Aire caldelao tres días toca en vao.
Aire de abaixo, auga segura.
Aire de arriba, aire da merda; polo aire de arriba perdín a miña herba.
Aire de baixo, chuvia segura.
Aire de Calde non traballa en balde.
Aire de Lugo, auga no puño
Aire de Meira, caldeira á goteira.
Aire de Neira, auga á carreira.
Aire de Ourense, sol que nos quente.
Aire de Portugal, vellas ao xestal.
Aire de Sarria, ou moito ou nada.
Aire de terra, augas a xerras.
Aire do Candán: todo arriba, abaixo nada. Deus nos libre da cabra fanada!
Aire do nacente, auga de repente.
Aire do norte, aire de merda: polo aire do norte perdín a miña herba
Aire do oeste, solta os bois e vente.
Aire do poñente, solta os bois e vente.
Aire do soán, auga na man.
Aire norte, auga forte.
Aire norte, tempo forte.
Aire peroxán, nin auga nin verán.
Aire sarrián ou moita choiva ou nin un grao.
Aire soán, frío no inverno e quente no verán.
Aire soán, malo no inverno e peor no verán.
Aire solán, auga na man no inverno pero non no verán.
Aire solán, troitas á man.
Aire suán, auga na man.
Aire villalbés, auga por un mes.
Aire zamorán, auga na man.
Así que te tire o aire, déitate.
Aventar sen aire, traballo en balde.
Berra o mar en Lapamán, vento sur á mañá.
Cando nas témporas de Nadal queda o aire de abaixo, ano húmido.
Co aire do poñente solta os bois e vente.
Con aire de riba non se perde o día.
Co aire soán cata a auga na man, tanto no inverno coma no verán.
Non hai mal tempo, se non fai vento.
O aire abeneirado, ou moita auga ou nin un grao.
O aire de Calde non sopra de balde.
O aire no viño feito non lle fai bo proveito.
O ar soán, nin no inverno nin no verán.
Se vén o aire de Portomarín, auga na cara.
Vén o aire da ribeira, pon o canado á veira.
Arco á cea, boa noite espera.
Arco á matina, á tarde tormentina.
Arco á matiña, alista a capotiña.
Arco da vella ao radiante, dálle aos bois para diante.
Arco da vella ao raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante!
Arco da vella ao raiante, anda boi para diante; arco da vella ao poñente, ceiba e vente.
Arco da vella a levante, fala aos bois para adiante.
Arco da vella á mañanciña, prepara a capotiña.
Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia, traerá aire.
Arco da vella en Penaxuán vale máis pola noite que pola mañá.
Arco da vella no poñente, ceiba os bois e vente
Arco da vella, auga na terra.
Arco de vella ao poñente, pícalle aos bois e vente.
Arco de vella raiante, pícalle aos bois para diante.
Co arco da vella no radiante, colle os bois e fálalle para diante.
O arco da vella ao poñente, fala aos bois e vente.
Arreboles a Aragón, á noite con auga son.
Arreboles a Castela, vellas á cociña.
Arreboles a Portugal, á mañá sol serán.
Arreboles a todos cabos, tempo dos diaños.
Arreboles ao sol posto, meu caperuchiño andará enxoito.
Arreboles de Castela, vellas á cociña.
Arreboles de sol posto é sinal de tempo enxoito; arreboles de sol levantado, é sinal de tempo mollado.
Arreboles de todos cabos, tempo dos diaños.
Arreboles ao oriente, auga ao amañecinte.
Arreboles ao sol posto, mañá andarás enxoito.
Arreboles ao sol posto, meu caperuchiño andará enxoito.
Arreboles pola tarde, á mañá aire.
A auga clara i-o chocolate espeso.
A auga cría ras.
A auga da fonte, boa para o pote.
A auga de abril enche o carro e o carril.
A auga de abril enche o carro e o cubil.
As augas de abril enchen o carro i-o carril.
A auga de abril trae o pan ao carril.
A auga de agosto e o polvo de abril botan o labrador a pedir.
A auga de agosto e o polvo de abril, toca na hucha coma un pandeiro.
A auga de correr e a xente de falar non se pode privar.
A auga de correr e a xente de falar non se pode privar.
Á auga de correr i-aos cans de ladrar, non se lles pode privar.
A auga de febreiro derrama o viño.
A auga de febreiro ten para os campos tempero e a auga de maio teno para todo o ano.
A auga de maio carga o carro.
A auga de maio carga o carro e non fai dano.
A auga de xuño, máis que bondade, ten infortunio.
A auga desfai os camiños.
A auga do rego non quita a do ceo.
A auga fai tolear os muíños.
A auga lava todo.
A auga no outono mata a seu dono.
A auga non se podre nas nubes.
A auga perderana os meses; o ano, non.
A auga que fai tolear aos muíños, non é estraño que derrame os camiños.
A auga todo lava senón a mala fada.
A i-auga molla por onde pasa.
A moita auga fai a pouca anada.
Abril augas mil, escoadas por un mandil.
Abril augas mil, peneiradas nun candil.
Auga de marzo peor é que leixenzo no caso.
Auga que non has de beber déixaa correr.
Auga da fonte que non has de beber, pasa e déixaa correr.
Auga de fonte que non has de beber, pasa e déixaa correr.
Algo debe ter a auga cando a bendicen.
Antes faltará o fillo ao pai que a auga ao aire.
As augas de abril non deben encher un barril.
As augas de abril, todas collen nun barril.
As augas de xaneiro por a pena fan regueiro.
Ao mar, auga.
Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha.
Auga á mañanciña, tormenta á tardiña.
Auga antes do vento, vento ou mal tempo.
Auga ao figo e ás peras viño, pero non sexa tanto o viño que naden as peras.
Auga ás moitas, i-estoupas.
Auga chova e maio veña, anque chova has de ir á leña.
Auga corrediza non garda malicia.
Auga corrente non mata a xente.
Auga corrente non mata a xente; auga estancada está envelenada.
Auga corrente non mata a xente; auga parada tena matada.
Auga creadora, cando maio chora.
Se maio chora, auga creadora.
Auga da fonte, herba no monte.
Auga de abril mata a porca no cubil.
Auga de abril tolle a porca no cubil.
Auga de abril trae o pan ao carril.
Auga de abril, graos mil.
Auga de bobos molla os cordos.
Auga de febreiro enche o cabaceiro.
Auga de febreiro fai bo palleiro.
Auga de lebres nunca más medres.
Auga de maio mata o porco dun ano.
Auga de maio, pan de todo o ano.
Auga de maio, pan para todo o ano.
Auga de marzo come pais e fillos.
Auga de marzo, peor que a mancha no pano.
Auga de marzo é peor que leixenzo no cazo.
Auga de mediodía, auga para todo o día.
Auga de moitos regueiros é mala de recadar.
Auga de outono mata o seu dono.
Auga de serra e sombra de pedra.
Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non.
Auga de xaneiro todo o ano ten tempero.
Auga de xaneiro, cada pinga val diñeiro; se non foi ao primeiro, voltan ao derradeiro
Auga de xaneiro, cada pinga val un centeeiro.
Auga de xaneiro, todo o ano en concerto.
Auga e bola come a tola.
Auga e castañas fan medra-las entrañas.
Auga e pan, na barriga sopas fan.
Auga e pan, sopas na barriga fan.
Auga en marzo, a que leve a vella no regazo.
Auga en outono non lle convén ao xornaleiro nin ao seu dono.
Auga fría e pan quente nunca fixeron bo ventre.
Auga fría e pan quente nunca fixeron o home valente.
Auga mala, fervida e colada.
Auga mañanceira non é duradeira.
Auga miúda, vendaval que dura.
Auga noitega, curuxa tardega.
Auga ao figo e-á pera viño.
Auga parada non move muiño.
Auga pasada non moe muíño.
Auga parada, xente matada.
Auga pasada non volve ao muíño.
Auga pouca e xamón hasta a boca.
Auga para o figo e para as peras viño.
Auga que corre non mata a home.
Auga que corre nunca mal colle.
Auga que pasou non move rodicio.
Auga sen olor, color, nin sabor, e haberá de ver o sol.
Auga, auga, que arde a fragua.
Auga, Dios, e veña maio, que axustado estou por ano.
Augas de febreiro, enchen o celeiro.
Augas mil e non falten as do mes de abril.
Falten augas mil e non as do mes de abril.
Anque veñan augas mil, que non falten as de abril.
Bebeu a auga do xuncal, sóubolle ben e fíxolle mal.
Bola quente, e auga fría, tres días de cagarría.
Ca auga de abril e maio nace o pan do ano.
Cada gota de auga na sega, val un sapo na terra.
Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra.
Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca.
Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cribas e o mazo.
Cando o río sona, auga leva.
Canta auga cae non molla un forno.
Canta auga corre non quenta un forno.
Cava, cava e encontrarás auga.
Coas augas pasadas non anda o rodicio.
Con auga e con sol, Dios é criador.
Con auga e pan pásase o río para Mougán.
Con auga non hai terra mala.
Con auga pasada non anda a moa.
Con auga pasada non moen os muíños.
Con augas paradas non moen os muíños.
Da auga mansa líbrenos Deus, que da brava librámonos nós.
De presunción i-auga bendita toma cada un a que necesita.
De presunción, auga e vento, cada un toma o que quer.
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
En anos de sazón que foi escasa, a auga debe madurarse na casa.
En inverno sempre procura que de auga non haxa fartura.
Falten augas mil e non as de marzo e de abril; falten as de todo ano e non as de abril e maio.
Hai auga que queima e sol que rega.
Hasta a auga de fregar é posible aproveitar.
Lávanse os gatos a cara, logo vén a auga.
Lávase o gato á noite, auga segura.
Lávase o gato, auga no papo.
Máis vale auga de carne que carne de auga.
Máis vale auga entre abril e maio que os bois e mais o carro.
Moitas augas en maio traen mal ano.
Moitas augas non traen bágoas.
Moitos queren o sol na aira e a auga no horto.
Nin para lavarse nin para face-lo caldo fai falla auga, porque o viño basta.
No tempo da vendima, auga do ceo, mala; pero da fonte, boa é.
Non che importe a mancha que sae con auga.
Non sempre vai a auga ao rego.
O lume apágase con auga pero a auga non se apaga con nada.
O que non ten que facer, dedícase a dar auga por un canado.
Onde hai xuncos, hai auga.
Os terreos encharcados deben estar desaugados.
Para moita sede non hai auga mala
Que falten as augas de todo o ano e non falten as de abril e maio.
Se non hai auga, non hai nada.
Se queres que a auga corra, tíralle o terrón da presa.
Se queres tomar auga pola boca dun barril, podes pedila aínda no mes de abril.
Se sopra o lume, auga no cume.
Todos din a auga que bebo pero ninguén sabe a sede que eu teño.
Unha auga de abril e dúas de maio valen máis que os bois e o carro.
Unha auga de maio e tres de abril valen por mil.
Val máis o que deixa a seca que o que a auga medra.
Vale máis a auga da cama que a cama da auga.
Borraxeira no val, mariñeiro á rúa.
Borraxeira ao mar, vento á terra vén buscar.
Borraxeira polo mar, nordestiño vai buscar.
Ano de brétemas, ano de medas.
Bica a brétema os picachos, para encher as olas e cachos.
Brétema en Fonfría, auga de noite ou de día.
Brétema húmida adoita traer chuvia.
Brétema na xeada, auga pola tarde.
Brétema no agosto, pouco magosto.
Brétema no monte, mellor que pola mañás é pola noite.
Brétema no norte, mellor que pola mañá é pola noite.
Brétema no Xiabe, chuvia pola tarde.
Brétemas no alto, chuvias no baixo.
Brétema en Meda, chuvia na aldea.
Xa o di o refrán: día de brétema, día de raposo.
Brétema de marzo, xeada en maio.
Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite.
Cando á tarde hai no ceo cardaduras de lá, se non chove hoxe, choverá mañá.
Cando está o ceo caspento, ou auga ou vento.
Cando no ceo hai cardadelas de la, ou chove hoxe ou mañá.
Cando o ceo é pedrento, ou chuvia ou vento.
Cando o ceo está de barriga de burro, chove duro.
Capelos de lá, se non chove hoxe, chove mañá.
Ceo apedrado, chan mollado.
Ceo caspento, choiva ou vento.
Ceo cuberto de lá, se non chove hoxe, choverá mañá.
Ceo empedrado, antes de vinte e catro horas mollado.
Ceo empedrado, chuvia, vento ou orballo.
Ceo empedrado, mañá sol claro.
Ceo empedrado, o chan mollado.
Ceo empedrado, queixón baleiro.
Ceo en penlas de lá, se non chove hoxe, chove mañá.
Ceo encarnado, vendaval ao rabo.
Ceo enloitado, tempo mollado.
Ceo escamado, vendaval ao rabo.
Ceo escamento, auga ou vento.
Ceo escamento, chuvia ou vento.
Ceo escamudo, tempo inseguro.
Ceo escamudo, vendaval duro.
Ceo ladrillado, vento, auga ou mar picado.
Ceo lastrado, agro mollado.
Ceo nubrado, vendaval ao rabo.
Ceo pedrento, choiva ou vento.
Ceo resgado, vento ou mar picado.
Ceo rizado, tempo mollado.
Cóbrese o ceo de lá, chove pola mañá.
O que mal nos queira, que no ceo nos vexa.
A choiva de xaneiro fai o palleiro.
A chover, a chover, mellor na malla que na vendima.
A chuvia da Ascensión non dá fabas nin melón.
A chuvia de febreiro fai o palleiro.
A chuvia de maio vale máis no principio que no cabo.
A chuvia en marzo, a que colla no regazo.
A chuvia mellor do ano vén o doce sen engano.
A chuvia na eira non fai malladoiro.
A chuvia na semana da Ascensión leva o centeo e dá relón.
A corrente para a ría sen parar, temos chuvia e vendaval.
A mellor sinal para chover é vela caer.
Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia.
Anque non chova en todo o ano, non falten as augas de abril e maio.
Antes de chover teño eu xa a chaqueta mollada.
Arco da vella ao mediodía, chuvia para todo o día.
As augas de abril dan para encher o carro e mais o carril.
As chuvias da Ascensión fan pan do pallón.
As chuvias de Nadal non fan mal.
Ballón de maio e sol de san Xoán sube a herba por riba do pan.
Brétema húmida adoita traer chuvia.
Brétemas no alto, chuvias no baixo.
Cando a perdiz canta e a nube encobre, non hai mellor sinal para cando chove.
Cando as doniñas atravesan o camiño, colle o paraugas que chove prontiño.
Cando aparece o arco da vella, sinal de chuvia e mais de marea.
Cando che choiva na cama, vaite facendo outra casa.
Cando chove e fai frío, vai o demo polo río.
Cando chove e fai lúa, anda o demo pola Coruña.
Cando chove e fai lúa, anda o trasno pola Coruña.
Cando chove e fai sol, alegre está o pastor
Cando chove e fai sol, anda o demo no Ferrol, e leva un saco de alfinetes para picar no cu ás mulleres.
Cando chove e fai sol, é tempo de requeixo.
Cando chove e fai sol, ladra o can e canta o pastor.
Cando chove e fai sol, vai o demo para o Ferrol.
Cando chove e fai sol, vai o diaño no Ferrol, cargado de garfos para pinchar os homes.
Cando chove e fai vento, van as meigas para o convento.
Cando chove e fai vento, van as monxas para o convento.
Cando chove e fai xeada, vai o demo feito unha cabra.
Cando chove e hai lúa, braña dura.
Cando chove e hai lúa, o demo vai para A Coruña
Cando chove e hai luz, anda o demo por Rus
Cando chove e mais fai sol, nin fai sol nin chove.
Cando chove e mais vai sol, van as meigas para o Ferrol.
Cando chove e quenta o sol, andan as meigas por Ferrol
Cando chove e quenta o sol, braña mol.
Cando chove e quenta o sol, vai para Ferrol.
Cando chove e sarabia, fai un frío que rabia.
Cando chove e vai sol, corren as nubes pa Ferrol.
Cando chove e vai sol, está o demo metido nun fol.
Cando chove en febreiro, todo o ano é tempereiro.
Cando chove en xaneiro, sinal de bos coleiros.
Cando chove moito moito, sinal que ha de escampar logo logo.
Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.
Cando chove pola Ascensión, trinta días de ballón.
Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro.
Cando chove por oriente, prende os bois e vente.
Cando chove todo o mes de san Xoán, malo.
Cando chove, chove para todos
Cando chove, non chove ao gusto de todos.
Cando chove, vai sol e canta o cuco, vai ou pan ao suco.
Cando con vento soán chove, tódalas pedras move.
Cando Deus dá a anada, non a tolle chuvia nin xeada.
Cando do este chove, hasta as pedras move.
Cando do nordeste chove, hasta as pedras move.
Cando na pota queda lume, ao outro día chove.
Cando no chove en febreiro, nin bo prado nin bo palleiro.
Cando no domingo chove antes da misa, leva a semana da preguiza.
Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo celeiro.
Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo.
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo centeo.
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo centeo.
Cando non chove nin xea, o moucho mouchea.
Cando o arroio corre é porque chove.
Cando o gato se lava, vai chover.
Cando o sábado chove e o domingo ante misa, pola semana adiante verás que risa.
Cando o sábado chove i-o domingo antes misa, a semana vai de risa.
Cando os saltóns da praia veñen arriba, senten chuvia.
Cando ruxen os cachóns de Costa, é que vai chover.
Cando ten circo a lúa, chuvia segura.
Cando vai sol debaixo de pena, é cando chove collendo na leña.
Cantan biluricos na terra, chuvia sin. falta se espera.
Chova en abril e maio, inda que non chova en todo o ano.
Chova non chova, en abril está escaso o barril.
Chova para min en abril e maio e para ti no resto do ano.
Chova por abril e maio, e non chova en todo o ano.
Chove e neva e estoume na cama; no hai mellor coma que non ter nada.
Chove na aira, non fai malladoiro.
Chove na aira, o que non mallou que mallara.
Chove na casa do probe.
Chove o domingo antes a misa, toda a semana cambiando a camisa.
Chove o domingo antes da misa, toda a semana mollada a camisa.
Chove por santo Matías, chove por san Lázaro todo o día.
Chove, chove, na aira do probe.
Chovendo en abril, hai colleita a cadril.
Chovendo no domingo antes da misa, toda a semana retórcese a camisa.
Chover, chover, hasta o corno amolecer.
Chuvia antes do vento, cose rizos que vén mal tempo.
Chuvia con sol, non cala o fol.
Chuvia de abril, recio de maio.
Chuvia do mar e vento da ría, todo se fai unha picardía.
Chuvia do mar en vento da ría, témosche festa pra todo o día.
Chuvia en abril enche o carro e o carril.
Chuvia en marzo, como a mexada dun gato.
Chuvia en marzo, nin o mexo dun gato.
Chuvia miúda, logo vén pero pouco dura.
Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón.
Chuvia no maio, val máis nos comezos que no cabo.
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
Chuvia no mar e vento da ría todo se volve unha picardía.
Chuvias do mar e vento da ría, hai foliada para todo o día.
Chuvia sen sur non dura tres días.
Chuvias de xaneiro, enchen cuba, tina e celeiro.
Chuvias en san Xoán quitan viño e non dan pan.
Como chova en abril e maio, que non chova en todo o ano.
De travesía nunca chove todo día.
Despois da Concepción que chova ou non.
Do norte chover é como o borracho beber.
Do un ao doce chuvia copiosa para todos resulta perigosa.
En marzo, cando medra a lúa, medra a chuvia.
Está chovendo? Bo día para facer familia.
Esta noite ha de chover, que leva cerco a lúa...
Hoxe chove e mañá vento e pasado o mesmo tempo.
No mes de marzo chove tanto como a mexada dun rato.
Non ha de chover en marzo máis de canto molle o rabo o gato.
Non hai chuvia que non escampe.
Nunca cae como chove.
Nunca chove como trona nin nunca trona como chove.
Nunca chove tanto coma trona.
Nunca choveu que non escampara!
Nunca pode chover a gusto de todos.
O circo da lúa nunca trae moita chuvia.
O circo da lúa o pastor enxuga e ao s tres días non hai chuvia.
Onde chova, non han de encherse os pipotes.
Onde non chove, barruza.
Onde venta o mar e chove arreo por san Uxío, fóra do camiño balocas gardar, carballo ao fogar e todos ao lar.
Os montes do mar a brillar, moita chuvia vai entrar.
Para saber cando vai chover, non hai mellor regra que vela caer.
Para ti choiva todo o ano e para min abril e maio.
Pola vintena do Advento, veñen a tempo chuvia, neve e vento.
Polo Carnaval cae chuvia sen igual.
Ponse o paíño no mar, sente chuvia e temporal.
Que chova, que deixe de chover, en decembre o inverno entra.
Roibas a Mourente, chuvias de repente.
Roibas de sol nacente, chuvia de repente.
Rubias ao Nacente, chuvias pendentes.
San Pedro chuvioso, trinta días perigoso.
Se chove día da Ascensión, cava o lameirón; e se non chove, ou cavarás ou non.
Se chove día da Ascensión, cava, pión.
Se chove día das Candelas, mortaldade de abellas; se fai sol día de san Brais, cen máis.
Se chove domingo antes da misa, toda semana de preguiza.
Se chove domingo antes de misa, toda a semana leva de risa.
Se chove en san Antonio de xaneiro, xa podes botar as pipas ao fumeiro.
Se chove en san Xoán, non hai auga nin pan.
Se chove en san Xoán, non hai trigo nin pan.
Se chove moito en Nadal, ano formal.
Se chove na semana de san Mateo, leva o vello as castañas no chapeu.
Se chove o día da Ascensión, corenta días ballón.
Se chove o día de san Antonio de xaneiro, xa podes botar as pipas ao fumeiro.
Se chove o domingo antes de misa, leva toda a semana de risa.
Se chove o domingo antes misa, toda semana mollarás a camisa.
Se chove o sábado á noite, o domingo á misa, é unha semana de risa.
Se chove o sábado e domingo ante da misa, toda a semana vai de risa.
Se chove o sábado i-o domingo antes da misa, en toda a semana non enxugas a camisa.
Se chove o sábado pola tarde e o domingo ao vir da misa, toda a semana é de risa.
Se chove o vinte e sete, chove o mes seguinte, si o trinta ou o primeiro non menten.
Se chove para non parar, o mundo hase de acabar.
Se chove pola Ascensión, leva todo o mes de procesión.
Se chove pola Ascensión, non faltarán tortas ruliñas nin trigo rocón.
Se chove por Nosa Señora, a anada non é boa
Se chove por san Pedro, choverá un mes arreo.
Se chove por santa Ana, chove un mes e unha semana.
Se chove xoves da Ascensión, hortas ruíns e trigo rocón.
Se chove xoves de Ascensión, cava, pión.
Se escampa para nunca máis chover, este mundo vaise perder.
Se no mes de Santiago chove, neva no inverno.
Se non chove o día da Candeloria, xa o inverno vai fóra, pro se chove e venta, inda o inverno entra.
Se sábado chove e domingo ante misa, pola semana adiante verás que risa.
Se san Xoán rompe a chover, molla todo o mes.
Se vén a chuvia antes do vento, arría con tempo; se vén o vento antes da chuvia, corre sen dúbida.
Se vén a chuvia antes do vento, collela vela e metela dentro.
Sol do color do luar, ou chover ou nevar.
Sol en nubes engarrado ten a chuvia ao seu lado.
Sol madrugueiro, chuvia no quinteiro.
Tras de moita chuvia, moita chuvia, vén o moito sol, o moito sol.
Vento antes de chuvia, déixate ir que non hai dúbida; chuvia antes de vento, métete dentro.
Vento de marzo e chuvia de abril cargan o carro e o carril.
Vindo chuvia antes do vento, aferra e mete dentro.
Xear sobre mollado, chover de contado.
As estrelas a bailar, nordeste fresco a soprar.
As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar.
As estrelas do ceo i-as areas do mar non hai quen as poida contar.
Cando as estrelas non latexan, logo as nubes gotexan.
Cando as estrelas se cambian, mal tempo.
Cando contan as estrelas, sempre ganan elas.
Estrelas a bailar, norte fresco a soprar.
Estrelas a brillar, nordés fresco a soprar.
Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar.
O que mira para as estrelas moito pode aprender delas, pero o que para as estrelas mira, non traerá moi farta a barriga.
A cada un dálle Deus o frío conforme ande vestido.
Andando tórnase o frío.
Cada un sinte o frío como anda vestido.
Cada un ten o frío como ten o vestido.
Canto máis frío, menos roupa.
Canto máis un se aniquila, máis frío ten.
Cronco rapado foi polo río, caeulle a pucha e morreu de frío.
Friaxe en Nadal non fai mal.
Frío coral, un mes antes e outro despois do Natal.
Se tes frío, mete os pés na res.
Se tes frío, vaite para o río.
Se tes frío, métete no río.
Se tes frío, tírate ó río.
A inverno chuvioso, verán abondoso.
Alzados relucentes, escaleiras dos xulgados e axuntamentos cheas de musgo, o médico a pé e o panadeiro a cabalo, maneira de andar o inverno gobernado.
Ao pasar a Peregrina temos o inverno encima.
Bo tempo de inverno, tempo de inferno.
Cando en inverno é verán i-en verán é inverno, ano famento.
Cando en inverno vires tronar, vende os bois e bótao en pan.
Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan.
Cando o inverno vén mollado, quítanos un verán seco.
Cando o vento sopra e as chuvias son fortes, o inverno é cru.
Dende o vinte en diante din que inverno é constante.
En tempo de inverno hai moito goberno, pro en tempo de verán, empanada de azafrán.
Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla.
Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla.
Inverno que moito xea, colleita de froito espera.
Metade do inverno vai fóra e metade está por pasar.
Nin en inverno sen capa nin en verán sen cabaza.
Nin polo inverno déixe-la capa nin polo verán a alpargata.
No inverno e no verano non deixes a manta na casa do amo.
No inverno, forneira; no verán, taberneira.
No inverno non hai mal can nin mala pólvora no verán.
Non pode dicirse inverno pasado mentres abril non está acabado.
O inverno carnal é entre Santos e Nadal.
O inverno come e non cría.
Para a noite de inverno, o anllar penzo.
Quéntanse as vellas, vén o inverno.
Santos e Nadal, inverno carnal.
Se a Candeloria chora, inverno fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.
Se a Candeloria empola, vai o inverno fóra.
Se no inverno queres besta, colle no verán herba seca.
A lúa como quinta, así pinta.
A lúa como quinta, trinta.
A lúa de outubro sete lúas cubre.
A lúa de outubro sete lúas cubre; e non vai como pinta senao n como terceira ou quinta.
A lúa de xaneiro non quer compañeiro, non sendo a de agosto, que lle dá polo rostro.
A lúa non é como a pinta senao n como primeira e quinta, e, se coma quinta e octava, coma comezou, acaba.
A lúa non é como pinta, que é como quinta; e se octava como quinta, como principia, acaba.
A lúa nova é lúa boa.
A lúa que quixo entrar xeando, medrou mollando.
A lúa sempre minte.
Ao luar de xaneiro cao ntase o diñeiro.
Ca lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro.
Cambio de lúa, sorpresa segura: se o cambio é de nova a vella, con moito coidado navega.
Cando na lúa de marzo hai tronada, todo o ano quere campá.
Cerco na lúa, auga segura.
Cerco na lúa, enxuga a lagoa.
Cerco na lúa, lagoa dura; cerco no sol, lagoa mol.
Cerco na lúa, preto anda a chuvia.
Circo na lúa, auga ningunha; circo no sol molla o pastor.
Co luar de xaneiro contase o diñeiro.
Cornos ao nacente, cuarto crecente; cornos para adiante, cuarto minguante.
Cuarto minguante, chepa a levante; cuarto crecente, chepa ao poñente.
En lúa de abril tardía ningún paisano confía.
Entra a lúa con tronada, trinta días de auga.
Lúa a pe, mariñeiro deitado.
Lúa cascabeleira vaise á carreira.
Lúa cercada, semana mollada.
Lúa chea enche o mar ás tres e media.
Lúa chea, preamar ás dúas e media.
Lúa con aro, ríos cheos.
Lúa con cerco, mollada de cheo.
Lúa con cerco, o baixo cheo; estrela no medio, o baixo seco.
Lúa con circo, auga no bico.
Lúa con circo, auga no bico.
Lúa de febreiro despedida de todo, o primeiro martes é día de Entroido.
Lúa de xaneiro escusa compañeiro, pero a de agosto dálle polo rostro.
Lúa de xaneiro fenecida de todo, primeiro martes día de Entroido.
Lúa de xaneiro fenecida de todo, primeiro martes día de Entroido.
Lúa de xaneiro non ten compañeiro, senón a de agosto que lle dá no rostro.
Lúa deitada, mariñeiro a pé; lúa de pé, mariñeiro deitado.
Lúa deitada, mariñeiro en pé.
Lúa deitada, mariñeiro en planta.
Lúa domingueira, nin ela nin a compañeira.
Lúa ergueita, marea escorreita
Lúa metida, baixamar barrida.
Lúa nova con circo, auga no bico.
Lúa nova con treboada, hasta oito días, nada.
Lúa nova con treboada, trinta días mollada.
Lúa nova con tronada, cinco días de troulada.
Lúa nova con tronada, trinta días mollada.
Lúa nova e lúa vella, baixa o mar ás oito e media.
Lúa nova tronada, corenta días mollada.
Lúa nova, lúa boa.
Lúa nova, Lúa chea, marea chea ás dúas e media.
Lúa ao Mondigo, baixamar no río; lúa posta, baixamar en toda a costa.
Lúa posta, baixa a mar en toda a costa, e para mellor acertar, tres cuartos de hora por baldeirar.
Lúa posta, baixa a mar en toda a costa.
Lúa posta, baixamar en toda a costa.
Lúa posta, marea na costa.
Lúa recente escondida, a vixilancia coñecida.
Lúa sabatina, ou chuviñosa ou ventosiña.
Lúa, a de xaneiro, e cariño, o primeiro.
Luar de xaneiro non ten parceiro, mais lá vén o de agosto, que lle dá no rostro.
Luar de xaneiro, non ten parceiro...
Lúas mil, e non a de marzo por abril.
Lúas, dúas mil, e non veña a de abril.
Medra a lúa, medra a chuvia, medra o vento e andamos todos revoltos.
Na lúa de febreiro farás o teu sementeiro.
Nace a lúa con tronada, trinta días de auga.
Ninguén sabe o que a lúa quer nin o que vai facer.
No minguante da lúa non sementes cousa algunha.
Non é o que a lúa pinta senón o que Dios dita.
Non é o que a lúa pinta, que é o que Dios dita.
Non hai amor firme como o primeiro nin lúa clara como a de xaneiro.
Non saias da casa ao luar, que non sabes con quen te podes atopar.
Non saias ao luar, que non sabes quen che quer ben nin quen che quer mal.
O circo da lúa a lameira enxuga.
O que cata a lúa, nunca ten fortuna.
Se de tarde unha roda envolve a lúa, antes de media noite vento e chuvia.
Se souberan o mérito da ruda, colleríana hasta pola lúa.
Veñan lúas mil e non veñan as de marzo polas de abril.
A néboa da auga é madriña.
A néboa de Valiña a Lodos faltará un día pero non-os faltará todos.
Alá me dea Dios un fillo herdeiro onde pousa a néboa no mes de xaneiro.
Anubra Murgueiro, ... xa vai na cacharela, meu Señor.
As néboas no Mouxán, nordeste con día ou vendaval pola mañás.
Cando a néboa pousa no Faro, desfáise en tronada.
Cando ten néboa a pena de Francia, auga na cama
Cando vén a néboa pola Raxadiña, colle a coroza e vente axiña.
Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio.
Corren as néboas cara a Galiza, vellas a cinza.
Corren as néboas para O Cebreiro, colle a capa i-o sombreiro.
Corren as néboas para Portugal? Camisas ao sollado.
Debaixo da néboa, o sol que queima.
Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva.
Empeza o patelo a aboiar, barrunta néboa ou temporal.
En san Xoán, néboa e trono non faltarán.
Néboa a Varedo, noroeste cedo.
Néboa en Cela, vento na Vela.
Néboa en Cornesía, auga del outro día.
Néboa en Courego, chuvia en Carballedo.
Néboa en Fonfría, auga de noite e de día.
Néboa en Funtán, auga na man.
Néboa en Jaján, choiva na man.
Néboa en marzo, xeada en maio.
Néboa en Mougáns, nordeste polas mañás.
Néboa en Padrón, cerrazón.
Néboa en Padrón, sinal de cerrazón.
Néboa en Penabor, auga ó derredor.
Néboa na boca de ría, norte forte noutro día.
Néboa na costa de Fonfría, se non chove de noite, chove de día.
Néboa na Meda, auga na terra.
Néboa na montaña, pescador na cabana.
Néboa na Pena da Roca, inverno á porta.
Néboa na serra, chuvia na terra.
Néboa na serra, obreiros á merda.
Néboa no Farelo, mellor á noite que á mañá cedo.
Néboa no Farelo, mellor á noite que á mañá cedo.
Néboa no inverno, canta o demo maior á porta do inferno.
Néboa no Miño, auga vén de camiño.
Néboa no monte, mellor pola mañá que pola noite.
Néboa no monte, mellor por la mañá que por la noite.
Néboa nos altos, auga nos baixos.
Néboas na Cota, auga na porta.
Néboas no alto, augas embaixo.
Néboas no alto, augas embaixo.
Néboas rubias á ribeira, vellas á pateira.
Néboas rubias ao nacente, auga de repente.
Néboas rubias ao sol posto, tempo composto.
Neboeiro en Varedo, noroeste cedo.
Neboeiro na montaña, mariñeiro na cabana.
Neboeiro na terra, treboada no mar, ou ben chover ou ben nevar.
Neboeiro na terra, treboada no mar: ou ben chover ou ben nevar.
Neboeiro no val, pode o xornaleiro ganar o xornal.
Neboeiro nos montes, auga nas fontes.
Neboeiro por Jaján, vento sur na man.
Neboeiro, pesca rara no rueiro.
Neboeiro, pesca rara no rueiro.
Nebra na Martiñá, si non chove hoxe, choverá mañá.
Nebriña branca na Corda de Neda? Anda, galán, descubre a túa meda.
O día de neboeiro, a mañá longa e o día pequeneiro.
Onde vires neboeiro por xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro.
Pedra no suco, néboa en todo o mundo.
Quen me dera un terrón onde hai néboa no mes de xaneiro.
Se o Farelo ten néboa, mellor a noite cá mañá cedo.
Tras da néboa vén o sol; e tras do mal tempo vén outro mellor.
A neve compón o tempo.
A neve é a esterca dos eidos dos probes.
A neve enriba da lama, logo trae a auga.
A neve febreiriña cégalle o ollo á galiña.
A neve febreiriña cómea a galiña.
A neve febreiriña dura o ano na porta da veciña.
A neve febreiriña pícaa a galiña
Á neve febreriña non lle teñas medo, nena: escáchacha o polo e cómecha a galiña.
A neve i-o Miño están rifados.
A neve onde o fogo derrétese logo.
Abriga a neve o trigo como abriga unha nai ao seu fillo.
Abriga a neve ao trigo como abriga unha nai ao seu fillo.
Ano de nevadas, ano de fornadas.
Ano de neves, ano de bens, se na túa casa os tes.
Ano nevento, ano farturento.
Ano ruín, cando chove moito en xaneiro, e neva en abril.
Aos tres días de nevar, ou arría ou vai ao mar.
Boa é a neve que no seu tempo aparece.
Cando a neve chega ao Miño, na montaña non se ve o camiño.
Cando aquí neva que nunca nevou, que será na serra que nunca parou?
Cando aquí neva, que fará pola serra?
Cando na beiramar neva que fará na serra!.
Cando na mariña neva, que fará na serra?
Cando na mariña neva, que nunca nevou, ¡que fará na serra, que nunca parou!
Cando na ribeira neva, que fará na serra?
Cando neva atrás do mollo, neva hasta o xeonllo.
Cando quere nevar, póñense as pitas no seu lugar.
Chove e neva e sarabia e fai un frío que rabia, i-o camiño por onde temos de ir, quérese fundir.
Dende o quince ao vinte e dous as neves boas son.
Día de neve, véspera de sol.
Gran nevada, colleita dobrada.
Grande nevada, colleita dobrada.
Negra é a pementa e cómena os fidalgos, e branca é a neve, e trípana os cabalos.
Neva miúdo, cebada ao burro.
Neva miúdo, cebada para o burro; neva delgado, cebada para o cabalo.
Neve en abril, cobras en marzo.
Neve en febreiro hasta para a fouce ten tempereiro.
Neve febreiriña come a mala veciña.
Neve febreiriña, mala veciña.
Neve febreriña, tarde vén e logo camiña.
Neve freiriña, mala e dura veciña.
Neve na cama, chuvia na lama.
Neve na cima, inverno enriba.
Neve na lama, choiva na cama.
Neve no xaneiro, neve en todo o eido.
Neve que cae na lama, por auga chama.
Non veñen mal as nevadas que sosteñen as xeadas.
Onde non nevou nin quer nevar, o inverno está por pasar.
Se neva polo san Brais, outro mes máis.
Se neva por san Andrés, interminable cousa tes.
Se por Santos houbo neve nos altos, por san Andrés teremos neve no pé.
Chea de nubes, chea de ventos, con horas de sol e noites de medo.
Corren as nubes para Foilevar, colle o mallo e vai mallar, e se corren para o Cebreiro, colle a capa i-o sombreiro.
Corren as nubes para Lugo, auga no puño.
Corren as nubes para Lugo, pon a roupa ao enxugo.
Corren as nubes para Meira? Caldeira á goteira.
Corren as nubes para Meira? Colle as vacas e bota a leira.
Corren as nubes para o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro.
Corren as nubes para Ourense, sol que nos quente.
Corren as nubes para Viana, colle os bois e vaite á arada.
Nube escarpeada, aos tres días auga.
Nubes á Gudiña, vellas á cociña.
Nubes á montaña, vellas á borralla; nubes a ribeira, vellas á raxeira.
Nubes barbadas, auga as carretadas.
Nubes con ribetes, aferra ben os xanetes.
Nubes de barriga de burra, auga segura.
Nubes en san Xoán, auga na man.
Nubes escarochadas, grandes riadas.
Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira.
Nubes no Carrio, auga no barrio.
Nubes para baixo, bo refaixo; nubes para riba, auga encima.
Nubes roxas ao nacente traen choiva de repente.
Nubes roxas ao sol nado, tempo desgobernado.
Nubes roxas ao sol posto, tempo composto.
Nubes rubias e sol posto: pastoriño, virás enxoito.
Nubrada a Armenteira, norte na ribeira.
Nubrado do levante, ei boi pa diante.
Nubrado do poñente, colle os bois e vente.
Se as nubes van da Granxa para Lestedo, mallar sen medo; se de Lestedo para a Granxa, mallar con ansia.
Se corren as nubes para Montán, colle o mallo e malla o pan e, se corren para Bustelo, colle a capa i-o capelo.
Se corren as nubes para Rendar, colle o mallo e vai mallar; se corren para Outeiro, colle a capa i-o sombreiro.
Se van as nubes para o Cebreiro, colle a capa i-o sombreiro; se van para Foilebar, colle o mallo para mallar.
Van as nubes de terra para fóra, homes e mulleres para o mar.
Cando choran as pedras do Xalo, ventan orballo.
Garda o orballo da noite para beber polo día.
O orballo da mañá ao animal quitarán.
Os orballos abondosos son augurios primorosos.
Os orballos en todo tempo malos son, por outubro moi insáns.
Se en once de maio orballo vises, espera bo ano, e mellor se chovese.
En primavera convén a sal a todo coidado animal.
Na primavera, ollo á perdiz; se a oes, ano feliz.
Por primavera ao pescado e no inverno estufado.
Está rubio para Monforte, colle a capa e o capote
Ponse rubio cara Chantada, colle os bois e vai á arada.
Roibas a Levante, augas no instante.
Roibas á terra, vellas á merda.
Roibas ao mar, vellas a asollar.
Roibas ao poñente, bo día seguinte.
Roibéns ao mar, vellas ao sollar.
Roibéns no mar, vellas a rolar.
Roibéns polo mar, donas a sollar.
Roibo para Lugo, auga no puño.
Roibos á terra, vellas baixo da pedra.
Roibos de Vilalba, ou vento ou auga; roibos do mar, bo tempo.
Roibos ao sol posto, mañá andarase enxoito.
Roibos para a ribeira, vellas á parrumeira.
Roxo ao anoitecer, auga ao amencer.
Rubias á Franqueira, vellas á borralleira.
Rubias ao Miño, vellas ao niño.
Rubias ao monte, vellas á fonte.
Rubias ao nacente, auga de repente.
Rubias de cena, bo tempo espera; rubias de mañá, ou vento ou auga.
Rubias e sol nado, meu pegureiro estarás mollado.
Rubias e sol posto, meu pegureiro estarás enxoito.
Rubias nos montes, augas nas fontes.
Rubias ao mar, pon os bois a arar.
Rubias ao nacente, apón os bois e vente.
Rubias ao sol nado, pigoreiro andarás mollado; rubias ao sol posto, pigoreiro andarás enxoito.
Rubias para o mar, vellas a traballar.
Rubiéns para o mar, vellas a traballar.
Rubio a lúa de Meira, arma o caldeiro á goteira.
Rubio cara Lugo, sol seguro.
Rubio cara Meira, caldeiro á goteira.
Rubio ao poñente, sol de repente.
Rubio para Chantada, vellas á borralla; rubio para Oseira, vellas á raxeira.
Rubio para Lugo, tempo seguro; rubio para Meira, ármalle a caldeira á goteira.
Rubio para Meira, balde á goteira.
Rubio para Monforte, vellas tras do pote.
Rubio para Oseira, vellas á raxeira; rubio para Monforte, vellas tras do pote.
Rubio para Uceira, vellas á raxeira.
Rubio por nacente, auga por poñente.
Rubio para o nacente, auga de repente.
Rubio para o poñente, vellas ao quente.
A sol posto xa é fusco.
Alba con alba i-o sol na cama.
Ao sol madrugueiro non lle abras o medeiro.
Ao sol sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro.
Cama limpa no cortello e sol dabondo no campo.
Cando moito queima o sol, nin muller, nin col, nin caracol.
Cando o sol madruga é sinal de chuvia.
Cando o sol sae, para todos sae.
Cando se pon o sol e no poñente aparece unha silveira, auga segura.
Cando vexas o sol rubio para o nacente, colle a aguillada e vente.
Cantos días de sol en xaneiro, tantos de choiva en san Xoán.
Des que se pon o sol, logo vén a noite.
Do sol e do superior, canto máis lonxe mellor.
Fíxoo o sol, desfíxoo a tronada, i- aínda sobrou algo; fíxoo a auga, non-o desfixo a tronada e non chegou a nada.
Hai quen quere o sol na aira i-a auga no horto.
Hasta poñerse o sol, hai día.
O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga.
O que o sol dá, o sol o podrecerá
O sol da porta non é o que máis quenta.
O sol da serra engana a vella.
O sol de abril mata a porca no cubil.
O sol de inverno sae tarde e ponse cedo.
O sol de outono mata a seu dono. / Sol do outono mata a seu dono.
O sol de xaneiro non ten compañeiro.
O sol díxolle á lúa: retírate bandoleira, que muller que anda de noite non pode ser cousa boa.
O sol do inverno sempre anda detrás do outeiro.
O sol dun ano mata o cabalo dun ano.
O sol madrugueiro á porta do veciño fai bulleiro.
O sol madrugueiro esconde o rabo no silveiro.
O sol madrugueiro mete o can no palleiro.
O sol madrugueiro non é o máis verdadeiro.
O sol madrugador non é o mellor.
O sol na eira e a auga na nabeira.
O sol na eira e a chuvia na nabeira.
O sol na serra engana a vella; tanto a enganou, que na serra a deixou.
O sol non se para con ninguén nin a fumar un cigarro.
O sol que madruga pode traer chuvia.
O sol, o médico e o alguacil entran cando queren e volven saír.
Onde o sol non dá, anda o cirurxián.
Pásache o sol pola porta; quéntate, miña comadre.
Por sol que faga, para ir de camiño non déixe-la xarga.
Por sol que vexas, non deixes a capa.
Queres o sol na eira e a choiva no nabal.
Se queres ter boa fama, que non che dea o sol na cama.
Sol babeado, auga ou vento carrexado.
Sol barbado, nordeste ao rabo.
Sol barbado, ou vento, ou mollado.
Sol barbado, vendaval mollado.
Sol con auga non val nada.
Sol con barbas, vento ou auga
Sol con barbas, ventos ou augas.
Sol de casa non quenta.
Sol de abril non pasa de raiola.
Sol de abril, ábrelle a man e déixao ir.
Sol de inverno sae tarde e ponse cedo.
Sol de marzo cedo, pon o campo ledo.
Sol de marzo fire con mazo.
Sol de marzo mata a dama no pazo.
Sol de marzo mata a dama no palacio i-o de abril mata o porco no cubil.
Sol de marzo, de rego val ó campo.
Sol de marzo, sol de mazo.
Sol de néboa, polo día pega.
Sol de xaneiro e de febreiro mata o abelleiro.
Sol de xaneiro sae tarde e ponse cedo.
Sol de xaneiro vén tarde e vaise cedo.
Sol de xaneiro, amor de xenro.
Sol de xaneiro, porco ao bulleiro.
Sol de xaneiro, sempre anda tras do outeiro.
Sol e auga, tempo de leite callado.
Sol en nubes engarrado ten a chuvia ao seu lado.
Sol madrugador e cura corredeiro, nin cura verdadeiro nin sol duradeiro.
Sol madrugador mete o can no palleiro.
Sol madrugador non chega ao poleiro.
Sol madrugador non é compañeiro.
Sol madrugador volve ao poleiro.
Sol madrugador, auga no palleiro.
Sol madrugador, auga no poleiro.
Sol madrugador, chuvia no eido.
Sol madrugador, chuvia no palleiro.
Sol madrugador, chuvia no quinteiro.
Sol madrugador, colle a capa ao ombreiro.
Sol madrugador, home rezador e frade cortés, desconfiar dos tres
Sol madrugador, nunca é bo sol.
Sol madrugador, pon a capa ao ombreiro.
Sol madrugador, pouco quentador.
Sol moi madrugador, chuvia no Quinteiro
Sol na cidade, auga no nabal.
Sol na eira e auga no lameiro non pode ser.
Sol na eira e auga no nabal non pode ser.
Sol no afeitado, pronto é augado.
Sol no lodo, auga deica o cóbado.
Sol para Oseira, vellas á raxeira; sol para Monforte, vellas detrás do pote.
Sol que moito madruga, pouco dura.
Sol que pica, por auga repenica.
Sol que regaña, chuvia que apaña.
Soles e penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
Tan madrugador é o sol que lle dan no traseiro.
Tantos días de sol en xaneiro, tantos en san Xoán ao comareiro.
A praia de Panxón a roncar, bo tempo vai entrar.
Alá vai serodio co temporal, mais non na palla nin no gran.
Andar, barquiños, andar axiña, non vos colla o cordazo de santa Catalina.
Andar, barquiños, andar, non vos colla san Simón no mar.
Berra a Arnela, o demo tras dela.
Berra a vaca, hai maraxe.
Berra o Mar de fóra, lobos á cova.
Berra o Paio, saca o saio.
Berra o Rostro, Deus connosco.
Brúa Alba, tempo en calma.
Brúa Ardeleira, trigo á eira.
Brua Callobo, tempo revolto.
Brúa Esteiro, vellos ao quinteiro.
Brúa Gandarío, panos ao río.
Cabo remangado, sueste ao rabo.
Calma que se prolonga moitos días, tormentas moi bravías.
Cando a Curota ten capela, adiviña vendaval.
Cando a Curota ten sombreiro, mete a lancha en terra, mariñeiro.
Cando a Curotiña ten o sombreiro, sinal de chuvia.
Cando a Forcadas ten touca, hai auga moita ou pouca.
Cando a pena de Millares ten garabata, sinal de bo tempo.
Cando a serra do Liripio pon o capelo, xentiña, poñede o mantelo.
Cando abranda a area da praia, sinal de mal tempo.
Cando as campás de Liripio empezan a tocar, vaise a tronada para o mar.
Cando as candorcas saltan, o bo tempo espantan.
Cando as mareas botan moito, temporal afora.
Cando as nubes corren para Lugo, auga hasta o puño; e se corren para Ourense, con auga non pense.
Cando as pedras do Xalo choran, ventan auga.
Cando Barbanza ten touca, ou moita chuvia ou pouca.
Cando brúa a barra de Ladrido, boi ó abrigo.
Cando chían os biluricos, moita auga e moito frío.
Cando corren as nubes para Santiago, ensela ao cabalo.
Cando corren as témporas soanas, mal tempo.
Cando encarnado está ao monte, mete os bois na corte
Cando hai leste na ribeira, suroeste na eira.
Cando hai leste na ribeira, suroeste na eira.
Cando hai mal tempo e se pica o mar, sinal de travesía.
Cando hai monteira no monte Crado, pódese botar o pan no eirado.
Cando Monte Louro pon touca, chuvia moita ou pouca.
Cando no monte do Pindo hai touca, ou moita auga ou pouca.
Cando no Xiabre hai touca, chuvia pouca ou moita.
Cando o Barbanza ten touca, auga moita ou pouca.
Cando o Cabado está nubrado, venta tempo malo.
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira.
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla poñede o mantelo.
Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores que anden con xeito.
Cando o mar está de leite, hasta as cabras non-o dan.
Cando o mar está encarnado, pon o boi ó arado.
Cando o mar está encarnado, pon os bois ao arado.
Cando o Mondigo pon o capelo, todas as vellas treman de medo.
Cando o monte Bagude ten carapucha, auga segura.
Cando o Pico cubre o capelo, homiños da Ulla collede o mantelo.
Cando o Pico de Abeledo se cubre de negro, treman as vellas de medo.
Cando o Pico Sacro pon capelo, meniñas do gando levade o mantelo.
Cando o Pico Sacro pon o capelo, rapazas da Ulla cubride o mantelo.
Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos, moita ou pouca.
Cando o tempo se poña de color de ouro, castra o teu touro.
Cando ruxe o mar en Santa Gadía, hai auga ao outro día.
Cando soa o vendaval, mal pola terra e pior polo mar.
Cando Soteiros ten capa e Sevil capela, corre Maruxa á casa pola capela.
Cando ten pucho o Farelo, auga no pelo.
Cando Xesteiras ten capa e Sevil capela, corre Maruxa á casa polo mantelo.
Cando Xesteiras ten capa e Sevil ten capelo, corre, Maruxiña, corre polo mantelo.
Cando zoa Gandarío, panos ao río.
Capelo no Jaján? Chuvia na man.
Carapucho no Farelo, auga no pelo.
Carqueixa no mar, ou anduvo ou quer andar.
Castigos son as tronadas das xentes moi descoidadas.
Ceba na area, ben para a aldea.
Cerzo na vara, auga na cara.
Cigarra que o quince avanza é sinal de grande bonanza.
Claros á Monteira, sellas á goteira.
Cobras en marzo, neve en abril.
Cobras en marzo, neve en maio.
Como fora o vinte e sete, serán os que tras el veñen.
Con bo tempo hai que castrar e tódalas crías destetar
Con tanta calor, nin o corpo aguanta nin o viño farta.
Conforme pinta, quinta, se o cuarto non rebrinca, e se chega a oitava, así como empeza, acaba.
Corrente a Oeste, sinal de mal tempo.
Cuberta Arousa, mala cousa.
Curota cuberta, vendaval á porta.
Das illas Cíes non te fíes.
De pingueiras faise o mar.
Des que a silva bota a flor, pon a cañada ao sol.
Desde a punta da Estaca (de Vares) á ribeiriña de Foz, canto máis lonxe, mellor.
En canto ao tempo, guíate polos vellos e non polo Mintireiro.
Encarnado á Carnota, colle a leña e cerra a porta.
Encarnado ao monte, leva os bois para a corte.
Encarnado contra o mar, colle os bois e vai labrar.
Entre temporal e xeada, pouco ou nada.
Estamos no tempo dos tres irmáns: mocos, piollos e fregar as mans.
Fume baixo, sinal de auga.
Gaba o mar e vive na terra.
Guedellos de la, ou chove hoxe ou mañá.
Leste na ría, norte na costa.
Manelas de la, mañá choverá.
Mar do Rostro, se casaras, abrandaras.
Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca
Monte Louro touca, auga moita ou pouca.
Natal, inverno coral.
Negro a Carnota, mete a leña e cerra porta.
Nin polo bo tempo te agaches nin polo malo te mates.
Noite moura, vendaval seguro.
Non hai treboada que polo mar non veña.
Non se afoga quen non pasa o mar.
Nordeste con gotas non dura o que dúas moutas.
Noveliños de la: se non chove hoxe, chove mañá.
O frío das mañás chega como a rabia dos cas.
O fume da miña cheminea acerta sempre o tempo: ou chover ou nevar, ou facer sol ou estar nubrado.
O mal tempo logo cansa: Deus te mande o sol, que che hei de dar o boi mellor, i-a vaca marela, i-a filla como ela, i-o porco ruzo que anda no pozo, i-o porco branco que anda no campo, i-a galiña curupeluda que pon os ovos para a seitura.
O mal tempo, no seu tempo, é bo tempo.
O nordeste e o galán pola noite mansos van.
O que non se marea na Marola, non se marea na mar toda.
Os araos na ría, miña mai para casa.
Pégase o cigarro ao tizón, un mes de maio ballón.
Pica Leste? Volta para a casa.
Pola boa hora non te agaches e pola mala non te mates.
Polo bo tempo, baixo da pena e, polo malo, apañando na leña.
Polo mal tempo non te mates e polo bo non te agaches.
Quenturas de maio, saúde para todo o ano.
Quenturas de outono non son boas para o seu dono.
Reve o cemento, hai mal tempo.
Ronca o mar de Lira? Mete a leña e cerra a porta.
Ruído no Cabalo, malo, malo.
Se a Curota ves tapar, vai a San Alberte a destellar.
Se a procesión dos Dolores sal, tamén saen as demais.
Se chora Marta, ri Lázaro; se Lázaro chora, Marta ri.
Se como primo, quinto, se como quinto octavo, como comezo, acabo.
Se está encarnado para o mar, colle os bois e vai labrar; se está encarnado para o monte, colle os bois e méteos na corte.
Se o Pico Sacro está cuberto de neve, nenas de Lestedo poñer o mantelo.
Se queres saber na túa casa algo do tempo, lee o Mentireiro e non o Zaragozano.
Se ronca a area de Bon, cambios de tempo son.
Se Veredo pon o sombreiro, colle a capa ao ombreiro; e se pon capote, chove de cote.
Segundo vexas o vinte e sete, así verás o mes seguinte, se o vinte e nove non desmente.
Soa a Pesqueira, sinal de mal tempo.
Sona Burela, colle o gadaño e vai para a terra.
Teas de arañas polo aire, pais e fillos para o mar.
Tempo fragosiño, molla ou queima.
Tenlle respecto á Curota cando lle vexas capota.
“Toma rizos" veu á terra e "deixa ir" quedou no mar.
Zarralleiro no porto, tempo revolto.
Despois da treboada, sempre a bonanza chega.
Non hai treboada que moito dure.
Treboada polo leste, calma en nordeste.
Un torbón en abril vale máis que un carro de ouro do rei David.
Val máis un torbón de abril que os bois i-o carro e quen vai nel.
A tronada pola terra, pais e fillos para o mar.
Cando a abaladoira soa, ou chove ou trona.
Cando no inverno vires tronar, vende os bois e bótao en pan.
Cando oias tronar, apaga o lume do teu lar.
Cando os primeiros tronos son en marzo, aperta os aros da cuba con un mazo.
Cando trona e chispea, todo o mundo trema.
Cando trona en marzo, aparella as cubas e o barazo.
Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo.
Cando trona en xaneiro, millo por todo eido.
Cando trona, forza é que chova.
Cando trona, ou chove ou quere chover.
Cando tronou e trona, forza é que chova.
Entrada con tronada trinta dias de auga.
Os pararraios son para cando trona.
Os primeiros tronos de xaneiro son bos para os campos e malos para os homes.
Os tronos de marzo apertan a cuba cun mazo.
Os tronos e o mar dan un pouco que pensar.
Para cando son os pararraios senón para cando trona?
Pica afora, temos tronada.
Se trona no xaneiro, sube as cubas ao fumeiro.
Treboada polo sueste, máis nordeste.
Tronada ao Miño, pan e millo.
Tronada de lúa, sete días dura.
Tronada polo leste, calma ou nordeste.
Tronada polo este, pais e fillos pró mar.
Tronando en abril, de dez grans nacen mil.
Trono de soán, pouca auga e, se cadra, moito dano.
Trono non repetido, nunca bo tempo ten traído.
Tronos a Negreiros, máis aos comareiros.
Tronos de soán, pouca auga e, se cadra, pouco pan.
Tronos en maio anuncian mal ano.
Tronos en marzo, neve en maio.
Tronos en marzo, ou fame ou mortazo.
Tronos en xaneiro, mortaldade no reino.
Tronos ao mar! que alí teñen onde se afogar.
Tronos ao mar, pouco millo e malo de sachar; tronos para Negreiros, máis aos comareiros.
Agora xa vén o verán: alegría para os señores, que se poñen na ventá mirando os traballadores.
Ao que de verán non lle ferve a mola, de inverno non lle ferve a ola.
Cando é o verán, cantan as andoriñas.
Cando o verán é inverno i-o inverno é verán, mal anda para os probes o ano de pan.
Cría máis o verán que o temperán.
Enxerto de verán, tarde ha de brotar.
No verán traballa, Falbán, e no inverno Falbán ao inferno.
O verán abrideiro, onde chegue non ha de ser moi duradeiro.
O verán de san Martiño, ou grande ou pequeniño.
O verán é a manta dos pobres.
Polo verán traballa, galbán, e polo inverno galbán ó inferno.
Segue vixiando todo o verán mentres que dura o verán.
Tanto vale verán como temperán.
Todo o cría o verán; todo o come o inverno.
Unha andoriña non fai verán.
Unha mosca non fai verán.
Unha mosca sola non fai o verán.
Verán que dura, inverno asegura.
Cando Fisterra estira o peteiro, vendaval verdadeiro.
Cando sopra o vento do vendaval, cae a auga no herbal
O vendaval trae o vaso na man.
Portugal claro e Galicia escura, vendaval sen dúbida.
Suestiño agudo, vendaval seguro.
Vendaval escuro, inverno seguro
A calma vento espera: mariñeiro, ponte en vela.
A calma vento espera: mariñeiro, vente a vela.
A pouco vento, forza de remos.
Alba rubia, vento ou chuvia.
Albas pardas, ventos ou augas.
Alzar sen vento e parir sen tempo no pode ser.
Ao mal vento vólvelle o capelo.
Arañeiras polo aire, vento ao mar.
Araña do mar? Vento e chuvia.
Auga do mar, vento da ría, chuvia pra todo o día.
Calma a barlovento e vento a sotavento, máis vento.
Cara de fóra e vento da ría, auga pra outro día.
Cásate, vento, e amansarás.
Cando hai vento, non hai marea.
Cando o mar é rixo e se queda, vai vir o vento ao sur.
Cando o vento anda ao revés, hasta chove de nordés.
Con vento non hai bo tempo.
Con vento soán vén a auga á man.
Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan.
Mar rizada contra a ola, ao contraste o vento rola.
Navegar contra vento é gran tormento.
O vento antes da chuvia, deixa ir que non hai dúbida.
O vento soán trae a chuvia á man.
Óese a campá da aldea, vento da terra se espera.
Orellán con a aleta a sollar, noroeste vai entrar.
Pola mañá vento á ría, á tarde vento do mar.
Ponse o mar a arreluar, vento do sur vai entrar.
Quen di vento di mal tempo.
Quen sementa ventos recolle tempestades.
Se estrala o lume no lar, sinal de vento.
Se non hai vento, non hai mal tempo.
Se o vento queda debaixo do sol, néboa ou vento no pañol.
Vén o vento de Piñeira, arma a caldeira á goteira.
Vento antes da chuvia, deixa ir que non hai dúbida.
Vento carreteiro, vento arrieiro.
Vento de Berbería, levanta nun día.
Vento de fóra e chuvia da ría, hai foleada para todo o día.
Vento de mar e chuvia da ría, temos para todo o día.
Vento de marzo seca as donas no pazo.
Vento de marzo queima as donas do pazo.
Vento de neve na serra, traballa a túa terra.
Vento de Portugal, auga no val.
Vento do cabo, á noite quedado.
Vento do cabo, á noite quedado.
Vento duro, inverno seguro.
Vento e ventura, pouco dura.
Vento marzal, bo temporal.
Vento padronés, nunca bo o veredes.
Vento que se deita ao anoitecer, érguese ao amañecer.
Vento que se queda a cear, tamén quer almorzar.
Vento soán, malo no inverno e peor no verán.
Vento solán, chuvia na man, en tres días van.
Vento sur que á noite entra, pola mañá máis tormenta.
Vento travesía polo norte pía.
Vento, ventiño; vento, venteiro, hoxe rosmón e mañá falangueiro.
Ventos nas illas Ons, malos son.
Cerrazón ao este, ou norte ou nordeste.
Clara na veiga, nordeste na caldeira.
Mondigo acapelado, nordeste ó rabo.
Nordés quente, brétema no abrente.
Nordeste escuro, vendaval seguro.
Nordeste pola serán, vento sur pola mañá.
Onde siga o nordés, limpará a borralla. Limpa ti a horta, corta, carda...
Orellán con a aleta a sollar, noroeste vai entrar.
Serras cargadas, nordeste nas praias.
A norte vello non lle fíes o pelexo.
Auga fría na badía, norte en Muxía.
Cando hai mal tempo e a marea encarna, sinal que vai a vir ou norte ou nordeste.
Cando hai norte, non hai boa sorte.
Cando se pon a pardela a espiollar, non tarda un día o vendaval.
Canto máis norte, máis frío de morte.
Carcacía, norte ou ordeste cría.
Carcacía, norte pía.
Con norte forte ronca a Lanzada, pronto virá a recalmada.
De norte chove, que as pedras moe.
Do norte chover é como o borracho beber.
Néboa no verán, norte na man.
Norte en Barra, vendaval en Viscaia.
Norte escamado, vendaval bravo.
Norte escuro, vendaval seguro.
Norte que en venres vén, xa o luns non o ten.
Norte, porco á morte; travesía, porco á bacía; vendaval, porco ao sal; soán, porco ao can.
O norte almorza, xanta, cea e bótase a durmir.
O norte do sábado, ao luns abafado.
O norte do sábado non leva os barcos a Cádiz.
Os arroaces brincan no mar? Forte norte vai a dar.
Se estás na costa de nordeste e ves por Sisargas escuro, vamos a coller á ría, que vai vir norte duro.
Vento norte duro, vendaval seguro.
Vento norte e choiva na ría, temos choiva pra todo o día.
Vento norte, troita forte.
Vichouchía, norte cría.
Néboa na Grova, noroeste afora.
Noroeste á noite, vento sur pola mañá.
Noroeste de serán, vendaval pola mañá.
Noroeste no serán, vento sur pola mañá.
Noroeste norteiro, a mañá maraxeiro.
Noroeste ó serán, vendaval pola mañá.
Araña a costa, vento sur na porta.
Néboa en setembro trae o sur no ventre.
Cara do Cabalo, vento sur declarado.
Parrascos ao sueste, á mañá sur sueste.
Se o vento do sur é, bota de auga aos pes.
Se queda o vento polo sur do sol, mal tempo seguro.
Se ves espuma na praia, sur encima.
Se vas con sur ao mar, roupa de augas has levar.
Vento sur pola mañá, noroeste no serán.
Xeada nas Covas, vento sur por arrobas.
A xeada no mes de xaneiro é como cuito de carneiro.
Ano de xeadas, ano de nevadas.
Antes lle falta a mai ao fillo que a xeada ao graínzo.
Aos tres días de xeada, unha vendavalada.
As xeadas de xaneiro comen máis que Madrid e Toledo.
Cando hai xeada, queima a ramallada.
Come máis unha xeada de xaneiro que tódolos cabalos do reino.
Días e mañás de xeadas, sol tépedo e noites claras.
E xa veredes como, onde non xeou no primeiro mes, pode, contra os ditos, chover tres.
Non era nada, nin era vento nin xeada.
Pola Encarnación as últimas xeadas son.
Se vires xear polo dez, aparella para un mes.
Se xea a noite de Nosa Señora, tódalas lúas xean, todas.
Xea sobre o mollado, auga de contado.
Xeada brava, auga na lama.
Xeada de marzo non mata a mala herba, si o arado non acaba con ela.
Xeada de xaneiro, neve de febreiro, trebón de marzal, chuvia de abril e ventiño de maio, ano cabal che traio.
Xeada encima do lodo, neve hasta o cóbado.
Xeada na lama á chuvia lle fai a cama.
Xeada na lama, auga hasta a cama.
Xeada na lama, auga na cama.
Xeada na lama, auga na cama.
Xeada na lama, choiva na cama.
Xeada na lama, neve hasta o cóbado.
Xeada no abril e maio é a praga maior de todo o ano.
Xeada no barro, neve de contado.
Xeada no lodo, auga hasta o cóbado.
Xeada no lodo, neve hasta o cóbado.
Xeada no lodo, neve polo solo.
Xeada sobre do lodo, neve hasta o xeonllo.
Xeada sobre mollado, auga de contado.
Xeada sobre o lodo, auga sobre todo
Xeando por en xaneiro, ha de chover por febreiro.
A fachenda todo é fume.
Fume de pallas: moito fume e pouca llama.
Hai quen fai fume sen lume.
Lume pequeno non dá fume grande.
Máis val fume da miña cheminea que fume da allea.
Moito fume, pouco lume.
Non chufes de fachendoso que a fachenda todo é fume.
Non hai fume sen lume.
O fume da miña cheminea acerta sempre o tempo: ou chover ou nevar, ou facer sol ou estar nubrado.
O fume descobre onde está o lume.
O fume vai para o fumeiro.
O fume vaise ao fumeiro e alí faise o preguiceiro.
O fume, a goteira e a muller brava botan o home fóra da súa casa.
O fume, a pingueira e a muller paroleira botan ao home da casa, queira ou non queira.
Onde hai fume, hai lume
Onde vexas moito fume, pode ser ou leña verde ou morrallada do enxoval.
Val máis fume da miña casiña que lume da veciña.