Achégate aos bos e serás un deles.
Acompáñate dos bos e serás un deles.
Anda cos bos e serás un deles.
Aos bos lévaos Deus pra si e os malos quedamos aquí pra entendernos.
Aos bos quéimanos.
Bos e maos mantén a cidade.
De fóra virá quen bo me fará.
De ser boa non teño gana, de ser mala, dámo a alma.
Do bo, boa prenda; e do mau non fíes nada.
É tan bo para si que non val nada para os outros.
En visita todos somos bos.
Entre bos non hai conto, o que máis pon máis perde.
Era boa se colara.
Non hai bo que non poda ser mellor nin malo que non poda ser peor.
O bo e o malo non teñen fondo.
O bo sempre pode ser mellor.
O que boa a espera, boa lle vén. A boa madeira quer o bo oficial.
O que non é bo para si, non é bo para outro.
Polos ruíns pérdense os bos.
Se agora non es bo, como serás aló?
Se es bo ou non, outros deben dicilo.
Se ti es bo, outro é mellor.
Tan boa é a venda como a hipoteca.
Tantarantán, tan bo é Pedro como Xan.
Tras de min virá quen de min bo fará.
Vale máis dar a bos ca pedir a ruíns.
Vale máis deixar a pillos que pedir a bos.
Vale máis deixar a ruíns ca pedir a bos.
Xan de bo barato, tanto dá tres como catro.
Xúntate aos bos e serás un deles; xúntate aos malos e faraste coma eles.
Á conta dos burros aprovéitanse os agudos.
Á conta dos burros viven os agudos.
Ás dez, muller, se tes, e se non te deitas, más burro es.
Bacharel en artes, burro en todas as partes.
Ben burro é o home que ten besta e anda a pé.
Ben burro é o que padece por culpas que outro merece.
Ben burro é o que pensa que outro non pensa.
Ben burro é quen burro ten; pero inda é máis burro quen, podendo, non o ten.
Ben burro é quen tendo burro viaxa a pé.
Burro con ouro consígueo todo.
Burro é o que non toma se lle dan algo que beba ou coma.
Burro sexa quen a burro protexa.
Burro sexa quen con burro loita.
Burro sexa quen ser burro queira.
Cada burro dá a súa sentencia.
Cae un burro ás catro patas e non vai caer o que ten dúas?
Cando todos che digan que es burro, ornea.
Cando un burro fala, o outro escoita.
Cando un burro ornea, outro baixa a orella.
Cando un burro ornea, outro escoita.
Canto máis burro é un, máis lle poñen á albarda.
Canto máis burro, máis grande é albarda.
Canto máis burro, máis palla.
Canto máis burro, máis te avergonzas.
De burro abaixo non hai máis ruín
De burro abaixo non hai menos besta.
De burro abaixo non hai para onde ir.
E ben burrico o que vive probe por morrer rico.
Máis fácil é ao burro preguntar que ao sabio responder.
Máis vale burro vivo que sabio morto.
Maquinista e condutor, canto máis burro, mellor.
Mellor é ser listo pobre que rico burro.
Na súa terra, ou o burro fala ou o burro ornea.
Nin bo Pedro nin bo burro negro, nin bo prado por riba do rego, nin vaca ramalleira, nin muller que sexa moi amiga da feira, nin ola sen asa; todas cos demos, fóra da miña casa.
Nin bo Pedro, nin bo burro negro nin bo lameiro por riba do rego.
Non é tan burro o que sabe que é burro.
Nunca pela un burro aínda que non teña o pelo moi duro.
Nunca se viu burro calvo nin melón con pelos.
Nunca un burro morreu calvo.
O burro por onde pasa sempre deixa as ferraduras.
O creique i o penseque son parentes do señor burreque.
O fume vai para o seu lugar; burro é quen se deixa estar.
O pedir moito é de louco; e de burro o pedir pouco.
O pensar é de burros.
O que burro ha de ter, burro ha de ser.
O que burro vai a Roma, burro vén á volta.
O que é burro, Deus o mate.
O que é burro, pida a Deus que o mate.
O que é burro, que o aparellen.
O que é burro, tanto é aquí como en Lugo.
O que é burro, verte as papas.
O que lava a cabeza a burros, perde o xabón e o tempo.
O que nace burro, burro morre.
O que naceu para burro, non pode chegar a cabalo.
O que non é burro, le no rubio.
O que o burro gaba, tal fillo lle naza.
O que o burro ha de ter, burro ha de ser.
O que pon chatas, ten máis que o burro amatas.
O que ten burro e sal a pé, ben burro é.
O que ten burro e vai a pé, máis burro el é.
O que vive probe e morre rico é ben burrico.
O traballo é para os burros.
Obras feitas, escola de burros.
Oracións de burro non chegan ao ceo.
Orneos de burro non chegan ao ceo.
Os burros na miña terra collen a carga i están con ela.
Outro burro virá que mellor orneará.
Para quen é burro, boa é a albarda.
Para quen é o burro, ben lle chega a albarda.
Pouco importa que vaia o agudo, se non vai o burro.
Que sabe un burro cando é día de festa?
Quen ten burro e non vai nel, máis burro é el.
Quen ten roupa e durme no chan, é un bo burricán.
Quen tendo burro vai a pé, máis burro é el
Quen trasnoita e madruga, vai montado en boa burra.
Se che dixeren dous que es burro, ornea.
Se tódolos burros trouxeran albarda, os albardeiros moito ganaban.
Sete por nove, sesenta e tres: o que non o saiba ben burro é.
Tales tempos, tales verdades; tales burros, tales atafales.
Val máis burro ser que con burros debater.
Vale máis burro vivo que doutor morto.
Vale máis burro vivo que sabio morto.
Vale máis ser pobre que burro.
A calote nada é caro.
Contra as mañas do caloteiro, Deus nos asista.
Ao caloteiro nada vale seguirlle a pista.
O caloteiro non hai quen o resista.
O que é caloteiro, o mellor é perdelo de vista.
Véxanme con calotes e non me vexan defunto.
Ás escuras non hai ninguén feo.
Cousa fea non se faga nin se deprenda.
O feo e o fermoso, o máis proveitoso.
O que a feo quer, bonito lle parece.
O que a feo quer, fermoso lle pares.
Polo interese, o máis feo fermoso é.
Ai, larpeiro!, deixáche-la de raxo e comíche-la de mexillóns.
O azucre fai moitos larpeiros.
O larpeiro come o que non ten e o que non ten, déixao.
Quen come o produto dunha casa, non é larpeiro; larpeiro é o que vende.
A derradeira medida sempre foi mala de encher.
Á mala costume, crebarlle a perna.
A mala nova axiña chega.
A mala nova sempre é certa.
A mala procura trae a mala ventura.
Á que quere ser mala, pouco aproveita gardala.
Ao malo ninguén se fai.
Ao malo procura escarmentalo.
Ao malo, amalo e senón deixalo. /O malo, amalo.
Ao malo, nunha man o pan e noutra o pau.
Ao que ten de virlle a mala, na cama se escalabra.
As boas obras páganse con outras e, ás veces, con outras malas.
As malas acórdanse sempre.
Cando un está de malas, hasta os cas o morden.
Debaixo do bo saio atópase o home malo.
Debaixo dunha boa capa encérrase unha mala abella.
Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor.
Debaixo dunha mala capa pode estar bo bebedor.
Do malo, o mellor.
Do malo, pouco; do peor, nada.
Dúas malas ceas ben caben nun ventre.
É mellor pouco e bo ca moito e malo.
En todas partes hai bo e malo.
Máis vale mala avinza que boa sentencia.
Máis vale pouco bo que moito malo.
Mala é a chaga que con viño non sanda.
Malas fadas fixéronme negra que eu ben branca era.
Malo virá quen bo me fará.
Mellor se atura a forza dos malos que o seu trato.
Moitas veces págase unha obra boa con outra mala.
Moi mala debe ser a culpa, cando ninguén a quere.
Non hai nada tan malo que non sirva pra algo bo.
O cortizo das malas abellas mide as súas polas alleas.
O malo de balde é caro e o mellor é o máis barato.
O malo sempre soña en engano.
O malo sempre soña engano.
O que colle malas mañas, sempre en malos pasos anda.
O que é bo para o bazo, é malo para o espiñazo.
O que é bo para o fígado é malo para o corazón.
O que é bo para o fígado, é malo para o livián.
O que non cree en boa nai, ten que crer en mala madrasta.
Onde hai bo hai malo.
Onde hai malos, nunca falta un bo.
Onde hai un malo hai outro bo.
Onde hai un malo nunca falta outro bo.
Onde hai un malo, inda hai outro peor.
Onde hai un malo, pode haber outro peor.
Para moita sede non hai auga mala
Quen mala ventura ten non a vai botar á porta de ninguén.
Quen malamente sobe, máis malamente cae.
Quen malo foi unha vez, serao dez.
Se moito as gabas e regalas, as boas fillas volveralas malas.
Se o malo non fora maldicido, o bo non sería loado.
Se para ti es malo, pra quen serás bo?
Se queres boas obras, fainas; e se malas, aténdeas.
Traballo é a mala ventura e máis traballo é cando dura.
Unha mona é mala de criar pero despois dá gana de rir.
Vale máis pouco e bo que moito e malo.
A lata é boa, pero é mellor o ferro.
A mellor venda é a primeira.
A mellor vitoria é a que sen sangue se logra.
Mellor é baixarse que descabezarse.
Mellor é crebarse que rebaixarse.
Mellor é ir ao cárcere por dálas que ao hospital por levalas.
Mellor é meu que teu.
Mellor é non saber que mal saber.
Mellor é noso que voso e mellor é meu que noso.
Mellor é padecer que máis padecer.
Mellor me será non crelo e tomalo que crelo e deixalo.
Mellor que onde naces, onde paces.
No mellor sendeiro nunca falta algún lameiro.
Quen mellor cos empregados se confesa, maior penitencia leva.
Mórrese de sede o mesquiño e está no medio do río.
Na casa do mesquiño, cando hai pra pan non hai pra viño.
Antes o cliente que os parentes.
Aos parentes amósalle os dentes.
En tratándose de cartos, nin parentes nin adxacentes.
Entre parentes non méta-los dentes.
Meu parente é Pedro Bo, tanto me dá, tanto lle eu son.
Meu parente Pedro é bo; tanto me el dá, tanto lle eu dou.
Moitos parentes hai para aconsellar mais non para remediar.
Non hai mellor parente que o bo amigo presente.
Non hai parente probe.
O parente do rico ten que buscar onde encher o bico.
O parente levarate á pena, pero non te despena.
O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleres.
Parente de rico busca que comas.
Parente de rico busca que comer.
Parentes e trastes vellos, mellor canto máis lonxe.
Parentes e trastes vellos, mellor é non telos.
Parentes e trastes vellos, para estar a gusto, canto máis lonxe, mellor.
Parentes pobres e trastes vellos, poucos e lonxe.
Se tes un lunar debaixo dos dentes, has ser máis rico que os teus parentes.
Á conta dos parvos viven os avisados.
Anque son parvo, non tanto que non saiba cantas son catro.
Ao parvo i-ó tolo múdalle o xogo.
Ben parvo é o que coida que a xente é boba.
Ben se me entende o que falo, anque me fago o parvo.
Cada día que amañece, a recua dos parvos crece.
Do que é parvo e non-o sabe, Deus teña piedade.
Esperar sen coidado boa cría é moita e gran parvada.
Este mundo non é dos parvos e mais, por iso, hainos.
Gaba o parvo e faino bailar; se non é parvo, parvo o volverás.
Mal de moitos, consolo de parvos.
Non hai parvo para o seu proveito.
Non hai parvo que non acerte nin listo que nunca erre.
Non hai peor parvo que o que se fai.
Non sexas parvo, Xan, e non cho chamarán.
O parvo, se é calado, pasa ben por avisado.
O que a todo di que si, ou é parvo ou me fai a min.
O que é parvo, Deus o mate.
O que parvo vai á guerra, parvo volve dela.
O que por parvo peca, por parvo se condena.
Parvo é o que pensa que outro non o pensa.
Parvos son cantos pensan que os demais non pensan.
Quen de todo se admira, ou é parvo ou se fai el.
Vén de parvo e foi de burro.
Canto máis vai, meu señor, canto máis vai, máis peor.
Canto máis vai, peor é.
Mal a pé e peor da cabalo.
Mal de costas e peor de lado, dinme que son fillo dun azoutado.
Mal de costas e peor de lado.
Non se está sempre tan ben que non se poda estar mellor, nin tan mal que non se poda estar peor.
O mellor e o peor non teñen fondo.
Peor é a recaída que a caída.
Peor é o roto que o descosido.
Procura o mellor, espera o peor e colle o que viñer.
Se mal de costas, peor de illargas.
Xa me dixo Leonor que cada vez vai peor.
A pícaro descalzo, home calado, e muller barbada non lle deas pousada.
A pillabán , pillabán e medio.
De pillabán a pillabán hai pouco camiño.
Este mundo aquí ha quedar no poder de catro pillabáns.
Este mundo é dos pillabáns.
Tódolos pillabáns teñen sorte.
Vale máis ser pillo que pillado.
Xente de tralla, que vén con quen veña e vai con quen vaia.
A pobre soberbio, esmola de pau.
A ser pobre logo se chega.
Acábate pobre, e vende a camisa.
Amo pobre escusa criado.
Ao pobre dálle a metade do que che sobre.
Ao pobre e á nogueira todos lle tiran pedras.
Ao pobre e ao minguado non falta quen o faga máis necesitado.
Ao pobre farto de carne non hai quen o ature.
Ao pobre hasta os cas lle ladran.
Ao pobre nunca lle amañece, e xa as noites foran cortas.
Ao pobre o sol o come.
Ao pobre pouco ben o socorre.
Ao pobre que con carne se entupe non hai quen o ature.
Ao pobre, pano fino e caldeira de cobre.
Ao que é pobre ninguén lle fai caso.
Aos pobres, nenos, i-aos ricos, becerros.
As contas do pobre nunca saen ben.
As pobres non-as quero i-as ricas non mas dan.
Cada pobre enterra a seu pai como pode.
Cada pobre gobérnase como pode.
Cada pobre pide para o seu saco.
Cada pobre rasca onde lle come.
Caldo de pobres, raro e sen graxa.
Cando moe o pobre, sempre fai aire.
Cando o pobre quere mallar, chove.
Canto máis pobre, menos esmola.
Coitelo de pobre corta canto ve e deixa canto atopa.
Con santo pobre non gastes moita cera.
De dar, moitos fixéronse pobres; de pedir, ninguén.
De pobre a rico costa moito; de rico a ricachón, pouco, porque un dá ao outro.
Detrás do pobre sempre anda o diaño armado coa fouce.
Dous pobres a unha porta, non se poden ver moi ben.
É cousa de pobres andar a pedir.
En pobre morada, nin tizón nin brasa.
Encima de pobre, vende-la camisa.
Engrole, engrole, enterralo que é pobre.
Gasta máis o pobre en fío que o rico en pano fino.
Máis pobre que as arañas.
Moitos pobres a unha porta, non han sacar moita esmola.
Neste mundo maldito, o que nace para pobre, non chega a rico.
Ninguén está máis orgulloso que un pobre farto de pan.
Ninguén vive tan pobre como naceu.
Non collen dous pobres na mesma porta.
Non digas que es pobre a quen rico facerte pode.
Non é pobre o que ten pouco senón o que quer moito.
Non é pobre senón o que se ten por pobre.
Non hai ninguén tan pobre que ao morrer non lle sobre.
Non hai peor desgracia que ser pobre.
Non te fagas pobre a quen te non pode facer rico
Nunca viches dar unha esmola a un pobre porque nunca leva solto.
O cueiro do pobre estira e encolle.
O diñeiro do pobre quer acougar e non pode.
O lume é o capón do pobre.
O pai pobre non fai o fillo rico.
O pobre aflixido non lle deas máis ruído.
O pobre con pouco se alegra.
O pobre i-o muíño andando gana.
O pobre i-o muíño andando ganan.
O pobre non vai ó concello, nin se toma o seu consello.
O pobre nunca ten ves.
O pobre que non ten casa vive sempre na rúa.
O pobre sempre é mal home, i-o rico sempre un bendito.
O pobre todo é trazas; o rico todo trampas.
O pobre, nin quieto nin calado.
O que a ser pobre está condenado, tanto lle ten correr como estar sentado.
O que é pobre e non ten nada, pásano pola criba rara.
O que é pobre, é máis pobre do que se di e do que se pensa.
O que ha ser pobre nunca rico morre.
O que naceu para pobre, a rico nunca chegará.
O que pobre nace, pobre morre.
O que queira pobre ser, queime leña verde e pan fresco ha de comer.
O que sobre, dállo ó pobre.
O regalo do pobre é botar un cigarro despois que come.
O ser pobre non deshonra.
Os mandamentos do pobre, primeiro rebentar antes que sobre.
Os pobres da auga fan caldo.
Para o pobre non é proveitoso acompañarse do poderoso.
Para o pobre nunca é día; xa as noites foran boas.
Para o pobre sempre é noite e sempre chove.
Para o pobre sempre é noite.
Para os pobres sempre é noite.
Para pobre, un fol.
Para un pobre o trigo é esmola.
Para un pobre sempre é noite.
Pobre á festa convidado non esperes contestado.
Pobre a festa convidado, saca a tripa de mal ano.
Pobre á festa convidado, tira a barriga de mal ano.
Pobre de un pobre, que non ten quen o esfole.
Pobre do pobre que todo o mundo o mole.
Pobre do pobre, que mexan por el e ten que dicir que chove.
Pobre do que non ten: magoado o vexo.
Pobre dun pobre que, onde llo dan, alí o come.
Pobre dun pobre, que non ten quen-o forre.
Pobre dun pobre, que o rico ben come.
Pobre dun pobre, que onde llo dan, alí o come.
Pobre que moito pedicha sempre gana algún codelo.
Pobre que moito pedicha, ao fin recolle cadela.
Pobres e muíños, andando ganan.
Por pobre nunca te apures, que hai fronte a quen rico es.
Que desgracia é a do pobre que, se el non se gaba, non hai quen-o gabe.
Quen dá ao pobre non teme pobreza extrema; quen o despreza, cae na pobreza.
Quen de Deus está que ha de ser pobre, nunca rico morre.
Se desprezas a un pobre, pasarache a mesma sorte.
Se non te ves pobre e perseguido non sabes quen é o teu amigo.
Se queres ser pobre sen sentir, traballa os días pequenos e despois déitate a durmir.
Sempre houbo pobres e ricos.
Señores pobres e bestas vellas acaban cas terras.
Señores pobres e bestas vellas, ao monte con elas.
Señoríos pobres, señoríos podres.
Ser pobre non deshonra a ningún home.
Sexas pobre, sexas rico, detrás da comida bota un pito.
Todos foxen do pobre como unha enfermidade.
Tras do pobre sempre anda o demo coa fouce amolada.
Tras do pobre sempre anda o demo coa fouce.
Tras do pobre todo o mundo corre.
A ama que queira poñer o amo rico, que poña as estelas de bico.
A rico non debas e a probe non prometas.
A riqueza é moitas veces causa de tristeza.
Ao home rico ándalle ben o pico; pero se é probe, ou se cansa ou se dorme.
Ao pobre non ofrezas e ao rico non debas.
Ao que é rico e ten diñeiro fanlle a honra por enteiro.
Ao rico non debas e ao pobre non ofendas.
Ao rico non debas e ao pobre non prometas.
Ao rico non debas, ao pobre non ofrezas.
Ao rico o diaño lle xunta a folla.
As cartas non fan rico a ninguén.
Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos.
Bo tempo con calor a fin de mes, a probes e ricos trae interese.
Canto máis rico é, máis quere ser.
Canto máis rico, máis porco.
Comer pan e beber viño é propio do rico.
Con un moito e dous pouquiños fanse os homes ricos.
Cos desperdicios dos ricos mantíñanse moitos probes.
Da riqueza saen ás veces os vicios.
De rico a soberbio non hai palmo enteiro.
Do que se pode ter ninguén está rico.
Do rico é dar remedio, e do vello consello.
Do sabio, o consello; do rico, o remedio.
E ben burrico o que vive probe por morrer rico.
Está ben rico o que está a ben consigo.
Home rico mal inimigo para o probe.
Inda que sexas conde, non lle fagas mal ao home, que eu nunca vin un rico que non precise do pobre.
Máis ten o rico cando empobrece que o pobre cando enriquece.
Máis vale entrar pobre no ceo que rico no inferno.
Máis vale pobre e honrado que rico e malvado.
Máis vale pobre honrado que rico malvado.
Máis vale ser pobre con honra que rico sen ela.
Na casa dos ricos non pidas esmola; vai á do probe, que sempre dona.
Ninguén debe vivir probe por morrer rico.
Non sempre debe o rico gardar nin o probe escatimar.
Non sempre lle está ben ao rico gastar nin ao probe escatimar.
Non trates con rico empobrecido, nin con probe enriquecido.
O calor é a capa de ricos e probes.
O que aos corenta anos non chega a rico, despois "arre burrico".
O que aos vinte anos non é home, aos trinta non ten forza, aos corenta non é rico e aos cincuenta non casou, este paxaro voou.
O que queira ser rico, queime o carabullo polo bico.
O que quere ser rico, ten que quitarllo ao bico.
O que rico sexa e pobre queira ser, meta criados e non os vaia a ver.
O que sexa rico, a Dios llo agradeza.
O que ten todo o que lle fai falta, é rico abondo.
O que traballa e se instrúe, en bo e máis rico conclúe.
O rebusco non enriquece.
O rico pode chegar a pobre; e o pobre, a rico.
O verán é a capa de probes e de ricos.
Os porfiados fan ricos aos avogados.
Para nacer e morrer non hai ricos nin probes.
Pra chegar de probe a rico, moito traballo e saca do pico.
Quen aos trinta anos non ten siso e aos corenta non é rico, rachádelle o libro.
Quen nun ano queira ser rico, ao medio afórcano.
Quen rico queira ser, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que trebella, egua parideira e muller goberneira.
Quen rico ser queira, teña egua parideira e muller goberneira.
Rico é o que non debe nada a ninguén.
Rico é o que ten saúde.
Se queres chegar a rico, mete a leña polo pico.
Se queres ser rico, calza de vaca e viste de fino.
Tomou o rico posesión do mar? Morreu o probe.
Vale máis pobre vividor que rico estafador.
Vale máis ser pobre con honra que rico de mala sombra.
Vale máis ser pobre honrado que rico de mala sona.
A ruín, ruín e medio.
A un ruín, outro ruín.
Máis vale pouco e bo que moito e ruín.
O ruín boi escórnase folgando.
O ruín, canto máis lle rogan, máis se enfoncha.
Ruín sexa quen por ruín se teña.
Ruín virá que bo me fará.
Un ruín ido e outro vido.
Ben sabe o sabio que sabe e o parvo que sabe que non sabe.
Consello é de sabios perdoar inxurias e esquecer agravios.
De sabios é mudar de consello.
Guíate dos sabios: perdoa as inxurias e esquece os agravios.
Máxima de sabios é perdoar agravios.
Non é sabio o que para si non sabe.
Sabe o sabio que non sabe, e o parvo pensa que sabe.
Ao vilán dádelle o dedo e colleravos a man.
Ao vilán danlle o pé e agarra a man.
Ao vilán dálle a aixada na man.
Ao vilán non lle fagas ben nin mal.
O vilán rico non coñece amigo.
O vilán, na súa terra; o fidalgo, en calquera.
Se os desexos fosen valedoiros, os viláns serían cabaleiros.
Vilán farto, pé durminte.
Vilán que non mata porco é como escudeiro que non gana soldo.
Vilán que se fai con diñeiro, tense por un fidalgo enteiro.