A bica de fóra sabe mellor có pan da casa.
A bica fresca non se garda moito tempo na artesa
Bica de lar, comer e soprar.
Bica do lar, comer e soprar; por moita que sexa non ha de sobrar; por pouca que sexa, ha de chegar.
Bica e leite mazado, viñote e vida de aldea, Dios lla dea a quen a desexa.
Bica esfaragullada en auga quente sanda a xente.
Chocolate con bica, cousa rica.
A dote da tecedora son tres cartos e unha bola.
Bola do lar, comer e soprar.
Bola mol, moita na man e pouca no fol.
Bolo do lar, comer e soprar.
Coas bolas duran os pas.
Non se fai a voda de cogomelos, senón de bolos.
O bolo do pote, comer a galope.
Bola do lar, comer e soprar.
Bola mol, moita na man e pouca no fol.
Bolo do lar, comer e soprar.
A carne cría carne; o viño, sangre; o pan cría bandullo i-o demais todo é chanza.
A carne en outono cómea seu dono.
A carne: no sal un mes e no fume tres.
Ás veces a carne está no prato por falta de gato.
Cando o crego canta aleluia, xa se come a carne crúa.
Carne de comedianta, ruín e cara.
Carne de perna quita as engurras.
Carne do peito, moita sona e pouco proveito
Carne lanar, para mexar.
Carne morta e pan cocido, hai que buscar quen-o coma.
Carne que non has comer, deixa cocer.
Carne sen óso non é para probes.
Carnes ruíns non perigan.
Come carne, miña filla, do que se come se cría.
Comícheme a carne, róeme os ósos.
Con malas ceas e ruíns xantares crecen os ósos e minguan as carnes.
Deixa a carne un mes i-ela deixarache tres.
Din da carne de carneiro i-eu digo da de xaneiro.
Máis vale auga de carne que carne de auga.
Moitas plumas e pouca carne.
Non está a carne no garabato por falta de gato.
Non hai carne sen óso.
Non se sabe o que pesa a carne en canto non-o di a romana.
O probe que pide pan, come carne, se lla dan.
O que a pelos mira, nunca carne come.
O que che comeu a carne, que che coma o óso.
O que queira ter morriña, coma en xaneiro carneiro i-en maio galiña.
O que repara en pelos, nunca come carne.
Quen atopa tallada de carne, que coma e que cale.
Quen comeu a carne, que coma o óso.
Se cebas cedo, terás carne; si cebas tarde, nin sebo nin carne.
A falta de chocolate, boas son potas con tomate.
Chocolate antes de bañarse non debe tomarse, se un non ten ganas de enterrarse.
Chocolate con petada na casa dos probes é comida rara, porque é cara.
Chocolate ou café, na sartaña non saberá ben.
O chocolate ben sabido, tres veces fervido.
O chocolate non quere ser moi cocido senón ben remexido.
O chocolate, para ben saber, tres cousas ha de ter: espeso, que ola, e quente.
Chourizo picado non vale para asado.
O chourizo, nin antes do mes nin despois dos tres.
O facer unha fumada éche afumar unha chourizada.
Os chourizos, nin comelos nun mes nin que pasen tres.
O sabor do chourizo di onde se fixo.
Carne da saqueta, que a coma quen a meta.
Carne de calceta, que a coma o que a meta.
A fariña do demo vólvese relón.
A fariña do demo, todo se volve farelo
A moitos mantén a fariña que debía manter a cebada.
Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
Cando non hai fariña no fol, rifa a muller co home.
Cando o crego toca cedo, deixa a fariña i-o lévedo.
Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar.
De mala fariña non se fai bo pan.
Derramando a fariña non se goberna a casa miña.
Derramador da fariña, achegador da cinza.
Desta maneira, o que non ten fariña, escusa peneira.
Deus me dea paz na vila e na casa pan e fariña.
En abril e maio, fai fariña para todo o ano.
En saco de liño non léve-la fariña ao muíño.
Esparexedor de fariña, recolledor de cinza.
Fai boa fariña e non toques a buguina
Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada.
Fariña e fermento, todo é enchente.
Fol sobado, máis fariña leva.
Muiño que moes o trigo con tanto afán, ti fas a fariña e outros comen o pan.
Non dá bo pan a mala fariña.
Non ten razón o que xunta a fariña co relón.
O bo pavo fártase con fariña e salvado.
O que non ten fariña, escusa peneira.
Onde non hai fariña nin relón, todos falan sen razón.
Onde non hai fariña nin relón, todos tallan sen razón.
Onde non hai fariña, todo é morriña.
Onde non hai fariña, todo é muíña.
Onde non hai fariña, todo é rifa.
Onde non hai fariña, todo se volve rifa.
Peneirar, peneirar, e nunca fariña sacar.
Por un puñado de fariña non queden as papas raras.
Por unha pouca de fariña non queden as papas raras.
Por unha pouca de fariña que non queden a papas brandas.
Por unha presa de fariña non deixar as papas raras.
Por unha presa de fariña, que as papas non queden moles.
Por unha presada de fariña non queden as papas raras.
Quen con fariña anda, branco di.
Quen con fariña anda, branco se pon.
Ríase a miña veciña i-o meu fol teña fariña.
De mala sangre non se fan boas filloas.
Non vai por aí o gato ás filloas.
Ao lacón e ao touciño, tragos de viño
O xamón é unha chave que abre moitas portas.
Uñas, lacóns e soás, honra de mesas, proveito de cans.
Vale máis un xamón que un tropezón.
Ao leite con auga non hai que lle valga.
Cheo de leite e bola, Pirico deitado.
Femia regalada que estea criando, en leite con usura está pagando.
Leite fresco con manteiga é o almorzo das mulleres; e ao burro que vén dos toxos, come verzas, se as queres.
Leite mazado, peido no rabo.
O leite co calor ten pouco valor.
O leite co viño fai do vello mociño, se non mata de camiño.
O leite co viño fan do vello mociño.
O leite da vaca sae do muíño para a casa.
O leite de abril para min.
O leite fresco está no cesto.
O leite i-o viño fan do vello mociño.
O que no leite se mama, na mortalla se derrama.
O que no leite se mama, tarde ou nunca se esquece.
Ou ti non queres, ou ti non podes ou ti non traes o leite nos foles.
A manteiga de maio dura todo o ano.
A veiga i-a manteiga, a bondade teñen na beira.
Quen a manteiga mesura, as mans unta.
Ao comer as morcillas, rin a nai e as fillas e ao pagar, todas son a chorar.
Cada porco catorce morcillas, e se me poño e se me recacho, cada porco, vinte e catro.
Nin chas quito nin chas conto, trece morcillas saen dun porco.
Non dá morcilla o que non mata o porco.
A bo pan boa canteira.
A coda dura o dente aguza.
A falta de pan cómese bica.
A falta de pan, boa é a bola de millo.
A falta de pan, boas son tortas.
A fogaza non estorba nin embaraza.
Á mesa sen pan non te poñas a xantar.
A pan de quince días, fame de tres semanas.
A pan duro, dente agudo.
A paz i-o pan quitan moitas penas.
A quen come ben o pan, é pecado darlle compango.
A quen come pan, migallas lle quedarán.
A quen lle sobre pan, que manteña ben o can.
A quen non lle sobre pan, que non críe can.
A que ten pan e capelo, nunca lle falta mancebo.
Antes pan que viño, antes viño que touciño e antes touciño que liño.
Ao corricán non perdas o pan.
Ao derradeiro pártenlle o pan e písanlle o leiro.
Ao pan de relón hai que esperarlle sazón.
Ao pan quente ábrelle a gorxa.
Ao pedichón non se lle podrece o pan no blusón.
Ao que non lle sobra o pan, sóbralle o can.
As coitas, con pan, son boas de levar.
As coitas, con pan, son coitas a medias.
Ben sei o que digo cando pan pido.
Benia o pan que presta i-a moza que o come.
Bo é o pan con algo de compango máis.
Bocado de mal pan, non-o comas nin o deas ao teu can.
Branco e migado chámanlle leite e pan.
Busca pan para maio e leña para abril e bótate a durmir.
Cada meniño ó nacer trae un pan baixo do brazo.
Cada un busca o pan do seu mastigo.
Cando comas pan quente, non bebas auga fría.
Cando empalma o pan novo co vello, sabe ben o codelo.
Cando estaba Azaña, había pan branco en España; veu Mola e púxose a cola; agora que chegou Franco, nin negro nin branco.
Cando falta o pan, aprovéitanse as frangullas.
Cando fores ao chan alleo, leva o pan no capelo.
Cando non hai pan fanse sopas.
Cando non hai pan nin bola, rifan o tolo i-a tola.
Cando non hai pan, cómese bola.
Cando non hai pan, faragullas van.
Cando o inverno é grande, o pan ben que se lambe.
Cando o pan anda no pendón, para ben gramar, ten que o cabalo co frío tremer.
Cando o pan cencena, abranda a masa na artesa.
Cando un se acostuma ao pantrigo, xa non lle sabe o centeo.
Casa de pan tenro, casa de mal goberno.
Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra.
Con ben pan e moita leña, o inverno a ninguén empeña.
Cun cacho de pan e unha cunca de viño xa se anda o camiño.
Con leña de romeiro e pan de panadeira o labrador non fai a súa feira.
Come máis pan un día de sol de febreiro ca os cabalos de todo reino.
Comer sen graxa, pan sen taxa.
Con pan caseiro non vende o panadeiro.
Con pan e con pau.
Con pan e con viño ándase o camiño.
Con pan e viño anda o home camiño pero con xamón non ten comparación.
Con pan seco e auga fría fanse as sopas na barriga.
Con tres pes abriraste camiño: pan, paciencia e padriño.
Dáme pan e di que son parvo.
Dáo Deus na eira e tólleo Marta na maseira. (pan)
Dar do pan e do pau.
De calquera maneira, o que non teña pan non lle fai falta paneira.
De tal pan tales sopas.
Din que o pan de centeo é como o trigo; pero o trigo é trigo.
Dios nos dea pan e paciencia e morte con penitencia.
Do pan de meu compadre, grande rabañada ó meu afillado.
Do pan encetado calquera pilla un bocado.
É mellor pan duro que figo maduro.
En ningunha parte dan pan por durmir.
En pan cortar e viño botar, ben vexo quen me quer ben e quen me quer mal.
En pan encetado corte quen quer.
En todas partes cocen pan.
Inda agora se come o pan da voda.
Máis mantén pan duro que figo maduro.
Máis val pan con mel que pan sen el.
Máis vale pan duro que pedras moles.
Mellor é pan duro que ningún.
Mellor é un pouco pan duro que un figo enteiro maduro.
Nin o teu pan en bolas nin o teu viño en sopas.
Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas.
Nin o teu pan en sopas nin o teu viño en probas.
Nin o teu pan en tortas nin o teu viño en botas.
Non hai pan sen afán.
Non hai para pan e mercamos rosquillas.
Non hai peor vicio como o pan de trigo.
Non lle negues pan ao probe que de porta en porta vai, que ese amósache o camiño que mañá podes levar.
Non temos para pan e mantemos un can.
Nunca está sen pan a casa en que se traballa.
O ensino é tan bo como o pan.
O leite sen pan hasta a porta vai.
O moito pan tamén chega a cansar.
O pan ben arrendado énchelle a eira ó seu amo.
O pan centeo é bo cando é alleo.
O pan co farelo i-a carne co sangre.
O pan da casa farta.
O pan de Astorga, moito na man e pouco na andorga.
O pan de millo mantén a fame na casa.
O pan de trigo fíxoo Dios i-o de millo mandouno facer.
O pan de trigo nin pesa no corpo nin fai polo home; o pan de millo pesa no corpo e fai polo home.
O pan do grao i-o viño da uva.
O pan e a pedra, no camiño medran.
O pan e o bo viño son do seu dono.
O pan hai que partilo a tódolos coitelos.
O pan mol vaise de seu ó fol.
O pan no chan i-as patacas nas costas.
O pan pola cor e o viño polo sabor.
O pan que foi ben sachado enche o hórreo do seu amo.
O pan que non se vende despois de ir á feira, é como a fariña que non se peneira.
O pan raro enche o carro.
O pan raro vai no carro i-o mesto vai no cesto.
O pan temporán, ou en palla ou en gran
O pan trigo i-o centeo máis val na barriga que no seo.
O pan, ás dúas codias, lévase moi ben.
O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo.
O pantrigo e centeo máis val na barriga que no seo.
O que come ben o pan é pecado o compango que lle dan.
O que come pan e papas, come pan de dúas arcas.
O que dá pan a can alleo perde o pan e perde o can.
O que dá pan, dá ensino.
O que fala do coitelo, ten gana do pan.
O que menta o coitelo, ten gana de pan.
O que non ten pan, escusa peneira, i-o que non ten camisa, lavandeira.
O que non ten pan, teno que buscar, porque sen comer non se pode pasar.
O que non ten para pan, que non críe can.
O que non ten pan, xa ceou.
O que ten pan na hucha é porque non-o come.
O que ten pan non morre de fame.
O último pan que vai para o forno é o primeiro que sae.
Onde comiches pantrigo non pidas boroa.
Onde hai pan non hai fame.
Onde hai pan sempre hai fartura.
Onde non hai pan non-o comen os ratos.
Onde non hai pan, vaise hasta o can.
Onde pan se come, migallas quedan.
Os traballos con pan son mellores de levar.
Pan a fartar e compango a probar.
Pan adentado non se pon na mesa.
Pan albeiro ou pan centeo, mellor quero do meu que do alleo.
Pan albeiro, máis val na barriga que no seo.
Pan alleo, caro costa.
Pan balorento alegra ao famento.
Pan balorento, meu contento.
Pan ben feito, comer con xeito; pan podre, comer dobre.
Pan ben sachado énchelle o cabazo ó amo.
Pan centeo, antes comido que no seo.
Pan centeo, mellor no meu papo que no alleo.
Pan cocido e xente vella, todo é bo porque ten cerna.
Pan comido non ten sustancia.
Pan con fartura cansa logo se moito dura.
Pan con ollos, queixo sen ollos e viño que salte ós ollos.
Pan con pan, comida de bobos.
Pan con pan, comida de lobos.
Pan con pan, compango de lobos.
Pan da miña falchoca, como el non me falte, todo me sobra.
Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano manteñen o home san.
Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, mantén o home san.
Pan de hoxe, carne de onte e viño de antonte.
Pan de hoxe, carne de onte e viño de outono manteñen o home san.
Pan de millo non llo des ao teu fillo.
Pan de millo pesa na man e pesa na barriga.
Pan de millo, pan de Dios, dunha miga fanse dous.
Pan de onte e carne de hoxe e viño de antano, saúde para todo o ano.
Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano manteñen o home san.
Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna.
Pan de panadería, nin farta nin medra.
Pan de toxo, sinal de noxo.
Pan de trigo e leña de carballo.
Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo.
Pan de trigo, meu amigo; pan de boroa, o que o coceu que o coma.
Pan de trigo, pan de Dios, dun anaco fanse dous; pan de millo, pan de Xudas, todo se volven faragullas.
Pan de voda é carne que consola a quen a coma.
Pan de voda, quen-o queira comer que o coma.
Pan e noces saben a amores.
Pan e papas baleiran as arcas.
Pan e papas, pan de dúas arcas.
Pan e unto, todo vai xunto.
Pan e viño andan camiño mellor que mozo garrido.
Pan e viño non sentan mal e alegran o gañán.
Pan encetado non ten torna.
Pan fresco e leña verde, a casa perde.
Pan livián e queixo pesado.
Pan mal amasado non pide bocado.
Pan mol vai de seu ao fol.
Pan mol, de seu se engole.
Pan mol, moito na man e pouco no fol.
Pan mol, pousa na boca, tumba no fol.
Pan mole, nin presta nin fonde.
Pan para hoxe, fame para mañá.
Pan por pan e viño por viño.
Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste.
Pan que sobre, carne que baste e viño que falte.
Pan quente e auga fría era o que a morte quería.
Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras.
Pan quente e viño forte ao vello danlle a morte.
Pan quente fame mete.
Pan quente, moito na man e pouco no ventre.
Pan sachado, pan dobrado.
Pan seco i-auga fría fan as sopas na barriga.
Pan vello fame é.
Pan, con fartura; e viño con mesura.
Pan, viño e carne quitan a fame.
Pan, xamón, touciño e queixo é o que enchen o pelexo.
Pan, xamón, touciño e queixo son os que enchen o pelexo.
Para a moita fame non hai boroa dura.
Para andar camiño leva pan e viño.
Para estar o pan ben amasado, hanlle suar os pés á artesa.
Para pan e cebola é mester cazola.
Para que queres mellor pan que o pantrigo?
Para quen non quer comer, hai pan abondo.
Por xaneiro bótame un pan enteiro.
Que chova que neve, o que coma pan bebe.
Queimase o pan ás veces na mesma porta do forno.
Quen aforra o pan non quer ben aos fillos.
Quen dá pan dá ensino.
Quen dá pan, pon afán.
Quen di pan di fartura.
Quen dixo pan, dixo trigo.
Quen se mantén de pan, moi mal mantido non vai.
Quen ten mans e saúde, come pan hasta o ataúde.
Quen xaxúa por san Xoán, ou é tolo ou non ten pan.
Quero saber de que pan me hei manter.
Se a silveira ten amoras, come pan a poucas horas.
Se pan has de ter, obedece a muller.
Se pan quente comes, non bebas auga da fonte.
Se queres coller pan, ara polo san Xoán.
Se queres pan, vaino a buscar á terra do meu can.
Sen afán non hai pan.
Sen pan come o can.
Sen pan nin viño non se anda ben o camiño.
Sopas e pan dúas casas desfán.
Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.
Tanto queixo como pan non se debe dar.
Trebón de xaneiro, nin bo pan nin bo palleiro.
Vai buscar o pan ao niño do can.
Vai saír a torta un pan.
Val máis pan duro que consello de burro.
Val máis pan duro que pedras moles.
Val máis que sobre pan que non que falte viño.
Vale máis codia dura que pedra mol.
Vale máis pouco pan duro que fame de nove días.
Xunta pan para maio e leña para abril.
Agora, papas na ola, e se a ola creba, papas na merda.
Almorzar de papas e traballar cas vacas, non se afastar das casas.
As papas deica a porta e as verzas deica a horta.
As papiñas que nos dan non se comen no inverno nin no verán.
De papas e pan dúas casas se van.
En comer papas, calzar abarcas e xunguir bois da mulida pásase metade do día.
Non quero papas nin ir ás vacas.
O que almorza con papas i-ara con vacas, que non vaia para moi lonxe das casas.
O que lambe a pota das papas, chóvelle na voda
O que xungue bois á mulida e come papas cun fuso, váiselle a metade do día.
Papas con leite de xuño por riba, tírate, galán, de barriga arriba.
Papas con mel saben ben.
Papas con mel saben moi ben.
Papas con pan unha casa desfán.
Papas con pan, cava Xan; papas sen pan, non cava Xan.
Papas e bolos, comida de tolos.
Papas e pan unha casa desfán.
Papas e pan, unha arca desfán.
Papas e pan, unha casa desfán; papas e bolo, desfana de todo.
Papas e sorber non pode ser.
Papas e vodas, en quente.
Papas hasta a porta e verzas hasta a horta.
Papas hasta a porta, coles hasta a horta e fabas para todo o ano.
Papas quentes pasan sete ríos e inda queiman o home.
Papas raras e sen pan, cavarán, Xan.
Papas sen leite á noite en xaxún, saben que rabian.
Papas sen pan nos toxos tallarán?
Papas sen pan tallarán?
Se che gusta comer papas, vai a Foxos segar pan: á mañá danche papas; á mediodía papas che dan; á merenda papas solas; á noite papas sen pan.
Véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas o pote das papas.
Algo vale o queixo cando o dan a peso.
Cacho pan, cacho queixo, man, man.
De san Martiño a abril mercar os queixos mil.
Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
En san Xoán, tanto queixo coma pan.
No día de san Xoán máis queixo que pan.
No mes de abril, fai queixos mil, e no de maio fai tres ou catro.
O día de san Pedro tanto queixo como un dedo.
O pan por lixeiro i-o queixo por pesado.
O queixo de outono cómeo seu dono.
O queixo i-o barbeito, en abril ou maio sexa feito.
O queixo mellor é fresco, porque non está tan seco.
O queixo san é o que dá o avaro.
O queixo, cego; e o pan, ollado.
O queixo, sen ollos; o pan, con ollos; e o viño, que salte aos ollos.
Os queixos mellores da primavera en outubro véndense á carreira.
Queixo cerrado e pan esponxado.
Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca.
Queixo diario e unha libra ao ano.
Queixo mol vaise ao fol; queixo duro vaise ao ventrullo.
Queixo mol, corre para o fol.
Queixo pesado, pan livián.
Queixo, cego, pan que vexa, e viño que salte á cella.
Queixo, leite, soros e requeixos terás en abundantes provisións.
Quen vende a fariña e o queixo na encella, o viño en mosto, e o trigo en agosto, súa ganancia dá a outro.
Se queres que non che coma o queixo o rato, compra un gato.
Tanto queixo coma pan nunca se debe dar.
Val máis un queixo de nabo que catro de maio.
O touciño non é de ovella.
Onde hai touciños hai tornos.
Onde hai touciños non hai corres.
Onde pensamos que hai touciños, non hai estacas.
Onde se pensa que hai touciños non hai corres.
Onde un pensa que hai touciños, inda non hai tornos para colgalos
Polo Carnaval anda o touciño a real.
Tallada de touciño quer gulapo de viño.
Tanto dá touciño como soá.
Anaco de touciño pide trago de viño.
Ao lacón i-ao touciño dálle con viño.
Ao touciño mételle tragos de viño.
Ben para alá, tanto ten touciño coma soá.
Coa axuda dos veciños sóbense os gatos aos touciños.
Díxolle o touciño ó viño: "ben veñades, meu amigo".
En xaneiro cómese touciño novo e déixase o vello.
Moitos fanchos e poucos touciños.
No crecente, o touciño crece na ola.
Non hai ola sen touciño
O touciño en outono cómeo seu dono.
Canto máis unto, mellores verzas.