Cada un é asegundo se cría e na boa crianza está a fidalguía.
Fidalgo de mala morte, o que di pola mañá non-o cumpre pola noite.
Fidalgo honrado, antes roto que remendado.
Fidalgo probe no palleiro morre.
Fidalgo probe, media de seda e caldeiro de cobre.
Fidalgo que pide, no palleiro morre.
Fidalgos pobres e bestas vellas acaban as nosas terras.
Fidalguía pobre cheira a can podre.
O bo fidalgo, primeiro roto que remendado.
A quen Dios non lle dá fillos, o demo lle carrexa sobriños.
A quen Dios non lle dá fillos, o demo lle dá sobriños.
A toda lei, fillos e muller.
A toda lei, os fillos da muller.
Cada ruín quer o seu fillo.
Cada un é fillo das súas obras.
Cada un é fillo do seu pai.
Cada un é fillo dos seus feitos.
Cando nace un fillo, nace unha espiga de millo.
Cando vexas a néboa pousada no mes de xaneiro, fai a teu fillo herdeiro.
Casa o fillo co teu igual e non dirán de ti mal.
De fillos criados, traballos dobrados.
Dígoche fillo, enténdeme nora.
Din os fillos ao solar o que oen aos pais tras do lar.
Fillo alleo nunca é cheo.
Fillo alleo, brasa no seo.
Fillo alleo, méteo pola manga e sáeche polo seo.
Fillo alleo, méteo pola manga e sairache polo seo.
Fillo de gata ratos mata.
Fillo de mesquiño non ten ensino.
Fillo de rico busca que comas.
Fillo de viúva, ou mal criado ou mal vezado.
Fillo destetado, fillo criado.
Fillo do home nunca come.
Fillo es e pai serás; asegundo fixeres, así o terás.
Fillo es, pai serás asegundo fixeres así atoparás.
Fillo es, pai serás; así como fixeres, así serás.
Fillo es, pai serás; cal fixeres, tal haberás.
Fillo es, pai serás; como as fixeres, así as verás.
Fillo es, pai serás; como as fixeses, así as verás.
Fillo es, pai serás; como fagas, así as pagarás.
Fillo es, pai serás; como fores, así o terás.
Fillo es, pai serás; como o fixeres, así serás.
Fillo es, pai serás; como o fixeres, así terás.
Fillo fuches e pai serás; asegundo as fixeches, así as toparás.
Fillo fuches e pai serás; asegundo te educaron, educarás.
Fillo fuches, pai serás; como ti o fixeches, así o encontrarás.
Fillo malo vale máis enfermo que san.
Fillo mimado, fillo mal criado.
Fillo non temos e nome lle poñemos.
Fillo roubado, pai semellado.
Fillo sen amor, nai sen amor.
Fillo sen dor, mai sen amor.
Fillos casados, ladróns declarados.
Fillos criados, pesares dobrados.
Fillos criados, traballos dobrados.
Fillos criados, traballos dobrados.
Fillos e diñeiros, cantos menos, menos quebradizos.
Fillos, filloas e netos de viño.
Fillos, os dun, que os doutro chega o tempo e cataplún.
Herdade por herdade, un fillo a media idade.
Mal de costas e peor de lado, dinme que son fillo dun azoutado.
Moitos fillos e pouco pan, contento con afán.
Nin pró fillo bo compre gañar nin pró malo traballar.
Non che dea Dios máis mal que moitos fillos e pouco pan.
Non hai fillo coma seu pai nin pai coma seu avó.
Non me pesa do fillo que enfermou, senón do mal vezo que tomou.
Non me pesa porque o meu fillo enfermou senón pola mala maña que lle quedou.
Non sinto o que o meu fillo enfermou, senón a mala costume que tomou e o mal vezo que lle quedou.
O fillo bastardo i-a mula, cada día se muda.
O fillo da filla vai para riba e o da nora vai para fóra.
O fillo da miña filla ponmo onde a lareira na cociña; i-o da miña nora, dálle un codelo de pan para que vaia para fóra.
O fillo do fidalgo, un pé calzo e outro descalzo.
O fillo do home nunca come i-o fillo alleo nunca se ve cheo.
O fillo do mesquiño, pouco pan e moito vicio.
O fillo do meu home non come, o fillo alleo nunca se ve cheo.
O fillo do rico non lle chinques o vestido.
O fillo do ruín, pouco pan e moito vicio.
O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.
O fillo que non respecta os pais, pode estar seguro que no se ha de salvar.
O que fai fillos en muller allea, perde a feitura.
O que non ten fillos ben os cría.
O que non ten fillos, dálle Dios sobriños.
O que queira ter un fillo larpeiro, que o meta fogueteiro.
O que ten fillos e bestas, non lle faltan novidades frescas.
O que ten fillos non estoupa de cheo.
O que ten fillos pequenos non se lle apodrenta o pan.
O que ten fillos, non lle podrece o pan.
O que ten fillos, non rebenta de cheo.
O que ten fillos, non toupa.
O que teña fillos que os procure.
O que ten o fillo ao lado, non rabia co bocado.
Onde hai fillos, nin parentes nin amigos.
Os bicos e as apertas non fan fillos pero fanlles o xeito.
Os fillos aos pais semellan na figura e mais no xenio.
Os fillos da filla van para arriba, i-os fillos da nora van para afora.
Os fillos da miña filla meus netiños son, i-os fillos da miña nora ou serán ou non.
Os fillos da miña filla, meus netos son, i-os da miña nora serán ou non.
Os fillos da miña filla, netos son; os da miña nora, serano ou non.
Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; os fillos da miña nora, quizais si ou quizais non.
Os fillos do ruín pai teñen o apelido da mai.
Os fillos dos bos, capas son de dós.
Os moitos fillos empobrecen os pais.
Os moitos fillos fan o pai pobre.
Os pequenos son fillos de Deus e netos do demo.
Os que educan mal os fillos, na vellez danlles desgustos.
Para o fillo máis querido o mellor regalo é o castigo.
Parente de calidade, o fillo da miña irmá.
Quen cría un fillo, cría un lobo.
Quen fai fillos en muller allea perde os fillos mais o feitizo.
Quen fillos ten ao lado, non morrerá fartado.
Quen me dera un fillo herdeiro onde habita a néboa no mes de xaneiro.
Quen onda se ten fillos, nunca se verá rico.
Quen ten fillos ao seu lado non pode morrer farto.
Quen ten fillos, ten cadillos; que nonos ten, cadillos ten.
Quen ten moitos fillos, ten máis compadres que amigos.
Quen ten un fillo varón, non lle chame a outro ladrón.
Se fas bos fillos así os terás.
Se o fillo sae ao pai, saca de dúbida á nai.
Se o queres fillo de todo, meteu no coro.
Se o teu fillo comeza a endentecer, xa podes arranxarte para outro fillo ter.
Se queres que o teu fillo creza, lávalle os pés e rápalle a cabeza.
Se queres ter un fillo pillo, méteo a fogueteiro ou monaguillo.
Se son ou non son, meus fillos son.
Segundo é o natural do teu fillo, así dálle o consello.
Todos somos fillos de Adán.
Todos somos fillos de Dios.
A home bo, picheis cheos.
A home frouxo, bebida forte.
A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón.
A home que moito barulla non lle teñas medo.
A home san, culler de pau.
A home solteiro non lle dan casa.
A home vello, picheis novos.
A máis non poder, o home déixase querer.
A mandar púxose un home do peito.
A que con home ha de vivir, cinta de ferro ha de xunguir.
Anda o home a galope para levar ao fin xarope.
Anda o home a trote para levar cachote.
Ao home anoxado dálle de lado.
Ao home de máis saber, unha muller bótao a perder.
Ao home lacazán, o caldo no pote e o legón na man.
Ao home mesquiño abóndalle un fouciño.
Ao home ousado, a fortuna vénselle á man.
Ao home pillabán, teno sempre da túa man.
Ao home que non ten fortuna, párelle a porca en marzo i-a muller na seitura.
Ao home sen barba, nin medo se lle ten nin respecto se lle garda
Ao home ventureiro nácelle a filla primeiro.
Ás dez déitate e ás nove levántate, home.
Ás nove déitate, home, i ás dez, muller se a tes.
Ás nove déitate, home.
Ás nove déitate, home; ás dez, muller, ti ves?
Ás nove déitate, home; ás des durme se queres.
Ás veces leva o home para a súa casa con que chore.
Atópanse os homes e non os montes.
Barro é o home, barro é o xerro, mais non son de un mesmo barro.
Benia o home que por si se castiga e por outro non.
Cada home leva un tolo dentro.
Cada home ten o seu home.
Cal é o home, tal é a súa sazón.
Cando o home mexa nas botas non pensa nas mozas.
Cando o home ten leiras que traballar e a muller fariña que amasar, na casa non falta pan.
Cando o home ten os pés quentes e a testa fría, rise do médico e da medicina.
Canela de home, cu de muller e fociño de can son as tres cousas que máis frías están.
Casaraste, home coitado, e collerás coidado.
Catro clases de homes hai: homes i homiños, macacos e macaquiños.
De achaque non ten mester o mal home que mal quer facer.
De coio redondo, can rabeno e home de barba rubia, fianza ningunha.
De home a home non hai migalla.
De home facendado non te verás vingado.
De home galiña e de muller cabalón, líbranos, Señor.
De home lampo e can sen rabo, fuxe deles apurado.
De home maricas e de muller cabalón, libéranos, Señor.
De home tiple e muller tenor, líbranos Señor.
De homes é equivocarse; de bestas, amansarse.
De homes é o caer.
De homes sabedores é mudar de parecer.
De neno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e de vello, can.
Debaixo do bo saio atópase o home malo.
Deus libre a un de tronante e de home liante.
Deus te libre de home de bigote louro, de can rabeno e de perrencha de neno.
Deus te libre de home que non fala e de can que non ladra.
Do que é parvo e non sabe, teña Deus piedade.
Do ruín home gárdate e do bo non te fíes nada.
Dos homes que coñecín solo Adán tivo xuízo: casou con muller sin nai e viviu no paraíso.
Dós alleos matan os homes.
Érguete ben se podes e parecerás máis home.
Erran os homes e non erran os montes.
Errar é de homes e ser errado de bestas.
Están os homes máis cheos de mulleres feas que o lobo de comer ovellas.
Fuches por besta e viñeches por burro; fixeches así un viaxe papudo.
Galán de moitas damas nunca ten os ollos quedos.
Gárdate de home mal barbado e de lobo esfameado.
Gárdate de home mal barbado e de vento acanalado.
Gárdate de home que non fala e de can que non ladra.
Graxo e tonto non pode ser.
Hai homes de homes.
Home a quen moitos temen, a moitos ten que temer.
Home alleo nunca é cheo.
Home apaixonado non toma consello.
Home atrevido dura como vaso de vidro.
Home atrevido dura o que dura un vaso de vidro.
Home avisado vale por dous.
Home avisado, medio asoballado.
Home barbudo, home forzudo.
Home barrigudo non é moi agudo.
Home borracho, sinal de macho.
Home bravo e mandón, para meu amigo non.
Home calado é bo para o ganado.
Home calado vale por cento.
Home casadeiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Home casado, muller é.
Home casado, nin muller é.
Home cazador e troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Home celoso, o corno no ollo.
Home cobizoso, de todo fai leña.
Home con mandil, cágome nel.
Home con saia, nin home nin nada.
Home cordo e boi mallado, pola carrilleira do carro.
Home cordo e boi mallado, sempre polo camiño do carro.
Home covarde non vale para frade.
Home coxo e can rabelo, fuxe del como do demo.
Home coxo e can rabelo, renega deles coma do demo.
Home de barba miúda e muller sabedora non dan axuda.
Home de barba roiba, cargue con el quen queira e quen poida.
Home de barba rubia, unha diche, outra coida.
Home de bigote escusa dote.
Home de dous falares, nin na vila nin noutros lugares.
Home de feito, pelo no peito.
Home de moita lingua, para quen o queira.
Home de moita lingua, pouco val.
Home de moita parola, todo é faramalla.
Home de moita verba, home de moita perda.
Home de moitos oficios non sabe ben ningún.
Home de moitos oficios, pobre seguro.
Home de moitos oficios, pouca ganancia. /Home de moitos oficios, ...
Home de pedra, home de merda.
Home de pouca fortuna, párelle a porca en maio i-a muller na seitura.
Home de sombreiro, mal mariñeiro.
Home dereito parece mal feito.
Home falador esbardalla a máis e mellor.
Home falangueiro non garda secreto.
Home farto non é paneiro.
Home folgazán, no traballo llo verán.
Home fraco, e non de fame.
Home gaiteiro, muller costureira, nin boa meda nin bo palleiro.
Home gaiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Home grande ponte na viña que, anque non caves, fas cuadrilla.
Home grande, patas de arame.
Home honrado, antes morto que aforcado.
Home honrado, polo camiño do carro.
Home informal, maraña sen costal.
Home instruído e de ensino, calcula sempre con tino.
Home lacazán, na leira llo coñeceran.
Home lampo e can rabelo, fuxe del como do demo.
Home lascivo, home perdido.
Home lueiro non é bo colleiteiro.
Home mariñeiro, home larpeiro.
Home mesquiño, despois de comer ten frío.
Home moi faladeiro, home moi mentireiro.
Home moi falador nunca foi bo cavador.
Home moi lumeiro, non moita meda nin moito palleiro.
Home morto non fai guerra.
Home morto non fala.
Home morto non gana soldo.
Home morto nunca come pan.
Home morto pide rezos e responsos.
Home mozo que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, mais que home é burro.
Home mullereiro consigo acaba e co seu diñeiro.
Home mullereiro pérdese a si e perde o diñeiro.
Home namorado deixa a casa sen sobrado.
Home narigudo, poucas veces cornudo.
Home orelludo, sinal de burro.
Home papón merece que lle canten o kirieleisón.
Home peludo, home forzudo.
Home peludo, home valente e forzudo.
Home peneiro, nin meda nin palleiro.
Home pequeniño non sae de rapaciño.
Home pequeno e can rabelo, escapa deles coma do demo.
Home pequeno ten fol de veleno.
Home pequeno tente na viña que, anque non caves, fas cuadrilla.
Home pesqueiro non fai o palleiro.
Home pobre con pouco se alegra e socorre.
Home pobre non te cases con muller que rica sexa: entra pola casa adiante e todo quere mandar ela.
Home pobre todo é trazas.
Home pobre, a cama o come.
Home pobre, fachendoso.
Home pobre, moi pobre, pasará fame pero non morre.
Home pobre, nin quieto nin calado.
Home pobre, vida alegre.
Home por home e dente por dente.
Home porfiado ten o que quere por roncha e por pesado.
Home portugués, muller asturiana e aire santiagués, veña o demo e leve os tres.
Home precavido, ulir o tabaco e o viño.
Home preguiceiro, na festa é afanoso.
Home preguiceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Home prevido non é vencido.
Home prevido val por outros dous.
Home que ao levantarse di "opa" e ao sentarse "ai" non sirve para a filla de meu pai.
Home que canta, muller que asubía, galiña que canta como o capón, na miña casa non.
Home que dá en vida o que ten, ou é parvo ou tolo ou non anda ben.
Home que empresta sen interese, nunca rico é.
Home que fai moitas gracias tamén fai moitas faltas.
Home que fía, muller que asubía e galiña que canta como o galo, renegar deles como do diabro.
Home que fía, muller que asubía e pita que canta como o galo, desconfía deles, que bos non son.
Home que fía, muller que asubía e pita que canta como o galo, na miña casa non fagan callo.
Home que madruga, Deus o axuda.
Home que moito parola, non sempre ten boa obra.
Home que non razoa, que o demo o coma.
Home que non ten cabeza, non precisa bonete nin monteira.
Home que non ten muller, todo lle sae ao revés.
Home que traballa polo que non merece, co traballo non adoece.
Home que non traballa, de vello dorme na palla.
Home raiante, home repugnante.
Home rifante, cabalo corredor, odre de bo viño, nunca dura moito.
Home roxo e can rabelo, desconfía del como do demo.
Home seco, e non de fame, líbrate que non te agarre.
Home sen agarimo, paxaro sen niño.
Home sen barba non val nada.
Home sen barba, muller con barba, home tiple e muller tenor, líbranos Señor.
Home sen cabeza non val para testemuña.
Home sen muller, home non é.
Home sen peito é coma casa sen teito.
Home sentado non fai bo mandado.
Home tenor, home de humor.
Home torto e can rabelo, para fodelo.
Home tramposo e muller mentireira, na casa de quen os queira.
Home trenco e muller trenca fan parella mostrenca.
Home troiteiro e muller costureira, nin boa meda nin bo palleiro.
Home troiteiro e perdigoteiro, nin pan na hucha nin palla no palleiro.
Home troiteiro, nin gra nin palleiro.
Home troiteiro, nin meda nin palleiro.
Home valente e bola de roño pouco duran.
Home valente e bota de viño pouco duran.
Home vermello e muller barbuda, de lonxe os saúda.
Home vivo pide o seu.
Home xeniúdo, pequeno e burro.
Home xornaleiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Home xornaleiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Homes bos e picheles de viño amainan o ruído.
Homes hai de homes.
Lágrima de home, canto dá, canto come.
Máis vale un home ca sete mulleres.
Mentres o home pode, deixarlle a corda solta e, se non podemos, kyrie eleisón i-oremos.
Moito falar e pouco saber, moito gastar e pouco ter, moito presumir e pouco valer, logo botan o home a perder.
Moito ter e pouco valer logo botan un home a perder.
Múdanse os homes e non os montes.
Nace o home para traballar e non para folgar.
Nada escapa aos homes senón o viño que beben as mulleres.
Non hai home coma Deus nin muller coma María, nin resplandor como sol, nin claridade coma o día.
Non hai home cordo posto dacabalo.
Non hai home para home.
Non hai home quedo a cabalo.
Non hai home sen home.
Non son homes tódolos que se chegan ás paredes.
Non son homes todos os que mexan contra a parede.
Non todo home de pelo no peito ten que ser home de feito e dereito.
Nunca un home faga mal.
O home aforrador non é o mellor.
O home aos corenta, ou vive ou rebenta.
O home cando vai vello fai como o can de palleiro.
O home chulo, nunca forzudo.
O home con guedellas e a muller sen elas.
O home covarde fai traidor á patria.
O home de barbas rubias ha de ser bo cando os carballos dean uvas.
O home de ben non deshonra a ninguén.
O home de moita parola é de pouca obra.
O home de palla non val para nada.
O home de toxo, polo pescozo.
O home debe ulir a pólvora, tabaco i augardente.
O home desgraciado é por todos desprezado.
O home destemido ten medo de noite polos camiños
O home discreto a ninguén di o seu secreto.
O home e a muller, cando tratan de cocer, a leña estaba no monte e a fariña por moer.
O home é lume e a muller estopa; chega o demo e sopra.
O home é o angazo e a muller é a vasoira.
O home e o oso, canto máis feo, máis fermoso.
O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra.
O home fiel, telo polo cordel.
O home forte non-o arrendan o tempo nin a morte.
O home gaiteiriño, a muller costureira, nin boa meda nin palleiro.
O home gana a facenda e a muller consérvaa.
O home i-a muller fan as papas na culler.
O home i-o can é asegundo o afán.
O home i-o can van onde lle dan.
O home mal falado no leito se eslomba.
O home mantido estira o frío.
O home mesquiño non colle forzas con pan nin con viño.
O home mira por razóns e a muller por impresións.
O home moi luneiro non enche o palleiro.
O home moi picador non é bo mantedor.
O home mullereiro consigo acaba e co seu diñeiro.
O home na praza e a muller na casa.
O home namorado nunca casa por sobrado.
O home no seu quérese parecer e non sabe a quen ha ser.
O home pensa e a muller dá que pensar
O home pensa e Deus dispensa.
O home pequeno, fol de veleno.
O home pobre con pouco se compón.
O home pobre todo é mañas, ás veces boas e ás veces malas.
O home pola palabra i-o boi polos cornos.
O home probe, todo son mañas; ás veces boas e ás veces malas.
O home propón, Deus dispón, e a muller todo descompón.
O home que anda polo mundo, dorme onde cadra e come onde pode.
O home que comeza a inchar, se é vello, é para morrer; se é mozo, é para sandar.
O home que faga un cento, a muller que non-a toque o vento.
O home que incha, se é mozo, sanda; se é vello, na cova rincha.
O home que non come, nunca é bo home.
O home que sabe fumar, bota o fume despois de falar.
O home que ten muller, ten o que quer.
O home que ve unha muller boa e a perde, non sabe o que gana.
O home rico coa fama casa o fillo.
O home se equivoca; a muller é a equivocación do home.
O home sen muller come onde quer.
O home todo o compón e a muller todo descompón.
O home valente é home prudente.
O home, cando é rapaz, é rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e de vello, can.
O home, cando vai vello, fai como o can do palleiro.
O home, de neno é rei e de mozo capitán, de casado pasa a burro, e de vello pasa a can.
O home, de poucas palabras; e esas, sabias.
O home, de siso e máis de pico.
O home, en canto come, non morre.
O home, na leira; e a muller, na lareira.
O home, onde nace, i-o boi, onde pace.
O home, onde non sabe, usma.
O home, pola palabra; e o boi, pola corna.
O home, que ha de ser home, ha de ter as pernas tortas, a barriga nas illargas e unha carrumba nas costas.
O home, un angazo, i-a muller, unha cesta; se a cesta está furada, vai todo polo río abaixo.
O máis grande inimigo do home foi sempre o home.
O máis sisudo home, a muller bótao ó fondón.
O meu home, por ser Xan, fixo os mollos grandes, perdeu un carro de pan.
O moito ter, o moito valer e o moito poder botan ás veces un home a perder.
O que fai un home, outro o pode facer.
O que moito come non é bo home.
O que nas xitanas se fía, non é home de cría.
O que non cheira a viño ou a tabaco, non se lle pode chamar home.
O que non é home na terra, non é home na guerra.
O que non ten sentido, home perdido.
O que ten home, ten nome.
Onde hai homes fuleros, teñen que andar as mulleres.
Onde o home tose, fame foxe.
Os homes mentireiros ten os dentes rareiros.
Os homes non se miden pola estatura senón pola gordura.
Os homes xulgan mellor as cousas alleas que as súas mesmas.
Outros milleiros de homes que en todos países se crían, nacen e morren como os anos que se vivan.
Para o bo home, as terras como as súas.
Paxe que moito refregan e home que moito se cura, pouco duran.
Peso e medida quítanlle ao home fatiga.
Polas obras, e non polo vestido, o home é coñecido.
Proxectos de homes pobres, peidos de burra vella.
Que o home se poida ver, como nos cristais da fonte, nos ollos da súa muller.
Se queres teu home matar, dálle coles por san Xoán.
Se queres ter o home san, dálle abelá.
Se tes home, non te mates; se non tes home, non te mates.
Se ves un home que lle falta un botón da camisa, é solteiro; pero se lle faltan dous, é casado.
Sol madrugador, home rezador e frade cortés, desconfiar dos tres.
Sol posto, home composto.
Tantas lle din ao home, que mal corazón lle poñen.
Tendo lingua e que comer vai o home a onde quer.
Todo o fan os homes e todo o paga o diñeiro.
Todos os homes pequenos son feitos de mala masa: a todas as horas do día son agoiros na casa.
Un home con pereza é un reloxo sen corda.
Un home é un home i-un peso gástase.
Un home é un home, inda que lle pegue a muller.
Un home é un home.
Un home i-unha capa todo tapa.
Un home non é unha ovella.
Un home sen algo na man é coma un pau.
Un home, tres bestas; unha besta, tres cas; un can, tres sebes; e unha sebe, tres anos.
Vale máis home pequeno e agudo que grande e burro.
Vale máis ser home pequeno forzudo que grande burro.
Ao mal marido cegalo ou cebalo.
Ao mal marido sírveo como señor e gárdate del coma de un traidor.
Ao marido, temelo, querelo e obedecelo.
As faltas do meu marido ninguén as sabe, se eu non-as digo.
Coidei que non tiña marido e comín todo o compango.
Come, marido, pan e cebola, que xa que es ruín non che poño a ola.
Entre marido e muller ninguén se debe meter.
Entre o marido i-a muller solo paz debes poñer.
Levade vós, marido, a artesa, que eu levarei o pan, que tamén pesa.
Marido na lareira, dolor na faldriqueira que anda valeira.
O marido ámao como amigo e témeo como inimigo.
O marido fai muller.
O marido na cama e a fame na casa.
O marido ten que ter prudencia e a muller, paciencia.
O meu marido é tamborileiro, así mo deu Dios i-eu tamén así o quero.
Por marido raíña e por marido mesquiña.
Se queres o teu marido gordiño, despois do caldo, dálle un sorbiño.
Se queres o teu marido matar, dálle verzas por san Xoán.
A que bo meniño cría, boa fusadiña fía.
Cariño de meniño, auga nun cestiño.
O labor do meniño é pouco i-o que o perde é un louco
Tedes o meniño morto tendo o apio no horto.
A mocidade folgada trae a vellez arrastrada.
A mozo galán, ter a filla da man.
A mozo que roga, rógalle que faga.
A mozo respondón, pau e moito legón.
A recho mozo, asento cordo.
Ao mozo alcuceiro, amo roncheiro.
Ao mozo amañado, a muller ao lado.
Ao mozo avergonzado, o demo levouno ao pazo.
Ao mozo malo, o amo ao lado.
Ao mozo novo dálle i-ó mozo vello dálle demos.
Ao mozo que lle sabe ben o pan é pecado o compango que lle dan.
A toda lei, mozo falangueiro e fiel; mais se for calado, dáo ao diaño.
Bicos e abrazos non fan mozos mais tocan a vésperas.
De mozo logo se sae pero a selo non volve ninguén.
De mozo rosmón, nunca bo labor.
Deus te libre do mozo cando lle apunta o bozo.
Forza de mozos e consellos de vellos.
Gárdate do mozo que comeza a ter bozo.
Hai cativos con fortuna e bos mozos con ningunha.
Limpeza e diñeiro fan o mozo un cabaleiro.
Mando eu ao meu mozo e o meu mozo manda a outro.
Morre o mozo e queda o vello.
Mozo ben criado nin de seu fala e, preguntado, cala.
Mozo bo, mozo malo, quince días despois do ano.
Mozo de quince anos ten papo e non ten azos.
Mozo é o vello que está san e vello é o mozo que está encrequenado.
Mozo galán, nin besta nin can.
Mozo parente ou mozo rogado non-o queiras de criado.
Mozo que morres, vello que esperas?
Mozo rosmón, pouco traballador.
Nin ao neno o bolo nin ao santo o voto, nin de malva bo vencello nin de esterco bo olor, nin de mozo bo consello.
Nin diñeiros en mozos nin armas en tolos.
Nin mozo durmiñón nin gato maiador.
Nin mozo enfermo nin vello san.
Nin mozo trouleiro nin gato cincento.
Non hai mozo enfermo nin vello san.
O miolo para o vello e para o mozo o cornecho.
O mozo a traballar, o vello a descansar.
O mozo atrevido é da moza máis querido.
O mozo ben criado non fala máis que cando é preguntado.
O mozo bo, bo é.
O mozo enfermo, se non empeora, mellora.
O mozo i o galo, telo só un ano.
O mozo logo pode morrer, pero o vello pouco pode vivir.
O mozo mirrar i o vello engordar é pouco durar.
O mozo non ten a culpa cando a moza o busca.
O mozo pode morrer, pero o vello non pode vivir.
O mozo por non saber e o vello por non poder, as ocasións deixan perder.
O mozo por non saber e o vello por non poder, quédase a vella sen ter que facer.
O mozo que se emborracha é porque a neura o despacha.
O que apura de mozo, non chega a vello.
O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
O que de mozo non tolea, de vello perde a cabeza.
O vello engordar e o mozo tomar é sinal de moito durar.
Onde hai rapaces, hai bulla; onde mozos, alegría; onde vellos, rifan todo o día.
Os mozos por non saber e os vellos por non poder, deixan as cousas perder.
Os mozos, pra loitar, e os vellos, pra aconsellar.
Para ser bo mozo hai que ter vara e media de pescozo.
Por mal camiño vai quen mozo se fai.
Pra os neniños, un bico; pra os mozos, un amor; pra os velliños, un recordo; e pra os mortos, un amor.
Se o mozo pode morrer, o vello non pode vivir.
Se o mozo soubese e o vello quixese, non habería cousa que non se fixese.
Sol madrugador, mozo rezador e vello cortés leve o demo aos tres.
A leite e o viño fan do neno mociño.
Ama, sodes ama mentres o neno mama.
Ao neno e á muller dille so o que conviñer.
Aos nenos pequenos gárdaos Deus e gárdaos o demo.
Cando un trata en puchas, nacen os nenos sen cabeza.
De neno de teta e pan de porreta non hai que fiarse.
Neno ben criado non fala sen ser preguntado.
Neno de ano, vara de pano.
Neno de colo non anda só; o que non se ten, necesita de alguén.
Neno mimadiño, neno perdidiño.
Neno mimado logo dá resultado.
Neno mimado, mal educado.
Neno que bebe auga que non corre, logo morre.
Nin ao neno o bolo nin ao santo o voto.
O neniño que loita e non pode, cos dentes acode.
O neno ben criado, aos sete meses sentado.
O neno de bo criar, ao ano andar e aos dous falar.
O neno dorme ao peso e o vello ao siso.
O neno i-o bacoriño van a onde lle dan un bocadiño.
O neno i-o can van onde lles dan.
O neno i-o can, asegundo o afán.
O neno moi regalado sempre anda enfurruñado.
O neno que escoita aprende moito.
O neno que has de acalar nono fagas chorar.
O que con nenos se deita, aparece mexado.
O que con nenos se deita, cagado amañece.
O que con nenos se deita, cagado se levanta.
O que con nenos se deita, lixado que se ergue.
O que con nenos se deita, lixoso se levanta.
O que o neno ouviu na casa, vaino dicir ao curral.
O que secreto a neno confía, gardou a auga nun cribo.
O traballo do neno é pouco i-o que o perde é un louco.
Os nenos e os tolos gárdaos Deus a todos.
Os nenos son fillos de Deus e testemuña do demo.
Os nenos son fillos de Deus i-afillados do demo.
Quen con nenos se deita, pola mañá apesta.
Se o neno empeza a chorar, aloumíñeo súa nai, e se non quer calar, déixeo chorar.
Se o neno se bota a chorar, acáleo súa nai; e se non quer calar, déixeo chorar.
Vale máis neno contento que pucho de cereixas.
Os netos son dúas veces fillos.
A pai aforrador, fillo gastador.
A pai gañador, seu fillo gastador.
A pai gardador, fillo gastador.
A pai que é gastador sáelle un fillo gastador.
A quen matáche-lo pai, non lle críe-lo fillo.
Ao bo pai cómpre adoralo, e ao ruín, respectalo.
Ao que non ten pai nin nai, Dios lle vale.
As fadas dos pais non caen nas pallas.
Asegundo é o pai, así é o fillo.
Cada un é pai dos seus fillos.
Cada un enterra a seu pai como pode.
Cando dá o pai, ri o pai e ri o fillo; cando dá o fillo, chora o pai e chora o fillo.
Cando meu pai de vostede me trata, ou quéreme bater ou cerca lle anda.
Cando sexas pai, comerás ovo.
Contra un pai non hai razón.
De bo pai nace un fillo ladrón.
De bo pai, fillo do demo.
De bo pai, fillo malo.
De bo pai, ruín fillo.
De pai a pai, pouco vai.
De pai coxo fillo trenco.
De pai santo fillo diaño.
De pai santo, fillo demo.
De pais cochos, fillos marráns.
De tales pais tales fillos.
Deixemos pais e avós, e por nós sexamos bos.
Entre pais e fillos por dar son amigos.
Entre pais e irmáns non metades as mans.
Entre pais e irmás non metas as mans.
Entre pais, fillos e irmáns non metades as mans.
Ergueuse meu pai e deitouse miña nai.
Fanas os pais e páganas os fillos.
Máis vale tunda de pai que cariño de amo.
Mal é o pai que non se fai.
Mal o pai que non se fai.
Meu pai chámase fogaza i-eu mórrome de fame.
Meu pai ten unha viña: non a cava nin a renda e tampouco a vendima.
Nin meu pai nin meu avó foron veterinarios i-eu metinme a ferrador.
Non hai pai malo, se os fillos son bos.
Non hai pai por fillo.
Nosos pais a polgadas e nós a brazadas.
O desorde é pai do orde.
O esquecemento é ás veces pai do remordemento.
O mal do pai, co fillo vai.
O pai de fillos na casa se mete.
O pai que abandona o fillo i-o fillo que deixa o pai, nunca paz terán.
O pai que queira ter un fillo pillo, que o meta tambor, corneta ou monaguillo.
O que non se cree no bo pai, créese no mal amo.
Os pais a xugadas e os fillos a polgadas.
Os pais que crían un fillo só, non crían un fillo que crían un lobo.
Pai dúas veces, avó.
Pai mercador, fillo cabaleiro e neto pobre.
Pai non tiveches, nai non temiches, e mal fillo te fixeches.
Pai que non quere un fillo e fillo que deixa un pai, nunca paz terán.
Pais a xugadas, fillos a polgadas.
Pais e fillos por dar son amigos.
Pais nugalláns, fillos agudos, e fillos agudos, pais nugalláns.
Pais porcos, fillos marráns
Para o seu pai non hai fillo feo.
Para quen é meu pai, ben abonda miña nai.
Predíqueme, pai, que por un ouvido me entra e por outro me sae.
Quen ten o seu pai alcalde, ben seguro vai ao xuízo.
Quen ten pais na vila, sete veces lle amañece ao día.
Se un mal pai ten un fillo bo, o neto ha de saír a seu avó.
Tales pais, tales fillos; tales carros, tales atadallos.
Tales pais, tales fillos; tales carros, tales estadullos.
Tendo pai, todo o mundo ten de quen tirar.
Teu pai non cho dá, túa nai non o ten, de onde che vén?
Ti saca o can pola casta i-o nobelo polo fío, porque ós pais, ao fin i-ao cabo, hanse parece-los fillos.
Tirádevos, pai, e pasará miña nai.
Vale máis tunda de pai que cariño de amo.
Un pai cría cen fillos e cen fillos non coidan un pai.
Un pai mantén a sete fillos e sete fillos non manteñen a seu pai.
Cando os afillados están feitos, non faltan padriños.
O que non ten padriño, afórcano.
O que ten padriños, bautízase tanto aquí como na China.
Padriño de voda e alcalde de aldea, o demo que o sexa.
O que non ten padriño, non se bautiza.
O que ten padriño, bautízase.
A picariño descalzo, a home calado e a muller barbada non lle deas pousada.
O que con pícaros se deita, mexado se levanta.
O que con pícaros se deita, luxado se levanta.
Cousas de pícaros, tamboril e gaita.
Cos rapaces do ano pasado, non vaias aos ovos este ano.
Coida ben do que fas, non te fíes de rapaz.
De rapaz verás que boi terás.
Despois que van no arcaz, pobre de ti, rapaz.
Non me trípe-lo pé que, aínda que son rapaz novo, ben entendo o que é.
Non te fíes de rapaces.
O que con rapaces se deita, despido se levanta.
O que con rapaces se deita, luxado se levanta.
O que con rapaces se deita, mollado esperta.
O que con rapaces se deita, mollado se levanta.
O que con rapaces se deita, sempre cagado se levanta.
O que con rapaces se deita, sempre mexado se levanta.
O rapaz de tres días nado colle costumes para todo o ano.
O rapaz amais o can son como se afán.
O rapaz e o can brincan polo pan.
O secreto dos rapaces é como a gaita na rúa.
O rapaz estudoso nunca está ocioso.
O rapaz que non sabe a doutrina, pau de carballo a redor da petrina.
Os rapaces en Asturias, cando non ten que facer, tiran pedras cara arriba e xa din que vai chover.
Os rapaces i-o millo buscan o abrigo.
Os rapaces non son homes.
Os rapaces son os mellores homes.
Quen con rapaces se deita, cheira.
Quen con rapaces se deita, mollado se levanta.
Rapaz de tres anos, metade medrado.
Rapaz e vello ninguén quere selo.
Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte.
Se queres ser bo rapaz, nunca roubes as mazás.
A novo rei nova lei.
A onde vai o rei, alí vai a corte.
A quen non ten, o rei faino libre.
Antes bo rei que boa lei.
Ao cabo de cen anos os reis son viláns.
Atrás dun rei xudeu vén un cristián.
Ben rei é o que o rei non ve.
Cal é o rei tal a lei.
Cedo acordou o rei que rabiou.
De cando en cando, ao rei gústalle o rancho.
Debaixo de meu manto o rei mato.
Diante do rei todos calan, pero detrás del todos falan.
Enriba do rei está a lei.
Novos reis, novas leis.
O rei cando roga, manda.
O rei e o río non teñas por moi veciño, pois se se anoxa, todo o deixa barrido.
O rei non está obrigado á lei.
O rei non-o ofendas nin te metas nas súas rendas.
O rei nunca se equivoca.
O rei reina pero non goberna.
O rei, onde non está, non parece.
Onde está o rei está a corte.
Onde o rei non está, ninguén o atopará.
Palabra de rei non falta.
Para un rei case que sempre sobra a lei.
Pode dicir que é rei o que non viu rei.
Por diante venero e por tras mato o rei.
Por tras, chámanlle ao rei, cornudo.
Rei é o que rei non ve.
Rei morto, rei posto, pero val máis o vivo que o morto.
Rei morto, rei posto.
Rei morto, reino revolto.
Rei novo, lei nova.
Rei sen consello perde o seu e perde o alleo.
Rei teñamos e non-o vexamos.
Reis rachan leis.
Rou, rou, fagámo-lo que o rei mandou.
Se queres vivir no teu, págalle ao rei o seu.
Tal o rei, tal a grea.
Tal o rei, tal a lei.
Vai o rei a onde pode e non a onde quer.
Van as leis onde queren os reis.
Bo traballo é ser servidor despois de ser señor.
Cal é o señor, tal mesa pon.
Cando o ruín fan señor, non hai coitelo peor.
Canto máis vai, meu señor, canto máis vai, máis peor.
De grandes señores grandes favores.
De grandes señores, moitas veces mesquiños favores.
Do lume e do señor canto máis lonxe mellor.
Dos señores e do sol, canto máis lonxe, mellor.
Ese é un señor de porta aberta: non ten casa nin brasa.
Estremeiro peiteador e xente de señorío, canto máis lonxe, mellor.
Mal lle senta ser servidor ao que foi señor.
Na usanza sempre hai algo de señorío.
Ninguén pode servir ben a dous señores.
Ou labrador de boa zoca ou señor de boa bota.
Ruín señor cría ruín servidor.
Ser señor non é saber; é señor sabelo ser.
Serve a señores e non lles pidas favores.
Así medre meu sogro como a leña no fogo.
Cando se quer a un sogro é despois de morto.
Catalina, se vos eu collo, voso pai será meu sogro.
Non cabiamos á beira do fogo e entrou meu sogro.
Os sogros e os señores, os mortos son mellores.
Veu o foro cargar con meu sogro.
Xa que para min non podo, debandarei para o meu sogro.
Ao tío sen fillos aparéllalle Deus sobriños.
Bens de tíos, bens de xudeus.
Nunca digas que tes frío cando esteas xunto a teu tío.
O que ten un tío frade, non ten tío senón fame.
O que vén de tíos, vén de xudeus.
Se tes un tío rico e sen fillos, faille mimos e aloumiños.
Vida de tíos, vida de xudeus.
Ca axuda do veciño matou o meu pai un cochiño.
Cando teñas un mal veciño tes que sufrilo.
Cando tiveres un mal veciño, pide que non che veña outro máis maligno.
Cando vaias á misa e ao muíño, non chames polo veciño.
Co bo veciño casarás a túa filla e venderás o teu viño.
Co bo veciño venderás o teu viño e collerás o teu trigo.
Co mal veciño faise o home precavido.
Cos veciños, nin a ben nin a mal.
É refrán moi antigo que é gran mal o mal veciño e máis se é do teu oficio.
En labor feito e pan cocido moito axuda un mal veciño.
Fai todo cando o teu veciño, menos segar o pan verde e poñer lume á casa.
Fai todo o que faga teu veciño, menos segar o pan verde e esperar pró muíño.
Mal veciño é o amor, pero onde o non hai, é peor.
Nin para a misa nin para o muíño esperes polo veciño.
Ninguén é adiviño do mal que está veciño.
Non desexes a sorte de veciño, que a túa che vén polo camiño.
Non hai veciño peor que o murmurador.
Non teñas por veciño forno nin muíño.
O peor inimigo é o veciño da porta.
O que desexa a morte ao seu veciño, vénlle a súa polo camiño.
O que desexa a morte do can do veciño, vénlle a súa polo camiño.
O que desexa mal ao veciño, vénlle a el polo camiño.
O que desexa o mal do veciño, o seu lle vén por o camiño.
O que lle desexa mal ao seu veciño, o seu lle vén polo camiño.
O que queira tomar vinganza do seu veciño, póñalle a vida en diñeiro e en pan cocido.
O que queira ver venza do veciño, venda o que ten e métao en pan cocido.
O que queira vingarse do veciño, póñalle os bens en cartos e pan cocido.
O que se alegra co mal de veciño, ten o del no camiño.
O que se alegra do mal do veciño, vénlle o seu polo camiño.
O que se alegre co mal do veciño, ve o seu polo camiño.
O que se ri do mal do veciño, vénlle o seu polo camiño.
O que ten cabras e fillos, non pode estar a ben cos seus veciños.
O rei i-o río non-os teñas por veciños, porque se se asañan, todo cho deixan barrido.
Os coidados do veciño hanse sentir con cuncas de viño.
Para conservar a amizade co veciño, parede no medio.
Polo mal veciño non desfagas o teu niño.
Por atender o veciño, non deixes o teu.
Puxen un preito ao veciño polo derrego dun leiro; comer, comeume todo a curia, pero amolar, amoleino.
Quen queira mal ao seu veciño, déixelle os bens en cartos ou en pan cocido
Quen ten trigo, róuballo ao veciño.
Refrán é moi antigo, que é gran mal o mal veciño, e inda máis se é do teu oficio.
Se queres saber quen es, pregúntalle ao teu veciño.
Se santo has de ser, o teu veciño hate de facer.
Veciño, ao teu argadelo e deixa o meu.
A carón do lume, os vellos quecen.
A vello chegarás e de alí non pasarás.
Abonda ser vello para estar enfermo.
Aínda que sexas vello non renegues do consello.
Ao vello non lle preguntes "como che vai?" senón "como che foi?".
Ao vello nunca lle falta que contar: ou ao sol ou ao pe do lar.
Ao vello que incha e ao mozo que mirra, quédalle pouca vida.
Así como es de novo, así serás de vello.
Atende os consellos dos sabios e dos vellos.
Cáelle ao vello o dente, pero non a semente.
Cando o vello é gaiteiro, que fará o mozo solteiro?
Cando o vello incha, a cova rincha.
Cando o vello vai morrer, aínda ten que aprender.
Cando un vai para vello, Deus lle dá remedio.
Cantas fagas de neno, pagar has de vello.
Canto máis vello máis pelexo.
Chégase a vellos e de alí non se pasa.
Como fixeres ao vello, faranche a ti ao selo.
De novo danche un ollo, de vello danche un demo.
De novo, pan e ovo; de vello, pan e coitelo.
De vello hai quen se troca en pelexo.
De vello que non osma e de novo que non ve, libéranos Dómine.
De vello vacas gardar, pouco durar.
De vello, boas sopas e bo viño.
De vello, gaiteiro.
De vello, nin vicio collas nin vicio tollas.
De vello, sardiña; e de novo, galiña.
De vellos, a bota e o rosario.
De vellos, chochos.
Do vello, o consello.
Entre o lobo e mais o vello, a fouce do demo.
Está o vello morrendo e está aprendendo.
Ferros vellos, trapalladas.
Fol sacudido non dá fariña.
Lambuxe dos vellos, entoxo dos novos.
Máis vale aprender de vello que morrer de necio.
Máis vale vello honrado que mozo desvergonzado.
Moito xira o vello, moito xira e torce o rego.
Morren os novos, pero os vellos non han quedar.
Nin cos santos chanzas nin cos vellos danzas.
Nin de vello nin de mozo non te sentes na pedra fría, que podes coller unha pulmonía.
Non hai ninguén tan vello que non pense durar un ano máis.
Non lle quer mal quen ao vello lle quita o que ha de cear.
Novo que morre, vello que esperas?
Novos morren moitos, pero vellos non queda ningún.
Nunca discutas cos vellos, que saben máis que ti.
O neno chora polo seu ben e o vello polo seu mal.
O que de vello se ten que agarrar ao traballo, de novo pasou a vida folgando.
O que non a corre de novo, córrea de vello.
O que non folga de novo, folga de vello.
O que queira co vello acabar, mándeo de inverno ao monte a gardar.
O vello agora sempre se equivocou e antes de ti nacer, sempre acertou.
O vello e a colmea probe, do inverno sae e no maio morre.
O vello e a palleira, cando se acenden son mala fogueira.
O vello e o forno pola boca se quentan: un con viño e outro con leña.
O vello hai que mantelo.
O vello mente ben na súa terra; o mozo na allea mente que rabea.
O vello na súa terra e o mozo na allea, menten á súa maneira.
O vello non se volve novo.
O vello por non poder e o mozo por non saber, moitas cousas deixan perder.
O vello que cura, cen anos dura.
O vello que engorda, dúas mocidades logra.
O vello que incha, na cova rincha.
O vello que se cura, máis anos dura.
O vello, mentres que vive, reina.
O vello, onde non sabe, usma.
O vello, tres veces neno.
Onde vello non vai, carro non sae.
Os paus do vello son paus do demo.
Os refráns dos vellos, todos saen certos.
Os vellos e os pequenos, con moito cariño sufro; porque hei ser en poucos anos o primeiro e o segundo.
Ouro novo vale consello de vello.
Pan de trigo e viño tinto fan de vello mociño.
Polo vello non poder e o mozo non saber, moito se deixa de facer.
Quen ao vello lle furta a cea, quérelle ben aínda que o non pareza.
Quen de vello engorda, dúas mocidades goza.
Quen non atende consello, non chega a vello.
Quen queira chegar a vello, conserve o aceite no pelexo.
Quen queira chegar a vello, garde o pelexo.
Quen queira ser vello moito tempo, váiase con tento.
Se a vello queres chegar, bótate un neto a tragar.
Se ao vello lle quitan a pinguiña i a cociña, que o enterren axiña.
Se mudas o vello de terra, logo che dará el a pelexa.
Se o vello non pode ir, o mozo non quer, que se lle ha facer?
Se queres chegar a vello, garda aceite no pelello.
Se queres chegar a vello, sube as costas como tal.
Se queres vivir moito tempo, faite de mozo vello.
Se queres vivir san, faite vello cedo.
Sigue os consellos dos vellos, que che serán de proveito.
Sopas de pan e viño fan do vello mociño.
Terás moita sorte, se Deus cha dá, e morrerás de vello, se chegas alá.
Unha vez vello, dúas veces neno.
Vai o vello morrendo e vai aprendendo.
Vale máis aprender de vello que morrer de necio.
Vale máis o que o vello esquece que o que o novo sabe.
Vale máis o que o vello sabe que o que o vello osma.
Vale máis o vello no esquecido que o novo no acordado.
Vale máis vello honrado que mozo desvergonzado.
Vale máis vello honrado que vello desvergonzado.
Vello con amores, inverno con flores.
Vello que fai voda, cava sen querer a súa cova.
Vello que incha e mozo que mirra, pouca vida.
Vello que incha, logo revincha.
Vello que incha, na cova desincha.
Vello que se namora, chama pola derradeira hora.
Xunta de novo para de vello.
Ao ano a andar, aos dous a falar.
Ben criado, mal criado, de nove meses sentado.
Cando nace unha persoa, trae unha petada de pan debaixo do brazo.
Cedo dentado, cedo irmandado.
Come, pequeno, criarte has; come, vello, e vivirás.
Con pequeno, nin ao ceo.
Deus o leve á gloria, avó, que quedaremos na gloria aló i-acó.
O labor do pequeno é pouco i-o que o perde é un louco.
O pequeno e o can é segundo o fan.
O que cas mans non pode, cos dentes acode.
O que con pequenos se deita, cagado se levanta.
Os petiscos i-os pallóns puxéronse bos: van novos.