A abella ándao todo.
Abella e ovella e pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
Abella que pica, non volve a picar.
Abellas e ovellas nas túas devesas, non nas alleas.
Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
Ano de abellas, vaite e non veñas.
As abellas ben coidadas, en febreiro regaladas.
As abellas non queren ser partidas nin reñidas.
Como sin mel non hai abellas e sin abellas non hai mel, castra as abellas entre Candeas e san Miguel.
En abellas e ovellas non metas o que teñas, pero, podendo ser, nunca estés sin elas.
En abellas e ovellas non metas o que teñas.
En abellas i-en ovellas non metas o que teñas; i-o que rico queira ser, de todo ha de ter.
En abellas i-en ovellas nunca metas o que teñas.
O que mata unha abella, ten cen anos de pena
O que mata unha abella, ten cen días de pena.
O que mata unha abella, ten cen anos de cadea.
O que mata unha abella, ten nove días de pena.
O que mata unha abella, ten sete anos de pena.
O que mata unha abella, ten un ano de pena; o que mata un abellón, ten cen anos de perdón.
O que queira ter abellas, que cate o día das Candelas.
Se che pica unha abella, sete anos de pena.
Se che pica un abellón, busca cruz e pendón.
Se che pica un abellón, sete anos de perdón.
Unha abella sola fai pouco mel.
A colmea pobre sale do inverno e no maio morre.
As colmeas xa castradas e as abellas remontadas.
Ano de enxames, ano de fames.
Ano de moitos enxames, cortizos para moitos anos.
Ben tratado o colmear, por maio ha de enxamear.
Cortizo pobre inda en maio morre.
Despois de maio, a quen cho pedir, dállo.
Enxame de abril val mil; de maio, un ducado; de san Xoán, un ferrado de pan; i-o de Santiago non vale un carto.
Enxame de abril vale mil; de maio vale un ducado; de san Xoán non vale un can; i-o de Santiago non vale un carallo
Enxame de abril vale mil; o de maio vale un ducado; o de san Xoán non vale un can.
Enxame de maio vale un cabalo.
Enxame de maio vale un cabalo.
Enxame de maio vale un cabalo; o de san Xoán, un can; o da sega, unha cadela; i-o de agosto, un magosto.
Enxame de maio vale un ducado.
Enxame probe, se do inverno sae, no maio morre.
Na casa do Abel, moitas colmeas e pouco mel.
No mes de maio o enxame vale un cabalo; o de san Xoán non vale un can, i-o da sega, unha cadela.
O enxame da amora era bo, se non se fora.
O enxame de abril, para min; o de maio, para meu amo; i-o de san Xoán, pró can.
O enxame de maio vale un cabalo.
O enxame de san Xoán non-o des nin a teu irmán.
O enxame do mes de maio vale un almallo.
Os enxames de abril gárdaos para ti, os de maio dáos, i-os de san Xoán déixaos pasar.
Os enxames de san Xoán, que se quedan, que se van.
Un enxame en maio vale un cabalo.
Ao que lle trabe un alacrán, avise curas e coza pan.
Con picadura de alacrán chama o cura e o sancristán.
Mordedura de alacrán, chama ao crego e coce pan.
Mordedura de escorpión, coce pan e colle o legón.
Se che pica un alacrán, as campás tocarán.
Se che pica un alacrán, o enterro é para mañá.
Se che pica un alacrán, podes chamar o cura e o sancristán.
Se che pica un alacrán, podes ir buscar o cura, que para o adro vas mañá.
Se che pica un alacrán, vai buscando sancristán.
Se che pica un alacrán, vai ó crego e busca pan.
Se te morde o alacrán, busca cregos e busca pan que mañá te enterrarán.
Se te roe un alacrán, busca a cera e mais o pan; se te roe a donicela, búscaos inda máis axiña.
A can fraco todas son pulgas.
A can fraco pícanlle as pulgas.
A can que moito ladra bótalle un óso, verás como cala.
A can vello non hai cus cus.
A ferida do can cos pelos se cura.
A lamber sostense o can.
A mordedura do can cos pelos se cura.
A ningún can engorda o lamber.
A onde non-o chaman vai o can.
Anque o can ten catro patas, por un só camiño anda.
Ao can fraco todo é carrachas.
Ao que lle escapa o gato, que non lle escapara o can.
Aos tres anos, ti ti; aos seis, can can; i-aos nove, laián.
Aparta sempre do can que non ladra e do home que non fala.
A quen ten can e capelo nunca lle falta mancebo.
Bo está o can que non quer pan.
Cada can ladra no seu palleiro.
Cada can lambe a súa ferida.
Cada can lambe o seu cu i-a cadela o de todos.
Cada can lambe os seus.
Cal é o can tal é o dono.
Can doente non coñece o amo.
Can durmido non pilla moscas.
Can ladrador, pouco mordedor.
Can merendeiro non garda o palleiro.
Can moi ladrador, nin por iso mellor.
Can mordido, de todos é perseguido.
Can morto non morde.
Can morto non rabia.
Can pequeno, fol de veleno.
Can pouco ladrador é mordedor
Can que dorme, deixalo durmir.
Can que ladra a casa garda.
Can que ladra non traba.
Can que máis ladra, non é o que máis morde.
Can que moito ladra e muller que moito se queixe é mellor que se deixe.
Can que moito ladra, ruín é para a casa.
Can que moito lambe tira sangue.
Can que morde non ladra en van.
Can que non ouvea non garda a casa.
Can que ten a nai na aldea moito ouvea.
Can que trinca, rabia leva.
Can que vai a onde non o chaman leva paus.
Can rabelo, aparta del como do demo.
Can seco busca a pousada con día.
Can sen dentes non traba.
Can vello non aprende ensino
Cando ladra o can, estate en vela: ou mal che fan ou renxe a cancela.
Cando o can ladra, algo anda na manada.
Cando o can ladra, algo venta.
Cando o can ladra, anda o ladrón na aira.
Cando o can ladra, sinal de xente.
Cando o can quer a cadela, lámbelle moito a garela.
Cando o can quere a cadela, moito esfarela
Cando o can quere a cadela, moito farelo, e despois ergue a pata e mexa por ela.
Cando ouvea o can do palleiro, é que hai morto no rueiro.
Cando un can ladra, outro cala.
Canto máis fraco é o can, máis tarambollo lle dan
Canto máis grande é o can máis caldo come, se llo dan.
Canto máis grande é o can máis carolos lle dan.
Canto máis grande é o can máis paus lle dan.
Canto máis grande é o can máis trancazos lle dan.
Canto máis grande o can, máis tarambollo lle dan
Catro anos de can novo, catro anos de bo can, catro anos de can vello, catro anos de mal can.
Chámenme can e déanme pan.
Coxeira de can e mal de muller non se han de crer.
Cu de muller, xeonllo de home e fociño de can, son as tres cousas que máis frías están.
De boa casta é o can para non roer o óso
De can danado, de caldo requentado e de amigo reconciliado líbrenos Deus.
De can, cadela; de cadela, can.
De neno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e de vello, can; i-o que come non-o merece; i-o que pide non llo dan.
De pequeno, rei; de mozo, capitán; e de vello, can.
Debe ter o labrador un sentinela e un reloxo.
Deixa andar o can coa roca a ver onde a pousa.
Deixa andar o can coa roca i-o gato co fuso.
Deixar andar o can coa roca, que el dará conta da mazaroca
Dous canciños a un can, mal trato lle dan.
Dous cans contra un lobo cómeno todo.
Dous cerrulos a un can algo lle fan.
En febreiro mete o can o rabo no palleiro.
En xaneiro métese o can no palleiro.
En xaneiro todos os cans están no palleiro.
En xaneiro vai o can para o palleiro e levántase en febreiro.
Entra o can na igrexa porque está a porta aberta
Fociño de can e cu de xente nunca está quente.
Gárdate do can que non ladra e do home que non fala.
Inda cen cans comen cen pas.
Ladra, can, que para iso gana-lo pan.
Ládreme o can e non me morda, que eu lle botarei a corda.
Máis come o can, si llo dan.
Máis vale o can pequeno agudo que o can grande e burro.
Mentres o can caga, o lobo vaise.
Mentres o can dorme, o lobo mata e come.
Mentres o can ladra, non morde
Morreu o can e acabouse a rabia.
Morto o can, acabouse a rabia
Morto o can, morta a rabia.
Ningún can lambendo engorda.
No bico do can non cates o pan, nin en fociño de cadela vaias cata-la manteiga.
No mes de xaneiro ladra o can no palleiro.
No xaneiro, ningún can para no palleiro.
Non busque-lo pan no cocho do can.
Non busques pan na cama do can.
Non busques pan no niño do can estando o can vivo.
Non hai can que non coma o millo: se non é cru, é cocido.
Non lle teñas medo ao can cando abre a boca senón cando a cerra.
Non quero can con choca.
Nunca falta un can para unha merenda.
Nunca o can morde á cadela.
Nunca un can comeu a outro.
O can anda de balde e gasta as uñas.
O can baila polo pan.
O can cando ladra é porque alguén anda na manada.
O can, cando ten ósos, non quer amigos.
O can coa rabia a seu dono traba.
O can de san Torrado, canto fai coa boca, desfaino co rabo.
O can de todas as vodas, por unha pérdeas todas.
O can do ferreiro dorme ás marteladas e esperta ás dentadas.
O can do horticultor nin famento nin farto deixa de ladrar.
O can do palleiro non quer compañeiro.
O can e o gato dormen a cada rato.
O can e o gato non comen no mesmo prato.
O can e o meniño, onde atopan acariño.
O can grande sempre morde do pequeno.
O can ladra moito cando está no seu cortello.
O can ladra onde come.
O can ladrador non é o máis mordedor.
O can lebreiro é madrugador.
O can máis ladrador non é o máis mordedor.
O can máis ladrador non é o máis roedor.
O can máis ladrador, nin por iso é o máis trabador.
O can moi ladrador non é o máis mordedor.
O can moi ladrador non é o que máis morde.
O can mordido todos o morden.
O can no barbeito ladra sen proveito.
O can no celeiro non quer compañeiro.
O can no óso i-a cadela na costela.
O can no palleiro non fai bo caseiro.
O can no palleiro non quer compañeiro.
O can non fai o mal o abrir a boca senón a cerrala.
O can, onde non o chaman leva pedradas.
O can ouvea cando o corpo cheira a morto.
O can ouvea e o burro ornea.
O can que ha de dar mala xeira á raposa, non a ha de levar el moi boa
O can que lambe a cinza, non lle fíes a fariña.
O can que máis ladra non é o que máis morde.
O can que máis ladra non é o que máis traba.
O can que moito ladra non é o que máis morde.
O can que moito ladra nunca mal pode facer.
O can que moito ladra pouco morde.
O can que se deita con pulgas, con pulgas se levanta.
O can salta polo pan.
O can sempre será can.
O can vello, se ladra, dá consello.
O can, no seu palleiro, é moita xente.
O canciño, canto máis pequeno, máis moniño.
O fillo do can ha de roer o óso.
O mes de xaneiro, meo can ó palleiro.
O meu can colleu unha mosca e, se a pillou, comeuna.
O meu can foi ás zorras e desfixéronlle as cachas todas.
O que ao seu can quer matar, algún achaque lle ha de buscar.
O que can alleo ceba, polo cu lle beba.
O que con cas se deita, con pulgas se levanta.
O que ha de bicar o can no cu, non ten que lle mirar pro rabo.
O que o seu can quere matar, de rabia lle pon o nome.
O que se deita con cans, aparece coroado de pulgas.
Onde non hai can chega o zorro á porta.
Onde non hai can, o golpe é veciño.
Os cans sen dono ouvean de balde e levan no lombo.
Para o can fraco todas son pulgas.
Para o óso hai cincuenta cans.
Para onde vai o can? Para onde lle dan pan.
Polo pan baila o can.
Polo pan danza o can.
Polos rapaces e polos cas sempre hai bullós.
Por cartos baila o can e por pan si llo dan.
Por san Xoán ás tres voltas se deita o can.
Por un can que matei, matacáns me chamaron e matacáns quedei.
Por xaneiro métese o can no palleiro.
Por xaneiro non vai o can ó palleiro.
Probe do can que non ten cirolas; aí vén o verán, farémoslle unhas novas.
Quen con cans se deita, con pulgas se levanta.
Quen non queira cans á porta, que mate a cadela.
Quen ten medo, compra can.
Rabia, can, porque non che dan pan.
Roe o can o óso porque non-o pode pasar enteiro.
Se o can do crego non dá ladrado, nin misa nin rosario
Se queres que che siga o can, dálle pan.
Se sentes un can ouvear, morte cerca no lugar.
Se ten un pelo, bo can; se ten dous, loubán; se ten tres, lacazán.
Tras do pan corre o can.
Tres anos cadelo, tres anos can e tres anos folgazán, e despois, fóra can.
Tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello, tres anos de ruín can i-aí che vai a vida do can.
Vale máis o querer dun can que o querer dunha muller: o can quer a seu amo e a muller quer a quen quer.
Vou, vou, e nunca chega, como o can preso á cadea.
A cadela fraca, todo son pulgas.
A miña cadela lapoira, tal as fai tal as coida.
Ás veces ruín cadela roe boa correa.
Ruín cadela roe, ás veces, boa cadea.
Ruín cadela roe, ás veces, boa codela.
En maio, xuño, xullo e agosto, nin caracois nin mosto.
Os caracois de abril, para min; os de maio, para meu amo.
Réptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas.
Cando a cobra en marzo sae ao sol, en abril sarabia ou neva.
Onde menos se pensa, salta a cobra.
O que mata un culebrón, ten cen anos de perdón.
Se che pica a donicela, busca pan e busca cera que mañá che darán terra.
Se che pica a denociña, vai preparando a caixiña.
Se te morde a donicela, busca viño e busca vela que mañá che darán terra.
Se te morde unha donicela, busca pan, busca codela, que mañá estarás sobre a terra.
Se te morde unha donicela, prepara a camisa para a terra.
A formiga tamén quer a súa compañía.
Asenteime nun formigueiro, douche ao diaño o asentadoiro.
Cada formiga ten a súa ira.
ando a formiga se quer perder, as novas lle queren nacer.
Dá Dios ás á formiga para que morra máis axiña
Senteime enriba de un formigueiro, e nunca tiven tan mal asentadoiro
Ao galgo vello bótalle lebre e non coello.
Corre máis galgo de un mes que mastín de tres.
Corre máis un galgo dun mes que un burro de tres.
Chamoulles galgos i-eles entenderon fidalgos.
De raza lle vén ao galgo...
Galgo que moitas lebres levanta, algunha mata.
O galgo a pasiño camiña máis, e o cadelo galgando quédase atrás.
O galgo, á larga, a lebre mata.
Vale máis galgo de mes que mastín de tres.
A gata, ca présa, pare os fillos cegos.
A gata lambona, como fai, coida. /A gata lambona, asegundo as fai, así as coida
A gata rubia, tal as fai, tal as coida.
Gata roxa, tal as fai tal as coida.
Miña gata rubia, tal as fai tal as coida.
Non deixes a gata na túa cama nin lle deas couces despois de deitala.
O fillo da gata ratos mata.
A gato escaldado auga fría lle fai dano.
Ándaslle buscando os pés ao gato e vaslle encontrar catro.
Ao meu prato escusa vir o gato.
Ben se lava o gato despois de farto.
Búscalle os tres pés ao gato i-atoparás catro.
Buscarlle cinco pés ao gato cando non ten máis que catro.
Cada un se entende ao seu modo e os gatos maian solos.
Calquera gato sinte que outro o rabuñe.
Cando o gato lava a cara, sinal de inverno.
Cando o gato pasa a pata pola orella, desexa que auga veña.
Cando o gato pasa a pata por riba da orella, tamén o home pode pasar a serra.
Cando o gato quenta o traseiro, escusas regar o lameiro.
Cando os gatos se lavan a cara, sinal de visita na casa.
Coa axuda dos veciños sóbense os gatos aos touciños.
Con fillos, o gato ben caza ao rato.
Detrás do gato vai o rato.
Eu mando ao meu gato e o meu gato manda ao seu rabo.
Gárdate do gato que non miaña.
Gato celeiro non quere compañeiro.
Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
Gato e can, mala parella fan.
Gato escaldado, a auga fría lle fai dano.
Gato escaldado, da auga fría fuxe.
Gato escaldado, da auga fría ten medo.
Gato farto non se doe do famento.
Gato lambón, pau no fociño.
Gato miañador non é o máis cazador.
Gato miañador non é o máis murador.
Gato moi miañador no é bo rateador.
Gato moi miañador, nin por iso máis rateador
Gato no lar, tempo a cambiar.
Gato que moito miaña, poucos ratos caza.
Gato que non come, morre.
Gatos e ratos non comen nos mesmos pratos.
Gatos e ratos non fan compaña
Gatos fogosos crían fillos cegos.
Hasta os gatos queren agora zapatos.
Hasta os gatos queren zapatos.
Hasta os gatos teñen tose.
Mal lle vai aos gatos cando andan aos gorrións.
Mórrense os gatos e alégranse os ratos.
Na casa en que non hai gatos campan os ratos.
Na casa en que non hai gatos, non faltan ratos.
Non hai que ensinar ao gato a rabuñar.
Non as fai o gato o sábado que non as pague o domingo.
Non digas que pillaches o gato mentres non o teñas no saco.
Nunca faltou un gato para lamber o prato.
O gato a tapa, i-o que mal quer a destapa.
O gato acariña co rabo e rabuña coas unllas.
O gato come o mal gardado.
O gato é da casa i-o can é do amo.
O gato e mais o can van para onde lles dan pan.
O gato escaldado, de lonxe venta as papas.
O gato grande pouco lambe.
O gato lambisqueiro nunca gordo está.
O gato lambón pensa que todos son da súa condición.
O gato lambón, asegundo as fai, así as coida.
O gato leva o mal gardado.
O gato que non ten máis dunha sortella, non sabe se a poña no rabo ou na orella
O gato saca as unllas cando as ha mester.
O gato saca as unllas cando llas buscan.
O gato, cando é grande, pouco lambe.
O gato, cando pasa a pata pola orella, deixa que a auga veña.
O gato, limpeza; o can, resgardo; e o galo, unha alegría.
O gato, por lamber, nunca foi cheo.
O gato, por lamber, nunca se veu cheo.
O máis ben coidado tamén o leva o gato.
O mal coidado lévao o gato.
O ollo do gato ben ve o rato.
O que ha de comer o gato, poñerllo no prato.
O que non mantén un gato, mantén un fato.
Polo rabo da culler sube o gato á ola.
Polo rabo da culler vai subindo o gato á ola.
Por un punto foi o gato ao unto.
Se o gato se lava a cara, é que venta enchente de auga.
Se o gato ves lavar, mete leña no anllar.
Sempre que botes a gata na cama, ten coidado de non mancala nin couceala.
Tan bo é o meu gato que non caza os ratos
Ter sete folgos coma os gatos é un regalo.
Tódolos gatos queren zapatos.
Todos os gatos entenden por micos.
Todos os gatos teñen vinte unllas, e cada un rabuña cas súas.
Uña de gato e cara de beato.
Vale máis fraco no monte que cheo na casa e na boca do gato.
Val máis fraco no prato que moito na boca do gato.
Vale máis fraco no saco ca gordo no papo do gato.
Xunta de gatos, sinal de xeada.
A vida do grilo: de día fame e de noite ruído.
Vai en xaneiro a grilos e en verán a espinacas e verás o que sacas.
A lebre en xaneiro tira á brañeira.
A lebre o que na area gana, pérdeo na auga.
A lebre que has de matar, costa abaixo hala botar.
A lebre que se ha de ir, costa arriba a verás fuxir.
A lebre vella logo colle a verea.
Ás veces debaixo dun fento salta unha lebre
Cando a lebre escapa, paus na cama.
Desde que salta a lebre, paus no cocho.
Non levantes a lebre para que outro a leve.
O que dúas lebres segue pode cazar unha e, moitas veces, ningunha.
Anque é tolo, come o lobo.
Ao lobo, en xaneiro, sábelle o can coma carneiro.
Avisade ao lobo e deixade o gando só.
Ben se alegra o lobo do que come o zorro.
Cando a choia chía, o lobo rodea; cando o corvo corvea, o lobo prea.
Cando din lobo, lobo non será pero zorro é seguro. /Cando din que é lobo, raposa é xa.
Cando o lobo anda solto, todo bicho se mete no tobo.
Cando o lobo mata, mata para todos.
Cando o lobo non vai polo seu pé, non come do que quer.
Cando se acaba a fariña, baixan os lobos á mariña.
Cando un lobo come a outro non hai que comer no souto.
Con un lobo non se mata outro.
Do contado come o lobo i-anda gordo.
Do contado come o lobo.
Do lobo un pelo
Do lobo, un pelo, i-aquel do medio do lombo.
Dous lobos a un can ben o comerán.
En abril cátanos no cubil; en maio xa son bo gaio; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos; i-en xaneiro xa podo co carneiro.
En abril está no cubil; en maio, co pai ó lado; en san Xoán xa lle dá unha carreira ó can; en santa Mariña xa matan a cabritiña; i-en agosto tiran o boi ao pozo.
En febreiro paséase o lobo polo carreiro.
En febreiro paséase o lobo polo carreiro.
Fillo do lobo sempre tira ó monte.
Fillo do lobo ten a orella parda.
Lobo famento non ten asento.
Lobo tardeiro non volve baleiro.
Lobos dunha mesma camada non se traban.
Mentres o can dorme, o lobo mata e come.
Muda o lobo os dentes e non as mentes.
Na terra dos lobos hai que facer coma todos.
Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos.
Na terra dos ovos hai que ter coidado cos lobos.
No mes de xaneiro o lobo prefire o can ao carneiro.
No mes morto é perigoso o lobo; pero en xaneiro, sete a sete no carreiro.
Non come o lobo besta branca.
Non só o lobo come carne crúa.
Nunca o lobo mata ao lobo.
Nunca os lobos comeron uns os outros.
Nunca un lobo come a outro pero cada un tira pro seu bolso.
O fillo do lobo ao monte tira.
O fillo do lobo lobiño é.
O fillo do lobo logo deprende a ouvear.
O fillo do lobo ten a boca negra
O fillo do lobo ten o bico pando.
O fillo do lobo tira sempre ó monte.
O fillo do monte, lobo ou raposo.
O lobo e o raposo non son bos compañeiros.
O lobo famento non pode estar contento.
O lobo muda de pelo pero non de condición
O lobo non come da carne que quer senón da que houber.
O lobo non ve todo o que queda no monte.
O lobo perde do pelo pero das mañas non.
O lobo tira ao toxal.
O lobo vello caza á espera.
O lobo vello de noite ouvea.
O lobo, onde cría, non é onde fai a matanza.
O que a loba fai, o lobo non-o desfai.
O que anda entre lobos, a ouvear deprende.
O que entre lobos se mete, comido sae.
O que entre lobos se mete, gandido vai.
O refrán di así i-eu tamén cho digo aquí: "Atrás do lobo, un can; atrás dunha cunca de sopas, unha cunca de viño e unha regoxa de pan".
Onde non ves lobo, cata lobo.
Onde o lobo come a ovella, deixa o rastro dela.
Onde o lobo come a ovella, sempre deixa algo de la.
Os fillos do lobo lobos serán.
Que lle importa ao lobo o que come o zorro?
Quen con lobos anda, a ouvear aprende.
Quen con lobos se xunta, a ouvear deprende.
Toda carne come o lobo, non sendo a súa que a lambe.
Tres lobos contra un can, mala festa lle fan.
Un lobo a outro lobo non se comen nin se morden.
Un lobo non mata a outro.
Un pelo do lobo e do porco todo.
A picada de mosca peza de lenzo.
Anque son chosca, ben vexo a mosca.
Anque son chosca, ben vento a mosca.
As moscas mellor se pillan con mel que con fel.
Bo puñado son tres moscas
Cada mosca fai a súa sombra.
Cóllense máis moscas con gota de mel que con ola de vinagre.
Hai máis moscas xunto a unha entena que xunto a unha ola de vinagre.
Máis moscas pesca o mel ca o vinagre.
Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
Mosca morta, cen á porta.
Mosca morta, sete á porta.
Por non dar ó rabo, deixa comer o cu ás moscas.
Quítalle a mosca ao boi en xuño e pónselle ao burro.
Unha mosca non fai verán.
Unha mosca sola non fai o verán.
Se che morde unha píntega, nada máis che queda un día de vida.
Se te roe a sacabeira, chama o cura á cabeceira.
Se te morde a salamántiga, busca o rodo ca panca.
Alangreando coa nugalla, vai co piollo para a borralla.
Ano de piollos, pouco importa mudar a camisa.
Cando a semana está de piollos, non val muda-la camisa.
Cando o piollo salta, que farán as pulgas?
Cando o piollo se ve nunha camisa lavada, non sabe por onde se ha de escarramexar.
Castañas a roer e piollos a nacer.
Hai que sacar da cabeza máis que piollos.
O piollo busca a lendia.
O piollo corre moito na camisa lavada.
O piollo vai labrar, a pulga vai gradar, o probe do carrachiño bótano a escotrillar.
Piollo fachendoso e resucitado morre coma un condenado.
Piollo pequeno en camisa lavada, vólvese tolo e non sabe o que faga.
A pulga metida no fogo, estoupa logo.
A pulga que matan á unlla, espérea o seu home na lúa.
A pulga que vai á orella, co diaño se aconsella.
As pulgas e os cas morden ás mañás.
Cando o ano está de pulgas, hasta parece que caen do ceo.
Onde queira hai pulgas, e as da miña casa son rabudas.
Pulgas ten a viúva e non ten quen llas sacuda.
Pulgas ten miña comadre e non topa quen llas cate.
Se me encontro no salto, ben me salvo; se vou ao saltarei, inda me salvarei; pero se vou ao deluvan, non teñades mentes por min.
Se me ves no retorzón, ou sairei ou non; se me ves entre penas, inda quizais saio dela; e se me ves no chamusquín, non teñas mentes por min.
Se vou ao tris-tras, nunca me verás; se vou, vou, vou, así me verás ou non; se vén o uñín, tede mentes por min.
A ra que en marzo canta, en abril rabia.
As ras tantas veces cantan en maio como cantan en abril.
Cando as ras cantan en xaneiro, sinal de fame en todo o eido.
Cando as ras cantan en xaneiro, sinal de fame no rueiro.
Canta a ra e non ten pelo nin la.
Se canta a ra en marzo, xa cala en abril.
Se en marzo canta a ra, en abril e maio calada está.
Se canta a ra en marzo, non cantará nin en abril nin en maio.
Se en marzo canta a ra, en abril e maio calada está.
Se hoxe canta a ra, está bo día mañá.
Á porta dunha rañosa e de un home preguiceiro, pouco ten que esperar a raposa para saltar ao galiñeiro.
Á raposa durmida non lle cae nada na boca nin na barriga.
A raposa perde as forzas e non as mañas.
A raposa vai polo millo e non come, mais dálle ao rabo e sacode.
Ao raposo durminte non lle amañece a galiña no dente.
As raposas e as galiñas, son malas veciñas.
Cada raposa garda o seu rabo.
Cando a raposa anda aos grilos, non hai para ela nin para os seus fillos.
Cando a zorra anda aos grilos, mal pola nai e mal polos fillos.
Cando a zorra anda aos grilos, mal para ela e peor para os fillos.
Cando chove e vai sol, casa o raposo e maila zorra.
Cando o raposo non vén, marañada ten
Do raposo nace xente do rabo largo.
Éche raposo vello!
Mal che anda o raposo cando vai aos ovos.
Mal lle vai ao raposo cando anda aos grilos.
Mal lle vai ao raposo cando anda aos escaravellos.
Mal lle vai ao raposo cando anda aos ovos.
Mal lle vai ao raposo cando lambe os cangrexos.
Non fai tanto o raposo nun ano como paga nunha hora.
Non sabe o raposo cantas galiñas dormen fóra.
Non sabe o raposo cantos galiñeiros quedan abertos.
Non sabe o raposo das galiñas que dormen fóra.
O que dá mala xeira á raposa, para si non a leva boa
O rabo do raposo arteiro non corta o salgueiro sen ferro i-aceiro.
O raposo con moito garbo nunca galiña boa come.
O raposo madruga.
O raposo perderá a la pero non as mañas.
O raposo perderá as forzas pero non as mañas.
O raposo perderá as forzas, mais non as mañas.
O raposo perderache o rabo, pero as mañas...
O raposo pinta o morto.
O raposo que dorme, nunca galiña gorda come.
O raposo sempre tira ás galiñas
O raposo vai polo millo e non come; dálle co rabo e sacode.
O raposo, onde cría, non atouza.
O raposo, onde cría, non come os pitos.
O raposo, onde cría, non mata a galiña.
O raposo, se perde a madrugada, perde toda a xornada.
Onde falta o can, o raposo é capitán.
Onde non hai can, é o raposo capitán.
Os fillos do raposo todos cheiran ao ferún.
Pelexo de raposo, inda que sexa embulleirado, nunca levou canado.
Pelico de raposo nunca fanega de millo levou.
Pelico de raposo nunca fanega de trigo levou.
Que me vai face-lo raposo, se nin galiñas teño?
Quen trate con raposo, gracias se lambe algún óso.
Quen ve o raposo, enrouquece; quen ve o lobo, enmudece.
Raposa que moito tarda é que caza agarda.
Raposo dormente non lle chincha á galiña o dente.
Raposo preguiceiro chega tarde ao galiñeiro.
Raposo que moito dorme nunca boa galiña come.
Raposo que moito dorme, galiña gorda non come.
Xunta de raposos, limpeza de galiñeiros.
Cada rato ten o seu burato.
Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
Cando falta o gato, esténdese o rato.
Entre o rato e o león non hai comparación.
Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.
Faldra fóra pasou por aquí vendendo ratos a marabedí.
Faltan os gatos i-esténdense os ratos.
Mal lle vai ao rato cando vai na boca do gato
Mal lle vai ao rato que só ten un burato.
Malia o rato que non sabe máis dun burato
Márchanse os gatos e esténdense os ratos.
Moito sabe o rato, pero máis sabe o gato.
O dente do rato é bo dente, que sempre deixa a semente.
O fillo do rato tira ao burato.
O livián que che ha de comer o rato, dállo ao gato.
O que che ha comer o rato, dállo ao gato.
O que lle has de dar ao rato, dállo ao gato, anque máis come o gato de unha ves que un rato en tres.
O rato non se fía dun só burato.
O rato que non sabe mais dun burato, logo o pilla o gato.
O rato que non sabe máis dun furado, cóllese axiña, se está tapado.
O rato que non sabe máis que dun burato non é rato
O rato que non sabe máis que un furado, logo é cazado.
O rato que non ten máis de un burato, non é bo rato.
O rato que só sabe dun burato, axiña o apaña o gato.
O rato que só ten un burato, logo cae nas unllas do gato.
O rato vello non cae na rateira.
Onde hai pan, ratos van.
Rata de igrexa non morre de fame.
Rata vella non cae na rateira.
Rato que non sabe máis ca dun burato, logo o pilla o gato.
Ratos arriba, que todo o verán non é fariña.
Salta o rato á tea da araña e a mosca apaña.
Tarde se arrepinte o rato cando xa está na boca do gato.
Vale máis cabeza de rato que cola de león.
Vale máis rato fraco que gordo no cu do gato.
O rato da casa, un día ou outro se caza.
Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra.
Canta o sapo, tempo guapo.