A mal abade mal sancristán.
Abade avarento, por un bodego perde un cento.
Abade que foi acólito, ben sabe quen bebe o viño.
Como canta o abade, respóndelle o sancristán.
Na casa do abade, comede e levade.
Na casa do abade, comede e levade e mal del falade.
O abade de Bamba, o que non pode comer, dáo pola súa alma.
O abade i-o veciño moen nun mesmo muíño.
Ó señor abade o fociño do porco gustaralle.
Tal o abade, tal o sancristán.
Afiador e paraugueiro, canto máis burro máis trouleiro.
Afiador e paraugueiro, canto máis burro, máis trouleiro; paraugueiro afiador, canto máis burro, mellor.
Paraugueiro i-afiador, cuanto más burro, mellor.
Auga e vento para que o paraugueiro estea contento.
Choiva e vento para que o paraugueiro estea contento
Choiva e vento para que o paraugueiro ande contento
Chova con vento para que o paraugueiro ande contento.
Eu non sei se é verdade ou é mentira, pero lin nunha revista que os mellores paraugueiros saen da terra da chispa.
A falta de homes bos calquera é alcalde.
A falta de homes bos, meu maridiño é alcalde.
Alcalde novo, todo é xustiza.
Aquí non peco, que meu pai é o alcalde.
Cando sexa alcalde o meu marido, nacerá o pan cocido.
De alcalde a verdugo mirade como subo.
É mellor ser burro que alcalde: alcalde é un hoxe e non é mañá, i-o que é burro, é burro sempre.
Amo en xaneiro, en xullo xornaleiro.
Ben mandado, mal mandado, fágase o que manda o señor amo.
Bo amo, mellor criado.
Cal o amo, tal o criado.
Catro cousas quere o amo do criado que o serve: deitar tarde, erguer cedo, comer pouco i-andar alegre.
Catro cousas quere o amo do criado que o sirve: tarde á cama, erguerse cedo, comer pouco e andar lixeiro.
É mellor ser amo de un burro que criado de un mulo.
Máis vale ser amo dun fento que criado dun cento.
Na casa do bo amo, alí morre o bo criado.
Nin de broma nin de veras con teu amo comas peras.
Nin de broma nin de veras, co teu amo partas peras.
Nin de risas nin de veras, con teu amo non xógue-las peras.
Nin de risas nin de veras, co teu señor non xogues as peras.
Nin de risas nin de veras, con teu amo non xogues as pedras.
Nin en broma nin en veras, con teu amo comas peras.
Nin en burlas nin en veras co teu amo non partas as peras.
O amo maxestoso fai o criado reverencioso.
O bo amo fai o criado.
Polo can e o cabalo coñécese o amo.
Sol nacido, meu amo servido; sol posto, meu amo composto.
Sol posto, amo composto.
Tal amo, tal criado.
Vale máis ser amo dun burro ca guía dunha recua.
Vale máis ser amo dun burro que criado dun señor.
Vale máis ser amo dun burro que criado dunha recua.
Vale máis ser amo dun xumento que criado dun convento.
Arrieiro de unha besta, cesteiro de unha cesta e pescador de cana, máis perde do que gana.
Arrieiriño dunha besta, cesteiriño dunha cesta, troiteiriño dunha cana vale máis ca do que gana.
A besta tonta, arrieiro louco.
Arrieiro dunha besta, canto gana, canto pesca.
Arrieiro dunha besta, cesteiro dunha cesta e pescador de cana, máis perde do que gana.
Arrieiro dunha besta e troiteiro dunha cana, perde mas que do que gana.
Arrieiro que come conexo, adeus candalexo.
Arrieiro tonto, se non entendes de viño, busca a terra.
Arrieiros de Loiván, cunha besta catro van: dous arrean, e un ten i-outro mira si vai ben.
Arrieiros no porto, tempo revolto.
En de morrendo o arrieiro, sábese de quen é a recua.
En de morrendo o arrieiro, sábese de quen é o gando.
En morrendo o arrieiro, sábese de quen é a recua
Fai como os burros de arrieiro que carretan o viño e beben auga.
Fai como os burros dos arrieiros, que carrean u viño e beben a auga.
Hasta que morre o arrieiro non se sabe de quen son as bestas.
Morra a recua e quede o arrieiro.
Non hai quen ande atrás da besta como o arrieiro.
Non se sabe de quen é a recua mentres non morre o arrieiro.
Non se sabe de quen é a recua hasta que morre o arrieiro.
Ó macho tonto pónselle un arrieiro louco.
O que ha de ser arrieiro, ten que nacer entre as albardas.
Vale máis ser arrieiro dunha besta que criado dunha recua.
Avogado durmiñón nada ten no caixón.
Avogado durmiñón, nada seu no caixón.
Avogado novo, xustiza polas silveiras.
Bo avogado, veciño malo.
Consellos a avogados, peitear a carocas e catar pulgas a cas, son traballos vas.
Descorre máis un famento que cen letrados. /Descorre máis un famento que un avogado.
En campos ben labrados escúsanse avogados.
Máis descorre un necesitado ca un bo avogado.
Máis inventa un pobre que sete avogados.
Ninguén vai ó avogado que non veña consolado.
O labrador entre dous avogados está como o peixe entre dous gatos.
O que vai ó avogado, nunca vén desconsolado.
O que vai ós avogados, non ten que perder: si con mentira vai, con mentira vén.
Onde hai dous paisanos, hai tres avogados.
Os avogados fan ver do branco negro.
Sabe máis un necesitado que sete avogados.
Se queres ano ganado, nunca vaias ó avogado.
Un soldado sabe máis que sete letrados.
A ciencia do barbeiro está na cobra.
De oficial mozo e de barbeiro vello, líbranos Señor.
Nin barbeiro mudo nin cantor sisudo.
Bispos morren poucos.
Do bispo e do mulo, canto máis lonxe, máis seguro.
Por culpa da besta mataron o bispo.
O boticario é a chave do médico i-o escribán do perito.
Os boticarios son os cociñeiros da morte.
Abre salgueiro? Marcha canteiro.
Cal sexas bo canteiro, cal non, pon as pedras de tizón.
Canteiriño serás, de pico rico nunca morrerás, agora, de cotas, quizás.
Canteiriño serás, nunca rico morrerás.
Con canteiros e mais con xastres unha cadela nunca gastes.
Con canteiros e portugueses, tratos poucas veces.
Mestre en todo, canteiro de nada.
Mal o canteiro que acaba consigo e co seu diñeiro.
Sexas canteiro ou non, pon as pedras de tizón.
Sexas canteiro ou non, pon a pedra de tizón, unha si i-outra non.
A bo capelán mellor sancristán.
A mal capelán peor sancristán.
Carpinteiro que non clava, nunca acaba.
En casa do carpinteiro, sentarse no chan.
Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro e filla de taberneiro non os queiras por ningún diñeiro.
Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro e filla de taberneiro, non os queirades por ningún diñeiro.
Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro e filla de taberneiro non os quero por ningún diñeiro.
Mal o carpinteiro que acaba consigo e con seu diñeiro.
Mal o carpinteiro que non ten xuntoiro.
Na casa do carpinteiro, sentados no chan.
Na casa do carpinteiro, sentarse no chan.
Na casa do carpinteiro, tallos de cepo.
O que queira ser bo carpinteiro, ten que aprender primeiro.
Para ser carpinteiro hai que aprender primeiro.
Se queres ser carpinteiro, tes que aprender primeiro.
Carreteiro que non unta o carro non sae do camiño.
Carreteiro que non unta o carro, os bois non tiran.
Caseiro, nin selo nin telo.
Ao mellor cazador váiselle unha lebre.
Cazador e pescador, sinal de mal labrador.
Cazador e troiteiro non fai meda nin palleiro.
Cazador e troiteiro, moita obra e pouco diñeiro.
Cazador e troiteiro, nin boa la nin bo palleiro.
Cazador e troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Cazador e troiteiro, nin tulla nin palleiro.
Cazador: enchente na despensa e fame no comedor.
Cazadores, xastres e zapateiros son os máis mentireiros.
Home cazador e home gaiteiro sempre lle verás pouco palleiro.
Home cazador e troiteiro non fai meda nin palleiro.
Nin neve no verán nin cazador sen can.
O cazador e o troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
O home cazador i-o perdigoteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Para almorzar, con cazadores; para xantar, con carpinteiros; para merendar, con serradores; para cenar, con arrieiros.
Uns erguen a caza e outros mátana e pápana.
Dura a masa mentres o cerralleiro pasa.
Pasa, cerralleiro, pasa, en canto o demo bota a masa.
Tapa a masa mentres o cerralleiro pasa.
Tapa, masa, tapa, en canto o cerralleiro escapa.
A boa cociñeira faina a fogueira.
A cociñeira fai como a vaca que non come cos bois: ou come antes ou despois.
Cociñeira lixeira faina a fogueira.
Mentres non ferva a ola, a cociñeira pode deita-la miola.
Mentres o pote non ferva, a cociñeira pode dar á lingua, e des que empeza a ferver, a calar e atender.
O bo lume e a boa lavadura fan a cociñeira aguda.
Comerciante e porco, despois de morto.
Comerciante sen diñeiro non fai milagres
Comerciante sen diñeiro, se é milagreiro.
A costureira das Baíñas cose de balde e pon as liñas.
Costureira das Mariñas, cose de balde e pon as liñas.
Costureira de pío, pío, chea de fame e morta de frío.
Costureira de vío, vío, cose de balde e pon o fío.
Costureira de Dios, dime se mañá fai sol ou non.
Costureira sen dedal cose ben i-aperta mal.
Costureira sen dedal cose pouco e faino mal.
Costureira sen dedal cose pouco e mal.
Costureira sen dedal cose pouco i aperta mal.
Costureira sen dedal moito cose e pouco val.
Costureiras e tecedeiras, pagarlles e andalas todas.
Costureira, pan na criba; tecelana, pan no tear; carpinteiro, mesa posta; e canteiro, pote no lar.
Costureira, piu piu, cose de balde e pon o fío.
Costureiriña sen dedal, cose pouco e cose mal
Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Sábado, sabadiño, fin da semana; a costureira canta i-o mestre regaña.
A vida dos cregos gánana a berros e lévana os demos.
Bens de cregos entran pola porta e saen pola ventá.
Cando o crego dá a ovella, colle a corda e vai por ela. / Cando o crego dá a ovella, colle a corda e vai por ela, que se o crego recorda, non dá a ovella nin a corda. /Cando o crego dá a ovella, colle a corda e vai por ela, porque se recorda, nin ovella nin corda.
Cousas de Dios meu crego predica: unhas para a bulsa e outras para Marica.
Crego de san Salvador e frade, todo é aire.
Crego feito, muller é.
Crego moi predicadeiro, nin por iso máis limosneiro.
Crego ó principio do cocedoiro, mal agoiro.
Crego que canta, sancristán que xanta.
Crego solteiro e arrieiro casado, éche bo fregado.
Cregos barulleiros, cregos farteiros.
Cregos i-ameixeiras, Dios mos quite das miñas leiras.
De crego a frade solo hai votos.
Mal o crego que non fai bo do labrego.
Menos cregos e máis fogos.
O crego e mailo zorro, se perden a mañá, perden o día todo.
O que queira ter fillos larpeiros, destíneos a cregos ou a gaiteiros.
Os cregos ganan os cartos cantando e os mestres ensinando.
Prós cregos e prós cas nunca faltan boas mañás.
Romarías i-enterros, alegrías para os cregos.
Se ves xuntos moitos cregos, ándache cerca un enterro.
Crego ao principio de cocedoiro, mal agoiro.
Despois de comer os cregos non faltan culleres.
Dó demo o crego que non fai bo do labrego.
O crego: cen onzas de ouro no bolso, cen botóns na petrina e cen légoas lonxe da familia.
O crego mentres xanta, non canta.
O crego onde canta, alí xanta.
O pau teno o crego na man.
Santa María, ora pro nobis, cantan os cregos e enchen os foles.
Zoquiños ao xeonllo do crego, sotana pisan.
Mes que empeza por crego i-acaba por frade, Dios me libre de un aire.
No mes que empeza por crego e finda por frade, gárdeme Dios dun aire.
A criada fai a cama para non durmir nela.
A tan altos criados, servilos e non cansalos.
Ao cabo de un ano ten o criado as mañas do amo. /Ao cabo do ano ten o mozo as mañas do amo
Ao criado, cando é novo, danlle pan e ovo, e así que é vello, danllo ao demo.
Ao criado, cando é novo, pan e ovo; pro de vello, caldo acedo.
Cando entra, doulle o ovo e quítolle o corno; cando marcha, doulle o corno e quítolle o ovo.
Criada de servir que viste de señora, nin é señora nin criada de señor.
Criado e galo, un ano; despois de un ano, nin bo criado nin bo galo. /Criado e galo, un ano
Criado dun caseiro non dura un ano enteiro.
Criado dun cego, non hai cousa mellor no mundo: se é home, muller segura e, se é muller, conto feito.
Criado dun día, caseiro dun ano
Criados, carpinteiros e canteiros, cando menos se pensa, collen os picos e vanse; meniñas, ¿que lles facemos?
Criados, carpinteiros e canteiros, cando menos, collen os picos e vanse; meniñas, que lles facemos?
De outono feito e cochos cebados, fóra criados con todos os diaños.
É mellor ser dono dun burro ca criado dunha recua.
É mellor ser dono dunha besta que criado dunha recua.
Espera o criado galardón e, ás veces, danlle baldón.
Fai o que o teu dono manda e con el sentarte has á mesa.
Non queiras criado máis alto có amo.
O bo criado faino o bo amo.
Ó cabo do ano o criado colle as mañas do amo.
O criado ben mandado xanta á mesa con seu amo.
Ó criado ben mandado, poñerlle a mesa e mandalo ó recado.
O criado e o galo solo serven para un ano.
O criado e o galo, un ano.
O criado fai a cama á mañá e á noite non sabe quen durmirá.
O criado i-o galo, de ano a ano.
O feixe do criado pequeno é ben avultado.
O que criado ha de ter, criado ha de ser.
Quen seus criados non vai a ver, venda o que ten para os manter.
A bo cura, mellor sancristán.
Algún día, algún día, aquí bo cura che había, pero agora váicheme boa!
Ao cura e ó sancristán non hai quen lles meta man.
Cando o cura dá a ovella, coller a corda e ir por ela.
Cando o cura vai ós figos ¡que faremos os veciños!
Cura fraco e casado gordo non cumpran coa súa obrigación
Cura novo e médico vello.
Cura viaxeiro, nin mísero nin miseiro.
Cura, cirurxián e pedreira, é bo telos cerca.
Curas, gorrións e frades, líbrenos Dios destas tres malas aves.
Entre cura e sancristán ninguén mete a man.
Entre o cura e o sancristán nin o demo mete a man.
Entre o cura e o sancristán nin o demo mete a man.
Entre o cura e o sancristán ningún demo mete a man.
Festa de curas, inferno de bestas.
Non se acorda o cura de cando foi sancristán.
O cura e o zorro, se perde a mañá, pérdeo todo.
O cura e o zorro, se perden a mañá, perden o día todo.
O cura e a criada levántanse cando lle cadra.
O cura onde canta alí xanta.
O cura, o sancristán, o barbeiro i-o veciño todos moen nun muíño.
O que queira aprender o fillo a larpeiro: músico ou cura ou rosquilleiro.
O que queira ter un fillo larpeiro, que o poña a cura ou a troiteiro.
O que ten o cura de delgado, teno de gordo o beneficiado.
Os curas non caen dos carballos porque non soben a eles.
Os curas novos para os vellos son como a estricnina para os cas.
Os curas, nabos e señores, canto máis raros, mellores
Os curas, se lles petan cos pés, abren contentos, pero se lles petan cas mans, nin por iso.
Para os curas e para os cas sempre houbo boas mañás.
Predica, meu cura; predica, meu frade; por un oído me entra e por outro me sae.
Se o cura canta ben, nada digamos o monaguillo.
Se o cura che dá a ovella, colle a corda e vai por ela.
Se o cura dá a ovella, deixa a corda e vas por ela, porque mentres vas pola corda, o cura
Se queres ter un fillo larpeiro, méteo ou cura ou gaiteiro.
Se ves o cura ó sol, non apures o facistol.
Sirve ao cura para que che preste a mula.
Un cura condenarse i-un cirurxián morrer, dúas cousas malas de crer.
Un cura, de a pé, paisano é.
O cura no "Kirie eleisón" sempre pide cartos para o caixón.
Un cura para estar ben, tres ces: cen leguas, cen botóns e cen dobróns.
A chave do preito é o escribán; a do médico, o boticario.
A verdade polas costas, i-o escribán que escriba.
Alegría no inferno, que morreu o escribán; i-o tinteiro e mais a pluma quedan na mesa bailando.
Alguacís e escribáns nunca fartos están.
Ben ou mal feito, ten o escribán do teu xeito.
Bo ou mal preito, ten o escribán do teu xeito.
Bo ou mal preito, ten o escribán de xeito.
Boa demanda, mala demanda, ten ó escribán da túa banda.
Boa demanda, ruín demanda, ten ao escribán da túa banda.
Cando a zorra anda aos grilos, e o sancristán aos carabullos e o escribán pregunta a cómo estamos de mes, moi mal andan os tres.
Con preito perdido ou ganado, ten o escribán do teu lado.
Entre irmán e irmán, dúas testemuñas e un escribán.
Escribáns e ameixeiras, fóra das miñas leiras.
Escribáns e ameixeiras, líbreos Dios das miñas leiras.
Man sobre man, como a muller do escribán.
O bo escribán, primeiro o borrón que a pluma na man.
O escribán nunca escribe en van.
O escribán, do que non ve non ten que dar fe.
O que ten o escribán do seu xeito, o torto vírao dereito.
O que ten o escribán do seu xeito, o torto vólveo dereito.
Onde o escribán mete a pluma, mete o demo a uña.
Onde o escribán pon a pluma, pon o demo a uña.
Por ben ou por mal, ten o escribán da túa man.
Quero o escribán do meu xeito, sexa no bo ou no mal preito.
Señor escribán, vostede ben o entende: o que todo o quere, todo o perde.
Vale máis que manche el que o escribán.
A escudeiro fachendoso, rapaz tiñoso.
A escudeiro mesquiño, rapaz adiviño.
Escudeiro probe, cunca de prata e caldeiro de cobre.
Escudeiro turulato, de mozo ladrón e de vello beato.
O bo escudeiro déitase tarde i érguese cedo.
Ó escudeiro rico mórreselle a muller como a calquera veciño.
O escudeiro, cando non ten que comer, colle a viola e ponse a tanxer.
De estudante dirás que creguiño farás.
Estudante de cama e sol non é estudante nin caracol.
Estudante de cama e de sol non vale un caracol.
Estudante de cama e sol non val un atume dun fol.
Estudante de día e galán de noite, véxolles mal para sacerdote.
Estudante do sol non vale un caracol.
Estudante do vío, vío, morto de fame e cheo de frío.
Estudante que madruga e ave que despluma.
Estudante que mira o sol non val un caracol.
Estudante que non espila, estudante que non agrela.
Mal escolante, mal estudante.
O bo estudante adianta ó escolante.
O bo estudante , morto de sono e farto de fame.
O estudante que ós vinte non sabe i ós trinta non entende, non sei que deprende.
O estudio é un gran tunante.
O mal estudante , farto de sono e morto de fame.
O que estudia aprende.
O que estudia poderá non saber pero o que non estudia mal pode saber ler.
Pobre estudante , como te remordes: por culpa das mozas faltaches ós ordes.
Se o que estudia non sabe, o que non estudia, mal pode saber.
Todos os estudante s deben saír avantes
A casa do ferreiro é de pao de salgueiro.
Ao ferreiro, con barbas; e ás letras, con babas.
Cando esteas onde está o ferreiro, ponte detrás del que non hai mellor abrigadoiro.
Con bo ferro e un ferreiro xa se fai un bo pandeiro.
Con un ferro e un bo ferreiro se fai un bo pandeiro.
De ferreiro a ferreiro non corre diñeiro.
De ferreiro a ferreiro non hai diñeiro.
Ferreiro de maldición, cando ten o ferro fáltalle o carbón e cando ten carbón fáltalle a devoción.
Na casa do ferreiro non sentar e na botica non probar.
Na casa do ferreiro todos deprenden a machacar ferro.
Na casa do ferreiro, a culler de pau.
Na casa do ferreiro, coitelo de pao, e na do carpinteiro, sentados no chan.
Na casa do ferreiro, coitelo de pau.
Na casa do ferreiro, coitelo de pau, e na do carpinteiro, sentarse no chan.
Na casa do ferreiro, coitelo de pau.
Na casa do ferreiro, coitelo mangoleteiro.
Na casa do ferreiro, cortar ca man, e na do carpinteiro, sentarse no chan.
Na casa do ferreiro, culler de pau, e na do carpinteiro, sentarse no chan.
Na casa do ferreiro, culler de pau.
Na casa do ferreiro, de pau é o coitelo.
O ferreiro da maldición, cando ten cravos, non ten carbón.
O ferreiro da maldición, cando ten ferro, non ten carbón; cando ten todo, non ten devoción.
O ferreiro sen carbón é como o ano sen sazón.
O primeiro golpe é do ferreiro.
Ollo do ferreiro e compás de carpinteiro.
Ollo do ferreiro, gramil de carpinteiro.
Para a misa e para o ferreiro non esperes polo compañeiro.
Quen polo aprendiz deixa ó ferreiro, gasta o ferro e perde o diñeiro.
Se queres ver o inferno, ferreiro de verán e zapateiro de inverno.
Se te casas cun ferreiro, tes que lavalo primeiro.
Ser coma o ferreiro de moito estrondo, que de tal machacar esquecéuselle o oficio.
Un ferreiro a outro non lle fai dano.
Un ferreiro a outro non lle nega un cravo.
Un ferreiro nunca lle nega un cravo a outro.
Fiadeira, que fiaches, para onde fuches, para onde andaches que en marzo non branqueaches?
Fiadora que fiaches i-en marzo non branqueaches.
Fiadora, que fiaches, que no marzo non curaches, en abril non teciches, e no maio non cosiches?, que fixeches? Durmiches.
Fiandeira que fiaches, por onde fuches, por onde andaches, que en marzo non branqueaches.
Fíes ben ou fíes mal, ben tortiño e ben igual.
Fíes ben, fíes mal, fía torto e igual.
Muller fiadeira fai boa casadeira.
Polo san Bartolo a boa fiadeira comeza a súa tea; a máis lixeira, pola Madalena.
Tan fiadeira levas a muller que non ten máis que lavar e tecer e coser.
Cando o gardián xoga aos naipes, que farán os frades?
Do que ben sabe, dar pouco ao frade.
Frade que pide pan, toma carne se lla dan.
Frei Modesto nunca foi prior.
Máis vale volta de chave que conciencia de frade.
O hábito non fai o frade.
O vestido non fai monxe.
Predícame, frade, por un oído me entra e por outro me sae Un frade menos, unha ración máis.
Quen dixo frade, dixo fraude.
Convida o gaiteiro para que che toque o pandeiro.
Gaiteiro que empeza a tocar sen escala, a pouco chegará ou a nada.
Na casa do gaiteiro todos son danzantes.
Nunca ben toca gaiteiriño pago.
O bo gaiteiro sempre foi bo casamenteiro.
O gaiteiro de Calde non toca de balde.
O gaiteiro pago nunca ben toca.
O gaiteiro polo verán non ten máis labor que andar coa gaita na man.
O gaiteiro que toca de balde, un oitavo para que empece e dez para que acabe.
O gaiteiro, cando toca, quer beber.
O que non perde faenas, sempre ha de ser gaiteiro.
O que queira ter un fillo larpeiro, que o aprenda a gaiteiro.
O que sempre quer andar en faenas, ha de ser gaiteiro.
Se a vella é gaiteira, que fará a moza solteira?
Se queres ser gaiteiro, aprende a tocar o pandeiro.
Se queres ter un fillo larpeiro, apréndeo a gaiteiro.
Se queres que os fillos sexan larpeiros, apréndeos a gaiteiros.
Se queres ser larpeiro, aprende a cura e a gaiteiro.
Se queres ser larpeiro, aprende a gaiteiro.
Se queres ter un fillo larpeiro, méteo sancristán ou gaiteiro.
Un día tras outro día, trinta días é un mes, e inda que pasen meses e meses, o gaiteiro sigue en pé.
Val máis manter a un larpeiro que a un gaiteiro.
A vida máis alegre é a do gandeiro: trampa arriba, trampa abaixo, nunca lle falta diñeiro.
Gandeiro que seu oficio entenda, home ha de ser de gran trastenda.
Gandeiro: andarás, andarás e probe morrerás.
Quen queira meterse a gandeiro, ten que gastar algún diñeiro.
A labradora ilustrada fai escola na velada.
A regra do labrador: ser burro, sementar basto e arar miúdo.
Ao labrador descoidado a facenda cómenlla os ratos.
Ao labrador descoidado os ratos lle rilan o sementado.
En ano que moito chove, o labrador traballa máis que come.
Labrador barullán non colle viño nin pan.
Labrador cazador: coellos na despensa e fame no comedor.
Labrador cazador: o coello na dispensa i-a fame no comedor.
Labrador chalán non colle viño nin pan.
Labrador chalán, nin colle viño nin pan.
Labrador de capa negra pouco medra.
Labrador de xuízo san, de cote é bo cidadán.
Labrador escopeteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Labrador lerchán nin colle viño nin sega pan.
Labrador lueiro, pequeno palleiro.
Labrador novo, pan polas silveiras.
Labrador paxareiro nunca bo rendeiro.
Labrador que en tempo non sega, tema sempre o mal da pedra.
Labrador que non come media libra de esterco cada día, non colle millo nin xudía.
Labrador que sementa sen présa, sega sen fouciño.
Labrador sen horta, fama corta.
Labrador sen horta, fame á porta.
Labrador sen regas, pan polas silveiras.
Labrador xuntoiro, pouco palleiro.
Labrador, labra ben e sementa en tempo, anque che falte un ano, non che faltará un cento.
Labradores novos, mal para os silveiros.
Labradores novos, mal polas silveiras.
Labradores novos, pan polos silveiros.
Labrego que sementa sen puño, non lle fai falta fouciño.
Non é labrador quen non mete a terra en labor.
O arado, rabudo, i-o labrador, barbudo.
O labrador astuto non labra terra que non dea froito.
O labrador cobizoso sementa no rastrexo.
O labrador debe estar xunto ao que vai traballar.
O labrador debe ter de todo.
Ó labrador descoidado cómenlle os ratos o sementado.
Ó labrador lacaceiro nácenlle as espiñas no eido.
O labrador preiteante non pode ir para adiante.
O labrador que pon un fillo a estudar, pon os outros a xaxuar.
O labrador, antes que sen ovellas, sen orellas.
O labrador, cando ara cantando, recolle chorando; cando ara xemendo, recolle contento.
Ó labrego lacaceiro nácenlle espiñas nos eidos.
O labrego que non queira pasar por lacazán, ten que ter callos na man.
O prado quer seu procuro e o labrado, labrador.
O que vive da labranza, vive da esperanza.
Pola mañá, preguiza; a mediodía, calor; e pola tarde, mosquitos: non quero ser labrador.
Por falta de chismes apropiados vense os labradores apurados.
Quen sexa labrego honrado, ten que vivir do seu traballo.
Se queres ser bo labrego, vente ó rego.
Sempre resultou bo labrador o que é de xenio observador.
A ocasión fai ao home ladrón.
A ocasión fai o gato ladrón.
A ocasión fai o ladrón.
Andan os ladróns tras dos que rouban.
Ao ladrón da casa nada se lle escapa.
As cerdeiras e os ladróns, aínda que se prendan, non son bos.
Cambiarás de mesón, pero non de ladrón.
Coida o ladrón que todos son da súa condición.
De besteiro a ladrón non hai máis que un chanzo.
De ladrón da casa e de louco de afora líbrenos Deus.
De segador a ladrón non hai máis que un chanzo.
Deixa o ladrón pero o fogo non.
Dicía o Tarelo de Montós: "Os da xustiza todos son ladróns".
En terra de ladróns, alforxas diante.
Furto xeitoso fai o home ladrón.
Ladróns e encubridores, igual pena merecen.
Non hai peor ladrón que o da casa.
O bo ladrón que entra na casa, primeiro mira a saída que a entrada.
O froito xeitoso fai o boi ladrón.
O gato ladrón pensa que todos son da mesma condición.
O gran ladrón empeza por unha agulla.
O home ladrón ou criminal nunca en paz está.
O ladrón das malas abellas xulga as súas polas alleas.
O lume do ladrón arde por debaixo e por enriba, non.
O lume do ladrón, dúas brasas e un tizón.
O lume é peor cós ladróns: estes sempre deixan algo, o outro non deixa nada.
O lume é peor que os ladróns que non deixa nada e todo o repaña.
O que é ladrón, pensa que todos o son.
O que non leva o ladrón, logo parece no meixón.
O que non levan os ladróns, aparecerá polos recantos.
O que rouba a un ladrón, ten cen anos de perdón.
Para o ladrón da casa non hai nin chaves nin portas.
Pensa o ladrón que todos son da súa condición.
Por un ladrón perdeu cento no mesón.
Por unha agulla empézase o ladrón.
Pra o ladrón da casa non hai pechadura.
Queda o ladrón e non queda ao tizón.
Quen rouba a un ladrón, gana cen anos de perdón.
Quen rouba ao ladrón, ten cen anos de perdón.
Rifan os ladróns e descóbrense os roubos.
Afeita un cepo e parecerá un mancebo.
Escudeiro mancebo, déitate tarde e levántate cedo.
O home mancebo gana, inda perdendo.
Sírvete do mancebo e aconséllate co vello.
A vida do mariñeiro é vida de dous mil demos.
Mal lle vai ó pescador cando ten que ir ó marisco.
Mariñeiro con polainas, ganancia pró boticario.
Mariñeiro que dorme, peixe non colle.
Mariñeiro que vai ó mar, se non come caldeirada, mal o vai pasar.
O capitán mandar i-o mariñeiro obedecer.
O mariñeiro que me dá de beber ou me muliu ou me quer mulir.
O mariñeiro ten vida de anxo: o vento o leva e o vento o trae.
O mellor do mariñeiro é levar o barco en vento.
O mellor mariñeiro morre no mar, onde ninguén se pode descoidar.
O que non queira borrasca, non se meta a mariñeiro.
Patrón mandar, mariñeiro facer.
Patrón mandar, mariñeiro traballar.
A pasa-lo Carromeiro ten coidado, mariñeiro.
Aire do mar, mariñeiro a pescar; aire da terra, mariñeiros á merda; aire do cabo, á noite acabado.
Lúa en pé, mariñeiro déitate.
Mazaricos á terra, mariñeiros á merda.
Se a chuvia te colle antes do vento, alista drizas, non perdas momento; pero si o vento vén primeiro, iza velas, mariñeiro.
Encarnado polo mar, mariñeiros a pescar.
Néboa no mar, mariñeiros á pesca.
Nebra no mar, mariñeiros a pescar.
Treboada polo leste, mariñeiro pró mar.
A médico, confesor e letrado non-os teñas enganados.
Ao médico e ó letrado non lle teñas enganado.
Ao médico pagalo e creelo.
Ao médico, ó confesor i-ó avogado fálalle claro.
Cada un é médico de si mesmo.
De médico, poeta, músico e louco, todos temos un pouco.
De médico, poeta e louco, todos temos un pouco.
Honra a teu médico antes que o necesites.
Médico inocente mata moita xente.
Médico vello e avogado novo.
Médicos novos e avogados vellos.
Médicos, curas e cas saben os camiños todos.
Médicos, curas e cas saen ós camiños todos.
Na aldea, cando vén o médico i-o cura, morte segura.
Nin médico mozo nin barbeiro vello.
Non é bo o médico que desafiuza.
O médico e o avogado non-o traias enganado.
O médico i-o enterrador, canto máis lonxe, mellor.
O médico que non é burro saca o enfermo de apuro.
O médico tapa i-o cura tapa.
O que o médico erra, encóbreo a terra.
Se tes médico amigo, quítalle a pucha e mándao á casa do teu amigo.
Un médico cura, dous dubidan, e tres morte segura.
Val máis bo médico que bo crédito.
Vale máis un bo médico que un bo crédito.
A mellor mestra é a experiencia.
Cada mestriño ten o seu libriño.
Deixade ao mestre anque sexa un burro.
Ninguén nace sendo un mestre.
Non hai mestre como o tempo.
Non hai mellor mestra que a necesidade e a pobreza.
O bo discípulo adianta ao mestre.
O mestre Cirola non sabe ler e pon escola.
O mestre, anque sexa un burro, hai que deixalo.
O que é mestre, xa pasou por aprendiz.
O uso é mestre de todo.
O uso fai mestres.
Usa e serás mestre.
O pai que queira ter un fillo pillo que o meta tambor ou monaguillo.
Se queres que o fillo sexa pillo, méteo monaguillo.
Se queres ter un fillo pillo, méteo monaghillo; se o queres ter pillabán, méteo sancristán; se o queres ter pillo de todo, méteo neno do coro.
Se queres ter un fillo pillo, méteo monaguillo; se polo contrario queres que sexa larpán, méteo, meu home de Dios, sancristán.
Ábrete, saco: unha maquía me debes e dúas che agarro.
Antes de barrer o forneiro non fales do muiñeiro.
Cambiarás de muiñeiro pero de ladrón non.
Mudarás de muiñeiro pero non de ladrón.
Non fales mal do muiñeiro mentres non barre o farneiro.
O muiñeiro foi ao inferno por ter a maquía grande i-o taberneiro por ter a medida pequena.
O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do regueiro.
O muiñeiro que oi e ve, non pode ser paroleiro.
Para muiñeiro, forneiro e hortelán nunca falta pan.
Benvido sexas, saco, tres maquías de ti saco: unha sácoa eu, outra saca meu fillo e despois inda maquío.
Benvido, saco, doce maquías che saco: tres por te traer, tres por te moer e tres por te levar son nove; vén o meu irmán Xan, maquiemos este pan; vén a miña irmá María, quitémoslle outra maquía.
A música non mantén.
A quen foi bo músico sempre lle queda a afección.
A quen foi bo músico sempre lle queda o compás.
O que queira aprender seu fillo a larpeiro, métao músico ou rosquilleiro.
A obreiro comedido non lle fága-lo almorzo.
Cando o sol retira o rabo, merda pró amo.
Labor feito, obreiro ao demo.
O esqueiro na man do obreiro é un bo compañeiro.
O xornal do obreiro entra pola porta e sae polo fumeiro.
Obreiro comedido non é o máis cumprido.
Obreiro en xaneiro, pan te comerá e obra non fará.
Quen mal fai, obreiro colle.
Vai o sol no furado, merda para o amo.
Agora que entrou xaneiro, podes meter obreiro.
Obreiro en xaneiro, pan te comerá e obra non fará.
Se tes que en xaneiro meter obreiro, méteo máis ben ao final que ao primeiro.
Sol posto, obreiro solto.
Cada oleiro as súas olas gaba, e máis se as ten crebadas.
Cada oleiro gaba o seu pucheiro.
Cada oleiro alaba as súas olas.
Non te burles do oleiro, que da terra fai diñeiro.
O oleiro, do barro fai diñeiro.
Bo oficio é o que mantén a quen-o ten.
Cada un ao seu oficio.
Cada un polo seu oficio come.
Dios lle día que facer a cada un no seu oficio.
Dios nos de que facer a cada un no seo oficio.
Ese é o teu inimigo, o do teu oficio.
Malia o oficio que non mantén a seu dono.
Moitos oficios ten Mazaricón e ningún bo.
Moitos oficios ten Pericón, moitos e ningún lle é bo.
Moitos oficios ten Xan e de ningún gaña pan.
Non hai oficio bo nin malo que non dea de comer ó seu amo.
O oficio do gato é matar o rato.
O oficio é mestre.
O oficio non quer eidos.
O que dá papas a home de oficio, pape o demo a quen-as fixo.
O que moitos oficios quere saber, poucos aprende.
O que ten oficio non morre de fame.
O que ten oficio ten beneficio.
Oficio de albardeiro mete palla e saca diñeiro.
Oficio de concello é honra sen proveito.
Oficio malo o que non mantén a seu amo.
Oficio que non dá de comer ó seu amo, non vale un oitavo.
Os oficios non queren bens.
Papas a home de oficio? Pape o demo a quen as fixo.
Papas para home de oficio, pape o demo a quen-as fixo.
Quen che quere mal é do teu oficio.
Quen che quere mal é o do teu oficio.
Quen é o teu inimigo? O que ten o teu oficio.
Quen é u teu inimigo? O do teu oficio.
Quen oficio ten, na casa mantén.
Quen ten oficio non morre de fame.
Quen ten oficio ten beneficio.
Quen ten oficio ten beneficio pro sen servicio.
Quen ten oficio ten beneficio que lle fai un bo servicio.
Sete oficios ten Adán e de ningún saca pan.
Vinte e nove oficios, trinta miserias.
Á mellor panadeira derrámaselle unha fornada.
Compra a panadeiro e non a carniceiro.
Desa maneira calquera é panadeira.
Non quero máis panadeira; escarmentoume a primeira.
Non sexas forneira, se tes a cabeza de manteiga.
Panadeiros, de Cea e Porriño.
Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non volvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir.Calquera é pastor con bo sol.
O pastor descoidado á posta do sol busca o gando.
O pastor descoidado mala conta ten do gando.
O que é bo patrón, nunca deixa o temón.
O que sabe ser patrón, sempre vai ó temón.
Cando as nubes están pegadas ás montañas, pescador, non saques a cana.
Neve na montaña, pescador á cabana.
Para ser bo pescador hai que ser bo bebedor.
Pescador de anzol, volve á casa con doo.
Pescador de cana come máis do que gana; e se a sorte lle corre, máis do que gana come.
Pescador de cana máis perde que gana.
Pescador de cana non xunta para a caña.
Pescador de cana, canto pesca, canto gasta.
Pescador de cana, máis come que gana.
Pescador de cana, máis come que gana; e se a sorte lle vén, máis come que ten.
Pescador de cana, pescador de nada; e se a cana creba, pescador de merda.
Pescador que pes pesca, pescador é.
Pescador que pesca un só peixe, mellor lle é que o oficio deixe.
Benia o romeiro que di ben do compañeiro.
Bo vai o romeiro cando o bordón se lles esquece.
Bo vai o romeiro des que lle o bordón esquece.
Vaites, vaites co romeiro que non sabe andar a pé.
O que queira saber refráns, que vaia xunta o sancristán.
Os bens do sancristán cantando veñen e cantando se van.
Se queres ter un fillo can, méteo sancristán.
Se queres ter un fillo pillabán, méteo sancristán.
Os cartos do sancristán, cantando se veñen, cantando se van.
Sancristán, non durmas, que están os santos ás escuras.
Sancristán que vende cera e non ten alvariza, que o digan as velas da igrexa.
Sancristán que vende cera -el colmeas non ten- dalgún lado lle vén.
Sancristán que vende cera e non ten alvariza, rapaverum / furtaverum as veliñas do altar.
O bo soldado sácase do arado.
O soldado que é casado, nin bo soldado nin bo casado.
Soldado galego na terra hai que velo.
Un soldado sabe máis que sete avogados.
A bo viño, bo taberneiro.
Á porta dun taberneiro non te poñas vendendo vinagre, porque hasta unha fonte fai dano.
Cando o taberneiro vende a bota, é que sabe a pez ou está rota.
Cando o taberneiro vende a bota, ou é que ole a pez ou está rota.
Cando o taberneiro vende a bota, ou sabe a pez ou está rota.
Cando o viño bota flores, o taberneiro cría colores.
De taberneiro a ladrón hai soamente un escalón.
De taberneiro a ladrón media soamente un escalón.
De taberneiro a ladrón non hai máis que un escalón.
Do taberneiro novo fuxe como do lobo.
Home taberneiro, home preguiceiro.
Nunca taberneiro sexas, por mal e probe que esteas.
O bo taberneiro, antes de vender o viño, bautízao primeiro.
O que convida o taberneiro, ou non ten vergonza ou lle sobra o diñeiro.
O taberneiro novo fai da taberna o seu tobo.
Por mal e pobre que esteas, taberneira nunca sexas.
Se o taberneiro vende a bota, ou perde o viño ou está rota.
Un taberneiro, por encher de máis, foi ao inferno, i-outro, por encher de menos, tamén foi.
Para bo traballador non hai ferramenta mala, e para o mal traballador non hai ferramenta boa.
Para o ruín traballador non hai ferramenta boa.
Para o ruín traballador tódalas ferramentas son malas.
Para un traballador bo non hai ferramenta mala.
Home troiteiro e perdigoteiro, non che terá el gran palleiro.
A muller costureira e o home troiteiro , nin boa meda nin bo palleiro.
Troiteiro e cazador oficios de preguiceiros son.
Repenica de présa, meu tamborileiro, que bailar de présa, iso éche o que eu quero.
Ás veces o demo é tendeiro.
O que non sabe de contas, non pode chegar a tendeiro.
O tendeiro e a muller sempre teñen que facer.
O tendeiro que o seu trato non entende, que cerre a tenda ou que a venda.
Á porta do xastre todas son tiras, i-á do zapateiro, solas e viras.
Á porta dos xastres todas son tiras, e ás dos zapateiros, puntas e viras.
Ás portas do xastre todas son tiras, e ás do zapateiro, puntas e viras.
Ás portas dun xastre todas son tiras, i-ás do zapateiro, puntas e viras.
Bo é o xastre que non coñece o pano.
Des que somos xastres logo entoamos.
Di o xastre: "En canto non xanto, nin coso nin canto".
Onde non chegue o pano, ten que suplir o caletre do xastre.
É bo xastre o que coñece o pano.
En véspera de Corpus, sete xastres nun ollal e non-o deron feito.
Nenas de San Panatión: sete xastres fan un home, sete peneireiros non.
O xastre das Baíñas cose de balde e mais pon as liñas.
Ollo de xastre e compás de carpinteiro.
Para probe vou a xastre e para rico a zapateiro; para bo home, cura, e para borracho, gaiteiro.
Sete xastres fan un home e catorce unha testemuña, e fan falla vinte catro para firmar un recibo.
Sete xastres fan un home e sete peneireiros non.
Sete xastres fan un home no ano do pan barato, que no ano do pan caro fan falta vinte e catro.
Sete xastres, un home; catorce, unha testemuña; e vinte e oito, para firmar un recibo.
Di o home do can. -"Anda, chicha, que con vós non vai, nin o xastre é home nin a cadela é can".
Xastre rabudo toma as medidas por un garabullo.
Xastre son, conciencia teño, vivo ca de Dios que de tres varas de pana leva unha e levo dos.
Xastres, merendeiros; zapateiros, non.
De xogador a ladrón hai un chanzo.
De xogador a ladrón non hai máis que un chanzo.
Xogador de reviravolta, tresillista da puñeta.
Non vale o esqueiro para o xornaleiro.
O esqueiro é unha axuda para o xornaleiro.
Xornaleiro de escopeta nunca gana para a chaqueta.
Casa de zapateiro, campá de pau.
Se te metes cun zapateiro, méteste cun mentireiro.
Un zapateiro, por moi chapuceiro que sexa, é máis útil que canto poida ser un sabio de mala lingua.
Zapateiro, aos teus zapatos.