A gando bravo, corda larga.
A gando bravo, corda larga.
Barallo de gando, perdendo ou ganando.
Canto máis gando, menos esterco.
Coida o prado e terás gando
Como vai o gando engordando, convén sen receo ilo despachando.
Convén a todo gando corte moi ventilada.
Deita o teu gando na herba do teu prado.
En gando roín non hai que escoller.
En gando tratarás e medrarás.
En ruín gando pouco hai que escoller.
Encarnado polo monte, leva o gando para a corte.
Entre ruín gando pouco terás que escoller.
Familia, a que Dios día, e gando, o que se poida manter.
Gana un bo gando para un bo gastador.
Gando branco, mellor é velo no prato.
Gando branco, nin no pasto nin no banco.
Gando de fracas, todo é carrachas.
Gando gordo volve a seu amo tolo.
Gando na corte, pouca leite e queixo forte.
Gando pequeno, todo é carrachas.
Gando que se amolece, mellor en carnes se crece.
Máis tarde ou máis cedo, o gando volve ao seu cortello.
Moito gando, pouco esterco.
Moscas comen o mel i-o gando.
No bo lameiro o gando engorda sen querelo.
No inverno, sobre todo, o gando ha de estar ben comido.
O gando no inverno ha de estar ben comesto.
O gando no inverno quer estar ben mantido.
O nitro e sal mesturados deben de darse aos gandos.
O que pensa e pensa mal, ten o gando fraco.
Os gandos queren chegar ao pasto con bo pelaxe e bandullo farto.
Polo san Servando repousa no cortello o gando.
Que coma moito non convén, gando que para encastar se ten.
Saca o teu gando ao sol e veralo con bo fol.
Se queres que ande a gusto o teu gando, bótalle temón gordo e eixe delgado.
Se tes gando e non prado, unha vaca e moito leite, non che estrañe que mal pense.
Tarde ou cedo, o gando vai para a corte ou para o cortello.
Año manso mama a nai e mais a allea.
Año manso mama a súa ovella e a allea
Cando o año berra e o pito pía, acabouse o tempo da fía.
O año de abril enche o regazo i-o mandil.
O año que diante nace, diante pace.
Á besta dada non se lle mira a cara.
A besta de todos cómena os lobos.
A besta falsa, corda larga.
A besta e a pistola nunca se deixa andar sola.
A besta lambona, taleiga de area.
A besta no carro, fidalgo en zocos i-o tempo arregalado de noite, malo.
A besta non pregunta quen a monta.
A besta porca, a máis torta.
A besta que xeme, a carga non teme.
A besta vella non entra en varas.
A besta vella que non come, osma.
A besta, de amatada, de lonxe ve vir as pegas.
A besta, pola cebada, non é cara.
A besta, polo medo, i-o boi, polo mimo.
A patada da besta non lle fai mal ao poldro.
Arrédate dos pés da besta, así da grande como da pequena.
As bestas queren frío hasta que lle regaña o fociño.
As bestas vellas son as que máis apañan.
Besta andadora, nunca a vella chega.
Besta atada, se non come, paga.
Besta branca non a come o lobo.
Besta brava, corda larga.
Besta cega ben a ves.
Besta de herba e morgado de aldea todo é merda.
Besta de herba, besta de merda; besta de toxo, besta que dá noxo; besta de pan e cebada, besta para a xornada.
Besta de herba, besta de perda.
Besta de moitos cómena os lobos.
Besta de monte, a orella cortada.
Besta grande, ande ou non ande.
Besta moína, falsa ou fina.
Besta mular, comer e andar./Besta mular, ou comer ou andar.
Besta parada non fai xornada.
Besta peluda engana a tres.
Besta que fai "iu" é porque é falsa.
Besta que non poidas manter, levala a vender.
Besta que non poidas pagar, deixala pastar.
Besta que vai a tódalas feiras algún defecto ten.
Besta ruán, ou podre ou san.
Besta sen rabo, o demo a aparella.
Besta vella non colle ensino.
Besta vella non entra en paso, pero a leña i-a muller, cantas máis tomas alcance, tanto mellor son de arder.
Besta vella todo é callos.
Besta vella, aos toxos, e home vello, aos arredores.
Besta vella, cómena os lobos.
Besta vella, pouco verde.
Bestas do monte non comen cebada.
Bestas no monte e barcos no mar nunca faltan.
Boa pata e boa orella son sinal de boa besta.
Calzada de un pé, boa; de dous, mellor; de tres, mala; e de catro, peor.
Carga larga, man na illarga; ao cabo dun ano, nin besta nin carga
Coidado coas bestas, que non se confesan nin van á misa!
Como come a besta, dio a bosta
De besta, a mular, e de home, o de pouco falar.
Do home, o falar, e da besta, a mular.
É pecado burricán ter besta e levala de ramal.
En maio unha besta vella parece cabalo
Grande pé e grande orella é sinal de grande besta.
Máis val besta que carrexe que non que espoldrexe.
Máis vale ruín besta que bo burro.
Nin besta de moita herba nin home de moita verba.
Non compres besta coxa pensando que sandará; a que está san coxea que fará a que coxa está?
Non hai quen ande atrás da besta como o dono dela.
Non prestes besta a quen non ten besta.
Nunca compres besta coxa pensando que sandará, que inda enferma a que está san, canto máis a que está xa.
O que besta ha ter, besta ha de ser.
O que mal pensa, cánsalle a besta.
O que non pode dar na besta, dá na albarda.
O que non queira patadas, que non vaia á feira das bestas.
O que queira ter unha ruín besta, que compre un burro bo.
O que quere ter besta, ten que ser el besta dela.
O que ten besta e anda a pé, ben burro é.
O que ten besta, soña na albarda.
Para tal besta abóndalle tal albarda.
Patada de besta non mata cabalo.
Pola corda vai a besta.
Porque a besta día un couce, non lle vou cortar a perna.
Renego da besta que no inverno ten xesta.
Tres cunha besta perdidos van: un agarra, outro ten man e outro tira coa carga no chan.
Unha besta non quer outra.
Antes de comprar o becerro, facerlle o cortello.
Becerriño no palleiro non quere compañeiro.
Becerro e vaca sobrante, quitalos logo de diante.
Becerro en inverno ben tratado, para Pascua xa verás cebado.
Hai quen sempre está chorando a morte da becerra.
O becerriño no agosto ten frío.
O becerro, das miñas vacas, e o mancebo, das miñas bragas.
O máis regular tenreiro, pra setembro ao matadoiro.
A boi bravo, rego largo.
A boi bravo, suco largo.
A boi pelexador nunca lle faltarán cornadas.
A boi pelexador, aguillón.
A boi vello non lle busques abrigo.
A boi vello non lle mudes de corte.
A boi vello non lle mudes de cortello.
A escote, un boi.
A gordura é boa pos bois.
Axudémonos do boi que é alleo.
Boi bravo en terra allea faise manso.
Boi bravo, vente ao carro que o manda o Apóstolo Santiago.
Boi ceibo, de seu se lambe.
Boi de ventre non mente.
Boi e vaca escorneador e xente de señorío, canto máis lonxe, mellor.
Boi manso matou o home.
Boi morto, vaca é; carne de porco, touciño.
Boi pequeno, en cornos crece.
Boi porque aras, boi porque non aras.
Boi que escorna, escorna i-escornará.
Boi que non garda o rego, engordalo e vendelo.
Boi que non vai á feira, non pode ter venda.
Boi que non vai ó mercado, non é vendido nin comprado.
Boi roedor, boi comedor.
Boi vello pola regueira.
Boi vello, de seu leva o rego.
Boi vello, rego dereito.
Boi vello, suco dereito.
Boi vezado volve ó prado.
Boi vezado, carreira ó prado.
Bois de palla, bois de nada.
Caga máis un boi que cen andoriñas.
Cando brúa a barra de Ladrido, bois ao abrigo.
Cando brúa a barra de Ortigueira, bois á leira.
De pequeno verás o boi que terás.
Déitase o boi no prado porque non se pode sentar.
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois i-o carro.
En canto o prado enverdece, o boi padece.
Labra feita, bois ao monte.
Mal lle vai á corte onde o boi vello non tose.
Mentres corres creban, os bois descansan.
Mentres loras creban, os bois descansan.
Mentres sogas quebran, bois folgan.
Mentres o prado enverdece, o boi perece .
Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi marelo encima do rego.
Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi morto por riba do rego.
Non lle ates a boca ó boi, que remoe.
O boi bravo, en terra allea se fai manso.
O boi cando é vello faise un preguiceiro.
O boi ceibo, ben se lambe.
O boi da túa vaca, e o moco da túa braga.
O boi e o leitón en xaneiro crían ril.
O boi frontudo e o cabalo cascudo.
O boi ladrón, ou come antes ou despois
O boi onde pace i-o home onde nace.
O boi pola corda e o home pola palabra.
O boi que me escornou en boa parte me deitou.
O boi que non garda o rego, engordalo e vendelo
O boi que non pasta no prado, onde irá a pastar?
O boi que non poda arar, deixalo a pastar
O boi que non queira beber a auga, o demo que lla faga beber
O boi ruín en corno medra.
O boi sen corda pérdese axiña.
O boi solto de seu se lambe.
O boi, canto máis vai, máis malo se fai.
O boi, velo vir, i-a vaca, vela ir
O froito xeitoso fai o boi ladrón.
O que ha de canta-lo boi ten que i-lo cantando o carro.
O que non come canda os bois, come antes ou despois.
O que non ten boi nin cabra, toda a noite ara.
O que non ten bois nin vaca nin tampouco ten muller, xungue cando lle dá a gana e ceiba cando quer.
O que non ten bois, ten que arar antes ou despois.
O que perde un boi e encontra un corno, non o perde todo.
O ruín boi escórnase folgando.
Onde irás, boi, que non ares?
Onde non hai vacas aran os bois, e despois, solta-las vacas e xunguir os bois.
Os bois, polos cornos, e os homes, polas palabras.
Para abaixo calquera boi turra.
Para coñecer os bois hai que arar con eles.
Para o carro e mexaranche os bois.
Para onde vas, boi, que non ares, a non ser pro matadoiro?
Paso de boi, dente de lobo e, de vez en cando, facer o bobo.
Por onde entra o carro, mellor entran os bois.
Puxa o boi polo arado, mal de seu grado.
Se ás voltas o fan, cámbiase o boi polo can.
Se non é boi é vaca.
Se non queres xunguir, bota os bois a pacer.
Se queres ter o boi gordo, arado estreito e temón gordo.
Sexa boi, sexa vaca, na corte naza.
Turra o boi polo arado, mal de seu grado.
Vale máis un boi que unha boiada.
Vamos indo, o que veña despois que traia o carro i-os bois.
A burra i-a ovella pola xeada medra.
A burra que ten burriño non vai dereita ao muíño.
A burro frouxo arrieiro tolo que lle malle o lombo.
A burro morto, cebada ó rabo.
A burro vello, máis carga e peor aparello.
A medida do burro ten que ser a albarda.
Amor de burro, couce e bocado.
Ao burro e ao mulo, a carga no cu.
Ao burro vello, a mellor cebada i-o peor aparello.
As amatas do meu burro fixeron de min albeitar.
Á conta do chan calquera burro ten man: a silva no muro, e o muro no chan; como é duro, de todo ten man.
Ás veces manca máis a patada dun burro que a dunha besta grande.
Ben sabe o burro cando é día de misa.
Ben sabe o burro en que cara ornea.
Ben sabe o burro en que casa ornea.
Ben sabe o burro onde ornea cando quer el ornear.
Burra de moitos cómea o lobo.
Burro grande, ande, non ande.
Burro que entra na devesa allea, volverá cargado de leña.
Burro vello, albarda nova.
Burros brancos, burros negros, lameiros arriba do rego e mozas de Boborás, vai que ben vas.
Cando está o pelexo á porta, sinal de que a burra é morta.
Cando nace a vasoira nace o burro que a roia.
Cando o burro vén ó lugar, todos o queren tomar.
Como come o burro, dicho o seu cu.
Costas abaixo, eu as subo; costas arriba, ande o meu burro
Des que o burro vai no illó, ¡xo, burro, xo!
Dous Xans e un Pedro fan estar o burro quedo.
Dun burro só se poden esperar patadas e chichos.
É lidar en van con un burro sen un pau.
Hai moitos burros da mesma color de coiro.
Macho burreño, macho ferreño
Máis quero burro que me leve ca cabalo que me derree.
Maldito sexa o burro que non gana a cebada.
Mentres hai burros, ándase a cabalo.
Mentres a burra non pare, non se sabe que cría sae.
Na casa onde cantou un cura e orneou un burro, nunca faltou un peso duro.
Nin burra coxa nin bolsa frouxa.
Ninguén lle tira polo rabo á burra como seu amo.
Non hai bo Pedro nin bo burro negro, nin bo prado riba do rego.
Non hai quen tire da burra coma seu dono.
O burro burreño ten a forza dun camelo
O burro diante para que a recua non se te espante.
O burro diante para que non se espante.
O burro que máis traballa, máis rota leva a albarda
O burro traseiro, que zarre o boqueiro.
O burro, canto máis grande, máis lambe.
O burro no maio vólvese cabalo.
O fillo do burro ben sabe ornear.
O que non pode mallar no burro, malla na albarda.
Quen non pode dar no burro, dá na albarda.
O que pensa mal, cánsalle o burro no camiño.
O que pensa sen cebada, sáelle a burra mal pensada.
O que queira ganar o inferno, que compre un cabalo no verán e un burro no inverno
O que perde o burro e encontra a albarda, non é a perda tanta.
O que ten un burro e o vende, ben se entende.
Onde burros andan, alí escoucean.
Onde cae o burro, alí lle dan os paus.
Onde canta un crego, moe un muíño e ornea un burro, nunca falta un peso duro.
Os burros carrexan o viño e beben a auga.
Patada de burro non mata a ninguén.
Patadas de burro non chegan ó ceo.
Por culpa do burro zorregan na albarda.
Queira, que non queira, o burro ha de ir á feira.
Rompen os burros e páganas os arrieiros.
Se non fora o rabo, empreñaba a burra.
Se os burros ornean moito, non sairás enxoito.
Segundo é o burro tállanlle a albarda.
Segundo é o burro ten que ser a albarda.
Segundo é o burro, así lle fan os aparellos.
Segundo sexa o burro, así se lle pon a albarda.
Segundo sexa o burro, así ten que ser a carga.
Tarde ou cedo queda o burro sen pelexo
Tódolos burros comen palla, o caso é saber darlla.
Vale máis ser dono de un burro que criado dunha recua.
Vale máis un burro vivo que un home morto.
Xogan os burros e páganas os arrieiros.
Xogan os burros e perden os arrieiros.
A boa man, de burro fai cabalo, e a ruín, de cabalo fai burro.
A boa vida bo cabalo cría.
A cabalo regalado non lle mires o dente.
A cabalo regalado non se lle mira dente.
A cabalo vello, cabezadas novas.
Ao cabalo e á muller, a ningún has de ofender.
Ao cabalo vello, cabezadas novas.
Ao cabalo vello, cabezadas novas.
A ventura corre máis que o cabalo i-a mula.
Cabalo de herba, casa de terra, e amigo de pousada non valen nada.
Cabalo grande, ande ou non ande.
Cabalo morto, chourizos no matadoiro.
Cabalo que diga "hin", home e muller que saiba latín e fonte que regue no fondo do prado, renégoche deles como do diaño.
Cabalo que ha de ir á guerra, non-o aborta súa nai.
Cabalo que non coñezas non montes.
Cando espendoa o pan, o cabalo de frío ha de tremer
Dúas cousas quer o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.
Dous cabalos rifantes non poden xuntos comer.
En Castela o cabalo leva a sella.
Máis vale asno que me leve que cabalo que me derrube.
Mais vale ruín cabalo que ter asno.
Mal a pé e peor de a cabalo.
O cabalo, a muller i-a escopeta non se presta.
O cabalo, a muller e a espada a ninguén se debe ceder.
O cabalo que non dá a carreira, no corpo lle queda.
O cabalo sube a calzada comendo, chega á vila e tropeza na lama i-están os da vila todos na cama.
O cabalo, para pelar, ha de tremer.
O ollo do amo engorda o cabalo.
O que non monta a cabalo nunca se cae do cabalo.
O que queira ganar o inferno, que compre un cabalo no verán e un burro no inverno
Para a porta é a pechadura, e para o cabalo a ferradura.
Quen ten un bo cabalo e unha bonita muller, nunca está sen aflición.
Quen vai en carro, non vai a pé nin a cabalo.
A cabra anda tras da aixada e a ovella tras da rella.
A cabra cas marmelas e a muller ca prudencia.
A cabra cega, monte largo.
A cabra co vicio dá ca corna no cu.
A cabra co vicio non coida dos cornos.
A cabra da raña, canto máis lle rogan, máis medra.
A cabra pare cabritos.
A cabra pola corredoira, con tal que comer non poida.
A cabra pra o alto, a pedra pra o baixo e a muller para a romaría, o demo as guía.
A cabra que moito anda, pouco apaña.
A cabra que tira ao monte, non hai cabreiro que a garde; e á muller que sae mala, nin rifarlle nin pegarlle.
A cabra sempre tira para o monte.
A cabra tira ao monte e os cachos ás olas.
A cabra tira ó monte.
A cabra tola monte largo.
A cabra, co vicio, dá cos cornos no cu ao seu dono.
A cabra, despois de chea, dá coas cornas no cu.
A cabra, por ben que lle des, sempre será gorxona e montés.
A filla da cabra, cabrita é.
As cabras de Bocelo todas son dun pelo.
As cabras de Mondoñedo, bótanas tarde e tráenas cedo.
As cabras do veciño van tarde e vén cedo.
Ben vai a cabra coxa, como o lobo nona colla.
Cabra con sarcelos, en calquera tempo.
Cabra coxa non precisa solta.
Cabra coxa non quer xesta.
Cabra coxa non quere xesta e, se a toma, non lle presta.
Cabra coxa non ten pernas.
Cabra por viña, de tal mai tal filla.
Cabra que está na serra, por ti pasa e por min espera.
Cabra que estás na pena, polo que doutra oes, a ti che espera.
Cabras de Pedro Rodríguez, tarde ides e cedo vides, e o mal que tedes, na corte o colledes.
Cabras en marzo, neve en abril.
Cabritiño de xaneiro e añiño de febreiro.
Cando a cabra mexa, a outra lle dá envexa.
Como a cabra por súa viña, onde vai a nai vai a filla.
De cabra coxa e can rabeno, líbranos coma do demo.
Non teñas man da cabra a quen outros maman o leite.
O fillo da cabra cabritiño é
O fillo da cabra ha de ser cabrito.
O fillo da cabra tira á silveira.
O fillo da cabra, ou cabrito ou castrón.
O que cabrito come e cabra non ten, dalgún lado lle vén.
O que cabrito vende e cabra non ten, de algún lado lle vén.
O que come cabrito e cabra non ten, de algures lle vén.
O que ten unha cabra e a vende, ben se entende.
O que teña cabras, que aturule.
Quérelle moito a cabra ao fillo, e cos cornos quítalle os ollos.
Sete clases de cabras había no casamento da miña María: cabra cocida, cabra asada, cabra estofada, cabra guisada, cabra mechada, cabra con arroz e arroz con cabra.
A min tanto me dá o carneiro como a la.
Carneiro para vender, pola mañá ha de pacer.
De hoxe a mañá o carneiro cría la.
De mañá a mañá perde o carneiriño a lan.
Entrando xuño, o carneiro ardente retira do rabaño prontamente.
Entre hoxe e mañá perde o carneiro a lan.
Non tódolos que visten de la son carneiros.
O carneiro encantado que foi por lan volveu tosquiado.
Os carneiros, en xuño retidos, en setembro deben ser vendidos.
Tan presto se vai o año coma o carneiro.
Tanto me dá o carneiro como a la.
Anque o cocho sabe ben, non te metas en el.
Ao cocho gordo o demo lle trae a fariña
Ao cocho gordo untarlle o rabo
Ao cocho gordo, todo o mundo é a untarlle o rabo.
Ao cocho gordo, untarlle o rabo, i-ao fraco, repenicarllo.
Ao cocho non se lle dá, que se lle empresta.
Ao que os cochos lle faltan, hasta as silveiras lle roncan.
Cada peza do cocho seu sabor ten.
Cocho fiado ronca todo o ano
En mes morto nin cápe-la cocha nin plánte-lo horto.
Fainas a cocha e páganas os ranchos.
Fanas os cochos e páganas os ranchos.
Mentres que o capador está encima dela, non digas que a cocha é túa.
Moitas sedas ten un cocho e mais dorme no cubil.
Moitas sedas ten un cocho e non son as dun marrán.
Non hai cocho bo nin ruín que non teña seu san Martín.
O cocho non quere amo que quere ano e, para que sexa bo, amo e ano.
O cocho que non madruga, non come a merda fresca.
O cocho, cando soña co farelo, é sinal que come.
Para o máis ruín cocho, a mellor bugalla.
Se o cocho voara, non había ave que lle superara.
Se queres ter o cocho gordo, non comas o caldo todo.
Sempre o cocho ruín ha de encontrar a castaña boa.
Se o porco voara, non había ave que lle igualara.
Tales cochas, tales ranchos.
Couces de eguas non matan poldros.
Eguas e vacas que paren, nas cortes se reparen.
O que di mal da egua, ese é o que a merca.
Onde eguas pacen, poldros nacen.
Onde hai eguas, poldros nacen
Os couces das eguas non fan dano aos poldros.
Quen fala mal da egua é o que a leva.
A marrá, de tres semanas; o cabrito, dun mes; a neniña, de quince anos; i-o galán, de vinte e tres.
Ao marrán, ano e amo.
O marrán de abril sube ca mai ao chambaril.
O marrán de cedo, ou dá carne ou sebo, e o de tarde, nin sebo nin carne.
O marrán de tres semanas i-o cabrito dun mes.
O marrán de xaneiro vai con seu pai ao talleiro.
O marrán do abril vai ca mai ao chambaril
O marrán do maio, cebalo todo o ano.
O ruín marrán mama na teta de atrás.
Un marrán ruín sempre atopa unha boa castaña.
Á mula con amata, nin ferradura nin cebada.
A mula de aluguer, se non leva dous, leva tres.
A mula roedora, taleiga ao fociño.
Como come o mulo, así caga o cu.
Líbrate de traseira de mula e de dianteira de viúva
Moitas veces a mula reponse ao arrieiro.
Mula con remuíño, o demo a tosquía.
Mula e tea non se han de escoller á candea.
Mula moína, ou falsa ou fina.
Mula que fai ¡hin! e muller que sabe latín, nunca fixeron a ninguén bo fin.
Non hai boa mula, nin bo can negro nin bo prado por cima do rego.
O trote que colle a mula, todo o día lle dura.
Os machos, velos vir, e as mulas, velas ir
Quen queira mula sen chata, ten que andar a gatas.
A escampada da ovella mal será que non veña.
A ovella cerca da tella.
A ovella deixa a la na silveira.
A ovella detrás da pedra, un axexa e outro a leva.
A ovella do pobre no maio morre.
A ovella e abella, por abril dan a pelexa.
A ovella farta do rabo fai manta.
A ovella i-a abella por abril dan a pelexa.
A ovella i-a abella, en maio deixa a pelexa.
A ovella louzán pídelle lá á cabra.
A ovella mansa moitos años a maman.
A ovella meiriña o demo a tosquía.
A ovella para durmir ben quer estar preto da tella.
A ovella que berra, bocado que perde.
A ovella que ten boca come espiños, como todas.
A ovella xunto ao carneiro afáise en calquera regueiro.
A ovella, coa noite para a cortella.
Á ovella fraca non lle faltan carrachas.
Á ovella fraca nunca lle falta sarna.
Ano pobre e ovella fraca, todo é carrachas.
As ovellas ben tratadas, por febreiro regaladas.
Ás veces unha ovella negra trae un año branco.
Ben parva é a ovella que co lobo se confesa.
Ben vai a ovella coxa como o lobo non-a colla.
Berra a ovella na cortella.
Cada ovella á súa cortella.
Cada ovella co seu fato.
Cada ovella con súa parella.
Cada ovella quer a súa parella.
Campo que vexas moi adiantado, cómano as ovellas sen coidado.
Candea no castiñeiro, leva a ovella ao carneiro.
Cando a ovella berra, vai o lobo tras dela.
Cando a ovella mea, non come herba.
Cando che dean a ovelliña, agárrala pola cordeliña.
Cando che dean a ovella, lévaa.
Cando che ofrezan a ovella, colle a corda e vai por ela.
Cando dan a ovella, colle a corda e vai por ela.
Cando dan a ovella, collela, que se o que a dá recorda, non dá ovella nin dá corda.
Cando dan a ovella, cóllese a corda e vaise por ela.
Cando se morre a ovella, paga o pastor coa pelexa.
Danche a ovella; colle a corda e vai por ela.
Das ovellas contadas come o lobo e anda gordo.
De mañá en mañá váiselle ao carneiro a la.
De ovella negra nace un año branco.
De unha ovella branca nace un año negro.
Dicían as ovellas cando falaban: "Sácama a marzo, verás como pazo; sácama a abril, xa me verás fuxir; sácama a maio, que hei correr coma un cabalo".
Dios che dea ovellas e fillos para elas.
Douche ovella; colle a corda e vai por ela e, se non tes corda, agárraa polas orellas.
Dúas barbas parellas mal gardan ovellas.
Dunha ovella branca sae un año mouro.
Dunha ovella negra rara vez sae un año branco.
En ovellas e abellas nunca metas o que teñas, pero, podendo ser, nunca esteas sen elas.
Espiga caída mata a ovella.
Faite ovella e comerate o lobo.
Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella.
Moitas veces dunha ovella moura nace un cordeiro branco.
Non é pola ovella, que é pola la dela.
Non tódolos que visten de lá son carneiros.
O que leva a ovella, leva o vérrago
O que non ten ovella, pide por ela.
O que para a terra non é lambón, pace a ovella ao pé do marco do terrón.
O que perdeu as ovellas, leva a choca nas orellas.
O que se fai ovella cómeno os lobos.
O que ten a ovella, pide por ela.
O que ten ovellas ten pelexas.
Onde o lobo dorme non pastan as ovellas.
Ovella cornuda e cabra con landras, en poucos cortellos paran.
Ovella cornuda e vaca barriguda, non-a troques por ningunha.
Ovella de moitos cómena os lobos.
Ovella doente, máis que o lobo ten duro o dente.
Ovella farta do seu rabo se espanta.
Ovella mala non se perde.
Ovella meleira o demo cha cate.
Ovella melenuda, o lobo a tosquía./
Ovella menga, o demo a tosquía.
Ovella no inverno regalada, en san Miguel está fecundada.
Ovella que bala, bocado que perde.
Ovella que berra, bocado que perde.
Ovella que leva o lobo, levada vai.
Ovella que mea, bocado que perde.
Ovella que moito berra, perde bocado.
Ovella vella e colmea probe no mes de maio morre.
Ovella vella e cortizo pobre no maio morre.
Ovella vella i-enxame probe, en marzo laia i-en maio morre.
Ovella vella, mocos nela.
Ovellas bobas, tras de unha van todas.
Ovellas e lobos non fan xuntanza.
Ovellas i-abellas, nas túas devesas.
Ovellas loucas, ovellas poucas.
Ovellas tolas, atrás de unha van todas.
Para onde vai unha ovella van todas.
Para que queres a ovella se non tes cortella?
Quen ten ovellas ten pelexas.
Queira, non queira, a ovella vai á feira.
Reunión de pastores, sinal de ovella morta.
Se che dan unha ovella, colle a corda e vai por ela.
Se non fora o vérrago, non marcha a ovella.
Unha ovella sarnosa infesta todo o rabaño.
Agora que ten poldro parece outro.
Dou ao demo o poldro que vendo eguas non relincha.
Dous poldros a un can, ben o morderán.
Ninguén turra do rabo do poldro coma seu dono.
Non amanses poldros nin chufes a muller doutro.
O poldro antes teu que de outro.
Ao poldro e ao mozo, albarda nova e apertado o bozo.
O poldro, primeiro de outro.
Onde poldros nacen, eguas pacen.
Pacen os poldros, o mesmo uns que outros.
Poldro estrelado, nin na corte nin no prado nin en ningún lado
Poldro, de egua; becerro, de vaca vella.
Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os de outros.
Se queres un bo poldro, que cho amanse outro.
Un poldro e mais un rabo forman un bo cabalo.
A bo porco boa landra.
A cada porco chégalle o seu san Martiño.
A ningún porco lle cheira a súa merda.
A porca de maio vale máis nos comezos que no cabo.
A porco gordo, engordalo; a porco fraco, quitarlle o rabo.
A porco gordo, untarlle o rabo.
A porco morto i-a labrego defunto, liberdade ó punto.
A tódolos porcos lles chega o seu Entroido.
Agrade o cocho e non se repare no cocho.
Anel de ouro no fociño de porco vese pouco.
Ao matar o porco, praceres e xogos; ao comer as morcillas, trouladas e risas; e ao pagar o porco, pesares e choros.
Ao porco dálle de comer se o has de manter.
Ao porco débelo manter, se ti o has comer.
Ao porco gordo engordalo, e ao fraco arráncalle o rabo
Ao porco gordo, untarlle o rabo.
Ao porquiño cebado chégalle o medo ao rabo.
Ao que porcos lle faltan, outeiros lle roncan.
Ao señor abade o fociño do porco gustaralle.
Ás doce non hai porco que non foce.
Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.
Boa orella, porco de boa casta.
Cada porco catorce morcillas, e se me poño e se me recacho, cada porco, vinte e catro.
Cada porco ten o seu san Martiño.
Cada porquiño fai o seu aniño.
Cada porquiño ten o seu santiño.
Canto máis gordo é o porco, mellor san Martín se fai.
Ceba o porco dende agosto, se queres que estea gordo.
Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo.
Ceba o teu porco polo agosto, se queres ter bo porco.
Comerás do porco e mudarás de acordo.
Con que soña o porco? Coa lavadura
Dálle ao porco do caldeiro e non do Ribeiro.
De rabo de porco nunca bo virote.
De tres porcos: seis touciños, doce pés e tres fociños, seis orellas e tres rabos; trinta anacos ben contados
Día de Santo Tomé, ao porco polo pé.
Fainas a porca e páganas os marráns.
Fainas a porca e páganas os ranchos
Fanas os porcos e páganas os bacoriños.
Fanas os porcos e páganas os ranchos.
Nin chas quito nin chas conto, trece morcillas saen dun porco.
Non chas digo nin chas conto: catorce morcillas ten o porco.
Non chas digo nin chas conto: doce morcillas saen dun porco.
Non esquezas o porco campeiro se queres velo cebón verdadeiro.
Non hai porco que non foce nin cura que non rece.
Non máis contes nin máis digas: cada porco, dez morcillas.
Non ten entrecosto o que non mata porco.
O máis ruín porco topa unha boa landra.
O peor porco come a mellor landra.
O porco celeiro non quer compañeiro.
O porco de maio vai con súa nai ó tallo.
O porco do agosto pon o entrecosto.
O porco i-o sogro quixéraos mortos.
O porco manteno e non lle contes o tempo.
O porco que é para o lobo, non hai san Antón que o garde.
O porco quere amos, non quere anos.
O porco, comprado en xaneiro, en maio non dá o diñeiro.
O porco, para ser bo, tantos anos como pés.
O que non mata porco non dá morcilla nin entrecosto.
O que non mata un porquiño, non ten lacón nin touciño.
O que nunca tivo porco i agora ten un porquiño, anda "quino, quino, quino".
Os porcos ben regalados, entre palla sepultados.
Para o ruín porco sempre hai unha boa castaña.
Polo san Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
Por san Andrés agarra o porco polos pés; e se non-o queres matar, déixao para Nadal.
Porco cereixeiro vale pro talleiro.
Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro.
Porco de moita canela, pouca magra leva nela.
Porco e muller, vale máis acertar que escoller.
Porco fiado ronca todo o ano.
Porco fiado, inverno e verán malo.
Porco gordo, engordalo, e ó fraco quitarlle o rabo.
Porco limpo nunca engorda.
Porco que está sen cebar, non se debe matar.
Porco que se está cebando, non hai san Antón que poida gardalo.
Porco vello non-o metas no cortello.
Porcos, bestas e demos, grandes: sexa porco, sexa besta, sexa o demo maior, canto máis grande mellor.
Quen só ten un porco, faino gordo.
Se non matas porco, non terás entrecosto.
Se o porco voara, non había ave que lle igualara.
Se queres teu cebón matar, dálle coles por san Xoán.
Sempre o porco ruín ha topar cunha boa castaña.
Teña eu porco, anque non teña ollos.
Tres anos hai que me casei e que porco non matei: este ano, i-o pasado, e o ano que me casei.
Un pelo do lobo e do porco todo.
Un porco é unha botica.
Un ruín porco sempre atopou boa castaña.
Un sabor a cada caza, e o porco trinta alcanza.
Veñen os porcos do monte botarnos da nosa corte.
Vós dona i-eu dona, quen botará o porco fóra?
Non compres ranchos en xaneiro que aínda en maio non che dan o diñeiro.
Os ranchos de xaneiro suben coa súa nai ó fumeiro.
Bacoriño de celeiro non quer compañeiro.
Bacoriño no palleiro non quere compañeiro.
A carto vai a libra da vaca; o que non o ten, non-a papa.
A carto vai a vaca; pero se non hai carto, non hai vaca.
A vaca canto máis se muxe, máis grande ten o teto.
A vaca da miña veciña dá mellor leite que a miña.
A vaca da miña veciña sempre dá máis leite cá miña.
A vaca da miña veciña come menos herba e dá máis leite que a miña.
A vaca da miña veciña, con auga dá leite para todos.
A vaca de Xan da Xouba, por non dar ó rabo, deixa picar as moscas.
A vaca do pobre anda a tódalas mans.
A vaca do pobre ten que andar ás dúas mans.
A vaca do pobre, todo é miseria.
A vaca do vilán, se dou leite no inverno, mellor a dará no verán.
A vaca farta, do rabo fai a cama.
A vaca i-a porca, a máis torta.
A vaca lambona, das que fai, coida.
A vaca leiteira, boa calda, boa manteiga.
A vaca moi feirada, nin vendela nin comprala.
A vaca que anda de feira en feira, non hai quen a queira.
A vaca que moito leite ha de dar, pola boca lle ha de entrar.
A vaca que non coma canda os bois, come antes ou despois.
A vaca que se deita na herba, ou está chea ou enferma.
A vaca remoe i-a peseta cae, que presa hai?
A vaca trucadora, mandala pronto para a feira.
A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos afiados e o fociño achatado.
Anchura, miñas vacas, gordas como estacas.
Anchura, miñas vacas: herba nin vela e fame roela.
Aran as vacas e tiran os bois.
As vacas de Cancelada, moito ubre e pouca canada
As vacas queren auga hasta amolecer os cornos
As vacas queren auga, hasta que lle amolecen os cornos.
As vacas, se queres que se vaian, bérralles de lonxe
Cando as vacas baixan para a praia, temporal.
Canto máis se muxe a vaca, máis os tetos se lle agrandan.
Cómese toda a vaca, porque uns queren da perna e outros da faldra.
De unha vaca sae un becerro.
Gordura, miñas vacas, gordas coma estacas e herba nin vela.
Hasta o xaneiro, calquera vaca pasa o regueiro.
Nin vaca de moita herba nin home de moita barba
Nin vaca de moito ubre nin home de moito fume
Non múxa-la vaca que ten pouco leite.
Nun leiro estreito, se unha vaca se pon atravesada, ten que cagar fóra do eido.
O que non ten vaca nin bois nin tampouco ten muller, xungue cando lle dá a gana e ceiba cando quer.
O rabo da vaca sempre foi o máis malo de esfolar.
Onde sal unha vaca pinta hai encantos na miña
Outra vaca mais no millo.
Por iso se vende a vaca, porque a un gústalle o peito e a outro a faldra.
Que dea a vaca bo becerro e moito leite coa herba no prado, non hai que esperalo.
Que non morran as vacas, que homes hainos a patadas.
Quero máis que me morra a vaca que ver a xustiza na casa.
Se queres que a vaca che dea boa leite, busca que che paira no carto crecente.
Vaca allea, ben muxida e mal chea.
Vaca allea, mal mantida e ben muxida.
Vaca cagada, vaca preñada.
Vaca ceiba, de seu se lambe.
Vaca de Cancelada, moita ubre e pouca canada.
Vaca de moita herba e home de moita verba, todo se volve de merda.
Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida.
Vaca de moitos, cómena os lobos.
Vaca de pobre ten que andar a tódalas mans.
Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.
Vaca de probe anda a todas as maos.
Vaca e carneiro, comida de cabaleiro.
Vaca estransillada, nin bo leite nin boa crianza.
Vaca estransillada, nin leite nin crianza.
Vaca estrullada, nin leite nin crianza.
Vaca gabada non enche a canada.
Vaca leiteira e pita parideira non van á feira.
Vaca limada, ou quente ou preñada.
Vaca lueira, nin na casa nin na feira.
Vaca morta, orella torta
Vaca que sorria, home que fía, muller que asubía e pita que canta como o capón, na miña casa, non.
Vaca que ve remoscar a outra e non remosca ela tamén, por algo é.
Vacas vellas e carros vellos non é caudal.
Vacas vellas e carros vellos, non é caudal.
Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non-a cata.
Vale máis bocado de vaca que catro de pataca.