Miña nai, mire meu pai que calzóns novos lle ten: son abertos por diante para poder mexar ben.
A quen vaia moito á misa, non lle fíes a camisa.
Ano de piollos, pouco importa mudar a camisa.
Camisa e touca negra non sacan a ánima de pena.
Camisa que non ten faldra, non hai que lle erguer.
De modo e maneira, o que non ten camisa non necesita lavandeira.
No mes de outono, Xan de Rola anda ca camisa fóra; en san Martiño, Xan do Convento métea dentro.
Non teñas camisa i-aforrarás lavandeira.
O que debe e paga, boa camisa lava.
O que neste mundo fai risa, no outro quéimanlle a camisa.
Para branquear a camisa coma a prata, coce-la borralla coma a vaca.
Ruín é o corpo que non enxuga a camisa do seu dono.
Tres camisas teño agora, non me dirán mangallona: unha téñoa no tear, outra téñoa para fiar e outra que me fan agora; non me chamarán mangallona.
Unha camisa na pedra i-outra no lombo.
Ao que non leva capa por Nadal, non hai que preguntarlle como lle vai.
Capa, calzón e saio, dun mesmo pano.
Debaixo dunha boa capa encérrase unha mala abella.
Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor.
Debaixo dunha mala capa pode estar bo bebedor.
O que ten capa, escapa, e-o que non-a ten, tamén.
Para ser marqués quedoulle a capa corta.
Sobre unha boa capa escóndese un bo bebedor.
Unha boa capa todo tapa.
Unha capa moito tapa.
Non se me dá por enauga con tal de ter nova a faldra.
Boas son as mangas, anque sexan despois das Pascuas.
Débese sacar das mangas pra poñer nas faldras.
O que non vai nas mangas, vai nas faldas.
Quen vexa as miñas mangas, non verá as miñas faldras.
Quitar das faldras e poñer nas mangas, esas son folgazanas.
Cando se dan as ocasións, todos se queren tapar coa manta dos bos.
Debaixo da manta, moito se esconde e moito se tapa.
Haber hainas como mantas.
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo.
Nin por sol nin por solexo déixe-lo teu mantelexo.
Nin por sol nin por solega nunca déixe-la mantela.
Maxencias nos homes poden pasar, mais nas mulleres non poden faltar.
Adoba o teu pano e pasarás o teu ano.
Con bo pano e bo xastre faise un bo traxe.
De ruín pano nunca bo saio.
É mellor ser pano que tesoira.
Eu son o pano e ti as tesoiras; corta por onde queiras.
De mal pano mala saia.
O bo pano na arca se vende.
O bo pano na hucha se vende, mais o malo, verse quere.
O mellor pano líxase.
O que viste de ruín pano, viste dúas veces ó ano.
Onde non chega o pano, o caletre do xastre ten que inventalo.
Os panos locen no pazo e non os fidalgos.
Pano pobre non garda puntada.
Pano podre non garda puntada.
Quen se viste de ruín pano, vístese dúas veces no ano.
Se o pano é verde ou o pano é negro, que sabe o cego?
Unha mancha cae no pano máis limpo.
Non son as polainas, son as pernas do home.
A que non sabe remendar non sirve para se casar.
Ben se entende que quen racha se remende e quen peca que se emende.
O que non remenda non sae da tenda.
Remenda o teu pano e chegarache ao ano; reméndao ben e chegarache ao que vén; reméndao outra vez e botarache outro mes.
Remenda o teu pano e durarache máis un ano; vólveo a remendar, e outro che volverá a durar.
Remenda o teu pano e pasarás o teu ano.
Vale máis furado ca mal remendado.
Vale máis un feo remendo que un bonito buraco.
Vale máis un remendo mal feito ca un burato ben feito.
Vale moito un remendo ben botado pero vale máis zurcido que remendado.
A boa roupa e a boa vida fan a nena garrida.
A boa roupa e a boa vida fan a rapaza garrida.
A curiosidade é boa para a roupa branca.
A gala do nadador é saber garda-la roupa.
A moza louca mete o capital en roupa.
A roupa ben enxaboada é media lavada.
A roupa lavada, polo enxoito agarda.
A roupa lavada, polo sol agarda.
A roupa moi lixosa lávase na casa.
Ben estás de roupa, se non che se molla.
Déixame a roupa, máis vale pardiña que acabadiña.
Iso non é defecto; defecto é roer a roupa e non facer por outra.
Moita roupa sempre carga e para o traballo embarga.
Moito che quero, meu bico de poupa; moito che quero por riba da roupa.
Na miña terra meu haber me honra; na terra de fóra a roupa me abona.
Na mocidade e na roupa rachada todo engarra.
O mellor nadar é saber garda-la roupa.
Roupa lavada polo sol agarda.
Roupa que moito se lava e corpo que moito se cura, pouco dura.
Se a chuvia no mar fai cabazas, non deixes a roupa de augas na casa.
Se non ves limpeza na roupa, tampouco a verás na cazola.
Se queres criarte gordo e san, a roupa do inverno pona no verán.
Se queres vivir san, a roupa do inverno tráea no verán.
Se queres vivir san, anda abrigado, come pouco e vive en alto.
Xente nova e roupa vella todo o mundo engarra nela.
Coida ben o teu saio que, inda que estea vello, durarache outro ano.
Por ben ou mal que che vaia, non vendas a túa saia.
Remenda o teu saio e servirache outro ano.
A saia branca, ribete negro.
Levo a saia con voo porque salta o boqueiro canda min.
Xa chegou o tempo da inquisición, que anda a saia detrás do calzón.
Cando é moda, faldra de fóra.
Con tal que sexa moda, inda que sexa a faldra fóra.
Máis vale molla-las faldras que lixa-las toucas.
Quitar das faldras e poñer nas mangas, esas son folgazanas.
Sexa moda, non sexa moda, non botes a faldra fóra.
Non te poñas ao sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
Sombreiro ao pombo, capital ao lombo.
Non hai mellor traxe que o de pana nin mellor calzado cós zocos.
O bo traxe cobre a mala liñaxe.
O bo traxe fai o señorío.
Bo vestido e limpeza non anda coa pobreza.
O vestido do criado di quen é o amo.
O vestido do criado di quen é o dono.
O vestido do servidor di quen é o señor.
Polo vestido do criado ben se coñece o amo.
A tal zapato, tal forma; e a tal forma, tal zapato.
Ao zapato do meu amigo moita subela ou pouco pez pra que volva.
Cada cousa é para o que é i o zapato é para o pé.
Cada un ben sabe ónde lle manca o zapato.
Cada un sabe onde lle aperta o zapato.
Mal lle vai ao que por zapatos de defuntos espera.
O que anda descalzo soña con bos zapatos.
O que leva zapatos en xaneiro, ou non ten outros ou non ten diñeiro.
O zapato do amigo, moito pez e ben cosido.
O zapato do amigo, pouco pez e mal cosido.
Zapato de amigo, a sola queimada e o fío podre.
Zapato roto ou san, vale máis no pé que na man.
Zapatos de charón, nin para a auga nin para o sol.
Aínda que me ves que descalzo veño, tres pares de zocos na casa teño.
Basta pensar nas zocas cando haxa que poñelas.
Botín para a sala e zoca para a lama.
Cada un sabe onde o zoco lle magoa.