Ben lle irá ao borracho se trona en marzo.
A borracheira indigna e brutal, no inverno sempre é mortal.
Cando o borracho ronca, o viño no tonel apousa.
Dentro do borracho sempre fala o viño.
O borracho, cando bebe, con auga se almorza.
O borracho descobre o que ten no cacho.
O borracho di o que ten no pancho.
O borracho logo solta o que ten no papo.
O borracho e o sapo din o que teñen no papo
O home borracho sempre anda tirado.
O sábado a chover e o borracho a beber, vai a semana a roer.
Quen disputa cun borracho disputa cun ausente.
San Xoán benditiño, o borracho que bebe auga é porque non ten viño.
Antes torto que cego de todo.
Ao cego Dios lle dea vista.
Ben cego é o que non ve por un cribo.
Cego casado con nena bonita, o susto do corpo non se lle quita.
Como un cego ha guiar a outro cego?
En terra de cegos o torto é rei.
Herdeiro de crego, libertino cego.
Máis vale preñada que cega.
Máis vale ser torto de un ollo que cego dos dous.
Máis vale torto que cego.
Mentres vista teñas, cego non sexas.
Na terra dos cegos o que ten un ollo é un rei.
Na terra dos cegos o que ten un ollo xa ve.
No país dos cegos o chosco é o rei.
Non hai cego que non vexa nin torto que non coñeza.
Non hai peor cego que o que non quere ver.
O cego, en onde canta, alí xanta.
O que ha de cegar, polos ollos ha de empezar.
O que non é cego, ben ve por un cribo.
O que quere o cego é ver.
O que ten de cegar, polos ollos lle ha de dar.
Pau de cego, pau de demo.
Quitáronme o espello por fea e déronllo á cega.
Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería.
Un cego non pode levar a outro pola man.
Unhas e outras botan ao cego de poutas.
Val máis torta e nosa que con catro ollos e vosa.
Eu ben coñezo os coxos no andar i-os cegos no mirar.
O coxo e mais o manco e tamén un corcovado van á casa do tolleito buscar o deixado.
O coxo i-o manco e mais o corcovado foron buscar o tolleito para casar co derreado.
O que anda con coxo, ao ano é coxo.
O que anda con un coxo, ao cabo do ano é outro.
O que anda un ano ao lado dun coxo, ao cabo do tempo coxea el tamén.
O que anda con coxos, se non coxea, ranquea.
Os coxos coñécense no andar i-os cegos no mirar.
Pau de coxo, pau do demo.
Á costa do defunto facer o enterro.
Así que un morre é un defunto.
Cando o moucho mouchea, hai defunto na aldea.
Con ruín defunto gastar pouca cera.
O pranto, sobre o defunto.
Tantos eran os defuntos que nin a dous reas chegaban.
A confesión dos enfermos, enferma é.
Administrador que administra e enfermo que se enxauga, algo traga.
Ao enfermo purgádeo, sangrádeo, acochádeo, e, se morre, enterrádeo.
Cando a ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sancristán porque é sinal de din, dan.
Cando bos estamos, dos enfermos non nos lembramos.
Cando o enfermo di "¡ai!", o médico di "dai".
Cando o enfermo está de vida, auga fría fai menciña.
Non lle fai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.
O caldo, a gusto do enfermo.
O medo do enfermo pon medo ás veces ó médico.
O san debe remediar o enfermo.
Os enfermos cúranse nos libros e mórrense nas camas.
Para o enfermo que é de vida, a auga élle menciña.
Para os enfermos do peito, o leite de burra é remedio feito.
Se queres facer testamento, faino antes de estar enfermo.
Se quitan os enfermos, sans poucos quedan.
Tanto lle tarda a saúde ao enfermo que, cando vén, non ten remedio.
A enfermidade mortal, nin médico nin menciña lle val.
As enfermidades entran por libras e saen por adarmes.
Coñecer a enfermidade é gran parte da saúde.
De duras unha poutada, hai enfermidade condenada.
Deixar de comer por haber comido non é enfermidade de perigo.
Enfermidade de nove meses nas mulleres, cúrase antes dos dez meses.
Poñer o parche antes da enfermidade.
Máis mata a aprehensión que a enfermidade.
Non comer por ter comido non é enfermidade de perigo.
O frío, preguiza e humidade son sempre cousas de enfermidade.
Onde hai enfermidade, arde a casa e non fumega.
Peor é o remedio que a enfermidade.
Sobre humidade estancada, enfermidade sobrenada.
A gordura sete faltas disimula.
A moita carne é para os sapos.
Anque andemos rotos, esteamos gordos.
Da gordura sae a fermosura.
Dáme gordura e dareiche fermosura.
Engordar para morrer.
Esteamos gordos e andemos rotos.
Esteamos gordos que o comer é todo.
O gordo, ou comeu ou come.
O que de vello engorda, dúas mocidades ten.
O que está gordo, ou comeu ou come.
Poderá haber fracos comendo, pero gordos sen comer non pode ser.
Poñámonos gordos, que o comer é todo.
Ao malpocado pouco lle vale ser esforzado.
Ao malpocado todo se lle conta a pecado.
O malpocado, pouco mal e ben laiado.
A rei morto, reino revolto.
A rei morto, rei posto ou reino revolto.
Ao fin do ano máis come o morto que o san.
As bágoas por o morto soamente chegan hasta o horto.
Despois de morto, nin viña nin horto.
Deus perdoe ós mortos e con saúde os enterremos.
Espántase o morto do aforcado.
Máis te quero ver morto que torto.
Máis val quedar torto que morto.
Máis vale de vivo ulir a touro que de morto a ouro.
Morto como me ves, eu xa fun o que ti es e ti serás o que eu son, queiras ou non.
Morto non haxa, que achaque non falla.
Morto si, mais non rendido.
Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi morto por riba do rego.
O morto e o ausente non son xente.
O morto ao cebolo e o vivo ao bolo.
O morto ao foso e o cura ao óso.
O morto podrece e o orfo crece.
O morto quer a mortalla e o vivo quer faramalla.
O morto, no cemiterio; e o vivo, no candeeiro.
O xarampón tres días son: ou morto, ou vivo, ou na paixón.
Os mortos abren os ollos aos vivos.
Os mortos non se queren levantar para que non lle collan o seu lugar.
Os mortos non se queren levantar para que non os volvan a enterrar.
Os mortos non teñen medo aos vivos.
Os mortos son os que dan consellos aos vivos.
Os mortos, á burata; e os vivos, á fogaza.
Os mortos, hai que enterralos.
Os vivos ao verán, que os mortos non poderán.
Para sacar da súa casa un morto fan falla, o menos, catro homes.
Quen vive de recordos, vive entre os mortos.
Soñar con mortos, sinal de vivos.
Vale máis torto que morto.
A mellor sorte é ter unha boa morte.
A morte a ninguén perdoa.
A morte a todas cousas se iguala.
A morte a todos iguala.
A morte a uns dá boa e a outros mala sorte.
A morte bárreo todo.
A morte é boa cando certamente é mala.
A morte é fonte da vida: morren uns para que outros vivan.
A morte é tan certa como a vida é incerta.
A morte non escolle, saiba o home: morre o rico e morre o probe.
A morte non veña, que achaque non faltará.
A morte por todo morde.
A morte sempre ten desculpa.
A morte todo o atalla.
A morte todo o descompón.
Á morte, estirar a pata.
A morte, nin buscala nin temela.
A quen morte allea desexa, a súa lle chega.
Achaque quer a morte e non sabe de que sorte.
Antes morte que vergonza.
Ao mal da morte, nin médico nin medicinas.
Ben veñas morte, se vés soa.
Cando a pita canta de galo, véntalle a morte a seu amo.
Cando é de morte o mal, de Deus lle veña o remedio.
Cando hai morte, non hai boa sorte.
Cando menos se pensa, a morte chega.
Cando non hai morte, non hai mala sorte.
Cando o mal é de morte, non hai remedio na horta.
Cando o mal é de morte, o remedio é morrer.
Cando se chama a morte e non vén, é que a súa razón ten.
Coa morte todo se esquece.
Coa morte todo se vai.
Coa vida fanse moitas cousas, e coa morte desfanse todas.
Contra a morte non hai home forte.
Contra a morte non hai medio pero a morte é un remedio.
Da morte non se escapa nin o rico nin o probe nin o rei nin o Papa.
Dálle tres figas á morte se mexas claro, cagas duro e peideas forte.
De morte é sinal o non querer sandar.
De morte é sinal o non querer sandar.
De ruín morte non pode vir boa leña.
Desculpa quere a morte e non sabe de que sorte.
Deus nos libre de morte de fouce, que a de machado non é boa.
En mal de morte ningún médico ten sorte.
Espantouse a morte da aforcada cando a viu tan esguedellada.
Hai que buscar a vida, que a morte vén ela soa.
Hasta a morte tente forte.
Hasta a morte todo é vida.
Hasta a morte, pé forte.
Hasta a morte, peito forte.
Hasta a morte, vida forte.
Hoxe na vida, mañá na morte, benia o corpo que pola alma traballa.
Inda non está morto e xa está esfolado.
Mal de morte non hai médico que o corte.
Mal de morte, ó meu home lle caia en sorte.
Mal delongado, morte no cabo.
Mal largo, morte no cabo.
Mal moi delongado, morte ao cabo.
Mala é a morte que deixa valeira a casa ou a corte.
Mala morte mate á morte.
Mentres que non hai morte, non hai mala sorte.
Morte de pai casa non desfai pero si morte de nai.
Morte de sogra e dor de nora, máis por dentro que por fóra.
Morte dun, esterco doutro.
Morte duns, vida doutros.
Morte e venda, desfai renda.
Morte non veña que achaque non teña.
Mozo que vela e vello que dorme, sinal é de morte.
Ninguén está contento coa súa sorte mentres non vén a morte.
No tempo e na morte non hai fianza.
Non é mala morte cando fai o que debe o que morre.
Non veña a morte, que achaque non ha de faltar.
O mal da morte non hai médico que o acerte.
O mal da morte non hai remedio que o corte.
O que é de morte, hasta a auga lle é forte.
O que lle desexa a morte ao seu veciño, vénlle a súa polo camiño.
O que na morte non pensa, na vida ben pouco aprende.
O que non dorme debaixo da tella, coa morte se aconsella.
O que non ten sorte, a Deus lle pide a morte.
O que non ten sorte, polo cu colle a morte.
O que non ten sorte, polo cu lle vén a morte.
O que polo seu gusto morre, a morte sábelle ben.
O que ten mala sorte, polo cu lle vén a morte.
O sono e a morte son irmáns xemelgos.
O vivir ben é unha sorte: segundo é a vida, é a morte.
Onde hai morte hai mala sorte.
Onde hai morte non hai boa sorte.
Para a morte non hai cura.
Para a morte non hai remedio cando veña senón estarricar a perna.
Para o amor e para a morte non hai cousa forte.
Para todo hai maña senón para a morte.
Para todo hai remedio pero non para a morte.
Pola morte dunha vella, sete anos de pestilencias.
Quen a morte de outro agarda, longa corda desata.
Quen busca o perigo, nel topa a morte.
Quen non teme a morte, non desfruta da vida.
Reloxo e campá, morte na semana.
Sabemos da morte, mais non de que sorte.
Segundo é a túa vida, será a túa morte.
Segundo é a vida, é a morte e, segundo é a morte, a eterna sorte.
Sempre Deus pon o remedio onde a morte a enfermidade.
Tal vida, tal morte.
Todo ten arranxo menos a morte.
Todo ten remedio menos a morte.
Todo vai ben se a morte non vén.
Unha boa morte é a mellor sorte.
Val máis deixar na morte ao inimigo que pedir na vida ao amigo.
Val máis morte calada que pública desventura.
Vén a morte e non sabe de que sorte.
A boa guerra trae a boa paz.
A paz e o pan quitan moitas penas.
A paz ten que entrar por todos.
Aquí paz e despois gloria.
Boa romaxe fai o que ten a casa en paz.
Cada un meta a man no seu seo e deixe en paz o alleo.
Canto saibas non dirás, canto vexas non xulgarás, se queres vivir en paz.
Con todos paz, e máis coas tabernas.
Haxa paz duradeira, e sexa o que Deus queira.
Na paz e na guerra, o que matan, morto queda.
Nin polo sol deixa-la capa nin pola paz deixa-la espada.
Non digas todo o que sabes, se queres vivir en paz.
Non hai paz entre a xente nin entre as tripas do ventre.
Paz na casa e guerra fóra.
Peso e medida manteñen a paz da vida.
Peso e medida manteñen a paz na aldea e na vila.
Peso e medida teñen en paz a nosa vida.
Se paz has de ter, obedécelle á muller.
Se queres vivir en paz, canto ves non xulgarás.
Se queres vivir en paz, non te metas nas miñas augas.
Se queres vivir tranquilo, deixa en paz ao teu veciño.
Teñamos paz e a guerra téñaa quen queira.
Teñamos paz e chegaremos a vellos.
Todo o que saibas nono dirás, se queres vivir en paz.
Un solo non fai paz, pero tampouco fai guerra.
Ao solteirón pásalle como á galiña: que morre nas mans da criada ou da zorra.
De solteira, roupa nova; de casada, remendada.
De solteiras non beben viño, de casadas, cada trago un cuartillo.
Máis vale solteiro estar que mal casar.
Solteiróns neste mundo non-os quere Dios.
Val máis ser solteiro que mal casado.
A loucura non ten cura e, si a ten, pouco dura. A loucos i-a rapaces non lles des mimos.
A loucura non ten cura i-o que a ten pouco lle dura.
A onde vas, tolo? Onde van todos.
A roupa dos tolos rómpena os cordos.
A tolemia non ten cura.
A tolo, tolo e medio.
A un tolo, outro.
Ai do tolo, que o comerá o lobo.
Ai louco: outra pata che naceu.
Anque sexa tolo o falador, sexa cordo o escoitador.
Ao louco e ao ar, deixádeos pasar.
Ao louco quítalle o pau e, se quere arremeter, dálle con el.
Ao tolo e ao aire darlles calle.
Ao tolo e ao aire doulles calle.
Ao tolo e ao toro deixarlle o coso.
Ao tolo e ao vento deixarlles paso.
As gaivotas, canto máis vellas máis tolas.
Ás romarías e ás vodas van as loucas todas.
Ás veces o tolo fala cordo.
Ben louco será o que con loucos se xunta e de loucos se fíe.
Burládevos co louco na casa, e burlará convosco na praza.
Búrlate do tolo na casa; burlarase de ti na praza.
Cada louco coa súa teima e cada chaga coa súa apostema.
Cada louco, seu sendeiro.
Cada tolo co seu tema.
Cada tolo coa súa manía i-eu coa miña.
Cada tolo coa súa teima.
Calquera chega a tolo e máis tolo é quen o escoita.
Cando se acaba a bola, vólvese o tolo á tola.
Canto máis dan ao tolo, máis quere ou máis tolo o fan.
Canto máis lle dan ao tolo, máis o tolo quere.
Canto máis lle dan ao tolo, máis regala o ollo.
Canto máis ó tolo dan, máis tolo o fan.
Co louco dómase o poldro.
De louco, todos temos un pouco.
De médico, poeta e tolo todos temos algo.
Do tolo e do vento arrédate.
É cousa de tolos non ter xuízo.
En cabeza louca pouco dura a touca.
En Conxo non están todos os que deben.
Esta auga todo cura, menos a loucura.
Fabas en flor, loucos en vigor.
Inda que louco, non de todo.
Louco, mais non de todo.
Máis sabe o tolo na súa casa que o cordo na allea.
Máis vale tolo que necio.
Moito come o louco e máis louco é quen llo dá.
Moito come o tolo e máis tolo é quen llo dá.
Nenos e loucos din verdades.
Ningún tolo se chama tolo a si mesmo.
Non hai tolo que non acerte nin listo que non erre.
Non hai tolo sen idea.
Non se vira tolo quen é parvo.
Non son todos os que están nin están todos os que son.
Non tolea o que non pode.
Nunca faltou tolo para tola nin tapadeira para ola.
O borracho i-o tolo son dous ausentes.
O louco, pola pena, é cordo e non se pode tratar con el sen un pau na man.
O mal que non ten cura é a loucura.
O que con loucura nace, con ela face.
O que é tolo, é da cabeza.
O que é tolo, é do miolo.
O que non tolea de mozo, tolea de vello.
O traballo dos pequenos é pouco, e o que o despreza, un louco.
O traballo dos rapaces é pouco, e quen o perde, moi louco.
O tolo ao monte i-o cordo ao muíño.
O tolo i-o borracho di o que ten no papo.
O tolo pola pena é cordo.
O tolo polo pan é cordo.
Ofrecer e non dar, o tolo fai alegrar.
Onde o tolo se perdeu, o cordo aviso colleu.
Onde vas, tolo? Onde van todos.
Os que están tolos, non tan en Conxo todos.
Os tolos costa caro crialos pero despois divirten a xente.
Os tolos i-os nenos din as verdades.
Os tontos barren para dentro i-os loucos para fóra.
Para onde vai o louco? Para onde foi o outro.
Para verdades, rapaces e loucos.
Pau de coxo, pau de tolo.
Pequenos e tolos din as verdades.
Prometer e non dar fai aos tolos alegrar.
Quen de loucura enfermou, tarde ou nunca sandou.
Se algún de loucura ten cura, pouco lle dura.
Se a loucura fose dolorosa, en cada casa había berros.
Se queres tolear, lava a cabeza e vaite deitar.
Un louco fai un cento.
Un tolo é malo facelo, pro despois fai rir a xente.
Un tolo fai moitos.
Un tolo fai un cento.
Un tolo fai unha tola, que polo rabo da culler vai o gato á ola.
Un tolo nunca deixou a casa en paz.
Vai un louco por onde vai outro.
A viúva honrada ten a súa porta pechada.
A viúva que moito chora, ten gana de outra voda.
A viúva que volve a casar, bo home tivo e volve a buscar.
A viúva rica cun ollo chora e con outro repenica.
A viúva rica logo casada fica.
De viúva tres veces casada non fíes nada.
O que está viúvo e se quere casar, debe unha débeda ao demo e vailla pagar.
Viúva que non dorme, casarse quer.
Non hai mellor xordo que o que non queira oír.
Non hai máis xordo que o que non quere oír.
O que non responde, é parente dos xordos.
Quen destas oi non é xordo.
Unha xordeira ben administrada vale máis que unha boa criada
Vale moito unha xordeira ben administrada.