A albarda non cansa a besta.
A albarda non carga a besta.
A albarda, á medida do burro.
Bordar e facer albardas, todo é dar puntadas.
Coser e facer albardas, todo é dar puntadas.
Entender de todo un pouco, e de albardeiro, dúas puntadas.
Non se ven as amatas en canto non se quita a albarda.
Non se ven as amatas hasta quitar as albardas.
Onde hai crego ou albarda, sempre hai hora mellorada.
Onde hai cura ou albarda, sempre hai hora mellorada.
Onde vexas corpo, bota carga, e onde vexas orellas, albarda.
Tal perigo me acovarda, aínda que sexa unha albarda.
Cando o carro canta é que vai cheo.
Cando o carro canta, o eixe arde.
Cando o carro non garda os cravos, mala conta.
Carros grandes son días santos.
Nin por arrodeos nin por atallos nunca te apartes do camiño dos carros.
Nunca lle falta en que entender ao que ten carro e muller.
O carro do preguiceiro canta baldeiro.
O que non unta o carro, quédase ás veces na corredoira.
Presta carro a quen ten carro.
Tal é o carro da Madalena, tales son os fungueiros que leva.
Castigo de dura: unha no cravo e outra na ferradura.
Con ferradura ou sen ferradura, coida ben á túa mula.
Dúas no cravo e outras na ferradura.
Ferra a besta lixeiro e andarás cabaleiro.
Ferradura que choquelea, cravo lle falta.
Nin ferrar nin deixar o banco.
Non esperes ao día do mercado pra ferra-lo cabalo.
Ou ferrar ou quitar o banco.
A fouce, na leira ou no monte.
A fouce, no prado; e o boi, no arado.
A fouce que é boa, corta hasta a cota.
Onde vai a fouce, vaia o mango.
Quen ao sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
Sementar sen sazón e coller sen fouciño.
Un gadaño e un fouciño teno calquera veciño.
A gadaña quer forza e maña.
Afiar de cada lance, cravuñar de cada gaveleiro: ese é o refrán do bo gadañeiro.
A grade que leva todos os terróns non é a mellor.
Renego da grade que leva os terróns todos.
O mango é malo, o sobremango é peor.
Todas as ferramentas son boas se o sobremango é bo.
Agárrome a este sacho porque outro non acho.
Ben come a xugada en marzo, pero ha de sualo.
O que pon seu xugo a consello, uns lle din que é branco e outros dinlle que é negro.
Se non queres xunguir, bota os bois a pacer.