pedaleando
tardes de bici
tardes de bici
Neste curso continuamos a desenvolver o traballo coas bicicletas tentando fomentar o seu uso e animando ao alumnado que non se sente seguro coa bici a practicar con nós. Cambiamos os mércores de bici por calquera tarde que nos viñese ben a todos e todas
Esta é a nosa carta de presentación:
NON APARQUES A TÚA BICI, REACTÍVAA!!
Este ano conseguimos, nada máis e nada menos que TRES bicicletas máis. Todo un logro.
Recordade que non tedes que doala e deixala aquí para sempre. Podedes traela, nós arranxámola e utilizámola durante o curso. Logo, no verán, xa volves a dispoñer dela e levala de novo á tuá casa. ANÍMATE!!!!
Non aparques a túa bici, REACTÍVAA!!!!
Todo o curso
Un ano máis contamos, gracias ás vosas doazóns con bicicletas para poder pasearnos "pedaleando"... A incorporación da "bici" ao currículo de EF é unha realidade no IES MARÍA SARMIENTO dende hai tres anos!!!!
Houbo moitas saídas cos distintos grupos da ESO e do Bacharelato pola contorna do centro. A maioría da rapazada había moito tempo que non realizaba ningún percorrido coa bicicleta...parece que o punto "frouxo" sempre é o cu...ahhahaha
Todo o curso
Non te desenvolves ben coa bicicleta? Necesitas mellorar o teu pedaleo? Sabemos que no horario lectivo non é unha boa idea intentalo. Anímate a vir pola tarde!
Calquera tarde que acordemos botámosche unha man...a partir das 16.30!!!
Se o departamento de EF non vai a ti...búscanos e quedamos!!!.
Este curso catro persoas aprenderon a desenvolverse xenial coa bicicleta...o ano que ven máis!!!
O vindeiro ano contamos con seguir "traballando" para que ti e a bicicleta vos levedes ben...
En moito menos tempo do que cres estarás listo para "manexarte sen problemas"
Todo o curso
Calquer grupo do centro é benvido para pedalear. Fala co teu profesorado e tes as nosas bicis para disfrutalas. Olliño!!! O casco é obrigatorio!!