.

Humidades de abril malas son de saír.

Mes de abril, auga pouca e nubes mil.

Nas tardes de abril vai a onde has de ir e á túa casa virás durmir.

No abril canta o cuco no cubil

No abril cenar sen candil.

No abril déixame durmir que no maio de meo me caio.

No abril di o cuco: "vivo"; e no maio: "revivo".

No abril estou no cubil, no abril vivo e no maio revivo.

No abril inda treme a porca no cubil.

No comezo ou no fin abril é ruín.

No mes de abril a auga mata a porca no cubil.

No mes de abril sae o zorro do cubil e no maio xa é bo galo

No mes de abril, augas mil.

No principio ou no fin abril é ruín.

Non ha de romper o barril brote que vén en abril.

Nunca se mirou abril que non fora ruín. /Nunca se mirou abril sen ser ruín.

O fol de abril mata a mosca no cubil.

O lodo en abril bota a calquera a pedir.

O polvo de abril non é de reis.

O primeiro de abril van os burros onde non deben ir.

O vinte de abril vai o burro onde non debe ir, i-o vinte de maio vai o burro buscar o recado.

Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu.

Os trebóns de abril enchen o carro e o carril.

Poeira en abril, lama en agosto.

Polo abril sae o cuco de cubil.

Polvo de abril e barro de agosto, cágome nel.

Polvo de abril e lama en agosto, fame no rostro.

Polvo de abril, lama de agosto.

Por abril, augas mil.

Que ben esfendido que mal entravesado, do catorce de abril ao catorce de maio, anque corra a auga detrás do arado.

Quen coñecer un bo abril, cen anos ha de vivir; a vella que o dicía viviu cento un e non coñeceu ningún.

Se Dios deixase de man a abril, moitos desfeitos tiñan que vir.

Se en abril espiga mil, en maio todo espigado.

Seca de abril e lama de agosto leva o viño e deixa o magosto.

Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro.

maio

substantivo masculinoQuinto mes do ano, que ten trinta e un días.

Ata o corenta de maio, non quíte-lo saio.

Baixas de maio, baixas de todo o ano.

Baixas en maio, subas de todo o ano.

Cando en maio hai lama, inda algo se gana.

Cando en maio non hai lodo, pérdese todo.

Cando maio é mediado, o inverno é pasado.

Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos.

Corre, maio, polo pan, que te vai pillar san Xoán.

De sol posto en maio aínda un xastre fai un saio.

Decrúa de maio i-entravesa de san Xoán, saben coma a merda de can.

En maio a vella queima o tallo.

En maio aínda a auga corre detrás do arado.

En maio aínda o vello queima o tallo, e non solo por queimar, solo é por se quentar.

En maio calquera besta é cabalo.

En maio colle os bois e mais o arado.

En maio de meu caio, xa ca maiola xa co traballo.

En maio de meu me caio, mais aínda a vella queima o tallo.

En maio de sono me caio.

En maio déitate cando o galo.

En maio eirada a vella queima o tallo.

En maio fai o gato "ai que noites tan grandes", e di o gato "como o mes de maio, como o mes de maio”.

En maio graio, no san Juan sécalla raíz ao pan. Do san Xoán ao san Pedro, aperta, mancebo, e no Santiago fouce ao agro.

En maio hai que sementar o millo anque corra a auga tras do arado.

En maio has de rapar todo o ganado lanar.

En maio inda a vella queima o pé ao tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.

En maio inda a vella queima o tallo, e se apuran ben, inda queima as pernas tamén.

En maio inda a vella queima o tallo, e unha que non-o queira queimar, para san Juan o deixa.

En maio inda a vella quenta o saio. /En maio inda a vella queima o saio.

En maio inda bebe o boi no prado.

En maio o garavanzal, nin nado nin por sementar.

En maio o lobo e o zorro, ben empolado.

En maio o raposo sal ao gaio.

En maio que chova hasta entullarse o carro.

En maio queima a vella o tallo i-en san Xoán o sacapán.

En maio queima a vella o tallo i-o arador o arado.

En maio saen os raposos ao galo.

En maio sementa co saio, anque corra a auga tras do arado.

En maio sementar co saio.

En maio trema o cabalo.

En maio vai a mosca do boi ao cabalo e, se é de lei, vai ao cabalo e non deixa o boi.

En maio xa a vella arde o tallo.

En maio xa leva as cereixas o gaio.

En maio xa o sol empeza co seu raio.

En maio xa saio.

En maio, así corra a auga tras do arado.

En maio, augas catro e esas, que cheguen ao barro.

En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo.

En maio, do oito ao dezaoito, labrador non durmas moito.

En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado.

En maio, o millo sementado.

En maio, quince días os bois ao prado, antes no principio ca no cabo.

En maio, todo espigado.

En maio, xuño e xullo as cereixas son como puños.

En xaneiro flores, en maio dores.

Entra maio, bota o millo; entra agosto, bota nabos; entra outono, bota

Entre maio e xuño cereixiña no puño.

Garda do pan para maio e da leña para abril.

Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir.

Hasta o corenta de maio non cambies o saio.

Hasta o corenta de maio non quites o saio e, se volve a chover, vólveo a poñer.

Hasta o corenta de maio non te quites o saio e, se es de Lugo, hasta o trinta de xuño.

Inda din que maio pardo e san Xoán claro fan o labrador honrado.

Lodos en maio, espigas en agosto.

Maio borrascoso e san Xoán claro fan un ano temperado.

Maio borrascoso, ano temperado.

Maio chuvioso, verán caloroso.

Maio deixa ver o que se ha de coller.

Maio e san Xoán son as chaves do ano.

Maio e san Xoán son os que fan o pan.

Maio escuro e san Xoán claro, prepara, labrador, o carro.

Maio fai as apostas e abril lévallas ás costas.

Maio fai o trigo e agosto o viño.

Maio festeiro bota a roca no trasfogueiro.

Maio frío, moito trigo. Maio pardo, ano farto

Maio hortelán, moita palla e pouco gran.

Maio largo, maio pardo e ben aparellado.

Maio leitugueiro, nin boa meda nin bo palleiro.

Maio longo, san Xoán redondo.

Maio maial, se vén como debe, non ten rival.

Maio maieiro, aquí me caio, alí me deito.

Maio maiolo é un mes que vén solo.

Maio maiolo, e o peor é o outro que vén logo.

Maio maiolo, o maio para min é todo.

Maio maiolo, ogallá duraras o ano todo.

Maio maiolo, trebón e raiolo.

Maio maión, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can.

Maio me dá e maio me enxuga, e maio me dá unha sacudidura, se non é de fame é de fartura.

Maio me lava, maio me seca, maio me pon a cara vermella.

Maio me molla, maio me enxuga, maio me dá unha cobertura.

Maio me molla, maio me enxuga, maio me dá unha sacudidura, máis pronto de fame que de fartura.

Maio me molla, maio me enxuga, racha de sol, racha de chuvia.

Maio moi chuvioso, no campo feo e na horta fermoso.

Maio non endereita o ano.

Maio pardo e san Xoán claro val máis que vostede, as mulas e o carro

Maio pardo e san Xoán claro valen mais cós bois i-o carro.

Maio pardo e san Xoán claro, aí tes as chaves de todo ano.

Maio pardo e xuño claro fan o labrador honrado.

Maio pardo, san Xoán claro, é o corazón do ano.

Maio pardo, sinal de bo ano.

Maio pedrado destrúe a froita e non farta o gando.

Maio produce o ano co bo labrado.

Maio que vén temperado e chuvioso, para todo o gando é proveitoso.

Maio quente e mollado, pan de todo o ano.

Maio seco, tras abril mollado, toda palla se volve grao.

Maio seco, xuño mollado, todo virá trastornado.

Maio turbo e san Xoán claro, e témolo ben compangado.

Maio un pouco frío cría trigo pero, se é moi frío, nin palla nin trigo.

Maio ventoso, ano fermoso.

Maio ventoso, para o labrego fermoso e para o mariñeiro penoso.

Maio, maiolo e maio tolo son tres.

Maio, maiolo, maio todo.

Maio, o longo.

Malo o maio que non bebe o boi no prado.

Mes de maio sen torbóns é como home sen calzóns.

Nin maio sen torbóns nin home sen calzóns.

No maio de meu me caio.

No maio na corte treme o cabalo.

No maio quince días os bois ao prado, antes no principio ca no cabo.

No maio, pan e nabos.

No mes de maio e abril sonan as huchas na casa como o tamboril.

No mes de maio non leves o boi ao prado.

No mes de maio rápaselle á ovella o saio.

No mes de maio xa vén o cuco co seu vasallo.

No mes de maio, bois e vacas no prado.

No mes de maio, nin egua nin cabalo.

No serán de maio vaite ao teu mandado que terás tempo sobrado.

Nos mediados de maio sementa anque a auga vaia detrás do arado.

O estrume de maio mata a porca dun ano.

O maio leva a fama i-o san Xoán arranca a alma.

O maio leva a palma i-o san Xoán a alma.

O maio pardo e o xuño claro fan o labrador honrado.

O mellor trasfogueiro para min o quero.

O que en maio morre, antes se colle.

O que en maio non merenda, ou aos malos ou aos mortos se encomenda.

O que en maio se molla, en maio se enxuga.

O que maio non poida criar, non-o virán outros a madurar.

O que maio non puido criar, mal pode ao seguinte madurar.

O que no maio morre, antes o colle.

O que o primeiro de maio non come castañas, maiea todo o ano.

O que queira ter bo rabaño, ten que rapalo no mes de maio.

O que queira ter ovellas mil, rápeas en abril, i-o que queira ter un bo rabaño, rápeas no maio.

O que queira ter ovellas mil, tenas que rapar no mes de abril.

O sol de maio mata a dama no palacio.

Polo mes de maio as vellas rompen o tallo.

Polvo de maio, lama de agosto.

Que bo maio, que mal maio, han de estar os bois quince días na corte sen saíren pro prado; e val máis no principio que no cabo.

Quen ceba todo o ano e non ceba en maio, para outros o proveito e para el o dano.

Quen en maio non merenda, aos mortos se encomenda.

Quen en maio non merenda, ou ao s males ou ao s mortos se encomenda.

Quen en maio non rapa a ovella, para xuño a deixa.

Quen en maio puxo a capa, en agosto veuno na súa parva.

Quen en maio se molla, en maio se enxuga.

Quentura de maio, valor do ano.

Quenturas de maio, saúde para todo o ano.

Se maio chora, auga criadora.

Se non houbera maio, non houbera mal ano.

Tanto ten o máis como ten o menos.

Temerana é a castaña que en maio regaña.

Touro e galo, troita e barbo, todo en maio.

Tras de maio vén san Xoán.

Un maio pardo dá un san Xoán claro.

Vaite maio cas túas flores que das arcas fixeches tambores; dos homes, lanternas; e das mozas, espadelas.

Veña maio e veña pardo.

Vende por maio as crías i-en novembro as tardías.

xuño / san xoán

substantivo masculino Sexto mes do ano, de trinta días. - Tamén san Xoán

Cando en xuño chove, molla a esmola do probe.

Cando xuño chega, colle a fouce e limpa a eira.

En xuño quítase a mosca ó boi e pégase ó burro.

En xuño, fouce no puño.

En xuño, pan maduro, i-en xullo, fouce e fouciño.

No mes de xuño e de maio fan os paxaros o seu traballo

Pode xuño tormentoso ser a moitos desastroso.

Xuño brillante, ano abundante.

Xuño quente, millo valente.

En san Xoán inda a vella queima o pan

En san Xoán medra a herba como pan.

En san Xoán mete obreiro e mais o pan.

En san Xoán non lle fai falta palleiro ao can.

En san Xoán vense as ovellas por entre o pan.

En san Xoán, castañas louras na man.

No mes de san Xoán atácanlle as pulgas ó can.

O vinte e nove de san Xoán tira a primeira raíz o pan.

Polo mes de san Xoán colle o lobo o carneiro pola la.

Por san Xoán colle a ovella pola la.

Polo tempo de san Xoán colle o lobo o carneiro pola la.

Por san Xoán bebe viño e come pan.

Por san Xoán o millo cubre o can.

Por san Xoán pouco viño e moito pan.

Por san Xoán, o arado na man.

xullo / santiago

substantivo masculino Sétimo mes do ano, de trinta e un días. - Tamén Santiago

Do trinta de xullo en diante, calor asfixiante.

En xullo arder e patacas coller.

En xullo baña o teu gando despois de haber sesteado.

En xullo cóllese o trigo maduro.

En xullo e agosto troupelear, que este é o tempo do liño mazar.

En xullo e agosto vai a ovella ao restrollo.

En xullo normal seca todo manancial.

En xullo o verde é maduro.

En xullo sega o verde e o maduro.

En xullo, onde o mozo: no río ou no pozo.

O xullo e agosto troupelear que este é o tempo do liño maiar.

Por moito que queira ser, en xullo pouco ha de chover.

Quen en xullo non sega, en agosto non malla.

Quen non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar.

Se en xullo non vén treboada, haberá mala anada.

Se en xullo non vén treboada, teremos mala anada.

Xullo augueiro: moito pan e bo palleiro.

Xullo quente, millo valente.

Xullo andado, millo arrendado.

En Santiago arden os montes e sécanse as fontes.

En Santiago colle a fouciña e deixa o sacho.

En Santiago e agosto entran a pelexar, que este é o tempo do liño enlagar /amasar.

En Santiago vai mirar a túa viña; tal a ves, tal a verás e tal a vendimarás.

En Santiago termina a merenda e empeza o descanso.

No mes de Santiago, fouciños ao agro.

No mes de Xacobe bota o millo no covo.

No Santiago, fouce ao agro.

Polo mes de Santiago amarela o trigo e o saramago.

Polo Santiago secan as fontes e arden os montes.

Principia asando e acaba tostando.

Santiago de chuvias, ano de fabas.

Santiago para segar, agosto para mallar, trinta e un días han de levar.

Aí vén o mes de Santiago co seu canado.

Polo Santiago comeza na viña a pintar o bago.

Polo Santiago esconde o coello o rabo e por san Miguel vólveselle ver.

agosto

substantivo masculinoOitavo mes do ano, que ten trinta e un días.

A chuvia en agosto non é chuvia que é mel e mosto.

A chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mel e mosto.

A lama de agosto e-a seca de abril fai vender a manta de cubrir.

A lama de agosto fai mal entrecosto.

A lama de agosto i-o polvo de abril botan o pobre a pedir.

A lama de agosto i-o polvo de abril dá que sentir.

A lama de agosto i-o polvo de abril fan vender a manta de cubrir.

A lama de agosto i-o polvo de abril non son de rir.

A lama de agosto i-o polvo de abril non son de vivir.

A sombra de agosto e o sol de setembro.

Agosto ardenteiro, herba no palleiro.

Agosto claro, moitas castañas e moi bo nabo.

Agosto e setembro non duran sempre.

Agosto é un home que tanto o dá como o quita.

Agosto e vendima non son cada día, e se cada ano, un con gonzo, outro con dano.

Agosto e vendima non son cada día, e se cada ano, uns con ganancia e outros con dano.

Agosto e vendima non son cada día.

Agosto faise maio a quen non ten pan sementado.

Agosto fáiselle maio a quen non ten pan sementado.

Agosto leva e agosto dá.

Agosto madura e setembro vendima.

Agosto mollado, nin millo nin nabo.

Agosto nubrado, castaña cocosa e nabo furado.

Agosto o dá, agosto o leva

Agosto pasou e quen mallou, mallou.

Agosto pasou: o que mallou, mallou; o que non mallou, mallara.

Agosto pasou; o que mallou, mallou.

Agosto, frío en rostro.

As tardes de agosto corren como un lóstrego.

As tardes de agosto non teñen en canto a vella vai ao horto.

Auga de agosto derrama o magosto.

Auga de agosto e polvo de abril toca na hucha coma nun tamboril.

Auga de agosto, nin nabos nin magosto.

Auga en agosto quita viño e non dá mosto.

Auga en agosto, auga no mosto.

Auga en agosto, azafrán, mel e mosto.

Auga en agosto, nin bo mosto nin bo magosto nin bo recosto.

Auga no agosto, azafrán, mel e mosto.

Barro en agosto e polvo en abril botan o labrador a pedir.

Brétema en agosto, pouco magosto.

Cando chove en agosto, chove mel e mosto.

Cando en agosto chove, sinal de que non hai maínzo.

Chuvia de agosto, mosto.

Chuvia en agosto mata o mosto.

Chuvia en agosto non gastes en mosto.

Colle en agosto a manzanilla e deixarás moitas veces de ir á botica.

De agosto a setembro ou se gana a anada ou se perde.

Despois de agosto faise o costro.

En agosto anda a auga tras do toxo.

En agosto arden os montes, en setembro secan as fontes.

En agosto arder e en setembro beber.

En agosto as treboadas solen sernos moi pesadas.

En agosto corre o sol coma o lóstrego.

En agosto está a auga tras do toxo.

En agosto hai mosto, i-en san Martiño, viño.

En agosto mázalle o rostro.

En agosto non hai pan nin hai mosto.

En agosto o aire non ten posto.

En agosto pon o cocho o entrecosto.

En agosto queima a vella o rostro.

En agosto queima o sol como lóstrego.

En agosto queren as castañas arder i- en setembro, beber.

En agosto secan os montes i-en setembro as fontes.

En agosto vale máis vinagre que mosto.

En agosto, calquera carozo.

En agosto, frío no rostro.

En agosto, nin muller nin mosto.

En agosto, nin o pan nin o mosto.

En agosto, nin viño nin muller nin mosto.

En agosto, setembro e outono fanse as recolleitas e en novembro apáñanse as feitas.

En agosto, sol posto, noite connosco.

En agosto, sol raiado, sol posto.

Frío no rostro o primeiro día de agosto.

Herba curta ou larga, en agosto ha estar segada.

Herdeiro é agosto do que fixeron abril e outros.

Lama de agosto e polvo de abril fan tocar as huchas como tamboril.

Lama en agosto e polvo en abril, méxome nel.

Limpa e arranxa a eira, cando está agosto á beira.

Nas tardes de agosto, des que o sol se mete, non se rega o horto.

Nin en agosto camiñar nin en Nadal navegar.

No agosto está a egua tras o toxo.

No agosto o marrán cría o entrecosto.

No agosto ponte ao abrigo tras do toxo.

No agosto, as cebolas no rostro.

No agosto, sol posto, noite connosco.

No mes de agosto secan as fontes e arden os montes.

Non é bo o mosto feito en agosto.

Non hai dous agostos nun ano.

Non todo o ano é agosto.

O bo entrecosto faise en agosto.

O cocho no agosto pon o entrecosto.

O entrecosto faillo a muller ao cocho en agosto.

O orballo de agosto dá polo rostro.

O orzo recóllese no agosto.

O polvo de abril non é de rir.

O que agosto non madura, setembro non-o asegura.

O que en agosto e setembro non dá cebada, en san Xoán non fai xornada.

O que en agosto non dá cebada, en xaneiro colga a albarda.

O que non ten pan no agro, en agosto ten o maio.

O que queira bo entrecosto, cebe en agosto.

O que queira o entrecosto, que o faga no mes de agosto.

O que queira ter bo entrecosto, cebe en agosto.

O que queira ter bo o entrecosto, que cebe no agosto.

O trebón de agosto dá mel e mosto.

O trigo, para ser bo, ha de ver dous agostos.

O vinte e cinco de agosto está a auga tras do toxo.

Once piden pan e só agosto llo dá.

Os recios de agosto son mel e mosto.

Para haber moitas castañas, no agosto arder i no setembro beber.

Para o bo magosto ter, en agosto ha de arder i-en setembro beber.

Pasando o quince de agosto un terrón faille sombra a outro.

Por agosto o sol queima no rostro.

Por agosto, frío no rostro.

Primeiro de agosto chuvioso, castaño vermioso.

Quen en agosto ara, a súa riqueza prepara

Quen non debulla en agosto, debulla con mal rostro.

Quen pola Virxe de agosto non paga, pagará na de setembro, se paga.

Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto

Se en agosto e setembro non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda.

Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

Se queres ter bo lombo, ceba o porco dende agosto.

Trebón de agosto mellora o mosto.

Tronos en agosto, mellor mosto.

Vale máis agosto mollado ca sol en setembro.

Vale máis nubrado de agosto que sol de setembro.

setembro

substantivo masculino Noveno mes do ano, que ten trinta días.

En setembro arden os montes e secan as fontes.

En setembro ben estudiado ten o que no ano entrante che convén.

En setembro bota a semente.

En setembro colle o carro e vente.

En setembro come e vende, mais no sexa tanto o vender que non deixes que comer.

En setembro débese ben coidar quen triste inverno non queira pasar.

En setembro e outono bebe o viño vello e deixa estar o novo.

En setembro non hai vella que non treme.

En setembro non hai vello que non treme.

En setembro o que non teña roupa, que treme.

En setembro ou secan as fontes ou caen os pontes.

En setembro ou secan as fontes ou o río leva as pontes.

No setembro os melóns gárdanse nos currunchos.

No setembro ou secan as fontes ou marchan as pontes.

Por setembro, cabazas nos leiros.

Pozo que haxas de limpar, en setembro o has de traballar.

Setembro asegura o que agosto madura.

Setembro vai andando e comendo, queimando montes e secando fontes.

Setembro virá; o que non mallou, mallará.

Setembro, ditoso mes, que entras con Santos i-acabas con san Andrés.

Setembro, non me lembro porque tremo.

Témporas de setembro molladas, ano de fame

outubro

substantivo masculino Décimo mes do ano, que ten 31 días. - Tamén outono

Ao que no mes do outono non lle ferve a mola, polo ano todo non lle ferve a ola.

Chantar en outono é levar un ano de abono.

De outubro en adiante a pitanza irá fumeante.

En outono a carne come o seu dono.

En outono bota o abono.

En outono o viño caíño e todo.

En outubro Dios nos libre dunha mala nubre.

En outubro non molesta o lume.

En outubro o gandeiro é labrador verdadeiro.

En outubro o teu pan cubre.

En outubro sementa e acubre; en abril, espigas mil; en maio, todo espigado; en xullo dálle co fouciño; en agosto dálle co trocho; en setembro mira como rende; día de Santiago colle a fouciña e vaite ao agro.

En outubro, sementa i-acubre.

No mes de outono a carne cómea seu dono.

No outono, pouco sono.

Non esquezas de chantar en outono e levar un carro de abono.

O mellor e máis apreciado, por outubro sementado.

O outono é para sementar i-a santa Mariña pró segar.

O outono i-o inverno veñen xuntos.

O que no mes de outono non quere andar mollado, anda todo o ano esfarrapado.

O que planta en outono, leva un ano de abono.

O que planta no outono leva un ano de abandono.

O que planta no outono, leva dous anos de abono.

Outono a chegar, porco a cebar.

Outono é mes das historias e deixa malas memorias.

Outono no souto e outono fóra do souto.

Outono quente trae o demo no ventre.

Outono, lerias e malas linguas.

Outubro moi afanoso para o pastor industrioso.

Outubro quente, inverno detente.

Outubro quente, inverno detente; outubro a arrefriar, inverno a escoar.

Poden deixar recordos espantosos outonos que comezan tormentosos.

Por outubro, borralliñas do meu lume.

Quen no outono non sementa, pouco collerá na sega.

Quenturas de outono, non son boas para o seu dono.

Se en outono sentes tronar, aumenta o palleiro i-agranda o pallar.

Se en outubro te demoras a traballar, pouco has enceleirar.

Se outono fría claro, mellora o sementado.

novembro / santos

substantivo masculino Undécimo mes do ano, que ten 30 días. - Tamén Santos

Bendito mes que entra con Santos, media con san Uxío e remata con san Andrés.

Bendito sexa o mes que entra con Santos, media con san Uxío e acaba con san Andrés.

De novembro a febreiro, camiña e braseiro.

Desde o vinte en adiante o inverno xa é constante.

Ditoso mes que empeza con Santos e remata con san Andrés.

En novembro cavar non che se lembre, e a aixada de cavar emprégaa en aburatar.

No mes de novembro os castiñeiros regañan o dente.

Novembro acabando, inverno empezando.

Novembro e xaneiro teñen un tempereiro.

Novembro que empeza ben, fianza ben.

Novembro, ditoso mes, remata ca neve nos pés.

O mosto que foi ben tratado, en novembro será trasfegado.

Por novembro dá xa moito ovo curral que en tempo se montou de novo.

Que fermoso é o mes que empeza con Santos e remata con san Andrés.

Se no mes de novembro sen abrigo vas, ou moi pobre es ou moi mal estás.

Se novembro empeza ben, nada é de temer.

Trinta días ten novembro con abril, xuño e setembro; vinte e oito leva un, i-os demais a trinta e un.

Cando Santos acaba, o inverno empeza.

De Santos a Nadal é inverno de verdade.

De Santos e Nadal, ben chover ben nevar.

En Santos, neve nos campos.

Entre Santos e Nadal, chover e nevar.

Entre Santos e Nadal, chover ou nevar.

Entre Santos e Nadal, inverno carnal.

Entre Santos e Nadal é inverno de verdade.

No mes de Santos a máis tardar, ponte a sementar.

No mes de Santos, a nadar os campos.

No mes de Santos, neve nos campos.

Nos Santos, neve nos altos; en san Andrés, neve nos pés.

O primeiro de todos os Santos, neve nos campos.

Polo mes de Santos xa baixa a neve aos campos.

Por Santos inda hai campos verdes e xa hai montes brancos.

Por Santos sacha a horta e capa o rancho.

Por Santos sacha a horta e capa o rancho; ao chegar o San Martiño mátase o porco e próbase o viño.

Por Santos, neve nos campos.

Por Santos, neve nos campos; por san Martiño, neve no fociño.

Por tódolos Santos neve nos campos.

Santos e Nadal, inverno caroal.

Santos, neve nos campos.

Subas en Santos, baixas en san Andrés; baixas en Santos, subas en san Andrés.

decembro / nadal

substantivo masculino Duodécimo e derradeiro mes do ano, de 31 días. - Tamén Nadal

Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

Cando no Nadal queda o aire de abaixo, queda para todo o ano.

Cando o tronco do Nadal nada, é sinal de boa anada.

De Nadal a xaneiro teñen os días o salto dun carneiro.

De Nadal a xaneiro, o salto dun carneiro.

Decembro mollado e xaneiro ben xeado.

Días de decembro, días de amargura. Apenas amence, xa é noite escura.

En decembre descansar e en xaneiro traballar.

En decembre, frío doente; en xaneiro, chamuscadeiro; en abril, augas mil.

En decembro moita auga, en agosto lumes.

En Nadal todas as cousas andan mal.

En Nadal, cada ovella ao seu curral.

Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.

Friaxe en Nadal non fai mal.

Friaxe no Nadal, non fai mal.

Frío por Nadal, calor desde san Xoán.

Nadal aterecido, xaneiro garrido.

Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.

Nadal escuro, sementa no duro.

Nadal mollado dá xaneiro nevado.

Nadal mollado e xaneiro ben xeado.

Nadal novo, fonda ben o arado

Nadal quente, en xaneiro enchente.

Nadal quente, xaneiro quente.

Nadal, inverno coral.

Nas oitavas de Nadal, quen aforra, ben se vale.

No mes de Nadal a auga cobre o fondal.

No mes de Nadal as oito a dar e o sol a raiar.

No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.

No Nadal inverno a fartar.

No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.

O que en Nadal non rega, en agosto non sega.

Polo Nadal, cada ovella, ao seu curral.

Quixera vir un Nadal mollado para un xaneiro nevado.

Se a noite de Nadal está clara, ara, boi, ara; se está escura, ara, boi, no duro.

Se a noite de Nadal foi de escuro, sementa no terrón duro.

Se a noite de Nadal foi de luar, labra ben para sementar; se a noite de Nadal foi de escuro, sementa no terrón duro.

Se en Nadal chove, ningún de fame morre.

Se o Nadal nada, sinal de boa anada.

Tantos días de sol no mes de Nadal como días de chuvia no mes de san Xoán.

De Navidá a san Xoán seis meses van.

Navidá e xaneiro fan o inverno enteiro.

Navidá e xaneiro, a metade é santeiro.

Navidades enxoitas, nin poucas nin moitas.

Navidá en domingo, vende os bois e bótao en trigo.

Navidá en venres, sementa onde poideres.

Non hai Navidades sen novidades.