Do allo á cebola veña o demo e escolla.
Para quitar a bruxería mete allos no peto.
O que allos come, pícase.
O que perdeu nos allos, quer cobrar nas cebolas.
O que se pica, allos come.
Para escorrentar as meigas, allo; e para facer a augardente, leña de carballo.
Digo e redigo que a bévera nunca foi figo.
O que digo, digo, que a bévera non é figo.
Con béveras e con figos non aproveitan os viños.
Con béveras viño bebas.
Con béveras viño non bebas.
Sobre béveras, auga non bebas.
A castaña é moi pilla: así que regaña, vai con quen a apaña.
A castaña i-a dama nunha noite se derrama.
A castaña maduriña, ou cocida ou asadiña.
A castaña no Nadal, sabe ben e parte mal.
A castaña no ourizo, sei moi ben como fai: cando pinta, madurece; cando madurece, cae.
A castaña no souto, por un lado e por outro e, cando está no camiño, afuracarlle cun guizo.
A castaña posta no camiño é do veciño.
A castaña que está no camiño é do veciño.
A castaña sabe moita maña, que se vai con quen a apaña.
A castaña ten a maña, que se vai, con quen a apaña.
A castaña vén pola montaña.
A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
A castaña, en canto está no souto, dáseme por ela pouco; da que vai no canizo, fúrgoa co guizo; e da que vai ó arcaz, arreda rapaz.
A castañeira termina na ribeira
Ao comer castañas e papas sempre anda o cu a fragatas.
Ao ourizo, cando regaña, logo lle cae a castaña.
As castañas do camiño son do veciño.
As castañas están caendo i-estanse facendo.
As castañas postas en xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
As castañas, a todas as mañas.
As castañas, para ben ser, en agosto quecer i-en setembro beber.
Cando no castiñeiro vires candea, leva ó carneiro a ovella.
Cando o ano vai de cagar, non val comer castañas verdes.
Castaña no souto, nin miña nin doutro.
Castañas en Nadal saben ben e prestan mal.
Castañas por Nadal saben e parten mal.
Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.
Castañiñas a roer, piolliños a nacer.
Castiñeiro sen candea, que castañas pode dar?; amor probe sen diñeiro, que amores pode tomar?
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
É boa a castaña se non costa nada.
En canto a castaña está no souto, ou será miña ou doutro.
En canto a castaña está no souto, será para ti ou para outro.
En canto as castañas están no caínzo, ataca co guizo
En canto as castañas están no caínzo, atiza co guizo; despois que van no arcaz, pobre de ti rapaz.
Fíate nas castañas asadas que, se estoupan, sairanche á cara.
Mentres a castaña está no souto, ou será miña ou de outro.
Mentres hai castañas no souto, ou por un lado ou por outro; cando están no canizo, escaravellas co guizo; des que van no arcaz, pobre de ti, rapaz.
Entrementres se xoga, non se asan castañas.
Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamusco.
O abono do castiñeiro é o machado.
O ourizo tamén Dios o fixo.
O que non sabe maña, non come castaña e, para a comer, hai que a saber.
O que sabe mañas, asa castañas; i-o que non sabe ningunhas, nin asadas nin crúas.
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo, se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
Sen maña non se come castaña.
Señora María, señor Manuel, castañas asadas e viño con mel.
Máis ben me sabe a miña cebola que a carne da túa ola.
A cereixa caída, no chan podrece.
As cereixas e as malas fadas cóllense poucas e veñen a presadas.
As palabras son coma as cereixas: unhas noutras se enguedellan.
Cereixas e malas fadas, cóllense pouquiñas e veñen moitas agarradas.
Como as cereixas son as desgrazas, que unhas noutras se engarran.
Comíche-la cereixa, has caga-la croia.
Da cereixa ao limón, ben che vai pión; do limón á cereixa, tu me dara-la queixa.
Das cereixas aos nabos ben o pasamos, e dos nabos ás cereixas damos as queixas
Das cereixas aos nabos no nos queixamos; dos nabos ás cereixas veñen as queixas
Dende as cereixas aos nabos ben estamos; dende os nabos ás cereixas, todas son queixas.
Dos figos ás cereixas inda me darás as queixas.
Hasta xaneiro, calquera vella fai o pucheiro; de xaneiro ás cereixas, alí van as queixas.
Na ruín terra antes vén a fame que a cereixa.
O que á cerdeira non sobe, malas cereixas come; se sobe e cae, peor lle vai.
O que arriba non sobe, cereixa madura non come.
O que non sobe, boa cereixa non come.
Os preitos son como as cereixas, veñen en gramalleira.
Segundo vexas o cereixal, así será o anal.
Unha idea saca outra, como pasa cas cereixas
En todas partes cocen fabas, e en algunhas a caldeiradas.
En todas partes hai fabas que mondar.
Froito da figueira, moi brando e doce, de pel fina e carne chea de sementes miúdas.
A negra con frío non vale un figo; a branca ca xeada, nin figo nin nada.
Aos figos, se son verdes, hai que darlles viño.
Cando o cura vai aos figos que faremos os veciños!
Con figos bebe auga ou viño.
Con figos e béveras, auga bebas.
Desde que a figueira ten as follas, logo veñen os figos.
Digo que a figueira non é figo e así o digo.
Figos á figueira, vellos á golfaría.
O figo na figueira, a froita na praza e a moza no mesón, tres cousas son que maduran sen sazón.
Á froita caída dáselle co pé.
A froita que cae no camiño é do veciño.
Dos colores, a gra; e das froitas, a mazá.
Froita que pronto madura, pouco dura.
Froita que regaña, madura está.
Froitas varias ben adozadas en agosto son preparadas.
Ou a froita ben vendida ou no árbore podrecida.
Se o froito de cedo mente, o de tarde, sempre.
Uns comen a froita aceda e outros teñen a denteira.
A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
A ningún prezo é pagada a landra que é azucrada.
Se queres ver as crías ben lucidas, sazona con landras súas comidas.
Sempre o ruín ha topar unha boa landra.
Froito da laranxeira de forma arredondada e de cor entre amarela e encarnada.
A laranxa á mañá é ouro, ás doce prata e á noite mata.
A laranxa pola mañá ouro, polas doce prata, pola noite mata.
Non se ha de espremer tanto a laranxa que amargue o zume.
O que come a laranxa que probe a denteira
Froito da maceira comestible de carne branca e pel fina de cor verde amarela ou vermella segundo as variedades.
Mazá, troita e muller, fresca se pode ser.
O que non cae á maza, cae á espada.
O que non cae á maza, cae á espadela.
O que non vai na maza, vai na espadela.
O que ten mans, ten mazás.
Quen tivo máns, pillou mazás.
Pucho de palla e mazá madura pouco dura.
O melón e a muller son malos de coñecer.
O melón i-a muller, malos de coñecer.
Non sei que ten a menta, que nunca mal senta.
A catedral sobre un nabo está.
A nabos e coles, esterco de marzo.
A regra das colleitas son os nabos.
Anque me botes os cans ao rabo, léveme o demo se deixo o nabo.
As cousas no seu tempo i-os nabos no Advento.
As nabizas piden unto; i-os grelos, lacón ó punto.
As nabizas queren unto, aceite e allos; todo xunto.
Bótame no agosto co terrón e non me cortes no setembro co torbón.
Cando pasan nabos, mercalos.
Colleita tarde, nabos cedo.
Debaixo dun terrón sae un nabo bo.
En canto a nabiña estea no nabo, non hai que fiar do estrelado.
Na túa nabiña verás a colleita que terás.
Nabo cativo, aos tres días nacido.
Nabo, castaña e relón fai bo o xamón
Nabo, nabiza e grelo, a trindade do galego.
Nabos ao pé dos hortos non ceban os porcos.
Nabos e fidalgos, raros.
Nabos e señores, canto máis raros, mellores.
Non hai coma o nabo de Lugo.
O nabo é durmiñón, un ano está debaixo do terrón.
O nabo i-o señor, canto máis raro, mellor.
O nabo quer ser abonado.
O nabo, para ser bo, ten que ser sementado antes de san Ramón.
O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer.
Os nabos de outono fan rico ó seu dono.
Os nabos e os peixes no tempo da xeada crecen.
Os nabos e os señores, canto máis raros, mellores.
Os nabos, como os señores, canto máis raros, mellores.
Os nabos, por san Bartolomeu, cada paso seu.
Para labrar nabos, homes tolos e xatos bravos.
Para ter bos nabos, rella i-esterco de ovella.
Ponte no marco, e se aquí hai un e outro no cabo, hai nabos
Quen queira nabos vaia arrincalos.
Se queres ter bo nabo, abona ben o agro.
Se queres ter boa nabiña, planta antes da santa Lucía.
Se queres ter bos nabos en San Xoán, tes que sementalos
Se queres ter bos nabos para semente, plántaos por san Vicente.
Se queres ver ben o nabal, que pareza ao principio mal.
Se queres ver bo o nabal, que pareza ao principio mal.
Segundo vexas o nabal, así será o demais anal.
Tal nabal, tal anal.
Tales terras, tales nabos.
Froito da nogueira, que consta dunha parte carnosa e comestible, a semente, e dunha casca leñosa e dura dividida en dúas metades.
Á nogueira e ao vilán, co pau na man.
A noz e a abelá, tanto se paga a boa como a san.
Dios me dea a nogueira sempre á beira.
É mais o ruído ca as noces.
O que pon a nogueira non espere comer dela.
Por san Agustín andan as noces no arrolín.
Por san Martiño andan as noces ao arroliño.
Por san Xusto e san Pastor entra a noz en sabor.
Por san Xusto e san Pastor, xa entra a noz en sabor.
Por santa Tecla abala a nogueira.
Quen planta a nogueira non pense coller froito dela.
Son máis as voces que as noces.
Tantas noces en carrela como peros en fanega.
Uns comen as noces e outros levantan as voces.
A pataca ben curada, en novembro estea empallada
A pataca quere ver ir o dono para a casa.
As patacas de febreiro lévanse no sombreiro, e as de marzo non enchen cabazo.
As patacas de xaneiro lévaas un home no sombreiro.
As patacas de xaneiro van no cesto e volven no sombreiro.
As patacas no san Xoán alimentan como o pan.
As patacas por agosto colleitadas son as mellores para gardalas.
Caves ben, caves mal, cava as patacas en san Xoán.
Dicían as patacas: "Bótame en marzo, bótame en abril, hasta maio non me verás saír".
Non botes patacas os venres que as comen os vermes.
O que queira comer patacas en san Xoán, bóteas cando o pan.
O que queira comer patacas no maio, bóteas no san Paio.
Para as patacas de cedo abundar, aos corenta días de sementar deben valer para arrincar.
Patacas con bacallau é comida de testemuñas falsas.
Quen patacas a tempo desexe, téñaas sementadas por san Xosé.
Se queres patacas en san Xoán, bótaas canda o pan.
A pera dura co tempo madura.
A pera e a muller, a que cala boa é.
A pera para comela non espera; pero a mazá espera.
A pereira é para o que está á beira.
A pereira que non ten peras, pouco hai que esperar dela.
Algún día a miña pereira hame dar peras.
Ano de peras nunca o vexas.
Ao almorzo danme peras; ao xantar peras me dan; danme peras á merenda, e á cea peras sen pan.
Cada cousa a seu tempo e as peras en Advento.
Cada pera ten o seu rabo.
Cada pera, polo seu rabo.
Cando peras, peras; cando delas, delas.
Chámanme pera verde, a ti, mazá podre: a pera verde cómena i-a mazá podre tírana.
Con peras viño bebas e sexa tanto o viño que naden as peras.
Con peras viño bebas; e tanto sexa que naden as peras.
Con peras viño bebas; mais non sexa tanto viño que afoguen as peras.
Con peras, viño bebas, e con béveras non bebas.
Con peras, viño bebas.
Con tempo e palla han ir madurando as peras urracas.
Non hai pera que non madureza.
Non lle pidas peras ao olmo.
O que moito escolle, peor pera come.
O que non queira peras, que non vaia a elas.
Pera que ao comela canta, non vale nada.
Pera que se desfai ao comela, sábelle ben a calquera.
Poucas peras se compran por un carto.
Quen fala mal da pera, ese a merca.
Quen non dá das súas peras, non espere das alleas.
Se foras pera de lamber, non estabas sen comer.
Ti amósame a pereira, que quero estar á súa beira cando teña peras.
Tras das peras, auga non bebas.
Un ano de peras i-outro de peros.
Quen queira ter pirixel todo o ano, seménteo no mes de maio.
Se queres ter pirixel todo o ano, sementaralo no maio.
Sementa o pirixel en maio e terás pirixel todo o ano.
Se queres ter perexil, seméntao no mes de abril e, se queres todo o ano, seméntao no mes de maio.
O que queira bo repolo, póñao no mes de outono.
O repolo de outono mantén a seu dono.
O repolo i-o señor, cantos máis raros, mellor.
A sandía, nin en abril nada nin en maio botada.
A sandía, nin en abril sementada nin en maio nada.
As sandías, nin sementadas en abril nin nadas en maio.
A todo lle vai ben o tomate, non sendo ás papas e ó chocolate.
Con tomates na cociña fanse milagres a eito.
Con tomates non hai mala cociñeira.
Non te mates por tomates que os hai na tomateira.
O tomate úsase hasta que se remate.
A verdura no outono cómea seu dono.
A verdura posta en outono mantén a seu dono.
Comer verdura e botar mala ventura, para os probes é cousa segura.
A verza do outono para o seu dono.
A verza do outono que a coma o dono.
As verzas en outono matan o seu dono.
As verzas en xaneiro saben a carneiro.
A verza en xaneiro vale por carneiro.
As verzas en xaneiro saben como carneiro y as de outono matan o seu dono.
As verzas de xaneiro saben a carneiro se se lles bota
Cando non é por verzas é por fío negro.
Como o can do hortelán, que nin come as verzas nin as deixa comer.
Máis vale verzas en paz que guisados en guerra.
Verzas con unto i-a pota destapada, e nabizas con aceite i-a pota tapada.
Verzas moitas non son troitas.
Verzas que non has de comer, déixaas ó demo cocer.
Verzas que non has de comer, que fervan non che interesa.
En xaneiro ás verzas non lles fai falta carneiro.
En xaneiro verza vella val carneiro.
En xaneiro saben as verzas a carneiro.
En xaneiro a verza é carneiro.
Hai máis que verzas na ola.
Non comas verzas no día de Entroido, que che pican os mosquitos nos ollos.
O can de hortelán non come as verzas nin deixa collelas para comelas.
O que de verzas se mantén, pouca forza e graxa ten.
Verza que no has de comer, déixaa cocer.
Verzas con unto i-a pota destapada, e nabizas con aceite i-a pota tapada.
Ao seu tempo cóllense as uvas se están maduras.
Ao seu tempo veñen as uvas i-as mazás maduras.
As boas uvas de colgar dispón quen facer obsequios se propón.
As moras maduras repintan as uvas.
As uvas non son uvas hasta que están maduras.
Cando a mora madura, xa pinta a uva.
Cando comezan as uvas a pintar, comezan as mozas a fiar.
Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.
Co tempo maduran as uvas.
Co tempo veñen as uvas se son maduras.
Con tempo os bagos se logran.
Cortarás a uva sazonada que non estea agre nin pasada.
Des que pintan as uvas, connosco está o outono.
Despois de uvas e mel, sabe mal o viño pero fai ben.
En Santiago pinta o bago.
Mora madura, pintar na uva.
Na santa Mariña pinta o bago na viña.
Ninguén se farta de uvas que non lle caiban dúas.
Non queiras uva verde nin podre se te propós facer boa bebida.
Ou tarde ou cedo, a cepa sempre dá uvas polo setembro.
Para que me gusten as uvas, han de estar maduras.
Polo san Lucas saben ben as uvas.
Por san Martiño e san Xudas, piñeiriñas de túas uvas.
Por san Miguel as uvas maduras moito me tardan e pouco me duran.
Por santa Ana, a uva pintada.
Por Santiago e Santa Ana pintan as uvas, e pola Nosa Señora xa as hai maduras.
Pouco por uvas se me dá cando nonas hai.
Tantarantán as uvas son verdes, tantarantán, xa madurarán.
Tanto me quer o fillo da uva, tanto me quer, que se el quer, me derruba.
Uva de viña apedrada pona en pipo separada.
Uva mollada, para viño non vale nada.
Uvas, pan e queixo saben a beixo.