A arca do aforro é moi grande.
A que mira de esguello non lle fíes os teus aforros.
Aforra hoxe e terás alegría mañá.
Aforrar para a vellez: ganar un e comer tres.
Aforrar, aforra o usureiro, mais non sabe onde irá o seu diñeiro.
Despois de un aforrador vén un desprezador.
Detrás dun aforrador sempre vén un gastador.
Hai que ir dando con ter: nin comelo todo nin aforralo todo.
Iso para min aforro: o que bebo e o que como.
Moito come quen ten e moito aforra quen non ten.
Moito se aforra por non ter, e moito se gasta polo haber.
Nas oitavas de Nadal, quen aforra, ben lle vai.
No sexas tan aforrador que chegues a engano.
Non hai máis aforros que o que pouco gasta.
Non te fará rico o moito que ganes senón o pouco que aforres.
O aforrar non é por moito madrugar.
O aforrar non é por moito traballar senón por moito ganar e pouco gastar.
O aforro non o é todo.
O mozo de gorra nada che aforra.
O que aforra da noite para o día, ten alegría.
O que aforra na comida, gaste o na medicina.
O que aforra unha cena en xaneiro, compra un leiro.
O que aforra, botalo afora.
O que aforra, sempre ten.
O que non aforra a leña, non aforra cousa que teña.
Para un bo aforrador nunca faltou un bo gastador.
Peseta aforrada, peseta ganada.
Quen calza espola, a fibela aforra
Unha das cousas máis difíciles é non perder o tempo e aforrar un peso.
Vale máis o que o pobre aforra que o que o rico come.
A que amasa fariña nunca pan lle falta.
Amasade, panadeiras, que miña nai quer un pan.
Amasando faise o pan.
Hai que desamasar, que caeu o forno.
O día que amaso, mal día paso, pero é peor non ter que amasar nin que peneirar.
O día que se amasa, mal se pasa.
O que amasa e coce, ben se lle coñece.
O que amasa e coce, todo lle loce.
Non amanses poldros nin chufes a muller doutro.
Non poñas árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito.
Isto vai a estilo de tropa: cada un amólase cando lle toca.
Amaña e compón andan xuntos
Andar á sopa boba!
Andar dacabalo é malo, pero andar de a pé é morrer.
Andar lixeiro, tempo que se adianta.
Andar pa dentro, andar de trenco.
Andarás como andabas, quedarás como estabas.
Andarás e verás.
Ben anda o que anda solo.
Canto máis se anda máis se aprende.
Canto mas un anda, máis ten que andar.
Cunha perna sola non se anda.
Dime con que andas e poñereiche medias solas.
Dime con quen andas e comprareiche unhas zocas.
En paz e xogando, vámola andando.
Mentres andamos uns por onda os outros, ben nos vai.
Muíños e fornos, andalos todos.
Neste mundo vesme andar, pero no outro non me ves pelar.
Ninguén anda a desora que outro non ande á mesma hora.
Non anda seguro o que anda polo muro.
Non dá tropezo quen anda a costas do seu pelexo.
O día que se sabe con quen se anda, non se perde o día.
O que non queira andar errado, que lea o colorado.
Por abaixo anda que non manda.
Porfiar, pero endexamais apostar.
A sorte non é para quen a busca senón para quen a atopa.
Aínda que te atopes mal, vive na cidade.
As pedras unhas con outras é como se atopan.
Come o gato o que non atopa ben gardado.
Madruga e verás, busca e atoparás.
Moitas veces atopan uns o que perden outros.
O atopado non é furtado.
O malo, pra facer mal, achaques ha de atopar.
O que deixa, sempre atopa.
Onde sacan e non botan, buscan e non atopan.
Vale máis atopalo que perdelo.
Arrúa, arrúa, cada un coa súa.
Antes de pingar, asar.
A tea miúda, o seu dono axuda.
A torto ou dereito, axude Deus o noso consello.
Abaixo tódolos santos axudan.
En labor feito e pan cocido moito axuda un mal veciño.
O que acaba primeiro axuda o compañeiro.
O que empresta axuda a vivir.
Quen acaba primeiro, axuda ao derradeiro.
Tu que me levas i eu que che axudo, vamos os dous ao cabo do mundo.
Azoutar e dar no cu, todo é un.
Ao son que me tocan bailo.
Asegundo me tocas bailo.
Baila, toleirón, baila sen son.
Bailar ben e bailar mal, todo é bailar.
Cada un se entende e baila solo.
Este mundo é un fandango e o que non o baila é un parvo.
Este mundo é un fandango e o que non o baila é un tolo.
Había un baile en Esteiro, no Ferrol, que ca neboeira non se vía o sol.
Hai que bailar segundo tocan.
O bailado non hai quen mo quite.
O bailado non hai quen o quite.
O bailado, bailado queda.
O que acostuma a bailar, tarde ou nunca pode parar.
O que adoita de bailar, nunca quedo pode estar.
O que anda bailando, sae bailando.
O que baila sen tanguer, ou é tolo ou quere ser.
O que baila sen tanguer, ou está tolo ou quere ser.
O que baila sen tocar, ou está tolo ou quer estar.
O que bailador foi de mozo, de vello inda vai á rúa
O que bailou ben de mozo, de vello inda lle dá xeito.
O que de novo baila ben, de vello aínda lle dá ó son.
O que de novo bailou, de vello dálle ao son.
O que está afeito a bailar, quedo non pode estar.
Os bailes son como os cerrotes: o mellor non vale nada.
Por bailar, rabiar.
Quen vai ó baile e non sabe bailar, non sirve de nada e ocupa lugar.
Segundo me tocan bailo.
Ti bailaches i eu bailei, ti como sabes i eu como sei.
Bastante sabe quen a tempo calar sabe.
Ben sabe o que non sabe, se calar sabe.
Bo saber é calar, hasta que sexa tempo de falar.
Calar e obrar pola terra e polo mar.
Dabondo sabe o que non sabe, se calar sabe.
Entre dous nunca rifan, se un cala.
Moito sabe o que calar sabe.
O mal crece con calar.
O que pensa que as paredes calan, ben enganado anda.
Onde falan cartas, calan barbas.
Onde hai papel calan barbas.
Ouve e cala; vivirás vida folgada.
Ouvir, ver e calar, pola terra e polo mar.
Ouvir, ver e calar.
Pola terra e polo mar, obrar e calar.
Quen non cala o mal seu, cómo calará o teu?
Sabio é quen pouco fala e moito cala.
Sempre sae a falar o que ten por que calar.
Cada un vai por onde camiña.
Mentres vai e vén, camiñada ten.
Quen camiña seguro vai máis presto.
Agora que teño moeda, xa podo cantar se me peta.
Cada un canta como lle pagan.
Canta, canta, que has de ir á Santa.
Cantar como paio e comer como pito.
Cantar, ben cantas, mais non cantas como os cregos.
Este mundo é unha casa de tolos: cantan uns e choran outros.
Home que canta, seu mal espanta.
Moza que moito canta, algo lle falta.
Moza que non canta, algo lle falta.
Non todos son reiseñores os que cantan entre as flores.
Nunca aprendas a cantar sen antes saber chorar.
O que canta, o seu mal espanta.
O que canta, seus males espanta.
O que come e canta, se non está tolo, un pouco lle falta.
O que come e canta, un sentido lle falta.
O que ha de cantar o boi ten que ilo cantando o carro.
O que non canta, baila.
Por que cantas, meu cura?, por que, meu frade? Quen che mandou cantar, que che pague.
Quen canta, espanta.
Quen che mandou cantar, frade? Quen che mandou que che pague.
Quen mal canta, ben lle acae.
Rogos por que cante, e rogos por que cale.
Ruín paxaro, ruín cantar.
Se queres que che cante, dáme a paga por diante.
Ti cantaches i eu cantei, ti como sabes i eu como sei.
A por de cortar, apréndese a capar.
Mentres capo no chifro!
Onde capan, escapan.
Poldro e becerro que haxas de castrar, de outubro nunca ten que pasar.
Unha vez caparon o can; outra vez non o caparán.
A guerra e a cea encomezándoa logo se atea.
A malas ceas e a malos almorzos, encóllense as tripas e alárganse os pescozos.
A quen has de da-la cea, non lle negues a merenda.
A quen has de darlle cea, négalle a merenda.
A quen merenda ben, calquera lle dá a cea.
Boa cea e mellor xantar nos días de san Xulián.
De banquetes e grandes ceas están as sepulturas cheas.
De boas ceas, sepulturas cheas.
De grandes ceas están as sepulturas cheas e, de pasar sen elas, sepulturas a rodar.
De grandes ceas, sepulturas cheas.
Dúas malas ceas ben caben nun ventre.
Negra é a cea na casa allea, pero inda é máis negra para quen dá a cea.
Non lle quer ao vello mal quen lle furta a cea e o manda deitar.
O día que non che dean de cear, que almorzo che van a dar?
O lume é media mantenza e, detrás da cea, mantenza enteira.
O que non poida asistir a ceas, que non se meta nelas.
O que non queira enfermar, que non adormeza despois de moito cear.
O que ten avea, non pasa sen cea.
O que está na casa allea, xanta e non cea.
Penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea.
Quen non merenda, á cea o emenda.
Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.
Varón pola noite, sen cea, non.
Xa que hoxe non ceo, dáme acá o pandeiro.
A paixón cega a razón.
Quitar e non poñer é cegar e non ver.
Quitar e non poñer é cegar e non ver.
Sacar e non poñer é cegar e non ver.
Sacar e non poñer é cegar e non ver.
O que cela, recea.
A campá non entra na misa e a todos chama.
A ninguén lle pese que lle chamen ruín; péselle de selo por si.
A onde non te chaman, non vaias, que se non te chaman, é que non fas falla, e se vas sen te chamar, volverás avergonzado.
Antes que te chamen chama.
Chamáchesme a partir? Chamáchesme a rifar.
Chámate como te vistes ou vístete como te chames.
Come, bebe e ponte gordo e, se te chaman, faite xordo.
Come, durme e engorda e se te chaman faite a xorda.
Cucharín, cucharetas, onde non te chamen, non te metas.
Onde non te chaman, nada che queren.
Ir e vir carrear se chama.
Ninguén se meta onde non o chamen.
Non entra na misa a campá e a todos chama.
Non entres de romplón na casa allea, chama dende afora i espera.
Onde non me chaman, nada me queren.
Onde non te chaman non te metas.
Onde non te chaman, nada che queren.
Sempre o tesouro chama polo ouro.
Silabario de sete letras, onde non te chaman, non te metas.
Agora xa foi, Marica non chores.
Ao fritir será o rir; ao cambiar será o chorar.
Aquel que ben che quere, faiche chorar.
Así o mundo vai andando: uns rindo i outros chorando.
Cando choran as pedras do Xallo, temos orballo
É de chorar o que coñeceu o ben i agora ten o mal.
Non é nada, que do fume chora.
O neno que non chora non mama.
O que che quere ben, hate de facer chorar.
O que ben che quer, farache chorar.
O que nace, que chore; e quen pariu, que arrole.
O que non che ha de axudar, non lle vaias a chorar.
O que non chora non mama.
O que non mama non chora.
Quen ben te quere, farate chorar.
Quen ben te queira farate chorar.
Quen chora, seu mal aumenta; quen non logra o que desexa, seu corazón rebenta.
Toma o que che dan e non chores polo que queda.
Vai así o mundo rulando, uns rindo i outros chorando.
Cada ruín coida que é bo en si.
Hai que coidar para que nos coiden.
Ninguén coida pra outro.
O que a todo di que si, ou é parvo ou coida de min.
O que coida, para si coida.
Se coidas do legón, legón terás.
Aquel que ben empeza, mal termina.
As rifas dos amantes empezan o luns e acaban o martes.
Canas son, e non lunares, cando empezan polos aledares.
Cando o galo fai quiquiriquí, empeza o raposo para aí, para aí.
Comezar case que é acabar.
Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven.
Inda non comezamos e xa acabamos.
Inda non comezamos e xa rifamos.
O comezar xa é face-la metade.
O que ben empeza, ben acaba.
O que empeza ben o ano, o ano ben acaba.
O que mal empeza, mal acaba.
O que non se comeza, nunca se acaba.
O que non se empeza non se acaba.
O rañar quer comezar.
Compra barato e vende caro.
Compra clase e vende herba.
Compra que vendas.
En comprar e vender non hai amigos.
Este non é sitio de tratos nin de contratos: o que queira comprar e vender, que vaia á feira.
Máis quero comprar que ruín roupa.
Maula comprar e maula vender.
A cabalo dado non lle regañas o dente.
A dádiva é máis cara que se fose mercada.
A dar ninguén se pon rico.
A dar non nos negamos pois Deus dá pra que deamos.
A mal dar, paciencia e traballar.
A quen dan en que escoller, danlle en que entender.
A quen lle dan non escolle.
A quen mester non ha, non hai por que lle dar.
A Xan Portal o mesmo lle dá ben que mal.
Ao que lle dan o pé colle a man.
Ao que lle dan un dedo, colle unha man.
Cando che dean a cabra, colle a corda e vai buscala.
Cando che dean a ovella, lévaa.
Cando Deus dá a chaga dá o remedio pra curala.
Cando non o dan os cantos dos cregos, non-o teñen os santos do ceo.
Como deas moito, hasta as pedras verás como amolecen.
Dá e ten e farás ben.
Dá e ten, e farás ben e estarás ben.
Dá logo aos necesitados, que será favor dobrado.
Dá máis o duro ca o espido.
Dá máis o que quere que o que pode.
Dade e darvos han, que por dar dan.
Dádiva ruín catro mans colle: as dúas do que a dá e as dúas do que a colle
Dádivas e boas razóns amolecen pedras e corazóns.
Dádivas rachan penedos.
Dalas duras e comelas maduras.
Dálle a un o pé e collerache a man.
Dálle o que quixer ao que che pode coller o que tes.
Dálle, dálle, que por un ouvido me entra e por outro me sae.
Dáme a muller ben vestida e dareicha garrida e belida.
Dáme diñeiro e non me deas consellos.
Dáme do teu boliño i eu dareiche da miña broíña.
Dáme e dareiche.
Dáme o galo, toma o galo: quedan as plumas tiradas no chan.
Dáme onde me sente, que eu farei onde me deite.
Dáme ventura e bótame na rúa.
Dando na cabeza, dáse en todo o corpo.
Dar antes de ameazar.
Dar é de amo, recibir é de criado.
Dar é de señor, recibir é de servidor.
Dar e ter, siso quer.
Dar, rezar e fiar todo é la.
De dar sempre hai tempo.
Do que che dean colle e non escollas.
Do que vén dado non se pode dicir que é pouco e malo.
É mellor dar ca non ter e pasar.
É mellor ter que dar, que non ter e pasar.
En dar diñeiro e pasar regueiros nunca sexas dos primeiros.
Hai máis quen leve que quen dea.
Inda non llas dan e xa as sopra.
Máis dá o duro que o espido.
Máis dá quen quer que quen ten.
Máis vale dar que pedir.
Mentres andes nos teus pés, nunca deixes o que tes.
Moitas veces o dado inda de balde é caro.
Moito lle quere Pedrín á súa tía, moito lle quer mentres ela lle día.
Nada pode dar o que non ten.
Nin todo dar nin todo negar.
Ninguén dá o que non ten.
Non che dá quen ten, que che dá quen quer ben.
Non che é o mesmo predicar e dar trigo.
Non dá o que ten máis senón o que está afeito a dar.
Non dá quen ten senón quen ten e quer.
Non hai mellor regazada que a que dá a arada.
Non manda Deus dar a quen ten máis que nos.
Non mandou Deus dar a quen ten máis que nós.
Non se me dá nada que, en morrendo, todo se acaba.
Non ter e dar é como comer e non pagar.
Non tódolos que dan son bobos.
Non todos os que dan son bos.
O dado, dado; i o emprestado, emprestado.
O dar amolece as pedras.
O dar é honor; o pedir é dor.
O emprestado non é dado.
O moito dar é véspera de moito pedir.
O pan hai que dalo a quen o saiba comer.
O que as fai, atópaas.
O que as fai, que as pague.
O que che dean dado non debes desprezalo.
O que dá a facenda antes de morrer, merece que o traian a mal traer.
O que dá diante, dá dúas veces.
O que dá e quita, rebenta pola tripa.
O que dá o que ten antes de que morra, merece que lle dean cunha cachaporra.
O que dá o que ten sen tempo e sen hora, merece que lle dean cunha cantimplora.
O que dá o que ten, a pedir vén.
O que dá o que ten, mira pra quen o leva.
O que dá o que ten, non está obrigado a máis.
O que dá o seu en vida, colla o fol e pida.
O que dá primeiro, dá dúas veces.
O que dá pronto, dá dúas veces.
O que dá, nunca perde, se o que recibe o entende.
O que dá, recibirá.
O que dan de balde ben sabe.
O que dan de balde, darlle.
O que é dado, nin é pouco nin é malo.
O que en vida dá o que ten, cunha maza lle dan cen.
O que foi mandar o seu, cando foi, foi dacabalo; cando volveu, veu andando.
O que has de dar, non o fagas cobizar.
O que lle eu hei dar, xa o ten comesto.
O que me dea un pau, doulle un peso.
O que moito dá, logo se cansa.
O que non agarra o que lle dan, moito lle sobra.
O que se dá boa vida teme máis a caída.
O que tarda en dar, non sabe dar.
O que todo o dá, todo o nega.
O que todo o dá, todo o perde.
O que vai dado, nin é pouco nin é malo.
O que vén dado, nin é pouco nin é malo.
O que vén de bandola, sabe que consola.
Onde as dan, as toman.
Onde as dan, lévanas.
Por dar esmola non apertes a bolsa.
Pouco dades e menos levades.
Pouco me dades e menos levades.
Quen dá a quen o entende, non llo dá, ben llo vende.
Quen dá o que ten en vida, á porta espicha.
Quen dá o que ten, a pedir vén.
Quen dá o que ten, mira pra quen o leva.
Quen dá o seu antes da morte, espere mala sorte.
Quen dá pan a can alleo, perde o can e mais o pan.
Quen dá pau, dá pan.
Quen lle dá a quen o entende, non dá que ben o vende.
Quen non é reparado, dá co cu no ferrado.
Quen non teña, que che dea; que eu agora teño, e non dou: cando tiven, xa dei, agora que teño, non dou.
Quen pouco ten e iso dá, logo se arrepentirá.
Santa Rita bendita, o que se dá non se quita; e cando pasas pola porta da igrexa, rin ran, as campás tocarán.
Se che dan a ovella, non te pares a coller a corda senón marcha por ela.
Se dás, ben vas; se non dás, vas pra atrás.
Se o has de dar, non o fagas cobizar.
Se o que ten non o dá, o que non ten, que fará?
Sempre o que deu foi bo, i o que non deu, un ladrón.
Sexa ao cura, sexa ao frade, a quen che dea, dálle.
Todo o que dan é bo, con tal de que non sexan paus.
Vale máis dala que pedila.
Vale máis ter e dar que non ter e pasar.
A máis non poder, déitate coa túa muller.
Dáme onde me sente que eu farei onde me deite.
Quen máis non pode, coa súa muller se deita.
Nin "arre" que escapes nin "xo" que te deites
O que se deita con cas, aparece coroado de pulgas. /O que se deita cos cas, érguese coas pulgas.
Déixate ir e xa verás o que tés que sufrir.
O que se deixa gobernar, mal pode mandar.
O que un desbota, outro o roga.
Cando a esmola é moita, hasta os santos desconfían.
Cando vexades cazadores esfarrapados e cas fracos, desconfiade deles como dos diaños.
Desconfía da besta que fai "hin" e da muller que saiba latín.
Desconfía do que sempre te gaba.
Desconfianza e caldo de galiña non matan a ninguén.
Desconfiarás e acertarás.
Fala moa en corpo san, desconfía dela como do diaño.
Home moi calado, desconfía del como do diaño.
Non fíes en maquía de muiñeiro nin creas en comida de despenseiro.
Non fíes nin porfíes, non apostes nin prestes, e vivirás sosegado entre as xentes.
Non hai ladrón ben confiado.
Non hai que confiarse nas fillas das vacas leiteiras.
Non hai que fiarse en coxea de can nin lágrimas de muller.
Non te fíes da escopeta e da muller.
Non te fíes da persoa que ao verte no perigo te abandona.
Non te fíes das cousas que vexas, pálpaas!
Non te fíes de quen de ti desconfíe.
Así duras como te curas.
Duran os pans a conta das tortas.
Encomenda sen renda, será parvo o que a atenda.
Bótate a enfermar: verás quen che quere ben e quen che quere mal.
Non me pesa polo que meu fillo enfermou senón polo mal vezo que lle quedou.
O que come hasta enfermar, ten que xaxuar hasta sandar.
O que enferma pra morrer, ningún remedio lle pode valer.
O que non queira enfermar, que non adormeza despois de moito cear.
Se queres enfermar, cea moito e vaite deitar.
Se queres enfermar, lávate a cabeza e vaite deitar.
A cana engano, a engurra é segura.
Ao que te engane unha vez, engánao se podes tres.
As aparencias enganan.
As aparencias menten.
Con arte i engano vívese medio ano; con engano e arte a outra parte.
Engana a quen te engane e despois pase o que pase.
Engánenme no prezo e non me enganen no que merco.
Non hai agudo que non se engane nin pampo que conte ben.
Non traias enganado ao médico, ao confesor nin ao avogado.
O cebo é o que engana, non o pescador nin a cana.
O confesor e o avogado, se os enganas, saes enganado.
O dente mente, a caña engana, pero a engurra é segura.
O enganar non é habilidade.
O que me engana unha vez, que o leve o demo; se me engana dúas, que nos leve os dous; se me engana tres, que me leve a min só.
Quen a raposa ha de enganar, cómprelle madrugar.
Quen desexa o que non pode ter, a si misto se engana.
Quen te enche de festas que non acostuma facer, ou quérete enganar ou de ti ha mester.
Xa ten que madrugar o que á raposa ha de enganar.
Cando na casa engorda a moza mal anda a cousa.
Co que eu coma, ninguén engorda.
O bo pasar fai o home engordar.
O que non mata, engorda peso saco de aroma.
O que non mata, engorda.
Quen non engorda comendo, tampouco engorda lambendo.
Quen non engorda comendo, menos engorda lambendo.
Se queres cedo engordar, come con fame e bebe de vagar.
Ensinando é como se deprende.
Ninguén naceu ensinado.
Entrar e saír é como meter e sacar.
Éntrome aquí que chove e me mollo, pois fai un sol que rabia.
A vella, de escarmentada, pasa o río regazada.
A vella, de escarmentada, pasa o río remangada.
Benaventurado o que noutro foi escarmentado.
Dos escarmentados nacen os arteiros.
Dos escarmentados saen os arteiros.
Dos escarmentados nacen os agudos.
Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia.
Hai que escarmentar en cabeza allea.
Moito ganou o que en outro escarmentou.
Nada ganou o que non escarmentou.
Ninguén escarmenta en cabeza allea, como na súa.
No alleo ollo escarmenta o cordo.
O cordo en cabeza allea escarmenta.
O escarmento trae ás veces o arrepentimento.
Ten que se saber escarmentar o que non queira chorar.
Quen escoita, mal de si ouza.
Ao que está madura, non hai que lle esperar.
Ataque quen queira, que o que é forte espera.
De nada, nada esperes.
Espera un pouco, que verzas che cozo.
Non tarda quen vén, se quen espera, paciencia ten.
O que azoutes ha de levar, non ten por que lle esperar.
O que espera desespera, e o que vén non dá chegado.
O que espera, desespera.
O que has levar non ten que esperar.
O que non se espera é o que máis axiña chega.
Onde vires división só esperes perdición.
Procura o mellor, espera o peor e colle o que viñer.
Quen esperou máis, que espere menos.
Quen mal fai, mal espera.
Ti que querías, eu que tiña gana, sucedeu o que o diaño esperaba.
Vale máis esperar que chegar tarde.
Cada un espirra como pode.
A falangueiros ditos, tapa os ouvidos.
A falar ninguén rebenta.
A moito falar, moito errar.
A quen non fala, Deus non oe.
Á xente de falar e aos cans de ladrar ninguén llo pode privar.
Á xente de falar e aos cans de ladrar non se lles pode quitar.
Antes de dar á lingua, métea na despensa.
Antes de falar de alguén, mira ben de quen.
Ao bo entendedor abóndanlle poucas falas.
Ao médico, ao confesor e ao avogado, falarlle claro.
Aos bos entendedores, poucas razóns.
Ás veces fálase por ter lingua.
Ben fala, quen cala.
Cada cal fala daquelo que trata.
Cada un fala como quen é.
Cada un fala da feira segundo lle vai nela.
Cada un fala do que trata.
Cada un fala do seu mester onde queira que estiver.
Cada un fala en dereito do seu dedo.
Cada un fala ou como sabe ou como pode.
Cando falan do ruín de Roma, logo asoma.
Cando falares de alguén mira de quen e a quen.
Cando falares de alguén, pénsao primeiro ben.
Cando un mal fala, todas as silveiras teñen oídos.
Das palabras non me queixo; veremos despois os feitos.
De lugar a lugar, diferente falar.
Defenderas o mal falando ben do mal.
Dime con quen andas e direiche de quen falabas.
Dime os que estaban e direiche o que falaban.
Do que hai no corazón fala a boca.
Do que non entendas non fales, que é mellor non dicir nada que dicir barbaridades.
É mellor calar que con burro falar.
Entre noiros e paredes non fales o que non debes.
Entre silveiras e paredes non fales o que non debes.
Escoita e pensa antes de falar, se non queres errar e queres acertar.
Fala ben que non custa nada.
Fala ben que non custa un carto.
Fala ben, que se aforra camiño.
Fala de caza e tena na casa.
Fala de guerra e non vaias a ela.
Fala o sapo do que leva no papo.
Fala pouco e acertarás.
Fala pouco e ben e serás alguén.
Fala Tomasa do que a ela lle pasa.
Fálame en acabando que estou merendando.
Fálame en acabando que estou xantando.
Falamos e non nos entendemos.
Falando dun ruín de Roma, logo se asoma.
Falando enténdense as cousas.
Falando enténdense os homes.
Falando enténdese a xente.
Falando sábense as cousas.
Falar a todos ben e dar boa resposta a todos, pouco costa.
Falar ben non costa nada.
Falar ben pouco custa.
Falar coma todos e sentir coma poucos.
Falar da caza e mercala na praza.
Falar da guerra e estar fóra dela.
Falar do mar e estar na terra.
Falar do mar e nel non entrar.
Falar do mar e non se embarcar.
Falar e sexa quen queira.
Falar sen pensar é tirar sen apuntar.
Falo eu ou renxe o carro?
Falou o burro e orneou.
Gárdate de falar sen antes pensar.
Home morto non fala.
Máis fácil é falar que traballar.
Malia o romeiro que fala mal do seu compañeiro.
Mellor é saber moito e falar pouco que saber pouco e falar moito.
Moitas veces fala un porque ten lingua.
Moito falar é falar tan só.
Moito falar e moito errar.
Moito sabe o que ten boca lasa.
Na casa de Xan Pelexón todos falan e todos teñen razón.
Ninguén sentou nunha pedra que falase ben dela.
Non ha de falar o que ten por que calar.
Non te fíes do que moito fala.
O falar non ten cancela.
O falar todo é parolar.
O moito falar e o pouco saber, o moito gastar e o pouco ter, o moito presumir e o pouco valer logo botan un home a perder.
O moito falar noce e o moito rañar escoce.
O que cala, amola o que fala.
O que fala mal de todos, de todos é mal falado.
O que fala na cama e asubía na mesa, pouco xuízo ten na cabeza.
O que fala o que quere, oe o que non lle convén.
O que fala por atrás, fala co cu.
O que falas no día, non fas no ano.
O que máis fala, máis ten que calar.
O que mal fala, a súa boca luxa.
O que moito fala non é o que máis obra.
O que moito fala, enfada.
O que moito fala, moito se avergonza.
O que non fala é como o que non ve.
O que non pensei antes de falar, despois de falado, deume que pensar.
O que non sabe calar, non sabe falar.
O que se senta na pedra, non fala ben dela.
Obrar moito e falar pouco.
Pechar as portas e falar ben dos veciños.
Pensa moito e fala pouco, que o moito falar é vicio.
Por falar ben non prenden a ninguén.
Por falar ben non se perde nada e antes se gana.
Por falar pouco nada se perde.
Quen fala e cala, amola a quen fala.
Quen fala o que non debe, oi o que non quere.
Quen moito fala, moito erra.
Quen moito fala, pouco asubía.
Se falasen as paredes, non habería segredo que non se soubese.
Se te botas a falar, coida non te fagan calar.
Vale máis calar que con burros falar.
Vale máis saber escoitar que saber falar.
Antes faltarán as bágoas que coitas para choralas.
Busca quen conte ben, que quen conte mal nunca falta.
Dime do que presumes e direiche o que che falta.
Máis val que sobre que non que falte.
Máis vale faltar que sobrar.
Máis vale faltar que sobrar.
Non falte a vontade, que lugar non faltará.
Nunca falta quen diga.
Nunca falta un mal ano.
Nunca falta un manquiño para o fouciño.
Nunca falta un roto para un descosido!
Nunca falta un Xudas.
Nunca falta unha desgracia.
Nunca faltou un roto para un descosido nin un corno para un atrevido.
O que vai polo atallo, non lle faltan traballos.
O que ventura lle falta, sóbralle vida.
Onde queira que está, non lle falta mal ano.
Pexegueiros non faltan, calotes hai.
Se non tes para ben, para mal non che faltará.
A que deprende a beber de pequena, levará o fiado á taberna.
Dar, prestar e fiar, todo é dar.
Hoxe en día, quen é o que se fía?
Non te fíes de can coxeando nin de muller chorando, nin de bo tempo en marzo.
Non te fíes de mulleres nin emprestes a parentes.
Nunca te fíes da escopeta e da muller.
O que ao alto fía, o fuso lle cae e o cu lle asubía.
O que fiaches, en marzo non curaches.
Quen o fiado merca, caro lle custa.
Non asines carta que non leas nin bebas auga que non vexas.
Non firmes cartas que non leas nin bebas auga que non bebas.
Non firmes cartas que non leas nin bebas auga que non vexas.
Non firmes o que non leas nin bebas o que non vexas.
Non firmes sen ler nin bebas sen ver.
Non firmes sen ler, nin bebas sen comer.
O moito folgar tamén chega a cansar.
Beber viño dá alegría, e o fumar dá pracer; o que non fuma nin bebe, que alegría che ha de ter?
Home que non fuma nin bebe viño, o demo o leva por outro camiño.
O fumador que sabe fumar, bota o fume despois de falar.
O fumar é un vicio como outro calquera, que se colle e non se pode deixar.
O home que non fuma nin bebe viño, o demo llo leva por outro camiño.
O que non bebe viño nin fuma tabaco, o demo llo leva por outro burato.
O que non fuma e non bebe viño, o demo llo leva por outro camiño.
O que non fuma e non toma viño, leva o dano na boca por outro camiño.
O que non fuma nin bebe viño, o diaño llo levará por outro camiño.
O que non fuma nin toma tabaco, o demo llo leva por outro burato.
O que non fuma tabaco non ten trato.
O que non fuma, non usma; o que non bebe viño, o diaño llo leva por outro camiño; e se non che gustan as mulleres, pra que me queres?
Os que non fuman nin beben viño, o demo llo leva por outro camiño.
Quen non fuma nin bebe viño, o diaño llo leva por outro camiño.
Antes que acabes, non te gabes.
Gábate, can, que se non te gabas non te gabarán.
Gábate, fandelo, que a vender te levo.
Gábate, neno, que ben se coñece que non tes avó.
Gábate, pola, que de poñer vés.
Gábate, pola, que estás ben gorda para que te coman.
Gábate, pola, que puxeches un ovo, i- ese grolo.
Hasta que acabes non te gabes.
Ninguén se gabe do que non fai.
Ninguén se gabe do que non sabe.
Ninguén se gabe hasta que acabe.
Non gabes nin desgabes hasta que pasen sete nadais.
Non te gabes, Maruxiña, que a vaidade é ave de rapina.
Quen se gaba enlódase.
A todo hai quen gane.
Bo exemplo e boas razóns ganan moitos corazóns.
Cinco pesos ganados, cinco pesos gastados.
Co moito escoitar e co pouco falar, boa fama podes ganar.
Conserva con dilixencia o que ganaches ca experiencia.
De balde andan os cans e ganan pedradas.
Gana un bo ganador pra un bo gastador.
Ganáchelo, aforráchelo e agora deixáchelo.
Ganar amigos e dar diñeiro a logro é sementar en terreo frutuoso.
Ganar bens pra ruíns herdeiros.
Mellor se garda o que con traballo se gana.
Mentres se gana algo, non se perde nada.
Muíño parado non gana maquía nin xornada.
Non se gana o pan sen afán.
O ben ganar fai o ben gastar.
O mal ganado lévao o diaño.
O que ao tresillo ha de ganar, non se cansa de pasar.
O que non gana non ten, e se ten, gasta moi ben.
O que non xoga, nin perde nin gana.
O que primeiro gana, despois regaña.
O que sementa e cría, tanto gana de noite como de día.
Onde se gana, gástase e, onde se gasta, gánase.
Para tempo andado, pan ganado.
Polo mar anda quen o gana.
Pouco gana o home que fía no nome.
Pouco se gana fiando e menos folgando.
Pouco se gana fiando e menos se gana mirando.
Quen gana primeiro, regaña ao derradeiro.
Ten coidado de ganar, que tempo che queda pra gastar.
Xogarás e ganarás, pero sempre te empeñarás.
É tolería non ter ben gardado o que está ben ganado.
Garda da risa para outro choro, que, aínda que che tarde, pode vir logo.
Garda de mozo e atoparás de vello.
Garda o avaro seu diñeiro para que o goce o seu herdeiro.
Garda o ganador para o bo gastador.
Garda que comer e non que facer.
Garda un de cada dous, se queres facer bolsón.
Gardar con prudencia o que se gana con experiencia.
Gardar de novo para de vello éche o mellor acerto; se che fai falla, gástalo e, se non, déixalo.
Gardar para mañá, que fame haberá.
Gardar pra mañá, que falta fará.
Gardar que comer e non que facer é o que debe ser.
Gárdate Deus de algunha xente coma dun can doente.
Gárdate nena de mozo cando lle apunta o bozo.
Gárdate, meu ben, que non te vexa ninguén.
Máis vale gardar que emprestar e non cobrar.
Mal se garda o que a moitos agrada.
Nada pode gardar o que nada ten.
O de moitos cobizado, ten perigo inda gardado.
O gardar sempre é ben: o que garda sempre ten.
O que garda da noite para o día, ten alegría.
O que garda, sempre ten, e o gardar sempre foi ben.
O que garda, sempre ten, se non llo leva ninguén.
O que garda, sempre ten.
O que non garda non encontra.
O que non garda non ten.
O que o seu garda, moitas almas salva.
Polo que garde no peito non hai preito.
Pouco vale ganar sen gardar.
Quen garda, atopa.
Quen garda, ten; e quen gardou, tapou.
Quen se gardou, non errou.
En terreo que é pendente, o gastar nel non é prudente. .
Gasta en café e viño o que has de deixar ao teu sobriño.
Gasta en festa e viño o que has de deixar aos teus sobriños.
Gastar e non ter eu non sei como poderá ser.
Gastar e non ter non pode ser.
Gastar e non ter, non sei como ha de ser.
Gastar e non ter, non sei como pode ser.
Gastar sen ter non se sabe como pode ser.
Hai que saber gastar e atar o saco.
Lavarlle a cabeza a un burro é gastar xabón e perder tempo.
Non hai renda máis certa que deixar de gastar o que se pode aforrar.
O moito gastar trae o moito langrear.
O que non gasta os cartos no tabaco e no viño, o demo llos leva por outro camiño.
O que non gasta os cartos nun neto de viño, o demo llos leva por outro camiño.
Quen gasta e minte a bulsa llo sinte.
A quen nada tiña e herdou, boa castaña lle estalou.
A quen nada tiña e herdou, boa castaña lle rebentou.
Compra a quen herdou e non a quen comprou.
Herdeiro novo, mal polas silvas.
Non compres a quen comprou senón a quen herdou.
Novos herdeiros, pan nos comareiros.
O que herda os bens, herda os males tamén.
O que non herda non medra.
O que o herda non o furta.
O que se herda non se rouba.
Quen é o meu herdeiro? É o meu curandeiro.
Quen ha de ser teu herdeiro? Quen che limpe o traseiro.
Vale máis o herdado que o comprado.
Por moito que me ladren, inda han ter máis que ladrar.
A quen mal lave, sete veces lle ferve a auga.
Lava os teus panos na semana de Ramos, que na de Paixón ou poderás ou non.
Alá me leve Deus a morar onde un ovo valla dous.
Lévame ó lombo verás canto peso.
Nunca debes levar máis do que poidas.
Mallando, mallando, depréndese a mallar.
Cada un manda no seu e fai o que lle peta.
Cando teñas o mando e o pau, non fagas o que che veña á man.
Léveme Deus ao mesón onde a mesoneira mande e o mesoneiro non.
Manda e faino e quitaraste de coidado.
Mándame o meu amo, mándame a miña ama, e non sei ben cal mandado faga.
Non sabe mandar quen non foi mandado.
Non sirve para gobernar o que non sabe mandar.
Non te fagas mandador onde non fores señor.
Quen está afeito a mandar, a servir mal se afai.
Quen manda, manda, e quen obedece, apanda.
Se o que mandas o fai, escusas rapaz.
A pena non mata, pero remata.
A quen se quere matar, non lle fai falta madrugar.
Ao matar os porcos, praceres e xogos; ao comer as morcillas, praceres e risas e, ao pagar os diñeiros, dós choriqueiros.
Cada un trata do que mata.
Coitas alleas matan os asnos.
Debaixo do meu manto o rei mato.
Mata e matarante e xa matarán a quen te mate.
Matalas calando e apalpalas a cegas.
Matar a araña i acabouse a tela.
Matar, que Dios perdoa.
Matarás e matarte han e, a quen te mate, matarán.
Mate mouros quen poida, que os mouros tamén son persoas.
Mátenme traidoras mans e non me dean vida viláns.
Moito mal espanta; e pouco, mata.
Moito te matas e non te decatas.
Na paz e na guerra, o que matan morto queda.
O que a uns mata, a outros sanda.
O que con ferro mata, con ferro morre.
O que mata é o escrúpulo.
O que moito se mata, non é o que máis gana.
O que os seus males mata, nin mata nin espanta.
Quen a ferro mata, a ferro morre.
Quen mata a abella, sabe máis que ela.
Quen mata a arbela, sabe máis que ela.
Un só golpe mata un home.
Uns matan e outros esfolan.
Mira a onde vas e, como vexas, fai.
Non mires ao don senón a quen o dou.
Se murmuran de ti, corríxete; e se te calumnian, rite.
A áncora non sabe nadar e sempre anda na auga.
Nadar e nadar e morrer na beiramar.
Nadar, nadar e na beira afogar.
Nadar, nadar e ó cabo afogar.
Nadar, nadar, i-agora ir a afogar.
O mellor nadador afógase.
O mellor nadador é da auga.
O primeiro que se necesita para aprender a nadar é ter auga.
O que nada, non afonda.
O que non entra a nadar, non se afoga nin no río nin no mar.
A quen lle negaches algo, nada lle pidas.
Non negues o que ti pedías.
Non sabe gobernar o que non sabe negar.
Quen todo o nega todo o confesa.
Á curta ou á larga todas se pagan.
A mala paga cobrala, sequera en palla.
A mellor paga é o seu para cada seu.
Afianzarás e pagarás.
Anda polo mundo que o mundo che dará pago, que o mundo tamén amaña os que andan desamañados.
Andar a pago non pago non é de homes fidalgos.
Ao bo pagador non lle doen costas.
Ao mal pagador nunca lle faltan desculpas.
Ao mal pagador, máis vale darlle que prestarlle.
Ares, non ares, a renda me pagues.
Ben sabe a taxa quen merca e paga.
Cada un paga por si.
Chafar chafoume, mais como pagar, o viño pagoume.
De deber a pagar hai moito camiño que andar.
Dime quén che paga as copas e direiche o que votas.
Do mal pagador, a paga en cinza.
Do que non me pago, xordo me fago.
En tres pagar: tarde, mal e nunca.
Facedor de tantos, pagador de netos.
Fuxir o deber, que o pagar é certo.
Máis vale boa queixa que mala paga.
Na venda onde pasares, paga sen reparares nin regateares.
Neste tempo o que paga o que debe empeña o que ten.
Ninguén as faga con intención de non pagalas.
Ninguén as faga que tarde ou cedo todas se pagan.
Ninguén as faga, que lonxe ou cedo todas as paga.
Ninguén fai mal que non o veña pagar.
Non diga a boca o que pague a falchoca.
Nunca queiras levar máis do que has pagar.
O bo pagador é dono das bulsas alleas.
O deber é tan antigo como non pagar.
O máis malo é deber, que pagar certo ha de ser.
O máis pagador sempre ten a desculpa a seu favor.
O pagar e o morrer, canto máis tarde poda ser.
O que debe e paga, boa camisa lava.
O que debe e paga, fai unha festa.
O que debe e paga, non debe nada.
O que debe, ten que pagar.
O que debía e pagou, tiña dor e sandou.
O que moito bebe, tarde paga o que debe.
O que paga a Xan e debe a Andrés, ten que ganar para tres.
O que paga e debe, sabe o que lle queda
O que paga o que debe, descansa.
O que paga o que debe, desempeña o que ten.
O que paga o que debe, todo o que lle queda é seu.
O que pensa pagar, non lle doen prendas.
O que rompe, paga.
Onde pago cago.
Paga o que debes e saberás do mal que padeces.
Paga o que debes e saberás o que tes.
Paga o que debes e sandarás do teu mal.
Paga o que debes e serás señor do que tes.
Paga un, descansan dous.
Págase o rei da traizón e non se paga o traidor.
Págase o rei da traizón mas do que a fai, non.
Pago por pago non é pecado.
Perder e pagar, barallar e calar.
Pra pagar e morrer, alá tarde, mal e nunca.
Que gane Pedro, que gane Xan, quen paga todo é o saio de lan.
Quen as fixo, que as pague.
Quen debe e paga boa festa fai.
Quen descobre a alcabala, ese a paga.
Quen ma fai, hama de pagar.
Quen non debe nada, con ben pouco paga.
Quen paga mal, ten que volver a pagar.
Quen vos debe que vos pague.
Tarde, mal e nunca son tres malas pagas.
Traballo pagado, nunca é entregado.
Ao pasado díselle adeus para que non volva onda nós.
Calor de brasa logo pasa.
Non me vexan pasar mal e non saberán as que teño que pasar.
Non me vexas mal pasar e non me verás mal penar.
O pasado sexa pasado, xa que non volve pasar.
O que non é para nada, nunca lle pasa nada.
O que non se arrisca, non pasa o mar.
O que pasa a Marola, pasa a mar toda.
O que pasa pola Pena da Marola, pasa pola mar toda.
O que pasou non volve.
O que quere ir polo atallo, algunha vez pasa máis traballo.
Pasa ti, que non pasaches; válante os diaños que aínda tardaches.
Patrón, pasa para o recanto que estás estorbando.
Pra chegar ao chan da raña, hai que pasar polo foxo.
Quen pasa a Marola pasa a mar toda.
Quen pasou o máis, que pase o menos.
Se pasas por debaixo do pau, non medras máis.
Val máis acá un mal pasar que alá un bo penar.
Ao máis pintado lle pegan cando se terza.
Non lle pegues ao pequeno por máis pequeno ca ti, non sexa despois de grande o pequeno se volva a ti.
Se pega, ben; e se non pega, tamén.
Se pega, que pegue; e se non, que non pegue.
Amodo pensa e obra á présa.
Cada un pensa de si o que eu penso de min e o que ti pensas de ti.
Cada un pensa de si o que eu penso de ti e ti pensas de min.
De quen non se pensaba, gran pedrada.
Debes pensar que para a vellez hai que gardar.
O ben pensado é o máis acertado.
O pensamento voa sen alas.
O pensar non é saber.
O que mal pensa, cánsalle a besta.
O que non fas, pensas.
O que pensa a onde vai, esquece ás veces de onde vén.
Pensa ben e non pensarás en ninguén.
Pensa ben e non saberás de quen.
Pensa mal e acertarás.
Pensa mal e non te arrepentirás.
Pensa que todo o monte é ourego.
Pensa sempre que non hai sitio sen testemuña.
Pénsao ben e non o farás mal.
Pensar non é o mesmo que saber.
Poucos pensando fan máis que moitos durmindo.
Quen me dera ser a min o que pensa ese que é
Todo o que se pensa a onde vai, ten que esquecer de onde vén.
O perdón sobra onde a culpa falta.
Se perdoas a ofensa, terás recompensa.
Ao moito porfiar, quen se pode negar?
Díxome a miña nai que porfiase mais non que aventurase.
Dos porfiados nacen os avisados.
Non fíes nin porfíes, que eu fiei e porfiei e nunca nada ganei.
Non queiras ser porfión nin discutir sen razón.
Nunca sexas porfión, inda que teñas razón.
O moito porfiar chega a cansar.
O que sabe porfiar, algunha vez o ha lograr.
Pobre porfiado codecha saca.
Quen porfía mata caza.
A bo preguntón, bo respondón.
Cal pregunta fagas, tal resposta agarda.
Mellor é preguntar ca mal andar.
Non preguntes quen é a ninguén, que el cho dirá ben.
O que ó deitarse bebe auga, non pregunte de que mal morre.
Preguntando vaise a Roma.
Quen pregunta o que non debe, oi o que non quer.
Quen pregunta, saber quer.
Tal pregunta fas, tal resposta terás.
Védesme cal veño e preguntádesme que teño.
A escopeta, a muller i-a navalla de afeitar non se poden emprestar.
A muller e a besta a ninguén se empresta.
A muller, o cabalo e a espada a ninguén se debe ceder.
Do prestado, mal recado.
Muller e besta, a ninguén se empresta.
Non prestes besta a quen non ten besta.
O cabalo, a muller i-a escopeta non se presta.
O emprestado é parente do dado.
Quen me empresta, algo me goberna.
Se queres saber o que vale un ducado, pídeo emprestado.
Antes que probedes non gabedes.
Cousa ben negada non é ben probada.
Denantes de que probes, non aprobes.
Hasta que probes non aprobes nin desaprobes.
Hasta que probes non aprobes.
Hasta que probes, non gabes o que non coñeces nin sabes.
Non aprobes hasta que probes.
Non gabes hasta que probes.
Por probar nada se perde.
Tarde ou cedo, tódolos porcos proban o coitelo.
Cada un procura o que lle importa.
Procura quitar sospeita e non poñela.
Quita-la causa é quita-lo pecado.
Ai, Marica!, canto máis me raño, máis me pica.
Non hai gusto máis cumprido que rascar cando hai proído.
O que se rasca, algo lle pica.
Máis fácil é receitar que curar.
O receitar non é o mesmo que curar.
Antes de axustar, regatear.
Hasta axustar, regatear.
Mulleres, para regatear, tráenas da beira do mar.
A quen has rogar non-o debes agraviar.
Máis vale rogar que furtar.
Rogo e dereito fan o feito.
Co roubado non se medra.
Nin sirvas a quen serviu nin roubes a quen roubou.
O que aberta a súa arca deixa, se o rouban, por que se queixa?
O que rouba a riqueza, volverase en tristeza.
O que rouba no ano da fame, xa no da fartura ten un risque rasque.
O que rouba, fai por ter.
O roubado non loce.
O roubado pouco loce.
Para o caracol non hai roubos, pois todo o que ten traio ao lombo.
Roubar a quen ten non é pecado.
Roubar para comer non é pecado.
De vello ou de neno non te sentes no penedo.
Mentres poidas estar sentado, non esteas levantado.
Séntate no teu lugar e non te farán erguer nin levantar.
O que non fai falla, sobra.
O que sobra, estorba.
Soprar e sorber non pode ser.
Antes suar que tremer.
Máis val suar que espirrar.
Muller suada, muller curada.
Súa o traballador para o que non é suador.
Val máis suar que tusir e arrepiar.
Só tarda o que se espera.
Aquel que non traballa, non come na cunca e dorme na palla.
Cal traballes comerás.
Cando o novo non traballa, o vello dorme nas pallas.
Canto o mundo traballa e procura, todo é loucura.
Esta vida é unha cuca: o que non traballa non manduca
Fai ben e traballa e non durmirás na palla.
Fai traballar o teu fillo se non queres que che salga un pillo.
Haxa que traballar que as ganas de comer non han de faltar.
Home que non traballa, de vello dorme na palla.
Madruga e verás, traballa e terás.
Nesta vida caduca o que non traballa non manduca.
O demo traballa cando quer ganar.
O que come sen traballar, en algo virá a dar.
O que con moitas pallas traballa, a algún lle quita os ollos.
O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
O que máis traballa non é o que máis gana.
O que moito se gaba, pouco traballa.
O que moito traballa, máis axiña acaba.
O que non come, non pode traballar.
O que non traballa a súa viña, non vendima.
O que non traballa na súa mocidade, non chega a vello na ancianidade.
O que non traballa non manduca.
O que quere moito sen traballar, sempre terá que desexar.
O que quere traballar, nunca lle faltou que facer.
O que traballa, ten dereito á vida.
O traballar e o comer, o seu xeito ha de ter.
O traballar e o comer desde o berce hai que aprender.
O traballar moito non é propio de boa familia.
Quen traballa en xullo, traballa con orgullo.
Se non queres traballar, moita fame tes que pasar.
Se queres medrar, traballa.
Se queres pan, traballa coa man.
Sen traballar non se come e sen comer non se traballa.
Traballa ben, se queres comer.
Traballa e non comerás palla.
Traballa ti que eu xemerei.
Traballando sen candil fanse fillos mil.
Traballar e non comer é camiño seguro para morrer.
Traballar para medrar e sempre probe estar, mal se pode aturar.
Traballar sen regra é morrer sen fe.
Traballar sen tino é morrer sen fe.
Xa que cobras, traballa.
Ao cárcere me levan por dar ao papo; así que salia, volvo ao meu trato.
Como te vexo no fato, así te trato.
Como trates ti, así te tratarán.
O que coa curia ha tratar, non sexa curto no andar.
Para que vexan que fago trato, o que vale cinco douno por catro.
Quen coa curia ha de tratar non sexa curto en dar.
Segundo te vexo, maragato, así te trato.
Co moito tropezar depréndese a andar.
Tropezar é adiantar.
Tropezar e máis tropezar chega a cansar.
Quen unta, amolenta.
Máis vale un bo vagar que un bo traballar.
O moito vagar chega a cansar.
O vagar fai culleres a rebordar.
Prefiro ser vagabundo e botar coplas ao mundo.
Non pode voar o que non ten alas.
Ben se entende o que nos queren dicir cando nos chaman a xantar.
Bo pagar fai bo xantar e non moito rogar.
Cando o farnelo está dereito, mira se tes o xantar feito.
Coa mala, xanta; e coa boa, ten baralla.
En canto non xanto, non tallo nin canto; en canto non como, nin tallo nin coso.
Mentres non xanto, non coso nin canto; despois que merendo, xa non me entendo.
Non subas ao altar nin te poñas a xantar sen antes ir a mexar.
O que ás doce do día está na praza, ou non ten que xantar ou non ten casa.
Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea.
Xogaras pero non apostarás.