Aí vén Nosa Señora coa súa ola.
A moda é para moitos a súa Nosa Señora.
Se chove por Nosa Señora, a anada ha de ser boa.
Por santa Águeda entra o sol na auga.
O día de santa Ana o liño se volve la e, na cama, de dúas pernas se volven catro.
Pola santa Ana rapa a aña. Santa Ana.
Santa Ana ca súa canada e Santiago co seu canado.
Por santa Andrea colle os bois e sementa.
Por santa Eulalia, trompos á borralla.
Santa Baia o deu, Santa Baia o comeu.
Cando trona, todos acordan de santa Bárbara.
Hai quen solo se acorda de santa Bárbara cando trona.
Poucos son os que se acordan de santa Bárbara mentres non trona.
Chovendo o día de santa Bibiana, chove nun mes e en sete semanas.
Santa Bibiana, mociñas no liño e vellas na la.
En santa Catalina, neve na cortiña; se non é aquel día, é para o outro día.
Na santa Catalina cata a neve na cortiña.
Por santa Catalina, neve na cociña.
Por santa Catalina planta a nabiña.
O que de Santa Cristina vén, auga con el ten.
Día da Santa Cruz de maio, o lobo i-o corvo nado, i-o raposo medio criado.
Día de santa Cruz vai ver a túa viña si reluz.
Día de Santa Cruz, vai ver se a túa viña reluz.
Pola santa Cruz de maio débese esconder o corvo no castaño.
Pola santa Cruz de maio, o corvo i-o lobo nado i-o zorro empolado.
Pola santa Cruz de maio, o lobo i-o corvo nado e o raposo ben empolado.
Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo, nado, e o raposo criado.
Pola santa Engracia sementa a liñaza.
Por santa Erea toma os bois e sementa.
Por santa Erea toma os bois e sementa; por san Martiño nin fabas nin liño.
Chuvia de santa Inés, chove unha soa ves.
Día de santa Inés, chuvia no día una vez.
Día de santa Inés, chuvia un día unha vez.
No día de santa Inés chove unha sola ves.
O día de santa Inés chove unha soa ves.
Por santa Inés, chuvia unha sola ves.
O día de santa Isabel vai segar a el.
Chuvia por santa Lucía tolle a sardiña.
Comeza a crecer o día pola santa Lucía.
Desde a santa Lucía as ovellas todo día.
Día de santa Lucía mingua a noite e crece o día, e hasta Nadal así está.
Día de santa Lucía tan grande é a noite como o día.
Día de santa Lucía, énchete de auga ou de sardiña.
En santa Lucía saca da noite e poñe no día
O día de santa Lucía medra o día a pasadiña dunha galiña.
O que non é día de santa Lucía, é de alí ao outro día.
O que non se fai o día de santa Lucía, xa se fará para o outro día.
Pola santa Lucía baixa a noite e crece o día.
Pola santa Lucía inda o millo cría.
Pola santa Lucía mingua a noite e medra o día.
Pola santa Lucía pon a nabiña.
Pola santa Lucía repón a túa hortiña.
Pola santa Lucía salta a grande i-a pequeniña.
Pola santa Lucía xa medra un palmo u día.
Pola santa Lucía xa o caldo alumea.
Pola santa Lucía xa o porco no vía; polo san Tomé dálle polo pé.
Por santa Lucía comeza a crecer o día.
Por santa Lucía crece a noite e mama o día.
Por santa Lucía crece a noite e mingua o día.
Por santa Lucía medra a noite e mingua o día.
Por santa Lucía o salto dunha pulga mingua o día.
Por santa Lucía quítalle á noite e mételle ao día.
Por santa Lucía tan longa é a noite como longo é o día.
Por santa Lucía, mascatos pola badía.
Santa Lucía quítalle á noite e auméntalle ao día.
Santa Lucía saca da noite e mete no día
Santa Lucía sácalle á noite e auméntalle ao día.
Santa Lucía, neve na pía; se non aquel día, neva ao outro día.
Se non chega para a santa Lucía, chega para outro día.
Se chove o día de santa Margarita, da niñada sal unha pita.
En santa María inda que a auga cubra a galiña.
Pola santa María deixa a sacha e colle a fouciña.
Pola santa María pica a aniña.
Por santa María de agosto reparta a vaca un pouco; pola de setembro, anque o vaqueiro a pese.
Santa María de Cambre, todos os homes pequenos teñen a barriga grande.
Santa María, se máis soubera, máis dicía.
A auga de santa Mariña na meda fai fariña.
A auga de santa Mariña toda é fariña.
Aí vén santa Mariña coa súa regasadiña.
Día de santa Mariña vai ver a túa viña, e tal a ves, tal a vendima.
En santa Mariña andan a cabalo dunha espiña.
En santa Mariña corre o sol como a galiña.
En santa Mariña o millo tapa a galiña.
En santa Mariña, froito na arquiña.
En Santa Mariña, xa amada a vaquiña.
O día de santa Mariña non te esquezas de deixar o sacho e coller a fouciña, nin de mirar a viña.
O día de santa Mariña xa feden os sachos á morriña
Pola santa Mariña baixan a porretiña.
Pola santa Mariña bota a barbiña.
Pola santa Mariña colga o sacho e colle a fouciña.
Pola santa Mariña colle a sacha e deixa a fouciña.
Pola santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.
Pola santa Mariña deixa a sacha e colle a fouciña.
Por santa Mariña pousa o sacho e pilla a fouciña.
Pola santa Mariña mete o pan na arquiña.
Pola santa Mariña morre o labrego de sede entre a fonte e a reguiña.
Pola santa Mariña rapa a túa añiña, sexa grande, sexa pequeniña.
Pola santa Mariña sementa a nabiña; a vella que o dicía, ben o sabía, que xa sementada a tiña.
Pola Santa Mariña sementa a nabiña: a vella que así o dicía ben o sabía, porque xa con tres follas a tiña.
Pola santa Mariña vai ás túas viñas, e cal as cates, tal as vendimas
Pola santa Mariña vai ollar a túa viña.
Pola santa Mariña, cada gran súa barbiña.
Pola santa Mariña, pousar aixada e coller a fouciña.
Por santa Mariña colle a sacha e tira a fouciña.
Por santa Mariña deita a túa galiña.
Por santa Mariña deixa a legoña e colle a fouciña.
Por santa Mariña o millo cobre o rabo á galiña.
Por santa Mariña pousa a sacha e colle a fouciña.
Por santa Mariña rapa a túa añina, sexa grandiña ou pequeniña.
Por santa Mariña sementa a túa nabiña.
Por santa Mariña sementa algunha nabiña.
Por santa Mariña sempre vén a súa chuvieiriña.
Por santa Mariña sempre vou cedo para a camiña
Por santa Mariña tira a legoña e colle a fouciña.
Por santa Mariña u millo tapa a ala á galiña.
Por santa Mariña xa o froito está na arquiña.
Por santa Mariña xa o froito está na casiña.
Por santa Mariña xa o millo cobre a galiña.
Pola santa Mariña o millo bo tapa a galiña.
Por santa Mariña xa o millo tapa o rabo á galiña.
Por santa Mariña xa o trigo cubre a galiña.
Por santa Mariña, comer galiña.
Por santa Mariña, pedras na hortiña.
Santa Mariña nunca vén sen a súa regazadiña.
Santa Mariña sempre vén coa súa regazadiña; Santa Lucía coa súa regalía; San Lourenzo co seu caldeiro penzo.
Vén a santa Mariña metida nunha cestiña.
Vén santa Mariña coa súa manguiña de auga ou de sardiña.
Vén santa Mariña metida nunha arquiña.
Santa Marta de Ortigueira, a muller que come a nata non ten parte na manteiga.
Santa Marta de Ortigueira, a muller que come a nata non ten sorte coa manteiga.
Santa Marta, santa Marta, a muller que come a nata non pode facer manteiga.
Por santa Polonia, metade do inverno vai fóra; se chove ou venta, inda entra.
Santa Quitera, o que nun ano nolo dás, en outro nolo levas.
Auga de santa Rita todo o quita.
Santa Rita, santa Roca, o que se dá non se troca.