flexibilidade

DEFINICIÓN

A flexibilidade é unha cualidade física básica á que moitas veces non lle damos a importancia que merece. Os deportistas de élite que chegaron a ter unha longa vida deportiva sempre din que é fundamental traballar a flexibilidade e respetar ás lesións. Isto é, adicarlle moito tempo ós estiramentos e non adestrar estando lesionado ou non "acortar" os tempos de recuperación dunha lesión. Cunha boa flexibilidade o xesto deportivo vai ser técnicamente mellor e o risco de lesión menor.


Pero, qué é a flexibilidade... podémola definir como "a capacidade de realizar movementos amplios en cada unha das articulacións do noso corpo o en todo el". Esta capacidade de realizar movementos amplios ven determinada por:

    • A movilidade articular: Segundo a forma que teñan as articulacións, estas moverase máis ou menos. Como sabedes, as articulacións son as unións entre dous ou mais osos, e son os lugares onde se produce o movemento. Hai articulacións que pola súa forma pódense mover moito, como a do ombreiro ou a cadeira e outras, que se moven menos, como as articulacións entre cada unha das vértebras. Incluso hai articulacións que non se moven nada, como as do cranio. Así pois, a forma que teñan xa limita ou favorece a movilidade. Isto non se pode mellorar co adestramento

    • A elasticidade muscular: os músculos son elásticos, é dicir, son capaces de "estirarse" e unha vez que cese a forza que que os "deforma" volver á situación normal. Se habitualmente tentamos "estirar" os músculos, cada vez serán capaces de conseguir maiores amplitudes de movemento xa que serán capaces de "deformarse" máis.


Na flexibilidade tamén inflúen factores como: a idade, o sexo, a temperatura, a hora do día, estado emocional, ...

O autor Metdeyev propón unha clasificación da flexibilidade que nos parece moi interesante, fíxate:

    • Flexibilidade absoluta: Capacidade máxima de movemento dunha articulación

    • Flexibilidade de traballo: Grao de movemento necesario para executar o traballo con éxito (pode ser un xesto deportivo ou un movemento cotián)

    • Flexibilidade residual: Capacidade de movemento, sempre superior a de traballo, que debemos ter para evitar rixideces e lesións (flexibilidade absoluta menos a flexibilidade de traballo)

MÉTODOS PARA A MELLORA DA FLEXIBILIDADE

Existen diversos métodos para a mellora desta cualidade.

  • Os métodos dinámicos como o seu nome indica, implican movemento. Neste caso, consíguense amplitudes mediante rebotes ou lanzamentos das distintas partes do corpo que queremos traballar. Non os utilizamos moito nas nosas clases porque se non se dominan é doado lesionarse

  • Os métodos estáticos ou estiramentos son os que empregamos nas nosas sesións. Consiste en acadar posicións nas que notemos que o músculo se estira pero non temos dor. Trátase de aguantar nesa posición entre 15 -30 segundos e repetir 3-5 veces. Se á posición de estiramento chegamos por nós mesmos, é un estiramento activo, se nos axuda un compañeiro, é pasivo.

  • Outros métodos serían o PNF o Stretching, etc. Pero pola súa complexidade non os imos ver

Aquí vos deixamos exemplos dalgúns estiramentos...


Versión PDF de este tema

A FLEXIBILIDADE.pdf

VOLVER