labor

substantivo masculinoActividade ou negocio en que alguén está ocupado ou do que se ten que ocupar. - Traballo realizado por unha persoa nun campo determinado.

Boa terra con labores oportunas logra con abonos as fortunas.

En poñéndose o sol acabouse o labor.

Labor comezado é medio feito.

Labor comezado non o mostres hasta velo acabado.

Labor feita non mete présa.

Labor feito nada pide ó por facer.

Labor feito nada pide.

Labor feito nada pide.

Labor feito non corre presa.

Labor feito non quer présa: o feito, feito.

Labor feito non ten présa.

Labor feito, ben parece, e o que o fixo, ben o merece.

Manda e non coides, xa verás qué labor che fan.

O labor comezado que non cho vexa sogro nin cuñado.

O mal e o labor sempre se deixa para o peor.

arar / labrar


verbo transitivo Traballar [a terra] abrindo sucos ou regos co arado.

A metade calquera a labra, se a terra é boa.

Anque ares torto, o froito sáeche dereito.

Ara ben e con afán, e collerás moito pan

Ara con neno e comerás canotos.

Ara e compón, garda sazón

Ara en maio, anque a auga vaia tras do arado.

Ara fondo e collerás pan abondo.

Ara fondo e collerás pan abondo; ara casqueiro e collerás pouco e fareleiro.

Ara fondo e terás bo pan.

Ara fondo e terás grao.

Ara por seco ou por mollado, e non bicarás o veciño no rabo.

Arador sen aguillada non vale nada.

Araduras oito e esterquiño moito.

Aran as vacas e tiran os bois.

Arar fondo e sementar á cima, botar bo esterco i-auga por arriba.

Are o meu boi no folgado e o teu polo gabado.

Are que arou, que xa maio entrou.

Ares ben, ares mal, ara aberto e igual.

Ares ben, ares mal, ara dereito e sempre igual

O que queira coller moito, abonar ben e arar enxoito.

Que sexa pola arada, que sexa pola sen arar, os demos te han de levar.

Quen todo o mirou nunca con bois arou.

Se aras en xaneiro, vasme dicir que che roubei o esterco do leiro.

Se teu veciño che gana a arar, gánalle ti a cardar.

Sigue arando sen mirar atrás, anque a auga vaia a máis.

Debes labrar e podar sen excepción ao redor da Encarnación.

En labranza, a experiencia suple por moito á ciencia.

En todo tratar e pan labrar.

Encarnado ó mar, bota os bois a labrar.

Encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar.

Encarnado ó monte, bois á corte; encarnado ó mar, bois a arar.

Encarnado polo monte? Colle os bois e méteos na corte.

Labra ben e fondo, se queres coller pan abondo; o arado, rabudo, e o labrador, barbudo. .

Labra ben e sementa en tempo; anque che falte un ano, non che faltará cento.

Labra ben ou labra mal; labra ben ó caroal.

Labra e cría, que o demais é parvada.

Labra en maio, anque a auga vaia tras do arado.

Labra feita, bois ó monte.

Labra fondo e pon vasoira, e déixate de libros de agricultura.

Labra no fondo se queres ter pan de abondo.

Labra o meu boi por folgado, e o teu por afamado.

Labra tarde e non en veces; labra cedo e non che pese.

Labra tarde e non te adoites; labra cedo e non te asustes.

Máis dá o ano que o labrado.

Moita labrega, pouca labrega, un día me leva.

Non hai arregoada como a da súa labrada.

Onde hai labrado, hai monte.

Os arboredos labrados quedan moi beneficiados.

Sábado Santo luar, pódese arar.

Terra costenta que teñas que labrar, en bancais has de transformar.

Terriña ben labrada, a seu dono dá ganancia.

cavar


verbo transitivo Traballar cunha aixada ou outro instrumento semellante [un terreo], removéndolle a terra ou abríndolle sucos.

Cavaches e non queimaches: non cavaches

Cávame cedo e quéimame tarde, se queres que che pague.

Cávame tarde e réndame cedo, e farás de min un mancebo.

Cávame tarde e réndame cedo, que eu pagareiche moi ben o que debo.

Cávame tarde e réndame cedo; xa che darei do que eu teño.

Cávame tarde e véndeme cedo, que eu che pagarei o que debo.

Cavar e abarbeitar, antes que empece a xear

Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral.

Quen teña forza no brazo, que cave e pode en marzo.

Tanto merece o que atiza o tizón como o que cava o terrón.

Val máis a boa sazón que cavar moito o terrón.

enxertar


verbo transitivoIntroducir [unha parte dunha planta ou árbore] no tronco ou póla doutra, para que se desenvolva alí.

Marzo a chegar, tempo de enxertar.

O enxerto hai que facelo a tempo.

plantar


verbo transitivoEnterrar [unha planta nova ou unha semente] para que prenda e medre. - Poboar de plantas [un terreo].

O que ha de plantar, ha de saber arrincar.

Planta en outono e terás para o ano todo.

Plantaron e comemos; plantamos e comerán.

podar


verbo transitivoEnterrar [unha planta nova ou unha semente] para que prenda e medre. - Poboar de plantas [un terreo].

Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín.

En marzo poda o ricachón; en abril poda o ruín.

Entre nó corto, poda corta; entre nó largo, poda larga.

Faga a poda quen soubera i-a rodriga quen quixera.

Inxiro e poda, a tempo.

O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.

O que non sabe podar, non sei para que vai á viña.

O que poda en marzo, vendima no regazo.

O que poda por marzo, vendima no regazo.

Poda cando quixeres menos por augas neves.

Poda curto e ara fondo, terás viño e pan dabondo.

Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.

Poda tarde e sementa cediño; comerás pan e beberás viño.

Poda tarde e sementa cedo; se errares un ano, acertarás catro.

Poda tardeiro e sementa temperán, collerás uva e gran.

Quen en marzo non poda a viña, perde a vendima.

Quen poda en maio e alza en agosto, nin colle pan nin mosto.

Se podas as vides curtas, terás vendima larga.

Túa viña gabada: en marzo a poda, en maio a cava.

segar


verbo transitivoCortar [cereais, herba etc.].

En seguida de segar, os restrollos levantar.

Nunca se sega a herba sen susto.

Que segues, que deixes de segar, tres meses heinos de cucar.

Quen non sega en xullo, non sega a seu gusto.

sementar


verbo transitivoEspallar ou depositar [semente] nunha terra de cultivo para que se reproduza.

Cada un ten seu xeito para sementar.

Cando poidas, sementarás, i-ó remate de xuño segarás.

Colle pola vella e sementa por calquera.

Como sementedes, así colleredes.

Deixa sempre máis gramar o trigo de sementar.

Do que se sementa é do que se colleita.

Do que sementes collerás.

Gran arroubado non arrequece no sementado.

Hasta despois de sementado nunca probes o colleitado.

Non vale saber sementar sen saber recoller.

O que no regazo sementa, no regazo recolle.

O que non sementa o pan non ten dereito a comelo.

O que sementa e cría, tanto gana de noite como de día.

O que sementa en terra allea, logo se cansa e nada lle queda.

O que sementa, recolle.

Por medo os gorrións non se sementa o trigo?

Por regra xeneral os bos trigos seméntanse sobre abonos antigos.

Que non sementa non colleita.

Que non sementa non sega.

Quen pouco sementa, pouco colleita.

Quen sementa en mala terra, non colle máis que herba.

Quen sementa en mala terra, non espere gran colleita.

Quen sementa inxurias, recolle culpas.

Quen sementa na culler, apaña na garfela.

Quen sementa na lama, pouco colle ou nada.

Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo.

Quen sementa no camiño, sementa para o veciño.

Quen sementa odios, recollerá vinganzas.

Quen sementa ventos, recolle tempestades.

Quen sementa, sega.

Se queres ter alegría, sementa e cría.

Se queres ter que comer, tes que sementar e coller.

Sementa cedo e colleras palla e gran.

Sementa cedo e non en veces, a non ser que a lúa ande cos meses.

Sementa cedo e poda máis, que se unha vez erras, cen acertarás.

Sementa cedo e poda tardío e collerás pan e viño.

Sementa cedo e recollerás cedo.

Sementa e cría, e terás alegría.

Sementa favores, collerás desgustos.

Sementa no polvo e collerás colmo; sementa na lama e non collerás nada.

Sementa para coller e colle para sementar.

Sementa quen fala e colle quen cala.

Sementadores novos, pan polas silveiras.

Sementar basto e arar miúdo é a regra dun gran burro.

Sementar en novembro e abarbeitar en decembro.

Sementar na nova e recoller na vella.

Sementar por fanegas e coller por espigas.

Sementar vasto e arar miúdo é a regra de un gran burro.

Sementas no polvo e collerás colmo; sementas na lama e non collerás nada.

Ser o primeiro en sementar, se queres avantaxar.

Tal como sementes, collerás.

Tan pronto veña a rula, sementa sen dúbida.

Uns sementan e outros segan.

Uns seméntano, outros ségano e aprovéitano.

Vai sementar cando sintas o cuco cucar e a ruliña rular.

vendimar


verbo transitivoRecoller [o froito das videiras].

A vendima non é cada día.

A vendima, enxoita e fría.

Antes da vendima compón as cubas axiña.

Ao que atrás vendima, cómenlle as uvas e cáganlle na viña.

Ao que atrás vendima, cómenlle as uvas e méxanlle na viña.

Ao que atrás vendima, lévanlle as uvas e estércanlle a viña.

Aos comezos de setembro aparella as cubas para vendimar as uvas.

Despois de vendimas, corvos.

En tempo da vendima, auga do ceo é mala, pero a da fonte boa é.

Mandar rapaces á vendima é cousa perdida.

O que non bima, non vendima.

Polas vendimas vende as túas galiñas, polo Nadal vólveas mercar.

Quen en ruín lugar pon a viña, saca el solo nun día a vendima.

Se ves tronar, non vaias vendimar.

Uva con orballo vendimada deixa no lagar amontoada.

Vendima con sol, se queres viño doce.

Vendima en seco e uva en sazón é para viño unha gran condición.

Vendima enxoito se queres coller viño mosto.

Vendima feita e castaña recollida, pícaro fóra, vai ganar a túa vida.