Catalán con botas, andaluz con diñeiro e galego con mando, Dios nos libre dese gando.
O catalán, da pedra saca pan.
De español de pelo roxo e francés de pelo negro líbrate coma do demo.
Cando o galego canta, ou rabia ou non ten branca.
Canta o galego, máis de desesperado que de cheo.
De aburrido canta o galego.
De desesperado canta o galego, unhas veces de fame outras de cheo.
De xiringado canta o galego.
Galego con mando, catalán con botas e andaluz con diñeiro, tíremos Dios do quinteiro.
Nin galego con mando nin catalán con botas.
Ningún galego perde o rego.
O aldeán galego por unha cunca de leite quere outra de aceite.
Ao galego danlle a galiña cando non-a pode comer.
O galego galeguiño é.
O galego non se contenta con mirar.
O galego por unha cunca de leite quer outra de aceite.
O galego, cando canta, ou rabia ou non ten branca.
O galego, se non tenta, rebenta.
Ao galeguiño dálle o mandadiño.
O soldado galego pouco menos é que o portugués.
Se es galego, has de vir ao rego.
Se o galego tivera o acordo como o trasacordo, non había quen o mandara á merda.
Se queres saber quen é o galeguiño, dálle un mandadiño.
Sete clases de galegos: finos, entrefinos, marráns e cochinos, uns que morden, outros que ladran i-outros que nin a mai que os pariu entende.
Soldado galego, na guerra hai que velo
Somos galegos e non nos entendemos.
Lugueses teñen que ser: onde eles lavan a cara, calquera pode beber.
A empresa dos tres: o burro, o amiguiño i-o portugués.
Os portugueses teñen a auga, mais nós vendémoslla.