anguía

substantivo feminino Peixe da familia dos anguílidos, de corpo longo e cilíndrico, cuberto por escamas moi pequenas e unha substancia viscosa, co lombo negro e o ventre prateado na fase adulta, que vive nos ríos e se vai reproducir ao mar.

As anguías, co tempo de seca, corren para riba; en xaneiro métense no caneiro.

Moito sabe a anguía pero máis sabe o que a pilla.

cherna (mero)

substantivo masculino Peixe mariño da familia dos serránidos, de corpo ancho e forte, cor castaña no lombo e amarela no ventre e a queixada inferior máis longa ca a superior.

Do mar o mero, e da terra o carneiro.

Dos peixes, o mero e das carnes, o carneiro.

escacho

substantivo masculino Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas.

Aos escachos por abril non hai máis que lles pedir.

faneca

substantivo femininoPeixe da familia dos gádidos duns corenta centímetros de lonxitude e cor cincenta ou castaña amarelada no dorso e prateada nos flancos e no ventre, cunha mancha negra na base das aletas pectorais.

A faneca de xaneiro, vale carneiro.

A faneca en san Xoán ten a lendia na cabeza.

A faneca en xaneiro vale carneiro.

A faneca i-a solla, na caída da folla.

Estas son fanequiñas da Pedra da Besta; o que as colle, ben as mete na cesta.

farro

substantivo masculino Peixe da familia dos lábridos, de cor verdosa cun gran número de manchas pardas tirando a vermellas, cunha mancha semicircular negra detrás de cada ollo e outra na metade do pedúnculo caudal.

Follas na figueira, farros na ribeira.

lamprea

substantivo feminino Peixe da familia dos petromizóntidos que vive parte da súa vida no mar e parte no río, de corpo angüiliforme e sen escamas, cabeza curta, ollos pequenos seguidos de sete pares de buratos branquiais e boca circular sen mandíbulas, en forma de ventosa.

As lampreas en febreiro, para o cabaleiro.

Lampreas en san Xoán, para o can.

Non comas lamprea, que non é san e ten a boca fea.

Non comas lamprea que ten a boca fea.

muxe

substantivo masculino Peixe mariño comestible da familia dos muxílidos, do que existen diversas especies, de corpo alongado e máis ben cilíndrico, cor gris azulada polo lombo e prateada polo ventre.

Cando o trigo vai louro, o muxe val ouro.

Careixeira e castiñeiro, o muxe vale carneiro.

Na Robaleira muxes na veira.

O muxe val ouro cando o trigo está louro.

peixe

substantivo masculinoCalquera animal vertebrado ovíparo, que nace e vive na auga e respira por branquias, de corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas para nadar. - Calquera animal desta clase, cando xa foi pescado.

A carne carne cría; e o peixe, auga fría.

Ao peixe grande sóltalle a liña.

Araos con lastre, peixes na barriga.

Cando o trigo vai louro, o peixe branco val ouro.

Cando se ve un peixe rola, sinal de mal tempo.

Candorcas na ría, arroaces á costa.

Canto máis besta, máis peixes.

Canto máis burro, máis peixe.

Chuvia de morriña, nin peixe nin fariña.

En abril, peixiños mil.

En marzo veñen os peixes no regazo.

Gaivotas no con, peixes en Coira.

Gaivotas no Marmuro, peixes na Ornanda.

Gorgona e peixe de cola.

Lúa nova, peixes fóra.

Lúa vella, peixes á terra.

Mascatos que caen, sinal de bo peixe.

Moito peixe rompe a rede.

No río que non ten peixes non hai que botar as redes.

Non hai mellor rede que a que colle o peixe.

Nunca de peixes te fartas, se non coñeces as marcas.

O bo peixe para quen o merece.

O fondo claro, o peixe raro.

O que queira peixes, que molle o ventre.

O peixe de maio, a quen o quixera, dállo.

O peixe grande come o pequeno.

O peixe pola boca morre.

O peixe que busca cebo, busca o anzol.

O peixe que busca o anzol, busca o seu duelo.

O peixe, o arrós i-o cogombro nacen na auga e morren no viño.

Peixe algareado, cambio de tempo.

Peixe ao cabeceiro, ou moitos ou o primeiro.

Peixe de maio déixao para o teu amo.

Peixe en xaneiro vale carneiro.

Peixe pesca peixe.

Peixes mortos, homes vivos; peixes vivos, homes mortos.

Pola boca morre o peixe.

Quen peixes queira pescar, tense que mollar.

Saia peixe ou saia ra, ao cesto van.

Todo o que cae na rede é peixe.

Todo o que cae na rede non é peixe.

Todo o que cae na rede non é peixe.

Treboada no Miño, peixe, pan e millo.

Uns tenden as redes e outros collen os peixes.

Val máis a salsa que o peixe.

polbo

substantivo masculinoMolusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos, de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con dúas filas de ventosas, chamados raxos.

O polbeiro, pouco diñeiro.

Desde que cuca o cuco, non comas polbo.

Des que vén o polbo, fóra o cuco.

En abril cada polbo dá mil.

En xaneiro sabe o polbo a carneiro.

Se empeza o polbo a flotar, ameaza o temporal.

raia

substantivo femininoPeixe da familia dos raíidos, de corpo plano con forma de rombo, do que existen distintas especies.

A raia e a perdiz, coa man no nariz.

A raia en xaneiro é carne de carneiro.

A raia en xaneiro val por carneiro.

Cando a figueira bota a folla, ten boa comida a raia.

En xaneiro a raia sabe a carneiro.

Por ben que che vaia, non cóma-la raia.

Por ben que che vaia, nunca comas raia.

Roubei unha raia; polo demo veu, polo demo vaia.

saboga

substantivo femininoPeixe da familia dos espáridos, de cor azul prateada con bandas horizontais douradas nos costados e unha pinta negra na base da aleta pectoral.

A saboga é boa cando está en sazón.

saboga despois de maio, quenturas para todo o ano.

Moi boa é a troita, mellor é o salmón, e bo é a saboga na súa sazón.

Se queres a túa muller morta, dálle a comer saboga.

Se queres a túa muller morta, dálle saboga.

sardiña

substantivo femininoPeixe da familia dos clupeidos duns vinte e cinco centímetros, corpo alongado e algo comprimido, cor azul verdosa no lombo e prateada no ventre, que vive en cardumes.

A sardiña de abril, vale pernil.

A sardiña de san Miguel, entón é el!

Á sardiña en abril ponlle a man e déixaa ir; en maio, xa pinga no borrallo; en san Xoán, molla o pan.

A sardiña en maio que a parta un raio.

A sardiña en marzo, argazo.

A sardiña en san Xoán sabe ben e unta o pan.

A sardiña en san Xoán unta o pan.

A sardiña en xaneiro chíscalle o ollo ao mariñeiro.

A sardiña en xaneiro cúspelle na barba ao mariñeiro.

A sardiña en xaneiro vale carneiro.

A sardiña i-a muller, pequeniña se pode ser, que canto máis pequeniña, mellor ten que saber.

A sardiña i-o porco, se voaran, en moito máis se estimaran.

A sardiña por abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no rescaldo, e por san Xoán xa molla o pan.

A sardiña por agosto pide o viño do mosto.

A sardiña que colle o gato nunca máis volve ao prato.

A sardiña que colle o gato, tarde ou nunca volve ao prato.

Anque a sardiña está no prato non é por falta de gato.

Antes de comer de galiña, hai que comer de sardiña.

Antes de comer pita empézase a comer sardiña.

Arroaces na ría, moita sardiña.

As sardiñas en san Xoán pingan no pan.

As sardiñas polo san Xoán mollan o pan.

Botar outra sardiña, que outro ruín vén da viña.

Brétema en Padornelo, sardiña no garamelo.

Cada sardiña ten a súa espiña.

Cada un pica a brasa para a súa sardiña.

Cando chove por santa Lucía, non hai sardiña.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai inverno.

Con unha sardiña pode pescarse unha troita ou unha anguía.

Das sardiñas contadas come o gato.

Dixo a filla á nai: "Sardiña que o gato leva, ben gardadiña lle vai".

En abril a sardiña val pernil.

En abril colle a sardiña e déixaa ir.

En abril colle a sardiña polo rabo e déixaa ir.

En agosto as sardiñas mollan o pan.

En san Xoán a sardiña molla o pan

En san Xoán a sardiña unta o pan.

En san Xoán comes sardiña e pan.

Farol aceso, sardiña presa.

Garda asexa, sardiña presa.

Hai que empezar coa sardiña para acabar con galiña.

Mariñeiros, remangarse para saír á sardiña, que xa vén santa Catalina.

Mercar dúas sardiñas e dar catro fritidas.

Néboa no Castelo, sardiña no cesto.

Néboa no Castelo, sardiña no garamelo.

No mes de san Xoán xa a sardiña molla o pan.

Non hai sardiña barata que non coste cartos.

Non hai sardiña sen espiña.

O que come a sardiña, que lle chupe a arganiña.

Padornelo con capelo, sardiña no garamelo.

Polo san Xoán saben ben as sardiñas con pan.

Por san Xoán a sardiña molla o pan.

Por san Xoán a sardiña pinga no pan.

Por santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.

Por santa Mariña sala a sardiña.

Por unha sardiña cansou a burra.

Por unha sardiña non rebenta o burro.

Presta máis unha sardiña con gusto que unha galiña con desgusto.

Quen en maio come a sardiña, en agosto lle pica a espiña.

Quen queira mal a unha veciña, déalle en abril sardiña.

Sardiña que leva o gato é mala de volver ao prato.

Sardiña que o gato leva, perdida vai.

Sardiña salgada, ben cocida e mal asada.

Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.

Sardiñas salgadas, castañas asadas e confesión antes das Pascuas de Resurrección.

Se comes sardiña en san Xoán, mollarache o pan.

Se ves mascatos voar, busca a sardiña no mar.

Tarde volveu o gato coa sardiña ao garabato.

Trata en sardiña e comerás galiña.

Tronada pola terra, sardiña dentro da Serra.

Vende sardiña e comerás galiña.

solla

substantivo femininoPeixe mariño da familia dos pleuronéctidos, de corpo oval e cos ollos no lado dereito da cabeza, de cor parda ou verdosa, do que existen distintas especies.

Á solla de abril ábrelle a man e déixaa ir.

Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.

Non é boa solla a que o pan non molla.

O que non se molla, non come a solla, e tal non se molla que a come toda.

O que non se molla, non come solla.

Pescador que non se molla non comerá moita solla.

Solla de abril, abre a man e deixa ir.

troita

substantivo femininoPeixe da familia dos salmónidos, duns corenta centímetros e cor variable, xeralmente acastañada con pintas negras ou vermellas arrodeadas por un círculo claro, que vive nos ríos e regatos de augas claras e frías e é moi apreciado pola súa carne.

A mentira i-a troita, canto máis grande, mellor se escoita.

A muller e a troita préndese pola boca.

A troita fría, fresca, frita, fragosa e fiada.

A troita grande amansa a pequena.

A troita grande sempre comeu a pequena.

A troita i-a sardiña, pola máis pequeniña.

A troita i-o unto, canto máis vellos, mellor.

A troita lambona pola boca morre.

A troita pérdese pola boca.

A troita préndese pola boca.

A troita saborosa, do pedregal e non da esmola.

A troita vólvese do color do pozo onde anda.

As mulleres, coma as troitas, engádanse pola boca.

As troitas non se collen a bragas enxoitas; e a molladas, poucas e raras.

As troitas non se collen cas pernas enxoitas.

Cando o aire vén de arriba, no río hai troitas de a libra.

Cas bragas enxoitas non se matan as troitas.

Coas bragas enxoitas non se pillan as troitas; e co elas molladas, nin poucas nin sobradas.

En vindo o perdigón, perde a troita a sazón.

Non se collen troitas a pés enxoitos.

Non se pescan as troitas cas bragas enxoitas.

Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.

Non se pillan as troitas cas cirolas enxoitas.

O que quere troitas, non-as pilla ás mans enxoitas.

O que troitas quere pescar, as calzas ten que mollar.

O touro, o galo, a troita i-o barbo, no mes de maio.

Troita cara non é san.

Troita de hoxe, pan de onte, carne de antonte.

Troita, a da auga moura.

máis

A pescada de xaneiro val un carneiro.

Cando o trigo é louro, é o barbo como un touro.

De san Miguel a Santos, nubes de tranchos.

Despois da Ascensión, nin sable nin salmón.

En abril, o salmón para min; no maio para o criado e no san Xoán para o can.

Máis val pescar no mar linguados que no río barbos.

Na ribeira comen a carioca enteira.

O pancho, tan largo como ancho.

O percebe i-o salmón en maio están en sazón.

O que queira percebes, que molle o cu por eles.

O salmón coa súa careza a casa descompón.

O salmón i-o sermón despois da Pascua non teñen sazón.

Ollomol de xaneiro vale un carneiro.

Quen vai á barbada, nas penas esbarra.

Se queres ver a muller morta, dálle ca saboga.

Xato, galo e barbo cómeo en maio.

Zamburiña, pequeniña.