Aprende chorando e sairás ganando.
Aprende para saber e non saibas para aprender.
Aprendido ninguén nace.
Aprendido non naceu ninguén.
Non diga ninguén "non puiden deprender"; tanto fai o home, canto quer facer.
Nunca aprendas a contar sen antes saber chorar.
O que ben se aprende, tarde se esquece.
O que no berce se aprende, só na cova se esquece.
O que no berce se aprende, tarde ou nunca se esquece.
O que queira saber, a Salamanca a aprender.
O que se aprende coas babas, non se esquece coas canas.
O que se aprende coas bágoas, non se esquece coas barbas.
Para aprender a ganar, hai que aprender a perder.
Se queres aprender a rezar, métete no mar.
Tratas e perdes, tamén aprendes.
Vai ao mar e aprende a rezar.
Á deitada da cama non bebas viño nin auga.
Beber frío e xantar quente.
Beber rubio e mexar claro, algo queda.
Beber sen comer é cegar sen ver.
Beber viño e non comer é cegar e non ver.
Bebiades de boa gana, se non fora a donicela.
Bebiades de boa gana, se non fora a donicela.
Ben lle vai ao home mentres bebe e come.
Cada un di o seu parecer despois de beber.
Chova que neve, quen ten sede bebe.
Que chova, que neve, cando teñas sede, bebe.
É boa desgracia non ter para viño e ter que beber auga.
Estar suando e beber auga fría, ou catarro ou pulmonía.
Eu bebo, eu como; veu o fachinelo e levoumo todo.
Hasta a folliña do millo sabe tamén de picardía: garda o orballo da noite para beber polo día.
Neto a neto, bebe Marica o feltro.
Ninguén diga "de aquí non pasarei" nin "desta auga non beberei".
Non bebas auga que non vexas nin firmes carta que non leas.
O beber quer comer.
O que ao deitarse bebe auga, non pregunte de que mal morre.
O que moito bebe, logo se enche.
Que chova que neve, quen ten sede bebe.
Que chova, que neve, cando teñas sede, bebe.
Que lle imos facer? Descansar e volver a beber.
Quen beba viño de máis, acaba consigo e cos demais.
O que bebe para esquecer, pague antes de empezar.
O que nada bebe, nada teme.
O que ten bigote, bebe dúas veces.
O soprar quere beber.
Patrón que non bebe, calada que perde.
Picar e beber, asegundo ter.
Polo que non bebo nin como, que ansia teño.
Quen detrás da ensalada non bebe, non sabe o que perde.
Quen se entrega á bebida, pouco estima súa vida.
Saben todo o que bebo e non a sede que teño.
Salto de cabra e brinco de lebre, bebe, Manuel, para que o vello te leve.
Se queres andar á carreira, bebe auga da rateira.
Se tes sede, mexa e bebe.
Todos din a auga que bebo pero ninguén sabe a sede que eu teño.
Todos saben o que bebo e non a sede que teño.
Todos saben o que bebo e non a sede que teño.
A quen coce e amasa non lle cortes a masa.
A quen coce e amasa non lle roubes a masa.
A quen coce e amasa non se lle furta a masa.
A quen coce e amasa non se lle taxa a masa.
A quen coce e amasa, non lle furtes a fogaza.
Ánimo, tripas, que está o corno a cocer.
Cando un coce, todos amasan.
Deixa cocer o que non has de comer.
En tódalas casas se cocen fabas e na nosa caldeiradas.
En todas partes cocen fabas, e en algunhas a caldeiradas.
Grazas a Deus hoxe cocemos catro panciños e cinco debemos.
Grazas a Deus que cocemos catorce pans e quince debemos.
Grazas a Deus que cocemos sete petadas e nove debemos.
Grazas a Deus que xa cocemos; catorce cocemos e quince debemos.
Moitas olas ao fume e un garabano a cocer.
Na casa da miña veciña cocen fabas; e na miña, a caldeiradas.
Non te cozas que estás por asar.
O que é duro de cocer, malo é de comer.
Os que cocen os domingos, penéiranlle os bacoriños.
Se coces os días santos, sacarás ósos do forno.
A bo comer ou mal comer, tres veces beber.
A carón do lar, comer e papar.
A comer vamos, a traballar vaian.
A medio comer ninguén morre.
A patria do home é onde come.
A quen come e non convida, que lle rebente a barriga.
A quen come e non promete, sáelle por onde o mete.
Ai, larpeiro!, deixáche-la de raxo e comíche-la de mexillóns.
Alguacís e escribáns nunca de comer están fartos.
Antes de comer, non poder facer; e de comido, entambullado.
As festas sempre son boas para quen as come, mellor que para quen as dá.
As sepulturas están cheas de grandes comedelas.
Bocado comido non ten sustancia.
Cal traballes comerás.
Cando aquí non esteades, comigo comeredes.
Cando comeres antes de ir á igrexa, despois non cho porán á mesa.
Cando non hai de solaina, de todo como.
Cando se come, non se fala.
Cantar como paio e comer como pito.
Canto comas antes de ir á igrexa, despois non cho poñerán na mesa.
Canto comeres antes de ir á igrexa, despois non cho porán na mesa.
Canto máis come, máis gana ten.
Canto máis un come, menos ve.
Co que eu coma, ninguén engorda.
Comamos e trouleemos que iso máis ganaremos.
Comamos, bebamos e trouleemos que ao cabo morrer temos.
Comamos, bebamos, poñámonos gordos e a canto nos digan fagámonos xordos.
Comas ben ou comas mal, remata con pan.
Comas ben, comas mal, a boca que che quede de pan.
Comas ben, comas mal, acaba comendo pan.
Comas ben, comas mal, que che saiba algo a pan.
Comas mel ou azafrán, que che saiba a boca a pan.
Come ben e ponte gordo e, se chaman por ti, faite o xordo.
Come con el e gárdate del.
Come e bebe e faite home.
Come e bebe, e ponte gordo; e se te mandan traballar, faite xordo.
Come e folga e terás vida boa.
Come e folga e terás vida boa.
Come forte, caga forte e non teñas medo á morte.
Come leite e bebe viño, e de vello serás mociño.
Come pouco, cena máis, durme en alto e vivirás.
Come, durme e engorda e se te chaman faite a xorda.
Come, durme e engorda e, se te chaman, faite a xorda.
Comer a fartar, traballar a rabiar.
Comer a gusto e vestir ao uso.
Comer ben e traballar mellor.
Comer ben sen traballar non che era mal oficio.
Comer como haber.
Comer e beber e pete á porta quen quixer.
Comer e deixar se has de cear.
Comer e folgar, bo pelo criar.
Comer e rascar só quere empezar.
Comer e rascar, todo é empezar.
Comer e se rañar, todo é comezar.
Comer e sorber non pode ser.
Comer e ter non pode ser.
Comer hasta enfermar e gardar dieta hasta sandar.
Comer polo miúdo e cagar polo maduro.
Comer pouco e rabo enxoito.
Comerás de porco e xa verás como mudas de acordo.
Comíche-la cereixa, has caga-la croia.
Comín eu, comeu todo o mundo.
Como comas así mañá, non morres hoxe.
De comer ben a comer mal non hai máis que un real.
Deixa que comer e non deixes que facer. /
Des que os frades comen, hai culleres abondo.
Despois de comer nin unha carta ler.
Despois que comen os frades, sobran as culleres.
Deste mundo levarás barriga chea e nada máis, e boas obras se as fas.
Din que non comer por ter comido non é mal de perigo.
Dominos vobisco, eu para comer son moi listo.
Dúas veces pon a mesa quen come e deixa.
Duro é non ter que comer pero máis duro é ter que morrer.
En canto o home come, non morre.
En xaneiro cómese o porco enteiro.
Entrementres se come non se asubía.
Estar na mesa e non comer, na bodega e non beber e na cama e non durmir, tres cousas que o home non pode sufrir.
Eu bebo, eu como; veu o furelo e levoumo todo.
Fártase un de comer e de beber, e non se farta de saber.
Hai que comer e deixar.
Hai quen non come por non cagar.
Haxa que traballar que as ganas de comer non han de faltar.
Home que come eslamiado vive moito ou será achacoso.
Home que come salgado morre logo ou será san.
Hora de comer para o rico: cando ten gana; e para o pobre: cando ten que.
Lamber non é comer.
Moita xente moito come.
Na mesa de san Francisco, onde comen catro, comen cinco.
Nin comer sen traballar nin traballar sen comer.
Non comerei groso pero descánsame o óso.
Non é o mesmo comer que comichar.
Non é o mesmo comer que ver comer.
Non hai mellor menciña que a gana de comer.
Non ten que comer e convida hóspedes.
O bo comer chega a mal comer.
O comer de galiña trae o comer de sardiña.
O comer é de animais, e o beber, de anxos.
O comer e o beber non queren présa.
O comer e o rañar quere comezar.
O comer e o rascar vai no empezar.
O comido é o seguro, que o que comido non está, sabe Deus quen o comerá.
O de comer e non traballar en algo ha de vir a parar.
O grande come a mora i-o pequeno estende a gola.
O mar come dos nadadores.
O primeiro é comer e o derradeiro é facer.
O que anda atrás, come na cunca dos cans.
O que atrás viñera, comerá do que trouxera.
O que ben come, ben vive.
O que come allos, cheira a eles.
O que come as duras, mellor comerá as maduras.
O que come ben, forra o que ten.
O que come con navalla, come máis que traballa.
O que come de pé, nunca farto se ve.
O que come e non convida, manda o rei que lle saquen a vida.
O que come e non promete, na barriga se lle espete.
O que come e o bebe, escusa bulsa que llo leve.
O que come fabas sen lavar, come terra sen pensar.
O que come papas e ara con vacas, non pode saír do pé das casas.
O que come papas e calza barcas, que non se vaia moi lonxe das casas.
O que come paxaros antes de maio, anda contento como un papagaio.
O que come paxaros antes de maio, pasa alegre todo o ano.
O que come pola man doutro, come moito e engorda pouco.
O que come só o seu, non pode comer do alleo.
O que dá poder, dá de comer.
O que de mañá come papas e xungue os bois á mulida, ten a mañá perdida.
O que de noite come cebola, pola mañá ten cara de mona.
O que en san Xoán come cabra i en outono galiña, come todo o ano morriña.
O que máis engorda, é o que con máis gusto se come.
O que moito come, nunca se enche.
O que moito come, pouco aforra.
O que moito come, pouco engorda.
O que non come veleno, non rebenta.
O que non come, non aforra.
O que non come, non caga.
O que non comeu allos, non cheira a eles.
O que non ten que comer, se non é cego nin tolleito ou impedido, que busque.
O que nunca comeu galiña, un paxaro lle pon medo.
O que o traballo non quere facer, non debe comer.
O que queira comer do pucheiro alleo, que quite primeiro o testo seu.
O que quer comer, que traballe.
O que quere comer mel, ten que aguantar as picadas.
O que quere comer mel, ten que sufrir as picadas.
O que se come, non se loce.
O que tarde viñera, coma do que trouxera.
O traballar e o comer desde o berce hai que aprender.
O traballar e o comer, o seu xeito ha de ter.
Onde comen tres comen catro, se poñen máis no prato.
Onde comen tres comen catro, se poñen máis no prato.
Onde non se come, non hai ben que chegue nin mal que non sobre.
Os da casa de arriba comen nunha viga; os da casa do medio, nun pendello; os da casa de abaixo, nun refaixo.
Para comer á mesa, barba tesa.
Para comer e beber ninguén se faga amarelo e traballe con coidado, que o corpo non é de ferro.
Para comer ninguén se poña amarelo.
Para mañá, se queres comer, garda pan.
Pedir para comer e pagar para pedir.
Pedro Blas, xa comiches, xa te vas.
Por comer tortilla cenando, toda a noite soñando.
Por moito que comas, non déixe-lo pan; por moito sol que faga, non déixela capa.
Por un non se espera e por dous vaise comendo.
Prenda que come, ninguén a tome.
Que chova que neve, o que come, bebe.
Que haxa vontade, pois que comer non ha faltar.
Quen che come a febra, que che roia o óso.
Quen come con navalla é porque é da montaña.
Quen come de máis, tempo virá en que comerá de menos.
Quen come do pote alleo, tenlle que quitar o testo ao seu.
Quen come é a saúde.
Quen come e canta, un sentido lle falta.
Quen come e deixa, dúas veces pon a mesa.
Quen come fiado, caga mazarocas.
Quen come na cama e asubía na mesa, sinal de pouca cabeza.
Quen come na cama e canta na mesa, sinal de pouca cabeza.
Quen come pola man doutro, come moito e engorda pouco.
Quen come sen conta, vive sen honra.
Quen moito come, logo para
Se che doe a cabeza, come bola tesa.
Se comeras como comes, non comerías como comes.
Se comes verdura o martes de Carnaval, cómente as moscas todo o ano.
Se non comeras como comiches, non comías como comes.
Se non hai que comer, de fame hai que morrer.
Se tes saúde e queres comer, traballa.
Sempre sucede irse o comido polo servido.
Sen comer e sen beber non hai pracer.
Tanto dá comer como estar comendo.
Tendo lingua e que comer, o home vai onde quer.
Tendo saúde e comendo ben, o traballar non mata a ninguén.
Todas comen, todas puxan.
Todo bicho quere comer.
Todo quer maña pero o comer quer gana.
Todos nós comemos roxóns.
Tragadeiras non faltan: quen coma hai.
Uns comen a froita aceda e outros teñen a denteira.
Uns comen e outros queren comer.
Vai comer onde traballaches.
Val máis comer e comichar, que non ver e desexar.
Val máis unha boa enchente que sete lambiscadas.
Val máis unha chea que vinte lambidas.
Vale máis comer que cuspir.
Co favor non te coñeceras e sen favor non te coñeceran.
É mellor o ruín coñecido que o bo por coñecer.
O que non te coñeza, que te merque.
O que un non coñece, non o apetece.
Pola portada coñécese a morada.
Se queres coñecer a Pedriño, dálle un mandiño.
Se queres coñecer o que te quer ben, pídelle algo do que non tes e el ten.
Antes de correr mira si podes andar.
Atrás de quen corre, correr.
Corre coma se lle meteran un foguete polo cu.
Corren as nubes para Ourense: sol que nos quente.
Correr tras quen escapa é unha carreira moi larga.
De correr a parar non hai moito que andar.
E despois corremos todos!
Fuxir e correr todo é o mesmo.
Ninguén correu que non parase.
Non corras tanto que teño presa.
Non pasa seguro quen corre polo muro.
Non por moito correr se chega máis axiña.
O moito correr trae o pouco andar.
O que máis corre máis se cansa.
O que moito corre non chega a lonxe.
O que moito corre non é o que máis pronto chega.
O que moito corre non vai para lonxe.
O que moito corre nunca a lonxe chega.
O que moito corre pronto se cansa.
O que moito corre tarde chega.
O que moito corre, logo cae.
O que moito corre, tropeza e cae. Eu corrín, tamén caín, suspirando dei un ai!
O que non corre, voa.
Onde un non corre, non cansa.
Os que corren moito acaban atrás.
Quen corre polo muro non dá paso seguro.
Quen máis foxe, máis corre.
Quen moito corre, logo para.
Quen moito corre, non chega a lonxe.
Quen moito corre, non vai para lonxe.
Sóltame e verás cómo corro.
Sóltame, verás como corro.
Tras do que non corro non canso.
A quen non debo, non temo.
A quen non debo, non teño medo.
De quen non debe nada, bo é unha migalla.
O deber non é pecado.
O que algo está a deber non dorme como quer.
O que debe sabe ben canto debe.
O que debe, non dorme, e o que cobra, descansa.
O que debe, non é seu o que ten.
O que nada debe, nada teme.
Quen malgasta o que é seu, o sentido perdeu.
Quen malgastou o seu, non sabe o que perdeu.
Quen sen deber queira ser debedor, fágase fiador.
Ter e deber non é ter.
A bo entendedor abóndanlle poucas falas.
Ben se entende que o que merca un, outro o vende.
Cada un entende o que lle convén e non sempre lle sae ben.
Cada un se entende e Deus ben nos comprende.
Cada un se entende no seu xeito e saca proveito.
Dígocho Xoán para que o entendas
Entender de presos, carcereiros vellos.
O que deprende o que non comprende, xa me entende.
O que moito quere saber, dálle un corno a entender.
Para entender de presos, carcereiros vellos.
Quen me entende, entende; iso ben se comprende.
Vale máis entendelas que porfialas.
A loba e a muller son iguales en escoller.
A quen dan en que escoller, danlle abondo que facer.
A quen dás en que escoller, dáslle ben en que entender.
A quen deron a escoller, déronlle a ira sin. querer.
Ao que lle dan, non escolle.
Escoller non é acertar.
Escoller, escoller, e o peor coller.
Máis vale acertar que escoller.
O que moito escolle queda na orela.
O que moito escolle, o ruín colle.
Pola cara escóllese a dama.
A "non pode ser" non lle hai que facer.
A onde fores fai como vires.
A onde vaias fai o que vexas.
A quen cha fai, failla.
Antes de facer unha cousa, mira ben o que vas a facer.
Ao que non pode ser, non hai que lle facer.
Ben axiña se fai o que ben se fai.
Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito
Ben se fai o que logo se fai.
Cada un fai coma quen é.
Cada un fai das súas.
Cando fai sol e chove, é tempo de pagar as débedas.
Cando teñas o mando e o pau, non fagas todo o que che veña á mau.
Canta máis présa, máis facer.
De facer mal non se saca nada.
Deus fai, fai, pro non fai fillo sen pai.
Do pensar ao facer hai moitas légoas que correr.
Está feita a metade porque, aínda que ela non queira, eu quero xa.
Eu só, como poderei facelo todo?
Facede cada día unha e rogar a Deus por outra.
Facede o ben que vos digo e non fagades o mal que eu fago.
Facede o que eu digo, e non fagades o que eu fago.
Facédelle festas á gata e saltaravos á cara.
Facédelle festas ao gato e rabuñaravos.
Facédevos ovellas e comeranvos os lobos.
Facer o que fan todos ou non ir entre todos.
Facer ben, alcanzar mal.
Facer moito e ben, non hai quen.
Facer o que todos ou non andar con todos.
Facer que fagamos e non nos movamos.
Facer unha raia na auga pra que non se desfaga.
Fágante como ti fagas, non tes de que estrañarte.
Fágase o ben e fágao Xan ou Miguel.
Fágoche por que me fagas, que non es Deus que me vallas.
Fai barato e venderás por catro.
Fai ben a quen che fai mal.
Fai ben e non cates a quen.
Fai ben e non mires a quen; fai mal e gárdate.
Fai ben sen mirar a quen; ben fas, ben atoparás.
Fai ben sen mirar a quen, fai mal e gárdate.
Fai ben; nese instante a Deus serás semellante.
Fai caso ós curas e xa verás como duras.
Fai máis a inclinación que a educación.
Fai máis mal un día de sol en xaneiro que sete lobos no eido.
Fai moito e fala pouco.
Fai o que che digo e non fagas o que eu fago.
Fai o que che manda o teu señor e sentaraste co el ó sol.
Fai o que debas e non o que queiras.
Fai o que eu che mando e non fagas o que eu fago.
Fai o que eu digo e non fagas o que eu fago.
Fai o que o crego dixera e non faga-lo que el fixera.
Fai o que poidas e non o que queiras.
Fai o que saibas pra que en todas partes caibas, que o que sabe en tódolos lados cabe.
Fai o que vexas facer ao veciño pero non segue-lo pan verde.
Fai o raposo o sábado con que o domingo non vaia á misa.
Fai primeiro o necesario e despois o voluntario.
Fas mal? Espera outra cousa igual.
Feita a inocencia, feito o engano.
Fixéchela?... Págaa.
Hai que facer da necesidade virtude.
Hai que facer e calar.
Hai que facer que facemos.
Hai quen fai da súa capa un saio.
Hai quen fai un altar pra desfacer outro.
Hai quen fai un burato pra tapar outro.
Máis fácil é desfacer que facer.
Mira ben o que fas e o que teñas que facer.
Na terra onde vivires fai como vires.
Ninguén as fai que non as pague, máis cedo ou máis tarde.
Ninguén pode facer máis do que sabe.
Non fagas o que fago, fai o que che mando.
Non fagas tantas mercedes que te fagan subir polas paredes.
Non me fagas bicar, e non me farás pecar.
Non se fai o colmo sen traballo.
Non se pode facer todo de unha vez.
Non sei que facer: se deixar de andar ou botar a correr.
Non as fagas e non as temas.
Nunca falta quen ben faga.
O ben facer gana amigos e o dicir mal, inimigos.
O facer ben nunca está mal.
O malo, pra facer mal, achaques non ha mester.
O moito remexer tamén dá que facer.
O que a faga que a pague.
O que a solas fas na casa, todos poidan ver na praza.
O que as fai o sábado, págaas o domingo.
O que está contento, non fai mal.
O que está feito, non ten remedio, e o que está por facer, quer consello.
O que fai ben, merece mal.
O que fai mal, mal espere.
O que fai mal, para si o fai.
O que fai o que non debe, atopa o que non quere.
O que fai o que pode, non está obrigado a máis.
O que fai un home tamén outro facelo pode.
O que fai unha, fai máis.
O que fai unha, fai outra.
O que fai unha, fai un cento se lle dan vergas e tempo.
O que fai unha, fainas todas.
O que fixo e desfixo bota de conta que nada fixo.
O que moitas fai, nunha cae.
O que moito desfai, non mira ben o que fai.
O que moito reza e peta no peito, moito mal fai ou ten feito.
O que nesta vida fai mofa, na outra foza.
O que neste mundo fai risa, no outro quéimanlle a camisa.
O que neste mundo fai risa, no outro toca a chifra.
O que non as fai, non as pensa.
O que non fai mal, fai moito ben.
O que non fai o que debe, fai ó cabo o que non debe.
O que non pode facer o que quere, faga o que poida.
O que non se fai día de santa Lucía, farase outro día.
O que non se fai na voda, non se fai a toda hora.
O que non se fai pola santa Lucía, faise ó outro día.
O que non ten que facer, co rabo mata as moscas.
O que non ten que facer, compra unha cabra e vólvea a vender.
O que non ten que facer, compra unha casa e vólvea vender.
O que non ten que facer, dedícase a dar auga por un canado.
O que non ten que facer, íspese e vístese.
O que non ten que facer, manga a macheta.
O que non ten que facer, sacha os nabos e o alcacén.
O que non ten que facer, vai sachar os nabos antes de nacer.
O que unha fai, outra espera.
O que vai facer mal, xa vai medio ferido, di o refrán.
Onde fores fai o que vexas.
Onde vivires, fai como vires.
Paso de boi, dente de lobo e, de vez en cando, facer o bobo.
Por iso che fago, pra que me fagas, porque non es Deus que me vallas.
Pro que has de facer non digas mañá.
Quen a faga, tarde ou cedo ha de pagala.
Quen fai de min escaravello, non farei del espello.
Quen fai o que debe, a ninguén ofende.
Quen fai o que pode, fai o que debe.
Quen fai o que quer, non fai o que debe
Quen fixo o cesto, que lle poña o aro.
Quen non ten que facer, seus nabos sacha antes de nacer.
Quen sabe, pode, sen sacrificios, facer a todos grandes beneficios.
Quen tal fixo que tal pague.
Se fas mal, espera outro tal.
Se non fas o que queres fai o que podes.
Se queres facer bo trato, vende caro o que merques barato.
Se queres non facer nada, convoca a xunta.
Séntate no teu lugar; non te farán levantar.
Sorber e soprar non se pode facer á par.
Tamén sei facer a burla de quen de min a fixer.
Torto ou dereito, o que está feito está feito.
En todos lados hai de todo.
Haber hainas como mantas.
Onde non hai, non compre buscar.
Para todos haxa e para min non falte.
A lamber ninguén se farta.
Entrar lambendo e saír mordendo é cousa que moitos fan en podendo.
Lambeute a vaca marela!
O lamber non é comer
O lamber non é encher.
Máis vale lamber que morder.
Máis vale unha chea ca sete lambadas.
Moitas veces quen entra mordendo sae lambendo.
O que veza os grelos, lambe os dedos.
Val máis lambendo que mordendo
Val máis unha boa enchente que sete lambiscadas.
A morrer, morrer farto.
Afórcate e morrerás santo.
Antes morrer que deixarse matar.
Ao cabo morrer e a chave na porta.
Ao que ha morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
Batinme e morrín tres veces.
Ben parvo é o que morre probe por vivir rico.
Cando morra a Marta, que morra farta.
Cando morras acabouse.
Cando morre unha vella, cen anos de penitencia.
Cando morre unha vella, cen anos de pestilencia.
Cando un morre, debera nacer.
Cantos morren sen tose, i eu, porque a teño, non me leva Deus.
Case ninguén morre de fame, pero de cheas, un enxame.
Cen anos hai que morreu e cheira de seu.
Comamos, bebamos e runflemos que, ao cabo, morrer temos.
Como un vive, así morre.
Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
Cousa mala nunca morre.
Des que un morre non lle faltan sacramentos.
Desde que eu morra, nunca os muíños moian.
Despois de morrer, campás por gaitas.
Despois que eu morra, nunca o muíño moa.
Despois que un morra, escusa caldos.
Digan que aquí fuxiu e que non morreu.
En dúas cousas somos iguales: en nacer i en morrer.
En morréndose un, acabouse todo para el.
Está a vella a morrer e está a aprender.
Está no medio do río e morre de sede o mesquiño.
Está un morrendo i está deprendendo.
Estimara un morrer para descansar.
Hasta morrer todo é vivir.
Máis vale dicir "aquí fuxiu" que "aquí morreu".
Máis vale morrer que mal vivir.
Mal de quen morre.
Mala cousa nunca morre.
Moitos morren porque os matan e outros porque paran de alentar.
Moitos morren porque os matan e outros porque se lles vai o alento.
Morra Marta e morra farta.
Morra o gato e morra farto.
Morre a Marta cando está farta.
Morre o rei e morre o Papa e de morrer ninguén se escapa.
Morrendo e deprendendo.
Morreu Cristo, acabouse a Paixón.
Nin de moito mal se morre nin de pouco escapa o que está na cama.
Ninguén debe vivir probe por morrer rico.
Ninguén morre hasta que Deus quer.
Ninguén morre tan probe que máis probe non nacese.
Ninguén se morre dúas veces.
Non é o mesmo morrer que ver morrer.
Non hai como morrer para coñecer a morte.
Non hai como morrer para que gaben a un.
Non se me dá nada que, en morrendo, todo se acaba.
Non se morre máis que unha vez.
Nunca mellor morre o home que cando máis quer vivir.
O cansarlle a un as forzas, non ouvir e non ver son sinais de morrer.
O que é de boa fe, vai morrer a un hospital.
O que ha morrer ás escuras para nada quer o candil.
O que has de volver, non o deixes para o morrer.
O que mal vive, mal ha de morrer.
O que morre, paga por si.
O que morrer quere, vese na morte.
O que morreu, acabouse.
O que non ten maña, morre como araña.
O que por seu gusto morre, hasta morrer lle é doce.
O que primeiro morre, primeiro se enterra.
O que queira morrer arruinado, que se meta nas mans do avogado.
O que se morre entérrano.
Os apurados morren afogados.
Os que xaxúan en san Xoán, ou morrer queren ou non teñen pan.
Por moito mal que teña, ninguén morre hasta que Deus queira.
Porque morra unha vella, non é ano de mortaldade.
Porque morra unha vella, non todas han de ser pestilencias.
Purgádeo, sangrádeo, coidádeo e, se morre, enterrádeo.
Que morrer temos, ben o sabemos.
Que non morran as vacas, que os homes hainos a manadas.
Queiramos ou non queiramos, para morrer nacemos.
Quen máis non pode, co seu mal morre.
Quen máis non pode, morrer se deixa.
Quen ó seu inimigo corre, ás súas mans morre.
Se comes mañá, non morres hoxe.
Se morremos, para iso nacemos.
Se queres morrer ben, vive ben.
Sei que hei de morrer e sei onde e cando.
Sexa rico, sexa probe, cando lle dá a morte, morre.
Tanto morre o Papa como quen non ten capa.
Tanto o rico como o pobre, cando lle dá a morte, morre.
Toca-de-balde" morreu.
Un bo morrer honra unha vida enteira.
Vai o vello a morrer, vai a aprender.
Xa se morreu o emprestar que o matou o mal pagar.
Cada un nace para o que é
Cada un nace para o que ha de ser.
Desde que nacín, chorei, e cada día tiven por que.
Dos desgraciados nacen os avisados.
No nacer e no morrer todos iguales temos que ser.
Non naciches para ti só: outro para ti e ti para outro.
O que antes nace, antes pace.
O que diante nace, diante pace.
O que naceu barrigudo, importa pouco enfaixalo.
O que non nace para ser, non pode ser.
O que non nace, non morre
O que non nace, non pode morrer.
Para nacer e morrer todos vimos ao mundo.
Para ser, hai que nacer.
Todo o que nace morre, sexa o que fora e sexa quen fora.
Todos en coiro nacemos e en coiro morremos.
Todos nacemos en coiro.
Uns nacen con estrela e outros nacen estrelados.
Uns nacen con estrela e outros sen ela.
Uns nacen deitados e outros de pé.
Uns nacen para espellos e outros para escaravellos.
Vale máis nacer con sorte que con rendas.
A recaída fai perder moitas veces a vida.
Aínda non perdíche-la casca do cu!
Aínda que perdín os aneles, inda me quedan os dedos.
Con algúns o perder é ganar.
Do perdido, o mellor é o recollido.
Do que se perde non se ve nada.
En coiro nacín e en coiro me vexo; nin gano nin perdo.
Libro prestado, ou perdido ou estragado.
Machucar en ferro frío, traballo perdido.
Máis val perder o pouco que perder o moito.
Máis vale perder o pouco que perder o todo.
Máis vale perder que máis perder.
Na feira de Vilaverde, o que máis pon, máis perde.
Nada ten que perder que nada ten de seu.
Nin polo enxoito nin polo mollado, non perdas de levar o saio.
Non se perde nada, porque o que un perde, outro gana.
Non se perde nada.
Non se sabe o que é a saúde hasta que se perde.
Non sinto que o meu fillo perda, senón que desquitarse queira.
O ben non é coñecido hasta que é perdido.
O non perder xa é ganar.
O perder moitas veces é ganar.
O que foi a Castela, perdeu a cadeira.
O que foi a Castela, perdeu a cadeira; o que foi e volveu, non a perdeu.
O que máis ten, máis perde.
O que moito quere, moito perde.
O que perde e di que non o sinte, minte.
O que regala non perde, se o que recibe o comprende.
O que todo quere, todo perde.
O que vai á festa e rompe a testa e perde o que ten, boa festa lle vén.
O que xoga por necesidade, perde por obrigación.
Onde forza non hai dereito se perde.
Onde non se perde nada, sempre algo se gana.
Onde o louco o perdeu, o cordo aviso colleu.
Onde se perde a capa, alí se cata.
Perder con uns é mellor que ganar con algúns.
Por uns perden outros.
Quen máis pon máis perde.
Quen todo quere, todo perde.
Se te vires perdido, bótate a nadar.
Sempre perde quen ten máis.
Tanto se perde polo moito como polo pouco.
Tanto se perde polo moito como polo pouco.
Vale máis algo perdido que todo comido.
Vale máis perder que máis perder.
Antes que prometas, mira como has de cumprir o que prometes.
Mellor é non prometer, que prometer e non facer.
O que moito promete, nada dá.
O que promete e non dá, hai que sacarllo da soá.
O que promete e non dá, no inferno as pagará.
O que promete e non dá, o demo fai alegrar.
O que promete e non dá, rebenta pola soá.
Por prometer ninguén chegou a empobrecer.
Prometer é véspera de dar ou de mal quedar.
Prometer hasta meter e, de metido, nada do prometido.
Prometer hasta meter, e despois de metido, nada do prometido.
A onde te queren moito coida de ir pouco.
A quen queiras mal, non o queiras no hospital.
Aínda que non falemos, ben nos queremos.
Cada cal quer o seu igual.
Cada ruín quere entrar na danza coa súa mudanza
Cando un non quer, dous non barallan, e menos se os dous se separan.
Cando un non quer, dous non rifan.
Como son así, mellor quero para min que para ti.
Entre dous que ben se queren, con un que coma, xa chega.
Fai máis quen quere que non quen pode.
Máis fai o querer que o poder.
Máis quero pouco en seguro que moito en perigo.
Máis quero un "toma" que dous "che darei".
Moito che quero, moito che adoro e non te enfastío porque non podo.
Moito che quero, moito che adoro, non te afogo porque non podo.
Moito te quero, mais pouco ben che fago.
Nin todo se debe esquecer nin todo se debe querer.
Non lle des a outros o que non queiras para ti.
Non lle quer ao vello mal quen lle furta a cea e o manda deitar.
Non ofende quen quer senón quen pode.
Non queiras para ti o que non queiras para outro.
Non quero levar comigo ese foro toda a vida.
Non todos podemos o que queremos.
O ben querer chega para todos.
O fiar e o tecer xeito quer.
O parecer non é querer nin é ser.
O que algo quer, algo lle costa.
O que cela, quere.
O que non pode, sempre quer.
O que non queiras para ti, non llo queiras para o outro.
O que non queiras para ti, non o queiras para min.
O que non queres que se saiba, non o digas a ninguén.
O que non queres, para que o queres?
O que non se queira ensuciar, que non vaia ao bulleiro pasear.
O que quer coller a estiñada, ten que saír pola chuviñada.
O que quere o proveito, búscalle o xeito.
O que quere peixes, que molle as pernas.
Onde ben te queren irás poucas veces, e onde mal nunca irás.
Onde hai querer todo se fai ben.
Os que ben se queren, encóntranse sempre.
Para costas arriba quero o meu mulo, que as costas abaixo eu as subo.
Para mañá, se queres comer, garda pan.
Para quen non quer, teño eu moito.
Para quen non quere, hai de máis.
Para quen non quere, sempre hai abondo.
Para quen nos quer, teñamos, que para quen non nos quer, temos dabondo.
Que máis quere o cego que ver!
Quen ben che quer, non che busca muller.
Quen ben me quer, dáme do que ten.
Quen ben quer tarde esquece.
Quen che avisa, ben che quer.
Quen mal quere, pronto esquece.
Quen me pica, ben me quere.
Quen me quer ben, dime o que sabe e dáme do que ten.
Quen moito quer espremer, ás veces, sae espremido.
Quen non queira aprender e non saiba confesarse, no inferno ha de amolarse.
Quen pode e non quer, cando quer non pode.
Quere ben, se queres que che queiran tamén.
Querer e non querer non está nun ser.
Querer é poder.
Querer, calquera quere, o caso é saber querer.
Rifan os amantes e quérense máis que antes.
Se ben me queres, trátame como debes.
Se non podes o que queres, fai o que poderes.
Se non queres levar patadas, non vaias á feira das bestas.
Se queres botar garavanzos ao pucheiro, seménteos en xaneiro.
Se queres chegar a vello, faite vello cedo.
Se queres coller o fol, queima leña verde e come pan mol.
Se queres empobrecer, merca o que non has mester.
Se queres que che diga o que che falta, dime de que te gabas.
Se queres ser ben servido, sírvete ti correndiño.
Se queres telo, teno.
Se queres ter bo prado, mal pacido e ben gadañado.
Se queres ter bo souto, ao sacudir un, planta outro.
Se queres ter caseiros, non teñas herdeiros.
Se queres ter criado ben mandado, non lle des de comer antes do recado.
Se queres ver como eu navego, sáchame tarde e réndame cedo.
Tanto lle quer o demo aos fillos que lle arrinca os ollos.
Todos me queren a miña Manuela, todos ma queren e ninguén a leva.
Uns queren o sol na cidade e outros queren a auga no nabal.
Vállate Deus de que mal xeito te pos; cando querías, ti ben te poñías.
Viño e sacramentos, para quen os queira.
Arrímate a quen ten e aprende de quen sabe.
Ben pouco sabe o que para si non sabe.
Cada un sabe de si.
Dinos o que sabes, para sabermos o que ignoras.
Do que non sabes non fales.
Do que non saibas non fales, que é moito mellor que cales.
Fai o que saibas, para que en todas partes collas; que o que sabe, en tódolos sitios cabe.
Guíate polo que sabe e non polo que non sabe.
Hai que saber que hai mañá.
Hainos que din o que saben e non saben o que din.
Máis ben me sabe a miña cebola que a carne da túa ola.
Máis vale o saber que o poder.
Máis verdades se han de saber que dicir.
Mellor é non saber que mal saber.
Moitos saben derramar pero poucos saben conservar.
Nada sabe o que para si non sabe.
Non sabe mandar o que non foi mandado.
Non sabe un onde a ten
Non se sabe o que pesa a carne en canto non-o di a romana.
O bo saber val máis que o bo nacer.
O que aos vinte e cinco non sabe e aos trinta non ten, aos corenta é un ninguén.
O que ha de saber, ou ha de ver ou ha de ler.
O que me sabe, engórdame.
O que non a sabe non a usa.
O que non sabe fai como o que non ve.
O que non sabe, é como o que non ve.
O que non sabe, ten que preguntar.
O que non se sabe é o que non se di.
O que non ve é como o que non sabe.
O que pretende sabelo todo, demostra non saber nada.
O que sabe unha man, que non o saiba a outra.
O que sabe, para algo vale.
O que sabe, sabe, e o que non, no sabe nada.
O que saiba a man dereita, que non o saiba a esquerda.
O que sei, para dicilo quero.
O que seu nome pon a outro, xa non sabe pouco.
O que todo sabe, ninguén lle dá para tras.
O saber non ocupa lugar.
O saber non vai nas canas nin o valer está nas barbas.
O saber val máis que o ter.
O ser señor non é saber, mais é o sabelo ser.
Para saber hai que ver ou ler.
Para saber, andar polo mundo ou libros ler.
Para saber, ou ver ou ler.
Por moito que se saiba é máis o que se ignora.
Pouco sabe o que para si non sabe.
Queixase un das que ten e non sabe as que lle vén.
Quen coida que todo o sabe, pouco sabe.
Quen lea, lea para saber; quen saiba, saiba para facer.
Quen non saiba que deprenda.
Quen para si non sabe, non poña escola.
Quen queira saber que vaia deprender.
Quen sabe o que hai dentro da arca que está pechada?
Quen sabe que sabe moi pouco, é o que sabe.
Quen sabe, en calquera lado cabe.
Quen se salva, sabe; quen non se salva, non sabe nada.
Quen ten saber, sabe ter.
Sabe o que se salva, que o que se afoga non sabe nada.
Sabe un a onde chegou e non a onde chegará.
Sabe un a onde chegou e non sabe a onde chegará.
Saber é poder.
Saber é vencer.
Saber escoller boa muller é moito saber.
Saber moito e telo calado é pasar por aparvado.
Sábese onde se naceu e non onde se ha morrer.
Se queres saber de aquí, de acá, e de acolá, o tempo cho dirá.
Se queres saber quen es, pregúntallo ao teu veciño.
Se queres saber, ou ler ou ver.
Tanto é non saber coma non ver.
Ter e saber, non hai quen.
Unha vez é para deprender e outra para saber.
Val máis o saber que o haber.
A non ter calquera chega.
A non ter logo se chega.
A taxa non ten medida.
Bo é ter en que se entreter.
Cada medalla ten súas dúas caras.
Cada un ten a súa cruz.
Cada un ten o seu parecer cando é mester.
Canto máis se ten, máis se desexa.
Canto máis se ten, máis se quere.
Canto máis ten, máis quere.
Hai quen ten esforzo e foxe como un corzo.
Leva en todo un ten con ten, e todo che sairá ben.
Máis quero ter para os meus dentes que para os meus parentes.
Máis vale "teño un oitavo" que "préstame un carto".
Miña Virxe de quen ten, teña eu máis que ninguén.
Nada ten o que nada lle abonda.
Ninguén sabe o que ten, se ten quen o mantén.
Ninguén ten máis anos dos que representa.
No mellor sendeiro ten o seu bulleiro.
Non hai mellor que nada non ter: ladran os cas e déixome ser.
Non mires o que outro ten: procura telo ti.
Non sabe un onde a ten.
Non sempre temos o que queremos.
Non sempre temos o que queremos.
Non ten nada quen nada lle abonda.
O cobizoso non ten repouso.
O conto é que eu teña, veña de onde veña.
O feito non ten remedio para non ser feito.
O que máis ten, máis quere.
O que non garda non ten.
O que queira ter a fortuna torta, machee a vaca e femee a porca.
O que queira ter a súa honra queda, que deixe estar a allea.
O que ten, cómeo ben.
Para un medrar, ten que outro baixar.
Que non ten as calidades que debería ter, que non é de boa calidade. - Que non é como
Quen ben ten e mal escolle, por mal que lle veña non se anoxe.
Quen fai as feitas, ten que roer as sospeitas.
Quen moito ten, moito quer.
Quen non ten a quen mande, érgase e ande.
Quen non ten esforzo, fuxe máis que un corzo.
Quen non ten non é tido.
Quen o ten, lúceo.
Quen ten a chave, cando quer, abre.
Quen ten cobiza non dorme.
Quen ten din, ten don.
Quen ten pan, non falta quen lle barra o chan.
Quen ten un bo cabalo e unha bonita muller, nunca está sen aflición.
Quen ten, ese ten.
Quen ten, val, din as campás de Rendal.
Ruín sexa quen por ruín se teña.
Se moito se ten, moito se gasta e máis se quer.
Se non tes para ben, para mal non che faltará.
Sempre miran para quen ten, que o mirar sempre foi ben.
Sempre o ter se lixou no saber.
Sorte do que ten e probe do que o ten que buscar.
Ten a man grande para coller pero non a ten para dar.
"Ten quen ten", din as campás de Toén.
Tente na vela: o que fala doutro por ti che espera.
Teñan os meus e non me manteñan.
Ter e saber, non hai querer.
Ter e sorber non hai quen.
Ti ten e non mires a ninguén.
Un bo ten con ten para todo está ben.
Vai o ben ao ben e o mal para quen o ten.
Vale máis que sabe ter que quen ten saber.
Canto sabes, canto vales.
Máis vale algo comido que todo podre.
Máis vale andar que asnear.
Máis vale ben recollido que mal parecido.
Máis vale din que don.
Máis vale malo coñecido que bo por coñecer.
Máis vale rodar que caer.
Máis vale tardío que baleiro.
Máis vale ter que desexar.
Máis vale un "por si acaso" que un "pensará".
Máis vale un "sabido" que un "quen sabe".
Máis vale un "toma" que dous "che darei".
Máis vale un ruín coñecido ca o bo por coñecer.
Máis valen "dous viñeron" que "catro virán".
Quen menos vale é quen ás veces máis crece.
Tanto vale un home canto el se estima.
Válache Deus que a xeito te pos.
Vale máis acó pasar que aló penar.
Vale máis algo ao lonxe que canada ao preto.
Vale máis algo ca nada.
Vale máis andar que ornear.
Vale máis andar solo que mal acompañado.
Vale máis arrodear que caer.
Vale máis arrodear que mal atallar.
Vale máis ben rodear que mal atallar.
Vale máis corda baleira que mala feira.
Vale máis descosido que roto.
Vale máis dicir: "pobre de el" que "pobre de min".
Vale máis ir e volver que non xemer.
Vale máis mazar que estopar.
Vale máis o malo coñecido que o bo por coñecer.
Vale máis onza de coidado que libra de traballo.
Vale máis onza de pelo que arroba de carne.
Vale máis onza de trato que libra de traballo.
Vale máis onza que libra.
Vale máis prado rañado que monte herbal.
Vale máis quen quer que quen pode.
Vale máis recollido que mal parecido.
Vale máis ruín coñecido que bo por coñecer.
Vale máis ser a tela que non a tesoira.
Vale máis ser solo que mal acompañado.
Vale máis ser vasallos no ceo que reis no inferno.
Vale máis só que mal acompañado.
Vale máis ter que desexar.
Vale máis un "por se acaso" que cen "se soubera".
Vale máis un "por se acaso" que un "quen pensara".
Vale máis un "teño" que dous "me darán".
Vale máis un golpe de xenio que canto hai.
Vale máis unha onza de goberno ca unha libra de traballo.
Vale máis verde no papo que maduro na mao do gato.
Valen máis onzas que libras.
Valen máis palmos que cóbados.
O que vende o seu en vida, colla un fol e pida.
Aínda que te non vexo, moito ben te desexo.
Cal te vexo, tal te teño.
Cal vexo, tal te xulgo e tal te creo.
Canto máis vexo, máis mal me vexo.
Canto máis vexo, menos vexo.
Dende que non vos vemos, non nos coñecemos.
Do ver nace o querer, e do non ver nace o esquecer.
Era bonito ver, se se puidera escoller.
Hai que ver pra crer.
Has de ir ao río e non ver a auga.
O que neste mundo quere estar, ten que oír, ver e calar.
O que non vexo non o desexo.
O que queira ver guerra, que vaia a Corea.
O que queira ver guerra, que vaia a ela.
Por non ver visións, déitome moitas veces ás oracións.
Quen moito ve moito deprende.
Quen vexa as miñas mangas, non verá as miñas faldras.
Se vas tras do dubidoso, pódeste ver sen o certo.
Se queres ver cómo é o teu corpo, mira o do porco.
Se queres ver o teu corpo, abre un porco.
Se queres ver o teu home san, dálle abelá.
Val máis ver que crer.
Vemos menos o que está máis preto.
Ver pra crer.
Ves tan pouco que non ves un crego nun bolo de neve.