Desde que levas o chasco, todas as cousas che acordan.
Do que non pide ninguén se acorda.
No hai mellor acordo que o trasacordo.
Non hai acordo como o trasacordo.
Non se acorda o cura de cando foi sancristán.
Non se ha de facer acordo sen pensar no trasacordo.
O malo sempre se acorda pero o bo nunca se esquece.
O que non ten acordo, que non teña folgo.
Se te vin non me acordo.
Vida pasada non é acordada.
Cada un sente o seu e ningún o alleo.
Coidados alleos matan os asnos.
Do alleo, nin un pelo.
Dós alleos matan os homes.
Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.
Grao alleo fai sempre bo pan.
Mal alleo colga de un pelo.
Mal alleo, tal mo din, tal o creo. / Mal alleo, tal mo dis, tal cho creo pero o meu síntoo de seu.
Nin tires o teu nin collas o alleo.
O coiro alleo non doe.
O mal alleo dá consello.
O paroleiro non cala o seu nin o alleo.
O que de alleo se viste, de seo se ispe.
O que deixa o seu polo alleo, méteche pedras no seo.
O que do seu fai alleo, colla as mans e metas no seu.
O que do seu fai alleo, colla pallas e métaas no seo.
O que do seu fai alleo, colla papeis e métaos no seo.
O que do seu fai alleo, colla un corno e métao no seo.
O que do seu fai alleo, colla unha pedra e métaa no seo.
O que do seu fai alleo, mete cagallóns no seo.
O que non administra o seu, mal pode administrar o alleo.
O que se levanta cedo, repara o seu e mailo alleo.
O que se levanta cedo, ve o seu e mailo alleo.
Oe os seus defectos o que non cala os alleos.
Os bos preitos son os alleos.
Quen di o seu, mal calará o alleo.
Quen mal quere aos seus, non quererá ben os alleos.
Quen moito dorme, o seu e o alleo perde.
Quen non garda o seu segredo, non pode gardar o alleo.
Se metes a man no teu seo, non dirás do malfado alleo.
Ves un arqueiro no ollo alleo e non ves unha viga no teu.
A amiga e a espada, primeiro dada que emprestada.
A lingua dun amigo malo corta máis ca un machado.
A mortos e idos non hai amigos.
Amigo cordo, con vicio e todo.
Amigo na cociña come o do fondo e mais da cima.
Amigo que non dá e coitelo que non corta, anque se perda pouco importa.
Amigo que non sirve, bota que perde o viño e coitelo que non corta, que se perdan, pouco importa.
Amigo vello, touciño vello, e viño inda máis vello.
Amigo verdadeiro, deitalo no celeiro.
Amigo, aceite, viño e, que sexa antigo.
Amigos coma sempre, pero a vaca polo que vale.
Amigos de bo tempo trócanse co vento.
Amigos de lonxe e contas de preto.
Amigos de taberna, amigos de merda.
Amigos do que tes, dálles sebo nos pés.
Amigos e mulas, ás maduras.
Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno.
Amigos sexamos e do noso comamos.
Amigos, poucos e bos.
Amigos, un; inimigos, ningún.
Amiguiño si, pero o porco polo que vale.
Amiguiños si, pero a galiña por trinta reais.
Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale.
Anque Cristo para amigos os escolleu, un dos doce o vendeu, outro o negou e outro non creu.
Ao amigo e ao cabalo non hai que cansalo.
Ao amigo molestar, nin a rir nin a brincar.
Ao teu mellor amigo non lle ensines a carteira.
Ao zapato do meu amigo moita subela [o]u pouco pez para que volva.
Cando a ocasión chega, o máis amigo a pega.
Cando pedimos somos amiguiños; des que alcanzamos, xa cambiamos.
Canto máis amigos, as contas máis claras.
Canto máis amigos, mellores contas.
Canto máis inimigo, despois máis amigo.
Cárceres e camiños fan moitos amigos.
Chámasme amigo i-en entrementres vou pagando o viño.
Cheguei o amigo a perder, que mor pena podo ter?
Chorar con testemuñas e cumprir con amigos.
Coitas e camiños dannos amigos.
Contas claras, amigos vellos.
Cun amigo só, ninguén vai á praza.
De amigo reconciliado e de home disimulado garda o teu lado.
De amigos, o diñeiro, e de amores, o primeiro.
De amigos, o diñeiro.
De can danado, de caldo requentado e de amigo reconciliado líbrate como do diaño.
Descubrínlleme como amigo e armóuseme como testemuña.
Di o teu segredo ao amigo e faraste seu cativo.
Dille ao amigo o teu secreto e quedarás de el preso.
Do mellor amigo, a peor pedrada.
É mellor traballar para pillos que pedir para amigos.
En cartos e pan cocido vexa eu os bens do meu inimigo.
En comprar e vender non hai amigos.
En longos camiños coñécense os amigos.
En tempo de figos non faltan amigos.
Gárdate do amigo co que rifaches, se volve contigo.
Inimigo, de ninguén; amigo, cando menos, de un.
Lancha dentro, amigo fóra.
Máis vale amigo que parente nin primo.
Máis vale o rogo do amigo que o ferro do inimigo.
Máis vale un bo amigo que dez parentes; eles lonxe i-el presente.
Mellor son os croques do amigo que os bicos do inimigo.
Na adversidade, o amigo conta a verdade
Na moita necesidade coñécese o amigo de verdade.
Na necesidade próbanse os amigos.
Nin luz de candil nin amigo garda civil.
No perigo coñécese o amigo.
No tempo dos figos hai moitos amigos.
Non convides os amigos con cantos de paxaros e gracias de meniños.
Non creas o teu amigo os contos do seu inimigo.
Non esperes que o teu amigo che faga o que ti puideres.
Non hai inimigo pequeno.
Non tema cautelosos inimigos quen teña seus criados como amigos.
Nun gran perigo, mellor é o irmán que o amigo.
Nunca queiras do teu amigo máis do que el quixer contigo.
O amigo amais o cabalo non hai que cansalo.
O amigo coñécese co coiro.
O amigo i-o cabalo non hai que esforzalo.
O amigo que non é certo ten un ollo pechado i-outro aberto.
O amigo vese no perigo
O amigo, para ser amigo, sete veces ha de ser rifado.
O can, cando ten ósos, non quer amigos.
O cariño dos moitos anda aos poucos.
O máis amigo pégacha.
O mal amigo deixa a palla e leva o trigo.
O que acaba primeiro axuda o compañeiro.
O que é amigo de poñe-lo carro antes que os bois, o que debía facer antes, faino despois.
O que empresta perde o amigo.
O que está servido, non se acorda do amigo.
O que non paga un neto nin bebe viño, non ten amigos.
O que ten inimigos, non dorme.
O que ten un amigo finxido, ten un peso falso no peto.
O que ten un amigo na cociña, come o caldo gordo.
O que ten un bo amigo, ten un bo tesouro.
O que ten un garda amigo, ten un peso falso no bolso.
O segredo do teu amigo gardarás, e o teu non-o dirás.
O teu mellor amigo é o can, se lle dás pan.
Os amigos i-as mulas fallan ás duras.
Os amigos vénse na cama e nas cartas.
Os amigos vense nas ocasións.
Os amigos, para ser amigos, sete veces rifados.
Para ser bos amigos, primeiro hai que ser inimigos.
Por amor dos meus amigos que non se me encha a casa de fillos.
Por mor dos meus amigos éncheseme a casa de fillos.
Por un dito pérdese un amigo.
Prestan diñeiro os amigos ante notario e testemuñas.
Quen ten amigo na cociña, come caldo de galiña.
Renego do amigo que cobre cas alas e morde co pico.
Se queres que o amigo sexa verdadeiro, nunca lle emprestes diñeiro.
Se queres ter un inimigo, préstalle diñeiro a teu amigo.
Un bo amigo é un bo libro.
Val máis rogo de amigo que pau de inimigo.
Valen máis feridas dun amigo que bicos dun inimigo.
Vexo os defectos do amigo, lamento mais non maldigo.
Vida sen amigos, morte sen testemuñas.
Xamón i-amigos, vellos.
Home avarento, por un perde un cento.
Pensa o avarento que gasta por un e gasta por un cento.
O avarento no diñeiro ten o pensamento.
O diñeiro do avarento a ningún lle dá contento.
Alégrate de facer ben e non de facer o mal.
Ben está o pé na perna e a perna no calzón.
Ben fas, ben atoparás.
Ben predica o que ben vive.
Cada cal sinte o seu ben i-o seu mal.
Ei vai o ben que a vella ten.
Este é o ben que Marica ten.
Neste mundo cansado non hai ben cumprido nin ben acabado.
Neste mundo pasaremos; e no outro, se ben ou mal o fixemos, xa o veremos.
Non é ben sentenciar sen ouvir ao acusado.
O ben é coñecido cando é perdido.
O ben moi querido logo é perdido.
O ben non é ben coñecido hasta que é perdido.
Obra ben e ponte na mala.
Para o ben facer, mal haber.
Quen ben está ben estea.
Quen ben está non se mude.
Quen ben fai, mal pago terá.
Quen descoñece o ben feito, en nada será de proveito.
Se fas algún ben que grande non fora, fainos máis grandes que o ben nunca sobra.
Se queres ben, faimo ti tamén.
Vaise o ben ao ben i as abellas ao mel
Vale máis ben de cerca ca mal de lonxe.
Bicos e abrazos non fan mozas pero tocan a vésperas.
Bicos e abrazos non fan mozos mais tocan a vésperas.
Chegar e bicar é moito alcanzar.
Dous regañados mal se bican.
Moito che quero, meu bico de poupa; moito che quero por riba da roupa.
Os bicos e as apertas non fan fillos pero fanlles o xeito.
Pensa que non hai máis que chegar e bicar.
A conciencia anda ca comenencia.
A conciencia vaiche na comenencia.
A conciencia é verde, i-o verde cómeno os burros.
Dá o trato por desfeito cando sexa máis o dano que o proveito.
O dano, despois de feito non ten remedio.
Para o dano que está feito xa non hai xeito.
Tanto é pouco como é nada, que non aproveita nin dana.
Unha no ano i esa non ten dano.
Aínda que non durma o ollo, descansa o óso.
Ás veces descansar é o mesmo que folgar.
Cando máis se dorme máis se descansa.
Canto máis se dorme, máis se descansa.
Descansa o corazón contando a súa paixón
Descansar pra non traballar.
Mentres o pau ergue, o corpo descansa.
Mentres o pau vai e vén, descansa o lombo.
Mentres se levanta o pau, descansa o óso.
Non foxe do traballo, foxe do descanso.
O que ben fai a cama, ben descansa nela.
O que dorme sempre, non descansa.
O que quer descansar, ten que saber o que é traballar.
O traballo quer descanso.
O traballo trae o descanso.
Quen fuxe do traballo, fuxe do descanso.
Se non dorme meu ollo, folga meu óso.
Se non tes moito vagar, algo cómpre facer pra descansar.
Sen descansar non se pode traballar.
Tras do traballo vén o descanso mais tamén vén o cansazo.
Tras do traballo vén o descanso.
A desgracia que ha de vir non pode fuxir.
Como as cereixas son as desgrazas, que unhas noutras se engarran.
Desgraciado se vexa o que aos seus despreza.
Desgrazas e malas horas sempre veñen todas.
Dos desgraciados nacen os avisados.
É boa desgraza non ter pra viño e ter que beber auga.
Para os desgraciados fixéronse os infortunios.
Para os desgraciados fíxose a forca.
Unha desgraza nunca vén soa.
Desgraciado se vexa o que ós seus despreza.
Non hai desprezo como o non facer aprecio.
O maior desprezo é non facer aprecio.
O que despreza o oitavo, non chega ao carto.
Quen o pouco despreza, inda menos merece
Quen o pouco despreza, menos merece.
Quen o pouco despreza, pouco ou nada merece.
A dúbida é a nai da ciencia.
A dúbida é o comezo da sabedoría.
Deixalo certo polo dubidoso, non é proveitoso.
Dubida e acertarás.
Máis val o certo que o dubidoso.
Nunca deixe o certo polo que che ofreza dúbida.
O dente mente, a cana engana, a engurra non hai dúbida.
O que máis sabe é o que máis dúbidas ten.
O que non dubida, non cansa o maxín.
O que sospeita, ten a dúbida feita.
O que ten dúbidas, sempre acerta.
Se non te queres equivocar, has de saber dubidar.
Sempre é ben dubidar pra mellor acertar.
Aínda que moito rosmades, a min non me enganades.
Este mundo é un engana bobos.
Na medida chea non hai engano.
No sexas tan aforrador que chegues a engano.
O engano e a laceira andan de feira en feira.
O malo sempre soña en engano.
Pra quen sexa home cristián, sempre ten que haber engano en vender estopa por liño, e gato por lebre e xoana por viño.
Se non queres topar engano oculto, non tomes a vulto.
A quen erra perdóaselle unha vez, mais non tres.
Dun erro nacen douscentos.
Erran os homes e non erran os montes.
Errando depréndese.
Errando, errando vaise pouco a pouco acertando.
No tomar e dar e fácil errar.
O erro sempre é igual: non sabendo, responder; e sabendo, contestar.
O peor do erro é que ás veces trae un cento.
O que fai un erro fai cento.
Quen erra e se emenda, a Deus se encomenda.
Quen erra e se emenda, a non errar se encomenda.
Quen pregunta non erra.
Un erro calquera o ten.
Un erro non vén só.
Val máis errar que deixar de tentar o que se quer lograr.
A longa ausencia trae o esquecemento.
O esquecemento é ás veces pai do remordemento.
O esquecido non é dado nin gracias.
O esquecido non vai por Deus nin polo diaño.
O que de si mesmo se esquece, sete tundas ao día merece.
O que é esquecido non pode ser agradecido.
O que non aparece, esquece.
Primeiro odiado que esquecido.
A boa fama moito mal cobre.
A boa fama tapa o roubo.
A mala chaga sanda e a mala sona mata.
A mala fama mata.
A mala fama roda coma moeda e, a boa, na casa queda.
A sona sen o proveito corre polo mundo a eito.
Abondo ten quen bo creto ten.
Boa fama furto encobre.
Colle boa fama e bótate a durmir, que se a colles mala, non poderás vivir.
Colle boa fama e bótate a durmir.
Colle boa sona e pódeste deitar.
Colle mala fama e ponte a discorrer.
Colle sona e poderás deitarte.
De gran creto dispón quen cumpre súa obrigación.
De pouco che vale a sona, se non levas o proveito.
Fai noventa e nove boas; fai unha mala, i-as noventa e nove non valeron nada.
Fama na praza e fame na casa.
Gana sona e poderás durmir.
Gana sona e poderás deitarte.
Mal vai quen mala fama cobra.
Mal vai quen mala sona colle.
Ninguén ten máis creto co que lle poñen.
Non ten un máis fama que a que lle queren dar.
Non ten un máis sona que a que lle queren botar.
Nunca a mala fama deixa de traer compaña.
O creto dos bos anda na boca dos ruíns.
Pola sona busca a persoa.
Quen ten boa fama tapa, as súas faltas.
Se cobraches mala fama, afánate por quitala.
Se te critican por unha cousa mala, aló che vai a fama.
Uns levan a fama i-outros cardan a la.
Uns teñen a fama e outros o proveito.
A razón non quer forza nin a forza quer razón.
A razón non quer forza.
Contra da forza non hai resistencia.
Contra forza de vilán, ferro na man.
Forza, á forza.
Mellor se atura a forza dos malos que o seu trato.
Nadar, nadar, hasta as forzas acabar.
Non hai prazo que non chegue nin forza que non se acabe.
Razón e forza vencen, forza e razón convencen.
Do que se perde non se ve gozo.
Meu gozo nun pozo.
Non entres no meu fogo e non verás o que eu gozo.
Non hai gozo cumprido, que así que está logrado xa está fuxido.
O que na outra vida queira gozar, neste mundo ten moitas que pasar.
O que non sofre, non goza.
A boa guerra trae a boa paz.
A guerra e a cea comezándoa logo se atea.
A guerra e a pintura, de lonxe.
Ben fala da guerra o que non foi a ela.
Ben fala da guerra o que non vai a ela.
Ben lle parece a guerra ao que está lonxe de ela.
Cada un conta da guerra segundo lle vai nela.
Fala da guerra e líbrate de ela.
Fala da guerra e, se podes, non vaias a ela.
Non é o mesmo falar da guerra que verse nela.
Non hai culpa sen dous donos.
O mellor da guerra é non estar nela.
O que é a guerra, vese nela.
O que non sabe o que é a guerra, que vaia a ela.
O que non vaia á guerra, non morre nela.
O que parvo vai á guerra, parvo volve dela.
A inimigo que fuxe, ponte de prata.
Ao inimigo que fuxe, ponlle ponte de prata.
Ao teu inimigo cómelle o pan e bébelle o viño.
Do inimigo colle o consello.
Dos inimigo, os menos.
O inimigo de home sempre foi o home.
O inimigo honrado, deixalo e non aldraxalo.
O que por lo seu inimigo roga, seguro ao ceo navega.
Quen é amigo do viño, inimigo é de si mesmo.
Quen inimigo teña, mire ben por onde vai.
Quen ten un inimigo, non as ten todas consigo.
Quen teña inimigo, que non durma ou durma pouquiño.
Da ira do señor e da tirria dos pobos, Deus nos libre a todos.
Deus nos día ira que paciencia xa a temos.
Eu te castigaría se non estivese cheo de ira.
Ira de irmáns, ira de marráns.
Para a ira de Deus non hai casa forte.
Vivirás boa vida, se contés a túa ira.
A liberdade non hai quen a pague porque non se sabe o que vale.
A moita liberdade bota a perder ás veces a mocidade.
Máis vale liberdade con pobreza que cadea con riqueza.
O que ten liberdade non sabe o que ten, si é que pensa ben.
A conduta dos homes bos anda na lingua dos homes malos.
A lingua é o que manda máis forza.
A lingua vaia e veña; as mans, secas e quedas.
De lingua todos son valentes.
Lingua de sete palletas, onde non te chaman, non te metas.
Lingua e tempo múdaos o vento.
Moita lingua e poucos feitos.
Moita lingua, pouco proveito.
Non días á lingua, meu rulo, cala e calemos, que todos que calar temos.
A memoria do mal, mal se pode tirar; a do ben, logo se vai.
A un mal, outro igual.
Alá vaias, mal, onde che poñan bo cabezal.
Ao mal mortal ningún médico lle val.
Ao que fai mal, nunca achaque lle ha de faltar.
Ao que mal che quer facer, cóllelle a dianteira se pode ser.
Axeonlleime a chorar ao pé dunha sepultura, e unha vos me respondeu: mal de herdanza non ten cura.
Benia o mal que con durmir se cura.
Cando mal, malditas.
Cando non se sinte o mal, é mala sinal.
Co mal doutro calquera dorme un sono.
Co mal doutro calquera dorme.
Co mal doutro calquera pode.
Con tódolos males un dorme, menos co seu, que non pode.
Cousa de mal é non querer sandar.
Ditoso o mal se vén só.
Do mal, o menos.
Face-lo mal polo ben, non o fagas a ninguén.
Fai mal e agarda outro tal.
Fai mal e agarda que cha han de cobrar.
Mal a filliña que pola ruada deixa a misiña.
Mal alleo, tal mo din, tal o creo.
Mal alleo, tal mo dis, tal cho creo pero o meu síntoo de seu.
Mal con mal, mátase o mal.
Mal de herdanza non ten cura.
Mal de moitos, consolo de bobos.
Mal de moitos, consolo de todos.
Mal de moitos, consolo para outros.
Mal de quen non ten.
Mal é acabarse o ben.
Mal por ben, non se debe volver a ninguén.
Mal por mal, non se debe dar.
Mal por mal, pedra por cabezal.
Mal que non ten cura, querelo curar é loucura.
Mal que se cura comendo, ben o entendo.
Mal sobre mal e pedra por cabezal.
Non comer por ter comido non é mal de perigo.
Non é de agora o mal que non mellora.
Non fagas mal, que é pecado mortal; nin fagas ben que é pecado tamén.
Non fai pouco o que o seu mal bota a outro.
Non hai mal bo.
Non hai mal onde Deus non acuda.
Non hai mal que dure cen anos nin corpo que o aguante.
Non hai mal que dure cen anos nin corpo que o resista.
Non hai mal que cen anos dure nin corpo que o ature.
Non hai mal que cen anos se ature nin ben que moito dure.
Non hai mal que non teña peor.
Non hai mal sen baldón nin baldón sen galardón.
Non hai mal tan grave que non se acabe.
Nunca mal se faga.
O ben e o mal á cara sal.
O mal alleo dá consello.
O mal amorriña e o ben aviva.
O mal corre e o ben dorme.
O mal do miñato: as ás crebadas e o bico san.
O mal do rico: pouco mal e moito trapiño.
O mal do tordo: a cara fraca e o cu gordo.
O mal é acabarse o ben.
O mal e o ben na cara se ven.
O mal entra a brazadas e sae a migallas.
O mal entra como un louco e sae pouco a pouco.
O mal entra por arrobas e sae por onzas.
O mal menos esperado é máis chorado.
O mal que a outro molesta non o tomes ti por festa.
O mal que non ten remedio, esquecelo é o mellor remedio.
O mal sexa pra quen o queira.
O mal voa e o ben soa.
O mal, mal criado fai.
O peor dos males é tratar con animais.
O pouco mal espanta e o moito pesa e cansa.
O que di "ai", mal lle vai, se de risas non-o fai.
O que laia, mal lle vai, se de risas non o fai.
O que mal roga, para si avoga.
O que o seu mal pon a outro, aínda non sabe pouco.
O que seu mal achaca a outro, din que non sabe pouco.
Os males fan amizades.
Os males non precisan que os chamen.
Padezo este mal que me ha de consumir: que despois de farto, bótome a durmir.
Para o mal mortal ningunha herba val.
Para o mal que hoxe acaba o remedio de mañá sobra.
Para o mal que hoxe acaba, o remedio de mañá non basta.
Pouco mal e ben laiado, logo se sinte aliviado.
Pouco mal e ben xemido, pronto é ido.
Pouco mal e ben xemido.
Que mal farás, que a ti non cho fagan.
Quen co seu mal se asaña a si mesmo se engana.
Quen di "¡ai!", mal lle vai.
Quen mal nos queira, no ceo nos vexa.
Quen o seu mal teña por moito cóntello a outro.
Quen o seu mal teña por moito cóntello a outro.
Se fas mal, agarda outro tal.
Se queres que todos che queiran ben, non fagas mal a ninguén.
Seus males espanta o que canta.
Sol que entra pola cabeza, faille mal hasta aos pés.
Tarde e mal son dous males.
Tarde e mal, dúas veces mal.
Vai o mal a onde lle poñen bo cabezal.
Xusto é o mal que vén, se o busca quen o ten.
Aínda que a malicia escurece a verdade, nona pode apagar.
Quen fuxe do seu chan, algunha cousa malicia.
Na maña está a culpa, que a idade non ten ningunha.
Neste mundo hai que saber nadar na tona.
O que colle malas mañas, sempre en malos pasos anda.
O que non ten maña, apaña.
O que ten maña, apaña.
O que ten maña, sempre apaña.
Onde a forza non basta abonda a maña.
Onde non sirve a forza, a maña abonda.
Pra chegar a encher, algunha maña hai que ter.
Quen malas mañas ten, tarde ou nunca as ha de perder.
Quen ten maña, pra todo se apaña.
Vale máis maña que forza.
A alpargata e a mentira, en vez de encoller, estira.
A mentira anda barata.
A mentira de algo é filla.
A mentira e a troita queren ser gordas.
A mentira é de cristal e por ela translócese a verdade.
A mentira e o comprar andan á par.
A mentira e o señor, canto máis grande, mellor.
A mentira logo é collida.
A mentira non paga alcabala e mais hai quen ten conta dela.
A mentira non ten pés e non para de correr.
A mentira non ten pés nin ten cabeza.
A mentira nunca ten moita vida.
A mentira presto é collida.
Á consulta, o que con mentira vai, con mentira volve.
Balisteiro que mal tira, logo argalla unha mentira.
Di mentira e sacarás verdade.
Máis val dicir mentiras que parezan verdades que verdades que parezan mentiras.
Mete mentira e sacarás verdade.
O que quere saber, mentiras nel.
Os cachelos e as mentiras, en quente.
Porque lles digo mentiras ben me queren as veciñas.
Unha mentira ben composta moito val e pouco costa.
Unha mentira de outra tira.
Unha mentira descobre outra axiña.
A mentir logo se aprende.
A quen estea afeito a mentir, non lle dar creto.
A rapaciño mentireiro non perdoes as azoutas.
Ao mentireiro, cando di a verdade, ninguén creto lle dá.
Cae primeiro o mentireiro que o coxo.
Cazadores, xastres e zapateiros son os máis mentireiros.
Faille caso a Mateu que minte como eu.
Máis corre un coxo que un mentireiro.
Mentir con graza quer sabenza.
Mentireiro con graza gusta escoitalo.
Mentireiro con labia quer certa graza.
Mentireiro de graza quer moita labia.
Minte canto quer e esbardalla canto pode.
Na boca do mentireiro o certo faise dubidoso.
No mentir non hai regra.
Non minte, non sabe o que sinte.
O mentir e o compadreo, andan á par.
O mentir non é habilidade senón dicir a verdade.
O mentir pide memoria.
O que compra e minte, a faldriqueira llo sinte.
O que compra e minte, na súa bolsa o sinte.
O que dixo que nunca ninguén pediu, mentiu.
O que merca e minte, a bulsa llo sinte.
O que minte e come pescado, ten que ter moito coidado.
O que paga e minte, a carteira llo sinte.
O que perde algo e di que non o sinte, minte.
O que se vai confesar e mentiu, éralle mellor non ir.
O que sempre minte, nunca engana.
O que vende e mente, a bolsa llo sente.
Onde un ha de ir, non ha de mentir.
Por mentir e andar en coiro non azoutan.
Pregúntalle a Mateu se minte coma eu.
Quen de lonxe vén, mente como quer
Quen di o que sinte, non minte.
Quen me minte non me engana.
Quen minte logo se arrepinte.
Quen paga e mente, a bolsa llo sente.
Unha mentira ben composta, moito amaña e pouco costa.
A mocidade é a mellor idade.
A mocidade moi folgada trae a vellez arrastrada.
Garda no verán da mocidade para o inverno da idade.
Mocidade ben pasada vellez larga e descansada.
Mocidade preguizosa, vellez traballosa.
Mocidade viciosa, vellez traballosa.
Mocidade viciosa, vellez traballosa.
O que de vello engorda dúas mocidades ten.
Cada home ten o seu nome.
Non hai home sen nome nin nome sen renome.
Non hai mellor home que o que responde ao nome.
O bo nome val máis que toda a riqueza para un home.
O nome de Galicia é a nosa máis grande delicia.
O nome dura máis que o home.
O nome vai sempre diante do home.
Os nomes bonitos reclaman as persoas guapas.
Quen fía do nome, non sabe do home.
As malas noticias chegan axiña.
As malas noticias, chegan voando, e as boas, chegan coxeando.
As malas novas andan máis légoas que as boas.
As malas novas sempre son certas.
Deitareime e durmirei; boas novas toparei.
O que trata con mulleres e bestas, nunca lle faltan novidades frescas.
Por saber noticias non vos apuredes: elas serán vellas e vós as saberedes.
A boa obra o mestre honra.
A boa obra que é pedida, xa vai mercada ou ben vendida.
As boas obras páganse con outras e, ás veces, con outras malas.
As obras de cada un logo din quen e.
Cada un é xulgado polos seus feitos.
Con moitas obras boas, pouco se merece; e con unha mala, todo se desmerece.
Diste mundo levarás boas obras, se as fas.
Moitas veces págase unha obra boa con outra mala.
Obra comezada non cha vexa sogra nin cuñada.
Obra comezada xa está case que acabada.
O que sobra métese en obra.
Obra empezada, medio acabada.
Obra de portal, pouco dura se se fai mal.
Obra de un, obra de ningún.
Obra de vilán: tirar a pedra i esconder a man.
Obra empezada, medio rematada.
Se queres boas obras, fainas; e se malas, aténdeas.
Unha obra boa págase con outra.
A boa ocasión pasa unha vez; a mala, dez.
A ocasión chega, chama e foxe.
A ocasión non pasa andando senón voando.
A ocasión píntana calva.
Aos teus semellantes failles o ben que poidas, as ocasións de facer mal, gárdaas todas.
Bo é buscar ocasión para saber a quen se debe e a quen non.
Cando che veña a ocasión, déixate de ser babiolo.
Cando che veña a ocasión, déixate de ser pasmón.
Cando teñas ocasión non te fagas o parvo.
Fuxindo da ocasión non se cae na tentación.
Quen da ocasión non se sabe aproveitar, non se ten de que queixar.
Quen quita a ocasión quita o pecado.
Quen torna a ocasión, torna a tentación.
Ao paisano non lle fagas mal que nono merece, nin ben que non-o agradece.
Ao paisano, comer e beber con el; facerlle pagar e romperlle o xerro na cabeza.
Ao paisano, nin mal, que non o merece; nin ben, que non o agradece.
A bo entendedor poucas palabras lle bastan.
A dúas palabras, tres parvadas.
A mellor palabra é a que queda no corpo.
A palabra son os cornos do home.
A palabras falangueiras, orellas xordas.
A palabras falangueiras, ouvidos xordos.
A palabras lixeiras, orellas pechas.
A palabras loucas, orellas moucas.
A palabras necias, oídos xordos.
A palabras parvas ouvidos de mercador.
A palabras vanas oídos xordos.
A pedra e a palabra non se recolle despois de botada.
Antes falte a palabra na boca que o esterco na corte.
Aqueles que queiras castigar, non os maltrates de palabra.
As boas obras pagan as boas palabras.
As boas palabras aloumiñan; as malas espiñan.
As boas palabras vencen e ganan.
As malas palabras a moitos danan.
As moitas palabras son sinal de poucas obras.
Ás palabras feas, oídos xordos.
As palabras han ser contadas e ben pesadas.
As palabras lévaas o vento.
As palabras son coma as cereixas: unhas noutras se enguedellan.
As palabras son femias e os feitos son machos.
Boas palabras e malas obras hainas ás sobras.
Boas palabras non manteñen.
Calquera palabra non ten resposta boa nin mala.
Cas boas palabras ninguén come.
Coas palabras de doutrina non guisa a cociña.
Dicir un palabras de santo e bota-las unllas como o gato.
Hasta a primeira, por non mentir, que é palabra de cumprir.
Home sabio, poucas palabras.
Máis apaga a boa palabra que caldeiro de auga.
Nin boa palabra nin boa obra.
Nin palabra mala nin obra boa.
Non habería palabra mal dita se non fose mal entendida.
Non hai mellor palabra que a que se cala.
Non hai palabra que pouco ou moito algo non valla.
Non toda palabra quer resposta.
Non valen palabras para a miña tía, que inda das boas obras non se fía.
O que non obedece pola palabra, obedece pola pancada.
Obras falen, palabras calen.
Palabra de boca, pedra de fonda.
Palabra dita e pedra solta non teñen volta.
Palabra dita non pode ser recollida.
Palabra e bala solta non ten volta.
Palabra e pedra solta non teñen volta.
Palabra e perla solta non ten volta.
Palabra fóra da boca é pedra fóra da man.
Palabra por dicir non ten chata.
Palabra por dicir non ten chata.
Palabra que se di, bocado que se perde.
Palabra que se solta non se pode recoller.
Palabras de burro non chegan ó ceo.
Palabras de peso non queren testemuñas.
Palabras de santo feren ás veces como unllas de gatos.
Palabras e plumas o vento as leva.
Palabras sen feitos, gaita sen punteiro.
Palabras sen obras, guitarra sen cordas.
Palabras solas non poñen ó lume a ola.
Quen non se sinte dunha mala palabra, non se sinte dunha labazada.
Sandan as coiteladas e non as malas palabras.
Sandan coiteladas e non malas palabras.
Se a palabra é prata, o silencio é ouro.
Se pola miña palabra me perdo, na miña palabra me cago e me mexo.
Soan coiteladas e non malas palabras.
Unha mala palabra é coma unha coitelada.
Unha mala palabra non racha a roupa, pero esgaza a alma.
Vai a palabra de boca en boca como o vento de folla en folla.
Vaise a pedra da fonda e a palabra da boca, e ningunha ten volta.
A máis non poder, déitase Pedro coa súa muller.
Algo vai de Pedro a Pedro.
Cando Pedro non quere ler, non hai que lle facer.
Dous Pedros e un Xan fan un home cabal.
Dous Xans e un Pedro fan un home enteiro.
Moito vai de Pedro a Pedro.
Moito vos quero Pedro; non digo por que vos quero.
Pedro Pérez e mais o bandullo van os dous ao cabo do mundo.
Pedro, por ti pouco medro; pero espera un pouco, que menos medrarás se eu podo.
Pícame, Pedro, que picarte quero.
Se Pedro non quer ler, non lle hai que facer.
Tal para cal, Pedro para Xan.
Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro.
Tan bo é Pedro como o seu compañeiro.
Vello xa é Pedro para ser cabreiro.
Xa está vello Pedro para pegureiro.
A duras penas, copas cheas.
A máis larga vida máis larga pena.
A pena do morto chega ao horto.
A pesares, tragos, e a penas, cigarros.
As penas hai que roelas.
As penas son para os homes e son para as bestas.
As penas son peores de pensar que de pasar.
As penas, ou acaban ou se acaban.
Bos corazóns matan penas.
Camisa e touca negra non sacan a ánima de pena.
Dis a túa pena a quen non lle apena e quéixaste a nai allea.
Dorme quen dorme e non quen penas sofre.
Entrei salvo de culpa e pena; se pecado tes, pecado che queda.
Esta pena tenme morta, i-esta pena me conforta.
Non é o mesmo pasar a Pena da Marola que ver a Marola con pena.
Non hai mal sen pena nin ben sen boa estrea.
Non hai penas que cen anos duren.
Non por moita mantela negra se saca a ánima de pena.
O que dá o que ten, non merece pena.
O que fai o que pode, non merece pena.
O que non ten penas, invéntaas.
Penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
Pronto chega quen dá pena.
Quen ten penas non dorme.
Quen ten penas, sabe doerse das penas alleas.
Se dis a túa pena a quen non lle apesara, é como se te queixaras a nai allea.
Touca negra non saca ánima de pena.
Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.
Es boa persoa, a cara cho dá.
De persoa atravesada arreda a túa morada.
De persoa trapalleira fuxe á carreira.
Onde non anda a persoa, non fai sombra.
Ben e pracer vanse axiña.
Non hai pracer sen dor.
Por un pracer, cen dores.
A nugalla non come pan nin durme na palla nin viste camisa lavada.
A preguiza arde nun braseiro.
A preguiza é a chave da pobreza.
A preguiza é filla de mal pai.
A preguiza non é filla de bo pai.
A preguiza non veste camisa.
A preguiza nunca bo lume tisna.
A preguiza nunca fixo cousa boa.
Canto máis se folga, máis preguiza.
Canto máis un folga máis preguiza ten.
Corre o fume ao seu lugar e o preguizoso déixase estar.
Home preguiceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Ímonos, ímonos, e nunca nos imos; este éche o trato dos preguiceiriños.
Levantouse a preguiza e puxo lume á casa.
Levantouse o preguizoso e meteu lume á cociña.
Moitas veces se perde por preguiza o que se gana por xustiza.
No verán dos preguizosos inda se sementa o trigo.
O carro do preguiceiro canta baldeiro.
O folgazán fai como a preguiza, que morreu no medio do río por non baixarse a beber.
O fume vaise ao fumeiro e alí faise o preguiceiro.
O home preguiceiro non ten can nin diñeiro.
O preguiceiro nin comerá ben nin terá diñeiro.
O preguiceiro non ten amor ao diñeiro.
O preguizoso sempre está coxo.
O trasfegador non pode ser preguiceiro.
Para o preguiceiro non sirve ningún apeiro.
Para o preguiceiro sempre hai mal apeiro.
Pregoeiro preguizoso, por un paso, vinte e oito.
Val máis que te chamen de nova preguizosa que non de vella achacosa.
A mal dereito, bo preito.
A preito claro non fai falla letrado.
A quen mal queiras preito lle vexas.
A quen mal queiras, en preitos o vexas.
A un mal preito, con retranca dáselle xeito.
Cada preito leva almas ó inferno.
Cen anos de guerra e nin un de preitos.
Cen anos de guerra e non un de preitos.
Cen anos de guerras e non un de preitos.
Con bo preito e con mal preito, o cura e o xuíz tenos sempre de teu xeito.
Con home estudado non disputedes e con probe non preitees.
De dous preiteantes, o que perdeu está sen camisa e o que ganou a está sacando a presa.
En preito claro non é mester avogado.
En preito vexas a quen mal queiras.
Máis vale preitear por pouco que por moito.
Máis val unha mala avinza que un bo preito.
Máis vale un mal axuste que un bo preito.
Non hai preito que non se arranxe nin corno que non se endereite.
Nos preitos, o que gana perde.
O bo preiteante, quedo da boca, listo da perna e aberto da falchoca.
O peor do preito é que de un saian cento.
O preiteante: pé lixeiro, boca calada, sombreiro na man e bolsa aberta.
O preiteante: pico calado, bolsa aberta e pata lixeira.
O preito acabado, peto acabado.
O preito ganado, peto acabado.
O que preitea quer paso largo e bulsa aberta.
O que sempre anda con preitos, ha de saír perdendo.
Os bos preitos son os alleos.
Polo que cabe no peito non hai preito.
Polo que gardo no meu peito non teño preito.
Preito de probe na proba morre.
Preitos non teñas aínda que ganados os vexas.
Preitos non teñas aínda que os ganes.
Preitos teñas e os ganes.
Preitos, nin tortos nin dereitos.
Puxen un preito ao veciño polo derrego dun leiro; comer, comeume todo a curia, pero amolar, amoleino.
Quen de preito se librou, bo preito ganou.
Quen de preitos se librou, boa sorte alcanzou.
Quen preitea, hasta de si mesmo sospeita.
Se queres gañar preitos: boca calada, bolsa aberta, e pé dilixente.
Un preito trae outro.
Val máis cuestión perdida que preito ganado.
Val máis ruín compostura que bo preito.
Apresúrate amodo.
Canta máis présa, máis calma.
Canta máis présa, máis lecer.
Canta máis présa, máis vagar.
A gran présa gran vagar.
As présas nunca son boas.
Moitas veces a présa solo é falta de vagar.
Se tes présa, vaite con calma.
Vísteme con calma que teño présa.
O que ha de ir ben feitiño, non quere présa.
Quen anda a présa, ese tropeza.
O durmir non quer présa e a présa non quer durmir.
A prudencia é nai da cencia.
Onde hai máis prudencia ten que haber máis ciencia.
Onde hai prudencia e boa conciencia sobra a penitencia.
Onde hai prudencia e conciencia non hai que haber prudencia.
Máis vale onza de prudencia que ferrados de ciencia.
A moita paixón non agarda razón.
A razón do máis forte é sempre a mellor razón.
A razón moito pode.
A razón non quer forza, porque a ten de sobra.
A razón non ten máis que un camiño.
A razón patea e a razón porfía.
A razón ten moita forza.
Di a túa razón e non digas quen cha dou.
Hai que ter razón, saber pedila e haber quen a dea.
Máis dana viciosa razón que largo sermón.
Non te empeñes sen razón nin te envaíñes sen honor.
O que debe non ten razón.
Onde está a razón, alí está o galardón.
Para a razón sobra o galardón.
Quen moito rosma, pouca razón ten
A risa demasiada, sinal de cabeza vana.
As risas nunca traen bo resultado.
Do que non reza nin vai á misa, o diaño fai ben a risa.
Ningún faga a risa de min que non caia onde eu caín.
A moita saúde non é virtude.
A saúde é a riqueza dos probes.
A saúde non é coñecida hasta que é perdida.
Ao malo e ó enfermo Deus lle dea saúde hasta que sande.
Bo tesouro ten o que está de saúde ben.
Coa temperanza a saúde é a que máis gana.
Déanos Deus saúde; irémola andando.
Deus dea saúde que traballos non han faltar.
Deus nos dea saúde para ir vivindo.
Esperar saúde na morte allea é cousa fea.
Haxa saúde e diñeiro, que non faltará humor e compañeiro.
Máis vale a saúde que o diñeiro.
O que ten saúde, nunca é probe.
O temor á muller é o comezo da saúde.
O traballo é virtude e o folgar é saúde.
Saúde e alegría, fermosura cría.
Saúde é para o enfermo a alegre cara do médico.
Se queres ter saúde todo o ano, anda ben calzado.
Se tes saúde e queres comer, traballa.
Vese a saúde coñecida cando empeza a ser perdida.
Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.
Non hai segredo que non se saiba tarde ou cedo.
Non hai segredo que tarde ou cedo non sexa descuberto.
O que che encobren, non queiras sabelo, e o que che descobren, teno segredo.
Quen non garda o seu segredo, non pode gardar o alleo.
Segredo a muller confiado, cátao divulgado.
Segredo de dous, sábeo Deus; segredo de tres, sábeo quen quer.
Segredo de tres non chega ao mes.
Segredo entre moitos, malo é de gardar.
Segredo entre tres non dura un mes.
Segredo que de dous é, xa segredo non é.
Segredo que de dous pasa, xa non é secreto.
Un Segredo entre tres non dura un mes.
En lugar de señorío non fagas o teu niño; e se o fai o pai, non-o faga o fillo.
Onde vexas pino, pombal ou ciprés, casa de señorío é.
Señorío probe, señorío podre.
Señorío sen rendas non dá para mantenza.
Señoríos vellos e de pouco rango, máis que señoríos, son señoritangos.
A sono de peixe morto nunca morreu caldeirada.
Mal sono dorme aquel que veleno come.
Mal sono dorme quen veleno colle.
Males alleos non privan do sono.
O sono mantén.
Para o moito sono non hai xergón duro.
Se tes sono, bótate ao forno.
Se tes sono, vaite para o forno.
Soñar durmindo ou soñar esperto, é come andar a rolos ou dando voltas por un deserto.
Sono de abril déixallo ao teu fillo durmir.
Sono de maio, déixao para o teu criado.
Un sono saca outro sono.
A sorte da fea a fermosa a desexa.
A sorte do pobre é andar a pedir.
A sorte e a muller cambian.
A sorte non é para quen a busque.
A sorte non está en quen a busca senón en quen a encontra.
Cando un está de sorte, hasta a muller lle pare doutro.
Deus nos dea sorte, que o saber pouco nos vale.
Ninguén está contento ca súa sorte.
Non vale buscar a sorte senón que a sorte busque a un.
O que anda cas meigas, ten máis desgracia que sorte.
O que che tocou en sorte non teñas por forte.
O que non ten sorte, hasta ca manteiga fresca lle can os dentes.
O que non ten sorte, na cama parte as pernas.
O que non ten sorte, na cama se escalaza.
O que ten sorte hasta na cama se espadoa.
O que vai á casa das meigas, ten máis desgracia que sorte.
Os balugas, todos ten sorte.
Sorte do que ten e probe do que o ten que buscar.
Sorte teñas, fillo, que o saber non sempre vale.
Teñas moita sorte e o saber pouco che importe.
A moitos debe temer aquel a quen moitos temen.
As veces val máis temer que ser temido.
Máis quero pouco con pouco medo que moito con temor de perdelo.
O que de moitos é temido, a moitos ten que temer.
O temor é o máis fero dor.
O temor sempre sospeita o peor.
A temperanza é media vida.
O bo tempero é pai do bo goberno.
O tempero quer siso e quer tempo.
O tempero vai no amaño.
De facer testamento, faino a tempo.
Testamento non é enterramento pero é presentimento.
Dúas testemuñas falsas matan un home.
Escápate da bulla si non queres ser testemuña nin parte.
Máis vale unha testemuña de vista que un cento de ouvidos.
O inimigo nunca fará bo testemuña.
Onde vires bulla escápate, se non queres ser testemuña nin parte.
Ao ir ou volver do traballo, abrigo levarás sempre contigo.
Bo traballo é traballar cando a ganancia é pouca.
Cada traballo fai o seu callo.
Como alegra o que sen traballo se gana e sen traballo se aumenta!
Detrás do traballo vén o pago.
Deus de traballo a todos menos ó verdugo.
Non hai atallo sen traballo nin rodeo sen paseo.
O moito traballo quer a moita mantenza.
O moito traballo trae o moito gasto.
O que o traballo non quere facer, non debe comer.
O traballo ben feito, ben parece, e quen-o fai algo merece.
O traballo cansa pero non mata.
O traballo de Pascua arde como ascua.
O traballo dos pequenos é pouco, e o que o despreza, un louco.
O traballo dos rapaces é pouco, e quen o perde, moi louco.
O traballo e o saber, o cortello fan valer.
O traballo é sagrado, nunca o toques.
O traballo ennobrece.
O traballo espera un polo outro.
O traballo non mata, pero amansa.
Os traballos con pan son mellores de levar.
Quen manda e fai, ten dous traballos.
Quen queira traballos, que os busque e que lle aproveite.
Quen traballos pida, que malos traballos o perigan.
Segundo é o tratiño será o traballiño.
Sen traballo non hai nada.
Traballo comezado é medio rematado.
Traballo feito non corre presa.
Traballo feito non pide nada ao por facer.
Traballo feito non pide présa.
Traballo feito, traballo pagado.
Traballo pagado, ben traballado.
Traballo para non morrer de fame e mátome a traballar; pois é mellor deixarse estar.
Traballo precipitado non pode dar resultado.
Traballo sen proveito é facer o que xa está feito.
Traballo ten a raposa cando anda aos grilos.
Traballo, perseveranza e saber son as fontes do haber.
Ao mal uso créballe a perna.
Cada país ten seu uso e cada roca seu fuso.
Do uso nace o abuso.
En cada nación hai o seu uso e cada roca ten o seu fuso.
En cada roca seu fuso i en cada país seu uso.
Fai máis o vello co uso có novo co fuso.
Na usanza sempre hai algo de señorío.
O que se usa, non se escusa.
O uso é mestre de todo.
O uso fai mestres.
O uso trae o abuso.
Polo usanza non vén ningún aldraxe.
Por non perder o uso, leva a roca o fuso.
Quen usa, non abusa.
Todo quer uso e a muller quer roca e fuso.
Usa e serás mestre.
A vellez é nenez.
A vellez mala enfermidade é.
A vellez non ten cura.
A vellez nunca vén soa.
A vellez ten mala cura.
Á vellez veñen todas.
Á vellez, chagas e furunchos.
Á vellez, estudar, para morrer antes de acabar.
Desprezar a vellez é unha baixeza.
A aventura na barca: a mocidade traballada e a vellez queimada.
A boa ventura nunca moito dura.
A boa ventura pouco dura; a mala tarde se acaba.
A mala procura trae a mala ventura.
A quen se muda múdaselle a ventura.
A ventura corre máis que o cabalo e a mula.
Cada parto, unha ventura.
Cando a ventura chega a unha casa, botala fóra é parvada.
Cando é máis grande, a ventura é menos segura.
En terra de mala ventura, se con chuvias se fai, dura.
Nace a criatura coa súa ventura.
Ninguén chega a ver a ventura que quer.
Ninguén pode saber a ventura que ha ter.
Ninguén esperte a mala ventura cando esta durma.
O vento e a ventura pouco dura.
Quen menos a procura, topa ás veces máis ventura.
Se a ventura é moita, hasta as augas se trocan en troitas.
Ten ás veces máis ventura o que menos a procura.
Traballo é a mala ventura e máis traballo é cando dura.
Tras mala procura vén a mala ventura.
Vento e ventura moito non duran.
Vento, riqueza e ventura non son cousa segura.
Ventura che dea Deus, que o saber pouco che abonda.
A verdade adelgaza, pero non creba.
A verdade é aceda e a mentira é doce.
A verdade é filla da caridade.
A verdade é filla de Deus e afillada do demo.
A verdade dá por encima de todo.
A verdade é coxa, pero chega.
A verdade é unha.
A verdade foxe dos currunchos.
A verdade fura as paredes.
A verdade non perde por nena nin a mentira gana por vella.
A verdade non ten máis que un camiño.
A verdade sempre trunfa.
A verdade ten forza porque non se creba.
A verdade ten moita forza.
As verdades sempre amargan.
As verdades son dos homes e as mentiras das mulleres.
Máis vale dicir verdades que parezan mentiras que mentiras que parezan verdades.
Para verdades, o tempo.
Quen di a verdade, nin peca nin minte.
Quen non crea a verdade, verdade non dirá.
Quen verdade non me cre, verdade non me di.
A curiosidade é a mai de tódolos vicios.
A ociosidade é a nai de tódolos vicios
A sangre hérdase i-o vicio pégase.
Detrás do vicio vén o fornicio.
Non hai manxar que non aburra e vicio que non enfade.
O moito durmir é un vicio.
O vicio trae o fornicio.
Vicio collas que non tollas.
Vicio poñas que non tollas.
A boa vida bo cabalo cría.
A boa vida engurras tira.
A boa vida non quer présa.
A ese paso a vida éche un sopro.
A vida do pobre é moi sonada.
A vida do pobre, andar a pedir.
A vida é moi cara; haina máis barata, pero non é vida.
A vida hai que levala a tragos.
A vida mal pasada trae a vellez pesada.
Boa vida engurras e fame tira.
Boa vida pai e nai esquece.
Cando está de vida, auga fría fai medicina.
Dáte boa vida e temerás máis a caída.
É unha boa empanada a vida do que non ten nada.
En esta vida caduca, o que non come manduca.
Esta vida non é nada.
Media vida é a candea; pan e viño é outra media.
Non esquezas que a vida tela perdida.
Non hai mellor vida ca de quen non ten nada.
Non hai vida como a dun só, levándose ben.
Non hai vida que non estea perdida.
Non hai vida que non sexa rifada.
O que a longa vida chega, moito viu e máis espera.
O que pon a súa vida en consellos, un dille que é branco e outro dille que é vermello.
Para pasar boa vida, cabalo de militar, can de rico, servizo de garda civil ou chaqueta de camiñeiro.
Porfiar e gastar a vida, dúas perdas a un tempo.
Reprende as vidas alleas co teu exemplo e non co teu entendemento.
Se na vida queres gozar, terás que oír, ver e calar.
Tanto che quero, tanto che adoro, que non che quito a vida porque non podo.
Val máis onza de boa vida que fanega de sabedoría.
Vida de can, fame que rapas.
Vida pasada non é acordada.
Cando dúas vontades están conformes, de pouco serven os remordementos.
De boas vontades está o inferno cheo.
Non falle vontade que lugar e tempo non faltará.
Non hai mellor riqueza que a vontade contenta.
Non hai peor dificultade que a pouca vontade.
Aínda que che son Xan Palomo, só como como como.
As contas de Xan son como as fan;e as de Pedro, como as teño.
Bo é que foi Xan; peor se fora seu irmán.
Fainas Xan e págaas Pedro.
Gábate, Xan, que se non te gabas, non te gabarán.
Moito madruga Xan de Guedella, moito madruga e tarde aparella.
Tanto é "Xan, velas" coma "velas, Xan".
Tanto ten Xan coma Xulián.
Tente, Xan, que máis che darán.
Xan andábache no monte ca súa capa remendada; anda, Xan, anda que o que mal anda, mal acaba.
Xan calado é bo home.
Xan da Guedella moito madruga e tarde aparella.
Xan de Guedella cedo madruga e tarde aparella.
Xan Portal, o mesmo lle dá ben que mal.
A moita xente é boa para o rei.
A xente non dorme sempre.
A xente nova toda é boba.
A xente, para coñecela, hai que vivir con ela.
Ábrete miña boca, estarrícate meu rabo, Deus me ampare, portas abertas e xente de pouco coidado.
Ande eu quente e que se ría a xente.
Boi e vaca escorneador e xente de señorío, canto máis lonxe, mellor.
Cre con cre, le con le, xente con xente i o zorro cas galiñas.
De xente murona, líbreme Deus
Dicir unhas veces torto e outras dereito, é de xente de mal xeito.
Fume e malas caras sacan á xente da casa.
Non hai máis mala xente que os homes e as mulleres.
Non hai xente como a nosa nin festa máis rumbosa.
Non quero vida nin tratos con xente espanta-bexatos.
Onde xente vive, xente pode vivir.
Para aldraxar e para berrar non hai coma a xente do mar.
Para traballar, xente nova e roupa vella.
Sábeo Vicente e sábeo toda a xente.
Se podes ter xente túa, irás arriba sen grúa.
Segundo é a xente, é o presente.
Taberna sen xente ben pouco vende.
Xente baldeira, campás de pau.
Xente cativa, logo amiga.
Xente con xente i o zorro coas pitas
Xente de tralla, mala canalla.
Xente de zocos, tropa do demo.
Xente miúda, farelo, farelo.
Xente moza e leña verde, todo é fume.
Xente nova, con pouco se emboba.
Xente nova e besta vella acaban coa terra.
Xente nova é caudal e a vella non o vale.
Xente nova e leña verde todo é fume.
Xente nova e leña verde, todo é fume e non arde.
Xente nova e leña verde, todo se volve fume
Xente nova e pan mol, moito na mau e pouco no fol.
Xente nova e rama verde, todo é fume.
Xente nova e rama verde, todo se volve fume.
Xente nova e roupa vella, todo o mundo prende nela.
Xente nova igual ás campás de pau.
Xente nova non garda o rego.
Xente nova non ten siso, nin na cabeza nin nos pés.
Xente nova non ten xuízo, nin na cabeza nin nos pés.
Xente nova, toda é boba.
Xente nova, tropa do vento.
Xente nova, xente boba.
Xente parada non gana nada.
Xente ruín non periga.