san Adrián
5 de marzo / 8 de setembro
5 de marzo / 8 de setembro
Por san Adrián estrea un vestido do color do azafrán.
Por san Adrián sécalle a primeira raíz ao pan.
13 setembro
Das romaxes de xaneiro San Amaro é o primeiro.
Ao pasar san Amaro trompos ao faiado.
Polo san Amaro planta o teu nabo.
Por san Amaro, trompos ao tellado.
San Amaro é amigo da neve.
13 xuño
As coles de san Antoniño manteñen ao amo e mais ao veciño.
Cando San Antón trae herba, a colleita vaise a merda
Dezasete de xaneiro san Antón verdadeiro, i-a súa festa lle fan o día trece de san Xoán.
Dezasete de xaneiro, San Antón verdadeiro.
En chegando san Antón, galiña, pon, e se non, retorsión.
En san Antón a galiña pon.
O san Antón é o santo das nenas, porque ao casalas reméndalle as penas.
O san Antón verdadeiro, dezasete de xaneiro.
Polo san Antón hasta o galo pon.
Polo san Antón toda galiña pon.
Polo san Antón toda galiña pon; pola Candeloria, a boa e a mala.
Polo san Antón xa a pita pon.
Polo san Antón, ás cinco e con sol.
Por san Antón xa a galiña pon.
Que non pase san Antón no cortello o teu cebón.
San Antón benditiño non come nin bebe i-está gordiño.
San Antón de xaneiro, o dezasete é o verdadeiro; san Antón de san Xoán é un mentirán.
San Antón Lacoeiro, 17 de Xaneiro, a súa festa lle fan o 13 de San Xoán.
San Antón vello e tristeiro convida as rapazas ao rezadeiro.
San Antón verdadeiro, dezasete de xaneiro, i-a súa festa lle fan día trece de san Xoán.
San Antoño i-o lobo ao pé.
Se non chove día de san Antón, chove día de san Xoán.
30 novembro
A san Andrés (de Teixido) van dous e veñen tres: milagres que o santo fai.
A San Andrés de Teixido hai que ir de morto ou de vivo.
A San Andrés de Teixido hai que ir morto ou vivo.
A San Andrés vaite outra vez.
A San Andrés, quen non vai de vivo unha ves, vai de morto tres.
Chegando o san Andrés, o viño novo anexo é.
En san Andrés, pa ben ser, cheos tres.
Meu santiño san Andrés, como lle foi non llo sei: fomos dous e vimos tres.
Na irmandade de san Andrés entran dous e saen tres, e na de san Francisco saen cinco.
O que de morto non vai a San Andrés de Teixido, é porque foi de vivo.
Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
Polo san Andrés mata o teu porco como é.
Polo san Andrés mata o teu porco como o tes.
Polo san Andrés o viño vello anexo é.
Polo san Andrés, a neve nos pés.
Polo san Andrés, trompos outra ves.
Por san Andrés mata a túa res.
Por san Andrés mata o porco o que ten tres.
Por san Andrés o viño novo vello é.
Por san Andrés toma o porco polo pé.
Por san Andrés, friaxe nos pés, e non friaxe sequeira, senón mollada e con auga teimosa.
Por san Andrés, trompos ao cordel.
San Andrés de Teixido, do morto fai o vivo.
San Andrés trae a vela e san Xoán a leva.
24 agosto
A que en san Bartolomeu non vela, non fai boa tela.
Do santo queimado (San Lorenzo10 de agosto) ao santo esfolado. (San Bartolomé)
O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu.
O millo por san Bartolomeu espiga para ti e para eu.
O millo que barba diante do san Bartolomeu, inda é meu; o que barba despois, é dos bois.
O millo que madura antes de san Bartolomeu é meu, i-o que madura despois, é dos bois.
Polo san Bartolomeu, en cada marco seu.
Polo san Bartolomeu espiga o meu e mais o teu.
Polo vinte e catro de agosto san Bartolomeu deixa o demo solto.
Por san Bartolomeu a chuvia arrea.
Por san Bartolomeu colle o porco polo pé.
Por san Bartolomeu di o inverno: "Aló vou eu".
Por san Bartolomeu, chuvia arreo.
11 de xuño
Día de san Bernabeu, nin na terra nin no fardel.
Polo san Bernabeu saca o millo do fardel.
20 de agosto
Polo san Bernardo entra o sol polo furado.
Ares torto, ares dereito, ara polo san Bieito.
En san Bieito, portas ao seu sitio.
O cuco, san Bieito o trae e san Bieito o leva.
Por san Bieito sae o cuco do seu sitio.
San Bieito da Cova de Lobo, hei de ir alá, miña mai, si non morro.
San Bieito rega a eito, Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote.
Vénse no san Bieito Marzán, vaise no san Bieito do verán.
3 febreiro
Polo san Brais non mires para atrás.
Polo san Brais xa ti me verás.
Polo san Brais, tres horas máis.
Polo san Brais, hora e media máis, i-o que ben ha contar, dúas lle ha de atopar.
Por san Brais teñen os días dúas horas máis.
Se chove día de san Brais, pérdese a colleita das peras e das mazás.
Se chove o día de san Brais, chove trinta días máis.
29 setembro
Os que a San Campio van, ou teñen o demo ou non teñen pan.
9 nadal
Polo san Ciprián, castañas maduras na man.
23 novembro
Polo san Clemente ábrelle a man á semente.
Por san Clemente ergue a man da semente.
10 xullo
Aí vén san Cristovo co seu covo.
Cristovo co seu covo, santa Mariña coa súa regadiña, Santiago co seu canado, san Lourenzo co seu
O millo por san Cristovo ten que lle cubrir a ala ao corvo.
Polo san Cristovo o millo tapa ao corvo.
Por san Cristovo o millo tapa a ala ao corvo.
Por san Cristovo o millo tapa ao corvo, e por santa Mariña tapa a galiña.
Por san Cristovo xa o millo cubre o corvo.
Por san Cristovo xa o millo está para o covo.
Por san Cristovo, millo ao covo.
Por san Cristovo, o millo ao covo.
San Cristovo co seu covo.
Vén aí san Cristovo co seu covo.
Vén san Cristovo no seu covo.
26 de setembro
Lúa de san Cosme e Damián, que xuntos veñen e xuntos van.
Polo san Damián ten o millo da túa man.
San Cosme e san Damián, xuntos veñen e xuntos van.
26 de decembro.
O día de san Estevo córtalle o rabo ao teu becerro.
30 de maio
Día de san Fernando, sae do seu sitio o bando.
O día de san Fernando sal a mosca do seu bando.
San Fernando abra a porta ás moscas.
4 outubro
A ración de san Francisco, tanto chega para catro como para cinco.
En san Francisco debes recordar recoller o que has de cebar.
Na semana do san Francisco, nin palla nin cisco.
San Francisco trae a vela e san Xosé a leva.
5 de outubro
Por san Froilán aínda é verán.
Para que medre ben o pan, seméntao por san Froilán.
San Froilán, mete a rella e tira o pan
Se sementas na semana de san Froilán, o centeo sairache mosquiteiro.
15 maio
Polo san Isidro acaba o paxaro de facer o niño.
Polo san Isidro sementa-lo millo.
O que rapa a ovella antes do san Isidro, rapa a mai e mais o fillo.
O que rapa antes de san Sidro, rapa a mai e mais o fillo.
10 agosto
A chuvia por san Lourenzo sempre chega a tempo.
Aí vén san Lorenzo co seu caldeiro penzo.
Auga de san Lourenzo chega co seu tempo.
Auga de san Lourenzo sexa moi ben vida, tan pronto derramada como sorbida.
Auga por san Lourenzo chega a tempo.
Auga por san Lourenzo chega co seu tempo.
Non hai ourego coma o de san Lourenzo.
O día que cae o queimado, cae o apostolado.
Polo san Lourenzo, ou auga ou vento.
Por san Lorenzo i-a Peregrina vén o inverno encima.
Por san Lourenzo i-a Peregrina, o inverno encima.
San Lourenzo sempre vén co seu caldeiriño penzo, san Cristovo co seu covo e santa Mariña coa súa regazadiña.
18 outubro
Na semana do san Lucas suca, boi, suca
Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba.
Polo san Lucas saben as uvas, porque hai poucas ou ningunhas.
Polo san Lucas saben as uvas.
Polo san Lucas saca o boi da asuca, en Chantada i-Aragón, que en Camba e Deza non.
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as uvas.
Por san Lucas, os bois ás sucas.
1 xaneiro
Por san Manuel estrea un vestido do color do caravel.
25 abril
A cabaza en san Marcos, ou nacida ou no cacho.
A liñaza por san Marco, nin nada nin no saco.
O liño por san Marcos, nin nacido nin no saco.
As cabazas polo san Marcos, ou nacidas ou no cacho.
Día de san Marco, nin nado nin no saco.
En san Marcos sementa os garavanzos.
O millo polo San Marcos nin nado nin no saco.
Polo san Marcos, nin no saco nin nos agros.
Por san Marcos, auga nos charcos.
O día de san Marcos, nin nado nin nos cachos.
11 novembro
A cada cocho lle chega o seu san Martiño.
A cada porco lle chega o seu san Martiño.
A cada porquiño ben lle chega o seu san Martiño.
A cada porquiño chégalle o seu san Martiño.
A horta de outono mantén o seu dono, i-a de San Martiño, o dono i-o veciño.
A horta de san Martiño mantén o dono a mais o veciño.
A pasar san Martiño, cada día seu ferradiño.
A todo porco lle chega o seu Sanmartiño.
A todo porquiño chégalle o seu sanmartiño.
A tódolos santos lles chega o seu día, i-a todos os porcos o sanmartiño.
Ao chegar o San Martiño, mátase o porco, e bébese o viño.
Ao vir san Martiño, o abrigo, noces e pantrigo.
Ata san Martiño pinga o ramalliño; despois do san Martiño, fame e frío.
Cada porquiño fai o seu san Martiño.
Cada porquiño ten o seu san Martiño.
Cada san Martiño, o seu porquiño.
Cando chega o san Martiño, xa se proba o bo viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do san Martiño.
Despois de san Martiño deixa a auga e bebe o viño.
Día de san Martiño proba o teu viño.
En san Martiño mato o porquiño.
En san Martiño, cada día un ferradiño.
En san Martiño, trompos ao camiño.
Hasta san Martiño pinga a folla; despois de san Martiño, fame e frío.
Hasta san Martiño, pan e viño; de san Martiño en diante, frío e fame.
Hasta san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.
No día de san Martiño abilla o teu viño.
No mes de san Martiño mata o teu porquiño.
No san Martiño remonta cada día un ferradiño.
No san Martiño, nin fabas nin viño.
Non hai carneiro que non lle chegue o seu sanmartiño.
Non hai san Martiño sen o seu corto veranciño.
O día de san Martiño proba o teu viño.
O San Martiño trae a neve no fociño.
O verán de san Martiño dura mentres o can lambe o fociño.
O verán de san Martiño é moi pequeniño
O verán do san Martiño trae o demo no fociño.
O veranciño de san Martiño, ás veces, dura una hora.
Polo san Martiño andan as formigas polo camiño.
Polo san Martiño bebe viño e mata o porquiño.
Polo san Martiño deixa a sacha e colle o fouciño.
Polo san Martiño fuxe a nebra da serra.
Polo san Martiño mata o porco e bebe viño.
Polo san Martiño mátase o porco e acábase o vello touciño.
Polo san Martiño proba o teu viño, a ver se lle pasou o acediño.
Polo san Martiño probo o viño.
Polo san Martiño tapa o viño.
Polo san Martiño todo o mosto é viño.
Polo san Martiño vende o teu viño, antes a pipeiro que a taberneiro.
Polo San Martiño, fai lume e quenta o fociño.
Polo san Martiño, trompos ó camiño; polo san Andrés, trompos outra ves.
Polo san Martiño, veranciño; por santa Isabel, inverno a encher.
Polo Sanmartiño mata o teu porquiño.
Por san Martiño di o inverno: "Alá vou eu”.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
Por san Martiño non se recolle fabas nin liño.
Por san Martiño non sementes fabas nin liño.
Por san Martiño pousa o sacho e colle o fouciño.
Por san Martiño recolle o millo e planta o viño.
Por san Martiño xa se coñece o bo viño.
Por san Martiño, nin fabas nin liño.
Por San Martiño, nin fabas nin viño.
Por san Martiño, trompos ao camiño; pola Pascua, trompos á ascua.
Quen queira comer allo fino, que o poña por san Martiño.
San Martiño e xaneiro teñen algún tempero.
San Martiño mata o porco e proba o viño.
San Martiño sempre quer o seu granciño, anque sexa pequeniño.
San Martiño sempre quere o seu graíño.
Tras o veranciño de san Martiño, chega Nadal co seu inverniño.
Verán de san Martiño ben pode durar mentres un can atravesa o camiño.
Verán de san Martiño, grande ou pequeniño.
Veranciño de san Martiño ha de vir, sexa grande, sexa pequeniño.
Veranciño de san Martiño, se ha de vir, sexa grande ou pequeniño.
21 setembro
Augas verdadeiras, por san Mateo as primeiras.
Augas verdadeiras, as de san Mateo as primeiras.
Día de san Mateo, vendima ti, vendimo eu.
Hasta o san Simón non sabes se hai pan ou non, e polo san Mateo, en cada marco o seu.
Polo san Mateo, nabos en cada esquina o seu.
Polo san Mateo sementa ti e sementarei eu; polo San Miguel semente quen puider; e polo San Lucas saca
Por san Mateo non hai setembro sereno.
Por san Mateo sementa ti e eu.
Por san Mateo, en cada esquina o seo.
Por san Mateo, en cada esquina o seu.
Por san Mateo vendima ti, vendimo eu.
14 maio
O san Matías anda co Entroido ás porfías.
Polo san Matías, igual as noites que os días: o sol nas sombrías e quentes as augas frías.
Polo san Matías, marzo aos cinco días.
Polo san Matías comezan as enxertías.
Por san Matías cantan as cotovías.
San Matías anda co Entroido ás porfías, e con todas súas artes non puido sacalo do martes.
San Matías cas súas artes fai caer o Entroido en martes.
29 setembro
Chuvia por san Miguel pouco tempo ha poder ser.
Chuvia por san Miguel, pouco tempo a podes ver.
De san Miguel para riba non se sinala a vendima.
Desde a Virxe de agosto a san Miguel nunca debera chover.
Despois de san Miguel vai ós figos quen quere.
Do tempo de san Miguel, Dios nos libre del.
En san Miguel hai mel.
En san Miguel, de esperanza; en san Xoán, de mudanza.
Nin merlo branco nin san Miguel ruín.
Nin merlo branco, nin setembro ruín.
O que vendima en san Miguel, bebe ben.
Onde san Migueliño non madura, agosto non leva a culpa.
Polo san Miguel quítaselle o tarambollo aos cas e pónselle aos oficiais.
Polo San Miguel, sabe o touciño a mel.
Por san Miguel colle o cesto e o caravel.
Por san Migueliño seca o regueiriño.
Quen en san Miguel esterca, dende a casa rega.
Quen en san Miguel esterca, dende a casa sega.
San Miguel das cereixas, tarde vés e pouco deixas.
San Miguel das uvas maduras, moito me tardas e pouco me duras.
San Miguel das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.
San Miguel das uvas, tarde vés e menos duras.
San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.
San Miguel pese como queira, a romana ha de da-lo seu.
San Miguel sempre trae o seu tonel.
San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco nos duras! Se nos viñeras dúas veces ao ano, quen nos tusira de gordos e sans!
San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras; se dúas veces ao ano viñeras, moito ben nos deras e moitos favores tamén nos fixeras.
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardas e pouco me duras.
San Migueliño das uvas maduras, tarde nos veñen e pouco maduras.
San Migueliño das uvas, tarde vés e pouco duras.
San Migueliño das uvas, vés tarde e pouco duras.
San Migueliño sempre trae o seu airiño.
Se queres mel, por san Miguel.
Se queres ter abellas, míraas polas Candeas; se queres ter mel, míraa polo san Miguel.
29 xuño
De aquí a san Pedro o viño ten medo.
De san Pedro a san Xoán solo cinco días van.
De san Pedro a san Xoán te-la conta na man.
Deica san Pedro o viño ten medo.
En san Pedro o viño ten medo.
En san Pedro, portas ó medio.
Hasta san Pedro o viño ten medo.
Na noite de san Pedro, cada galo no seu galiñeiro.
O día de san Pedro cáelle ao pan a raís do medio.
O día de san Pedro, torbón e medio.
Polo san Pedro abre o rego.
Polo san Pedro leva a fouciña ó ferreiro.
Polo san Pedro xa teño trigo e non teño medo.
Polo san Pedro, burro quedo.
Por san Pedro anda pastor co seu rabaño.
Por san Pedro da Cadrela sal a cóbrega da súa pedra.
Por san Pedro e san Paulo, riqueza no campo.
Por san Pedro tírate ao río sen medo.
Por san Pedro xa é burro e medio.
Por san Pedro, coller no centeo.
Que grande que pequeno, dáme a renda por san Pedro.
Sáchesme tarde, sáchesme cedo, réndame polo san Pedro.
San Pedro e san Helices creban o pan polas raíces.
San Pedriño, san Pedrán, polo teu santo empeza a haber a primeira mazá.
Se cuca o cuco despois de san Pedro, cava sen medo.
Se chove o dia de san Pedro Fiz, castañas fermosas e nabos ruíns.
31 de agosto
Polo san Ramón anda o verán "me vou, non me vou".
Polo san Ramón, trompos ao caixón.
Por san Ramón saca o vestido do arcón.
Por san Ramón, un garrafón; por Santiago, un canado.
16 de agosto.
Pasados os Remedios e san Roque xa non hai sesta nin merendote.
Pasou o san Roque, pasou o dormiñoque.
Polo san Roque quédase o inverno tras da capela.
28 outubro
A semana do san Simón quita os bois do temón.
As cheas de san Simón sonadas son.
As enchentes de san Simón, ou antes ou despois, sonadas son.
Polo san Simón aperta o baldón.
Polo san Simón che direi quen ten nabos e quen non.
Polo san Simón eu che direi se hai nabos ou non.
Polo san Simón saca os bois do temón, nos altos, que nos baixos non.
Por san Simón proba o viño, e o porco por san Martiño.
Por san Simón solta os bois do temón.
Por san Simón suca, varón, que pasa sazón.
Por san Simón suca, varón.
San Simón aperta o baldón.
25 xullo
A auga de Santiago fai vir o millo ao agro.
A chuvia de Santiago trae o millo ao agro
O Santiago co seu cañado i-o Santiaguiño co seu canadiño.
O Santiago nunca faltou co seu canado
Santiago co seu canado, Santiaguiño co seu canadiño.
En Santiago e agosto, troupelear, que este é o tempo do liño mazar.
Polo Santiago, sulfato.
Por moito que queira parecer, en Santiago pouco ha de chover.
Por moito que queira ser, por Santiago pouco ha chover.
Por Santiago arden as tellas dos tellados, por fora, que non por embaixo.
Por Santiago esconde o conexo o rabo.
Por Santiago non hai cabalo malo e hasta o burro é cabalo.
Por Santiago o bo nabo ha de estar sementado.
Por Santiago o galiñeiro rematouse por enteiro.
Por Santiago, sol hasta o cabo.
Santiago xa pasou, Nosa Señora xa vén vindo: ala, galeguiños, vámonos indo.
Santiago zapatán, todo o mundo anda a preguntar por el.
21 diciembre
O que non come san Tomé, cómeo o santo que está ao pé.
O que non come Santo Tomé, cómeo quen está ao seu pé.
O que non quere o santo Tomé, quere o santo que está no pé.
Polo san Tomé agarra o porco polo pé e, se non está ben gordo, dálle á ama co remexedoiro.
Polo san Tomé agarra o porco polo pé.
Polo san Tomé colle o rancho polo pé, antes para matar que non para deixar, e se non está gordo, corre tras da ama co rebolo.
Polo san Tomé dálle ao cocho polo pé; se di "cué cué", dille que tempo é.
Por Santo Tomé toma o porco polo pé.
Santo Tomé agarra o cocho polo pé
5 abril
O día de san Vicente plántase de novo a semente.
Polo san Vicente perde o inverno un dente.
Polo san Vicente pon os nabos da semente.
Polo san Vicente recolle a semente.
Por san Vicente planta os nabos da semente.
San Vicente da Codela, sae a cobra de baixo da terra.
Polo san Vicente toda a auga é semente.
Sábeo san Vicente e sábeo toda a xente.
24 xuño
A auga de san Xoán leva o viño e non dá pan.
A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
A auga en san Xoán faille moito ben ao pan.
A chuvia do san Xoán quita o viño e non dá pan.
A chuvia en san Xoán tolle o millo e non dá pan.
A chuvia en san Xoán tolle o viño e non dá pan.
A fame de pan traia a auga do mes de san Xoán.
A mera de san Xoán leva o viño e non da pan
A mera de san Xoán leva o viño e non deixa o pan.
A mera de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
A mera no san Xoán leva o viño e mailo pan.
A reixa de san Xoán, moitos o saben e poucos a dan.
As nove en san Xoán con día dan.
Auga de san Xoán tolle viño e non dá pan e tira o aceite no chan.
Auga en san Xoán quita liño e non dá pan.
Auga en san Xoán tolle trigo e non dá pan.
Auga por san Xoán tolle o viño e non dá pan.
De san Pedro a san Xoán solo cinco días van.
De san Pedro a san Xoán te-la conta na man.
De san Xoán a san Pedro aperta, mancebo.
De san Xoán a san Pedro cinco días van no medio.
Día de san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan, día de san Pedro e mais de san Paulo sécalle a do medio e mais a do cabo, e día de santa Isabel colle o fouciño e vai segar el.
Do san Xoán ao san Miguel, nin misa nin rosario nin muller.
Do san Xoán ó san Pedro bótalle a conta no dedo.
En san Xoán a auga tolle o millo e non dá pan.
En san Xoán a mexada de un can.
En san Xoán as dez da tarde con día dan.
En san Xoán as nove con día dan.
En san Xoán escóndome entre o pan.
En san Xoán inda non falta un día para cardar a la.
En san Xoán nin mexeira de can.
En san Xoán o raposo agarra o carneiro pola la.
En san Xoán purga o pan.
En san Xoán quítalle a barba ao pan.
En san Xoán recolle o pan.
En san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan; en san Pedro, a do medio; e na santa Isabel, a do fel.
En san Xoán van con seu pai á la.
En san Xoán xa lle dá unha carreiriña a un can.
En san Xoán, a fouce na man.
En san Xoán, castañas louras na man.
Entre san Xoán e san Pedro vén o pan ao vencello.
Entre san Xoán e Santiago Deus nos libre dun nubrado.
Hasta san Xoán toda a herba é pan.
Mañá de san Xoán madruga a zorra máis ca o can.
No día de san Xoán baila o sol pola mañá.
No mes de san Xoán as nove con día dan.
No mes de san Xoán sécalle a raíz ao pan, e no San Pedro a do medio, e no de Santiago a do cabo.
No mes de san Xoán secan as fontes e arden os montes.
O día de san Xoán sécalle unha raíz ao pan, e o día de san Pedro sécalle a do medio, e o día de santa Isabel seca todo el.
O día de san Xoán québraselle a primeira raíz ao pan, o día de san Pedro a do medio, o día de Santiago québraselle a do cabo, e por santa Mariña bótalle a fouciña.
O día de san Xoán saen as cegoñas a voar.
Ollo coas augas de san Xoán, que anque ben escasas, poden toller o pan.
Os días de san Xoán, por onde veñen, van; os de outono teñen para todo.
Os tres días de san Xoán os paxaros o niño fan.
Polo san Xoán as nove con día dan.
Polo san Xoán as oito con día dan.
Polo san Xoán, flores no val.
Polo san Xoán, viño con pan.
Por san Xoán dan con día as nove da mañá.
Por san Xoán en toda a terra espigou o pan.
Por san Xoán xa fuxe o can.
Por san Xoán xa o millo cubre o can.
Por san Xoán, tanto queixo como pan.
Rifa por san Xoán, amizade para todo o ano.
San Xoán de bo barato: tanto ten tres como catro.
San Xoán é a arca do pan.
San Xoán nos ameaza e san Pedro bótanos da casa.
San Xoán seco, san Pedro mollado.
San Xoán, san Xoaniño, nubrado nubradiño, cuberto cubertiño, morto mortiño.
Se non rega san Xoán, non rega nin un santo do verán.
Se san Xoán chora, a silveira non dá mora.
Se san Xoán rompe a chover, molla
19 marzo
Polo san Xosé, a merenda ao pé.
Polo san Xosé, andoriñas a pé.
Por san Xosé canta o cuco e por San Pedro queda mudo.
San Xosé ao xastre quítalle a vela e dálle a merenda, e san Miguel dálle a vela e quítalle a merenda.
23 abril
Cando chove por san Xurxo, de cen cereixas quedan nove.
Se por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
Se chove día de san Xurxo, de cen cereixas quedan nove.
Aí vén san Quietán con xerro na man.
Día de san Nicolao está a neve de pau en pau e, si non, no chan.
Dixo o san Beato Ávila que o Cristo tratar ben hai, que é fillo de moi bo pai.
Nunca vén o tempo firme hasta que pasa o santo do gorro ferido. (San Eufrasio -15 maio)
O que vai a san Silvestre a Larouco, vai nun ano e volve no outro
Polo san Silvestre pon o allo que che preste.
Polo san Valerián vai pasado o verán.
Polo san Xián, a neve no chan.
Por san Nicolao, a neve no pau; se non é nese día, é na santa Lucía.
Por Santo Domingo da Calzada a sombra busca e a capa é gardada.
San Xistre busca as uvas onde as viste.
San Xulián garda o viño e garda o pan.
Sementeira na semana de san Román, nin palla nin gran; na de santa Baia, gran e mais palla.
Se chove o día de san Fins, castañas poucas e nabos ruíns.
Se o día de san Paulo nordeste sopra, a colleita do mar e da terra será pouca.
Se plantas o horto por san Martín, terás verzas para ti e para min.
Se ves o fogo de san Telmo, non che faltarán desvelos.